XI. LITERATURA MEDIEVAL · 2019-06-23 · 1332 XI. LITERATURA MEDIEVAL. XI. 1. MONOGRAFÍAS E...

48
1332 XI. LITERATURA MEDIEVAL XI. 1. MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS Arias Freixedo, Xosé Bieito (ed.), Per arte de foder. Cantigas de escarnio de temática sexual, Berlin: Frank & Timme, 2017, 430 pp. (ISBN: 978-3-7329-9634-6). Trátase dunha edición de cantigas de escarnio de temática sexual, procedente da lectura directa dos manuscritos. Ábrese cunha introdución que ilustra a temática e que ofrece, a modo de ensaio, algunhas aclaracións sobre o léxico que caracteriza o xénero. Os textos, ordenados por orde alfabética, están acompañados dunha versión en galego actual e dunha tradución ao inglés para facilitar o acceso a un público máis amplo. Despois de cada cantiga, realízanse comentarios centrados na explicación do seu contido e nas cuestións retóricas máis relevantes. Na última parte, ofrécense dous instrumentos de utilidade para a súa consulta: un glosario de termos sexuais empregados nas cantigas de escarnio e un índice temático-onomástico. Avenoza, Gemma, Meritxell Simó e Lourdes M. Soriano Robles (ed.), Estudis sobre pragmática de la literatura medieval, València: Universitat de València, 2017, 337 pp. (ISBN: 978-84-91330-89-9). Monografía ao redor da pragmática da literatura medieval que inclúe o seguinte artigo relacionado coa literatura galega medieval: - Elvira Fidalgo, “El público de las Cantigas de Santa Maria. Algunas hipótesis acerca de su difusión”, pp. 141-158. A autora reflexiona sobre o nivel de difusión real das Cantigas de Santa María durante o período no que se compuxo a obra, así como pouco despois da morte do seu patrocinador (e, en parte, autor), o rei Afonso X. Despois de varias hipóteses e reflexións ao respecto, a estudosa opina que as cantigas marianas eran coñecidas e apreciadas case unicamente no entorno da corte rexia, a causa da novidade que, por varios aspectos, supuxeron expresar e demostrar. Ao contrario, non cre que ao redor da data da súa creación e unha vez morto o rei castelán chegaran xa a ser cantadas con frecuencia nos santuarios marianos da Península, así como o rei desexaría. Lorenzo Gradín, Pilar e Susana Tavares Pedro (eds.), O fragmento galego do Livro de Tristan. Nova edición paleográfica e crítica, Alessandria: Edizioni dell’Orso, 2017, 140 pp. (ISBN:978-88-6274-765-3). Realízase un breve percorrido polos estudos precedentes do fragmento galego do Livro de Tristán dende o seu descubrimento en 1928 por Manuel Serrano Sanz, que o encontra servindo como encadernación dunha copia notarial do testamento do marqués de Santillana. A obra inscríbese na tradición do Tristan en prose francés e resúmese sucintamente o seu contido. Acto seguido, preséntanse as edicións paleográfica e crítica

Transcript of XI. LITERATURA MEDIEVAL · 2019-06-23 · 1332 XI. LITERATURA MEDIEVAL. XI. 1. MONOGRAFÍAS E...

Page 1: XI. LITERATURA MEDIEVAL · 2019-06-23 · 1332 XI. LITERATURA MEDIEVAL. XI. 1. MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS. Arias Freixedo, Xosé Bieito (ed.), Per arte de foder.Cantigas de

1332

XI. LITERATURA MEDIEVAL XI. 1. MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS Arias Freixedo, Xosé Bieito (ed.), Per arte de foder. Cantigas de escarnio de temática sexual, Berlin: Frank & Timme, 2017, 430 pp. (ISBN: 978-3-7329-9634-6). Trátase dunha edición de cantigas de escarnio de temática sexual, procedente da lectura directa dos manuscritos. Ábrese cunha introdución que ilustra a temática e que ofrece, a modo de ensaio, algunhas aclaracións sobre o léxico que caracteriza o xénero. Os textos, ordenados por orde alfabética, están acompañados dunha versión en galego actual e dunha tradución ao inglés para facilitar o acceso a un público máis amplo. Despois de cada cantiga, realízanse comentarios centrados na explicación do seu contido e nas cuestións retóricas máis relevantes. Na última parte, ofrécense dous instrumentos de utilidade para a súa consulta: un glosario de termos sexuais empregados nas cantigas de escarnio e un índice temático-onomástico. Avenoza, Gemma, Meritxell Simó e Lourdes M. Soriano Robles (ed.), Estudis sobre pragmática de la literatura medieval, València: Universitat de València, 2017, 337 pp. (ISBN: 978-84-91330-89-9). Monografía ao redor da pragmática da literatura medieval que inclúe o seguinte artigo relacionado coa literatura galega medieval: - Elvira Fidalgo, “El público de las Cantigas de Santa Maria. Algunas hipótesis acerca de su difusión”, pp. 141-158. A autora reflexiona sobre o nivel de difusión real das Cantigas de Santa María durante o período no que se compuxo a obra, así como pouco despois da morte do seu patrocinador (e, en parte, autor), o rei Afonso X. Despois de varias hipóteses e reflexións ao respecto, a estudosa opina que as cantigas marianas eran coñecidas e apreciadas case unicamente no entorno da corte rexia, a causa da novidade que, por varios aspectos, supuxeron expresar e demostrar. Ao contrario, non cre que ao redor da data da súa creación e unha vez morto o rei castelán chegaran xa a ser cantadas con frecuencia nos santuarios marianos da Península, así como o rei desexaría. Lorenzo Gradín, Pilar e Susana Tavares Pedro (eds.), O fragmento galego do Livro de Tristan. Nova edición paleográfica e crítica, Alessandria: Edizioni dell’Orso, 2017, 140 pp. (ISBN:978-88-6274-765-3). Realízase un breve percorrido polos estudos precedentes do fragmento galego do Livro de Tristán dende o seu descubrimento en 1928 por Manuel Serrano Sanz, que o encontra servindo como encadernación dunha copia notarial do testamento do marqués de Santillana. A obra inscríbese na tradición do Tristan en prose francés e resúmese sucintamente o seu contido. Acto seguido, preséntanse as edicións paleográfica e crítica

Page 2: XI. LITERATURA MEDIEVAL · 2019-06-23 · 1332 XI. LITERATURA MEDIEVAL. XI. 1. MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS. Arias Freixedo, Xosé Bieito (ed.), Per arte de foder.Cantigas de

1333

do bifolio, explicando en ambos os casos os criterios de edición seguidos. Conclúe cun glosario. Monteagudo, Henrique, João Dionísio e Maria Ana Ramos, De Roma ata Lixboa. Estudos sobre os cancioneiros galego-portugueses, A Coruña: Real Academia Galega, 2017, 674 pp. (ISBN: 978-84-946005-1-7). Neste volume-homenaxe, recóllense trinta traballos da filóloga portuguesa Elsa Gonçalves, organizados cronoloxicamente e até agora case só dispoñíbeis en actas de congresos e revistas de circulación restrinxida. Conxungan ademais varias perspectivas de análise sobre a lírica trobadoresca galego-portuguesa, ofrecendo un abano altamente representativo dos varios campos de estudo frecuentados pola famosa especialista de literatura medieval: codicolóxico, lingüístico, estemático e retórico. Referencias varias: - Xesús Alonso Montero, “De Trier (1980) a Lisboa (2017)”, La Voz de Galicia, “Cultura”, “Beatus qui legit”, 27 xaneiro 2017, p. 12. Infórmase da celebración en Trier no ano 1980 do congreso “Tradición, futuro e actualidade do idioma galego” e realízase unha relación dos asistentes galegos e estranxeiros. Dise que nese encontro tamén estaba presente Elsa Gonçalves, profesora homenaxeada pola RAG cun volume que se acaba de publicar baixo o título De Roma ata Lixboa. Estudos sobre os cancioneiros galego-portugueses. - María Abascal, “A RAG rende homenaxe á lusitana Elsa Gonçalves”, El Correo Gallego, “Tendencias”, 21 xaneiro 2017, p. 35. Dáse conta da presentación do libro en homenaxe á profesora Elsa Gonçalves, especialista en lírica galego-portuguesa, no que compila trinta dos seus estudos, xa que algúns eran de difícil consulta. Requeixo, Armando (ed.), Sobre letras e signos. Estudos en homenaxe a Anxo Tarrío Varela, Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2017, 789 pp. (ISBN: 978-84-453-5251-9). Volume que inclúe os seguintes artigos relacionados coa literatura galega medieval: - Mercedes Brea, “O ‘solaz’ nos trobadores galego-portugueses’, pp. 191-201. Céntrase na análise do emprego do termo solaz na lírica profana galego-portuguesa. Dada a dificultade de encadralo na categoría emocional da laetitia, a autora estuda as seis cantigas (dúas de amigo e catro de escarnio) que o documentan. Chega á conclusión de que, se ben no contexto do escarnio solaz tende a inscribirse no campo semántico do ‘conforto’, no de amigo amosa a súa pertenza a aquel do ‘pracer’. Opina polo tanto necesario afastalo do significado de ‘entretemento’ no contexto da tradición lírica profana peninsular. En canto aos trobadores que fan uso de solaz, destaca a súa aparición tardía, sobre todo a partir do período afonsino.

Page 3: XI. LITERATURA MEDIEVAL · 2019-06-23 · 1332 XI. LITERATURA MEDIEVAL. XI. 1. MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS. Arias Freixedo, Xosé Bieito (ed.), Per arte de foder.Cantigas de

1334

- Esther Corral Díaz, “A condición feminina na cantiga de escarnio galego-portuguesa: un caso singular do ‘maldizer’ feminino”, pp. 279-290. Analiza un exemplo de vituperio dirixido a unha muller para esclarecer algúns aspectos relativos á súa interpretación: o que se expresa a través do termo puta. Despois da análise do escaso número de textos onde aparece (cinco cantigas de escarnio), a autora chega á conclusión de que na lírica profana galego-portuguesa este apelativo se inscribe dentro do léxico obsceno facendo fincapé nun retrato paródico da muller que, dende unha perspectiva moral, alude a unha vida promiscua e licenciosa nun ambiente de xogo e de taberna. VV. AA., Pergamiño Vindel: un tesouro en sete cantigas. Catálogo da exposición no Museo do Mar de Galicia, Vigo. Vigo: Museo do Mar de Galicia, 2017, 247 pp. (ISBN: 978-84-453-5272-4; 978-84-8158-752-4). Trátase do volume-catálogo realizado coa ocasión da exposición O Pergamiño Vindel: un tesouro en sete cantigas. Alén de ofrecer un listado e unha descrición das pezas museais expostas no Museo do Mar de Vigo, recolle varios estudos que teñen o obxectivo de analizar a materialidade e o contido do manuscrito en relación coa tradición lírica galego-portuguesa do seu tempo e co seu entorno cultural. Contén as seguintes contribucións relacionadas coa lírica medieval: “O século de Martín Codax: marco político e cultural”, de Francisco Singul Lorenzo; “Poesía medieval galego-portuguesa”, de Xosé Bieito Airas Freixedo; “A tradición da canción de muller e a cantiga de amigo”, de Pilar Lorenzo Gradín; “Martín Códax como representante dun modelo específico de cantigas de amigo”, de Mercedes Brea; “O pergamiño Vindel: historia, descrición, material e contido”, de Mariña Arbor Aldea; “O pergamiño Vindel e a súa música: o dobre (ou triplo) sentido do termo ‘interpretación”, de Carlos Villanueva; e “Galicia cántalle a Occitania: Compostela e a arte dos camiños, da épica e da lírica medieval”, de Manuel Castiñeiras. Remata cunha ampla bibliografía sobre as cantigas de amigo ao coidado de Iván Rodríguez Varela.

Page 4: XI. LITERATURA MEDIEVAL · 2019-06-23 · 1332 XI. LITERATURA MEDIEVAL. XI. 1. MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS. Arias Freixedo, Xosé Bieito (ed.), Per arte de foder.Cantigas de

1335

XI. 2. REEDICIÓNS Pena, Xosé Ramón, Martín Codax e os xograres do mar de Vigo, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, col. “Libro X”, n.º 21, novembro 2017, 152 pp. (ISBN: 978-84-9121-290-4). Tras a publicación de Xograres do mar de Vigo. Johán de Cangas, Martín Codax, Meendinho (Xerais, 1998), Xosé Ramón Pena (Betanzos, 1956) ofrece nesta nova publicación unha revisión daquela monografía na que, a pesar da actualización da bibliografía e do maior protagonismo concedido no título a Martín Codax no contexto da exposición sobre o Pergamiño Vindel en Galicia, mantén o groso do traballo anterior. Así reitera os mesmos agradecementos, textos e apéndices, así como mantén a estrutura que apenas modifica, ofrecendo, cun forte afán divulgativo, unha contextualización, histórica, lingüística e literaria dos xograres do mar de Vigo, cuxos textos incorpora na parte final (Martín Codax, Meendinho, Johán de Cangas, Nuno Treez, Lopo Liáns e Airas Núñez). Tras mudanzas lingüísticas menores como a preferencia nesta nova versión pola forma Galiza fronte a Galicia ou a adaptación ás Normas ortográficas do 2003, o autor limítase a corrixir algunhas informacións como as relativas aos primeiros textos en galego (pp. 49-50 do 2017 vs. p. 40 da edición de 1998); a ampliar outras como ao referirse ao Pergamiño Vindel (pp. 59-63) ou ao integrar o epígrafe “A arte de trobar: estrofas, metros, leixaprén e paralelismo” (pp. 79-82); a eliminar algúns aspectos como as referencias ás soldadeiras ou ás cortes poéticas (pp. 67-70, na edición do 1998 tras falar dos xograres e trobadores) ou a recolocar algunhas informacións dentro da obra, caso de situar como primeiro dos xograres do mar de Vigo a Martín Codax cando anteriormente estaba Johán de Cangas (p. 89 e ss. e tamén na antoloxía). O volume recolle os textos dos poetas medievais que introduciron nas súas rimas o mar de Vigo como escenario ou, mesmo, como co-protagonista: Martín Codax, Meendinho, Johán de Cangas e Nuno Treez, xunto cos escritos satíricos de Lopo Liáns e Airas Núnez. Descríbense ademais as catro partes que constitúen a publicación, dedicadas, respectivamente, á análise do contexto histórico da produción lírica, a unha panorámica da situación do galego na Idade Media, ás particularidades da cantiga de amigo e, finalmente, ao estudo sobre a xenealoxía e a poética dos autores mencionados. Recensións: - Román Raña, “Alén das lúas”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 646, “Libros”, 16 novembro 2017, p. VI/ / La Opinión, “Saberes”, n.º 593, “Letras galegas”, 18 novembro 2017, p. 10. Recolle e resume o contido das catro partes desta nova edición, nas que se fala do contexto histórico, da etapa auroral da lingua galega, da vitalidade lírica das cantigas de amigo e da xenealoxía doas xograres de Vigo. Salienta que é unha obra “feliz e amenísima, que seduce e informa” cunha grata lectura. Referencias varias: - Mar Mato, “Xosé Ramón Pena. ʻÉ emocionante que as Cantigas de Códax desafíen a caducidade das cousas”, Faro de Vigo, “Sociedad”, 2 novembro 2017, p. 33.

Page 5: XI. LITERATURA MEDIEVAL · 2019-06-23 · 1332 XI. LITERATURA MEDIEVAL. XI. 1. MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS. Arias Freixedo, Xosé Bieito (ed.), Per arte de foder.Cantigas de

1336

Conversa co escritor e investigador Xosé Ramón Pena sobre o Pergamiño Vindel e as cantigas de Martín Codax co gallo da reedición e actualización da súa obra Martín Códax e os xograres do mar de Vigo. Recoñecendo a actualidade da poesía deste trobador, reflexiona sobre a súa identidade, o valor simbólico das súas pezas e a natureza do pergameo que as contén.

