Download - PINTORES DO MAR: Ernesto Goday - dornameca.orgdornameca.org/wp-content/uploads/2015/03/ardentia3_goday_silvoso.pdf · tos das técnicas da talla na madeira e da pintura, que des-pois

Transcript

Ernesto Goday92

ARDENTÍA

A creatividade artística non se basea só nunhas cualidadesinnatas da persoa, senón que tamén precisa dun ambiente,dun entorno no que floreza e se potencie. O entorno no quefloreceu e que condicionou a pintura de Ernesto Goday foio mar, as súas cores e formas, as súas xentes, os seus tra-ballos, as súas casas...

Ernesto Goday Caamaño (O Grove, 1914 - Madrid, 2001),bisneto do Goday que instalou, no século XIX, a primeiraindustria de salgazón en Punta Moreiras, e que se criou nomariñeiro barrio de Lordelo, levaba o salitre nas súasveas, pero tamén o xenio artístico dalgúns dos seus devan-ceiros cataláns. De neno xa amosaba as súas inquedanzasartísticas debuxando películas nunhas tiras de papel, des-pois pasábaas por unha pantalla aberta nunha caixa ecobráballe aos nenos que asistían a estas sesións unbotón.

Co seu parente don Paco Otero Goday aprendeu os secre-tos das técnicas da talla na madeira e da pintura, que des-pois foi perfeccionando de forma autodidacta. No ano1948 comeza coas súas estadías en Madrid, onde acode ásclases do Círculo de Belas Artes e da Academia de SanFernando, e viaxa e pinta por Catalunya, Andalucía,Valencia e Estremadura.

Pero o mar sempre tira, e a un do Grove máis. Aquí pintamulleres mariscando, atando redes, mariñeiros traballan-do, barcos, o peirao, paisaxes marítimas, currunchos dosbarrios mariñeiros de Peralto, Lordelo, Rons, A Cruz...Mar e máis mar que, gravado na súa retina e nos seuscadernos de apuntes, sérvelle para seguir plasmando, enplena estepa castelá, as súas vivencias grovenses. Peronon é só o mar do Grove o que aparece nos seus cadros.Cambados, Combarro, Vigo, Cangas, Muros, Noia, Cama-riñas reciben a súa visita, que queda rexistrada en innu-merábeis bocetos, debuxos e cadros.

O retrato tamén foi unha das súas facetas máis destaca-das. A parte daqueles feitos de encarga por distintas per-soas, Ernesto Goday gustaba de facer, por iniciativapropia, retratos de mariñeiros, para os que usaba comomodelos a distintos veciños. Manoliño, Josafá, Cocherito,Lura... son personaxes populares do Grove que quedaroninmortalizados nos seus cadros.

Tamén fixo algunhas incursións no mundo da talla, perocase reducidas ao ámbito familiar, no que aínda se con-serva unha figura feminina que ía ser o mascarón de proaencargado por un industrial conserveiro para un final-mente non nato iate.

A primeira exposición individual que fai no ano 1947 nonpode ter mellor marco, a cidade portuguesa de Porto, tanvencellada ás descobertas, ás conquistas ultramarinas, aocomercio e á pesca, e na que, por certo, tamén hai unhafreguesía que se chama Lordelo. A esta seguen outras moi-tas en distintos lugares de Galicia e do resto do Estado e,como non, as súas citas anuais no hotel de A Toxa e na súacasa-estudo de O Grove. É invitado e seleccionado a par-ticipar en importantes exposicións colectivas, como asBienais de Zaragoza, as de Pintores Figurativos en Barce-lona e Madrid, o Certame de Artes Plásticas de Ponteve-dra, as Exposicións Nacionais de Belas Artes, ou os Salónsde Outono, en Madrid, onde acada a terceira, segunda eprimeira medallas nos anos 1958, 1960 e 1961, respecti-vamente.

A extensa e prolífica obra de Ernesto Goday atópase hoxeen día espallada por numerosas coleccións particulares dedistintos países e en varios museos e institucións. Nos seuscadros seguen vivos o mar do Grove, as súas xentes, osseus traballos e as súas paisaxes, tanto naturais comaurbanas.

PINTORES DOMAR:

Ernesto Goday

X. A. Pillado Silvoso

Autorretrato de E. Goday

Ernesto Goday93

ARDENTÍA

Ernesto Goday94

ARDENTÍA

Ernesto Goday95

ARDENTÍA

Ernesto Goday96

ARDENTÍA

Mascarón de proa realizado por Ernesto Goday