Xabaril

3
Imos contar dos animais: O xabaril Feito por: Isabel,Laura,David e Alex.

description

Traballo de investigación

Transcript of Xabaril

Page 1: Xabaril

Imos contar

dos

animais: O xabaril

Feito por:

Isabel,Laura,David e Alex.

Page 2: Xabaril

O Porco bravo é moi abundante actualmente en Galicia.

Non é un mamífero fluvial, pero as súas pegadas, e os seus vorcallón ,

indican que visita os ríos con frecuencia.

Mide entre 1,10 y 1,80 de lonxitude cun peso entre 50 e 185 kg. En

altura en cruz ten un metro. En Foramontaos ( Ourense) colleuse un

de 210 quilos. O peso medio é de 90 kg. nos machos, e 60 kg. nas

femias.

O corpo é robusto, co pescozo curto. A cola é de tamaño medio, cun

penacho no cabo. Ten unha cabeza relativamente grande, triangular,

cun longo fociño. Ollos pequenos e orellas relativamente grandes.

A pelaxe, máis longa e densa no inverno, é áspera, con presenza de

sedas moi fortes, e de cor parda escura.

Ten moitos inimigos, dende o home ata o lobo que se atreve con estes

mamíferos. De tódolos xeitos vai en aumento xa que lobos cada vez hai

menos, e monte sen traballar cada vez hai máis. Loxicamente os

incendios non lle gustan.

Aliméntase de todo, pero o que máis lle gustan son os vexetais da

estación, así na primavera consume plantas herbáceas, landras ,

raiceiras, insectos, ovos, etc.

As paradas nupciais son moi espectaculares, tanto na loita dos machos

pola posesión da femia, como unha vez conseguida, a delicadeza do

xabaril coa femia e a submisión desta na parada sexual.

http://www.google.es/search?hl=gl&site=imghp&tbm=isch&source=hp&biw=1366&bih=593&q=d

e+

un+jabali&oq=de+un+jabali&gs_l=img.3...1676.7413.0.8165.0.0.0.0.0.0.0.0..0.0...0.0...1ac.1.5.img

.-oaTK1pBkgE

Imaxes sacadas de Google.

Page 3: Xabaril