Page 6: XI. LITERATURA MEDIEVAL · 2019-06-23 · 1332 XI. LITERATURA MEDIEVAL. XI. 1. MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS. Arias Freixedo, Xosé Bieito (ed.), Per arte de foder.Cantigas de

1337

XI. 3. ACTAS Decaria, Alessio e Claudio Lagomarsini (eds.), I confini della lirica. Tempi, luoghi, tradizione della poesia romanza. Atti del Convegno Internazionale (Siena, Collegio Santa Chiara, 11-12 febbraio 2015), Firenze: Edizioni del Galluzzo per la Fondazione Ezio Franceschini, 2017, 311 pp. (ISBN: 978-88-8450-596-5). Volume que inclúe os seguintes artigos relacionados coa literatura galega medieval: - Mariña Arbor Aldea, “Variae Lectiones en la tradición manuscrita gallego-portuguesa: ¿divergencias solo textuales?”, pp. 193-217. A colación dos testemuños da lírica profana galego-portuguesa, no específico á correspondencia entre o Cancioneiro da Ajuda e o manuscrito colocciano B conservado na Biblioteca Nacional de Lisboa indica que se trata de lecturas distintas por un mesmo locus crítico. Nunha primeira ollada, e tendo en conta a distancia temporal entre os dous manuscritos, estas variae lectiones poderíanse valorar como meras diverxencias textuais. A autora ofrece unha análise máis detida destas discrepancias, chegando á conclusión de que, por algunhas, non se tería que excluír tamén a posibilidade de tratarse de intervencións tardías por parte dos copistas, coa intención de harmonizar algunhas lectiones ás regras canónicas do xénero da cantiga de amor. - Simone Marcenaro, “Dalla tradizione alla storia e viceversa. Nuove ipotesi sull’ultimo periodo della lirica galego-portoghese”, pp. 219-236. O estudo quere indagar o último período da tradición poética da lírica galego-portuguesa para achegar a posibilidade dun coñecemento ininterrompido desta até o período do máis notorio interese documentado polo erudito Angelo Colocci, cando, no século XVI, se mandaron copiar os principais testemuños desta tradición. O autor analiza os elementos que concorren a delinear esta liña de coñecemento e de fruición sen pausas, dentro e fóra dos cancioneiros: notas de posesión, marginalia, interpolacións tardías, así como anteriores mencións a esta lírica. Chega á conclusión de que, no curso do século XV, a lírica galego-portuguesa seguía sendo apreciada e frecuentada e que, contrariamente do que se pensa, nunca houbo tempadas de desinterese ou descoñecemento até os traballos codicolóxicos do humanista de Jesi. - Isabella Proia, “ Dai trovatori galeghi alla lirica cortese castigliana: percorsi e modalità di una transizione”, pp. 237-259. Céntrase na fase de transición que, dende a experiencia lírica galego-portugués, levou á formación da lírica cortés castelá na segunda metade do século XIV. Explícase como, entre 1360 e 1425 aproximadamente, trobadores procedentes de diversos lugares da Península utilizaron unha especie de koiné lingüística, mesturando o galego co castelán. Tomando como terreo de observación principal o Cancioneiro de Baena onde se localizan os textos máis significativos da chamada “escola galego-castelá”, chégase á conclusión que, alén dos elementos métricos e lingüísticos, a cifra estilística máis destacábel destes autores reside na vontade de querer innovar a partir dunha aínda presente tradición lírica galega no seu oído e na súa pluma.

Page 7: XI. LITERATURA MEDIEVAL · 2019-06-23 · 1332 XI. LITERATURA MEDIEVAL. XI. 1. MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS. Arias Freixedo, Xosé Bieito (ed.), Per arte de foder.Cantigas de

1338

Divizia, Paolo e Elisa Pericoli (eds.), Il viaggio del testo. Atti del Convegno internazionale di Filologia italiana e romanza (Brno, 19-21 giugno 2014), Alessandria: Edizioni dell’Orso, 2017, 552 pp. (ISBN: 978-88-6274-771-4). Volume de actas que inclúe o seguinte artigo relacionado coa literatura galega medieval: - Manuel Negri, “E porque en todo Roma non era enton eigreja. Il dialogo con la tradizione della cantiga 309 delle Cantigas de Santa Maria”, pp. 347-358. Realízase un estudo da Cantiga de Santa María que conta os feitos que precederon á fundación da basílica de Santa María Maior en Roma, cando en agosto a neve caeu no lugar da súa futura edificación. Considerada a escasa difusión deste relato no ámbito dos milagres literarios, ofrece unha hipótese sobre a súa adaptación a partir da chegada á corte de Afonso X por parte dalgúns colaboradores do rei en contacto directo co ambiente italiano. Despois dunha análise comparativa coa tradición, propón o dominicano Bartolomeo da Trento e Bernardo de Brihuega como posíbeis intermediarios, este último recoñecido axudante do soberano. Miranda, José Carlos Ribeiro (ed.), En Doiro antr’o Porto e Gaia. Estudos de Literatura Medieval Ibérica, Porto: Estratégias Criativas, 2017, 1025 pp. (ISBN: 978-989-8459-34-3). Neste volume de estudos sobre literatura medieval do ámbito ibérico, inclúense os seguintes artigos relacionados coa literatura galega medieval: - Elvira Fidalgo Francisco, “Episodios de la vida de la Virgen en las Cantigas de Santa María”, pp. 425-438. Na Idade Media a vida da Virxe, perfecta en si, non circulaba como a dos outros santos, propostos como modelos de conduta. Aínda que a biografía de María non era obxecto de redacción, as súas calidades humanas acostumaban indicarse en calquera obra de temática mariana. Así, os momentos máis importantes da súa vida, rexistrábanse en textos de carácter non biográfico, como, por exemplo, nas coleccións de milagres a ela atribuídos. A autora propón aquí unha análise do corpus mariano alfonsí, coa finalidade de reconstruír os momentos da biografía da Virxe que se poden recoñecer a partir dos datos espallados polos textos. Ademais, investiga sobre se estas mostras poderían responder a unha posición dogmática determinada na mesma corte de Afonso X, patrocinador da obra. - Manuel Negri, “Ildefonsus y Bonus en las Cantigas de Santa María: una lectura paralela según las fuentes hipotéticas”, pp. 769-781. Nas Cantigas de Santa María, o tema da doazón dunha vestimenta celeste rexístrase nos milagres que teñen como protagonistas dous santos bispos: San Ildefonso de Toledo (Cantiga 2) e San Bonus de Clermont (Cantiga 66). A pesar da similitude destes dous relatos, as fontes que os alimentan mostran procedencias distintas, cunha interferencia que se puido producir na parte alta da tradición. O artigo presenta unha lectura e unha análise comparativa, por puntos, entre as fontes potencialmente coñecidas polo “escritorio” de Afonso e a Cantiga 66. Finalmente, chega á conclusión que, se ben resulta

Page 8: XI. LITERATURA MEDIEVAL · 2019-06-23 · 1332 XI. LITERATURA MEDIEVAL. XI. 1. MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS. Arias Freixedo, Xosé Bieito (ed.), Per arte de foder.Cantigas de

1339

difícil debuxar unha hipótese plenamente determinista canto á procedencia do relato, hai que reconsiderar a tradición no seu conxunto. Rucquoi, Adeline (ed.), Maria y Iacobus en los Caminos Jacobeos (Santiago de Compostela, 21-24 de octubre 2015). IX Congreso Internacional de Estudios Jacobeos, Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Turismo de Galicia, 2017, 523 pp. (ISBN: 978-84-453-5249-6). O volume acolle as intervencións do Congreso nas que se inclúe o seguinte artigo relacionado coa literatura galega medieval: - Elvira Fidalgo, “Milagros de Santa María en el camino de Santiago”, pp. 375-391. Propón un estudo sobre os centros de culto mariano que se atopan no camiño de Santiago, nos cales, segundo parece suxerir a presentación que Afonso X fai deles nas Cantigas de Santa María, os milagres que se obran fan que a peregrinación até Compostela sexa de todo innecesaria. Trata de explicar a animadversión que o rei castelán-leonés amosaba para Santiago de Compostela, ademais das razóns que o levaron a potenciar outros centros de peregrinaxe diferentes daquel de Galicia na súa obra lírica mariana.

Page 9: XI. LITERATURA MEDIEVAL · 2019-06-23 · 1332 XI. LITERATURA MEDIEVAL. XI. 1. MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS. Arias Freixedo, Xosé Bieito (ed.), Per arte de foder.Cantigas de

1340

XI. 4. PUBLICACIÓNS EN REVISTAS Arbor Aldea, Mariña, “Conservare criticamente è tanto quanto innovare, un’ipotesi. La edición de textos de edición única (desde la perspectiva gallego-portuguesa)”, Revista de Cancioneiros Impresos y Manuscritos, n.º 6, 2017, pp. 1-25. Repasa as achegas teóricas da crítica sobre a eventualidade da edición de textos transmitidos por un único manuscrito e afronta as dificultades que o filólogo pode encontrar cando traballa con este tipo de documentos na tradición lírica medieval galego-portuguesa. Despois dunha mostra desta casuística, propón algunhas posíbeis solucións a estes problemas, a través de exemplos de aplicación de criterios ecdóticos oscilantes entre a conservación das varias lectiones (cando necesario) e a intervención nas mesmas (corrección, mudanza de grafía etc.) en presenza de erros evidentes ou de claras banalizacións. Barberini, Fabio, “Cancioneiro da Ajuda: cantigas 180-183”, Verba, n.º 44, 2017, pp. 317-346. As cantigas A180-A182 están transmitidas só polo Cancioneiro da Ajuda, nun dos sete folios descubertos na Biblioteca Municipal de Évora. Os seus textos non coñecen unha atribución unívoca, tendo de feito unha dobre paternidade: Gonçal’ Eanes do Vinhal e Johan Perez d’Avoim. O artigo ofrece unha nova proposta textual de A180, dado que o texto se encontra, neste único testemuño, seriamente mutilado. Propón ademais unha nova hipótese atributiva a partir de consideracións de carácter métrico. De feito, segundo o autor, se os elementos lexicais e os matices retóricos non ofrecen unha axuda concreta para determinar a súa autoría, a escasa orixinalidade métrica permitiría atribuír esta cantiga a Johan Perez d’Avoim. Bernárdez Vilar, Xoan. “O Pergamiño Vindel”, Escrucillada. Revista Galega de Pensamento Cristián, n.º 204, setembro-outubro 2017, p. 92-105. Preséntase un percorrido pola historia máis contemporánea do Pergamiño Vindel dende o seu descubrimento en 1914 a mans dun anticuario en Madrid até a adquisición en 1977 por J. Pierpont Morgan Library & Museum, New York, onde aínda se atopa actualmente. Saliéntanse o gran número de estudos académicos sobre o contido do Pergamiño Vindel, así como da anotación musical das cantigas de Martín Codax que nel se atopan. Corral, Esther, “A morte en feminino na lírica galego-portuguesa: o pranto por Beatriz de Suabia”, Revista de Literatura Medieval, n.º 29, 2017, pp. 91-106. A morte real da dama no corpus da lírica trobadoresca non é un tema habitual. Pero da Ponte, un autor innovador e renovador da tradición poética, compón o único pranto feminino conservado na lírica galego-portuguesa: “Nosso Senhor Deus! Que prol vus ten ora”. O artigo propón un estudo deste lamento que deplora a morte de Beatriz de Suabia, desenvolvendo os seguintes aspectos: a contextualización da cantiga na tipoloxía elexíaca, o personaxe da raíña e a análise do texto. Chégase á conclusión de que a

Page 10: XI. LITERATURA MEDIEVAL · 2019-06-23 · 1332 XI. LITERATURA MEDIEVAL. XI. 1. MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS. Arias Freixedo, Xosé Bieito (ed.), Per arte de foder.Cantigas de

1341

arquitectura deste pranto segue o paradigma do planh occitano e, ademais, revela que a sombra de Alfonso X está presente na súa articulación. Fernández Guiadanes, Antonio, “Cando o ‘peso’ da investigación filolóxica se pode converter nun lastre (I): ‘que’ + mais vogal na lírica profana galego-portuguesa”, Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, n.º 20, 2017, pp. 21-40. Despois de lembrar os estabelecementos teóricos dos estudosos Oskar Nobiling e Celso Cunha sobre a oportunidade de resolver en hiato o encontro da última vogal da conxunción ou pronome que e a primeira do termo seguinte, o artigo parte da premisa de que o estudoso Manuel Ferreiro puxo de relevo que en moitas ocasións os editores non teñen en conta este precepto á hora de estabelecer o texto crítico, para propor novas hipóteses sobre o asunto. En particular, ofrécese unha revisión dalgunhas propostas de emenda realizadas polos investigadores co obxectivo de estabelecer de novo a isometría versal en casos en que os filólogos Carolina Michaëlis e Henry Lang (na edición do Cancioneiro da Ajuda e no cancioneiro do rei Don Denis, respectivamente) supoñían que o encontro entre vogais se resolvía mediante unha sinalefa. Fidalgo Francisco, Elvira, “Los animales de las ‘Cantigas de Santa Maria’. Una lectura en clave simbólica”, Revista de Literatura Medieval, n.º 29, 2017, pp. 107-127. Entre os milagres relatados nas Cantigas de Santa María aparece un amplo e variado abano de animais. Se a súa presenza podería estar xustificada simplemente por razóns ornamentais ou por necesidade de rima, propón unha lectura en clave simbólica destes seres, capaces de enriquecer os textos onde se atopan. A través desta nova aplicación, a autora amosa a posibilidade de chegar a comprender mellor a mensaxe que era captada polo público medieval. En particular, quere mostrar algúns exemplos de como un texto que relata unha anécdota poida transformarse nun verdadeiro exemplum cando se descodifique de maneira correcta o significado simbólico que acompañaba certos animais na Idade Media. Giuliani Barbosa Tavares, Vanessa, “As feiúras física e moral femininas em cantigas de escárnio e maldizer de Afonso X”, Desassossego, n.º 17, 2017, pp. 128-143. Despois dun repaso das principais achegas sobre a misoxinia medieval e a partir dunha lectura de tres cantigas de escarnio e de mal dizer da pluma do rei trobador Afonso X (“Joan Rodriguiz foi esmar a Balteira”, 18:21; “Non quer eu donzela fea”, 18:27; “Achei Sancha Anes encavalgada”, 18:1), analiza as descricións que definen as mulleres pola súa fealdade física e moral. Defende a tese de que a literatura satírica afonsina, baixo a súa veste lúdica, se configura como un discurso misóxino capaz non só de denunciar estes aspectos, mais ben de estabelecer un modelo moral e estético feminino para a sociedade medieval da Península. Alén diso, ofrece unha ocasión para reflexionar acerca da condición feminina e as imposicións estéticas sobre a muller que aínda están operativas na sociedade actual.

Page 11: XI. LITERATURA MEDIEVAL · 2019-06-23 · 1332 XI. LITERATURA MEDIEVAL. XI. 1. MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS. Arias Freixedo, Xosé Bieito (ed.), Per arte de foder.Cantigas de

1342

Monteagudo, Henrique, “O Pergamiño Vindel en Vigo”, Grial, n.º 216, “O rego da cultura”, outubro, novembro e decembro 2017, p. 10. Infórmase da inauguración da exposición O Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas no Museo do Mar de Vigo. Dáse conta de que o Pergamiño Vindel constitúe unha copia dos séculos XIII-XIV de sete cantigas do xograr Martín Codax e que contén ademais a notación musical de seis. Faise fincapé na relevancia da información musical que presenta a peza, aludindo a que os cancioneiros medievais da lírica galego-portuguesa non a conteñen. Anótase que o pergamiño foi descuberto en 1914 polo libreiro Pedro Vindel e despois foi comprado polo musicólogo Rafael Mitjans, até que rematou en 1977 na Morgan Library & Museum de Nova Iork. Por último, faise referencia a outras actividades que xiran arredor da exposición. Negri, Manuel, “Non-Protagonists Saints Mentioned in the Cantigas de Santa Maria: a View”, Aevum, 91/2, 2017, pp. 515-536. As Cantigas de Santa María inclúen varias referencias a santos da tradición católica. Aínda que algúns deles ocupan un papel activo nalgúns milagres, a maior parte dos nomes recollidos na obra mariana de Afonso X só pertence a un contexto extra-narrativo. A partir da definición destes últimos como “santos non protagonistas” e despois dun censo dos nomes presentes nas Cantigas marianas que poidan encaixar neste perfil, ofrécese un estudo completo dos contextos das súas evocacións xunto á variedade de funcións desenvolvidas a través da mención de cada santo: retórica, métrica, nomen auctoritatis, xuramento etc. _____, “La cantiga 343: un caso di indemoniato loquace”, Zeitschrift für romanische Philologie, 133/1, 2017, pp. 175-194. Analízase un caso de posesión demoníaca presentado na Cantiga de Santa María 343. Malia que a fonte directa sexa aínda descoñecida, propón unha contextualización do episodio no ámbito daqueles exemplos que relatan, sobre todo no século XIII, a revelación dos pecados por parte de indemoniados. Este estudo quere amosar as estritas relacións da Cantiga coa cultura do seu tempo, así como a capacidade afonsina de incorporar novos temas nunha estratexia de comunicación que busca tanto a ensinanza moral como a diversión cortesá. Pichel Gotérrez, Ricardo, “La Historia Troyana de Pedro I y su proyección en la Galicia atlantista”, La Corónica: A Journal of Medieval Hispanic Languages, Literatures, and Cultures, vol. 45(2), 2017, pp. 209-240. Realízase unha investigación sobre o contexto cultural que condicionou a xénese da Historia Troyana, promovida por Pedro I. Estúdase a transmisión que coñeceu a obra dende a corte sevillana do seu mecenas até a súa chegada a Galicia, onde foi restaurada e se lle completaron as lagoas textuais que sufría en galego. Así mesmo, tamén se analizan aspectos relacionados coa lexitimación e intencionalidade da obra, sen esquecer o valor testemuñal e simbólico que representou para os petristas galegos que a atesouraron.

