stajcentral.files.wordpress.com · Web viewResolución do de decembro da Dirección Xeral de...

2
Rúa Madrid, 2-4, 2ª planta Polígono de Fontiñas 15781 Santiago de Compostela Resolución do de decembro da Dirección Xeral de Xustiza pola que se ditan instrucións en materia de vacacións e días de permiso por asuntos particulares correspondentes ao ano 2020. Dada a situación extraordinaria deste ano 2020, alcanzáronse diversos acordos en materia de vacacións e días de permiso por asuntos particulares polas distintas administracións xerais, tanto do Estado coma das Comunidades Autónomas. No caso da Administración de Xustiza debe concertarse unha solución acorde coa natureza da súa actividade común en todo o territorio do Estado, e facer posible así a realización da súa función constitucional. No 2020 suspendeuse durante varios meses a normal actividade da actividade xudicial, e impúxose a necesidade de establecer mecanismos de coordinación extraordinarios na Administración de Xustiza para poder acadar así solucións comúns a unha administración que da soporte ao funcionamento do Poder Xudicial; establecéndose así mesmo modelos de realización da actividade excepcionais, que quedaron finalmente plasmados na Lei 3/2020, do 18 de setembro, de medidas procesuais e organizativas para facer fronte á Covid-19. No marco destes mecanismos de coordinación tratouse sobre as especiais circunstancias do desfrute de vacacións, ou de días de permiso por asuntos particulares no presente ano que, conforme ao artigo 503.1 da Lei Orgánica do Poder Xudicial, pode solicitar o persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, tratando de equilibrar o dereito a dito desfrute coa normal prestación do servizo público. Polo exposto, RESOLVO: 1. Como norma xeral, as vacacións e días de permiso por asuntos particulares do ano 2020, desfrutaranse ata o 31 de xaneiro de 2021. 2. Como excepción, poderá autorizarse o desfrute das vacacións correspondentes ao ano 2020 ata o 31 de marzo de 2021: a) Para aqueles funcionarios destinados en unidades onde, de non se producir esta autorización, e dada a súa natureza e funcións, así como a imposibilidade de arbitrar mecanismos de substitución, se produza un risco certo ou incluso o colapso da

Transcript of stajcentral.files.wordpress.com · Web viewResolución do de decembro da Dirección Xeral de...

Page 1: stajcentral.files.wordpress.com · Web viewResolución do de decembro da Dirección Xeral de Xustiza pola que se ditan instrucións en materia de vacacións e días de permiso por

Rúa Madrid, 2-4, 2ª plantaPolígono de Fontiñas15781 Santiago de Compostela

Resolución do de decembro da Dirección Xeral de Xustiza pola que se ditan instrucións en materia de vacacións e días de permiso por asuntos particulares correspondentes ao ano 2020.

Dada a situación extraordinaria deste ano 2020, alcanzáronse diversos acordos en materia de vacacións e días de permiso por asuntos particulares polas distintas administracións xerais, tanto do Estado coma das Comunidades Autónomas. No caso da Administración de Xustiza debe concertarse unha solución acorde coa natureza da súa actividade común en todo o territorio do Estado, e facer posible así a realización da súa función constitucional.

No 2020 suspendeuse durante varios meses a normal actividade da actividade xudicial, e impúxose a necesidade de establecer mecanismos de coordinación extraordinarios na Administración de Xustiza para poder acadar así solucións comúns a unha administración que da soporte ao funcionamento do Poder Xudicial; establecéndose así mesmo modelos de realización da actividade excepcionais, que quedaron finalmente plasmados na Lei 3/2020, do 18 de setembro, de medidas procesuais e organizativas para facer fronte á Covid-19.

No marco destes mecanismos de coordinación tratouse sobre as especiais circunstancias do desfrute de vacacións, ou de días de permiso por asuntos particulares no presente ano que, conforme ao artigo 503.1 da Lei Orgánica do Poder Xudicial, pode solicitar o persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, tratando de equilibrar o dereito a dito desfrute coa normal prestación do servizo público.

Polo exposto, RESOLVO:

1. Como norma xeral, as vacacións e días de permiso por asuntos particulares do ano 2020, desfrutaranse ata o 31 de xaneiro de 2021.

2. Como excepción, poderá autorizarse o desfrute das vacacións correspondentes ao ano 2020 ata o 31 de marzo de 2021:

a) Para aqueles funcionarios destinados en unidades onde, de non se producir esta autorización, e dada a súa natureza e funcións, así como a imposibilidade de arbitrar mecanismos de substitución, se produza un risco certo ou incluso o colapso da prestación ordinaria de servizos públicos durante o tempo que resta ata finalizar xaneiro de 2021, circunstancias que se entenderá que concorren se se dá a validación correspondente do letrado/a, fiscal xefe ou subdirector/a do Imelga no trámite da correspondente solicitude.

b) Naqueles casos específicos de peticións de gozo durante 2020 que foran denegadas expresamente, cando o motivo da denegación estivera fundamentado nas necesidades do servizo.

3. Ademais, e con carácter excepcional, ata o 31 de marzo de 2021 poderán gozar dos días de permiso por asuntos particulares que, a maiores dos 6 previstos para as administracións xerais, non se gozasen ata o 31 de xaneiro de 2021.

Esta resolución producirá os seus efectos dende o momento da súa sinatura.

Santiago de Compostela,O director xeral de XustizaJuan José Martín Alvarez