A pneA pneumumoníaonía
-Orixe: A pneumonía está causada sobre todo por infeccións de
bacterias ou virus, pero tamén pode estar causada por fungos ou parasitos:
• As bacterias son a principal causa da pneumonía adquirida na comunidade(fora do hospital).
• Os virus danse maioritariamente nos adultos, en persoas con algunha condición que debilita o seu sistema inmunolóxico.
• Os fungos producen a pneumonía fúnxica, que é pouco común, dada en persoas con inmunodeficiencia debido ó SIDA ou outros problemas médicos.
• Os parasitos son organismos que se introducen no corpo por contacto directo coa pel, ixestión, ou mediante un insecto vector.
Virus
Bacteria
FungoParasito
-Descrición:
• A pneumonía é a inflamación do tecido pulmonar causada por un axente infeccioso, provocado, sobre todo, pola bacteria chamada pneumococo. Esta enfermidade afecta ós alvéolos pulmonares, irritando, inflamando e cubrindo con material fluído e contaxiante, que fai que a respiración sexa dorosa.
• A pneumonía é a infección que causa maior número de ingresos hospitalarios.
• É unha das enfermidades que alcanza un maior número de mortalidade na infancia.
-Síntomas:
Os síntomas máis comúns son semellantes ós causados por unha gripe ou un arrefriado. Abrangue, entre outros:
• Tose.
• Febre.
• Expulsión de moco a través da tose.
• Calafríos.
• Dor no peito.
-Diagnóstico:• Pódese diagnosticar pneumonía baseándose no historial
médico e nos resultados dun exame físico.
• Tamén se poden facer unhas probas, por exemplo, unha radiografía de tórax ou un exame de sangue.
• Se a pneumonía persiste, a pesar do tratamento, poden ser necesarios estudos de fibra óptica, que é un estudo directo da árbore bronquial cun tubo de fibra óptica flexible.
-Tratamento:
• Consiste na administración de antibióticos, dependerá do organismo causante a súa elección, dose e vía de administración.
• Na pneumonite viral non son eficaces os antibióticos, polo que, nalgúns deles, podense usar antivirais específicos.
• As medidas de sostén inclúen a terapia de osíxeno para expelir líquidos e secrecións.
-Prevención:• Para previr a pneumonía é aconsellable evitar o contacto
físico directo coas persoas afectadas pola pneumonía aguda, non fumar, levar un estilo de vida saudable, e manter unha boa hixene.
• Recoméndase a vacinación contra os pneumococos (principal bacteria desencadeante da pneumonía).
• Aínda así, non está claro ata que punto se pode previr a pneumonía.
Fuentes:
• http://www.onmeda.es/
• http://www.tuotromedico.com/
• http://es.familydoctor.org/
• http://www.msal.gov.ar/
• http://www.webconsultas.com/
• http://www.dmedicina.com/
• http://gl.wikipedia.org/
Adrián Alonso Vilar 3ºESO-B