Page 12: XI. LITERATURA MEDIEVAL · 2019-06-23 · 1332 XI. LITERATURA MEDIEVAL. XI. 1. MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS. Arias Freixedo, Xosé Bieito (ed.), Per arte de foder.Cantigas de

1343

Vázquez García, Tania, “Johan de Requeixo, xograr esquecido das terras de Asma”, Alicerces: revista de estudos sobre o Miño Medio, vol. 2, 2017, pp. 153-169. Preséntanse os datos biográficos de Johan de Requeixo, un xograr que foi pouco estudado. A continuación, analízanse temática e formalmente as cinco cantigas de amigo que se conservan da súa autoría no Cancioneiro da Biblioteca Nacional e no Cancioneiro da Vaticana. Todos os textos pertencen ao subxénero temático das cantigas de romaría, recoñecíbel polas mencións a un santuario que no corpus deste xograr será sempre a ermida do Faro, onde ten lugar o encontro amoroso dos protagonistas das composicións. Ventura, Joaquim, “El insulto literario entre trovadores y juglares como instrumento de defensa gremial. Su reflejo en la lírica medieval gallego-portuguesa”, Medievalia, n.º 20/1, 2017, pp. 61-86. O estudo, a través da análise de diferentes cantigas de escarnio e de tenzóns, ofrece unha lectura do cambio das relacións xerárquicas entre trobadores e xograres. Tomando en conta aqueles textos nos que os trobadores satirizaron os xograres en virtude dunha vetusta superioridade social e literaria, ofrece unhas mostras do cambio do modelo social que isto comportaba detrás. O autor propón a hipótese que, detrás dunha crítica aparentemente limitada ao ámbito literario e musical, se escondía un ataque por razón de clase social. En igual medida, tratando a sátira contra as soldadeiras, chega á hipótese de que esta era a consecuencia da envexa polo importante nivel económico alcanzado por estas mulleres.

Page 13: XI. LITERATURA MEDIEVAL · 2019-06-23 · 1332 XI. LITERATURA MEDIEVAL. XI. 1. MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS. Arias Freixedo, Xosé Bieito (ed.), Per arte de foder.Cantigas de

1344

XI. 5. PUBLICACIÓNS EN XORNAIS: ESTUDOS E RECENSIÓNS Iglesias Diéguez, Alfredo, “As conquistas dun duque”, La Opinión, “Saberes”, “Letras galegas”, 9 decembro 2017, p. 10. Indica que Crónicas de Jean Froissart. A conquista de Galiza e León (1386-87) (Toxosoutos, 2017) narra a campaña militar do duque de Lancaster en Galicia no marco da guerra dos 100 anos. Di que o texto, escrito entre 1366 e 1400 marca o renacemento da literatura cabaleiresca e sinala que agora cóntase cunha “erudita” edición en galego grazas ao labor de Paulo Nogueira. Méndez Ferrín, X. L., “En Lixboa sobre lo mar”, Faro de Vigo, “Opinión”, “Os camiños da vida”, 17 febreiro 2017, p. 24. Dáse conta da presentación da obra Cantigas medievais galego-portuguesas, que contén unha edición do corpus de cantigas profanas realizada pola profesora Graça Videira Lopes, tres Cantigas de Santa María, así como unha selección musical composta de melodías orixinais e contrafacta que estivo a cargo do musicólogo medievalista José Pedro Ferreira. _____, “Todas as cántigas”, Faro de Vigo, “el sábado”, n.º 1.008, p. 4/ La Opinión, “Saberes”, n.º 568, contracuberta, “No fondo dos espellos”, 25 febreiro 2017. Realízase unha comparación entre a obra Cantigas galego-portuguesas. Corpus integral profano, de Graça Videira Lopes, e Lírica profana galego-portuguesa, que estivo a cargo de Mercedes Brea. Ambas as propostas diferéncianse en que a segunda recupera as edicións anteriores, mentres que na primeira a autora é a responsábel da edición de todos os textos. Faise unha exhortación ao lector para que se achegue ao corpus profano galego-portugués e, para isto, alude a algúns temas e motivos destacados das cantigas máis célebres. _____, “Vestixios e pantasmas dos trobeiros mariños”, Faro de Vigo, “el sábado”, n.º 1.014, p. 4/ La Opinión, “Saberes”, n.º 574, contracuberta, “No fondo dos espellos”, 8 abril 2017. Preséntanse algúns dos topónimos que aparecen reiteradamente nalgunhas cantigas medievais galego-portuguesas e alúdese ao estado de conservación dos vestixios ou ao estado de conservación dalgunhas construcións. Ventura, Joaquim “Inventario de Cantigas”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 619, “Libros”, 23 marzo 2017, p. VI/ La Opinión, “Saberes”, n.º 572, “Letras galegas”, 25 marzo 2017, p. 10.

Page 14: XI. LITERATURA MEDIEVAL · 2019-06-23 · 1332 XI. LITERATURA MEDIEVAL. XI. 1. MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS. Arias Freixedo, Xosé Bieito (ed.), Per arte de foder.Cantigas de

1345

Destácase a importancia da publicación da obra Cantigas medievais galego-portuguesas, coordinada por Graça Videira Lopes, que compila a edición do corpus das cantigas medievais, seguindo o Acordo Ortográfico do portugués (1990). Ademais de incidir na accesibilidade da obra (atendendo ao prezo e á fragmentación en dous volumes), sinálase que é de interese o respecto que ofrece na ordenación dos textos en relación á que estes presentan nos manuscritos.

Page 15: XI. LITERATURA MEDIEVAL · 2019-06-23 · 1332 XI. LITERATURA MEDIEVAL. XI. 1. MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS. Arias Freixedo, Xosé Bieito (ed.), Per arte de foder.Cantigas de

1346

XI. 6. PUBLICACIÓNS EN XORNAIS: ARTIGOS DE OPINIÓN E COLABORACIÓNS FIXAS Alonso Montero, Xesús, “Da vida exemplar de Pedro Vindel”, La Voz de Galicia, “Opinión”, “Beatus qui legit”, 29 setembro 2017, p. 20. Co gallo da chegada do Pergamiño Vindel para ser exposto en Vigo, percorre a biografía do seu descubridor, o libreiro Pedro Vindel Álvarez, salientando sobre todo os seus primeiros anos e a súa formación de autodidacta. _____, “Pero, que é o pergamiño Vindel?”, La Voz de Galicia, “Cultura”, 10 outubro 2017, p. 33. Menciónase a importancia do Pergamiño Vindel e descríbense as súas características (formais, gráficas e temáticas), facendo alusión a que as cantigas que contén tamén se conservan nos apógrafos italianos. Así mesmo, menciónanse os sucesivos cambios de propietarios polos que pasou o manuscrito. _____, “Federico García Lorca, Galicia e o Pergamiño Vindel”, La Voz de Galicia, “Opinión”, “Beatus qui legit”, 10 novembro 2017, p. 17. Desvela a admiración e o interese que Federico García Lorca demostrou no ano 1932 cara ás cantigas de Martín Codax, cando, en Santiago de Compostela e segundo o testemuño de Francisco Fernández del Riego, o escritor recitou dúas pezas do seu cancioneiro. Amoedo Portela, Alejo e Cipriano Luis Jiménez Casas, “Santiago Tafall Abad, primeiro transcritor e divulgador das Cantigas de Martín Codax”, Faro de Vigo, “Sociedad”, 29 novembro 2017, p. 38. Faise un repaso polo estudo musicolóxico das cantigas de amigo de Martín Codax que presentou o profesor Manuel Pedro ferreira no simposio internacional “E irei madr a Vigo”. Indícase que a figura do trobador en Galicia foi divulgada polo músico vigués Teodosio Vesteiro e que o primeiro estudo musical se debe ao músico Santiago Tafall, do que se ofrece unha pequena biografía. Con respecto á transcrición musical de Tafall, indícase que opta pola paleográfica, un único intérprete e o acompañamento pianístico. Balado, Ramón G., “Catalina Vicens”, El Correo Gallego, “Santiago”, “Reseña musical”, 16 abril 2017, p. 20. Sinálase que Carolina Vicens interpretará na Igrexa da Universidade un repertorio que inclúe dende obras medievais até outras de compositores contemporáneos. Ademais, realízase unha recensión da súa biografía.

Page 16: XI. LITERATURA MEDIEVAL · 2019-06-23 · 1332 XI. LITERATURA MEDIEVAL. XI. 1. MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS. Arias Freixedo, Xosé Bieito (ed.), Per arte de foder.Cantigas de

1347

Bará, Milagros, “Paio Gómez Charino, la muerte de un poeta”, Diario de Pontevedra, “Pontevedra”, “Ciudad”, “Crónicas de Pontevedra...”, 25 xuño 2017, p. 14. Realízase unha recensión da biografía de Paio Gómez Charino [sic.], cuxo sepulcro se conserva na igrexa de San Francisco en Pontevedra. Finalmente, resúmese o seu asasinato a mans de Rui Pérez Tenorio, tomando como fonte de referencia a Crónica de Fernando IV. Finalmente, ofrécese unha relación das publicacións empregadas para a redacción deste artigo. Blas, Ceferino de, “Hay tiempo para rectificar un mal comienzo”, Faro de Vigo, “Vigo”, 16 agosto 2017, p. 7. Destácase a importancia da exposición do Pergamiño Vindel en Vigo e incídese en que a pesar de que Avelino Rodríguez Elías sinalara a importancia da compra do testemuño manuscrito no momento do seu descubrimento, este achado tivo moi pouca sona entre os galegos. _____, “Decenas de poetas en las Cíes”, Faro de Vigo, “Opinión”, 4 setembro 2017, pp. 12-13. Realízase un percorrido pola relación de poetas de distintas épocas coas Cíes e, entre eles, cítanse Martín Codax, Xohan de Cangas e Mendiño. _____, “El más universal de los vigueses”, Faro de Vigo, “Opinión”, 11 setembro 2017, pp. 12-13. Reflexiónase sobre os nomes das rúas, en especial sobre aquelas dedicadas a Martín Codax con motivo da celebración da exposición do Pergamiño Vindel en Vigo. _____, “Un nombre para la biblioteca”, Faro de Vigo, “Opinión”, 18 setembro 2017, p. 13. Faise mención a que a inauguración da biblioteca de Cangas pasou inadvertida polos problemas do momento. Con todo, reivindícase que debería ter un nome e, con motivo da visita do Pergamiño Vindel a Vigo, crese que sería apropiado “Xohán de Cangas”. _____, “El monumento incompleto”, Faro de Vigo, “Opinión”, 25 setembro 2017, pp. 12-13. Infórmase de que, a pesar de que non hai documentos que o acrediten, Martín Codax foi de Vigo. Así mesmo, realízase un repaso pola importancia que adquiriu o estudo de Martín Codax por parte de investigadores nos anos cincuenta e, en especial, por José María Álvarez Blázquez.

Page 17: XI. LITERATURA MEDIEVAL · 2019-06-23 · 1332 XI. LITERATURA MEDIEVAL. XI. 1. MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS. Arias Freixedo, Xosé Bieito (ed.), Per arte de foder.Cantigas de

1348

Bragado, Manuel, “A exposición do Vindel”, Faro de Vigo, “Vigo”, “Campo de Granada”, 10 xaneiro 2017, pp. 22-23. Destácase a importancia do Pergamiño Vindel e dáse conta de que Camiño Noia, en representación da Universidade de Vigo, foi a responsábel de xestionar a cesión temporal deste manuscrito co fin de celebrar unha exposición en Vigo que estaría inserida nun marco de actividades culturais. Con todo, indícase que existen problemas para pechar o acordo económico entre o concello e a Universidade que dificultan a organización. _____, “O Vindel a Vigo”, Faro de Vigo, “Vigo”, “Campo de Granada”, 7 marzo 2017, p. 8. Incídese en que a chegada do Pergamiño Vindel a Vigo supón un fito histórico, a pesar de que o concello se desvinculou da colaboración con esta actividade, posibelmente debido aos desacordos entre a entidade municipal e a Universidade polo futuro do Campus do Mar. _____, “Despois do Vindel”, Faro de Vigo, “Opinión”, “Campo de Granada”, 26 setembro 2017, pp. 26-27. Dáse conta da chegada do Pergamiño Vindel para a súa exposición en Vigo, despois das numerosas vicisitudes e múltiples acordos que a fixeron posíbel. Brea, Mercedes, “Patrón de las Españas”, El Correo Gallego, “Feminino Plural”, “Apóstol 2017”, 25 xullo 2017, p. 21. Destácase a importancia que tivo o padroado de Santiago durante varios séculos, incidindo na figuración de Santiago como pescador, tomando como referente o Liber Sancti Jacobi. Dise que a condición militar de Santiago procede de fontes historiográficas como a Historia Silense, tamén do século XII, e que no século seguinte se popularizaría a batalla de Clavijo. Cabana, Darío Xohán, “A maneira de proençal. Divagación occitana con Martín Codax ao fondo”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 641, “Martín Codax e o mar de Vigo”, 12 outubro 2017, p. VII. Reflexiona sobre as diferenzas entre a lírica occitana e a galego-portuguesa, sobre todo considerando as cantigas de amigo. Destaca ademais as particularidades destas últimas no panorama romance baseándose nos traballos daqueles estudosos que xa se ocuparon do tema, principalmente Xosé Luís Méndez Ferrín e Giuseppe Tavani. Freixanes, Víctor F., “A memoria dos Vindel”, La Voz de Galicia, “Opinión”, “Vento nas velas”, 15 outubro 2017, p. 12.

Page 18: XI. LITERATURA MEDIEVAL · 2019-06-23 · 1332 XI. LITERATURA MEDIEVAL. XI. 1. MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS. Arias Freixedo, Xosé Bieito (ed.), Per arte de foder.Cantigas de

1349

Dá conta da inauguración da exposición no Museo do Mar de Vigo con membros de tres xeracións Vindel. Aclara que a historia persoal de Pedro Vindel e a descuberta do manuscrito recollése en Historia de una librería (1945), dun dos seus fillos, Francisco Vindel Angulo, e tamén no filme El manuscrito Vindel (Linterna Producións, 2016), do que son guionistas, produtores e directores un fillo da neta Paloma, José Manuel Fernández-Jardón Vindel e tamén o fillo deste, Luis. Refire que “oxalá poidamos gozala”, en referencia á longametraxe, en Galicia e que “a presenza do pergamiño resulta emocionante, monumento do noso patrimonio histórico, lingüístico e literario, monumento do patrimonio da literatura universal, deberiamos dicir”. Remata salientando de Pedro Vindel que no Rastro madrileño “deprendeu as letras, e o amor pola cultura, que o converteu nun dos grandes libreiros da España do seu tempo” e que “a familia mantivo o oficio durante un par de xeracións” e o seu bisneto Ismael, hoxe en día, “continúa en parte coa tradición da bibliofilia”. Gestoso Álvarez, Maruxa, “Peneirando o cotián. O devir vital na xeira de Martín Codax”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 641, “Martín Codax e o mar de Vigo”, 12 outubro 2017, p. VIII. Reflexiona sobre a importancia do mar no desenvolvemento da poética de Martín Codax así como no cotián do Vigo medieval. González Tosar, Luís, “A proba de ratume”, La Voz de Galicia, “Cultura”, “Entre liñas”, 16 outubro 2017, p. 27. Co gallo da exposición “Pergamiño Vindel, un tesouro en sete cantigas” en Vigo e apoiándose nuns versos de Manuel Curros Enríquez reflexiona sobre este pergamiño atopado en 1914 por Pedro Vindel. Harguindey Banet, Henrique, “For Marilyn, alwaysʼ. Dende Vigo”, Faro de Vigo, “Sociedad”, 19 setembro 2017, p. 35. Indica que William Rueter, con motivo do falecemento da súa muller, publicou en 1997 unha obra para honrar a súa memoria na que editou as cantigas de amigo de Martín Codax. Iglesias Diéguez, Alfredo, “Tempo de Codax. Crónica do Vigo medieval”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 641, “Martín Codax e o mar de Vigo”, 12 outubro 2017, p. VI. Infórmase do posíbel escenario da terceira cantiga de Martín Codax. En concreto, preséntase un perfil histórico das igrexas medievais de Santa María de Vigo e Santiago de Vigo, despois dun repaso dos primeiros documentos que mencionan a vila no tempo do trobador. Jaureguizar, Santiago, “Martín Códax, antes que os Beach Boys”, Diario de Pontevedra, “Táboa Redonda”, 22 outubro 2017, p. 8.

