€¦ · zona do antigo cuartel de As Neves Xornal galego para o debate, a cultura, o ensino e o...

16
Ponteareas terá a especialidade do Bacharelato de Artes Páxina VIII Páxina XII Páxina XIII Plan de mellora e promoción da Rede de Roteiros de Covelo Homenaxes polo 25 aniversario da Banda de Música de Arbo Páxina VII Ponteareas somete a consulta a reforma do Parque da Feira Vella Páxina III Páxina XVI Aprobado o planeamento para a zona do antigo cuartel de As Neves ANO 2 | Edición nº 15 | Marzo de 2019 | Precio 2 euros Xornal galego para o debate, a cultura, o ensino e o lecer Barcos turísticos nun río Miño que será navegable en 2020 Páxina V Salvaterra remata a construcción de 27 km de sendeiros fluviais www.novasdoeixoatlantico.com

Transcript of €¦ · zona do antigo cuartel de As Neves Xornal galego para o debate, a cultura, o ensino e o...

Page 1: €¦ · zona do antigo cuartel de As Neves Xornal galego para o debate, a cultura, o ensino e o lecer ANO 2 | Edición nº 15 | Marzo de 2019 | Precio 2 euros Barcos turíst ic os

Ponteareas terá aespecialidade do

Bacharelato de ArtesPáxina VIII

Páxina XII

Páxina XIII

Plan de mellora epromoción da Rede de

Roteiros de Covelo

Homenaxes polo 25aniversario da Bandade Música de Arbo

Páxina VII

Ponteareas somete aconsulta a reforma doParque da Feira Vella

Páxina IIIPáxina XVI

Aprobado oplaneamento para a

zona do antigo cuartelde As Neves

ANO 2 | Edición nº 15 | Marzo de 2019 | Precio 2 euros Xornal galego para o debate, a cultura, o ensino e o lecer

Barcos turísticos nun río Miño que será navegable en 2020

Páxina V

Salvaterra remata aconstrucción de 27 kmde sendeiros fluviais

www.novasdoeixoatlantico.com

Page 2: €¦ · zona do antigo cuartel de As Neves Xornal galego para o debate, a cultura, o ensino e o lecer ANO 2 | Edición nº 15 | Marzo de 2019 | Precio 2 euros Barcos turíst ic os

FORO A PENEIRA | Marzo de 2019II

Opinión

Ademocracia comeza na aldea, navila e na cidade. A política local,as institucións próximas, as can-

didaturas directamente formadas e con-troladas pola cidadanía son hoxe algúnsdos elementos que deron nome ao «mu-nicipalismo alternativo» ou ás «candi-daturas de unidade popular». En Galiciamultiplícanse as experiencias de peque-nas agrupacións de veciños e veciñasque simplemente queren «cambiar ascousas» e que para iso comezan poloque lles resulta máis próximo. Trátasede proxectos políticos de goberno peroque renuncian ao «partido», á gran or-ganización estruturada por unha deter-minada ideoloxía e sometida a unhadisciplina piramidal. A primavera de2015 trouxo un cambio no panoramamunicipal galego. Foi a irrupción dasmareas e demais movemento municipa-listas do cambio. Alcanzaron as alcal-días de tres grandes cidades, ademaisdunha significativa representación en

multitude de localidades. A experienciano goberno e na oposición, das diferen-tes organizacións, o traballo colabora-tivo e a participación nun relato comúnfoi trazando un camiño ascendente queten como reto futuro o asalto ás vin-deiras eleccións municipais de 2019,onde se deben manter as posicións e in-tentar medrar en número de propostase representación.

O propósito máis inmediato deberíaconsistir en devolver a dignidade á vidapolítica e terminar definitivamente coafenda entre gobernantes e gobernados.A onda de indignación do 15M aterrouna política municipalista das cidades evilas de Galicia. Desde hai uns anosmultiplícanse multitude de proxectosque queren fuxir da parálise e construíro cambio «desde abaixo». Proxectosque arrincan das situacións concretas,de iniciativas locais que se espallanaquí e acolá cos nomes das localidadesnas que se proban.

Quizais o exemplo máis xenuíno sexaMarea Atlántica. Durante a campañaelectoral de 2015, Marea Atlántica pre-sentou un documento denominado "25medidas urxentes" que se comprometíana aplicar durante os primeiros 100 díasse chegaban ao goberno, entre elas,pode salientarse unha auditoría e re-negociación da débeda, a publicacióndos contratos, das retribucións e as re-solucións, a posta en marcha de orza-mentos participativos e dunha quendade intervención cidadá no pleno doconcello, baixada de salario do gobernomunicipal, paralización dos desafiuza-mentos, renda social municipal, rebaixadas taxas, a aplicación da Lei daMemoria Histórica, revisión do PlanUrbanístico, impedir a especulacióncos peiraos revisando o convenio de2004 e non subvencionar eventos quepromovan o maltrato animal. Algunhaspromesas electorais foron cumpridas eoutras non. Agora toca un novo impulso.A vontade dunha parte da cidadaníagalega por ensaiar un radical envorcopolítico abriu o horizonte a un futuro

proceso constituínte; algo tan difícil,e á vez tan simple, como «cambiar asregras do xogo» co obxectivo de devolverprotagonismo político á xente da pé,estabelecer mecanismos de control darepresentación e impoñer unha novaorde social e económica máis xusta,comezando por abolir a «escravitudepor débedas» que a torto e a dereitoimpón a ditadura financeira.

O novo municipalismo galego debeter como horizonte modular diferentessensibilidades e tradicións que sirvanpara fortalecer as candidaturas de uni-dade popular que nas próximas elecciónsmunicipais coloquen nos asentos dasalcaldías a persoas que defendan osintereses da maioría social e cuxo ob-xectivo central sexa profundar nas po-líticas transformadoras realizadas,abordar os problemas das confluencias,reforzar o carácter movimentista dascandidaturas de unidade popular e, endefinitiva, continuar democratizando,redistribuíndo poder e recursos, tantonas nosas organizacións como na so-ciedade no seu conxunto.

Democrácia municipalista

Por Óscar Lomba

Áporta dun restaurante particular,un Papá Noel atlético, novo e senbarba, transpira -a pesar de que é

decembro- todo o simbolismo do seugorro de la vermella, mentres intentaroubarlle á competencia algúns comen-sais de Nadal.

Na entrada doutro padal, o airemantén a insuflada dignidade dun bo-neco de neve, rodeado de folerpas dosmáis variados polímeros existentes.

Son apropiacións, diría que case nór-dicas, para un Nadal plantado no Trópico.Con maior exactitude, recén plantadoou resementado, porque de nena, aíndaque herdei grilandas, bólas de cores…dun pasado fogar tradicional cristián,non crecían arboriñas na casa. Porquenacín nunha Cuba de batallas, liberaciónse aniversarios, máis que de nacementos;nunha illa onde máis que decembros deXesús, había xaneiros de Fidel.

Así que cando fixen o meu descubri-mento lumínico, dixo a miña nai evadindoexplicacións maiores: «Iso xa non seusa, pasou de moda hai tempo». Peroela non puido evitar a «onda retro» quedespertaron aquelas luciñas acendendoe apagando as súas cores, e os tubiños

transparentando cromáticas augas bur-bulleantes á forza da calor.

Entón, calquera mes podía ser de-cembro, e calquera día, 25. Grilandassen árbore nin presebe, e sen Xesús,polo menos ata que, no posterior achadoarqueolóxico do lar, a miña irmá e euencontramos «uns bonequiños», e amiña nai descubriunos o Nacemento.

Pero antes da resurrección do Nadalcubano, houbo tempo para transitar doconto de mamá aos evanxeos; do simple«pasou de moda» como argumento, aoespiñento dilema das prohibicións.

Iso si, á luz dos meus anos (que xaalcanzan para armar unha grilanda)penso que eses tantos decembros, amoitos cubanos, quizáis, desdebuxáron-selle os motivos, aínda que non asfestas nin a ledicia.

Non aguardabamos pelo neno Xesús,pero esperabamos o 25. E a Noiteboa -criamos de nenos- érao pola súa boamesa, porque ceabamos en lugar decomer e iamos tarde para a cama. Operú, polo menos na súa versión decorpo completo, enchía a bandexa sónos debuxos animados; cando máis, unguanajo, na súa versión crioula, aínda

que tamén rara avis que, con sorte,póusabase na nosa mesa algún 24 dedecembro. No seu lugar, e acompañadode viño, cervexa, ron, augardente oucalquera alquimia licoreira, un pito, unpedazo de porco... E, ademais, tachinos(plátano de vianda verde frito), friturasde malanga, congrí, doces de coco e detoronja, con queixo.

Con todo, encontrar substitutos paraas ausencias foi a mellor especialidadeculinaria nalgunhas celebracións nacasa. Sobre todo na crise económicados anos 90, eufemisticamente chamadaperíodo especial, cando, de forma tímidapero persistente, se resementou o Nadalneste arquipiélago caribeño.

Primeiro, árbores tan rudimentariascomo os seus adornos, anoitecidas deluces como as nosas cidades en apagón.Tempos de ter tan pouco e agradecertanto, días de «grazas a Deus no nomede Xesús», como despois, en 1997, de-cembro de «grazas a Xoán Pablo II» porinterceder para oficializar a festividadede Nadal, nun principio, unha excepciónna espera da súa visita.

