Excursion a Corrubedo

2
Lidia López Pérez 1º C.S.A. Excursión ás dunas de Corrubedo. Dunas de Olveira e lagoas de Carregal e Vixán. As lagoas distínguense por seren, unha de auga doce, a de Carregal, e outra de auga salobre, a de Vixián. O cal repercute directamente no tipo de fauna e flora que as habita, un curioso e importante ecosistema que se manten grazas á protección que lle dá de área protexida ó parque.

description

.................................

Transcript of Excursion a Corrubedo

Page 1: Excursion a Corrubedo

Lidia López Pérez

1º C.S.A.

Excursión ás dunas de Corrubedo.

Dunas de Olveira e lagoas de Carregal e Vixán.

As lagoas distínguense por seren, unha de auga doce, a de Carregal, e outra

de auga salobre, a de Vixián. O cal repercute directamente no tipo de fauna

e flora que as habita, un curioso e importante ecosistema que se manten

grazas á protección que lle dá de área protexida ó parque.

Page 2: Excursion a Corrubedo

Ó principio vimos unha presentación explicándonos a superficie do parque

e un monitor estivonos ensinando os perigos para as especies do pas das

persoas por ese lugar, posto que non nos damos conta de niños de paxaros

ou especies protexidas e podemos chegar a rompelos ou matalos ainda que

non o fagamos á mantenta.

Logo fomos ó mirador da pera da rá /////****/////

Un lugar verdadeiramente fermoso e dende o que se pode ver nítidamente a

superficie do parque e distinguir varias partes grazas a un cartel

informativo que hai ó pé da pedra.

Máis tarde regresamos á entrada do parque e fomos co guía nun recorrido

polo parque e a Praia, describíndonos varias especies de flora, e tamén

recovecos utilizados pola fauna, e restos de alimentos.

Por último e aínda que chovia, fomos ver a famosa duna mobil que define ó

parque de Corrubedo, impresionante sen dúbida e coa que puidemos

comprobar que non facemos caso de advertencias para non subirmonos á

duna nin sequera poñendo ó principio as multas que nos poñeran por dito

feito. As dunas presentábanse pois, espléndidas, pero con pegadas

recorrendo o seu lomo.