Lidia López Pérez
1º C.S.A.
Excursión ás dunas de Corrubedo.
Dunas de Olveira e lagoas de Carregal e Vixán.
As lagoas distínguense por seren, unha de auga doce, a de Carregal, e outra
de auga salobre, a de Vixián. O cal repercute directamente no tipo de fauna
e flora que as habita, un curioso e importante ecosistema que se manten
grazas á protección que lle dá de área protexida ó parque.
Ó principio vimos unha presentación explicándonos a superficie do parque
e un monitor estivonos ensinando os perigos para as especies do pas das
persoas por ese lugar, posto que non nos damos conta de niños de paxaros
ou especies protexidas e podemos chegar a rompelos ou matalos ainda que
non o fagamos á mantenta.
Logo fomos ó mirador da pera da rá /////****/////
Un lugar verdadeiramente fermoso e dende o que se pode ver nítidamente a
superficie do parque e distinguir varias partes grazas a un cartel
informativo que hai ó pé da pedra.
Máis tarde regresamos á entrada do parque e fomos co guía nun recorrido
polo parque e a Praia, describíndonos varias especies de flora, e tamén
recovecos utilizados pola fauna, e restos de alimentos.
Por último e aínda que chovia, fomos ver a famosa duna mobil que define ó
parque de Corrubedo, impresionante sen dúbida e coa que puidemos
comprobar que non facemos caso de advertencias para non subirmonos á
duna nin sequera poñendo ó principio as multas que nos poñeran por dito
feito. As dunas presentábanse pois, espléndidas, pero con pegadas
recorrendo o seu lomo.
Top Related