Logo, pola lei laboral, feriado, paracristiáns ou non. Tras a cea de Noiteboae a Misa do Galo, día de descanso parao reconfortante recollemento e o gastoesaxerado único de espiritualidade, na

compañía da familia -consanguínea oude fe-. Día de regalos e caprichos, oude reflexión, unidade, reconciliación epara compartir amor. Celebración á cu-bana, con son, salsa e sen vilancicos,na casa ou onde un camareiro semiata-viado de Papá Noel se esforza para queo negocio poida «facer o seu Nadal».

E por estes días volvo a ser nena ce-gada cando na igrexa da miña cidadeXesús nace inmenso comparado conaqueles «bonequiños» que descubrínantano.

No meu camiño encontro arboriñas exogo a adiviñar se foron fertilizadospola fe ou medran como adornos senoutro simbolismo.

Miro as vidrieiras e reflíctome nelasrodeada de bólas, estrelas, bastonci-ños, grilandas, e de anticipadas fe-licitacións de fin de ano, lemas, con-signas e vítores.

Unha mestura, tal vez tan rara comoun boneco de neve -aínda que sexa in-flable- no Trópico. Con todo, oxalá, sigaa xerar a alegría que tamén sostivo aesta xente.

Por iso, cada 25 de decembro, desdea miña casa sen arboriña, pido a Xesúspolos meus, e porque nesta terra oNadal, que xa chegou, sexa para cadaun e para todos.

Nadal cubanoPor Alfredo Martirena

Page 3: €¦ · zona do antigo cuartel de As Neves Xornal galego para o debate, a cultura, o ensino e o lecer ANO 2 | Edición nº 15 | Marzo de 2019 | Precio 2 euros Barcos turíst ic os

IIIFORO A PENEIRA | Marzo de 2019

Condado/ParadantaSALVATERRA DE MIÑO

Apartir do ano 2020 o ríoMiño será navegableentre Salvaterra e Tui.

Esta decisión débese á apro-bación de programa InterregV entre España-Portugal (POCTEP) 2019-2021. Destamaneira Bruxelas autoriza esubvenciona a navegabilidaddo río Miño que vai ser perco-rrida por barcos turísticos quefarán escala nas cidades deTui, Valença, Monção e Salva-terra. O proxecto será lideradopolo Concello de Salvaterra econta como socios Tui, Va-lença, Monção así como Tu-rismo de Galicia e a Direcciónxeral de Patrimonio Natural daXunta de Galicia e o Ente deTurismo Porto e Norte de Por-tugal. Este proxecto contacun orzamento de 1,1 millónsde euros.

Isto será un gran impulsoturístico e económico, espe-cialmente, para o Sur de Galiciae Norte de Portugal cunha po-boación aproximada de 1 millónde habitantes. O impulsor daidea de navegabilidad do ríoMiño foi o Concello de Salva-terra que sempre soñou concrear un ‘pequeno Douro’ nesterío Miño que ten a vantaxe deter dúas beiras de distintasnacionais. Os barcos turísticospermitirán viaxar polo río Miñoe, mediante a instalación depantaláns flotantes, poderansevisitar as adegas e viñedos,castelos, murallas e fortalezas,centros históricos, parques daNatureza, rutas enogastronó-micas, pesqueiras do río Miño,Illa de Fillaboa co seu centrode interpretación medio am-biental do río Miño e carreirose ecopistas.

Este proxecto tamén recolleo aluguer de mini trens turís-ticos nas eurocidades Monção-Salvaterra e Valença-Tui. Ostramos das paradas fluviais in-termedias estarán unidos pormini autobuses.

Para iso realizaranse obrasde adecuación dos espazospróximos nos embarcadoirosco fin de permitir o estacio-namento de vehículos parti-culares, taxis e parque de bi-cicletas, entre outros.

Esta actividade promoveráo valor natural e paisaxísticodo corredor ambiental do ríoMiño, área clasificada comolugar de importancia comuni-taria da Rede Natura 2000, aambos os dous lados da fron-teira. As accións partirán dailla Fillaboa do río Miño espazosingular e de alto interese pai-saxístico, situado na desem-bocadura do río Tea, río Miñoe de propiedade do Concellode Salvaterra. Na illa de Filla-boa instalarase un Centro Trans-fronteirizo de InterpretaciónAmbiental con exposición per-manente e interactiva co finde dar a coñecer aos visitanteso patrimonio natural e con-cienciar á poboación para asúa conservación e preserva-ción. Ademais crearase unhaAula de Natureza aberta dorío Miño Internacional, com-plementado cun parque re-creativo constituído por unparque de aventura para osmáis pequenos e unha zonade lecer e recreo para as fami-

lias. Para acceder á illa Fillaboaadquirirase un barco de madeiradestinado ás visitas á illa.Ademais recupérase a memoriahistórica dos antigos residentesda Illa que efectuaban a tra-vesía nun barco de madeiraasegurado a unha corda.

Outros dos traballos con-sistirá nun inventario da bi-bliografía e cartografía do pa-trimonio natural dos dous ladosda fronteira, creando un sis-tema de xestión e de informa-ción común e harmonizada.Terá unha páxina web propiae un Geoportal do río MiñoInternacional. Inclúe, ademais,un vídeo promocional que daráa coñecer os valores paisaxís-ticos e faunísticos do corredormedio ambiental do Miño.

Outra das accións comprendeserá crear unha Ruta Trans-fronteiriza de Observación daAvifauna con sinalización dedirección e interpretación eobservatorios de aves que secolocarán nos principais puntosde visualización.

Formarase un Kit do Obser-vador constituído por unhamochila, auriculares, lapis eunha guía de observación deaves. Este kit estará a dispo-sición dos visitantes nas ofi-cinas de turismo das dúas eu-

rociudades.Nunha primeira fase, está

prevista a redacción dun estudopara identificar as áreas máisdegradadas que necesitan in-tervención. Acompañado deaccións como a erradicacióndas especies exóticas invasorasque poñen en risco a biodi-versidade existente e antici-pando as necesidades de re-cuperación de abrigos e es-truturas de reprodución. Con-témplase un programa de re-poboación da vexetación, dafauna autóctona, tendo enconta o período normal deinundación e o período críticode nidificación das aves.

Nunha segunda fase, pro-cederase á recuperación e cua-lificación do corredor fluvialdo río Miño Internacional nosterritorios españois e portu-gueses, ao longo das marxesdo río e áreas adxacentes doscursos de auga con accións delimpeza, restauración, retiradados residuos depositados, ve-xetación inútil e sedimentos.

Os traballos acompañaransede programas estables de ac-cións de sensibilización e edu-cación de forma conxunta coacomisión sectorial de educacióndas Eurociudades co fin de or-ganizar visitas dos centros edu-

cativos, con accións nos díasmáis simbólicos asociados áprotección do medio ambientepor exemplo o Día Mundial doMedio Ambiente, Día Interna-cional da Árbore, entre outros.

Co propósito de implicar ápoboación, especialmente aosmozos, crearase un programade Voluntariado Ambiental.

Por outra banda, preténdesevalorizar a existencia de re-cursos endóxenos e puntos deinterese turístico asociados áespecificidade da fronteira talescomo río Miño, fortalezas daraia, paisaxe natural, patri-monio histórico e cultural daszonas vellas, diversidade cul-tural e lingüística, contrabando,termalismo, adegas do Albariñoe Condado, entre outras, nunhavantaxe competitiva fronte aoutros destinos.

Nos catro concellos, pro-mocionaranse as oficinas deturismo. Turismo de Galicia ea entidade Turismo Porto eNorte de Portugal crearánunha canle turística do Des-tino con contidos multimedia,producindo vídeos promocio-nais, sempre considerando osdistintos perfís de turistas esegmentos de mercado de tu-rismo.

Respecto ao enoturismo,organizaranse xornadas eno-gratronómicas as fins de se-mana, enoturismo (adegas, Al-bariños, Condados, Termas,Fortalezas, etc) e paquetesturísticos comúns que permitiráao turista gozar da diversidadee complementariedade do Des-tino e así ampliar a súa estadíano Miño.

A nivel externo, situaransetendas virtuais do Destino enpuntos estratéxicos da Euro-región. Esta subregión do Miñofarase representar nos grandescertames de turismo da Pe-nínsula Ibérica conxuntamentenos estands de turismo de Ga-licia e Norte de Portugal.

Barcos turísticos nun río Miño que será navegable en 2020

Page 4: €¦ · zona do antigo cuartel de As Neves Xornal galego para o debate, a cultura, o ensino e o lecer ANO 2 | Edición nº 15 | Marzo de 2019 | Precio 2 euros Barcos turíst ic os

AConselleira de Infraes-tructuras e Medio Am-biento, Ethel Vázquez,

e o alcalde de Salvaterra, Ar-turo Grandal, asinan no salónde plenos do Concello, a re-alización das obras de sanea-mento de Oleiros e adepuradora do río Mendo cunorzamento de 2,3 millonesde euros.

As obras que se van a aco-meter con este orzamentosupoñen a construción dunharede de saneamento na pa-rroquia de Oleiros que contaaproximadamente 500 habi-tantes e 11 núcleos de po-boación.

Os colectores colocaranseen vías municipais e en es-tradas da Xunta de Galicia.

Van ao colector do río Mendoque a súa vez verterá na de-puradora que se construyapara verter ao río Miño.

O Concello de Salvaterraredactou o proxecto cun or-zamento de 580.000 euros eentregouno en Aguas de Gali-cia para que levasen a cabodita obra. Asimismo o Concellosolicitou permisos a Adif, porestar a menos de 100 metrosda vía do ferrocarril, e á Con-federación Hidrográfica Miño-Sil para a súa autorización.

