Edebe...o xabaril; e aves como o estorniño, o paporrubio, o gabián, a perdiz, o merlo ou o rateiro...

17
rodeira

Transcript of Edebe...o xabaril; e aves como o estorniño, o paporrubio, o gabián, a perdiz, o merlo ou o rateiro...

Page 1: Edebe...o xabaril; e aves como o estorniño, o paporrubio, o gabián, a perdiz, o merlo ou o rateiro común. 2.2. A paisaxe de maquis e garriga Nas rexións de clima mediterráneo

rodeira

������ ���������� �� ���������� ����

������ �� ���������

LA_CIENSOC_1ESO_B1_GAL_49290.indd 1 11/03/11 11:39

Page 2: Edebe...o xabaril; e aves como o estorniño, o paporrubio, o gabián, a perdiz, o merlo ou o rateiro común. 2.2. A paisaxe de maquis e garriga Nas rexións de clima mediterráneo

108 Unidade 6

Os medios temperados

6

CONTIDOS

1. Os medios temperados frescos

2. Os medios temperados cálidos

3. As paisaxes de Europa

4. As paisaxes de España

5. Outras paisaxes peninsulares

6. As paisaxes de Galicia

AMPLÍA E DESCUBRE

Arquitectura tradicional

Page 3: Edebe...o xabaril; e aves como o estorniño, o paporrubio, o gabián, a perdiz, o merlo ou o rateiro común. 2.2. A paisaxe de maquis e garriga Nas rexións de clima mediterráneo

RESPONDE� Observa a fotografía, que amosa unha paisaxe de

Centroeuropa, onde predomina o bosque mixto, e

responde estas preguntas.

— En que zona climática do planeta se atopa?

— Como é o clima desta zona centroeuropea?

— Describe os tipos de vexetación que aparecen na

fotografía e relaciónaos coas características cli-

máticas.

Coñecemento e interacción co mundo físico

• Establecer relacións xeográficas entre relevo, augas, clima e

paisaxe, e coñecer os problemas que xorden por mor da in-

tervención humana.

• Localizar os principais tipos de paisaxe temperada nun

mapa e identificalos a partir dunha imaxe.

Comunicación lingüística

• Valorar a utilidade da lectura para a busca de información.

• Describir paisaxes con corrección e co vocabulario ade -

cuado.

Aprender a aprender

• Resumir a información nun esquema.

COMPETENCIAS BÁSICAS

Hai bisontes en Europa?Nun dos últimos bosques virxes de Europa, entre os Estados

de Polonia e Bielorrusia, existe unha reserva natural de máis

de 10 500 hectáreas chamada Bialowieza, na que o animal

protagonista e mascota é o bisonte europeo, especie protexi-

da por estar en perigo de extinción.

O bisonte europeo vive en bosques mixtos ou de folla caduca

e adoita ir en grupos duns vinte individuos. Aliméntase de fo-

llas, herbas, cortiza e pólas tenras, e os freixos e outras árbores

caducifolias propias dos climas oceánico e continental consti-

túen as súas árbores preferidas.

Ademais dos bisontes, o bosque de Bialowieza conta coa pre-

senza de cervos, alces, xabarís, raposos, osos pardos, lobos e

linces.

109Os medios temperados

Bisontes europeos no Bosque de Bialowieza (Polonia/Bielorrusia).

Page 4: Edebe...o xabaril; e aves como o estorniño, o paporrubio, o gabián, a perdiz, o merlo ou o rateiro común. 2.2. A paisaxe de maquis e garriga Nas rexións de clima mediterráneo

1.1. O bosque caducifolioO bosque caducifolio atópase nas zonas temperadas húmi-

das, como as de clima oceánico, ou nas franxas de clima

continental húmido, ao sur dos bosques de taiga.

Dominan as árbores de folla caduca ou caducifolias*, que

perden as súas follas no outono, como os carballos, as faias

ou os castiñeiros.

A fauna é rica e variada. Existen grandes herbívoros* como

o cervo ou o xabaril, ou pequenos como a toupa, depreda-

dores como o lobo ou o porco teixo e aves como o bufo.

1.2. As paisaxes de landaAs paisaxes de landa atópanse nas zonas litorais atlánticas,

onde non medran árbores porque sopra un forte vento, hai

néboas e abundan as chuvias. Tamén aparecen cando se

degrada o bosque caducifolio.

A vexetación característica está formada por arbustos de

breixo, fieitos, xestas e matogueiras de buxo.

É un medio pobre para a fauna, pero abundan as aves e pe-

quenos mamíferos como os ratos, os ourizos ou os raposos.

1.3. A estepa continentalA estepa está presente nas zonas de clima continental con

poucas precipitacións.

Son extensas chairas que reciben distintos nomes: estepa,

en Centroeuropa e Asia; pradaría, en América do Norte;

pampa, en Arxentina.

A vexetación consiste en grandes extensións de herbas al-

tas, especialmente gramíneas*.

