C amelle - C amariñas. A Coruña- Galicia- España
R u t a L i t o r a l C A M A R I Ñ A S
RRRCCC 222
Coordina: Concello de Camariñas
Axencia de Desenvolvemento Local de Camariñas: Mª Josefa J iménez Sánchez
Fotos Portada e Contraportada:
Portada: Abertal e X. Búa Contraportada: Axencia de Desenvolvemento Local
Fotografías e debuxos:
Fotos sen rúbrica Axencia de Desenvolvemento Local de Camariñas
Xexús Búa e Abertal (fotos incluidas na web camarinas.net)
IMEGA Fotos e textos Camariñas sitio de interese xeomorfolóxico: Manuel Anxo
Freire Boado e Juan López Bedoya
Equipo Redactor:
Axencia de Desenvolvemento Local de Camariñas:
Emilio González Ramos Mª Josefa J iménez Sánchez
Empresa IMEGA Textos Camariñas sitio de interese xeomorfolóxico: Manuel Anxo Freire
Boado e Juan López Bedoya baixo la dirección de Augusto Perez Alberti
e Ramón Blanco Chao
Deseño: Concello de Camariñas
Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Camariñas Mª Josefa J iménez Sánchez
Departamento de Informática do Concello de Camariñas
Jose Manuel Sestayo López
RC -2 R uta L i toral Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 1
1
INDICE
1. CARACTERÍSTICAS DA RUTA
2. PERFIL
3. PUNTOS DE INTERESE
4. REPRESENTACION CARTOGRÁFICA
5. DATOS SOBRE A RUTA E A SÚA PREPARACIÓN
6. DESCRICION DE LA RUTA
7. DESCRICION PUNTOS DE INTERESE DA RUTA
8. ELEMENTOS SINGULARES
RUTA LITORAL
RC
2 Camelle – Camariñas
A Coruña- Galicia
RC -2 R uta L i toral Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 2
2
RUTA LITORAL
CARACTERÍSTICAS DA RUTA
1
Localización
Parroquia de Camelle do Concello de Camariñas-
Provincia da Coruña- Galicia- España.
Sáese do Museo de Manfred Gärdiner, coñecido
como Man o alemán de Camelle e remata no Castelo
do Soberano de Camariñas. Tamén se pode realizar
en sentido inverso, dende Camariñas ata Camelle
ainda non está sinalizado neste sentido.
Cartografía:
I.G.N. 1:25.000 nº 43-IIICamariñas.
I.G.N. 1:25.000 nº 67-IICamelle
Distancia total
22,8 KM o camiño principal
550m (ida e volta) desvío alternativo á Virxe do Monte
Grao de dificultade
Medio. Accesible para persoas cun hábito físico-
deportivo medio. O tramo de maior esforzo preséntase
no ascenso ó Monte Blanco.
M.I.D.E
Severidade do medio 1
Orientación Itinerario 1
Dificultade Desprazamento 1
Esforzo necesario 4
Tempo estimado
8 horas para o camiño principal
20 minutos desvío Virxe do Monte
RC -2 R uta L i toral Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 3
3
RUTA LITORAL
Tipo de percorrido
Unidireccional. Conecta e coincide dende Monte
Branco ata Camariñas cunha ruta homologada pola
federación de montañismo de Galicia PRG-38
“Costa da Morte”.
Esta ruta pertence á
categoría de Rutas de Camariñas (RC) sinalizadas
en cor morada, é a nº 2
destas rutas deseñadas e
sinalizadas polo Concello de
Camariñas
Acceso en bicicleta e cabalo
Apto completamente
Observacións:
No folleto turístico “Camariñas Capital do Encaixe” e
“Camariñas Rede Natura 2000”, esta ruta aparece
en verde.
PERFIL
2
RC -2 R uta L i toral Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 4
4
RUTA LITORAL
1. Camelle. Museo de Man
2. Arou
3. Porto de Santa Mariña
4. Duna Monte Branco
5. Mirador Praia de Trece
6. Vistas panorámicas a Monte Branco e Trece
7. Cemiterio dos ingleses e Cabo de Trece
8. Pedra dos Enamorados
9. Foxo dos Lobos
10. Pedra do Oso
11. Mámoa de Reira
PUNTOS DE INTERESE
3
12. Enseada Arneliña
13. Faro Vilán/Vilán de Fora e Furna dos Infernos
14. Coidal das Castaña
15. Ermita Virxe do Monte
16. Praia de Lago
17. Camariñas
X.Búa
RC -2 R uta L i toral Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 5
5
REPRESENTACIÓN
CARTOGRÁFICA DA RUTA
RUTA LITORAL
4
RC -2 R uta L i toral Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 6
6
RUTA LITORAL
A ruta e os seus arredores.
Camelle pertence ó concello de Camariñas, vila mariñeira coñecida
polos seus encaixes de bolillos e pola súa riqueza natural e
medioambiental da que é testemuña o Faro de Cabo Vilán, un dos
máis emblemáticos de Galicia.
É unha parroquia
eminentemente mariñeira. A
súa orixe parece vir dun
asentamento de mariñeiros
vascos que se dedicaban á
captura de baleas. No século
XVIII foi territorio dos Condes
de Altamira contando cunha ducia de casas e a capela de culto ó
Espírito Santo. Conta con dúas entidades de poboación
importantes: Camelle e Arou. Ámbalas dúas con porto, e nas que
atopamos construcións relacionadas co sector pesqueiro. En
Camelle aínda podemos ver os restos dunha construción dedicada
á salgadura de peixe que foi introducida por empresarios cataláns
no s.XIX. Con técnicas tradicionais de salgadura ou secado
elaborábase sardiñas o congrio para comercializar.
