O CONTEXTO HISTÓRICO
A Idade Media estaba caracterizada polo sistema feudal.
O feudalismo converteuse na base social e económica de Europa, o vasalo coidaba as terras do señor a cambio de protección e dunha parte dos beneficios da colleita.
O século XII
É un século esplendoroso en Galiza, prodúcese un aumento das actividades agropecuarias, mercantís (baséase en
productos agrícolas para ser trocados por productos manufacturados).
Prodúcese un nacemento da burguesía, organizada en gremios establecidos en
barrios ou rúas, segundo o seu oficio. As cidades, ao contrario dos núcleos rurais, son dominio dos reis, e non dos señores feudais.
SANTIAGO DE COMPOSTELA(SÉCULO XII)
Neste século prodúcese a Era compostelá, da man de Xelmírez e atraerá o esplendor a Galiza, tanto económico como rural.A lírica trobadoresca profana, chegou a través do camiño de Santiago.
O SÉCULO XIII
A burguesía mostra o seu interese para acceder o poder político. A finais do século XIII, Europa comenza a vivir unha crise, que
se fará máis importante no século XIV. O sistema feudal, a miseria, a peste
negra...levará ao indivíduo a sentirse insignificante.
SÉCULO XV
A partir deste século, teremos unha forte conflitividade social e política, da man das
revoltas irmandiñas.
REVOLTAS IRMANDIÑAS
Consisten principalmente nun levantamento antifeudal, posto que todos os sectores implicados vían ou ben a súa economía
afogada polo feudalismo, ou ben tiñan un particular interese en rematar o sistema
feudal.Na Galiza medieval, os irmandiños eran os membros das Irmandades constituídas para
a defensa dos seus intereses fronte aos abusos dos señores.