Page 19: XI. LITERATURA MEDIEVAL · 2019-06-23 · 1332 XI. LITERATURA MEDIEVAL. XI. 1. MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS. Arias Freixedo, Xosé Bieito (ed.), Per arte de foder.Cantigas de

1350

Reflexiona sobre a oportunidade da chegada do Pergamiño Vindel a Galicia e cuestiona a oportunidade do investimento da exposición. Jiménez Casas, Cipriano Luis, “Chegada do pergamiño Vindel a Vigo (I)”, Faro de Vigo, “Sociedad”, 13 setembro 2017, p. 35. Dá conta da importancia que supón a exposición do Pergamiño Vindel en Vigo e informa dos actos realizados pola Asociación Cultural Pertenza de Vigo, colectivo ao que pertence. Tamén informa dunha conversa co Sr. Wieck na Fundación Morgan, na que se interesou pola posibilidade de que o pergamiño se expuxese en Vigo. ______, “Historia do pergamiño Vindel (II)”, Faro de Vigo, “Sociedad”, 14 setembro 2017, p. 39. Repasa as etapas que teñen que ver coa descuberta, as compravendas e a difusión do Pergamiño Vindel, despois de dar conta dos elementos biográficos máis relevantes do libreiro que o descubriu, Pedro Vindel. Subliña o momento no que, despois da súa descuberta, o exame do intelectual pontevedrés Victor Said Armesto fixo entender ao libreiro a trascendencia do seu achado para a lírica profana galego-portuguesa. _____, “Martín Códax cantor do mar de Vigo (e III)”, Faro de Vigo, “Sociedad”, 15 setembro 2017, p. 40. Fala da importancia de Martín Codax e realiza unha recensión das súas cantigas, sen esquecer precisar os elementos formais máis característicos, así como os datos básicos da transmisión manuscrita. _____, “As Cantigas de Martín Códax no eido internacional”, Faro de Vigo, “Sociedad”, 2 novembro 2017, p. 33. Ofréce unha mostra de exemplos da recepción internacional das cantigas de Martín Codax: na actividade investigadora e musical de Judith Cohen, nas traducións ao francés do profesor catedrático Henrique Harguindey Banet e nas publicacións de Deluy. A través das palabras deste último, destácase a singularidade das cantigas de amigo no panorama medieval romance. Lira Pousa, Lolín, “Santiago de Alén en Ribadavia”, La Región, “Provincia”, “Ribeiro, imágenes con historia”, 23 novembro 2017, p. 30. Recorda a exposición do Pergamiño Vindel que contén as sete cantigas de Martín Codax e a mostra de pezas do século XIII que a rodea no Museo do Mar de Vigo, despois de informar sobre a presenza da escultura da imaxe sedente de Santiago nesta última, orixinaria do primitivo templo de Santiago de Alén en Ribadavia.

Page 20: XI. LITERATURA MEDIEVAL · 2019-06-23 · 1332 XI. LITERATURA MEDIEVAL. XI. 1. MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS. Arias Freixedo, Xosé Bieito (ed.), Per arte de foder.Cantigas de

1351

Mato de la Iglesia, Salustiano, “O retorno á orixe”, Faro de Vigo, “Vigo”, 10 outubro 2017, p. 8. Explícase a importancia que supón a chegada a Vigo do Pergamiño Vindel e o compromiso da Universidade de Vigo coa exposición. Martín, Alejandro, “Martín vuelve a casa”, Atlántico Diario, “Vigo”, “Corresponsal en Vigo”, 4 marzo 2017, p. 13. Dáse conta de que o Pergamiño Vindel, que contén sete cantigas de Martín Codax con notación musical, volverá a Vigo para unha exposición. Apúntase que non se coñecen datos sobre a biografía de Martín Codax. Méndez Ferrín, X. L., “Ateísmo e paixón: o conto milenario de Trsitán e Iseu”, Faro de Vigo, “el sábado”, n.º 1.001, p. 4/ La Opinión, “Saberes”, n.º 561, “No fondo dos espellos”, contracuberta, 7 xaneiro 2017. Infórmase da importancia que adquiriu na historia da literatura o relato de Tristán e Isolda até o Romanticismo. Faise especial fincapé na viaxe que estes personaxes realizaron a Galicia no s. XIII, seguindo as rotas atlánticas que Mailoc emprendera nos “Lais de Bretaña”, aínda sen estudar dende o punto de vista da teoría comparada, como si o foron os alemáns. _____, “Dos nomes da Coruña”, Faro de Vigo, “el sábado”, n.º 1.007, p. 4/ La Opinión, “Saberes”, n.º 567, “No fondo dos espellos”, contracuberta, 18 febreiro 2017. Dáse conta dos distintos nomes que recibiu a cidade da Coruña ao longo da historia, indicando cales foron os acontecementos que motivaron as mudanzas. Para isto, tómase como referencia o artigo de Gonzalo Navaza “A orixe literaria do nome da Coruña” (Revista de Filoloxía, 2016). Navaza sinala que se constata o topónimo “Crunia” no Codex Calixtinus, pero pensa que pode ser unha deformación de “Carunia” e, de ser así, estariamos ante “Coria”, que pertenceu ao arcebispado de Compostela. _____, “Martín Codax de Vigo”, Faro de Vigo, “el sábado”, n.º 1.010, p. 4/ La Opinión, “Saberes”, n.º 570, “No fondo dos espellos”, contracuberta, 11 marzo 2017. Incídese na procedencia viguesa de Martín Codax e realízase un breve repaso por distintos intelectuais que se ocuparon do estudo da obra deste autor. _____, “Codax e os trobadores do mar”, Faro de Vigo, “el sábado”, n.º 1011, p. 4/ La Opinión, “Saberes”, n.º 571, “No fondo dos espellos”, contracuberta, 18 marzo 2017. Infórmase de que o erudito brasileiro Francisco Adolfo Varnhagen foi o que acuñou en 1870 a denominación “barcarolas” para todas as cantigas de temática marítima. Con todo, na maioría de textos líricos profanos galego-portugueses non aparecen barcas nin navíos.

Page 21: XI. LITERATURA MEDIEVAL · 2019-06-23 · 1332 XI. LITERATURA MEDIEVAL. XI. 1. MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS. Arias Freixedo, Xosé Bieito (ed.), Per arte de foder.Cantigas de

1352

Incídese en que foi tamén o primeiro en levar á imprenta as cantigas de Martín Codax, Meendinho e Nuno Treez. A continuación realízase un repaso pola obra de distintos xograres e trobadores que cantaron ao mar nas súas cantigas. _____, “Pela maior parte portugueses e gallegos”, Faro de Vigo, “el sábado”, n.º 1012, p. 4/ La Opinión, “Saberes”, n.º 572, “No fondo dos espellos”, contracuberta, 25 marzo 2017. Realízase unha recensión da biografía e das obras máis significativas de Francisco Adolpho de Varnhagen, un erudito brasileiro que foi de especial importancia para a cultura galega, xa que encontrou o Cancioneiro de Berkeley e realizou por primeira vez un comentario das cantigas de Martín Codax e doutros autores medievais no seu Cancioneirinho de trovas antigas, obra esquecida na actualidade e que merecería unha reedición facsimilar con motivo da exposición do Pergamiño Vindel. _____, “O misterio das ondas do mar de Vigo”, Faro de Vigo, “el sábado”, n.º 1013, p. 4/ La Opinión, “Saberes”, n.º 573, “No fondo dos espellos”, contracuberta, 1 abril 2017. Destácase a recorrencia do mar na literatura profana galego-portuguesa, a diferenza da lírica francesa e anglonormanda. Tamén se identifican os monstros mariños e as naves tráxicas na lenda de Tristán e Iseu, así como a presenza marítima na cantiga “Altas undas que venètz sur la mar” de Raimbaut de Vaqueiras. _____, “Falsificar a historia”, Faro de Vigo, “Opinión”, “Os camiños da vida”, 28 xullo 2017, p. 28. Asegura que o nacionalismo español manipula a Historia de Galicia. Desmitifica o mito da conservación dos restos do Apóstolo Santiago en Compostela e destaca que Afonso X dedica as súas cantigas a Santa María e non á figura do Apóstolo. _____, “Poeta en casa. Vesteiro Torres, Jakobson e Martín Codax”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 641, “Martín Codax e o mar de Vigo”, 12 outubro 2017, cuberta. Ofrécese unha mostra dos estudosos vinculados a Galicia que defenderon o valor poético de Martín Codax. Reflexiónase ademais sobre as figuras das súas composicións e sobre a unidade do seu “cancioneiro”, recordando a súa inclusión na antoloxía de Álvarez Blázquez e a atención que Ernesto Guerra de Cal lle dedicou nos seus estudos. Remátase coa recuperación da valoración crítica positiva que o lingüista Roman Jakobson fixo da quinta cantiga do trobador da ría de Vigo. Noia, Camiño, “E irei, madre a Vigo! Máis de sete séculos despois (I)”, Faro de Vigo, “Sociedad”, 16 setembro 2017, p. 45. Despois de informar do simposio internacional organizado co gallo da exposición do Pergamiño Vindel no Museo do Mar en Vigo, así como das etapas que levaron o

Page 22: XI. LITERATURA MEDIEVAL · 2019-06-23 · 1332 XI. LITERATURA MEDIEVAL. XI. 1. MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS. Arias Freixedo, Xosé Bieito (ed.), Per arte de foder.Cantigas de

1353

manuscrito a ser comprado pola Morgan Library de Nova York, a filóloga móstrase crítica cara á administración española daquel tempo. Sostén que, quizais por falta de capacidade de valorar este documento no contexto cultural galego e castelán, o estado non o quixo e non o soubo reter en Madrid. _____, “Primeiros cantos de amor das mulleres viguesas (II)”, Faro de Vigo, “Sociedad”, 17 setembro 2017, p. 38. Dubídase sobre se Martín Codax foi un home ou unha muller, pero en todo caso, parece que compuxo unhas cantigas semellantes ás que cantarían as mulleres de Vigo e que compoñen un ciclo temático. Precísanse os trazos formais básicos e realízase unha recensión dalgunhas das cantigas. _____, “Martín Codax, transmisor das cantigas populares (e III)”, Faro de Vigo, “Sociedad”, 18 setembro 2017, p. 18. Pecha unha serie de artigos realizando unha recensión da temática das catro cantigas que non foran comentadas anteriormente. Núñez, Carlos, “La escritura nació aquí al lado”, Faro de Vigo, “Opinión”, 24 xuño 2017, p. 26. Fala da orixe da escritura nos gravados dos petroglifos vigueses, para enlazar co uso político do Pergamiño Vindel e co paso do papel a novos sistemas, vistos como avance pero non como substitución do soporte papel. Otero, David, “Ler (esas miradas)”, Sermos Galiza, “Opinión”, 19 outubro 2017, p. 4. Reflexiona sobre o valor cultural do Pergamiño Vindel no contexto da exposición O Pergamiño Vindel: un tesouro en sete cantigas, a través dunha lectura das impresións do presidente da Xunta de Galicia e do conselleiro de Cultura e Educación que asistiron ao acto inaugural da mostra. Pato, Cristina, “O pergamiño”, La Voz de Galicia, “Opinión”, “A arte de inquedanza”, 20 outubro 2017, contracuberta. Co propósito de informar sobre a chegada do Pergamiño Vindel a Vigo e sobre o ciclo de conferencias preparadas pola ocasión, repasa brevemente as etapas do folio que contén as sete cantigas de Martín Codax, dende o seu descubrimento até a súa adquisición pola Morgan Library de Nova York. Pena, Xosé Ramón, “No retorno de Martín Codax”, Faro de Vigo, “Opinión”, “De bolina”, 11 marzo 2017, pp. 24-25.

Page 23: XI. LITERATURA MEDIEVAL · 2019-06-23 · 1332 XI. LITERATURA MEDIEVAL. XI. 1. MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS. Arias Freixedo, Xosé Bieito (ed.), Per arte de foder.Cantigas de

1354

Infórmase da chegada do Pergamiño Vindel a Galicia para unha exposición e resúmense algunhas achegas que os investigadores fixeron en relación co seu estudo. Así mesmo, reclámase para Vigo a condición de cidade cultural e para isto preséntase unha ampla nómina de autores vigueses que dan boa conta desta realidade. _____, “Martín Codax, 2017”, Faro de Vigo, “Opinión”, “De bolina”, 30 setembro 2017, pp. 26-27. Anúnciase a chegada do Pergamiño Vindel para a súa exposición en Vigo e con el numerosos investigadores. Así mesmo, faise unha defensa da oralidade e da escrita en galego, sen necesidade de velas como unha imposición idiomática. _____, “Crónica de cancioneiros. O Pergamiño Vindel e a tradición manuscrita”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 641, “Martín Codax e o mar de Vigo”, 12 outubro 2017, p. III. Propón un resumen da árbore xenealóxica dos testemuños da lírica galego-portuguesa, despois de ofrecer un repaso da súa tradición manuscrita no contexto da produción medieval europea. Finalmente, destaca a singularidade do Pergamiño Vindel en canto testemuño posuidor de notación musical. Pena Presas, Montse, “Eppur si muove! As mulleres nas cantigas de amigo”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 641, “Martín Codax e o mar de Vigo”, 12 outubro 2017, p. II. Repasa as teorías que dan á muller un papel máis destacado no proceso creativo das cantigas de amigo, informando tamén sobre as tipoloxías e as funcións dos personaxes femininos que actúan nelas. Reflexiona ademais sobre a importancia das cantigas para o estudo dos hábitos socias das mulleres medievais. A continuación, propón unha análise dos estados de ánimo da moza protagonista das cantigas de Martín Codax. Pérez, José María, ̒ Peridisʼ, “Cuando Dante escribía divinas comedias”, El País, “Ideas”, n.º 101, “En Portada”, 16 abril 2017, pp. 4-5. Destácase o florecemento literario e artístico que se produciu na Idade Media e ,entre a produción literaria románica, cítanse as Cantigas de Santa María. Piñeiro, Antonio, “Irei a Vigo...”, La Región, “Opinión”, “Ourensalia”, 12 outubro 2017, p. 37. Opina sobre o valor monumental e cultural do Pergamiño Vindel no ámbito da cultura galega do pasado e do presente. Destaca ademais a importancia da exposición no Museo do Mar para contextualizar mellor a época na cal se produciu o pergameo coas cantigas do trobador da ría de Vigo.