A EDAR ou depuradora dorío Mendo que verte no ríoMiño, o Concello fixo o pro-xecto cun orzamento de 1,8millones de euros que taménpresentou en Augas de Galicia.Esta depuradora recollerá as

aguas dos colectores que xaestán instalados nas parroquiasde Leirado, Soutolobre, Meder,Corzáns, Fiolledo e Oleiros.

Nun principio estos colec-tores ían verter á depuradoraque se constrúa próximamentena PLISAN, pero finalmente a

Confederación HidrográficaMiño-Sil manifestou que nonera posible polo que se resol-veu construir a depuradora doMendo. Os terrenos onde seva instalar esta EDAR perten-cen á parroquia de Oleiros eos seús veciños.

FORO A PENEIRA | Marzo de 2019IV

SALVATERRA DE MIÑO

Condado/Paradanta

2,3 millóns de euros para o saneamento de Oleiros e a depuradora do Río Mendo

Un ano máis o Conce-llo de Salvaterra deMiño organiza unha

charla sobre a importanciado trampeo da vespa velu-tina, coa participación dedona Mº Ester Ordoñes Dios,Veterinaria da AgrupaciónApícola de Galicia, o venres1 de marzo ás 19.00h nosalón de Plenos do Concello.

Repartirase entre todosos asistentes unha trampa eunha monodose de atrainte.

Charla sobrea velutina

OConcello de Salvate-rra de Miño lanzaunha campaña para

crear un grupo de voluntariose voluntarias que se involu-cren na vida social, cultural ehumana do propio municipio,co fin de colaborar nas dife-rentes actividades culturais,deportivas, sociais que orga-niza así como na axuda quepresta a través do Banco deAlimentos Municipal e dife-rentes actividades medioam-bientais que se querenrealizar, ademais de escoitartamén as súas propostas.

Os interesados en parti-cipar neste novo proxectosó teñen que inscribirse noConcello, no 986 658 082ou a través do seguinte co-rreo electrónico [email protected]

Para conquerir isto o Con-cello rexistrouse no Rexistrode Voluntariado da Conse-llería de Política Social daXunta de Galicia que dotadun marco xurídico e de se-guridade a todos os volun-tarios e voluntarias que seintegren dentro do grupo devoluntariado do Concello deSalvaterra de Miño.

O Concello creaun grupo devoluntariado

Page 5: €¦ · zona do antigo cuartel de As Neves Xornal galego para o debate, a cultura, o ensino e o lecer ANO 2 | Edición nº 15 | Marzo de 2019 | Precio 2 euros Barcos turíst ic os

VFORO A PENEIRA | Marzo de 2019

SALVATERRA DE MIÑO

Condado/Paradanta

OEntroidode Salva-terra de

Miño terá o seucomezo co Desfiledos Centros Edu-cativos salvate-rrenses o venres1 de marzo a par-tir das 10.30horas. O desfilepercorrerá a dis-tancia entre apraza do Concelloe o Parque da Ca-nuda. En caso de choiva,trasladarase ao Pavillónde Leirado. Ese mesmo día1, ás 22.00 horas, haberáun Concerto de Entroido acargo da Banda de Músicade Salvaterra.

Outro punto forte doEntroido salvarterrense vaiser o Festival Infantil deEntroido, o martes 5 demarzo, a partir das 17.00horas, no salón da Casade Cultura de Salvaterra.A animación correrá a car-go da Banda dos Cueiros

e Animación infantil conrosca e chocolate para to-dos e todas.

O mércores, 6 de marzo,Obradoiro en Familia sobre'Danza de Entroido', napraza do Concello, conMercedes Prieto, e conmúsica e divertimento paratoda a familia. En casode choiva, realizarase nosalón da Casa da Culturade Salvaterra.

Para rematar, o Enterroda Lamprea celebrarase osábado 9 de marzo, ás

17.00 horas. Aquelas per-soas que decidan acudirpara estar na Comitiva daDefunta Lamprea cómpreque o fagan de rigorosoloito. A marcha fúnebrevai ir acompañada, ade-mais da Comitiva, por di-ferentes comparsas. O per-corrido comeza na rúa deRosalía de Castro (entradado colexio Infante Felipe)e continúa polas rúas Cas-telao, Fonte da Vila, DonaUrraca e remata na prazado Concello.

O Entroido de Salvaterra volve concatro días de troula

OConcello de Salvaterra deMiño terminou a constru-ción de 27km de sendeiros

fluviais polos Ríos Miño, Tea,Mendo e Caselas e acaba de elabo-rar un folleto que unifica todas asrutas que hai e que todos podendisfrutar, xa que a aposta desteConcello é coidar e potenciar o seumedioambiente, acercándoo a po-boación, temos que aprender avivir e a respectar o que temos, ecomo non, polo en valor, e se a isolle engadimos a potenciacióndunha vida san a través do deportecréases unha mestura única.

Nestes últimos meses o Concelloestivo traballando na última sendaque se incorpora a este conxuntode roteiros, a Senda do Río Miño,que une Salvaterra a Tui – Río Ca-selas a través de 7,5km e que nosachega a un paisaxe especial emoi singular, e que ademais per-mitiranos, nun futuro, unir a travésde sendas as dúas Eurocidades,Monçao – Salvaterra e Valença –Tui, e que así suman xa máis de27km de sendeiros polos ribeirasdos noso ríos. Este tramo foi inau-gurado o pasado 9 de febreiro.

Seis alternativas, o Sendeiro Mu-nicipal do Río Miño, o Sendeiro doRío Uma, o do Caselas, o SendeiroMunicipal Circular de Salvaterra deMiño (con dúas alternativas), oSendeiro Municipal do Río Mendoe o Sendeiro Municipal do Río Tea,que nos permitirán coñecer o en-torno e descubrir diferentes puntosde interese, informándonos taméndas especies que nos podemos en-contrar, as árbores e as aves danosa zona.

Estas rutas están colgadas enWikiloc, os QR levarannos ao trackda ruta, onde todos aqueles quequeiran disfrutar con nos do entornodos nosos Ríos poderán encontrartoda a información detallada destasrutas, que contan cun gran interesemedioambiental e con lugares cunha

Salvaterra remata a construcciónde 27 km de sendeiros fluviais

Page 6: €¦ · zona do antigo cuartel de As Neves Xornal galego para o debate, a cultura, o ensino e o lecer ANO 2 | Edición nº 15 | Marzo de 2019 | Precio 2 euros Barcos turíst ic os

FORO A PENEIRA | Marzo de 2019VI

SALVATERRA DE MIÑO

Condado/Paradanta

Acandidata socialista aoconcello de Salvaterrado Miño, Rocío Bernár-

dez, encheu a Casa da Culturado Concello na súa presenta-ción oficial, na que pediu “uncambio urxente de rumbo”para o concello. “Salvaterraten que mudar, mirar paradentro e pensar na cidadanía;precisa dun goberno compe-tente, que forneza ao concello

dos servizos que precisa e queaposte por un urbanismo mo-derno e atractivo para captare fixar poboación”.

“Estamos perdendo un tem-po precioso para cambiar oPXOM, para quen se está a go-bernar?" preguntábase a can-didata socialista, que deman-daba cambios urxentes no xeitode gobernar, poñendo á veci-ñanza no centro das decisións.

“As veciñas e veciños non sona prioridade para o gobernodo PP”, asegurou Rocío Ber-nández, quen destacou que éprimordial incluír as parroquiasno desenvolvemento de Sal-vaterra.“Depende de vós darlleo cambio que Salvaterra pre-cisa”, concluíu.

Bernárdez estivo acompa-ñada na presentación da súacandidatura por destacados

cargos públicos socialistascomo Carmela Silva, presidentada Deputación de Pontevedra,quen destacou a importanciade que mulleres coma Rocíodean un paso adiante, "mulle-res formadas, de valores, quedefenden con paixón as súasideas, e coas ideas é como setransforma a sociedade".

A presidenta da Deputaciónde Pontevedra aproveitou a

ocasión para pór en valor oscase cinco millóns de eurosinvestidos polo ente provincialno concello durante esta le-xislatura, “respectando a au-tonomía municipal, repartidosde maneira equitativa e aten-dendo a criterios obxectivos”como o número de habitantes,a superficie e a dispersión dapoboación.

Pola súa banda, David Re-gades, secretario xeral provin-cial e encargado de abrir oacto, asegurou estar orgullosodas candidaturas socialistasencabezadas por mulleres, “poisrepresentan o compromiso des-te partido co feminismo”, re-saltando a figura da presidenta:“o PSOE na provincia está máisunido e máis forte ca nunca eiso é grazas a Carmela Silva”.Tamén destacou o inmediatocomezo dos traballos na PLISANe o interese de varias empresasen trasladarse ao polígono.Regades destacou neste sentidoa importancia de fixar poboa-ción no territorio e apostarpor un urbanismo sostible eun modelo medioambiental noque o Miño está chamado aser o protagonista.

Bernárdez tamén contou corespaldo do secretario xeralgalego, Gonzalo Caballero, quendestacou que Salvaterra precisadun cambio progresista “e esecambio leva nome de muller,

o de Rocío Bernárdez. “Tocaabrir as fiestras e cambiar ainercia na que leva instaladoo Concello desde hai 40 anos”.“É o momento da ilusión e da

mobilización para as elecciónsque temos por diante, paraconseguir unha maioría maisampla para Carmela na Depu-tación”, concluíu.