Estas costas foron sempre complicadas para a navegación e
punto fatídico onde naufragaron embarcacións como o Boris
5
DATOS SOBRE A RUTA E A SÚA
PREPARACIÓN
RC -2 R uta L i toral Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 7
7
Scheboldaef, Natalia ou Yeoman. A finais do século XIX abriuse
nesta parroquia unha Estación de Salvamento, ben equipada, que
se dedicaba á extracción de chatarra e ó despece de barcos.
Nesta empresa practicábanse as primeiras dilixencias e
xestionábanse os medios para o traslado de náufragos. Esta
actividade xerou postos de traballo en Camelle converténdose nun
lugar de referencia para a navegación.
Arou é un pequeno porto situado diante das illas Lobeiras,
dedicado á pesca artesanal. Conta cunha praia dotada de servizos
(quiosco de bebidas en temporada, duchas, teléfonos, limpeza de
areais, baños...). Na historia
deste pobo aparecen
numerosos naufraxios
ocorridos nas súas costas,
como o do Santa María, C.
Monteagudo ou o do Nill no
ano 1927. Este último levaba
una carga moi variada, que foi
chegando á costa, e foi recollida polos veciños, dando lugar a
moitas e curiosas anécdotas.
Nas illas Lobeiras, pertencentes á “Rede Natura 2000: Costa da
Morte” medra o marisco máis apreciado nas cartas gastronómicas,
o percebe, que require de zonas batidas. A pesca artesanal é a
actividade económica de maior importancia con capturas de
X.Búa X.Búa
X.Búa
RC -2 R uta L i toral Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 8
8
nécoras, polbos e outras especies de alta calidade e valor
comercial. Arou tamén conta con comunidade de montes veciñal,
estando xestionadas polos propios comuneiros e con local cultural
propio.
As festas celébranse en Camelle o primeiro domingo de agosto (a
Virxe do Carmen) con procesión mariñeira e danza de arcos, as do
Espírito Santo, celébranse o luns de Pentecostés e o 29 de
setembro as festas de San Miguel. Arou ten as súas celebracións
no primeiro sábado de outubro (romaría de San Roque) e o 24 de
agosto en honor a San Bartolo.
En todas as parroquias de Camariñas, podemos atopar tranquilas
praias, fermosas paisaxes e unha gastronomía con produtos
frescos da ría e o mar.
En Camariñas podemos visitar o Museo de Encaixe de Bolillos
(Tfno.: 981 73 63 40), o porto, a igrexa de San Xurxo e a ermida
da virxe do Carme, pasear polo
entorno da rede natura 2000 e
gozar de zonas virxes no Cabo e
Faro Vilán. A ruta “PRG-38
Costa da Morte” parte de
Camariñas e percorre os espazos
medioambientais e naturais máis
significativos deste concello.
X.Búa
X.Búa
J.Ignacio del Moral. Maraton fotografica 1
RC -2 R uta L i toral Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 9
9
Na Ponte do Porto está localizada a Ruta PRG-37 Ruta dos
Muíños que percorre a fermosa desembocadura do Río Grande.
Ademais, podemos visitar o museo etnográfico, situado na rúa
Curros nun local particular, é conveniente concertar cita para visita
guiada (Tfno.: 981 73 09 98).
Por Xaviña discorre a ruta “RC - 1 Ruta da Insua” que comeza e
remata na praia de O Ariño. Esta ruta transcorre por unha península
rodeada das augas da ría
de Camariñas. Poderemos
gozar de praias de fina
arena, tranquilas augas e
de fermosas paisaxes
típicas da costa galega,
ademais da fauna propia da
zona de ría.
X.Búa X.Búa
RC -2 R uta L i toral Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 10
10
Como chegar.
En vehículo particular:
- Dende Santiago de Compostela. 76,1 Km.
Ruta de Santiago a Bertamiráns pola AG56-Noia, a Ponte
Maceiras pola AC-544 a Negreira pola AC-546, a Baíñas
pola AC-441, a Casadas pola AC-9203, a Vimianzo pola
AC-552 a Ponte do Porto pola AC-432 e a Camelle pola
AC-1601.
- Dende A Coruña. 86,2 Km
Ruta: De A Coruña a Carballo pola AG-55 a Vimianzo pola
AC-552 a Ponte do Porto pola AC-432 e a Camelle pora
AC-1601.
- Dende Vigo.154,2Km
Ruta: De Vigo a Milladoiro pola AP-9 a Bertamiráns pola
AG-56-Noia a Ponte Maceiras pola AC-544 a Negreira pola
AC-546, a Baíñas pola AC-441, a Casadas pola AC-9203,
a Vimianzo pola AC-552, a Ponte do Porto pola AC-432 e
a Camelle pola AC-1601.
Líñas de autobús
Desde Santiago de Compostela e A Coruña.Os horarios
de saída soen ser demde as 8:00 ata as 14:30 horas e o
tempo medio da viaxe rolda as dúas horas. Recoméndase
confirmar horarios e destinos coas empresas de
transportes.