Page 24: XI. LITERATURA MEDIEVAL · 2019-06-23 · 1332 XI. LITERATURA MEDIEVAL. XI. 1. MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS. Arias Freixedo, Xosé Bieito (ed.), Per arte de foder.Cantigas de

1355

Porteiro, María Xosé, “Menos mal”, La Voz de Galicia, “Opinión”, “Habitación propia”, 29 decembro 2017, p. 15. Coa ocasión da estada do Pergamiño Vindel en Vigo, reflexiona sobre as relacións de Galicia con Portugal e a oportunidade que isto suporía para pensar unha estratexia común orientada á promoción de iniciativas políticas de carácter cultural e literario. Reboreda, Alberte, “A la igreja de Vigo. O románico en cas de Martín Codax”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 641, “Martín Codax e o mar de Vigo”, 12 outubro 2017, p. IV. Informa do posíbel escenario da terceira cantiga de Martín Codax, onde se menciona una igreja de Vig’, despois dun repaso entre os principais templos románicos olívicos do século XII. A este respecto, ofrece un perfil de Santa María de Vigo e de Santiago de Vigo como posíbeis igrexas ás cales fai alusión o trobador nos seus versos. Requeixo, Armando, “Teoría do palimpsesto”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 640, “Literatura insólita”, 5 outubro 2017, p. VII. Tomando como motivo a próxima exposición do Vindel en Vigo, manuscrito que foi empregado como forro dunha obra de Cicerón, realiza un breve achegamento aos palimpsestos, manuscritos cuxa escrita foi cancelada mediante lavado ou raspado para poder transcribir por enriba un segundo texto. Rodríguez González, Román, “Regreso de Martín Códax ao mar de Vigo”, Faro de Vigo, “Vigo”, 26 setembro 2017, p. 6. Dá conta da participación na inauguración da exposición do Pergamiño Vindel en Vigo. Destaca a importancia dese ben patrimonial, realizando referencias ao seu descubrimento, á conservación na Morgan Library, así como ao compromiso da Xunta coa exposición. Sánchez Bargiela, Rafael, “O Códice Calixtino e a Unesco”, La Voz de Galicia, “Opinión”, “Tribuna”, 3 novembro 2017, p. 13. Informa da entrada do Códice Calixtino no Rexistro da Memoria do Mundo da Unesco, por iniciativa do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago. Opina favorabelmente sobre o recoñecemento cultural que supón esta inscrición para unha obra literaria que amosa a percepción dunha común civilización europea xa a partir do punto de mirada dos peregrinos medievais. Valcárcel, Xulio, “Amores célebres: Hero e Leandro”, Diario de Arousa, “O Salnés Siradella”/ Diario de Ferrol, “Nordesía”, n.º 977/ El Ideal Gallego, “La Galería”, n.º 977, “páxina Literaria”, 2 abril 2017, p. 31.

Page 25: XI. LITERATURA MEDIEVAL · 2019-06-23 · 1332 XI. LITERATURA MEDIEVAL. XI. 1. MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS. Arias Freixedo, Xosé Bieito (ed.), Per arte de foder.Cantigas de

1356

Destácanse as relacións entre a lenda de Hero e Leandro e a cantiga de Mendiño, onde a namorada espera o seu namorado, a pesar de que parece que non chega ao lugar acordado. Indícase que esta incerteza non está presente na lenda grega de Leandro, xa que este personaxe se extravía e afoga. Vázquez-Monxardín, Afonso, “O Vindel e outras cousas”, La Región, “Opinión”, 3 outubro 2017, p. 31. Realízase unha xustificación de por que o Pergamiño Vindel é un símbolo para Galicia, incluíndo mencións á súa importancia e a outros documentos manuscritos de especial interese, como o pergamiño Sharrer, as Cantigas de Santa María ou o Cancioneiro de Afonso Paez, entre outros. Vidal Villaverde, Manuel, “Pergamiño de Vindel”, Atlántico Diario, “Vigo”, 8 outubro 2017, p. 13. Con motivo da exposición do Pergamiño Vindel en Vigo, repasa algúns dos autores homenaxeados no Día das Letras Galegas. Tamén se reproduce un poema de Luz Pozo Garza no que se menciona Vigo. Xil, Antón, “Este Pedro non madruga...”, Diario de Pontevedra, “Opinión&Análisis”, “Cousas de ningures”, 19 xaneiro 2017, p. 30. Realízase unha breve presentación de quen foi Pedro Madruga e explícase o seu alcume, xa que, segundo a lenda, nas súas rivalidades cos Sarmiento, unha mañá tan pronto como un dos Sarmiento se ergueu e sacou a cabeza por unha almea xa tiña ás portas a Pedro Madruga, de aí a frase “Pedro, moito madrugas”. Faise unha comparación deste personaxe con Pedro Sánchez e a complexa situación política na que se atopa.

Page 26: XI. LITERATURA MEDIEVAL · 2019-06-23 · 1332 XI. LITERATURA MEDIEVAL. XI. 1. MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS. Arias Freixedo, Xosé Bieito (ed.), Per arte de foder.Cantigas de

1357

XI. 7. PUBLICACIÓNS EN XORNAIS: ENTREVISTAS Baena, A., “Cristina Pato. ‘A idea é amosar como sonarían hoxe as cantigas coa diversidade musical galega”, Atlántico Diario, “Vigo”, “Entrevista”, 19 decembro 2017, p. 9. Entrevístase a artista Cristina Pato co gallo do Concerto da Universidade de Vigo pensado para acompañar a exposición do Pergamiño Vindel no período navideño. Fala sobre os artistas que ofrecerían novas interpretacións das cantigas de Martín Codax: Begoña Riobó, Anxo Pintos, Wöyza, Roberto Comeñasa, Ugia Pedreira, o Coro da Mariña e o grupo de música antiga Martin Códax. Conclúe falando do seu período de “formación” para familiarizarse co contexto cultural do pergamiño, grazas ás achegas de expertos. _____, “Ria Lemaire. ‘Puido ser un xoglar de calidade que recolleu cantigas das mulleres da súa terra”, Atlántico Diario, “Vigo”, “Entrevista”, 24 novembro 2017, p. 18. Conversa coa especialista en literatura medieval Ria Lemaire na que propón un perfil da muller medieval de clase privilexiada a través da lectura das cantigas. Despois de destacar o papel da muller no proceso creativo das composicións populares, reflexiona sobre a identidade do trobador Martín Codax até defender a tese de que se trata dun xograr cun gran repertorio, capaz de recoller nun segundo momento as cantigas que cantaban as mulleres da súa terra. _____, “Armando Martínez. ‘Es una réplica exacta con las ilustraciones en oro, pesa 8 kilos”, Atlántico Diario, “Vigo”, “Entrevista”, 25 outubro 2017, p. 12. Entrevístase o escultor vigués Armando Martínez, co motivo da cesión temporal dunha copia persoal do facsímile do Códice de Florencia das Cantigas de Santa María ao Museo do Mar de Vigo. O artista enumera algunhas das características máis destacábeis deste proxecto editorial saído do prelo no ano 1992 como, por exemplo, as miniaturas reproducidas con folla de ouro. Castro, R., “Carlos Callón. ʻA cuestión da homosexualidade está presente nos inicios do amor cortés”, Sermos Galiza, “fóradeserie”, 3 agosto 2017, pp. 4-5. Conversa co escritor e filólogo Carlos Callón coa ocasión da defensa da súa tese de doutoramento: As relacións sexoafectivas intermasculinas e interfemininas no trobadorismo galego. O autor destaca como, de todos os textos sobre lesbianismo que se localizan en Europa, máis da metade estarían escritos en galego-portugués. Propón ademais unha aclaración da cantiga “Dizia la bentalhada” de Pedro Eanes Solaz onde estaría representada unha relación lésbica, sempre e cando se volva recuperar o xénero feminino dos pronomes transmitidos polos manuscritos. García, Montse, “Carlos Núñez: ‘Coa orquestra do Pórtico descubrimos sons novidosos”, La Voz de Galicia, “Agenda”, “Para todos los públicos”, 22 novembro 2017, p. L11.

Page 27: XI. LITERATURA MEDIEVAL · 2019-06-23 · 1332 XI. LITERATURA MEDIEVAL. XI. 1. MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS. Arias Freixedo, Xosé Bieito (ed.), Per arte de foder.Cantigas de

1358

Fala da interpretación das sete cantigas de Martín Códax pola orquestra do Pórtico da Gloria no concerto realizado polo 30 aniversario da declaración do Camiño como primeiro itinerario cultural. Gómez, Joel, “José A. Souto Cabo: ‘Coñecemos o texto medieval con máis galeguismos por unha copia portuguesa”, La Voz de Galicia, “La Voz de Santiago”, “En primeira persoa”, 29 marzo 2017, contracuberta. O profesor José A. Souto que vén de publicar un estudo sobre a Crónica dos Ministros Gerais da Ordem dos Fraires Menores no volume colectivo Lingüística Histórica e Dialectoloxía indica que é unha tradución dunha crónica latina do século XIV atribuída a Arnaud de Sarrant e que se trata do texto medieval galego-portugués con maior número de galeguismos, que describe, ademais fala das distintas versións atopadas e do proceso de transcrición. Fuente, María Jesús, “Francisco Singul. ʻSi los americanos compraron hace 40 años el Vindel es porque lo valoraban”, La Voz de Galicia, “Cultura”, 8 outubro 2017, p. 34. O historiador Francisco Singul, comisario da exposición do Pergamiño Vindel no Museo do Mar, destaca o labor da universidade da cidade olívica para conseguir o Pergamiño e a importancia didáctica das obras que o acompañan na exposición. Remata a conversa insistindo sobre o valor internacional da lírica galega medieval e desvelando os proxectos pensados para dar a coñecer a figura de Martín Codax a un público máis amplo: a publicación dun libro-catálogo da exposición e a organización dun congreso internacional. Liste, Ana G., “Carlos Núñez: ‘Amo las cantigas de Martín Códax con toda mi alma”, Faro de Vigo, “Visado”, n.º 809, “Música”, 22 decembro 2017, p. 7. O gaiteiro Carlos Núñez fai balance do ano 2017 a nivel profesional, da acollida que tivo en EEUU e da gran oportunidade para os vigueses de poder ter o Pergamiño Vindel. Tamén apunta que no concerto da Catedral de Santiago puido interpretar as cantigas e que ten proposto un concerto así en Vigo. Mariño, A., “Cristina Pato. ʻHaremos con mucho amor algo único”, Faro de Vigo, “Sociedad”, 17 diciembre 2017, p. 44. Despois de informar sobre a exposición do Pergamiño Vindel no Museo do Mar, entrevístase a artista Cristina Pato coa ocasión do Concerto de Nadal da Universidade de Vigo, dedicado ao Pergamiño. Repasando as etapas da viaxe do manuscrito despois do seu descubrimento, a directora dá a coñecer os preparativos deste evento, pensado para ofrecer novas propostas de actuación de cada cantiga en varios estilos musicais. Mato, Mar, “Ria Lemare. ʻO discurso da historia da literatura é triste para as mulleres”,

Page 28: XI. LITERATURA MEDIEVAL · 2019-06-23 · 1332 XI. LITERATURA MEDIEVAL. XI. 1. MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS. Arias Freixedo, Xosé Bieito (ed.), Per arte de foder.Cantigas de

1359

Faro de Vigo, “Sociedad”, 29 novembro 2017, p. 38. A profesora de literatura portuguesa e brasileira da Universidade de Poitiers fala do seu primeiro encontro coas cantigas de Martín Codax ás que considera narrativas e da súa teoría de que son obra dunha muller. Tamén argumenta a hipótese de que non fose trobador e por último incide no silenciamento das voces femininas. Ocampo, Elena, “Pena. ʻMartín Códax fixo unha literatura de moi boa calidade con poucos medios”, Faro de Vigo, “Sociedad”, “Club Faro”, 3 outubro 2017, p. 42. Xosé Ramón Pena destaca a calidade das cantigas transmitidas polo Pergamiño Vindel, desvelando ademais a posibilidade de que estas tivesen varios compositores e ofrecendo, na charla O Pergamiño Vindel de Martin Códax chega a Vigo, un repaso de como se integra o pergameo na tradición escrita conservada. A continuación, o especialista ofrece un paralelo entre a lírica galego-portuguesa e a música pop-rock dos nosos días. Obelleiro, M., “Clara Pino. ̒ Vivir hoxe da música é unha carreira de obstáculos”, Sermos Galiza, “fóradeserie”, 27 abril 2017, pp. 4-5. Clara Pino sinala que decidiu gravar con Pablo Vidal un CD con nove pistas musicais e outras nove pistas de prosa poética. Entre os contidos encóntrase musicada a cantiga de Meendinho. Como docente de música decátase de que o alumnado descoñece a música galega. Penelas, Sandra, “Francisco Singul. ʻEl Vindel estará rodeado de obras de muy alta calidad; algunas viguesas y no muy conocidas”, Faro de Vigo, “Vigo”, 15 agosto 2017, p. 8. O comisario da exposición do Pergamiño Vindel, Francisco Singul, explica a procedencia e a función “paratextual” das pezas que irán acompañar as cantigas de Martín Codax no Museo do Mar de Vigo. Revela ademais a publicación dun libro-catálogo para divulgar tamén entre os non especialistas aspectos políticos, culturais e musicais da época na cal foi composto o Pergamiño. Pecha a entrevista con algunhas reflexións sobre a influencia de Martín Codax en poetas máis recentes, sobre o obradoiro de produción quizais rexio ou nobre do Vindel e acerca da hipótese de que a folla estivese nun mosteiro até a desamortización, para logo aparecer no Rastro de Madrid. Rodríguez, Miguel, “Gonzalo Navaza. ʻO nome da Coruña ten a súa orixe nunha referencia literaria do Códice Calixtino”, La Opinión, “A Coruña”, 6 abril 2017, p. 11. Nesta entrevista Gonzalo Navaza indica que o nome da Coruña foi imposto por Afonso IX, despois de tomalo do Códice Calixtino, onde aparece citada a Crunia como cidade da Gallaecia. Explica o devir do nome e os novos mitos que se sucederon coa finalidade de ocultar a relación de Carlomagno co nome da cidade.

Page 29: XI. LITERATURA MEDIEVAL · 2019-06-23 · 1332 XI. LITERATURA MEDIEVAL. XI. 1. MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS. Arias Freixedo, Xosé Bieito (ed.), Per arte de foder.Cantigas de

1360

Rodríguez, Xosé Manoel, “Cristina Pato. ‘O proxecto sobre o Pergamiño Vindel é unha viaxe no tempo”, La Voz de Galicia, “Cultura”, 14 decembro 2017, p. 40. Conversa coa gaiteira e pianista Cristina Pato sobre o proxecto musical O Pergamiño Vindel: unha viaxe musical, realizado e posto en escena coa colaboración de Nicholas Cords. Fala do encargo recibido pola Universidade de Vigo, da súa achega ás sete cantigas transmitidas polo manuscrito, así como da decisión de acercarse a elas con diferentes estilos musicais. R. S., “Alejo Amoedo. ‘El Vindel es la Piedra Roseta de la música popular antigua y creo que levanta pasiones”, Atlántico Diario, “Vigo”, “Entrevista”, 28 setembro 2017, p. 5. Alejo Amoedo, pianista e membro do colectivo Pertenza, destaca a utilidade do Pergamiño Vindel para acercarse á música popular antiga. Informa de que, se ben xa remataron as discusións acerca da lectura das notas e da melodía das cantigas de Martín Codax, o que si aínda pode producir controversia é a interpretación do ritmo das pezas, que algúns consideran en función das palabras. Suárez, R., “Cipriano Jiménez. ‘La Morgan dijo sí y fue como el premio Gordo”, Atlántico Diario, “Vigo”, “A volta de Martín Códax”, 29 setembro 2017, p. 3. Entrevístase a Cipriano Jiménez, membro da asociación cultural Pertenza, para falar dos seus encontros con Roger Wieck, xefe do departamento de manuscritos da Morgan Library, e con Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo, que permitiron o traslado temporal do Pergamiño Vindel para a súa exposición no Museo do Mar. _____, “Henrique Costas. ‘As cantigas son unha festa para nós. O malo é que teñan que marchar”, Atlántico Diario, “Vigo”, 27 setembro 2017, p. 2. Co gallo da chegada do Pergamiño Vindel a Vigo, entrevístase o director de Filoloxía Galega da Universidade da cidade olívica sobre o pergameo e a oportunidade que a exposición comporta para Galicia. O estudoso expresa a súa contrariedade cara á volta do pergameo a Nova York, declarando que se fose unha peza escrita en castelán quizais o estado mostraría máis interese en querela e podela mercar. A continuación, informa sobre as iniciativas do departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo para a difusión das cantigas de Martín Codax: unha tradución destas últimas a 53 idiomas, un simposium internacional e varias charlas. Varela, Lourdes, “Mariña Arbor. ‘O Pergamiño Vindel testemuña un período de normalidade para o galego”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 641, “Martín Codax e o mar de Vigo”, 12 outubro 2017, p. V. A especialista de literatura medieval Mariña Arbor renova a hipótese de que o Pergamiño Vindel, despois da súa copia, puido estar nunha biblioteca señorial, rexia ou próxima aos círculos cortesáns, para logo converterse en material de reciclaxe para encadernar un códice do De officiis de Cicerón. Repásanse as etapas que viron este manuscrito chegar a

Page 30: XI. LITERATURA MEDIEVAL · 2019-06-23 · 1332 XI. LITERATURA MEDIEVAL. XI. 1. MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS. Arias Freixedo, Xosé Bieito (ed.), Per arte de foder.Cantigas de

1361

Pierpont Morgan Library a partir do seu descubrimento por parte do libreiro Pedro Vindel. Na última parte, destácase o seu valor de testemuño cultural e lingüístico, como evidencia dun período no que o galego era a lingua poética incuestionábel da Península. _____, “Joaquim Ventura. ‘A liñaxe de María Balteira puido dar persoeiros salientables no século XIV”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 643, 26 outubro 2017, p. V/ La Opinión, “Saberes”, n.º 590, 28 outubro 2017, p. 11, “Entrevista”. Conversa co escritor e filólogo Joaquim Ventura sobre a figura da soldadeira María Balteira. Deféndese a hipótese de que a consideración negativa que os trobadores tiveron dela remonta a un acto de compra dunha bula para ter a condición de “cruzada”, ademais de propor novas hipóteses de lectura sobre as relacións co trobador Pero García D’Ambroa e sobre a posibilidade dunha súa fuxida a Córdoba onde puido coñecer este último. Renóvanse, na última parte, as cuestións problemáticas sobre a súa liñaxe.