Rocío Bernárdez, candidata socialista á alcaldía de Salvaterra:"Salvaterra ten que mudar, mirar para dentro e pensar na cidadanía"

Page 7: €¦ · zona do antigo cuartel de As Neves Xornal galego para o debate, a cultura, o ensino e o lecer ANO 2 | Edición nº 15 | Marzo de 2019 | Precio 2 euros Barcos turíst ic os

VIIFORO A PENEIRA | Marzo de 2019

Condado/ParadantaPONTEAREAS

OConcello de Pontea-reas iniciou o pro-ceso de participación

social para definir a reformado Parque da Feira Vella par-tindo dun estudo previo ela-borado por un equipotécnico especializado en re-formas urbanas. Para infor-mar á veciñanza e recoller assúas opinións e propostas re-partíuse en Ponteareas Ci-dade, Avenida de Galicia,Paseo Matutino e outras rúaspróximas un tríptico informa-tivo cos datos completos daproposta e as corresponden-tes infografías. Ademais, ainformación está dispoñíblena web municipal no espazo“Ponteareas o teu fogar” noque se poden transmitir opi-nións e ideas. O proceso re-matará cunha reunión que secelebrará o 25 de febreiro ás19:30 horas na sala multiu-sos do Auditorio ReverianoSoutullo.

A proposta de reforma pre-tende mellorar o seu apro-veitamento social como lugarde concertos e eventos eque poida ser utilizado comolugar de encontro, relacióne lecer, adaptándose ademaisa outros usos como exposi-cións, feiras, etc.

Proponse a eliminación dabarreira que representa o va-lado perimetral do parqueabríndoo ao resto da vila,creando novos percorridosque atravesen o parque e ca-miños no seu interior paramaior uso e relación social.Tamén se prevé unha amplabeirarrúa polo lateral do par-que adxacente á rúa Castañal,onde hoxe non existe pasopeonil. O escenario cubrirasecunha estrutura sinxela eabordaranse reparacións domesmo e dos camerinos. Con-témplase ademais ampliar azona de céspede destinadaao público reducindo o pavi-

mento actual na parte máiselevada do parque. Ademais,a intención é rexenerar osespazos intermedios existen-tes entre os edificios públicosda zona, como os Xulgados,a sede da Axencia Tributariaou a Escola Infantil, mellorara iluminación e incorporarmobiliario urbano como ban-cos, papeleiras, fontes deauga e paneis informativosque convertan o parque nunlugar confortábel e de en-contro da veciñanza. Por úl-timo proponse ampliar a zonade xogos exteriores da escolainfantil municipal.

O alcalde Xosé Represasexplicou que o Concello dispónda financiación necesaria parapoder executar as obras nesteano e animou á veciñanza aparticipar no proceso “paraentre todos transformar unlugar emblemático como aFeira Vella converténdoa nunlugar de desfrute social”.

O concello somete a consulta areforma do Parque da Feira Vella

Máis de medio cente-nar de veciños e ve-ciñas da rúa

Redondela interviron no pro-ceso de participación socialpara definir a humanizaciónda rúa Redondela. Fixéronotanto a través da web muni-cipal, no espazo habilitadopolo Concello baixo o título“Ponteareas o teu fogar”como na reunión celebrada o5 de febreiro.

A veciñanza mostrouseunanimemente a favor da hu-manización da rúa e valorouas dúas alternativas elabo-radas polo equipo técnico. Aopinión maioritaria decan-touse pola alternativa quesupón un maior grao de hu-manización da rúa.

Deste xeito, o proxectodefinitivo que se redactaránas vindeiras semanas con-templa un único sentido decirculación desde a rotondada estrada de As Neves atéo entronque da rúa Redon-dela coa rúa das Pombas.Desde aí até a rotonda doAxente Comercial manteraseo dobre sentido de circula-ción. A alternativa escollidacontempla a ampliaciónsubstancial das beirarrúasque oscilarán entre un mí-nimo de 2,50 metros e unmáximo de 6,00 metros. Ade-

mais contémplase a planta-ción de 27 árbores e a ins-talación de 12 farolas contecnoloxía led, 6 bancos,papeleiras, dispensadores debolsas para excrementos decans e paneis informativospara colocación de informa-ción municipal. Tamén sereducirá o límite de veloci-dade aos 30 km/h.

En canto aos estaciona-mentos de vehículos, dun to-tal de 90 prazas existentesna actualidade, tan só se eli-minarán 18 (o 20%). Creaseunha zona a maiores de cargae descarga O alcalde XoséRepresas felicitou á veciñanzapola súa ampla participacióne “polas ideas aportadas quemellorarán o proxecto”. Entreelas, contémplase agora ha-bilitar pasos peonís pola rúadas Pombas e na zona doparque de bombeiros, parafacilitar a mobilidade até oParque das Pombas.

Represas sinalou que estaacción, xunto con outras pre-vistas para este ano, “trans-formarán por completo a vilaconverténdoa nun lugar pen-sado para a xente, no quevivir, pasear e desfrutar”. Aprevisión do goberno é licitara obra a finais de marzo paraque se comece a executar nosegundo trimestre.

A veciñanza aposta polaalternativa de maior

humanización da rúa Redondela

Page 8: €¦ · zona do antigo cuartel de As Neves Xornal galego para o debate, a cultura, o ensino e o lecer ANO 2 | Edición nº 15 | Marzo de 2019 | Precio 2 euros Barcos turíst ic os

FORO A PENEIRA | Marzo de 2019VIII

PONTEAREAS

Condado/Paradanta

Aconcellería de Seguri-dade Cidadá do conce-llo de Ponteareas

inviste na mellora dos equi-pamentos dos bombeirospara que poidan desempeñarun servizo máis óptimo e efi-caz e dispoñan de ferramen-tas actualizadas que supoñanactuacións máis rápidas eefectivas.

A concelleira titular, VanesaFernández, explica que concargo aos fondos UNEXPAmercouse unha bomba deachique para o camión parapoder usala en lugares dondenon hai corriente eléctrica eunha bomba nova de excar-celación menos pesada e conmellores prestacións.

Ademais, comprouse uncargador de botellas paraequipos de respiración autó-nomos máis moderno capazde cargar dúas botellas endez minutos, “o que tiñan os

nosos bombeiros cargaba sóunha botella e tardaba vinteminutos. Dispor de equiposeficientes e eficaces é funda-mental e decisivo en moitoscasos de emerxencias”.

Tamén se mercou un esta-bilizador de vehículos paraestabalizar en vertical encaso de vuelco e que taménfacilita o acceso aos bom-beiros que poden utilizalopara subir.

Seguridade Cidadá fíxosetamén con material de rescateen altura, tres cámaras tér-micas individuais para ver ensituacións de incendios efume intenso e localizar per-soas, un xogo de balizas lu-minosas para sinalizar e ma-terial diverso necesario paraas funcións cotidiáns, ademaisde material de ximnasio edunha pértiga de fibra decarbono máis manexable edunha soa peza.

Seguridade cidadá adquireequipamentos para a mellorana resolución das emerxencias

Colaboradores: Rocio Pereira [email protected] , Anxo S.Porto Ucha, Raquel, Carlos Méixome, Vázquez, Viale Moutinho,Manuel X. Xiraldez, Fco. Puñal Suárez, Pilar Martinez, Manuel Rodríguez Alonso, Xulián Maure, Uxio Breogán, X.A. Pérez Lema,Xosé González Martínez, Manuel Bragado, Baldomero Iglésias(Mero), Nicolás Xamardo, Luis Martínez Risco, Fco. Peña Casti-ñeira, Nemesio Barxa, Andrea Goro, Anxo Mena, Inma Otero Va-rela. Manso Preto, Isabel Varela, Francisco Álvarez-KOKI.

Depósito legal: VG 226-2018

Edita: Editorial NOVAS DO EIXO ATLÁNTICO S.L. Avda. Sarmiento Rivera, 4-4ºD (36860 PONTEAREAS - GALIZA) T. 986 64 12 69 [email protected]: Publicaciones Tameiga S.L.Publicidade: Dpto. propio e axencias [email protected]ño e maquetación: Fran Eiró

Director: Guillermo Rodríguez Fdez. T.658 58 50 49 [email protected]

Tradución e correción: Montserrat Rodríguez [email protected]

OAlcalde de Pontea-reas, Xosé Represas, ea concelleira de En-

sino, Cristina Fernández,amosan a súa satisfacciónante a aprobación da implan-tación da especialidade dobacharelato de Artes, no IESVal do Tea.

Para a concelleira esta no-ticia supón un avance impor-tante na ampliación da ofertaeducativa de Ponteareas e res-ponde á grande demanda dacomunidade educativa quedende hai moitos anos tenloitado para conseguilo.

“Alégrame felicitar ás nais,pais, alumnado, dirección doscentros, ANPAS, FANPO e atoda a comunidade educativaen xeral que tantos folgos eesforzos ten dedicado na so-licitude reiterada desta espe-cialidade. Dende a miña con-cellería mesmo fixemos unhasondaxe que reflectíu unhainquedanza moi relevante quenós sempre apoiamos e quehoxe por fin se materializanesta resolución”.

Cristina Fernández recoñecetamén o apoio e implicaciónda inspección de zona para

que hoxe esta demanda sexaunha realidade.

Para Fernández Davila éfundamental ofrecer o maiornúmero de estudos posiblese atender sempre ás necesi-dades do alumnado para queatopen na súa cidade a for-mación precisa e acadar assúas expectativas laborais epersonais.

