PINTORES DO MAR: Ernesto Goday -...

5
Ernesto Goday 92 ARDENTÍA A creatividade artística non se basea só nunhas cualidades innatas da persoa, senón que tamén precisa dun ambiente, dun entorno no que floreza e se potencie. O entorno no que floreceu e que condicionou a pintura de Ernesto Goday foi o mar, as súas cores e formas, as súas xentes, os seus tra- ballos, as súas casas... Ernesto Goday Caamaño (O Grove, 1914 - Madrid, 2001), bisneto do Goday que instalou, no século XIX, a primeira industria de salgazón en Punta Moreiras, e que se criou no mariñeiro barrio de Lordelo, levaba o salitre nas súas veas, pero tamén o xenio artístico dalgúns dos seus devan- ceiros cataláns. De neno xa amosaba as súas inquedanzas artísticas debuxando películas nunhas tiras de papel, des- pois pasábaas por unha pantalla aberta nunha caixa e cobráballe aos nenos que asistían a estas sesións un botón. Co seu parente don Paco Otero Goday aprendeu os secre- tos das técnicas da talla na madeira e da pintura, que des- pois foi perfeccionando de forma autodidacta. No ano 1948 comeza coas súas estadías en Madrid, onde acode ás clases do Círculo de Belas Artes e da Academia de San Fernando, e viaxa e pinta por Catalunya, Andalucía, Valencia e Estremadura. Pero o mar sempre tira, e a un do Grove máis. Aquí pinta mulleres mariscando, atando redes, mariñeiros traballan- do, barcos, o peirao, paisaxes marítimas, currunchos dos barrios mariñeiros de Peralto, Lordelo, Rons, A Cruz... Mar e máis mar que, gravado na súa retina e nos seus cadernos de apuntes, sérvelle para seguir plasmando, en plena estepa castelá, as súas vivencias grovenses. Pero non é só o mar do Grove o que aparece nos seus cadros. Cambados, Combarro, Vigo, Cangas, Muros, Noia, Cama- riñas reciben a súa visita, que queda rexistrada en innu- merábeis bocetos, debuxos e cadros. O retrato tamén foi unha das súas facetas máis destaca- das. A parte daqueles feitos de encarga por distintas per- soas, Ernesto Goday gustaba de facer, por iniciativa propia, retratos de mariñeiros, para os que usaba como modelos a distintos veciños. Manoliño, Josafá, Cocherito, Lura... son personaxes populares do Grove que quedaron inmortalizados nos seus cadros. Tamén fixo algunhas incursións no mundo da talla, pero case reducidas ao ámbito familiar, no que aínda se con- serva unha figura feminina que ía ser o mascarón de proa encargado por un industrial conserveiro para un final- mente non nato iate. A primeira exposición individual que fai no ano 1947 non pode ter mellor marco, a cidade portuguesa de Porto, tan vencellada ás descobertas, ás conquistas ultramarinas, ao comercio e á pesca, e na que, por certo, tamén hai unha freguesía que se chama Lordelo. A esta seguen outras moi- tas en distintos lugares de Galicia e do resto do Estado e, como non, as súas citas anuais no hotel de A Toxa e na súa casa-estudo de O Grove. É invitado e seleccionado a par- ticipar en importantes exposicións colectivas, como as Bienais de Zaragoza, as de Pintores Figurativos en Barce- lona e Madrid, o Certame de Artes Plásticas de Ponteve- dra, as Exposicións Nacionais de Belas Artes, ou os Salóns de Outono, en Madrid, onde acada a terceira, segunda e primeira medallas nos anos 1958, 1960 e 1961, respecti- vamente. A extensa e prolífica obra de Ernesto Goday atópase hoxe en día espallada por numerosas coleccións particulares de distintos países e en varios museos e institucións. Nos seus cadros seguen vivos o mar do Grove, as súas xentes, os seus traballos e as súas paisaxes, tanto naturais coma urbanas. PINTORES DO MAR: Ernesto Goday X. A. Pillado Silvoso Autorretrato de E. Goday

Transcript of PINTORES DO MAR: Ernesto Goday -...