Page 31: XI. LITERATURA MEDIEVAL · 2019-06-23 · 1332 XI. LITERATURA MEDIEVAL. XI. 1. MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS. Arias Freixedo, Xosé Bieito (ed.), Per arte de foder.Cantigas de

1362

XI. 8. PUBLICACIÓNS EN XORNAIS: NOTAS, PRESENTACIÓNS E ESCRITOS VARIOS A. B., “Desconocimiento general y valoración de los especialistas”, Atlántico Diario, “Vigo”, 22 xullo 2017, p. 3. Dáse conta do descoñecemento do Pergamiño Vindel entre os non especialistas a partir dunha enquisa cidadá promovida pola Universidade de Vigo. Infórmase polo tanto sobre a serie de actividades organizadas pola mesma institución (concertos, ciclos de cine e un simposio científico) para divulgar o coñecemento xeral sobre o manuscrito. Abascal, María, “Máis de 23.000 visitantes na mostra do Pergamiño Vindel”, El Correo Gallego, “Tendencias”, 23 decembro 2017, p. 39. Co motivo da presentación do catálogo da exposición Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas, informa sobre os 23.000 visitantes que acudiron á mostra nos primeiros dous meses, a través das palabras do conselleiro de Cultura Román Rodríguez e do reitor da Universidade de Vigo Salustiano Mato. AD, “O Vindel xa agarda no Museo do Mar o inicio da exposición”, La Región, “Sociedad”, 29 setembro 2017, p. 67. Infórmase da chegada do Pergamiño Vindel ao Museo do Mar de Vigo no ámbito do acto inaugural da mostra presenciada por Salustiano Mato (reitor da Universidade de Vigo), Román Rodríguez (Conselleiro de Cultura), Francisco Trujillo (conservador da Fundación Morgan), Francisco Singul (comisario da exposición) e Vicente Caramés (director do Museo do Mar). Despois de explicar as condicións de conservación do manuscrito que contén as cantigas de Martín Codax, sublíñase o valor histórico deste testemuño para a cultura galega. Baena, A., “El Pergamino Vindel aún sin confirmar en Vigo”, Atlántico Diario, “Vigo”, 7 xaneiro 2017, p. 9. Apúntase que non existe confirmación oficial sobre se o Pergamiño Vindel se expoñerá en Vigo a menos de dez meses da celebración da mostra que estaba prevista. _____, “Buscan nueva ubicación para exponer el Vindel”, Atlántico Diario, “Vigo”, 21 febreiro 2017, p. 10. Dáse conta de que se está buscando unha ubicación para a exposición do Pergamiño Vindel alternativa ao Museo de Arte Contemporánea de Vigo. Indícase que a recepción do manuscrito é o resultado dunha negociación entre a Universidade de Vigo e a Morgan Library, onde se conserva.

Page 32: XI. LITERATURA MEDIEVAL · 2019-06-23 · 1332 XI. LITERATURA MEDIEVAL. XI. 1. MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS. Arias Freixedo, Xosé Bieito (ed.), Per arte de foder.Cantigas de

1363

_____ “El Pergamino Vindel, más cerca de volver a casa arropado por 40 piezas relevantes”, Atlántico Diario, “Vigo”, 22 xullo 2017, p. 2. Faise eco da firma do convenio entre o reitor Salustiano Mato da Universidade de Vigo e Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, no contexto da cerimonia de presentación do Pergamiño Vindel no Museo do Mar. Alén de explicar a estrutura da exposición e de subliñar as palabras de admiración do director e do conselleiro para o resultado conseguido, destácase que o goberno galego vai asumir os gastos da exposición, así como do acondicionamento do espazo da mesma, do comisariado e da publicación do catálogo. _____, “O Vindel, o tesouro medieval asequible aos vigueses”, Atlántico Diario, “Vigo”, 11 outubro 2017, pp. 14-15. Recolle o acontecido na primeira visita realizada á mostra que arroupa o Pergamiño Vindel, describindo as negociacións e preparativos, o contido do pergameo e o acondicionamento realizado no Museo do Mar en Vigo para acoller este tesouro medieval. Tamén comenta que se celebrará un simposio e un ciclo de conferencias. Por último, reprodúcense as declaracións realizadas por Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo; Alberto Núñez Feijóo e Abel Caballero, que consideran un orgullo recibir este documento do que salientan a súa importancia como acta fundacional do galego. _____, “Los primeros encuentros con el Vindel”, Atlántico Diario, “Vigo”, 12 outubro 2017, p. 15. Realízase un balance do primeiro día da exposición O Pergamiño Vindel: un tesouro en sete cantigas, recollendo as impresións e as valoracións positivas dos primeiros visitantes que contemplaron en vivo o manuscrito coas pezas de Martín Codax. _____, “Ocho piezas viguesas acompañan al Vindel”, Atlántico Diario, “Vigo”, 25 outubro 2017, p. 12. Ofrécense os detalles xerais da exposición do Pergamiño Vindel en Vigo. Descríbense ademais algunhas das 54 pezas que contextualizan o documento medieval no Museo do Mar. Entre estas últimas, destaca a presenza dun facsímile limitado do Códice de Florencia das Cantigas de Santa María de Afonso X. _____, “Martin Codax, primeiro embaixador de Vigo”, Atlántico Diario, “Vigo”, 24 novembro 2017, p. 18. Informa das primeiras charlas do simposio E irei madr’ a Vigo dedicado ás cantigas do Pergamiño Vindel. Da conferencia do catedrático Vicenç Beltrán, destaca as relacións do trobador coa literatura da época nos elementos simbólicos e coa tradición oral da canción de muller. Comunícanse ademais os nomes dos outros estudosos que analizaron outros aspectos do pergameo (historia, música e sociedade medieval á que pertence): Mariña

Page 33: XI. LITERATURA MEDIEVAL · 2019-06-23 · 1332 XI. LITERATURA MEDIEVAL. XI. 1. MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS. Arias Freixedo, Xosé Bieito (ed.), Per arte de foder.Cantigas de

1364

Arbor, Manuel Pedro Ferreira, Antonio Resende de Oliveira, Yara Frateschi Vieira, Ria Lemaire e José Antonio Souto Cabo. Baena, Ana, “O pergamiño Vindel xa está no Museo do Mar de Vigo despois de 800 anos”, La Región, “Sociedad”, 11 outubro 2017, p. 65. Anúnciase a abertura da exposición do Pergamiño Vindel no Museo do Mar de Vigo aos primeiros 250 visitantes constituídos por editores, artistas, medievalistas, profesores universitarios, políticos e representantes das entidades colaboradoras coa mostra. Infórmase das características da sala da exposición e do percorrido circular onde o Vindel vai rodeado de esculturas, pinturas, documentos e instrumentos musicais. Na conclusión, recóllense as palabras do comisario da mostra, Francisco Singul, sobre as máis recentes hipóteses canto aos dous decoradores e aos copistas do Vindel. Blanco, Xabier R., “La vida de cine de un editor que alcanzó el arte de la perfección”, Atlántico Diario, “Sociedad”, 8 xaneiro 2017, pp. 44-45. Realízase unha breve recensión da vida de Manuel Moleiro, presidente da editorial que leva o seu nome. A continuación, explícanse cales son os criterios que segue na edición de libros iluminados, tales como seleccionar obras das que non existe réplica, nunca superar as 987 copias e non impoñer límites de presuposto para realizar o estudo. Blasco, A., “La joya que aviva el orgullo de una cultura”, Faro de Vigo, “Vigo”, 29 setembro 2017, p. 4. Coa ocasión da presentación da exposición do Pergamiño Vindel no Museo do Mar de Vigo, explícase brevemente o contexto lingüístico que veu nacer o pergameo, o valor do manuscrito en canto posuidor de notación musical e a ocasión da descuberta deste testemuño. Sobre estes aspectos, recóllense as declaracións de Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo, Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, e Vicente Caramés, director do Museo do Mar. _____, “El Vindel enciende el orgullo gallego”, Faro de Vigo, “Gran Vigo”, 11 outubro 2017, pp. 2-3. Fai eco da primeira exhibición pública do Pergamiño Vindel reservada a pouco máis de douscentos representantes da cultura e da política galega, e dos chamamentos á cidadanía a visitalo por parte de Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta, Abel Caballero, alcalde de Vigo, e Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo, todos subliñando o seu valor fundacional para a cultura galega. A continuación, dáse conta da ausencia do rei emérito Juan Carlos I á inauguración da mostra por problemas de axenda, destácanse algúns invitados presentes, e percórrense brevemente as etapas da viaxe do manuscrito despois do seu achado no 1914.

Page 34: XI. LITERATURA MEDIEVAL · 2019-06-23 · 1332 XI. LITERATURA MEDIEVAL. XI. 1. MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS. Arias Freixedo, Xosé Bieito (ed.), Per arte de foder.Cantigas de

1365

Blasco, A. e S. Penelas, “El ʻPergamino Vindelʼ regresa a Galicia”, La Opinión, “Sociedad, cultura & ocio”, 11 outubro 2017, p. 34. Co gallo da primeira exposición pública do Pergamiño Vindel no Museo do Mar de Vigo, reservada a pouco máis de 200 representantes culturais e políticos, recolle as declaracións do presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo sobre o Vindel como partida de nacemento da cultura galega, así como do reitor da Universidade de Vigo Salustiano Mato e do alcalde da cidade olívica Abel Caballero, ambos subliñando a importancia cultural, lingüística e social do pergameo para Galicia e os galegos. A continuación, ofrécese unha breve descrición das pezas máis significativas que acompañan a mostra. Canedo, Cibrán, “Cantigas nas Torres do Allo”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, “Invitado especial”, 27 agosto 2017, p. 31. Infórmase do concerto adicado ás cantigas de Martín Codax da man do compositor galego Xoán Curiel e a filóloga e cantante Iris Grey, no pazo das Torres do Allo en Zas. Carreira, R., “A cidade agarda por Martin Codax”, Atlántico Diario, “Vigo”, 25 setembro 2017, p. 5. Dáse conta da viaxe do Pergamiño Vindel dende Nova York até Vigo para ser exposto no Museo do Mar. Pola ocasión, repásanse brevemente o seu contido, a súa importancia para comprender a produción lírica medieval en canto posuidor de notación musical e a figura do trobador que as compuxo, Martín Codax. Infórmase ademais das medidas de seguridade que se tomaron para o seu desprazamento e a súa conservación, así como das actividades de divulgación previstas para completar a mostra. Carrera, Rosé, “O Vindel, testemuño do nacemento dunha lingua e de Vigo”, Atlántico Diario, “Vigo”, 8 outubro 2017, p. 12. Recolle a inauguración da mostra do Pergamiño Vindel, subliñando o valor do pergameo para a lingua galega e para a cidade de Vigo e ofrecendo informacións básicas sobre a exposición e a historia do manuscrito. Sublíñase o valor histórico da exposición a través das palabras de Víctor Freixanes (presidente da RAG), Manuel Bragado (director de Editorial Xerais), Francisco Castro (director de Galaxia). Rodrigo Romaní, director da Escola de Música Folk e Tradicional de Vigo onde se estudan as cantigas de Martín Codax, destaca o valor do Vindel como testemuño dunha tradición de música popular. Castro, R., “Regresa o tesouro de Martín Códax”, Sermos Galiza, “fóradeserie”, 18 maio 2017, pp. 2-3. Infórmase de que o Pergamiño Vindel regresa dende Nova York a Galicia para a exposición Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas. Realízase unha descrición do manuscrito e destácase que é un testemuño do s. XIII e o único que conserva cantigas de amigo musicadas.

Page 35: XI. LITERATURA MEDIEVAL · 2019-06-23 · 1332 XI. LITERATURA MEDIEVAL. XI. 1. MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS. Arias Freixedo, Xosé Bieito (ed.), Per arte de foder.Cantigas de

1366

D. G., “El pergamino Vindel regresa a Galicia y será expuesto en Vigo”, ABC, “Galicia”, 27 setembro 2017, p. 69. Comenta a chegada do Pergamiño Vindel a Vigo e as medidas extraordinarias tomadas para o traslado, como a participación dunha brigada especial da Policía Nacional. O conselleiro de Cultura Román Rodríguez explica que, por razóns de seguridade, non se poden dar datos concretos sobre a organización do transporte do pergameo, ademais de precisar que aínda non se tomou en consideración a posibilidade de reclamar o manuscrito para Galicia dado que a Morgan Library non manifestou a intención de vendelo. Roger Wieck, responsábel do manuscrito da Morgan, recorda como a descuberta do Vindel, un dos poucos manuscritos do século XIII sobrevivido con música, revolucionou os coñecementos sobre o mundo medieval. _____, “El retorno a Galicia de la ‘partida de nacimiento’ de su cultura”, ABC, “Galicia”, 11 outubro 2017, p. 69. Recolle a celebración da chegada a Vigo do Pergamiño Vindel por parte de A. Núñez Feijoo (presidente da Xunta de Galicia), Abel Caballero (alcalde de Vigo) e Salustiano Mato (reitor da Universidade de Vigo). ECG, “A presenza feminina na escrituraʼ nos textos medievais, a análise nun congreso”, El Correo Gallego, “Tendencias”, 2 febreiro 2017, p. 34. Infórmase da inauguración do congreso A presenza feminina na escritura. Voces de mulleres na Idade Media, na que interveu Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, que destacou que a literatura galega contemporánea está constituída sobre a figura de Rosalía de Castro, pero asentada nas cantigas de amigo medievais. _____, “Curso de verano no Ramón Piñeiro sobre Afonso X”, El Correo Gallego, “Tendencias”, 27 xuño 2017, p. 37. Apunta a realización do curso “Afonso X, o Sabio: cronista e protagonista do seu tempo” dentro da programación de verán da USC coa colaboración de Política Lingüística. _____, “Concierto final del curso sobre las cantigas”, El Correo Gallego, “Santiago”, 11 xullo 2017, p. 22. Indica que se celebrará un concerto para pechar o curso “As cantigas medievais galegas” no que se interpretarán as Cantigas de Santa María e cantigas de amigo. _____, “Agotadas en pocas horas las entradas para ver a Carlos Núñez”, El Correo Gallego, “Santiago”, 21 novembro 2017, p. 21.