A concellería de Ensinoofrece a súa colaboración aocentro educativo e á inspec-ción para que esta implanta-ción sexa efectiva no vindeirocurso escolar 2019-2020.

Tal e como anunciou haiuns meses, logo dunhareunión en Santiago

coa conselleira de Educación,a candidata do PP, Belén Vi-llar, informou que xa é oficialque os mozos de Ponteareas,que o desexen, poderán cur-sar, no vindeiro curso 2019-2020, o bacharelato namodalidade de Artes.

“O bacharelato de Artesen Ponteareas xa é unha re-alidade. Coa publicación noDOG os que aínda dubidabandeste compromiso terán querecoñecer que a Xunta de Ga-licia, unha vez máis, apostapolos veciños e os mozosdeste municipio. Soluciónaseasí unha antiga reivindicación

de todo o colectivo escolar.En todas as reunións quemantiven coa conselleira deEducación, trasladeille a ne-cesidade de poder ofertaresta modalidade, xa que naactualidade os nosos mozostéñense que trasladar a outrosmunicipios máis afastados.

O IES Val do Tea contará conesta nova oferta polo que osalumnos da comarca, que odesexen, poderán solicitaraquí a súa matrícula. É unhaexcelente noticia para todaa comunidade educativa epara o futuro dos nosos mo-zos”, asegurou Belén Villar.

Ponteareas terá a especialidade doBacharelato de Artes

Belén Villar celebra a decisiónda Xunta de Galicia

Page 9: €¦ · zona do antigo cuartel de As Neves Xornal galego para o debate, a cultura, o ensino e o lecer ANO 2 | Edición nº 15 | Marzo de 2019 | Precio 2 euros Barcos turíst ic os

IXFORO A PENEIRA | Marzo de 2019

Condado/ParadantaPONTEAREAS

OConcello de Ponteareasdisporá dun servizo debaleirado de fosas sép-

ticas nas parroquias que care-cen de saneamento municipal.O servizo estará subvencio-nado de maneira que se redu-cirá considerablemente o seucusto para os usuarios. Paraesa finalidade, o Pleno do Con-cello acordou destinar 55.000euros do presuposto. Segundoos datos do Concello, actual-mente uns 8.000 veciños e ve-ciñas carecen aínda desaneamento en Ponteareas.

Segundo explicou o AlcaldeXosé Represas, a medida persi-gue rematar coa discriminaciónque sofre a veciñanza sen sa-neamento. “Ademais de noncontar con ese servizo básicovense obrigados a gastar cartosno baleirado. Co servizo quenós creamos os veciños que pi-dan o servizo pagarán unhataxa do mesmo importe que oque paga cada ano un veciño

con saneamento. O resto dogasto do baleirado págao oconcello con eses 55.000 euros,unha medida posíbel agora quesaneamos economicamente oConcello”.

Ademais, a medida persiguetamén unha mellora medioam-biental porque “o servizo seráprestado por un xestor autori-zado o que garante que as au-gas residuais serán tratadasnunha depuradora e non severteran en calquera lugar”,explicou Represas.

O Alcalde aclarou que “setrata dunha medida provisional,mentres esas parroquias nonteñan saneamento. Co Plan Di-rector de Saneamento que ela-boramos o pasado ano xa temosa planificación para o sanea-mento de todo o rural que sepoderá executar aproximada-mente en 12 anos. Mentres tan-to, os veciños sen saneamentoserán tratados igual que os queo teñen, dándolles este servizoe sen soportar maiores custoscomo acontecía até agora”.

Ponteareas crea un servizo de baleirado defosas sépticas no rural sen saneamento

Oalcalde de Pontea-reas, Xosé Represas,a 1ª Tenente de Al-

calde Chus Garrote e o con-celleiro de Deportes, BenitoMárquez, recibiron no Salónde Plenos da casa consisto-rial á ciclista ponteareá De-sirée Duarte. Campionaabsoluta feminina no Cam-pionato de España de Enduro2018, estivo rodeada taménpolos representantes dascasas comerciais de Bizie-

bike, Don Disfraz e Bo Papel,que son patrocinadores queapoian durante todo o ano asúa carreira deportiva.

Tanto o alcalde como oconcelleiro de Deportes lou-baron a importancia das casaspatrocinadoras e felicitaron áciclista polos seus éxitos.

No acto, o representanteda casa comercial Biziebikefíxolle entrega dunha novabicicleta de montaña valoradanuns 6000 euros.

O Concello recibiu á ciclistaponteareá Desirée Duarte,

Campiona de España

Page 10: €¦ · zona do antigo cuartel de As Neves Xornal galego para o debate, a cultura, o ensino e o lecer ANO 2 | Edición nº 15 | Marzo de 2019 | Precio 2 euros Barcos turíst ic os

FORO A PENEIRA | Marzo de 2019X

PONTEAREAS

Condado/Paradanta

Acandidata do PP á Al-caldía de Ponteareas,Belén Villar, visitou a

Praza de Abastos para com-probar o estado de abandonono que se atopa. “Hai unhaausencia total de mante-mento por parte deste al-calde. Desde que o Mercadofoi reformado, en 2015 cungoberno do PP, non se actua-lizou nin mantivo”.

Belén Villar puido compro-bar como hai arquetas oxida-das, paredes sen azulexos oua piques de caerse; manchasde humidade no teito e, omáis grave, unha escaleira naque falta unha varanda no fi-nal. “Este último elemento émoi preocupante porque cal-quera persoa, especialmenteos nenos, ao chegar ao finalpode caerse á rúa. E, o que émáis grave, ese corredor estáprecintado polos bombeiros,co que o alcalde sabe perfec-tamente o que está a pasar enon fai nada”. Villar adiantouque, se sae elixida alcaldesa,realizará un plan de mante-mento do mercado para evitar

a súa deterioración. E é quea candidata do PP puido co-ñecer a opinión dos vende-dores, quen se mostra moidesgustados por esta falta depreocupación do Concello.Belén Villar explica que “nonse pode entender que o alcaldenon se preocupe polo mante-mento das súas propias ins-talacións municipais. Xa o vi-mos na piscina, por exemplo,ou como os alumnos do CEIPFermín Bouza Brey tiñan queir con mantas a clase. Pedí-moslle a Represas que tomenota e teña en consideraciónás persoas que teñen aquí o

seu negocio e que é o seumedio de vida”.

Así mesmo, lembrou que,en 2018, a Consellería de Eco-nomía, Emprego e Industria,concedeu 1.653 euros a estaPraza de Abastos dentro doPlan de Dinamización dos cen-tros comerciais abertos e pra-zas de abastos de Galicia.

Por último, Belén Villar,anunciou que “se son alcal-desa construirei un parkingna planta inferior. É un pro-xecto que xa tiñamos planifi-cado no mandato anterior eé moi necesario para que estemercado siga funcionando”.

Belén Villar propón un plan de mantementoe un parking para a Praza de Abastos

Opleno do Concello dePonteareas aprobouunha proposta do go-

berno local para aprobarunha partida económica de50.000 euros destinada aamortizar licenzas de taximediante subvención. Así oexplicou o Alcalde Xosé Re-presas logo das declaraciónsda portavoz do PP Belén Vi-llar e da preocupación amo-sada polos taxistas.

O alcalde lembrou que nosúltimos meses “mantivemosreunións cos directivos dasasociacións de taxis aos quelles informamos que no plenode febreiro se tomaría este

acordo que dá resposta ássúas demandas”. Represas en-gade que “a nosa previsiónera aprobalo en 2018 peronon foi posíbel porque asalegacións da oposición contrao presuposto municipal re-trasaron a súa entrada en vi-gor”.

O Alcalde destacou que éa primeira vez que se dá so-lución a este problema quese arrastra desde hai moitosanos e anunciou que tralopleno o goberno manterá unhareunión cos taxistas para con-cretar as bases que rexerán oprocedemento para amortizaras prazas sobrantes.

O concello destinará 50.000euros a solucionar o problemade exceso de licenzas de taxis

OAlcalde de Pontea-reas saíu ao paso dascríticas da oposición

ás obras de saneamento quese están realizando na Ave-nida de Galicia. O rexedormunicipal defende a súa xes-tión esgrimindo un informetécnico do enxeñeiro munici-pal. Segundo Represas “o in-forme pon en evidencia aterrible herdanza que nosdeixaron os anteriores gober-nos e o enorme esforzo queestamos facendo para solu-cionar as chapuzas inconce-bibles dos mesmos que agora

nos critican”.No informe técnico, o en-

xeñeiro municipal atribúe oproblema ao “boom construtorde Ponteareas” de hai 20anos cando “en lugar de facerun colector xeral de sanea-mento ao que se terían queacoplar as sucesivas edifica-cións, fixéronse varios colec-tores paralelos entre si, sencoordinación e sen planosque recollesen as obras re-alizadas”. O técnico advirteque a día de hoxe aínda nonse coñece todo o que hai nosubsolo do casco urbano e

que se están realizando ex-cavacións e introducindo cá-maras para “solucionar a des-feita producida”.

O enxeñeiro engade que se“están a solucionar algúns tra-mos como a Avenida de Galicia,Paseo Matutino e Rogelio Grobaa medida que imos coñecendoa situación do saneamentomal executado e a medida queimos dispondo de recursoseconómicos para tales fins”.