A fauna constitúena grandes herbívoros como os bisontes

e os cabalos salvaxes, ou pequenos como os coellos.

1.4. O deserto continentalO deserto encóntrase en rexións interiores, illadas da in-

fluencia do mar por cordilleiras, o que provoca que case

non chova e que a oscilación térmica sexa elevada. É dicir,

é un clima continental extremo: árido e con temperatu-

ras moi frías ou moi calorosas.

A vexetación é moi escasa, así como a fauna, que é de pe-

queno tamaño.

Un exemplo moi claro son as chairas do interior de Asia,

desde a Asia central ata o deserto de Gobi, en Mongolia.

1. Os medios temperados frescos

110 Unidade 6

As paisaxes naturais dos medios temperados frescos segundo a temperatura e a humidade.

Landa

Bosque caducifolio

A acción humana sobre o medio

Os medios temperados son, en xeral, medios favorables

para o desenvolvemento da vida humana.

As paisaxes naturais dos medios temperados frescos foron

modificadas polo ser humano para aproveitar a fertilidade

dos solos:

— Moitos bosques caducifolios foron cortados e conver-

téronse en prados para o gando. Só en zonas pouco po-

boadas de América existen aínda bosques pouco explo-

tados.

— As zonas de estepa adoitan utilizarse como pasto para o

gando. Ademais, como teñen os solos moi fértiles, moi-

tas veces transformáronse en zonas de cultivo extensivo.

Os desertos continentais, en cambio, son zonas pouco ha-

bitadas, pois neles o clima extremo fai a vida máis difícil.

Page 5: Edebe...o xabaril; e aves como o estorniño, o paporrubio, o gabián, a perdiz, o merlo ou o rateiro común. 2.2. A paisaxe de maquis e garriga Nas rexións de clima mediterráneo

Resume nun esquema as características das principais

paisaxes dos medios temperados frescos. Podes seguir o

modelo da páxina 105.

2. Observa o debuxo e explica que importancia teñen as

chuvias e a temperatura na gradación das paisaxes dos

medios temperados frescos.

3. Que clima necesitan os bosques caducifolios para me-

drar? En que clima se dá a estepa?

4. Consulta o mapa da páxina 97 e cita en que lugares do

mundo podes atopar bosque caducifolio, landa, estepa

continental e deserto continental.

5. Nunha rexión interior lonxe da influencia reguladora do

mar pero cun réxime de chuvias escaso, que tipo de pai-

saxe podes atopar?

— Describe ese tipo de paisaxe.

6. ¿Que paisaxe predomina nas zonas litorais oceánicas?

Escolle unha das imaxes do apartado e analiza a paisaxe.

8. Le o seguinte fragmento e di a que tipo de paisaxe se re-

fire.

«Miguel Strogoff prefería viaxar durante a ruda estación in-vernal [...]. Deste xeito, [...] hai menos cursos de auga queatravesar e a zorra escorrega facilmente sobre aquel mantoxeado. Certos fenómenos atmosféricos desta época son te-mibles, como a persistencia e a intensidade das néboas, ofrío extremado, ademais das longas e terribles xistras, cosseus remuíños que o envolven todo e fan desaparecer cara-vanas enteiras. Ocorre tamén que os lobos, acosados polafame, cobren a milleiros as chairas.»

X. Verne, Miguel Strogoff.

7.A

1.R

AC

TIVID

AD

ES

111Os medios temperados

DesertoEstepaVexetación de landa na illa de Skye (Escocia, Reino Unido).

Bosque caducifolio do Parque Nacional Durmitor (Montenegro). Dunas no deserto de Gobi (Mongolia).

Page 6: Edebe...o xabaril; e aves como o estorniño, o paporrubio, o gabián, a perdiz, o merlo ou o rateiro común. 2.2. A paisaxe de maquis e garriga Nas rexións de clima mediterráneo

2.1. O bosque mediterráneoMedra nas rexións con clima mediterráneo, polo que a

vexetación está adaptada aos longos períodos de seca es-

tival. Destacan as árbores de folla perenne ou perennifo-

lias*, como a aciñeira, o caxigo ou a sobreira, que desen-

volveron unha folla pequena e dura persistente todo o ano,

que lles permite resistir a sequidade, e un tronco cunha

casca engurrada e grosa.

A fauna inclúe mamíferos como a lebre, o coello, o lince ou

o xabaril; e aves como o estorniño, o paporrubio, o gabián,

a perdiz, o merlo ou o rateiro común.

2.2. A paisaxe de maquis e garrigaNas rexións de clima mediterráneo onde a seca é máis

acusada ou onde a actuación do ser humano sobre o bos-

que foi máis intensa, aparecen o maquis e a garriga, que

son masas densas de arbustos, como a oliveira silvestre, e

matogueiras de lentisco, breixo, xesta, romeu, tomiño, la-

vanda…

2.3. O bosque de laurisilvaAparece nas rexións de clima subtropical húmido, como en

puntos do leste de Asia e América, ou nalgunhas illas como

Nova Zelandia ou as Canarias.