RC -2 R uta L i toral Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 11
11
Teléfonos e web das empresas:
- AUCASA 981 58 88 11
- MONBUS 902 29 29 00
http:/ /www.monbus.es/ index2.htm
- VAZQUEZ 981 14 84 70
Tfno. Estacións de autobús:
- Santiago de Compostela
Praza Camilo Díaz Baliño, S/N
15704 Santiago de Compostela
981 542 416
- A Coruña
Caballeros, 21
15009 La Coruña
981 184 335
- Vigo
Avenida de Madrid, 57
36214 Vigo
986 373 411
En taxi.
Tfno. Taxis de Ponte do Porto 981 73 01 18
Tfno. Taxis de Camariñas. 981 73 61 69
Por vía marítima
Camariñas conta con porto deportivo.
Peirao Novo s/ n, Camariñas. Tfno. 981 73 71 30
Latitude: 43º 07' '' N
Lonxitude: 9º 11' '' W
Amarres: 83
Xesús Búa
X.Búa
RC -2 R uta L i toral Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 12
12
Calado: 4 m
Eslora máxima: 10 m
En avión
- Aeroporto de Santiago de Compostela
LAVACOLLA, S/N. 15820 Santiago de Compostela
Tfno. 902 404 704
- Aeroporto de Alvedro (A Coruña) ALVEDRO, S/N, Culleredo – Tfno. 902 404 704
- Aeroporto de Vigo Avenida AEROPORTO, S/N. 36318 Vigo Tfno. 902 404 704
- Aeródromo privado a 54 Km Empresa: Naturmaz
(Mazaricos). Consultar dispoñibilidade. Tfno.: 981 107902, 610 550 524, 902 009 766. Fax: 902 009
767 Mail:[email protected] Web:www.naturmaz.com
Equipo persoal aconsellado.
Calzado axeitado preferentemente de montaña.
Gorro e crema protectora
Auga, mínimo 1 litro por persoa
Bastóns, mapa
Cámara de fotos e prismáticos
Impermeabel ou similar na época non estival.
RC -2 R uta L i toral Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 13
13
Recomendacións.
Antes de facer la ruta consultar sempre as previsións
meteorolóxicas.
Prudencia nos camiños que son empregados por outros
usuarios, vehículos ou animais.
Respectar e manter o contorno limpo, non tirar papeis,
envoltorios ou residuos.
Non acender fogos e por suposto non tirar cabichas de
cigarros durante o percorrido.
En primaveira e verán é convinte levar proteción solar e
produtos contra as picaduras de insectos.
Servizos de saúde e axuda (SOS).
- Centro Médico de Camelle. R/Campo de Area, S/N - 15121
Camelle.
Tfno.:981 710 513.
- Centro de urxencias máis preto (a 9 Km en Vimianzo). R/
Rosalía de Castro, 15129-Vimianzo
Tfno.: 981.716208
- Hospital Virxe da Xunqueira (a 32 Km en Cee). Pº Alcalde
Pepe Sánchez, 7 - 15270 Cee
Tfno.: 981.706001
- Farmacia de Álvarez Pardiñas en Ponte do Porto. Praza de San
Roque, 23, Ponte do Porto
Tfno.: 981 730001
- Farmacia de Josefa Fernández. Plaza de Insuela, 1,Camariñas
Tfno.: 981 737301
RC -2 R uta L i toral Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 14
14
- Farmacia de Trullenque Álvarez. R/Arenal s/ n, Camariñas.
Tfno.: 981 736280
- Protección Civil Camariñas Avda. da Coruña, 66- Camariñas.
Tfno.: 650 420 021/981 737336
- Garda Civil Camariñas. R/ Constitución, 8. Camariñas.
Tfno.: 062/ 981 736 262
- Policía Local Camariñas. Praza de Insuela S/N
Tfno.: 607 482 382/ 91 736050
- Teléfono calquera emerxencias: 112
- Teléfono urxencias médicas: 061
- Servizo Protección Natureza (SEPRONA) 981 736262
Aloxamento.
Na Ponte do Porto
- Pensión Residencia** La Fe.
Estrada de Camariñas, 63- Dor Tfno.: 981 731133
www.pensionlafe.es e e-mail: [email protected]
- Pensión** O Pincho. R/ Curros 22. Tfno.:981 730250
En Camariñas (A 14 Km)
HOTEIS
- Hotel* O Cotariño. Lugar do Cotariño- Camariñas.
Tfno.: 639638634/659923693.
web: http:/ /www.docotarino.com/
- Hotel* Residencia O Parranda. Rúa Casadillo, 1.
Tfno.: 981 70 54 68/ 662340893.
[email protected] web. http:/ /www.oparranda.com/
H
RC -2 R uta L i toral Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 15
15
- Hotel* Puerto Arnela. Praza do Carmen, 20
Tfno.: 981 705477 [email protected]
web. http:/ /www.puertoarnela.es/ - Hotel* Scala. Rúa Traspraia, 6. Tfno.: 981 737109.
PENSIÓNS - Pensión *Catro Ventos. Rúa Muiño do Vento, 71. Tfno.:
981 73 60 64. [email protected]
web. http:/ /www.catroventos.com/
- Pensión** Gaviota. Rúa do Río, 15. Tfno.: 981 73 65 22
Web. http:/ /www.hostalgaviota.cjb.net/
- Pensión* Stella del Mare. Ronda de San Xurxo, 7. Tfno.:
981 73 73 04. [email protected]
web http:/ /www.stelladelmare.es/
Restaurantes.
En Camelle - Café Bar Restaurante Chalana. R/ Principal, 2
Tfno.: 981 710512 / 600 871 529
En Ponte do Porto ( A 6 Km)
- Pizzería- Restaurante A Xunqueira. R/ Outeiro, 37.