Segundo o técnico muni-cipal, no entronque do PaseoMatutino e Avenida de Galiciao espazo achícase pois a rúa

ten apenas 6 metros acumu-lándose nese espazo multitudede servizos de saneamento,abastecemento, electricidade,telecomunicacións e gas. Istoexplica, segundo o enxeñeiro,a lentitude nas obras porqueas excavacións teñen que re-alizarse manualmente, “prac-ticamente de minería apun-talando os servizos existentespara poder pasar as novastuberías de saneamento conseguridade para evitar o se-pultamento dos operarios”.

Dacordo co informe técnico,nas obras realizadas descu-

bríronse colectores de gres,outros con pendentes ao revése arquetas que non teñen ci-mentación apoiándose direc-tamente nos tubos provocan-do o seu aplastamento e ro-tura. Ademais, foi preciso de-moler varias arquetas en malestado e repoñelas novas,construir un caixón de for-migón armado de 2,50 metrosde altura para centralizar astuberías que discorrían senningún criterio e creouse unrebosadeiro para conducir aocaixón posibles desbordamen-tos por treboadas fortes.

Un informe técnico achaca os problemas da Avenida de Galiciaao boom construtor de hai 20 anos

Page 11: €¦ · zona do antigo cuartel de As Neves Xornal galego para o debate, a cultura, o ensino e o lecer ANO 2 | Edición nº 15 | Marzo de 2019 | Precio 2 euros Barcos turíst ic os

XIFORO A PENEIRA | Marzo de 2019

Page 12: €¦ · zona do antigo cuartel de As Neves Xornal galego para o debate, a cultura, o ensino e o lecer ANO 2 | Edición nº 15 | Marzo de 2019 | Precio 2 euros Barcos turíst ic os

FORO A PENEIRA | Marzo de 2019XII

Condado/Paradanta

OConcello de Covelo tenprevisto acometereste ano un Plan de

mellora, acondicionamento epromoción da Rede Municipalde Roteiros (RMR) da que for-man parte a ruta AQA, PozaPiñeiro, Río Alén e Os Carra-nos, de titularidade municipal,e a ruta das Estrelas, Xabriña,Pedra do Lobo e Foxo do Lobodiseñadas polas comunidadesde montes.

Traballos de conservación,limpeza e mantemento daRMR

Nos últimos anos o Concellode Covelo creou una rede mu-nicipal de roteiros RMR coaintención de por en valor opatrimonio natural, cultural,etnográfico e arqueolóxico quena actualidade é un dos prin-cipais atractivos turísticos doconcello. Dito roteiro necesitaa realización periódica de tra-ballos de conservación, limpezae mantemento, sinalización epromoción dos percorridos paraque se encontren en bo estadoe sexan atractivos para os vi-sitantes.

Procederase á revisión emantemento da sinalizaciónen 5 rutas do Concello de Co-velo (Pozo de Piñeiro, Alén,AQA, Carranos, Conexión Alén-AQA) mediante a roza manual,desbroce e recollida de lixocun ancho mínimo de 1,5 me-tros dende o eixo central do

camiño e trituración da vexe-tación respectando as árborese vexetación autóctona, ade-mais reforzaranse as marcasde pintura e reporanse as sinaisdeterioradas.

Promoción, divulgación eacceso á información da RMR

Coa intención de divulgalase mellorar o acceso a infor-mación das rutas, crearase unasección na páxina web da RedeMunicipal de Roteiros RMR queenglobe e centralice a infor-mación sobre roteiros de sen-deirismo no termo municipal,con especial incidencia na RedeMunicipal de Roteiros (RMR).Incluirá información sobre oestado de conservación dosroteiros, trípticos e dípticosen pdf e percorridos segundoa aplicación Wikiloc. Taménse editarán 2.500 trípticos acor de tódalas rutas existentesno concello.

Ademais crearanse os Trac-king de tódalas rutas do Con-cello de Covelo na aplicaciónWikiloc e volcaranse os tracksna páxina web da Rede Muni-cipal de Roteiros de Covelo(RMR) cos perfiles na plata-forma Wikiloc, track dos per-corridos en formato .gpx e.kmz para dispositivos GPS efotografías.

Finalmente realizaranse nosmeses de Xuño, Xullo e Agostoe Setembro o programa de 8Rutas Guiadas con explicacióndos valores naturais, hábitatpresentes e patrimonio etno-gráfico, arquitectónico e ar-queolóxico existentes que per-correran a Rede Municipal deSendeiros, e coa intenciónde promover o turismo astro-nómico organizarase a pri-meira ruta nocturna con visiónestelar e iniciación á astro-nomía.

Plan de mellora e promoción da RedeMunicipal de Roteiros de Covelo

OConcello de Arbo

organiza xunto cosrestaurantes e as

casas rurais de Arbo un sor-teo denominado “Arbo Vilada Lamprea”, para premiaraos comensais que pidanlamprea nos establecemen-tos da localidade. Este sor-teo coincide co inicio datempada de consumo doproduto estrela da que é co-ñecida como a capital mun-dial da Lamprea, unmunicipio no que convivencunha curiosa especie depeixe que leva existindomáis de 500 millóns deanos, e que atopou no nosoMiño uno dos mellores am-bientes para desenvolverse.

Ante o éxito doutras con-vocatorias similares, os pre-mios de “Arbo, Vila da Lam-prea” serán moi atractivos.Elixiranse un total de dezgañadores, optando a unhadas 2 invitacións para unhaestancia dunha noite paradúas persoas nunha das ca-sas rurais de Arbo, en réximede aloxamento e almorzo,a unha das 3 comidas ouceas para dúas persoas demenú degustación no res-taurante de Arbo en queobtivo a súa participaciónou a un dos 5 lotes de viñoda Denominación de orixeRías Baixas das adegas pre-sentes na viñoteca munici-

pal situada no Arabo. O período de participación

abarca desde o 15 de febreiroao 15 de maio de 2019. Oscomensais deberán encheros datos nos boletos queproporcionarán os restau-rantes, encargados de en-tregarllos selados ao con-cello. O sorteo realizarase opróximo 17 de maio na casaconsistorial ante o alcalde,o concelleiro de cultura efuncionario que actuarácomo secretario e dará fedo acto. Poderán gozar dopremio desde o 20 de maioata o 31 de xuño e desde o15 de setembro ata o 31 deoutubro de 2019. Esta acti-vidade súmase á forte es-tratexia de promoción queestá a realizar o consistoriopara a próxima LIX Festada Lamprea, que se cele-brará os próximos 26, 27 e28 de abril.

Arbo premia comer lampreanos seus restaurantes

Page 13: €¦ · zona do antigo cuartel de As Neves Xornal galego para o debate, a cultura, o ensino e o lecer ANO 2 | Edición nº 15 | Marzo de 2019 | Precio 2 euros Barcos turíst ic os

Un total de catro son ossendeiros que o Conce-llo de Arbo uniu a tra-

vés dun único díptico, dendea parroquia de Sela atrave-sando Barcela e a parroquia deArbo ata chegar a Desemboca-dura do seu afluente o Deva, eque dende aquí chega a praiaFluvial de San Xoan dondeesta recentémente rehabili-tado A Ponte Romanica de SanXoan e seguir unindo outrasparroquias a través do Sen-deiro da Moura.

Para os apasionados dosenderismo, toda a zona daRibeira do Miño atesoura unha

preciosa ruta cun importantepatriomonio artístico e culturalque é pura natureza e que seagrupa agora na Ruta das Pes-queiras, o Sendeiro dos Pes-cadores, o Sendeiro do RíoMiño-Deva e o Sendeiro daMoura. O Concello conta ade-máis coa Ruta da Lamprea, unproxecto que pretende poñeren valor os principiais recursosetnogáficos, naturais, gastro-nómicos e culturais viculadoscoa lamprea.

XIIIFORO A PENEIRA | Marzo de 2019

Condado/ParadantaARBO

Aformación, que celebraagora o seu 25 aniver-sario, fundouse en

1991, despois de case 50anos desaparecida, por inicia-tiva do entón alcalde, ManuelRivera, coa colaboración dosmestres Ignacio, Manuel Gon-zález (Lito), Joaquín e Anto-nio. É no ano 1993, coachegada de Víctor FernándezNogueiras e Jesús Iglesias écando a escola da Banda deMúsica de Arbo toma o im-pulso necesario para, en abrilde 1994, facer a súa presen-tación oficial na Festa daLamprea. A partir de aí, oséxitos sucédense e, en 1999,consegue dar a sorpresa enValencia ao lograr o PrimeiroPremio e Mención de Honra(3ª categoría) no Certame In-ternacional desta localidade,sendo a primeira banda defóra da Comunidade Valen-ciana en conseguir este afa-mado galardón.

Desde o 2011, o profesorCesar Portela é o encargadode dirixir a Banda e a Escolade música.

Arbo celebrará o aniversariodunha das agrupacións musi-cais máis importantes queten, cunha serie de homenaxesque finalizarán cun gran con-certo final o día 11 de maio,unha recompensa ao gran tra-

ballo realizado por esta exitosabanda. Tamén será un reco-ñecemento á Banda Infantilque conta xa con máis de 15músicos. Unha academia queconta con novas e recentesincorporacións e que formanxa preto de 30 alumnos. Aactual directiva decidiu crearhai algúns anos unha forma-ción específica para que osmáis pequenos desta organi-zación, algúns con menos dunano na escola e outros conmáis experiencia, comecen atomar contacto co público eanímense a seguir como in-tegrantes desta brillante ban-da, que xa ten ás súas costasunha historia chea de galar-dóns e recoñecementos poloseu excelente labor.