Page 36: XI. LITERATURA MEDIEVAL · 2019-06-23 · 1332 XI. LITERATURA MEDIEVAL. XI. 1. MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS. Arias Freixedo, Xosé Bieito (ed.), Per arte de foder.Cantigas de

1367

Comenta a presenza da música do Códice Calixtino e das varias interpretacións da música das cantigas medievais galego-portuguesas no concerto de Carlos Núñez na Catedral compostelá, celebrado o 22 de novembro coa participación do músico Jordi Savall e do seu grupo Hespèrion XXI. _____, “Travesías por las ‘Ondas do mar de Vigo’ para difundir el legado de Martín Códax”, El Correo Gallego, “Tendencias”, 22 outubro 2017, p. 41. Co obxectivo de difundir o legado das cantigas de Martín Codax e como complemento á mostra Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas, infórmase sobre un ciclo de travesías marítimas polo sitios agora situados na enclave que inspirou os versos ao trobador: San Simón, o estreito da ponte de Rande, o Museo Meirande e a illa de San Antón. Fuente, María Jesús, “El pergamino Vindel se expondrá en octubre en el Museo do Mar de Vigo”, La Voz de Galicia, “Cultura”, 4 marzo 2017, p. 37. Infórmase de que o Pergamiño Vindel se expoñerá no Museo do Mar de Vigo, ao mesmo tempo que se realizan actividades paralelas que están relacionadas con este documento. _____, “O pergamiño Vindel xa ve a luz de Galicia xunto ás ‘ondas do mar de Vigo”, La Voz de Galicia, “Cultura”, 29 setembro 2017, p. 37. Describe o acto de presentación do Pergamiño Vindel en Vigo onde se expoñerá até 2018 e acolle as declaracións do reitor da Universidade de Vigo, do conselleiro de Cultura e do concelleiro Carlos López Font. Comenta a construción dun minimuseo para acoller a obra de Martín Codax. _____, “El pergamino Vindel muestra en Vigo ‘a partida de nacemento do idioma galego”, La Voz de Galicia, “Cultura”, 11 outubro 2017, p. 38. Coa ocasión da primeira exposición pública do Pergamiño Vindel, ofrécese unha descrición das cincuenta pezas artísticas e documentais que rodean o manuscrito no Museo do Mar de Vigo. Entre as de orixe medieval, destácanse as reproducións das Sete Partidas de Afonso X. A continuación, descríbense as sete partes que forman a mostra. García, M., “Más de 60 expertos analizan la presencia femenina en la escritura de la Edad Media”, La Voz de Galicia, “La Voz de Santiago”, “Agenda”, “Para todos los públicos”, 2 febreiro 2017, p. L10. Dáse conta da inauguración do congreso internacional A presenza feminina na escritura. Voces de mulleres na Idade Media, no que participan máis de sesenta especialistas.

Page 37: XI. LITERATURA MEDIEVAL · 2019-06-23 · 1332 XI. LITERATURA MEDIEVAL. XI. 1. MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS. Arias Freixedo, Xosé Bieito (ed.), Per arte de foder.Cantigas de

1368

García, Montse, “Unhas xornadas poñen en valor a presenza feminina na escritura medieval”, La Voz de Galicia, “Cultura”, 4 febreiro 2017, p. 38. Infórmase da clausura do congreso A presenza feminina na escritura. Voces de mulleres na Idade Media, organizado polo proxecto “Voces de mujeres en la Edad Media Románica: realidad y ficción”, no que participaron máis de sesenta investigadores coa finalidade de combater o descoñecemento do verdadeiro papel feminino na Idade Media, tanto na literatura como na historia, na arte ou na filosofía. _____, “Los archivos de la Catedral, la USC y el Gaiás tendrán hoy día de puertas abiertas”, La Voz de Galicia, “La Voz de Santiago”, “Agenda”, “Para todos los públicos”, 9 xuño 2017, p. L11. Destácase que, con motivo do Día Internacional dos Arquivos, se celebrará unha xornada de portas abertas no arquivo da Catedral e no Histórico Universitario. Apúntase que, ademais das visitas previstas, se realizarán exposicións dalgunhas obras dos seus fondos, como, por exemplo, o Códice Calixtino, que se conserva no arquivo catedralicio. ______, “Tenía ilusión por despedirme del curso con un libro dedicado a los alumnos”, La Voz de Galicia, “La Voz de Santiago”, “En primera persona”, 9 agosto 2017, contracuberta. Indica, con motivo do acto de presentación, que no traballo La música en Santiago de Compostela. A. D. 1175. El alborear de la Edad Media José López-Calo estuda o Códice Calixtino dirixíndose ao alumnado do curso de Música e recollendo datos que non achegaba en estudos anteriores. Recolle as opinións sobre o autor dos distintos persoeiros que o acompañaron. Gimeno, Maite, “El pergamino original con las cantigas de Martin Codax vuelve al mar de Vigo”, El Correo Gallego, “Tendencias”, 4 marzo 2017, p. 40. Faise eco do acto presidido polo reitor da Universidade de Vigo e polo conselleiro de Cultura, no que se anuncia a exposición do Pergamiño Vindel no Museo do Mar, ao mesmo tempo que se realizan actividades paralelas. Destácase a importancia do testemuño manuscrito e dáse conta de que se descoñece a contía que suporá esta iniciativa. _____ “La biblioteca Morgan entrega hoy el Pergamino Vindel al rector de Vigo”, El Correo Gallego, “Tendencias”, 22 setembro 2017, p. 35. Comenta a entrega, en Nova York, do Pergamiño Vindel a Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo. Indica que ao acto, culminado na firma do convenio de cesión temporánea do documento, acudiron tamén Román Rodríguez, conselleiro da cultura, Colin B. Baley, director do Morgan&Library Museum, e Roger Wieck, responsábel do departamento de manuscritos desta última institución. Dá conta de que a inauguración da mostra en Vigo contará coa presenza do rei emérito Juan Carlos I.

Page 38: XI. LITERATURA MEDIEVAL · 2019-06-23 · 1332 XI. LITERATURA MEDIEVAL. XI. 1. MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS. Arias Freixedo, Xosé Bieito (ed.), Per arte de foder.Cantigas de

1369

_____ “El Pergamino Vindel, el lunes de vuelta a Vigo desde Nueva York”, El Correo Gallego, “Tendencias. Ciencia. Cultura. Ocio”, 23 setembro 2017, p. 37. Fai eco da viaxe do Pergamiño Vindel dende a Morgan Library de Nova York até o Museo do Mar de Vigo e do acto da cesión do manuscrito na mesma institución estadounidense, presenciado por Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo, e Román Rodríguez, conselleiro de Cultura. _____ “Mato recibe el Pergamino Vindel en el Museo del Mar”, El Correo Gallego, “Tendencias”, 27 setembro 2017, p. 34. Dáse conta da chegada a Vigo do Pergamiño Vindel e de como Salustiano Mato, reitor da Universidade da cidade olívica, o recibiu no Museo do Mar para que sexa exposto temporalmente. A continuación, infórmase das medidas para a súa conservación impostas pola Morgan Library de Nova York. _____ “El Pergamino Vindel, mimado en una sala con luz y humedad especial”, El Correo Gallego, “Tendencias. Ciencia. Cultura. Ocio”, 29 setembro 2017, p. 42. Informa sobre as medidas especiais que se tomaron para a conservación do Pergamiño Vindel no Museo do Mar de Vigo, así como os gastos invertidos e a presenza do técnico conservador da Morgan Library Frank Trujillo durante os sete meses de exposición. Recolle ademais as palabras de Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, sobre o desexo de facer máis accesíbel o pergamiño a través da mesma mostra. _____ “Feijóo llama a ver el Pergamino Vindel por ser una ‘bocanada de autoestima”, El Correo Gallego, “Tendencias. Ciencia. Cultura. Ocio”, 11 outubro 2017, p. 39. Recolle as impresións do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, sobre o Pergamiño Vindel, en ocasión da súa primeira exposición pública reservada a pouco máis de 200 representantes da cultura e da política galega. O presidente realiza un chamamento aos galegos para que acudan a ver este manuscrito que define de máxima importancia histórica e literaria para Galicia. A continuación, descríbense as partes máis salientábeis da mostra. Gómez, Joel, “María José García Blanco. ʻLa distinción de la Unesco le da al Códice Calixtino dimensión universal”, La Voz de Galicia, “La Voz de Santiago”, “En primera persona”, 17 decembro 2017, contracuberta. Co gallo da reedición do Libro V do Códice Calixtino ao coidado de María José García Blanco da USC, recolle as palabras da estudosa sobre a dimensión universal da obra e sobre os problemas editoriais que se manifestaron, debidos ás diversas incongruencias toponímicas detectábeis no manuscrito. Na última parte, fornece máis información sobre a estrutura da publicación da obra que define como unha verdadeira guía do peregrino medieval.

Page 39: XI. LITERATURA MEDIEVAL · 2019-06-23 · 1332 XI. LITERATURA MEDIEVAL. XI. 1. MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS. Arias Freixedo, Xosé Bieito (ed.), Per arte de foder.Cantigas de

1370

González Vaccarello, Aida, “El Círculo de las Artes custodia en su biblioteca singulares obras históricas”, El Progreso, “Lugo”, 23 agosto 2017, p. 6. Dáse conta de que, na recén inaugurada biblioteca do Círculo das Artes de Lugo, entre os máis de 11.000 volumes, hai unha copia facsimilar das Cantigas de Santa María de Afonso X. Apúntase que se trata dunha edición limitada e firmada ante notario. J.M, “Sesión de ‘Cantar de cego’ na capital de Bergantiños”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 29 outubro 2017, p. 35. Faise eco da realización dun Cantar de cego en Bergantiños, promovido pola Universidade de Vigo nos actos de conmemoración da chegada do Pergamiño Vindel. Jiménez, Irene, “Culturgal celebra o seu X aniversario con cifras de récord”, El Correo Gallego, “Tendencias”, 21 novembro 2017, p. 36. Destaca a presenza de varias actividades relacionadas co Pergamiño Vindel no marco do décimo aniversario do Culturgal, a través das palabras do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo. Leis, Iván, “Cultura difunde el pergamino Vindel con propuestas musicales y gastronómicas”, Faro de Vigo, “Redondela”, “Área Metropolitana”, 4 novembro 2017, p.13. Informa sobre as actividades gastronómicas e culturais organizadas pola Consellería de Cultura á marxe da exposición no Museo do Mar de Vigo do Pergamiño Vindel. No museo vigués, destacan unha actividade de cociña medieval e talleres de música con instrumentos medievais. Indica que unha terceira actividade realizada por Mekané Didáctica en Redondela, está pensada para que varios alumnos aprendan caligrafía gótica. Lemos, Ana, “El Pergamino Vindel de Martín Códax viajará de Nueva York a Vigo en octubre”, Diario de Pontevedra, “Pontevedra”, “Ciudad”, 22 xullo 2017, p. 9. Faise eco da chegada do Pergamiño Vindel a Vigo, comunicada nun acto na Praza da Reitoría da cidade olívica. Repásanse brevemente as etapas da descuberta e da conservación do pergameo e ofrece datos básicos sobre a súa materialidade. López, Rafa, “Antón Costa aboga por un nuevo contrato social”, Faro de Vigo, “estela”, n.º 794, “Club Faro”, “Resumen 2017”, 31 decembro 2017, p. 31. Entre outras actividades referidas ao Club FARO en 2017, cita a participación do escritor Pedro Feijoo nas conferencias-coloquio, unha mesa redonda sobre o Pergamiño Vindel e outra dedicada a Carlos Casares, con motivo do Día das Letras Galegas.

Page 40: XI. LITERATURA MEDIEVAL · 2019-06-23 · 1332 XI. LITERATURA MEDIEVAL. XI. 1. MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS. Arias Freixedo, Xosé Bieito (ed.), Per arte de foder.Cantigas de

1371

M. M., “La Memoria del mundo”, Faro de Vigo, “Sociedad”, “Tesoros documentales de España”,12 novembro 2017, p. 39. En conversa co arquiveiro da catedral de Santiago percorre os documentos de Santiago de Compostela, coma o Códice Calixtino, e outros españois, que foron recoñecidos como Patrimonio da Humanidade pola Unesco e inseridos no Rexistro da Memoria da Unesco. M. N., “Universidade e Xunta ultiman a exposición do Vindel en Vigo”, Atlántico Diario, “Vigo”, 19 xullo 2017, p. 10. Sinálase que o Pergamiño Vindel se exhibirá no Museo do Mar de Vigo. Indícase que, de forma paralela a esta mostra, se celebrarán distintos eventos académicos pendentes de concretar. Márquez, Alejandra, “Galicia acollerá a primeira mostra do ʻPergamiño Vindel”, El Correo Gallego, “Tendencias”, 22 xullo 2017, p. 35. Informa do acordo de colaboración para organizar as actividades derivadas da chegada do Pergamiño Vindel por parte da Universidade de Vigo e a Consellería de Cultura. A continuación, ofrécense algúns datos básicos sobre a exposición no Museo do Mar. Mato, Mar, “La Unesco incluye el ‘Códice Calixtino’ en el Registro de la memoria del Mundo”, La Opinión, “Sociedad, cultura & ocio”, 1 novembro 2017, p. 32. Dáse conta da inclusión do Códice Calixtino e das súas copias no Rexistro da Memoria do Mundo da Unesco, xunto a outros dez documentos españois. Salienta que este resultado, conseguido grazas á iniciativa da Xunta de Galicia, do Consello Xacobeo e da Subdirección Xeral dos Arquivos Estatais do Ministerio de Educación, supón unha mellora das medidas de conservación e das iniciativas para facer a obra máis accesíbel. _____, “La Unesco incluye el Códice Calixtino en el Registro de la memoria del Mundo”, Faro de Vigo, “Sociedad”, 1 novembro 2017, p. 40. Salienta a inclusión do Códice Calixtino e das súas copias no Rexistro da Memoria do Mundo da Unesco, xunto a outros dez documentos españois, co obxectivo de mellorar a súa conservación e a súa accesibilidade. A continuación, a través das palabras de Nava Castro, directora de Turismo, repásanse as etapas que portaron o Liber Sancti Iacobi a obter esta distinción, a partir do pleno do Consello Xacobeo do 2015.

_____, “Los tesoros de una joya de la Unesco”, La Opinión, “sociedad, cultura y ocio”, p. 35. /Faro de Vigo, “Sociedad”, p. 38, 12 novembro 2017,

Page 41: XI. LITERATURA MEDIEVAL · 2019-06-23 · 1332 XI. LITERATURA MEDIEVAL. XI. 1. MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS. Arias Freixedo, Xosé Bieito (ed.), Per arte de foder.Cantigas de

1372

Recolle a explicación, coa axuda do arquiveiro da Catedral de Santiago, Francisco Buide, dos símbolos que os peregrinos levan cara a Santiago: o bastón, a cuncha e a cabaza. Refírese ao Códice Calixtino como un tipo de guía para entender estes símbolos.

_____, “Concerto inolvidable na Catedral de Carlos Núñez, Dulce Pontes e a Orquestra do Pórtico da Gloria”, Faro de Vigo, “Tv/Espectáculos”, 23 novembro 2017, p. 59. Destaca a presenza das cantigas de Martín Codax e doutras pezas do Liber Sancti Iacobi no programa do concerto celebrado na Catedral de Santiago de Compostela co gallo dos 30 anos do Camiño de Santiago como primeiro itinerario cultural. Resalta a actuación de Dulce Pontes, de Xiradela e de Carlos Núñez de todo o repertorio do trobador de Vigo. _____, “Las curiosidades del Pergamino Vindel”, Faro de Vigo, “Sociedad”, 24 novembro 2017, p. 34. Informa sobre a conferencia da profesora Mariña Arbor Aldea intitulada “A historia do Pergamiño Vindel” na primeira xornada do simposio internacional E irei madr’ a vigo. A través das informacións dadas a coñecer pola estudosa, recompila as vicisitudes que portaron o libreiro Pedro Vindel á descuberta do pergamiño que leva o seu nome, así como as pasaxes de mans e compravendas ás cales foi sometido. _____, “O espírito musical de Códax”, Faro de Vigo, “Sociedad”, 20 decembro 2017, p. 37. Ofrece unha reportaxe do Concerto de Nadal da Universidade de Vigo dedicado ás cantigas de Martín Codax transmitidas polo Pergamiño Vindel, ao coidado da gaiteira Cristina Pato. Ademais de informar sobre as interpretacións das pezas do trobador de Vigo pola man de máis de medio centenar de músicos, destaca as achegas dos profesores da Universidade de Vigo Camino Noia e Bieito Arias Freixedo durante o concerto para explicar a importancia das cantigas medievais, o seu significado e o labor feminino na súa creación. A este respecto, subliña a hipótese de Camino Noia que ve na fonte destas pezas cancións de mulleres novas que as inventaron e cantaron no tempo de lecer ou traballo. Méndez, O., “El Vindel ilumina la ría de Vigo”, Faro de Vigo, “Sociedad”, 12 outubro 2017, p. 37. Recolle as impresións e opinións dalgúns primeiros visitantes da exposición Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas, no Museo do Mar de Vigo. Montero, Tamara, “A metade dos textos lésbicos da Europa medieval son en galego”, La Voz de Galicia, “Cultura”, 27 xullo 2017, p. 35.

