PELÍCULAS
QUE
CHEGAN
AO
CORAZÓN
Podes atopalas na biblioteca e levalas en préstamo
Un elegante play boy e unha bela cantante
dun club nocturno coñécense a bordo dun
transatlántico. Ela é a amante dun magnate
e el está comprometido cunha rica herdeira.
Entre eles xorde un apaixonante romance
que os levará á seguinte promesa: romper
cos seus compromisos actuais, buscar
traballo e encontrarse aos seis meses, para
continuar a súa vida xuntos. Pero un tráxico
accidente impide aTerry acudir á cita, co
que o futuro de ambos os dous sufrirá un xiro emotivo e incerto.
Jing, un colexial inxenuo da cidade que
debe trasladarse a un remoto pobo na
montaña para a súa "reeducación" durante a
Revolución Cultural. O seu pai foi
encarcelado e a súa nai loita para alimentar
os seus tres fillos. Jing sabe que tanto o seu
futuro coma o benestar da súa familia
dependen do seu bo comportamento en
opinión das autoridades. Abondaría cun erro
para arruinar as súas vidas. Pero a súa
prudente e tranquila existencia vese
trastornada cando se namora de Sun, o
encantador fillo dun militar de elite.
Un home nace con oitenta anos e vai
rexuvenecendo a medida que pasa o
tempo, é dicir, en lugar de cumprir
anos descúmpreos. Esta é a historia
dun home extraordinario, da xentes
que vai coñecendo, dos seus amores,
pero sobre todo da súa relación con
Daisy .
Anna (Felicity Jones), unha moza británica
que estuda na universidade de Los Ángeles,
namórase de Jacob (Anton Yelchin), un
mozo norteamericano, pero ambos os dous
vense obrigados a separarse porque a ela
non lle renovan o visado . Regresa entón a
Londres, de modo que a parella se ve
obrigada a manter a súa relación a distancia.
seu
Andrés vive en Alemaña dende hai 10 anos.
Regresa a Chile para pechar o seu pasado
antes de asentarse definitivamente en Berlín.
Na súa estanza, asiste á festa de aniversario
dun dos seus amigos, onde redescobre todo
un mundo que deixou de ver,
incluída Beatriz, o seu grande amor. Este
reencontro pode cambiar a vida de Andrés
para sempre.
Amanda Woods unha rapaza americana
que posúe unha próspera axencia de
publicidade, vive no sur de California e
acaba de romper co seu noivo. Pola súa
banda, Iris Simpkins , redactora da popular
columna de vodas para o London Daily
Telegraph, vive nunha encantadora casa de
campo en Inglaterra e as súas relacións cos
homes tampouco son doadas. A través de
Internet chegan a un acordo para
intercambiarse as súas respectivas
vivendas.
Durante unha visita a Roma, Ana, a nova
princesa dun pequeno país centroeuropeo,
trata de eludir o protocolo e as obrigas que
implica, escapándose de pazo para visitar a
cidade de incógnito. Así coñece a Joe, un
xornalista americano que busca unha
exclusiva e finxe descoñecer a identidade
da princesa. A parella vivirá unhas
xornadas inesquecibles percorrendo a
cidade.
Daniel é fillo dun taxista de París, e o pai
de Lauren é o xefe dunha multinacional
americana en Europa. Ambos os dous
adolescentes acaban de descubrir o
amor. Julius St. Toran, un vello
diplomático inglés, cóntalles aos rapaces
que para que o amor sexa eterno é preciso
ratificalo cun bico baixo o
veneciano Ponte dos Suspiros.
Arxentina, anos 70. Benxamín Espósito é
oficial dun Xulgado de Instrución de Bos
Aires e está a punto de retirarse.
Obsesionado por un brutal asasinato
acontecido trinta anos antes, decide
escribir unha novela sobre o caso, do cal
foi testemuña e protagonista. Revivindo o
pasado, vén tamén á súa memoria o
recordo dunha muller, a quen amou en
silencio durante todos eses anos.
Jack, un novo artista, gaña nunha partida de
cartas unha pasaxe para viaxar a América
no Titanic, o trasatlántico máis grande e seguro
xamais construído. A bordo coñece a Rose ,
unha moza dunha boa familia vinda a menos que
vai contraer un matrimonio de conveniencia con
Cal, un millonario fachendoso a quen só interesa
o prestixioso apelido da súa prometida. Jack
e Rose namóranse, pero o prometido e a nai dela
poñen todo tipo de trabas á súa relación.
Mentres, o xigantesco e luxoso trasatlántico se
aproxima cara a un inmenso iceberg.
Libremente inspirada na obra homónima da
escritora danesa Isak Dinesen. A principios do
século XX, Karen contrae un matrimonio de
conveniencia co barón Blixen . Ambos os dous
establécense en Kenya co propósito de explotar
unha plantación de café.En Karen Blixen nace
un apaixonado amor pola terra e polas xentes de
Kenya. Pero tamén se namora pérdidamente de Denys
Finch-Hatton , un personaxe aventureiro e romántico
á antiga usanza, que ama a liberdade por enriba
de todas as cousas.
Durante a Segunda Guerra Mundial,
Casablanca era unha cidade á que chegaban
fuxindo do nazismo xentes de todas as partes:
chegar era doado, pero saír era case imposible,
especialmente se o nome do fuxitivo figuraba nas
listas da Gestapo. Nesta ocasión o principal
obxectivo da policía secreta alemá é o líder
checo e heroe da resistencia Victor Laszlo, cuxa
única esperanza é Rick Blaine, propietario do
'Rick's Café' e antigo amante da súa muller, Ilsa.
Cando Ilsa se ofrece a quedar a cambio dun
visado para sacar a Laszlo do país, Rick deberá
elixir entre a súa propia felicidade ou o idealismo que rexeu a súa vida no pasado..
Top Related