Tfno.: 981 730450 Web. http:/ /www.axunqueira.es/
- Parrillada Antelo. Lugar de Allo, 177 Tfno.: 981 730495
- Restaurante Casa Trabeiro R/ Outeiro, 50. Tfno.:981
730036 Mail. [email protected]
-
RC -2 R uta L i toral Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 16
16
- Pizzería- Cervecería Brasil. R/Curros,9. Tfno.: 981
730340.
En Xaviña (A 10,3 Km) - Restaurante O Ariño. Lugar de Tasaraño, 48
Tfno.: 981 7308 21. [email protected]
- Café- Bar Restaurante Rojo. R/ Agramar, 45. Tfno.: 981 731189. [email protected]
En Camariñas (A14 Km) - Restaurante Catro ventos. R/ Muiño do Vento, 71
Tfno.: 981 736064, [email protected]
web Café-www.catroventos.com/
- Club Náutico. Peirao Novo S/N. Tfno.:664 495 357
- Restaurante La Marina. R/ Canton Miguel Feijoo, 3,
Tfn.: 981 737196. [email protected]
web http:/ /www.lamarina-restaurante.com/es/
- Restaurante Marisquería O Meu Lar. R/ Pinzón, 26.
Tfno.: 981 737196 / 666 488 142 / 600 288 018.
[email protected] web.
http:/ /www.costadelamuerte.com/ rest-omeular/
- Restaurante Puerto Arnela. Praza do Carmen, 20
Tfno.: 981 705477. [email protected] web.
http:/ /www.puertoarnela.es/
- Pizzería Stella del Mare. Rolda de San Xurxo, 7.
Tfno.: 981 737304. [email protected]
web http:/ /www.stelladelmare.es/
- Bar Restaurante Victoria. R/ Ambrosio Feijoo, 1.
Tfno.:981 730694 web. www.lamarina-
restaurante.com/es
- Restaurante Villa de Oro. R/ Areal, 7 Tfno.: 981 73 63 54. web http:/ /www.villadeoro.es/
RC -2 R uta L i toral Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 17
17
Máis información sobre Camariñas: Concello de Camariñas. Axencia de desenvolvemento local. Praza de Insuela S/N 15123 Camariñas (A Coruña) Tfno.: 981 737004 www.facebook.com/concellocamarinas [email protected]
www.camarinas.net
RC -2 R uta L i toral Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 18
18
RUTA LITORAL
Este itinerario comeza en Camelle no museo do alemán, en
alusión a Manfred Gnädinger (1936-2002), máis coñecido
coma “Man”. Esta ruta de Camariñas denominada “RC-2 Ruta
Litoral” percorre espazos de gran riqueza medioambiental,
paisaxística e ornitolóxica que están incluídos na Rede Natura
2000 Costa da Morte. Foi inicialmente acondicionada e
sinalizada polo Ministerio de Medio Ambiente, quen tamén
realizou os paneis informativos sobre praias, formacións
xeomorfolóxicas e outros elementos de interese que aínda
conserva esta ruta.
É un percorrido de dificultade media xa que so presenta dous
ascensos leves: o primeiro ata Monte Branco (200m) e o
segundo ata o Cabo e Faro Vilán no desvío sinalizado de
500m.
Por Arou e Santa Mariña podemos gozar de praias tranquilas e
familiares, paraxes practicamente virxes e laboriosos portos de
pesca.
Nesta costa, a forte erosión eólica e mariña foi dando formas
suxerentes a pedras como a “furna dos infernos” ou a “pedra
do oso” e creou un litoral de praias de areas finas tales como
as de Reira, Santa Mariña, Arou, Camelle e Trece ou dunas
como Monte Branco e onde atopamos a maior reserva de
Camariñas de Galicia , planta que dá nome ó municipio.
6
DESCRICIÓN DA RUTA
RC -2 R uta L i toral Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 19
19
RUTA LITORAL
1 Camelle. Museo de Man
A ruta parte do Museo do Alemán en Camelle, parroquia de
Camariñas. O inicio está situado no mesmo porto de
Camelle, que foi reformado ó longo das últimas décadas,
conseguindo maior protección e seguridade para as
embarcacións deste lugar.
Camelle conta con Confraría de Pescadores, e dende o
dique podemos observar, na outra beira
en dirección a Traba de Laxe, os restos de
fábricas de salgadura do século pasado que contaban con
embarcadoiro propio.
Museo de Manfred Gnädinger
(1936-2002) afincado dende
1962 en Camelle, máis coñecido
como “Man”, deixou neste lugar
da costa o seu legado, construído
con elementos salpicados polo
mar. A obra deste singular artista, considerado por moitos un
dos máximos expoñentes do Land-Art, consérvase
actualmente nesta beira do Atlántico e constitúe un museo
único no mundo. A poucos metros do museo atópase a
recentemente creada Fundación Man, dedicada á
conservación e exposición da súa obra. Entre as actividades
máis destacadas están os Encontros anuais de Arte e
Natureza, onde prestixiosos artistas desenvolven actividades
Abertal
Abertal
PUNTOS DE INTERESE DA RUTA
7
RC -2 R uta L i toral Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 20
20
e obradoiros Nestes catro anos de encontros, participaron
entre outros: Nils-UDO, Rolando Castelló, Miguel Angel
Blanco
2 Arou
Chegamos a esta poboación de Camelle por un camiño
encaixado entre muros de
pedra e sempre á beira do
mar.
