La voz del sordo Num. 27 EXTRA editado para conmemorar la semana de la prensa el 15 de marzo de 2013
Ao longo dos meses de abril, maio e xuño levaremos a cabo no comedor do
centro unhas xornadas gastronómicas internacionais que, ademáis do sentido lúdico,
pretenden ser un punto de encontro entre as distintas culturas que constitúen a nosa
sociedade, coa intención de reinvidar a plena igualdade de dereitos e oportunidades.
O proxecto está diseñado para favorecer o coñecemento do distinto e disfrutar da
riqueza que garda a gastronomía dos países de todo o mundo.
A actividade, céntrase ao redor da gastronomía, que ademáis de ser unha
necesidade básica para a vida, constitúe na nosa cultura un acto social.
Preténdese compartir os distintos costumes e tradicións das diferentes
nacionalidades de orixe dos nosos alumnos.
O obxectivo e que os alumnos tomen conciencia das costumes e das tradicións
doutras culturas co fin de establecer vínculos de unión que favorezan a igualdade e o
respeto entre todos.
Co pretexto de algo tan básico e cotiá como é comer, os nosos alumnos e
os alumnos usuarios do comedor, percorren o mundo degustando os menús típicos de
cada un dos países programados.
Actividades gastronómicas e culturais entremezclaranse facendo partícipes a
todos os alumnos usuarios do comedor.
O Equipo do Comedor
ULTIMA HORA