O tesouro dos avos
Meu avó
Meu avó chámase Luís Rodríguez Pérez, naceu o día tres de Xuño de
1932, na Guarda, polo que actualmente ten 75 anos.
Pasou a súa infancia intentando estudar o pouco que lle deixaban e
traballando duramente para poder gañar o pan de cada día…Ós catorce anos comezou a ir ó mar en gamela co seu pai que era
mariñeiro. Pouco a pouco foi aprendendo o oficio o cal sería o que o
alimentaría a el e a súa familia durante a súa vida.
Con 18 anos casou coa miña Avoa, María Rita Lomba Rodríguez e co
paso do tempo foron tendo fillos e creando unha familia. Tiveron catro fillos: María Emilia, Luís, María Rita e Fátima María.Ós 59 anos deixou de traballar no mar por problemas de saúde ecomezou a traballar xunto a súa muller atando redes, oficio que
aíndadesempeñan.
Actualmente segue vivindo na Guarda coa miña avoa e posúe unha
saúde envidiable.
MIÑA AVoA
Miña avoa chámase María Rita Lomba Rodríguez, naceu o día vinteseis de Febreiro de
1937, na Guarda, polo que actualmente ten 70 anos.Pasou a súa infancia na Guarda aínda que pasaba
temporadas en Tui cunha familia adiñeirada.Dende moi pequena xa traballaba no campo e levando
peixe ás familias máis ricas. Aínda que toda a súa vida a pasou atando redes para que os mariñeiros
podan pescar.Con 18 anos casou co meu avó,Luís Rodríguez Pérez e
co paso do tempo foron tendo fillos e creando unha familia. Tiveron catro
fillos: María Emilia, Luís, María Rita e Fátima María.Actualmente segue vivindo na Guarda co meu avó, traballando no campo, traballando as redes e sempre
moi activa. Posúe unhasaúde envidiabel.
A escola
Meu avó garda grandes recordos da súa etapa na escola xa que lle gustabamoito acudir alí e aprender cousas novas cada día. Sempre recordará o seu
magnífico profesor Don Nicolás Gutiérrez Campo, que impartía clase noSinde.
Pero non todo eran bos profesores, tamén recorda a un chamado Don Braulio,
o cal era da falanxe e facíalles clase de instrución no patio, no cal habíaunhas pedriñas que lle ferían os pés ao correr sobre elas…
Había días que o gran profesor Don Nicolás, castigáballes sen ir á seguinteclase, só por que non sufriran correndo enriba desas pedras tan ferintes
paraeles…
Moitas veces non podían ir á escola xa que tiñan que ir ó monte a collermadeira para levar á casa para poder cociñar. Normalmente ían os xoves, xa
que era o día que non había clase…Sen embargo, moitos outros días que si había clase non podían ir por iso ou
tamén porque tiñan que ir traballar ao campo, sobre todo en época de sembra e
de recoller o alimento.
Un futuro inalcanzable…
Meu avó era e é unha persoa moi intelixente. Seu mestre quería que estudara xa que coas
capacidades que tiña podía ter un bo futuro, pero a súa familia, non podían permitirse ese luxo…
As matemáticas dábanselle especialmente ben e el cóntame que cando o seu profesor, Don Nicolás,
estaba facendo o problema no encerado el o facía o mesmo tempo e cando o seu profesor remataba de explicalo el xa o tiña todo feito. Ía ensinarlle como
estaba e sempre estaba ben, polo tanto o puña nunha mesa ó lado do mestre para que fose
corrixindo os exercicios dos seus compañeiros, dicíalle: “Se está coma o teu está ben, se está
diferente é que está mal”.Un día, seu profesor chamou aos seus pais para
dicirlle que era unha persoa moi capaz e que se puideran, deberían darlle uns estudos… Por
desgraza, a súa familia non o podía permitir…
A escaseza de alimento
A escaseza de alimento foi un gran problema para a poboación naquela época.
Meu avó conta que moitas veces se tiña que regular o alimento por medio de tickets, cada persoa collía un
para poder ir buscar o pan, xa que se non o tiñas non cho vendían… Era unha forma de regular o seu consumo xa que non daba para a alimentación de
todos…Outras veces non chegaba a fariña á panadaría e polo
tanto ninguén podía comer… Iso, aínda que pareza raro, pasaba moitas veces…
Moitos membros da familia tiveron que emigrar a Arxentina ou a zonas con mellor nivel de vida para
poder ter un alimento que dar aos seus fillos.