Arou conta con porto
pesqueiro e cunha fermosa e
concorrida praia situada no
centro do pobo. Está dotada
de servizos, resgardada de
ventos, con augas tranquilas,
ó estar nunha enseada, e
con areas finas e brancas. O sendeiro discorre por unha
verea de lousas de granito e por unha pasarela de madeira
bordeando o mar, realizado polo Ministerio de Medio
Ambiente e Medio Rural e Mariño.
3 Porto de Santa Mariña
Esta pequena poboación e o seu porto artesanal, queda a
400m do ramal principal. É un desvío opcional para quen
desexe visitar este lugar, que pertence á parroquia de
Xaviña e que ten un enclave impresionante.
Entre Arou e Santa Mariña podemos observar as Illas
Lobeiras, zona de interese para observación de aves.
RC -2 R uta L i toral Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 21
21
4 Duna Monte Branco
A partir de Santa Mariña entramos xa en zona rede Natura
2000 nun dos paraxes máis fermosos e ricos
medioambientalmente de Galicia. Entre piñeiros e
espectaculares vistas atopámonos con calas virxes rodeadas
de dunas, así como cun fenómeno único en Europa: “Monte
Branco”, duna rampante de 204 metros de altura, a máis alta
de Europa. Preto dela atopamos dunas costeiras fixas con
vexetación herbácea, que logran unha espectacular paisaxe.
5 Mirador de Praia de Trece
Praia
prácticamente
virxe que alberga
gran cantidade
de especies
ameazadas:
Rumex rupestris
(endemismo
europeo), Linaria
aguillonenesis (endemismo da provincia de A Coruña),
Chaetopogon fasciculatus prostrabus e Iberis proccumbens
(endemismo galego-portugués). Ademáis atopamos a maior
colonia de Caramiñas de Galicia.
Abertal
RC -2 R uta L i toral Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 22
22
6 Vistas panorámicas de Trece e Monte Branco
Dende este punto podemos recrearnos coas fermosas vistas
do corazón da rede Natura Costa da Morte. Espazo natural
protexido que abarca varios concellos da Costa da Morte.
Camariñas ten 1200,48 Ha protexidas por esta rede dende o
año 2001. Este espazo contén zonas de especial protección
de aves e Lugar de Interese Comunitario.
7 Cemiterio dos ingleses e Cabo Trece
Este peculiar cemiterio forma parte dende o ano 2010 do
Itinerario Cultural de Cemiterios Europeos, recoñecido pola
Unión Europea como patrimonio cultural xunto co Camiño de
Santiago.
Neste lugar enterráronse a case totalidade (só houbo 3
superviventes) dos 175 mariñeiros británicos do buque escola
da Armada Inglesa “Serpent” que fatalmente perderon a vida
na Punta do Boi durante unha tormenta en 1.890. A zona
Costa da Morte foi escenario de innumerables naufraxios ó
longo da historia, sendo o deste buque, un dos máis
emblemáticos.
Dende a pasarela de acceso ó cemiterio contemplamos á
esquerda o “Home con boina” , gran rocha granítica. Dende
este punto e ata cabo Vilán existen unha gran cantidade de
rochas con formas caprichosas e vistosas que a imaxinación
popular bautizou con diversos nomes suxeridos pola variedade
Abertal
RC -2 R uta L i toral Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 23
23
das súas formas: Pedra da Mola, Pedra dos namorados de
Arneliña, Dinosaurio do Petón da Atalaia, Dinosaurio do Peton
da Atalaia, Man de deus, Virxe de Arou, Belén da Pedrosa,
Caudillo de Reira, Pedra do Oso, Os namorados de Reira...
O cabo de Trece, tamén denominado Tosto, é unha lingua de
rocha que se entra no mar, orixinado pola fractura das rochas.
A súa estrutura é prácticamente horizontal aínda que tamén
podemos atopar algunhas puntas sobresaíntes.
Despois do cemiterio dos ingleses chegamos á praia de Reira,
ó longo de varios quilómetros, a ruta discorre pola liña do mar,
apreciándose a paisaxe de arbusto almofadillado marítimo
característico desta paraxe, hábitat protexido segundo a
lexislación europea, onde encontramos o hábitat protexido de
interese comunitario composto de charneca seca atlántica
costeira..
8 Pedra dos Namorados
Na praia da Reira contemplamos a curiosa rocha de Os
namorados de Reira na beira do mar. Formación constituída
por dúas pedras nas que se pode descubrir o perfil de dous
namorados a piques de bicarse.
9 Foxo dos lobos
Despois de pasala pedra do Oso, preto do camiño, a costas da
praia da Reira, atopamos o Foso dos Lobos, construción a
base de muros de pedra organizados en forma de rúas, que
RC -2 R uta L i toral Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 24
24
converxen nun pozo de pedra. Estas construcións
empregábanse para atrapar a lobos en épocas medievais.
10 Pedra do Oso
É unha estrutura de pedra con forma de oso sobre unha base
plana. Tamén chamada do boi está cabo da pedra do Caudillo.
Esta pedra é un dos elementos característicos da imaxe de
Camariñas. Foi roubada durante os meses seguintes á
catástrofe do Prestige (2002) e cando foi recuperada tiña
seccionada unha pata.
11 Mámoa de Reira
Monumento funerario, do período entre o Neolítico e a idade
de bronce, caracterizado por unha acumulación artificial de
terra e pedras enriba dun enterramento.