A vexetación é densa e de difícil acceso, aínda que a varie-

dade de especies non é moi elevada. As árbores, de follas

grandes e perennes, poden alcanzar os 50 m de altura.

Existen numerosos tipos de arbustos, lianas e herbas.

A fauna inclúe especies propias de medios arbóreos, xeral-

mente de medio tamaño.

2.4. A estepa e o deserto subtropicalA estepa é unha paisaxe propia das rexións mediterráneas

moi áridas, próximas ao trópico, como o norte de África, o

sueste da Península Ibérica ou o sur dos EE.UU. A escaseza

de humidade permite só o crecemento dalgúns arbustos,

de matogueiras como o tomiño ou o esparto, ou de cactos.

A fauna é escasa e de pequeno tamaño.

Nas zonas de aridez extrema aparece o deserto, onde a ve-

xetación e a fauna son aínda máis escasas.

2. Os medios temperados cálidos

112 Unidade 6

As paisaxes naturais dos medios temperados cálidos segundo a temperatura e a humidade.

Laurisilva Bosque mediterráneo

Maquis e garriga

A acción humana sobre o medio— As zonas de clima mediterráneo estiveron moi poboa-

das desde hai moitos séculos, polo que a paisaxe natural

sufriu unha intensa transformación. Quedan poucas ex-

tensións de bosque, pois tradicionalmente déuselle ao

solo un uso agrícola e gandeiro. Nos fondos dos vales e

nas zonas próximas ao litoral, onde se depositan os li-

mos* de ríos e torrentes, os solos son fértiles e, ademais,

os cultivos intensificáronse con regadíos e invernadoi-

ros. Nas zonas máis secas os solos son máis pobres e

deuse unha agricultura extensiva, de trigo, vide e oliveira.

Por outra banda, tamén son zonas moi urbanizadas

que xeran problemas ambientais (elevado risco de in-

cendios, erosión do solo...).

— Nas áreas subtropicais, exceptuando as zonas máis ári-

das, a ocupación humana tamén é intensa.

— Os bosques de laurisilva foron cortados pola necesida-

de de terras para cultivar, pero tamén pola utilización da

madeira ou pola necesidade de terras de pastoreo. En

moitos casos, o bosque foi substituído por matogueiras

e intensificouse a erosión do solo.

Page 7: Edebe...o xabaril; e aves como o estorniño, o paporrubio, o gabián, a perdiz, o merlo ou o rateiro común. 2.2. A paisaxe de maquis e garriga Nas rexións de clima mediterráneo

Resume nun esquema as características das principais

paisaxes dos medios temperados cálidos. Podes seguir o

modelo da páxina 105.

10. Observa o debuxo e explica que importancia teñen as

chuvias e a temperatura na gradación das paisaxes dos

medios temperados cálidos.

11. A paisaxe mediterránea dáse en todos os continentes.

Consulta o mapa da páxina 97 e cita en que partes do

mundo a podes atopar.

12. Describe a paisaxe de laurisilva e a de maquis e garriga.

En que clima se dan ambas?

13. Que características teñen as árbores de folla perenne? En

que paisaxes medran?

14. Que diferenza existe entre unha estepa e un deserto sub-

tropical?

15. Os medios temperados cálidos son, en xeral, zonas moi

poboadas. Como incidiu a acción humana na paisaxe na-

tural?

Escolle unha das imaxes do apartado e analiza a paisaxe.

17. Di a que paisaxe se refire o seguinte fragmento.

«No seu ambiente natural o solo, zumegante de humi-dade e de escasa luminosidade, está cuberto dunha grosa capa de materia orgánica onde medranfieitos, carrizas e liques que tamén ascenden polostroncos e as pólas das enormes árbores.»

16.A

9.R

AC

TIVID

AD

ES

113Os medios temperados

EstepaDeserto

Bosque mediterráneo na Serra de Tramuntana (Mallorca).

Paisaxe de maquis na península do Peloponeso (Grecia).Parque Nacional de Garajonay (A Gomera). En determinadas zonas das illas Ca-narias crece o bosque de laurisilva, que é un espazo natural protexido.

Page 8: Edebe...o xabaril; e aves como o estorniño, o paporrubio, o gabián, a perdiz, o merlo ou o rateiro común. 2.2. A paisaxe de maquis e garriga Nas rexións de clima mediterráneo

Europa ten unha gran diversidade de paisaxes, porque:

— Case a totalidade do seu territorio se encontra en latitu-

des temperadas. Só o extremo norte se atopa en lati-

tudes frías.

— Gran parte do territorio está sometido á influencia ma-

riña, que suaviza as temperaturas.

— O relevo ofrece contrastes: na parte occidental, a ausen-

cia de cordilleiras permite a entrada de aire húmido do

océano Atlántico, que trae chuvia. En cambio, as cordi-

lleiras meridionais, como os Alpes ou os Pireneos, fre-

an a entrada de aire cálido do Mediterráneo. Ademais,

existen zonas de alta montaña.