O alcalde de Arbo, HoracioGil, expresou a través dunhafelicitación a súa satisfacciónxa que “nestes tempos quecorren, a Banda de Músicade Arbo, xunto coa BandaInfantil, seguen estando pre-sentes na práctica totalidadede actos lúdico-festivos quese organizan en Arbo, sendopor exemplo en Santa Ceciliaou no Concerto de Nadal can-do o seu traballo faise máisvisible, sen esquecer os es-pléndidos concertos dos máisnovos da agrupación, no au-ditorio, en grandes datas.”

Homenaxes polo 25aniversario da Banda de

Música de Arbo

Un gran concerto o día 11 de maio será agran cita dentro das celebracións

Promeiro día de instrumentos, 1992

As inclemencias meteo-rolóxicas (chuvia eforte vento fundamen-

talmente) do pasado mes dexaneiro, causaron danos enalgúns viais municipais per-tencentes ao concello deArbo, que agora veñen derepararse.

Nos últimos días as obrasrealizadas corresponden porexemplo ás do Vial de La-ceira en Mandelos–Cequeli-ños, o Vial que une a PO-400 coa Rúa Antonia Tovarou o pintado da varandillano Paseo Fluvial da Estación,entre outras.

Vial en Eidos de Arriba

A consellería de MedioRural executou as obras deampliación e acondiciona-mento de Vial en Eidos deArriba, parroquia de Sela,enmarcadas dentro do Plande Infraestructuras Rurais2018, e cuio convenio foiasinado o pasado setembroen Santiago polo DirectorXeral de DesenvolvementoRural, Miguel Ángel PérezDubois, e o alcalde do Con-cello de Arbo, Horacio Gil.

As obras consistiron nodesbroce, retira de terra ve-xetal, desmonte e terraple-nado, sendo o importe doconvenio 48.399,02 €.

Melloras en camiños e nopaseo fluvial de Arbo

Arbo amosa os seus sendeiros nun díptico

Page 14: €¦ · zona do antigo cuartel de As Neves Xornal galego para o debate, a cultura, o ensino e o lecer ANO 2 | Edición nº 15 | Marzo de 2019 | Precio 2 euros Barcos turíst ic os

FORO A PENEIRA | Marzo de 2019XIV

AS NEVES

Condado/Paradanta

OPleno do Concello das Neves, deuo visto bo, sen o apoio do PartidoPopular, á aprobación inicial da

modificación puntual do planteamento ur-banístico da zona do antigo cuartel daGarda Civil

Esta edificación, situada na Praza deSan Agustín, é edificio histórico catalogado,que fora ampliado no seu día para a súatransformación en cuartel e que, posterior-mente, coa construcción das novas depen-dencias da Garda Civil en Salvaterra, quedouabandonado.

Esta decisión, subliña o alcalde, Xosé ManuelRodríguez Méndez, “permitirá, entre outros pro-xectos, a conversión do cuartel en residenciapara maiores”.

A modificación puntual do planeamento ur-banístico neste zona urbana das Neves servirápara, garantir a preservación do patrimonio cul-tural, nomeadamente no referido á edificaciónda antiga casa cuartel da Garda Civil, incluídano catálogo do PXOM (E 1202), e ao BIC que namesma se integra, adecuando o seu réxime deprotección á vixente Lei de Patrimonio Culturalde conformidade co recollido no informe emitidopola Dirección Xeral de Patrimonio en 2017.

Tamén, completará a estrutura do núcleourbano das Neves procurando a través da ordenación

deste ámbito a acaída articulación, funcional eformal dos desenvolvementos das últimas décadascoa vila tradicional, partindo do espazo públicocomo principal elemento de integración.

Ao tempo, garantirase a conservación da pe-quena fraga existente no ámbito facendo com-patible o seu uso para o lecer cidadán comozona verde pública coa preservación do seuvalor natural e paisaxístico e reducirase a pegadada ordenación minimizando a artificializaciónde solos e os movementos de terras.

Está modificación do PXOM tamén vai permitirdotar ao núcleo urbano das Neves dunha residenciade maiores dando así resposta as necesidadesda poboación e fomentando o desenvolvementoeconómico e a xeración de emprego.

Aprobada a modificación do planeamentopara a zona do antigo cuartel

OConcello dasNeves inicioua segunda

fase de instalaciónde sinais informati-vas nos barrios e pa-rroquias. Colocaranse150 sinais no restodas parroquias queestaban pendentes.

Con esta iniciativa, “oterritorio municipal estarátotalmente sinalizado conarredor de 285 sinais”, untraballo que estará rematadoen apenas dous anos logodun investimento total de83.000€.

O alcalde lembra queeste proxecto foi “principal”na xestión do Goberno lo-

cal, pero “tamén unha dasdemandas máis estendidaentre a veciñanza, nas xun-tanzas do Concello Escoita,que volve ás parroquias”.“Con este proxecto logra-mos mellorar as comuni-cacións por estrada, poren valor a nosa toponimiae tamén xerar orgullo deser de cada barrio ou lugarno conxunto das Neves”.

As Neves vai completar asinalización dos barrios e

parroquias

OGoberno local das Neves (BNG-PSOE) vén de acadar que, por fin,o Consorcio Galego de Servizos de

Igualdade e Benestar, aprobe a licitaciónda Escola Infantil. O propio xerente doConsorcio, Perfecto Rodríguez, chamou aoalcalde nacionalista das Neves, Xosé Ma-nuel Rodríguez Méndez, para darlle a nova.

A ‘gardería’ bota a andar, indica o alcalde,logo de que o Goberno local asinase unconvenio, hai máis dun ano, co Consorciopara impulsar a construción da mesma.

Dito convenio establecía que o Concello dasNeves tiña que realizar e pagar o proxecto daescola infantil, “como así fixemos”; poñer adispor un inmoble municipal, “que será a antigacasa do conserxe do CEIP Marquesa do Pazo daMercé ” e, por último, achegar unha porcentaxedo custo total das obras, que será duns 300.000€,“o cal tamén completamos destinando ás mesmas75.000€ dos orzamentos municipais”, explica

Xosé Manuel Rodríguez.Finalmente a Escola, “unha demanda e unha

necesidade que temos en As Neves”, vai ser unharealidade. O alcalde agradece e recoñece “oesforzo e a paciencia dos membros da Asociaciónde Nais e Pais (ANPA) do CEIP e dos futurosusuarios deste centro” e amosa a súa lediciaporque este proxecto “no que levamos traballandotanto tempo, vaia a ser unha realidade”.

As Neves conquire que a Xunta licite asobras da nova escola infantil

Apresidenta da Depu-tación de Pontevedra,Carmela Silva, visitou

xunto ao alcalde das Neves,Xosé Manuel Rodríguez, in-tegrantes do Goberno muni-cipal e o deputadoprovincial Santos Héctor, asobras de ampliación doCentro Cultural de Rubiós,unha actuación que contacun orzamento de499.457,75 euros e que

está financiada na súa tota-lidade pola Deputación dePontevedra. A actuación vi-sitada este mércores dotaao Centro Cultural de Rubiósde tres salas polivalentes.Ademais, ampliase o esce-nario, que incorporará uncamerino-almacén; acondi-cionase a parcela nortecomo aparcadoiro, e mello-rase a accesibilidade e a co-municación dos edificios.

Carmela Silva visita aampliación do Centro

Cultural de Rubiós

Page 15: €¦ · zona do antigo cuartel de As Neves Xornal galego para o debate, a cultura, o ensino e o lecer ANO 2 | Edición nº 15 | Marzo de 2019 | Precio 2 euros Barcos turíst ic os

XVFORO A PENEIRA | Marzo de 2019

Condado/Paradanta

OConcello de Monda-riz fixo público opasado xoves un

bando no que da a coñecerá veciñanza que, debido aproblemas coa lectura doconsumo de auga do pri-meiro cuadrimestre do 2018e como medida menos pre-xudicial para as veciñas eveciños –logo de todas asopcións estudadas de xeitoconxunto co ORAL–, estánao cobro, nun só recibo, osconsumos correspondentesao 1º e 2º cuadrimestre do2018.

En todo caso, explica oalcalde de Mondariz, XoánCarlos Montes Bugarín, decara a facilitar o pagamentodos recibos ás veciñas e ve-ciños, “o Concello pon aodispor da veciñanza os for-mularios para solicitar opago aprazado para todosos recibos con importe igualou superior a 100 €, que éo importe fixado pola nor-mativa do ORAL”

Mondarizfacilita o

fraccionamentodo pago dos

recibos da auga

As Neves reclama un cruce seguro para Setadose non prohibicións

Oalcalde das Nevesnon pode deixar deamosar o seu asom-

bro logo de que a Conselleríade Infraestruturas, Territorioe Medio Ambiente colocase,sen dar aviso, un sinal queprohíbe o xiro no cruce daPO-400 co camiño que leva aLaxes, a A Igrexa e a maiorparte da parroquia de Seta-dos.

Xosé Manuel RodríguezMéndez lembra que hai tresanos que plantexa á Xuntade Galicia a necesidade deque neste cruzamento se sitúeunha ‘rotonda’ ou unha ‘ra-queta’, dado o perigo do mes-mo para vehículos e peóns.

“Esta posibilidade foi des-botada polo Goberno de Ga-licia co argumento de que aobra non era prioritaria porqueo cruce non era perigoso”,sinala o alcalde. “Agora asveciñas e veciños de Setadosatópanse cun sinal que pro-híbe o xiro, sinal que foi co-locado logo de que un informe

da Garda Civil de Tráfico con-cluíse que esta interseccióné, efectivamente, perigosa”.