12 Enseada de Arneliña
Nesta enseada,
accidente xeográfico
costeiro resultado da
erosión do litoral,
podemos atopar outra
formación rochosa
escultórica chamada Os
Namorados de Arneliña.
Son dúas pedras planas unha ó carón da outra que simula una
parella de namorados mirando ó mar. Non son visibles dende o
camiño, hai que realizar un pequeno esforzo para descubrilos.
RC -2 R uta L i toral Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 25
25
13 Faro e Cabo Vilán. Vilán de Fora e Furna dos Infernos
Dende o sendeiro divisase o faro e o cabo Vilán prácticamente
durante todo o percorrido. Sen embargo para chegar ata o
Faro e Cabo Vilán hai que desviarse do camiño principal un
quilómetro.
O faro construído en pedra é o faro eléctrico máis antigo de
España, sendo prendído por vez primeira o 15 de xaneiro de
1896. Sinala un dos tramos máis perigosos da Costa da
Morte, pero tamén dos máis fermosos. Erguido a 125 metros
de altitude e comunicado so por un túnel co antigo edificio dos
fareiros, ten un potente canón de luz capaz de acadar os 55
km.
Neste faro podemos visitar no edificio dos fareiros o centro de
interpretación de naufraxios e faros que dende o ano 2.008
expón maquinaria antiga de faros e comunicacións, e paneis
explicativos sobre a
historia dos naufraxios
máis renomeado de
Costa de Morte (Serpent,
Nil, Banora...).
Precisamente, foi o
naufraxio do navío
británico Serpent, o que
acelerou a construción deste faro.
RC -2 R uta L i toral Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 26
26
Todo o enclave de Cabo Vilán, foi declarado de Interese
Nacional no ano 1933, por ser un lugar rochoso e escarpado,
e hoxe en día é Monumento Natural e Zona de Especial
protección de aves.
Vilán de Fora
Illote que xunto co cabo foi declarado Zona Especial de
protección para as aves (ZEPA) pola Unión Europea. Acolle
especies de aves mariñas aniñantes: gaivota tridáctila (Rissa
tridactyla), gaivota patiamarela (Larus cachinnans) e corvo
mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis).
Furna de los Infiernos
Cova existente á fronte do acantilado de Cabo Vilán, que se
formou pola acción do mar e as fases evolutivas das rochas.
Na súa parte superior atopamos unha apertura na que se
forma un sifón debido a que as ondas baten contra ela. So é
visible dende A Pedrosa, mirando a Cabo Vilán.
No cruce de continuidade do noso ramal atopamos un dos
primeiros parques eólicos de Galicia, instalándose os primeiros
aeroxeradores en 1992. A sociedade explotadora é P.E. Cabo
Vilano A.I.E. e a distribuidora é Enel Unión Fenosa
Renovables, S.A.: 50% Endesa Cogeneración y Renovables,
S.A. A potencia instalada é de 3.600Kw.
RC -2 R uta L i toral Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 27
27
Dende este parque eólico, obtéñense unhas fermosas
vistas do faro e tamén se poden observar as instalación
piscifactoría de rodaballo pertencente á empresa Slot Sea
Farms que está a producir controversias respecto á
idoneidade da súa instalación en zona rede Natura. Esta
instalación abriuse no ano 2005 e foi nese momento a
planta de rodaballo máis grande do mundo. Conta con
90.000m2 de superficie, 1.200 toneladas de capacidade
de produción anual e realizouse unha inversión de 17
millóns de euros, dos que a Xunta de Galicia subvencionou
case a metade.
14 Coidal das Castaña
Ademais dos tesouros botánicos que aparecen nestes
ecosistemas virxes, é obrigado falar do xenuíno patrimonio
xeolóxico existente en toda esta costa; unha representación
son os coídos: o chamado coidal das castañas aparece una
vez pasado Cabo Vilán; é unha bonita praia de cantos
rodados que chega ós 3 metros de espesor, e que pode
apreciarse dende a nosa ruta
15 Ermida Virgen do Monte
Vese dende o camiño no alto do monte. Si queremos visitala,
optaremos pola desviación de ida e volta duns 550m. Esta
ermida de pedra data de mediados do século XVIII, está
situada nun enclave cunhas vistas espectaculares de parte da
ría de Camariñas ata Cabo Vilán e da vila de Muxía enfronte.
Abertal
RC -2 R uta L i toral Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 28
28
16 Praia de Lago
É un lugar fermoso, de tranquilas augas e baixa ocupación
turística. Debe o seu nome ó río Lago, que desemboca nesta
praia atravesando a banda de area. Presenta un tipo de duna
denominada embrionaria que alberga ecosistemas constituídos
principalmente por Ammophila aerenaria e tres tipos de ericas
(Cilliaris, Tetralix e Vagans) ademais de pastos salinos atlánticos.
17 Camariñas
Chegamos ó final da ruta nas ruínas do castelo do Soberano
que foi construído cara o 1.740 e máis tarde utilizado na
guerra contra a ocupación francesa, pero as súas pedras foron
retiradas a mediados do século XX para construír o vello porto
de Camariñas, polo que actualmente so quedan os cimentos e
parte das murallas.
En Camariñas podemos visitala lonxa, o seu porto pesqueiro e
deportivo. É obrigado achegarse a unha das artesanías téxtiles
máis importantes de Galicia e de España: o encaixe de
Camariñas.