3.1. As paisaxes temperadas

Paisaxe natural oceánicaAtopamos bosques caducifolios na franxa costeira occi-

dental e noroccidental de Europa, nas illas Británicas, no

sur de Islandia e no centro de Europa.

Son zonas con abundantes chuvias ao longo do ano e de

temperaturas suaves.

Na primeira liña da costa atlántica, sometida a fortes gol-

pes de vento, medran paisaxes de landa.

Paisaxe natural mediterránea

Atópase nos territorios que teñen costas bañadas polo

mar Mediterráneo, como a maior parte da Península Ibé-

rica, o sur de Francia, a península Itálica, a Balcánica e a

Anatolia, ademais das illas do Mediterráneo.

Aquí medran o característico bosque mediterráneo con

árbores de folla perenne, e o maquis e a garriga nas zonas

máis secas ou ben onde a actuación humana sobre o bos-

que foi máis intensa. En puntos moi áridos, como o sueste

da Península Ibérica, pódense atopar a estepa e o deserto

subtropical.

Paisaxe natural continentalNa Europa centro-oriental (Ucraína, Rusia…) e nalgúns

puntos do interior da Península Ibérica, onde a distancia

respecto da costa é moito maior, a paisaxe máis caracterís-

tica é a estepa, cunha fauna e unha vexetación que resis-

ten o frío e a seca.

Non obstante, nas zonas ás que lles chega a influencia do

mar, como Polonia, Bielorrusia ou parte de Rusia, medran o

bosque caducifolio (carballos e faias) ou o bosque mixto

de folla caduca (carballos e faias) e coníferas (piñeiros e

abetos).

3. As paisaxes de Europa

114 Unidade 6

CLIMAS E VEXETACIÓN EN EUROPA

Page 9: Edebe...o xabaril; e aves como o estorniño, o paporrubio, o gabián, a perdiz, o merlo ou o rateiro común. 2.2. A paisaxe de maquis e garriga Nas rexións de clima mediterráneo

Observa o mapa da páxina anterior e o mapa do relevo

de Europa.

— En que zona climática se atopa Europa?

— Que cordilleiras frean a entrada de ventos húmidos

procedentes do mar?

— Que territorio recibe unha maior influencia marítima?

19. Resume as características de cada unha das paisaxes

europeas e indica como afectan a latitude, a influencia

marítima e o relevo.

20. En que partes de Europa se localizan o bosque caducifo-

lio, a estepa, a tundra, a taiga e o maquis e a garriga? Que

clima necesita cada unha destas formacións vexetais para

medrar?

21. Cando aparecen a estepa e o deserto subtropical?

Como incidiu a acción humana na paisaxe natural euro-

pea?

23. Explica o tipo de paisaxes naturais que podes atopar en

Francia, en Portugal e en Finlandia.

22.A

18.R

AC

TIVID

AD

ES3.2. As paisaxes frías

Paisaxe subpolar

Nas rexións máis setentrionais* da península de Es-

candinavia, de Rusia e de Islandia, o xeo cóbreo todo.

Só cando no verán se produce o desxeo, aparece a tun-

dra.

En xeral, a tundra é a vexetación característica da zona,

pois as temperaturas son moi frías e o clima é seco. Pero

nas áreas máis chuviosas, como a península Escandina-

va, as repúblicas bálticas ou Rusia, medran bosques de

coníferas (taiga).

Paisaxe de alta montaña

Nas principais cordilleiras europeas, como os Alpes, os

Pireneos, o Cáucaso ou os montes Escandinavos, apare-

ce este tipo de paisaxe, que varía lixeiramente segundo

a latitude e a altitude de cada unha.

Nos Alpes e nos Pireneos, os bosques caducifolios dan-

lles paso a árbores máis resistentes ao frío (bidueiros,

coníferas). Nas cordilleiras máis setentrionais aparece

directamente o bosque de coníferas. A partir dos

2 000 m só medran os prados alpinos.

3.3. As paisaxes humanizadas

Desde a Prehistoria, Europa foi un continente moi po-

boado. Isto supuxo a corta de moitos bosques, espe-

cialmente na zona atlántica e na mediterránea, para

aproveitar o solo como pasto para o gando ou para a

agricultura.

A intensa industrialización do continente tamén pro-

vocou problemas ambientais. Os bosques oceánicos e

continentais están especialmente afectados pola chu-

via ácida, que mata as árbores. Por outra banda, o

principal problema da área mediterránea é a deserti-

zación.

115Os medios temperados

Taiga en Siberia (Rusia).

A intensa urbanización da área mediterránea provocou a deforestación e a degrada-ción da paisaxe natural.

Page 10: Edebe...o xabaril; e aves como o estorniño, o paporrubio, o gabián, a perdiz, o merlo ou o rateiro común. 2.2. A paisaxe de maquis e garriga Nas rexións de clima mediterráneo

No territorio español atópanse paisaxes propias da zona

temperada, aínda que condicionadas:

— Pola latitude. Encóntrase na parte meridional* do he-

misferio norte, polo que existen zonas moi cálidas e con

escasas chuvias.