“ O día que tiñas o duro para comprar o pan, non había pan, e cando había pan, non tiñas o duro…”
Unha anécdota…
Era un día de inverno, e meu avó e un compañeiro da súa clase estaban metidos na entrada da súa casa, ao lado da
casa do secretario do concello.Chegou a panadeira con catro ou cinco barras de pan para darllas ao secretario, pero non estaba na casa e deixouna
no pasamáns da casa, a cal tiña tres pisos.Meu avó e seu compañeiro foron coller o pan xa que levaban
dous días sen comer… Comérono todo, non deixaron nin unha miga…
E caeulle unha denuncia… foron os gardas municipais ao colexio onde estudaban a dicir que lle roubaran o pan…
Seu mestre, Don Nicolás díxolles aos municipais…”Eles non roubaron nada, fóronlle quitar o pan a quen tiña pero de
roubar nada” e os gardas contestaron que tiñan que ir seus pais ao concello para ver que podían facer con eses
nenos que roubaran…O mestre foi en lugar de seus pais e explicou que iso non é
roubar, que o secretario come tódolos días mentres que eles levaban xa varios sen comer… E que por un día que
non coma non lle ía pasar nada…
O traballo
Naquela época comezábase a traballar practicamente dende que naces…xa que tes que ir buscar leña ao monte para
poder cociñar, ir traballar ao campo… etcSobre os once ou doce anos xa se comezaba a aprender un
oficio, no caso do meu avó, a pesca. Ía co seu pai ao mar na gamela e ensináballe a gobernala e a utilizala da
mellor forma posible xa que sabía que ese, ía ser o seu futuro, non ía poder elixir…
Xa os catorce anos comezaba a traballar en serio a cambio dun salario. Pouco a pouco o foi facendo mellor e logrou ir
traballar nun barco maior que se pasaba sobre unha semana ou dez días fora para pescar. E así foi subindo
pouco a pouco ata que traballou con pescanova e botábase fóra da casa ao mellor cinco ou seis meses… E cando volvía só estaba na casa uns dez ou quince días…
Por culpa disto non viu nacer a algunhas das súas fillas e o seu trato con elas na súa infancia foi bastante pouco…
“era iso, ou morrer de fame…”Xa cando chegou os case sesenta anos, deixou o mar e
comezou a atar redes. Miña avoa levaba toda a vida facéndoo e non foi difícil aprender para meu avó.
A día de hoxe, aínda segue traballando niso xa que a pensión non lle dá para sufragar os seus gastos…
Uns zapatos novos
O mesmo día da Primeira Comunión, prestáronlle uns zapatos para que non fose descalzo a cerimonia. Un tempo despois, tivo que ir dende a igrexa da Guarda
ata o Pasaxe, xa que lle ían dar un pedaciño de chocolate. Para ir ata aló, foi calzado. Era un día que
chovía moito e o calzado víñalle moi ben. Pero claro, foi moi ben ata alí, pero para volver xa non
aguantaba co calzado posto, ao non estar acostumado, xa que sempre tiña que andar descalzo porque seus pais non se podían permitir mercarlle calzado, quitounos e foi andando ata a A Guarda,
descalzo, chovendo…Unha vez na súa casa, súa irmá díxolle que se non se
puña o calzado que o puxera ela, e quedouse con eles…
Meu avó nunca máis soubo acerca daqueles zapatos…
O galego
Palabras da miña avoa:“Nós falabamos sempre galego, ninguén falaba castelán, pero
claro, cando tiñas que ir ó médico por exemplo, tíñaslles que falar castelán, porque se lle falabas galego mirábache baixa,
coma se non tiveses educación… E que claro, todos falabamos galego pero a xente rica falaba castelán e ao ver que ti falabas galego discriminábanche… Falar galego para a clase alta era
coma dicir que eras pobre.Nós cando xogabamos ás casiñas entre amigas utilizabamos o castelán para facer coma que eras moi fina, moi importante.. ¿¿ E na escola ? O mestre sempre che falaba en castelán aínda que
nós sempre lle contestabamos en galego.E claro, coma consecuencia disto, nós ensinámoslles aos nosos
fillos o castelán como lingua habitual xa que non queriamos que os discriminasen coma nos facían a nós…
