file · Web viewA Pedro púdolle máis a curiosidade que a prudencia e...

2
O MEGALODÓN Aquela mañán Pedro ergueuse cedo, xa fixera plans a noite anterior e hoxe investigaría a Illa de Monteagudo, una das Illas Ciés, así que colleu todas as cousas que tiña preparadas no garaxe e meteunas no pequeno submarino que usaba para as expedicións cerca da costa. O submarino contaba con todos os medios tecnolóxicos para investigar as especies mariñas e xa fixera moitas inmersións con el en diversos mares. O pequeño submarino multicolor afastouse lentamente do muelle de Sta Cristina e sumerxiuse entre as bateas no medio da ría. As algas verdes e bancos de muxos acompañaron a Pedro mentres se dirixía cara ás illas. Preto da Ponte de Rande atopouse con varios polbos, sollas e algún rodaballo curioso acercouse a inspeccionar a nave. As augas eran cada vez máis profundas e escuras e as especies ían cambiando maragotas, chocos, e así que rodeou a punta do Escudelo, baleas, golfiños e tartarugas mariñas fixeron a súa aparición. Pedro estaba extasiado… que beleza! . Continuou rodeando a illa: Laxe do Peito, Penela do Golpiño…Pasou a carón das Penelas da Cantareira… Era o espectáculo máis fermoso que nunca vira. De súpeto una sombra pasou moi preto do submarino a gran velocidade. Que era aquel animal? Que dentes máis grandes!. Escabulliuse entre as rochas e desapareceu cerca da furna do Buraco da Lontra… ao lado da Punta Bufardo. A Pedro púdolle máis a curiosidade que a prudencia e decidiu entrar na furna. Cando estaba a piques de facelo un enorme animal saiu dela…Era un Megalodón! Qué descubrimento! Era o tiburón máis grande que nunca vira e o seu nome describíao moi ben, aqueles dentes daban arrepios! O megalodón sentíase acosado cada vez estaba máis enfadado así que arremeteu contra o submarino destrozando o motor de propulsión, o submarino sen enerxía para navegar comenzou a afundirse .

Transcript of file · Web viewA Pedro púdolle máis a curiosidade que a prudencia e...

Page 1: file · Web viewA Pedro púdolle máis a curiosidade que a prudencia e decidiu entrar na furna. Cando estaba a piques de facelo un enorme animal saiu dela

O MEGALODÓN

Aquela mañán Pedro ergueuse cedo, xa fixera plans a noite anterior e hoxe investigaría a Illa de Monteagudo, una das Illas Ciés, así que colleu todas as cousas que tiña preparadas no garaxe e meteunas no pequeno submarino que usaba para as expedicións cerca da costa. O submarino contaba con todos os medios tecnolóxicos para investigar as especies mariñas e xa fixera moitas inmersións con el en diversos mares.

O pequeño submarino multicolor afastouse lentamente do muelle de Sta Cristina e sumerxiuse entre as bateas no medio da ría.

As algas verdes e bancos de muxos acompañaron a Pedro mentres se dirixía cara ás illas. Preto da Ponte de Rande atopouse con varios polbos, sollas e algún rodaballo curioso acercouse a inspeccionar a nave.

As augas eran cada vez máis profundas e escuras e as especies ían cambiando maragotas, chocos, e así que rodeou a punta do Escudelo, baleas, golfiños e tartarugas mariñas fixeron a súa aparición.

Pedro estaba extasiado… que beleza! . Continuou rodeando a illa: Laxe do Peito, Penela do Golpiño…Pasou a carón das Penelas da Cantareira… Era o espectáculo máis fermoso que nunca vira.

De súpeto una sombra pasou moi preto do submarino a gran velocidade. Que era aquel animal? Que dentes máis grandes!. Escabulliuse entre as rochas e desapareceu cerca da furna do Buraco da Lontra… ao lado da Punta Bufardo.

A Pedro púdolle máis a curiosidade que a prudencia e decidiu entrar na furna. Cando estaba a piques de facelo un enorme animal saiu dela…Era un Megalodón! Qué descubrimento!

Era o tiburón máis grande que nunca vira e o seu nome describíao moi ben, aqueles dentes daban arrepios!

O megalodón sentíase acosado cada vez estaba máis enfadado así que arremeteu contra o submarino destrozando o motor de propulsión, o submarino sen enerxía para navegar comenzou a afundirse .

Pedro estaba desesperado. Qué podía facer? O seu submarino seguía a caída hacia a sima marina e…Qué era aquilo que relucía no fondo? Pedro non podía crelo, entre a area asomaba una chapa brillante que poñía Nautilus!!

Dous incribles descubrimentos e nunca ninguén o sabería. Tan inmerso estaba nos seus pensamentos que non viu chegar ao Megalodón por segunda vez… Fíxose a escuridade para Pedro…

Tardaron una semana en topar unha das hélices do motor do submarino e iso foi todo o que toparon…Ninguén sabería nunca o ocurrido…