— Pola influencia do mar. O efecto moderador do mar é

importante nas franxas costeiras, pero as cordilleiras pe-

riféricas actúan de pantalla e impiden que a influencia

marítima penetre cara ao interior.

— Polo relevo. A altitude media da Península é elevada, o

que inflúe nas precipitacións e nas temperaturas. Nas

illas a altitude media é baixa e só destaca Tenerife, pola

presenza do Teide.

Por outra banda, nas cordilleiras máis elevadas o clima e

a paisaxe son de alta montaña.

4.1. Paisaxe oceánicaNa zona costeira do océano Atlántico, e do mar Cantábrico

desde Galicia ata o País Vasco, atopamos bosques caduci-

folios, landas e prados naturais.

Neste lugar, a paisaxe é algo máis seca ca no norte de Euro-

pa, porque as temperaturas medias son máis altas ca as

europeas e chove menos, sobre todo no verán.

4.2. Paisaxe mediterráneaEncóntrase na franxa costeira do Mediterráneo, nas Illas

Baleares e en Ceuta e Melilla.

No litoral ao norte de Barcelona, máis húmido e fresco,

medra o bosque mediterráneo, con aciñeiras e sobreiras,

oliveiras silvestres, alfarrobeiras e caxigos, aínda que con

predominio de piñeiros (que se replantan en zonas degra-

dadas debido ao seu crecemento rápido).

En toda a área hai grandes extensións de maquis e garriga,

tanto en zonas moi secas coma nas máis degradadas. En

puntos de Murcia e Almería, a aridez é extrema e aparecen

a estepa e o deserto subtropical.

4.3. Paisaxe continentalNo interior da Península existe un clima mediterráneo pero

cunha maior oscilación térmica a causa da menor influen-

cia marítima. Por iso dicimos que existe un clima medite-

rráneo continentalizado.

Nas zonas con temperaturas máis suaves (litoral mediterrá-

neo, Illas Baleares, Estremadura…), a vexetación é a propia

da paisaxe mediterránea. Nas zonas de continentalidade

máis acentuada, é dicir, nas zonas de interior do centro da

Península Ibérica, a paisaxe predominante é a de estepa.

4. As paisaxes de España

116 Unidade 6

CLIMAS E VEXETACIÓN EN ESPAÑA

Page 11: Edebe...o xabaril; e aves como o estorniño, o paporrubio, o gabián, a perdiz, o merlo ou o rateiro común. 2.2. A paisaxe de maquis e garriga Nas rexións de clima mediterráneo

Explica que factores condicionan as paisaxes de España.

Que parte de España cualificarías como húmida e que

parte como seca? Por que?

25. Onde aparece a paisaxe oceánica? Que particularidades

ten respecto á do norte de Europa?

26. Onde aparece a paisaxe mediterránea? Explica as súas

características.

27. Que significa que no interior da Península existe un clima

mediterráneo continentalizado? Que tipo de vexetación

medra?

28. Onde podes atopar a paisaxe subtropical? Por que se ca-

racteriza?

Imaxina que viaxas desde unha vila de Pontevedra ata o

cabo de Gata, pasando por Castela e León e Castela-A

Mancha. Ten en conta que debes atravesar varias cordi-

lleiras.

— Describe a paisaxe que atoparías.

30. Observa o mapa da páxina anterior e di cal é o clima que

hai en Galicia. Que tipo de paisaxe natural debería ter?

Que paisaxe ten na actualidade?

29.A

24.R

AC

TIVID

AD

ES4.4. Canarias: paisaxe subtropical As illas Canarias están situadas ao sur do hemisferio norte,

preto do trópico de Cáncer.

As illas orientais, que reciben os ventos secos e cálidos do Sá-

hara, teñen unha vexetación escasa, reducida a matogueiras

e plantas cactáceas adaptadas á seca; mesmo nalgúns pun-

tos, a paisaxe é desértica.

Nas illas occidentais e o norte de Tenerife reciben as masas de

vento húmido procedentes do Atlántico, polo que nelas me-

dra a laurisilva.

4.5. As paisaxes humanizadas

Os bosques caducifolios foron cortados para obter pastos

ou terras de cultivo. En moitos casos substituíronse as espe-

cies autóctonas* e replantáronse especies de crecemento

máis rápido, como o piñeiro ou o eucalipto, para a súa explo-

tación.

A paisaxe mediterránea sufriu unha intensa transformación

debido ao uso agrícola e aos núcleos industriais e turísticos.

A paisaxe continental foi modificada polos usos agrícolas.

Pola súa parte, as illas Canarias sufriron unha gran transfor-

mación polo uso agrícola e o turismo, aínda que na actualida-

de existen moitas zonas protexidas.

117Os medios temperados

As especies predominantes da estepa son o azufaifo, o tomiño, o esparto e aesparragueira. Esta paisaxe pode atoparse en zonas secas do interior, comonas Bardenas Reais (Comunidade Foral de Navarra) ou nos Monegros (Ara-gón), na imaxe.

