Download - O conto

Transcript
Page 1: O conto

“O Super Axente Macedonio”

Os personaxes do conto son:

Macedonio

Fridiña

Amorodo

Pavía

Pizzini

Page 2: O conto

O axente Macedonio é unha clementina que vive nun ático no centro da

cidade de Cherryland. Nesta casa tamén vive unha osiña branca e gordecha

chamada Fridiña, os dous lévanse moi ben e comparten tarefas da casa:

Fridiña fai a comida e Macedonio en ter a casa limpa.

Pero non todo é tan a apacible na vida do axente, xa que unha mañá tan cedo

tan cedo que nin a luminosa chatola espertara do seu sono, chamárono.

Esta chamada inesperada era do Intendente Paraguaio que parecía moi

alporizado. A conversa era a seguinte:

I.Paraguaio - ¿Axente Macedonio?

A. Macedonio – Si, ¿Qué desexaba Intendente?

I. Paraguaio – Preciso que veña inmediatamente a comisaría.

A. Macedonio - ¿Pero é tan grave o problema?

I. Paraguaio- ¡Si!

Macedonio colgou o teléfono, vestiuse a xa quería marchar, pero Fridiña

díxolle: “Pódese saber , onde vai sen almorzar?”. E Macedonio díxolle pondo

cara triste “A comisaría ”.

Fridiña como boa compañeira que era fíxolle un gran almorzo: zume de piña,

unha cunca de leite con pan e dúas pezas de froita, e sen que se dera conta

púxolle no peto unha peza de froita para a media mañá.

Cando rematou de comer foi a comisaría como fume de carozo e falou co

Intendente Paraguaio.

I. Paraguaio – Bos días, Macedonio.

A. Macedonio – Xa chegei, dígame o caso.

Page 3: O conto

I.Paraguaio – Está ben, o clan do señor Pizzini roubou a froita e o peixe do

zoo, así os animais non poderán comer.

A. Macedonio – Non se preocupe solucionaremos o problema, pero …

¡Necesitarei reforzos!

I. Paraguaio – Non fai falla que mos pida porque xa llos puxen serán o garda

Amorodo e a garda Pavía.

Alí mesmo reuníronse Macedonio, Amorodo e Pavía e foron ata o zoo a mirar

pistas sobre o caso.

Chegaron e buscaron o coidador dos animais e el díxolles a hora en que o

Clan de Pizzini roubara a comida. Cando xa coñecían iso decidiron separarse e

despois reunirse na entrada do propio zoo.

Pasada xa media hora, por fin apareceu unha pista, tan pronto como a viu a

garda Pavía foi correndo a entrada do zoo.

G.Pavía - ¡Axente Macedonio! ¡Axente Macedonio!

A. Macedonio - ¿Qué pasou Pavía?

G. Pavía - ¡Teño unha pista! ¡Teño unha pista!

A. Macedonio – ¡Moi ben!, non me esperaba menos de ti.

G. Pavía – Teña aquí e ten

A. Macedonio - ¡Non pode ser!

G. Pavía e Amorodo - ¿Qué di esa tarxeta?

A. Macedonio – Nada emocionante, Pizzini pediume que quedaramos no

barrio do “Baúl Verde ”.

Page 4: O conto

Cando llo dixeron Pavía a Amorodo ían todos caladiños, caladiños pero

Macedonio ía ledo como unhas chocas. E comentou: “ ¿Qué vos parece se

vides comer a miña casa?”

Macedonio e os seus reforzos chegaron a súa casa e alí estaba Fridiña facendo

a comida.

Macedonio e os seus convidados puxeron a mesa e de contado comeron a rica

ensalada de pasta, a auga e o iogurt caseiro. Mentres tanto fixeron un plan

para capturar a Pizzini. E este era así: Cando Pizzini dixera a palabra

“trampa”, Amorodo que estaría na rúa Florida avisaría a Pavía e esta chamaría

a comisaría.

¡Xa era a hora!, e Macedonio dirixiuse onde Pizzini.

Pizzini – Vaia, vaia Macedonio ¡Viñeches!

A.Macedonio – Non era menos

Pizzini – Xa vexo que caíches na miña trampa.

Pizzini ía facer a trampa pero afortunadamente Amorodo estaba alí cerca e

atrapouno. Como “castigo” Pizzini tivo que axudarlle ó coidador dos animais

do zoo, sendo a súa misión darlle de comer ós animais.

Como un día tiña fame e o único que tiña a man era un plátano meteulle unha

dentada a dixo: “¡Que rico e doce está!” E a partir dese momento fíxose un

afeccionado ós plátanos.

O ciclo deste conto é indicado para as idades de 3 a 6 anos.

A área, o bloque de contidos e o criterio de avaliación son as seguintes:

Área: Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal.

Bloque de contidos: O coidado persoal.

Page 5: O conto

Avaliación: se ten adquiridos hábitos de vida saudable.

Este conto foi unha elaboración propia de Soraya Silva Aparicio