Nesta vila sitúase o Museo do Encaixe de Camariñas, que se
creou no mes de novembro de 1996, e exhibe una testemuña
excepcional da supervivencia das artes e oficios populares,
sendo un expoñente da tradición que permanece
practicamente nos seus contextos orixinais. Con isto, inténtase
recuperar a memoria histórica, conservala e difundila mediante
RC -2 R uta L i toral Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 29
29
a súa creación. A planta superior do edificio alberga a
colección permanente do Museo composta por deseños e
pezas de encaixe de Camariñas, así como os utensilios e
materiais utilizados para a súa elaboración. Tamén atopamos
no paseo marítimo, tendas de venda desta artesanía milenaria
e exhibicións en vivo do traballo das encaixeiras ou palilleiras.
A Mostra de Encaixe de Camariñas, recoñecida como festa de
interese turístico é unha feira internacional que se organiza
cada Semana Santa. Neste evento anual podemos gozar de
exposicións de pezas de encaixes de bolillos nacionais e
internacionais, desfile de moda onde se incorpora o encaixe de
Camariñas ás prendas masculinas e femininas, e por suposto a
exhibicións das palilleiras do municipio que cultivan as técnicas
e deseños tradicionais que abraian a tódolos visitantes. Esta
celebración ten como presidenta de honor á raíña de España.
Tamén podemos visitar en Camariñas, o
casco histórico, a capela da Virxe do
Carme, a igrexa de San Xurxo de Buría, o
conxunto de hórreos e casas tradicionais
da rúa do Calvario ou as praias de Area da
Vila o Lingunde.
RC -2 R uta L i toral Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 30
1 A Rede Natura 2000 “ Costa da Morte”
A Rede Natura 2000 é unha rede de espazos naturais de
alto valor ecolóxico a nivel europeo. Esta rede ten o obxectivo
de garantir a supervivencia, a longo prazo, das especies e
hábitats europeos máis valiosos e ameazados. En Galicia
forman parte desta rede 59 LICs (Lugares de Importancia
Comunitaria) e 14 ZEPAS (Zonas de Especial protección de
Aves).
O Código LIC de Camariñas é ES1110005, LIC Costa da
Morte con 12094,43 Ha, protexidas, pertence á rexión
climática Atlántica e atopamos ademais de Camariñas a
territorios dos concellos de Arteixo, Cabana de Bergantiños,
Carballo, Fisterra, A Laracha, Laxe, Muxía, Ponteceso e
Vimianzo.
O concello de Camariñas conta con 1.200,48 Ha protexidas
dentro desta rede recoñecida pola Unión Europea no ano
2001. O Noso territorio obtivo ó longo dos anos diferentes
recoñecementos ós seus valores naturais e medioambientais.
Así en 1933 foille concedido polo estado Español ó cabo e
faro Vilán o título de Sitio Natural de Interese Nacional. No
inventario fr SEO/Birdlife (1988) atopamos o
recoñecementos
RUTA LITORAL
ELEMENTOS SINGULARES
8
RC -2 R uta L i toral Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 31
coma IBA 004 Costa da Morte (Norte) á avifauna da nosa
costa. Protección que en xuño de 2003 confírmase para a
zona de Vilán como zona ZEPA ES0000176. En 2004
tamén se recoñece a Camariñas como Zona de especial
protección dos valores naturais.
Son os ecosistemas mariños e a biodiversidade de flora e
fauna existente os valores que conseguiron estes
recoñecementos e a especial protección..
Fauna
Este espazo natural é de especial interese por su avifauna,
en particular polas súas poboacións de aves mariñas, que
se concentran para aniñar principalmente nos illotes de
Cabo Vilán.
O illote Vilán de Fóra é o lugar preferido para aniñar de
varias especies en perigo de extinción: A gaivota tridáctila
(Rissa tridactyla), gaivota patiamarela (Larus cachinnans),
corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis), así como
as últimas colonias de cría españolas de arao común (Uria
algae). Ademais no seu entorno aniña o paíño europeo
(Hydrobates pelagicus).
Abertal
RC -2 R uta L i toral Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 32
Esta zona é unha área de tránsito regular e estacionamento
de centos de miles de exemplares doutras especies de aves
mariñas migratorias e invernantes (pardelas, alcatraces,
cormoráns, araos, gaivotas, charráns...)
Flora
A vexetación acadada tan alto grao de desenvolvemento,
variedade e estado de conservación que sitúa a este LIC
entre os espazos naturais máis sobresaíntes do noroeste
peninsular. Domina fundamentalmente a vexetación de
acantilados e chairas costeiras como a herba de namorar
(Armeria pubigera sup. Pubigera), endémica e o perexil
mariño (Crithmum maritimum). Sobre todos eles o
sotobosque de
breixo e toxos, de
baixo porte e
aspecto
almofadillado,
constitúe a
comunidade
características do espazo natural.
A vexetación propia de praias e dunas tamén posúe
numerosos enclaves, como os Areais da Pedrosa,Reira e
Trece, cun grao de desenvolvemento e naturalidade que lle
IMEGA
IMEGA
RC -2 R uta L i toral Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 33
outorgan un gran valor ó espazo. Destaca a presenza da
Caramiña (Corema álbum) na praia de Trece cabo de
Monte Branco, onde se localiza o seu principal reduto no
territorio galego. Estes ambientes albergan un gran número
de especies endémicas e pouco comúns, como a Iberis
procumbens subsp, procumbens, Otanthus maritimus,
Silene scabriflora subspgallaecica, linaria aguillonensis e a
amenazada Omphaloides litoralis subsp. Gallaecica,
endémica na provincia de A Coruña
A zona dende o cemiterio dos ingleses ata a duna de Monte
Branco foi obxecto de catalogación en 1994 pola
especialidade de Medio Ambiente da Escola- Taller de
Camariñas, detectándose especies de gran interese como a
Arabis hirsuta e a Centaurea corcubionensis
Abertal
RC -2 R uta L i toral Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 34
2 Camariñas sitio de interese xeomorfolóxico
A morfoloxía da Costa de Camariñas é o resultado da acción
combinada de factores como as ondas e os fortes ventos
sobre as rochas, o que dou lugar á gran variedade de formas
que imos atopar representadas neste tramo costeiro.