Bosque caducifolio no Courel (Lugo-Ourense).

Especies endémicas da PenínsulaEspaña conta cun gran número de endemismos, é dicir, deespecies que viven exclusivamente nun determinado territo-rio e non se atopan en ningunha outra parte.

As illas Canarias son a zona cun maior número de endemis-mos: ao redor de cincocentas especies endémicas encóntran-se alí, como o drago, a palmeira canaria, o taxinaste ou a vio-leta do Teide. Na Península, a maioría dos endemismosatópase en zonas montañosas, como o pinsapo nas serras deGrazalema (Cádiz) ou na de Tolox (Málaga) ou a macela da se-rra, nos cumios de Serra Nevada (Granada).

Page 12: Edebe...o xabaril; e aves como o estorniño, o paporrubio, o gabián, a perdiz, o merlo ou o rateiro común. 2.2. A paisaxe de maquis e garriga Nas rexións de clima mediterráneo

31. Nalgunhas zonas húmidas créase un microclima que permite o

desenvolvemento dunha fauna e dunha flora características. Ca-

les son estas zonas?

Coa axuda dun dicionario, define estes termos: veiga, ribeira, hu-midal e marisma.

33. Por que os bosques de ribeira e os bosques caducifolios teñen es-

pecies comúns? Enuméraas.

32.R

AC

TIVID

AD

ES

Fixácheste en que nas ribeiras dos ríos ou dos lagos existe un tipo de ve-

xetación característica? A presenza de abundante auga doce permite o

crecemento dunha flora e dunha fauna diferenciadas do resto da paisaxe.

5.1. Paisaxe de ribeiraNas ribeiras dos ríos e nas veigas medra unha vexetación que nece-

sita moita humidade e é capaz de aguantar as correntes fluviais, á vez

que frea a erosión. Esta vexetación crea un microclima, ou clima lo-

cal, máis suave ca o contorno que, xeralmente, é máis seco.

A vexetación que medra cerca da beira está formada en gran parte

por árbores de folla caduca, como os ameneiros e os salgueiros. Xun-

to a eles, aparecen chopos e álamos, freixos e olmos. Estes últimos, ás

veces, aparecen mesturados con carballos ou aciñeiras, árbores que

tamén atopamos nos húmidos bosques caducifolios. Ademais, pode-

mos encontrar arbustos, herbas, fieitos, carrizas e enredadeiras.

Destaca un tipo de fauna que necesita a auga, como a rata de auga,

a londra, as aves acuáticas como o merlo acuático ou o picapeixe, o

sapo ou a cobra de colar.

5.2. Os humidais Lagos, lagoas e encoros

Nas beiras de lagos, lagoas e encoros, onde a corrente é case inexisten-

te, medran herbas altas, como xuncos ou carrizos. Nas zonas pouco pro-

fundas medran plantas flotantes, como nenúfares ou lirios de auga.

A fauna característica é semellante á da paisaxe de ribeira. Destacan

os anfibios, como ras, sapos e tritóns; os peixes, como a perca, a tenca ou

a carpa; e as aves acuáticas, como garzas, parrulos, galiñolas negras etc.

Lagoas litorais e marismas

As lagoas litorais e as marismas sitúanse na desembocadura dos ríos.

Adoitan ser terreos pantanosos, pois reciben os sedimentos do río e

os limos e os lodos do mar. Ademais, inúndanse en época de chuvias.

Medra un tipo de vexetación que pode vivir coas raíces e cunha par-

te do talo somerxidos na auga; tal é o caso da carriza, do xunco ou do

lirio amarelo.

Entre a fauna destacan as aves (garza imperial, flamengo, aguia im-

perial...), pois é un lugar de descanso e cría para as aves migrato-

rias. Por iso, en moitos casos estas zonas se converteron en espazos

naturais protexidos.

5. Outras paisaxes peninsulares

118 Unidade 6

Paisaxe de ribeira no curso alto do Texo (Guadalaxara).

Parque Natural da Albufeira de Valencia. A albufeira é un exemplode hu midal.

Page 13: Edebe...o xabaril; e aves como o estorniño, o paporrubio, o gabián, a perdiz, o merlo ou o rateiro común. 2.2. A paisaxe de maquis e garriga Nas rexións de clima mediterráneo

Explica cales son os factores que condicionan as paisaxes

de Galicia.

35. Cita o nome das especies arbóreas do bosque autóctono

de Galicia.

36. Indica as zonas onde se dá a paisaxe oceánica e onde, a

paisaxe mediterránea.

37. Cita o nome das especies arbóreas que se introduciron

en Galicia e que substituíron, nalgunhas paisaxes, as autóc-

tonas.

— Por que son tan empregadas nas repoboacións fores-

tais?

Observa o mapa da vexetación de Galicia e indica que

tipo de paisaxe presenta a túa localidade.