Ernesto Goday92

ARDENTÍA

A creatividade artística non se basea só nunhas cualidadesinnatas da persoa, senón que tamén precisa dun ambiente,dun entorno no que floreza e se potencie. O entorno no quefloreceu e que condicionou a pintura de Ernesto Goday foio mar, as súas cores e formas, as súas xentes, os seus tra-ballos, as súas casas...

Ernesto Goday Caamaño (O Grove, 1914 - Madrid, 2001),bisneto do Goday que instalou, no século XIX, a primeiraindustria de salgazón en Punta Moreiras, e que se criou nomariñeiro barrio de Lordelo, levaba o salitre nas súasveas, pero tamén o xenio artístico dalgúns dos seus devan-ceiros cataláns. De neno xa amosaba as súas inquedanzasartísticas debuxando películas nunhas tiras de papel, des-pois pasábaas por unha pantalla aberta nunha caixa ecobráballe aos nenos que asistían a estas sesións unbotón.

Co seu parente don Paco Otero Goday aprendeu os secre-tos das técnicas da talla na madeira e da pintura, que des-pois foi perfeccionando de forma autodidacta. No ano1948 comeza coas súas estadías en Madrid, onde acode ásclases do Círculo de Belas Artes e da Academia de SanFernando, e viaxa e pinta por Catalunya, Andalucía,Valencia e Estremadura.

Pero o mar sempre tira, e a un do Grove máis. Aquí pintamulleres mariscando, atando redes, mariñeiros traballan-do, barcos, o peirao, paisaxes marítimas, currunchos dosbarrios mariñeiros de Peralto, Lordelo, Rons, A Cruz...Mar e máis mar que, gravado na súa retina e nos seuscadernos de apuntes, sérvelle para seguir plasmando, enplena estepa castelá, as súas vivencias grovenses. Peronon é só o mar do Grove o que aparece nos seus cadros.Cambados, Combarro, Vigo, Cangas, Muros, Noia, Cama-riñas reciben a súa visita, que queda rexistrada en innu-merábeis bocetos, debuxos e cadros.

O retrato tamén foi unha das súas facetas máis destaca-das. A parte daqueles feitos de encarga por distintas per-soas, Ernesto Goday gustaba de facer, por iniciativapropia, retratos de mariñeiros, para os que usaba comomodelos a distintos veciños. Manoliño, Josafá, Cocherito,Lura... son personaxes populares do Grove que quedaroninmortalizados nos seus cadros.

Tamén fixo algunhas incursións no mundo da talla, perocase reducidas ao ámbito familiar, no que aínda se con-serva unha figura feminina que ía ser o mascarón de proaencargado por un industrial conserveiro para un final-mente non nato iate.

A primeira exposición individual que fai no ano 1947 nonpode ter mellor marco, a cidade portuguesa de Porto, tanvencellada ás descobertas, ás conquistas ultramarinas, aocomercio e á pesca, e na que, por certo, tamén hai unhafreguesía que se chama Lordelo. A esta seguen outras moi-tas en distintos lugares de Galicia e do resto do Estado e,como non, as súas citas anuais no hotel de A Toxa e na súacasa-estudo de O Grove. É invitado e seleccionado a par-ticipar en importantes exposicións colectivas, como asBienais de Zaragoza, as de Pintores Figurativos en Barce-lona e Madrid, o Certame de Artes Plásticas de Ponteve-dra, as Exposicións Nacionais de Belas Artes, ou os Salónsde Outono, en Madrid, onde acada a terceira, segunda eprimeira medallas nos anos 1958, 1960 e 1961, respecti-vamente.

A extensa e prolífica obra de Ernesto Goday atópase hoxeen día espallada por numerosas coleccións particulares dedistintos países e en varios museos e institucións. Nos seuscadros seguen vivos o mar do Grove, as súas xentes, osseus traballos e as súas paisaxes, tanto naturais comaurbanas.

PINTORES DOMAR:

Ernesto Goday

X. A. Pillado Silvoso

Autorretrato de E. Goday

Ernesto Goday93

ARDENTÍA

Ernesto Goday94

ARDENTÍA

Ernesto Goday95

ARDENTÍA

Ernesto Goday96

ARDENTÍA

Mascarón de proa realizado por Ernesto Goday