No percorrido por este impresionante paraxe pódese
distinguir pedras con formas antropomórficas e zoomórficas
coidadosamente modeladas e lugares tan singulares como as
praias de bolos ou coídos, moi características desta zona e
formadas por cantos rodados de gran tamaño e que serán a
posterior fonte de sedimentos para a formación de praias.
Sen dubida algunha a figura xeomorfolóxica estrela de
Camariñas é o monte Branco, a duna remontante máis alta
da península e unha das máis altas de Europa con 150 m. de
altura.
A costa de Camariñas supón na opinión de eminentes
xeólogos un auténtico tesouro dende o punto de vista
xeomorfolóxico pola variedade e rareza das súas formacións.
De entre todas elas destacamos as máis sobresaíntes:
IMEGA
RC -2 R uta L i toral Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 35
A. Exemplos de retroceso diferencial, chamado así en
xeoloxía ós procesos de desgaste e retroceso terrestre
orixinado ó longo do tempo por diferentes axentes
(auga, vento, precipitacións, diferenzas térmicas).
Froito destes procesos orixináronse os illotes como
testemuñas de ata onde chegaba antes a costa (Illote
de Vilán da Fora o as baleas de Reira), as furnas ou
covas mariñas (Furna do s Infernos) e os corredores
de erosión.
B. Formas menores moldeadas pola erosión. Ademais da
erosión na liña da costa prodúcense a menor escala
erosións de tamaño medio ou pequeno que indican os
diferentes tipos de erosión físico-químico sobre o
substrato granítico. Os socavamentos laterais (coa
forma de chama que indica a seguinte foto), as formas
de pedestal, as pías (buratos cóncavos que quedan
nas rochas), cacholas, balmas, nerviacións
rochosas, canles rochosas e outros elementos de
tamaño media ou pequeno constitúen un extraordinario
catálogo de formas de detalle que sorprenden ó
camiñante en cada recuncho do camiño.
IMEGA
RC -2 R uta L i toral Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 36
C. As formas orixinadas por acumulacións dos restos
anteriormente erosionados (formas sedimentarias):
depósitos antigos, praias, dunas e coídos
Depósitos antigos: presentan
gran valor a nivel de historia
xeolóxica porque son
testemuñas tanto dos
movementos de subida e
baixada do nivel do mar en
relación á costa como das variacións climáticas
asociadas. Nestas fotografías contemplamos unha duna
que co tempo foi fosilizada e unha praia de cantos
rodados que se foi erosionando co tempo. Ámbolas
dúas retrátannos o pasado xeolóxico desta zona de
Camariñas.
As dunas. O transporte da area das praias que
depositou o mar mediante a acción do vento e cara ó
interior é o que orixina a duna, ó minorarse a forza do
vento Xeomorfoloxia Litoral ante calquera obstáculo,
como a vexetación, e depositar así a súa carga de area.
A tendencia é a formarse cordóns de area paralelos á
dirección do vento dominante ; no obstante os ventos
variables de dirección, a ondas, a acción do home, etc.,
IMEGA
IMEGA
RC -2 R uta L i toral Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 37
tenden a irregularizalos creando regos de erosión. Ó
darse unhas condicións excepcionais topográficas de
orientación e pendente como as de Monte Branco
poden chegar a orixinarse depósitos de area
ascendentes cara os outeiros costeiros orixinándose así
montañas de area de 100 m., caso único xeolóxico en
toda Europa.
As praias. As praias son os depósitos de area que o
mar deixa no continente. As súas partículas
compóñense de grans de orixe xeolóxico pola erosión
do mar contra a rocha ou ben de orixe biolóxico
(cunchas de seres vivos). Existen moitos tipos de praias
en función da súa dinámica e localización costeira: en
plataforma, en cala, baía, frechas, dobre frechas, de río,
en saínte rochoso, en enseada...
Coídos. Os coídos son
praias de cantos rodados e
bloques de tamaño diverso,
predominando os bloques.
Teñen interese científico xa
que son parte da evolución
xeolóxica histórica da zona.
IMEGA
RC 2 R uta L i toral Camariñas (A Coruña)
Este itinerario, de 19 quilómetros, está situado no
Concello de Camariñas (A Coruña), empeza na
parroquia de Camelle, exactamente en el Museo de
Manfred Gärdiner, coñecido como Man o alemán de
Camelle e remata no Castelo do Soberano de
Camariñas.
Esta Ruta foi
deseñada e
sinalizada
inicialmente polo
Ministerio de Medio
Ambiente. Na
actualidade pertence
ás Rutas municipais
de Camariñas.
Percorre toda a
Costa Atlántica pola
zona Rede Natura do
concello e as súas
impresionantes paisaxes, praias virxes de areas brancas e
finas, zonas de especial protección de aves, esculturas
pétreas naturais, natureza e mar.
Top Related