AC

TIVID

AD

ES

119Os medios temperados

Pola súa posición no noroeste peninsular, en Galicia aparecen paisaxes

propias da zona temperada, como son a paisaxe oceánica e a paisaxe

mediterránea.

A paisaxe de Galicia, caracterizada por unha vexetación moi abundante e

variada, está determinada polo clima, a altitude, a proximidade ou o afas-

tamento ao mar e pola actividade humana, o que conforma unha gran di-

versidade de paisaxes.

O clima galego, temperado e chuvioso, favorece o desenvolvemento de

especies típicas do bosque caducifolio, excepto no sur de Galicia, onde o

clima presenta características mediterráneas, polo que só nesta zona apa-

recen especies propias do bosque mediterráneo.

A paisaxe de Galicia non se encontra no seu estado natural, xa que é o re-

sultado da acción do ser humano a causa de roturacións para o uso agra-

rio do solo, de cortas, repoboacións, incendios... A vexetación galega está

profundamente transformada polo ser humano, o que se deixou sentir de

xeito máis intenso no século XX, coa repoboación do bosque de especies

de crecemento rápido e dun gran aproveitamento economico, como o pi-

ñeiro e o eucalipto. Estas especies ocupan sobre todo as zonas próximas á

costa e case toda a Galicia occidental.

6.1. A paisaxe oceánicaA paisaxe orixinaria de Galicia, é dicir, a nosa paisaxe natural, está formada

por bosques caducifolios nos que domina o carballo, xunto con castiñei-

ros, bidueiros, ameneiros e salgueiros. Este bosque mixto recibe o nome de

fraga.

A matogueira está constituída pola landa atlántica de toxos, xestas, car-

queixas e uces. A landa cobre máis da cuarta parte da superficie galega.

A mellor área do bosque caducifolio é a Galicia interior, especialmente a

maior parte da provincia de Lugo. Nesta zona destacan os bosques de cas-

tiñeiros, denominados soutos.

6.2. A paisaxe mediterráneaNa Galicia meridional, que inclúe a provincia de Ourense e o sur de Lugo,

especialmente nos vales do Miño e do Sil, está presente a paisaxe medite-

rránea, con árbores de folla perenne adaptadas a un clima máis seco e cá-

lido como é o oceánico con matiz mediterráneo. Este moderado grao de

seca permite a aparición de especies mediterráneas como a aciñeira, a so-

breira e o érbedo.

6. As paisaxes de Galicia

Fragas do Eume (A Coruña).

34.R

38.A

Page 14: Edebe...o xabaril; e aves como o estorniño, o paporrubio, o gabián, a perdiz, o merlo ou o rateiro común. 2.2. A paisaxe de maquis e garriga Nas rexións de clima mediterráneo

120 Unidade 6

AMPLÍA E DESCUBREArquitectura tradicional

Tradicionalmente, homes e mulleres construíron as súas casas adaptándose ao medio no que vivían. Por iso, o poboamen-

to humano tamén determinou a paisaxe.

Arquitectura bioclimática

Na actualidade, a maior parte das casas non se constrúen condiciona-

das polo contorno, xa que se adoitan climatizar artificialmente.

Construír casas tendo en conta o medio aforra moita enerxía. Esta é a in-

tención da chamada arquitectura bioclimática: casas deseñadas para

aproveitar as condicións do contorno e conseguir así o confort co míni-

mo gasto enerxético.

Para iso, hai que coidar a orientación. Por exemplo, as fiestras orienta-

das ao sur deixan entrar a calor e evitan a calefacción no inverno, e os

cuartos con fiestras cara ao norte son frescos. Tamén se deben ter en

conta os materiais (a madeira preserva a calor; a pedra, o ladrillo ou o

adobe son bos illantes térmicos) ou a forma de construír (illar a casa do

solo en zonas frías e chuviosas, teitos inclinados, encalar o exterior,

construír patios ou soportais...).

Nun clima frío constrúense muros grosos de pedra ou de madeira paraillar do frío. As fiestras son pequenas, xeralmente orientadas ao sur, e te-ñen contraventás.

Onde o vento sopra forte, as vivendas acostuman ser baixas e estánconstruídas en pedra.

Nun clima cálido, as construcións buscan solucións para illar da calor:muros grosos, fiestras con persianas, exterior encalado para reflectir osraios solares… Moitas veces constrúense soportais e patios interiorespara saír ao exterior resgardados do sol.

Nunha zona onde chove ou neva moito, os tellados son inclinados,para que escorreguen a auga ou a neve. En cambio, cando as precipi-tacións son escasas, os tellados son pouco inclinados ou planos.

Page 15: Edebe...o xabaril; e aves como o estorniño, o paporrubio, o gabián, a perdiz, o merlo ou o rateiro común. 2.2. A paisaxe de maquis e garriga Nas rexións de clima mediterráneo

121Os medios temperados

SÍNTESE

• Para resumir as características das paisaxes dos medios temperados,

podes completar este esquema. Adaptándoo, podes resumir tamén

as características das paisaxes de Europa, de España e de Galicia.

