Download - Bases Concurso de Epitafios

Transcript
Page 1: Bases Concurso de Epitafios

vicedirección do centro e o EDLG convocan este concurso

para fomentar a creatividade, celebrar o Samaín e

potenciar a retranca.

BASES: 1. Pode participar toda a comunidade

educativa.

2. A participación pode ser en individual

ou en grupo, pero nunca de máis de 3

integrantes.

3. Os textos deben estar, necesariamente,

en galego. Búscase que sexan graciosos pero

non poden ser ofensivos.

4. Os traballos poden presentarse en

materiais como cartón, cartolina,

porexpán… e en calquera formato, pero

procurando imitar unha lápida.

5. Premiarase que na súa elaboración se

utilice material de refugallo.

6. Tamén se premiará a orixinalidade e a

corrección lingüística.

7. Os traballos poden entregarse en Conserxería, en vicedirección ou a algún

membro do EDLG.

8. O traballo será identificado cun “alias” na parte posterior. Haberá colocada diante

da conserxería unha caixa de correo na que cada participante introducirá unha nota

indicando con quen se corresponde o seu alias (nome e curso).

9. A data límite de entrega é o martes 30 de outubro.

10. Haberá un xurado formado por alumnado de 2º da ESO que non participe no

concurso que escollerá os tres primeiros traballos, sempre atendendo a que se

cumpran as bases indicadas.

A