Page 42: XI. LITERATURA MEDIEVAL · 2019-06-23 · 1332 XI. LITERATURA MEDIEVAL. XI. 1. MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS. Arias Freixedo, Xosé Bieito (ed.), Per arte de foder.Cantigas de

1373

Co motivo da defensa da tese de doutoramento de Carlos Callón, ofrécese unha mostra das lecturas do filólogo e escritor sobre algunhas cantigas que mostrarían exemplos de relacións lésbicas ou homosexuais. Destácase o exemplo dunha cantiga de Pero Eanes Solaz, onde os editores mudarían os pronomes nos manuscritos para agochar o seu carácter lésbico. Mosteiro, Marga, “El Códice Calixtino, ‘unha radiografía das raíces de Europa”, La Voz de Galicia, “Cultura”, 4 novembro 2017, p. 38. Informa sobre a celebración, na sala capitular da Catedral de Santiago, da inclusión do Códice Calixtino no Rexistro da Memoria do Mundo da Unesco. Subliña as palabras do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, quen fala dos numerosos recoñecementos do patrimonio artístico galego e a intervención do arcebispo Julián Barrio sobre o valor relixioso da obra. Navarro, Pedro e Á. P., “Un programa de conciertos y cine para acercar el Pergamino Vindel a los gallegos”, La Voz de Galicia, “Cultura”, 22 xullo 2017, p. 42. Dáse conta do acordo asinado entre a Universidade de Vigo e a Xunta no que se comprometen a colaborar nas actividades que se desenvolverán de forma paralela á exposición do Pergamiño Vindel. Así mesmo, infórmase de que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, sinalou o seu interese de que a Real Academia se mude a esta cidade. Ocampo, Elena, “Llega a Vigo el pergamino Vindel, hito de la lírica gallego portuguesa”, Faro de Vigo, “Estela”, n.º 794, “Sociedad”, “Resumen 2017”, 31 decembro 2017, p. 26. Describe o percorrido realizado polo Pergamiño Vindel dende a Morgan Library neoiorquina para a exposición no Museo do Mar de Vigo. Salienta a importancia deste documento como única mostra encontrada da canción profana galaico portuguesa. Comenta as negociacións que se realizaron para poder traelo, a realización do filme Pergamino Vindel e a grabación até o de agora de máis de 70 discos musicados destas cantigas. Penelas, Sandra, “La Universidad garantiza la presencia del ʻVindelʼ pero no confirma que vaya al Marco”, Faro de Vigo, “Vigo”, 4 xaneiro 2017, p. 7. Confírmase a exposición do Pergamiño Vindel en Vigo, pero indícase que se dubida do lugar no que se desenvolverá a mostra, aínda que o vicerreitor de Relacións Internacionais, Manuel Fernández, insiste en que estará ben acondicionado. Así mesmo, confía en que se celebre un simposio internacional de investigadores en lírica medieval e libros manuscritos. _____, “Vigo aspira a ser ʻcapital de la cultura gallegaʼ con la arribada del ʻVindelʼ al Museo del Mar”, Faro de Vigo, “Vigo”, 4 marzo 2017, p. 7.

Page 43: XI. LITERATURA MEDIEVAL · 2019-06-23 · 1332 XI. LITERATURA MEDIEVAL. XI. 1. MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS. Arias Freixedo, Xosé Bieito (ed.), Per arte de foder.Cantigas de

1374

Dáse conta do acto no que o reitor da Universidade de Vigo e o conselleiro de Cultura anunciaron que o Pergamiño Vindel se expoñería no Alcabre. Infórmase dos participantes no acto e de que non se fixo público o presuposto preciso para a mostra. Así mesmo, sinálase a importancia deste testemuño. _____, “El Vindel reivindicará desde Vigo el patrimonio histórico de Galicia y ʻlas culturas del mundo”, Faro de Vigo, “Vigo”, 22 xullo 2017, p. 4. Sinálase que o reitor vigués e o conselleiro Román Rodríguez asinaron un convenio que permitirá que o Pergamiño Vindel chegue a Galicia, onde será exhibido rodeado de case medio centenar de pezas dos séculos XII ao XIV. De forma paralela a esta mostra celebraranse actividades culturais que permitan coñecer a cultura medieval aos visitantes. Así mesmo, resúmense as intervencións dos participantes neste acto. _____, “Una joya cultural custodiada por las Cíes”, Faro de Vigo, “Vigo”, 11 outubro 2017, pp. 4-5. Ofrece un percorrido da exposición O Pergamiño Vindel: un tesouro en sete cantigas. Entre as máis de cincuenta pezas da mostra procedentes de museos, bibliotecas, igrexas e coleccións privadas, destácase un bifolio coas Sete Partidas de Afonso X e unha edición facsimilar do Códice de Florencia das Cantigas de Santa María. Entre as curiosidades expostas, menciónanse o volume no que Pedro Vindel recolleu a subasta do pergamiño, un exemplar do sec. XIV do mesmo libro de Cicerón onde se encontraron as cantigas de Martín Codax e un facsímile do Vindel que mostra o seu estado no 1914. Penelas, S., “El hallazgo del pergamino, una historia de película”, Faro de Vigo, “Vigo”, 4 xaneiro 2017, p. 7. Anúnciase a elaboración dunha longametraxe sobre a historia de Pedro Vindel realizada polos seus descendentes. Preséntase unha breve nota biográfica sobre o libreiro que encontrou o Pergamiño Vindel e dáse conta das sucesivas vendas que sufriu o manuscrito até chegar á Morgan Library en 1977. Penelas, S. e R. Garrido, “Diferencias entre Universidad y Concello dejan en el aire la muestra del ʻVindelʼ en el Marco, Faro de Vigo, “Vigo”, 3 xaneiro 2017, p. 7. Dáse conta das discrepancias económicas entre o Concello de Vigo e a Universidade que poderían obrigar a buscar outra localización para a exposición do Pergamiño Vindel ou incluso a suspender a mostra. Reboyras, Arturo, “Proyectan reforzar la seguridad y la habitabilidad en la cámara del Códice”, El Correo Gallego, “Santiago & Compostela”, 4 novembro 2017, p. 19. Recóllese a declaración de Francisco Javier Buide del Real, arquiveiro da Biblioteca Capitular da Catedral de Santiago de Compostela, sobre as melloras previstas para a

Page 44: XI. LITERATURA MEDIEVAL · 2019-06-23 · 1332 XI. LITERATURA MEDIEVAL. XI. 1. MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS. Arias Freixedo, Xosé Bieito (ed.), Per arte de foder.Cantigas de

1375

protección e a conservación do Códice Calixtino, segundo o novo Plan Director da Basílica. A continuación, infórmase sobre a intención de ofrecer unha nova edición facsimilar do códice para facelo máis accesíbel, evitando así problemas de deterioro. Rey, L., “Carlos Núñez tocará réplicas medievales”, Atlántico Diario, “Verano”, 13 xullo 2017, p. 15. Presenta a xira de concertos de Carlos Núñez pola provincia de Ourense, nos que se busca poñer en valor os instrumentos do Pórtico do Paraíso. Indica que, para isto, o artista empregará réplicas dos instrumentos medievais que están esculpidos na catedral ourensá. Rodríguez, Manuel, “Respaldo mundial al Códice Calixtino como memoria de toda la humanidad”, El Correo Gallego, “Santiago”, “Santiago capital”, 14 novembro 2017, p. 22. Faise eco da noticia de inclusión do Codex Calixtinus no Rexistro de Memoria do Mundo da Unesco e do aumento de protección e accesibilidade que isto comporta para o manuscrito. Infórmase ademais sobre a paternidade da iniciativa que levou ademais á protección especial de todas as copias existentes do manuscrito compostelán. Finalmente, ofrécense varios exemplos das estratexias de difusión do seu contido dadas a coñecer durante o acto oficial celebrado na Catedral de Santiago, como, por exemplo, a produción de copias dixitais e catálogos en rede. R. L., “Cultura programa cine medieval arredor do ‘Pergamiño Vindel”, El Progreso, “Vivir”, “Cultura”, 22 novembro 2017, p. 64. Informa da programación de tres ciclos de cine con motivo do Pergamiño Vindel: “VindeCine. O tempo de Martín Códax a través do audiovisual”, que se enganden ás numerosas actividades culturais. R. S., “O Pergamiño Vindel viaxará a Vigo sete séculos despois”, Atlántico Diario, “Vigo”, 4 marzo 2017, p. 3. Faise eco do acto público que se celebrou no Campus de Vigo co fin de anunciar o regreso do Pergamiño Vindel a Vigo. Destácase a importancia deste manuscrito para a cultura, danse datos sobre a súa descuberta e sobre as complicacións que tivo a xestión para encontrar un lugar propicio para a exposición. _____, “O Pergamiño Vindel regresa a Vigo sete séculos despois”, La Región, “Sociedad”, 4 marzo 2017, p. 61. Dáse conta do acto presidido polo reitor da Universidade de Vigo e polo conselleiro de Cultura no que se destacou a importancia da exposición do Pergamiño Vindel no museo do Mar. Así mesmo, infórmase das negociacións e xestións precisas para que a mostra se puidese facer realidade.

Page 45: XI. LITERATURA MEDIEVAL · 2019-06-23 · 1332 XI. LITERATURA MEDIEVAL. XI. 1. MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS. Arias Freixedo, Xosé Bieito (ed.), Per arte de foder.Cantigas de

1376

R., Silvia, “El ̒ Pergamino Vindelʼ, joya de la poesía medieval, regresa a España”, El País, “Cultura”, 24 setembro 2017, p. 42. Faise eco da entrega do Pergamiño Vindel nas mans de Salustiano Mato (reitor da Universidade de Vigo) para a súa exposición no Museo do Mar da cidade olívica onde chegará despois dun traxecto aéreo especial dende Madrid e dun traslado até Vigo por estrada. A continuación, recapitúlanse as etapas da negociación que permitiu o traslado, así como as do descubrimento e da valoración do manuscrito. Sabajanes, Paula, “Martín Codax en el país del tango”, La Voz de Galicia, “El mundo a los cuatro vientos”, 11 setembro 2017, contracuberta. Infórmase de que uns alumnos da Universidade de Tres de Febreiro de Bos Aires, guiados polo especialista no Pórtico da Gloria Cristian Raoult, están a construír os instrumentos medievais esculpidos polo Mestre Mateo. Indícase que a súa construción ten tamén a finalidade de poder tocar as cantigas de Martín Codax xunto con pezas da tradición americana. _____, “‘Ondas’ que unen Vigo y Buenos Aires”, La Voz de Galicia, “Cultura”, 22 outubro 2017, p. 33. Co gallo do concerto polo Día do Respecto á Diversidade celebrado no Congreso de la Nación Argentina en Bos Aires, dáse conta da actuación que a Orquestra de Instrumentos Autóctonos reservou ás cantigas de Martín Codax, utilizando, entre outros instrumentos, un organistrum reconstruído a partir da súa figuración no Pórtico da Gloria. A continuación, transmítense as palabras do director da orquestra Alejandro Iglesias sobre a reorquestración das cantigas do trobador de Vigo a través dunha réplica dos instrumentos figurados polo Mestre Mateo. Salgado, Fernando, “Achegas de Héitor Picallo á exposición do Pergamino Vindel”, Diario de Pontevedra, “Diario de Caldas”, “Vivir en Caldas”, 22 novembro 2017, p. 3. Recorda a exposición do Pergamiño Vindel que contén as sete cantigas de Martín Codax e a mostra de pezas do século XIII que a rodea no Museo do Mar de Vigo, despois de informar tamén sobre a presenza dunha augatinta do artista de Cuntis Héitor Picallo que representa o Cristo Salvador procedente do parteluz da igrexa de Santiago de Vigo. Sequeiro, Natalia, “De Polonia a Galicia para darle voz a las cantigas”, ABC, “El pulso del planeta”, 16 outubro 2017, contracuberta. Percorre a formación da soprano Paulina Ceremuzynska, interprete da música dos pergamiños Vindel e Sharrer, que conteñen as producións de Martín Codax e Don Dinis. A continuación, recolle algunhas reflexións da entrevistada sobre o valor musical das pezas e sobre a técnica do contrafactum para a recuperación dalgunhas melodías.

Page 46: XI. LITERATURA MEDIEVAL · 2019-06-23 · 1332 XI. LITERATURA MEDIEVAL. XI. 1. MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS. Arias Freixedo, Xosé Bieito (ed.), Per arte de foder.Cantigas de

1377

_____, “El pergamino que devolvió la melodía a las cantigas profanas se expone en Vigo”, ABC, “Galicia”, 11 outubro 2017, p. 68. Percorre a historia do Pergamiño Vindel: o seu descubrimento, as posteriores adquisicións, a actual propiedade, o caso de documentos similares a el etc. Suárez, R., “Un despacho en Areal, becas para universitarios y actos por el Vindel”, Atlántico Diario, “Vigo”, 24 marzo 2017, p. 5. Dáse conta de que o desacordo entre a Universidade de Vigo e o Concello obrigou o reitor a negociar coa Xunta, que aceptou expoñer o Pergamiño Vindel no Museo do Mar _____, “La Morgan dice que les ʻtocó el corazónʼ que Vigo pida el Vindel”, Atlántico Diario, “Vigo”, 22 setembro 2017, p. 6. Informa sobre a inminente entrega do Pergamiño Vindel, na sala North Parlor da Morgan Library de Nova York, ao reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, ao conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e aos consoles de España e Portugal. Destácase, a través das palabras do xefe do departamento de manuscritos da institución estadounidense, que a decisión de consentir a cesión temporal do manuscrito foi posíbel por Vigo superar os requisitos necesarios para a súa custodia. A continuación, repásanse as etapas básicas do descubrimento e das compravendas do Vindel. _____, “El rector recibió al Pergamino Vindel, que llegó escoltado al Museo do Mar”, Atlántico Diario, “Vigo”, 27 setembro 2017, p. 2. Faise eco da chegada do Pergamiño Vindel ao Museo do Mar, entre excepcionais medidas de seguridade. Indícase que o conselleiro de Cultura Román Rodríguez, que presencia o evento, descarta a posibilidade de que a Morgan Library queira vendelo a Galicia. _____, “O Vindel estará nunha urna do Museo do Mar e móstrase o 10 de outubro”, Atlántico Diario, “Vigo”, “A volta de Martín Códax”, 29 setembro 2017, p. 2. Coa ocasión da cerimonia inaugural da mostra do Pergamiño Vindel no Museo do Mar de Vigo, a través das palabras do conselleiro da Cultura Román Rodríguez, subliñase o valor histórico e cultural no ámbito da cultura galega do s. XIII. Toledo, Mar, “A mostra do Códice Calixtino amosa lendas do Pico Sacro”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 26 marzo 2017, p. 31. Dáse conta de que o Centro de Interpretación do Pico Sacro en Boqueixón acolleu a presentación dunha exposición de carácter permanente sobre a presenza do Pico Sacro no

Page 47: XI. LITERATURA MEDIEVAL · 2019-06-23 · 1332 XI. LITERATURA MEDIEVAL. XI. 1. MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS. Arias Freixedo, Xosé Bieito (ed.), Per arte de foder.Cantigas de

1378

Códice Calixtino. Apúntase que a mostra conta con catorce reproducións de páxinas desta obra traducidas ao castelán e ao galego. Torna, Cilia, “O Reino de Galiza nas crónicas europeas”, Sermos Galiza, “fóra de serie”, 24 agosto 2017, pp. 2-3. Percorre a documentación medieval europea na que se recolle a existencia do reino de Galiza. Así repasa as fontes europeas, francas, anglosaxonas e vaticanas, entre os séculos VII e XV que confirman a consideración de Galiza e España como realidades diferentes, xa sinalada por Manuel Murguía. Menciona o mapa inglés de Henrique de Mainz, a cartografía de Lambert de Saint Omer incluída no Liber Floridus ou o mapa de alemán Hugo San Victor; ademais da Crónica Albedense, a Vita Ludovici, entre outras fontes. Unamuno, P., “Las joyas bibliográficas del editor M. Moleiro”, El Mundo, “Cultura”, 9 abril 2017, p. 32. Sinálase que até o día quince de maio se poderá visitar na sala Picasso do Círculo de Belas Artes de Madrid a exposición que reúne corenta dos traballos do editor M. Moleiro, entre os que se atopa o Pergamiño Vindel.

Page 48: XI. LITERATURA MEDIEVAL · 2019-06-23 · 1332 XI. LITERATURA MEDIEVAL. XI. 1. MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS. Arias Freixedo, Xosé Bieito (ed.), Per arte de foder.Cantigas de

1379