Autóctona. Especie vexetal ou animal que se orixinou nomesmo lugar no que vive.

Caducifolio. Referido ás árbores e plantas que perden asfollas cando chega a estación desfavorable, xeralmente ooutono.

Gramínea. Planta co talo cilíndrico e oco, follas alternase flores sinxelas en espiga ou en mazaroca; por exemplo,a avea ou o trigo.

Herbívoro. Animal que se alimenta de vexetais, especial-mente de herbas.

Limo. Lodo ou barro que se atopa no fondo das augas.

Meridional. Referido ao punto cardinal sur.

Perennifolio. Árbores e plantas que non perden as follasen ningunha estación do ano.

Setentrional. Referido ao punto cardinal norte.

VOCABULARIO

...........................................Localización

...........................................Vexetación

...........................................Fauna

Bosque caducifolio

Landa

Estepa continental

Deserto continental

MEDIOS TEMPERADOS

FRESCOS

...........................................Localización

...........................................Vexetación

...........................................Fauna

Bosque mediterráneo

Maquis e garriga

Bosque de laurisilva

Estepa subtropical

Deserto subtropical

MEDIOS TEMPERADOS

CÁLIDOS

PAISAXESDOS MEDIOS TEMPERADOS

Page 16: Edebe...o xabaril; e aves como o estorniño, o paporrubio, o gabián, a perdiz, o merlo ou o rateiro común. 2.2. A paisaxe de maquis e garriga Nas rexións de clima mediterráneo

122 Unidade 6

AC

TIV

IDA

DE

S

Escolle un espazo protexido do territorio galego e xustifica por que é importante a súa preservación. Debes indicar:

— Onde se localiza. — Tipo de vexetación e de fauna.

— Medio natural ao que corresponde. — Razóns de ser un espazo protexido.

Podes consultar a páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas: medioambiente.xunta.es/espa-

zosNaturais/conservacion.jsp

1.@

INVESTIGA: Os espazos naturais protexidos galegos

1. Relaciona as paisaxes coas súas características.

a) Landa • Dáse en zonas de clima temperado húmido, onde medran árbores de folla caduca

como o carballo, a faia ou o castiñeiro.

b) Maquis e garriga • Dáse en zonas litorais atlánticas, onde non medran árbores e si medran plantas como

os fieitos, as xestas ou o buxo.

c) Deserto • Dáse en zonas de clima mediterráneo e nel destacan as árbores de folla perenne como

a aciñeira ou a oliveira. As súas follas resisten a seca.

d) Bosque caducifolio • Dáse en zonas de clima continental seco, onde medran herbas altas. Tamén se deno-

mina pradaría ou pampa.

e) Bosque mediterráneo • Dáse en zonas interiores secas e con temperaturas extremas, onde a vexetación e a

fauna son escasas.

f ) Estepa • Dáse en zonas de clima mediterráneo máis seco, onde se degradou o bosque e só

medran arbustos.

g) Bosque de laurisilva • Dáse en zonas de clima subtropical húmido, onde medra unha vexetación densa e

de difícil acceso, aínda que non moi variada.

— Despois, clasifícaas segundo pertenzan a medios temperados frescos ou cálidos.

2. Relaciona as seguintes paisaxes de España coas súas características. Despois, si-

túaas no mapa.

a) Paisaxe oceánica • A vexetación consta de maquis e ga-

rriga, bosque mediterráneo, estepa e

deserto subtropical.

b) Paisaxe mediterránea • A vexetación consta de maquis e ga-

rriga, bosque mediterráneo e estepa.

c) Paisaxe continental • Predominan os bosques caducifolios,

landas e prados naturais.

3. Imaxina que percorres Europa no verán e segues a ruta que marca o

mapa.

— Describe a paisaxe que atopas en cada lugar.

Madrid - Pontevedra - Berna - Praga - Moscova

Helsinqui - Bergen - Glasgow

TRABALLA AS COMPETENCIAS BÁSICAS

Page 17: Edebe...o xabaril; e aves como o estorniño, o paporrubio, o gabián, a perdiz, o merlo ou o rateiro común. 2.2. A paisaxe de maquis e garriga Nas rexións de clima mediterráneo

123Os medios temperados

Marca no mapa onde se sitúan os climas temperados no mundo.

— Escolle un clima temperado e describe as súas principais características.

Describe os principais climas de Europa.

— Que clima predomina en Europa? Anota os seus trazos fundamentais.

— Cal é o clima da franxa costeira occidental e norteoccidental de Europa? Descríbeo.

— Que tipos de paisaxes se dan nas zonas europeas bañadas polo mar Mediterráneo? Descríbeas.

Explica os factores que inflúen na diversidade de paisaxes de Europa.

Indica onde se dá o clima continental, o oceánico, o mediterráneo, o de montaña e o subtropical en España, e describeque paisaxe orixina cada un deles.

Observa as seguintes imaxes e identifica as paisaxes que aparecen. Xustifica a túa resposta.5

4

3

2

1

AVALIACIÓN

A B