Rodríguez Méndez lamentaque nos pasados tres anosdende a Xunta non se fixesecaso algún nin se consideraseo proxecto presentado poloConcello das Neves para re-gular o tráfico neste lugar.

Tamén denuncia que nestestres anos a Xunta permitiseque se mantivera unha si-tuación de perigo, “sen tomarmedida algunha, mesmo ne-gando que fose necesaria ouque existise unha situaciónde perigosidade”.

Do mesmo xeito, o alcaldesubliña que agora as veciñase veciños de Setados teñenque recorrer preto de 2 qui-lómetros para dar a volta epoder entrar por ese cruce,cando esa incomodidade po-dería ter estado arranxadahai anos.

Xosé Manuel Rodríguez si-nala o nulo interese da Xuntaen solucionar este problema

e coma exemplo delo invitaa botar unha ollada á heme-roteca. O 11 de xaneiro de2012-hai xa 7 anos- o dele-gado da Xunta de Galicia enPontevedra, José Manuel CoresTourís, comprometeuse áconstrución dunha ‘glorieta’,cun orzamento de 200.000€no punto quilómetrico 10 daPO-400, dacordo co proxectoque estaba a elaborar a Con-sellería de Medio Ambiente,Territorio e Infraestructuras.

Naquelas datas, o repre-sentante da Xunta afirmabaque esa ‘glorieta’ resultabatotalmente necesaria para“solventar as complicaciónsda acceso a esta estrada emellorar a seguridade destavía”. Engadía que con esaobra se daría servizo a 200residentes no núcleo de Se-tados e concluía afirmandoque solicitaría ao Gobernogalego que “axilice”a reali-zación dese proxecto.

www.novasdoeixoatlantico.com

Page 16: €¦ · zona do antigo cuartel de As Neves Xornal galego para o debate, a cultura, o ensino e o lecer ANO 2 | Edición nº 15 | Marzo de 2019 | Precio 2 euros Barcos turíst ic os

Editorial NOVAS DO EIXO ATLÁNTICO S.L.Avda. Sarmiento Rivera, 4-4ºD (36860 PONTEAREAS - GALIZA) T. 986 64 12 [email protected]

No passado mês de janeiro cum-prirom-se cem anos do assassi-nato cruel e despiedado de

Rosa Luxemburgo e parece de justiçarecuperar sua memória, a da ideóloga,teórica e pratica, dialética, lutadora, re-formista, intelectual, divulgadora, anti-imperialista, que posso paixão em todoo que tocou na vida e que com seuexemplo foi uma apaixonada feminista.

Foi pola década dos sessenta quandoteve noticia de Rosa Luxemburgo, comoutros vultos do marxismo, socialismoe socialdemocracia, a través de recensões,comentários ou divulgações de seus es-critos obtidos clandestinamente. Nãome mereceu demasiado interesse RosaLuxemburgo, pois a formulação políticaque me chegou daquela respecto do di-reito dos povos á sua autodeterminaçãofoi a médio de comentários da sua obramais completa sobre o tema, titulada“A questão nacional e a autonomia”, naque, contrariamente ás propostas deLenin, considerava irrelevante o temada independencia nacional para a craseoperaria e não via possibilidade algumade insertar o movimento de indepen-dência nacional nas forças do proleta-riado; para ela o objetivo final era aabolição do sistema de crases e aunidade internacional proletária. Assim,grossamente, carecia de interesse paramim, nacionalista convencido, toda aformulação política de Rosa Luxemburgo,ainda que houvesse um dito seu do quesim gostei: “a liberdade sempre foi esegue a ser a liberdade para aquelesque pensem diferente”

Passados anos chegou-me uma notabiográfica sobre Rosa Luxemburgo queincitou minha curiosidade tanto sobreo personagem como sobre as motivaçõespara negar o direito de autodeterminaçãodas nações baixo o socialismo. Pensoque a esta altura carece de relevânciavolver sobre as teses políticas de RosaLuxemburgo, ainda que sua própria bio-grafia e o entorno político e social daépoca explica muitos dos seus postulados,aos que não é alheio sua origem polaca

e ficar Polônia dividida entre dois estadossoberanos (Rússia e Alemanha) e asparticulares relações sociais dentro dacada um dos grandes impérios da época.O que me fez realmente rever conside-rações sobre aquela pensadora foi suadimensão humana. Ponto de partida foique estando em Berlim no principio doano, já há tempo, enterei-me de quenessa cidade um domingo a mediadosde janeiro celebra-se cada ano o dia deRosa Luxemburgo

Rosa Luxemburgonasceu no 1.971 naPolônia daquela baixodomínio de Rússia.Tinha todo em con-tra, era natural deum país colonizado,mulher, judia e paramais inri, coxa, oca-sionado por um de-feito de crescimentoque a discapacitoufísica e psicologica-mente desde a idadede cinco anos. Foicapaz de superar to-dos os atrancos. Aos quinze anosaparece integrada como membro deum partido polaco esquerdista; foi boaestudante e realizou estudos universi-tários na Universidade de Zurich al-cançando o grado de doutorado, emépocas na que resultava insólita a pre-sença da mulher na Universidade. Man-teve um ativismo constante alem deser uma das principais teóricas e líderda socialdemocracia polaca. Foi encar-cera em varias ocasiões por suas ativi-dades políticas, enfrentou se dialeti-camente e nos seus livros e escritos atodos os teóricos do marxismo e socia-lismo da época, entre eles a Lenin. Apaixão revolucionaria de Rosa Luxem-burgo convivia com seu sentimentopacifista; opuso-se á participação dossocialdemocratas na I Grande Guerra oque lhe custou quatro anos de prisãopor promover a objeção de consciênciae pedir aos soldados que se negassem

a combater; escreveu “a guerra é umassassinato de massas metódico e or-ganizado”. Como jornalista, polemistae revolucionaria foi definida por P.Jove, que deu titulo a seu estudo e doque tomo o encabeçado a este artigo,acrescentado o de “feminista” porquepenso que pode ser um exemplo fulcralpara o movimento feminista actual.Considerada a principal teórica da so-cialdemocracia polaca, sobardou qual-quer fronteira geográfica ou políticacom sua atividade revolucionaria pessoale intelectual da época, pensamentoagora arrombado, desaparecidos seusprincipais fundamentos que eram amassa proletária e a consciência decrase; porem deixou igualmente escritossobre nacionalismo, capitalismo, de-

mocracia, imperialismo, etc.Em 15 de janeiro de 1.919 Rosa Lu-

xemburgo foi capturada e detida noâmbito da repressão desatada contra aonda revolucionaria promovida polo Par-tido Comunista Alemão (atividade coma que havia manifestado sua oposição)e imediatamente assassinada a culatrazose destroçado o crânio, disse que polosoldado Otto Runge e rematada polotenente Kurt Vogel de um tiro na nuca,lançando seu corpo num saco cheio depedras ao rio Spree, assassinato planeadopolo chefe máximo da oficina de inteli-gência militar de Hitler e organizadordos Freikorps, Wilhelm Canaris. Outraversão sobre a responsabilidade dos seuassassinato implica a Waldemar Pabst,capitão do exército prussiano, furibundoanticomunista, que chegou a manifestarque “em janeiro de 1.919 assisti a ummeeting do Partido Comunista Alemãono que falavam Rosa Luxemburgo e Karl

Liebknecht. Sou-be que eram oslíderes intelec-tuais da Revolu-ção e decidi quetinha que orde-nar que os ma-taram. Seguindo minhas ordens foramarrestados. A decisão de matalos nãofoi fácil, porem sego a pensar que foiuma decisão moral legítima”.

Rosa Luxemburgo foi muito mais queuma teórica do socialismo, algo maisque uma líder comunista, uma das diri-gentes marxistas mais importantes dahistoria do S. XX, cujo valioso legadofica hoje bastante esquecido. Uma mulherque rompeu todas as regras e limitaçõesque a sociedade de sua época reservavaás mulheres: ativa física e intelectual-mente em política, mantendo publi-camente discrepâncias com vultos teó-ricos na política de sua época, supe-rando todas as barreiras tanto de suaorigem como da participação efetivana vida política, da que as mulheresficavam excluídas; na altura na que asmulheres ficavam igualmente pratica-mente excluídas da Universidade, dou-torou-se em Econômicas; viveu suaprópria vida e nunca foi a sra. deGustav Lübeck, com quem casou em1.898, levando de jeito totalmenteindependente sua atividade política eincluso familiar; lutou não só contra

as injustiças sociais senão tambémcontra a marginação como mulher. Difi-cilmente poderemos topar uma mulherque representa de jeito mais real a lutafeminista. No volume de vários autorescom titulo geral de “O desafio de RosaLuxemburgo”, B.D. Wolfe apresenta umartigo que titula “O último “home” nopartido socialdemocrata alemão”

Este é o motivo de que hoje invoquesua existência, a barbárie da época quelhe tocou viver, sua brutal morte, sualuta desigual no político e no social,seu valor para enfrentar-se aos perigosde prisão, persecução e até a morte,seu coragem feminista em solitário quenos alerta, nestes tempos de revindica-ções feministas, que já há mais de cemanos uma mulher equiparou-se a todosos homes revolucionários marcando umstatus de igualdade e reivindicação.

Quinta do Limoeiro, fevereiro de2.019.

Jornalista, polemista,revolucionaria e feminista

Por Nemésio Barxa