Agora por exemplo é moi bonito… A min encántame ir pola rúa e ver os nenos falar galego, fame graza…
Ademais, nós sabemos falar galego pero non o falamos ben… Viña xente de Ourense a así que dicía “Pota”; “As maos”, e nos pensabamos, que mal fala esta muller… E non, realmente
eramos nos os que o falabamos mal…E a igrexa por exemplo era en latín… ías alí e non entendías
nada…”
A 1ª Comunión
No ano 1941 meu avó fixo a súa Primeira Comunión, con nove anos. El conta que naquela época,debido ó pouco
diñeiro que se dispoñía, tivéronlle que prestar o traxe xa que non podían pagar un novo. E claro, prestáronlle tamén uns zapatos de tea por baixo para que non
andara descalzo. Recorda que aquel día chovía moito e ía moito frío, aínda que fose a comezos de maio. Entón, a súa avoa, díxolle que era unha bágoa que con ese frío
que ía non puideran ir comprar un chocolate ou algo quente para levar mellor o frío, xa que non tiñan
cartos…Sen embargo, por ser o día que era, as monxas déronlle a
todos os que estaban facendo a comunión, un chusco de pan e un cadradiño pequeno de chocolate. Foi correndo para casa para poder facelo e tomalo ao instante pero cando se deu conta, e chegou á casa, xa non o tiña,
rematárao polo camiño… Tanta era a fame que pasaba que non puido agardar a chegar á casa para comelo.
Unha vez que chegou á súa casa, seus pais déronlle un regalo de comunión, que nesa época, coas poucas
posibilidades económicas existentes reduciuse a unha camiseta, que nin sequera era nova… Pero el estaba
contento, xa que con esa, xa tiña tres camisetas diferentes…
Máis sobre a súa infancia
Miña avoa con só oito anos xa ía a Areas, unha casa dunha familia adiñeirada en Tui, ela soa en tren. Deixábana na parada e ía cunha cesta chea de pescado na cabeza para darllo a esa familia porque era moi coñecida e as súas tías queríano así.
Cando chegaba alí tiña que quedarse un tempo, ás veces unha tarde, ás veces incluso quince días... Xa que os donos da casa só tiñan unha filla e así lle facía compañía. A cambio diso alí dábanlle de comer, vestíana, tíñanllo pelo de rubio… etc
Pasaba o día na enorme finca que tiña a familia, comendo froita, xa que tiñan moitas árbores frutais, e facendo trasnadas. Por exemplo, certo día miña avoa abriu a porta do hórreo que estaba cheo de millo e todo caeu e botóuse a perder, claro que, ela non sabía o que había dentro. Outra vez, xogando con outro neno da zona, lanzaron barquiños de papel onde estaban regando e atrancouse a auga e encharcaron todo… e como estas, moitas outras… Porque claro, estaban todo o día alí e algo tiñan que facer…
O traballo
Traballábase moito. Conta a miña avoa que súa nai ataba redes e traballaba no campo. As dúas cousas. Xa dende moi pequena ela tivo que aprender ámbalas dúas cousas.
As veces, viñan barcos moi grandes das rías, e non lle merecía a pena sacar as redes para que as traballasen e logo ter que volvelas meter dentro. Entón, miña avoa e as demais tiñan
que ir dentro do barco mentres ía pescar, atando redes. Mareábanse moito pero non podían facer outra cousa, xa que
pagaban máis facendo iso que non traballándoas en terra porque os barcos pequenos era normal que non tivesen a
mesma capacidade económica que os grandes para dar os salarios ás traballadoras.
Súa nai dicíalle que iso non era traballar en comparación co que traballara ela cando era moza,,,
Aínda así, levantábase moi cedo porque os barcos ían moi cedo a pescar, chegaban ao medio día, comían rapidamente e pola tarde ían atar en terra, xa á tardiña ían ao campo a plantar
patacas ou o que houbera que plantar na época…“De comer non faltaba porque tiñamos o campo, pero tampouco
había diñeiro…”
E para rematar…
3 Fotos máis……………………..
Denís Vicente Rodríguez
2ºBach C Curso 07-08
Top Related