VACACIÓNS LECTORAS BAC. e CICLO

4
VACACIÓNS MOMENTOS ESTELARES DE LA CIENCIA Isaac Asimov. Ed. Alianza Editorial 1º/2º BAC. LAS DAMAS DEL LABORATORIO Mª José Casado Ruiz de Lóizaga. Ed. Debate 1º/2º BAC. SIDDHARTHA Herman Hesse. Ed. Galaxia 1º/2º BAC. EL LOBO ESTEPARIO Herman Hesse. Ed. Alianza editorial 1º/2º BAC. Isaac Asimov recompila varias anécdotas da vida de grandes científicos e inventores que lograron importantes progresos na historia da ciencia. Como Marie e Pierre Curie descubriron o polonio e o radio ou quen foi o inventor da vacina son algúns dos exemplos das descubertas que nos amosa o autor. Mª José Casado rescata do esquecemento a dez científicas da Historia, a maioría delas absolutamente descoñecidas non xa para o gran público, senón, en gran medida, para os seus propios colegas. A autora ofrécenos o perfil biográfico de nove auténticas pioneiras do coñecemento científico, tan adiantadas á súa época como inxustamente menosprezadas e esquecidas pola historia oficial. A novela relata a vida de Siddhartha, fillo dun brahmana, un mozo hindú. Xunto a el atópase o seu fiel amigo Govinda. Ambos os dous van iniciar unha viaxe compartida, non só xeográfica, senón persoal. Harry Haller, o protagonista da novela, é un home de case cincuenta anos, introvertido e castigado por dolorosas experiencias que se sente fóra de lugar no mundo material que o rodea e busca a verdade a través de todas as vivencias imaxinables. LECTORAS BACHARELATO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA

description

Promoción da lectura

Transcript of VACACIÓNS LECTORAS BAC. e CICLO

Page 1: VACACIÓNS LECTORAS BAC. e CICLO

VACACIÓNS MOMENTOS ESTELARES DE LA CIENCIA

Isaac Asimov. Ed. Alianza Editorial

1º/2º BAC.

LAS DAMAS DEL LABORATORIO

Mª José Casado Ruiz de Lóizaga. Ed. Debate

1º/2º BAC.

SIDDHARTHA

Herman Hesse. Ed. Galaxia

1º/2º BAC.

EL LOBO ESTEPARIO

Herman Hesse. Ed. Alianza editorial

1º/2º BAC.

Isaac Asimov recompila varias anécdotas da vida de grandes científicos e inventores que lograron importantes progresos na historia da ciencia. Como Marie e Pierre Curie descubriron o polonio e o radio ou quen foi o inventor da vacina son algúns dos exemplos das descubertas que nos amosa o autor.

Mª José Casado rescata do esquecemento a dez científicas da Historia, a maioría delas absolutamente descoñecidas non xa para o gran público, senón, en gran medida, para os seus propios colegas. A autora ofrécenos o perfil biográfico de nove auténticas pioneiras do coñecemento científico, tan adiantadas á súa época como inxustamente menosprezadas e esquecidas pola historia oficial.

A novela relata a vida de Siddhartha, fillo dun brahmana, un mozo hindú. Xunto a el atópase o seu fiel amigo Govinda. Ambos os dous van iniciar unha viaxe compartida, non só xeográfica, senón persoal.

Harry Haller, o protagonista da novela, é un home de case cincuenta anos, introvertido e castigado por dolorosas experiencias que se sente fóra de lugar no mundo material que o rodea e busca a verdade a través de todas as vivencias imaxinables.

LECTORAS

BACHARELATO

EQUIPO DE

DINAMIZACIÓN

DA

LINGUA GALEGA

EQUIPO DE

DINAMIZACIÓN

DA

BIBLIOTECA

Page 2: VACACIÓNS LECTORAS BAC. e CICLO

EL TEOREMA DEL LORO

Denis Guedj. Ed. Anagrama

1º/2º BAC.

Con El teorema del loro, o matemático e novelista Denis Guedj pon en xogo todos os seus coñecementos científicos para obter unha novela engaiolante: unha feliz simbiose de humor e razón pura que nos serve nunha entretida lección de matemáticas.

LOS CRÍMENES DE OXFORD

Guillermo Martínez. Ed. Destino.

1º/2º BAC.

INDIGNEZ-VOUS!

Stéphane Hessel. Indigène éditions.

1º/2º BAC.

LE TOUR DU MONDE EN 80 JOURS

Jules Verne. Ed. Vicens-Vives

1º BAC.

Un estudante de matemáticas arxentino realiza unha viaxe a Oxford con fins académicos. Ademais de coñecer a algúns dos seus mestres nesta ciencia, as emocións embarúllanse cando se produce un asasinato na casa onde vive. Desátase así un misterio para o que as matemáticas son, máis que unha disciplina teórica, a clave para a súa investigación.

Stéphane Hessel invita sobre todo os mozos a cambiar a indiferenza por unha indignación activa, pola «insurrección pacífica»; invita a «non claudicar nin deixarse impresionar pola ditadura actual dos mercados financeiros que ameaza a paz e a democracia»

En 1872 Phileas Fogg, un rico londiniense, aposta toda a súa fortuna a que dará a volta ao mundo en 80 días. Acompañado polo seu leal criado Passepartout, deixa Londres nunha carreira contra reloxo. O inspector Fix, convencido de que Fogg é o autor dun roubo, ségueo a todas partes. Logrará gañar a súa aposta?

Page 3: VACACIÓNS LECTORAS BAC. e CICLO

A SANGRE Y FUEGO

Manuel Chaves. Ed. Espasa Editorial

1º/2º BAC.

EL CLAN DEL OSO CAVERNARIO

Jean M. Auel. Ed. Maeva

1º/2º BAC.

PALABRAS EN LA NOCHE

Varios . Ed. Linteo

1º BAC.

LA FIESTA DEL CHIVO

Mario Vargas Llosa. Ed. Alfaguara

2º BAC.

Ayla, unha nena cromañón de cinco anos, queda illada da súa tribo por culpa dun terremoto. Pese a ser dunha estirpe máis desenvolvida é acollida por un grupo de neandertais, que basea os seus razoamentos e comportamentos nas experiencias dos seus antepasados. Ayla introduce o adianto e a renovación. As súas calidades innatas provocan o rexeitamento da sociedade coa que convive e vese obrigada a aprender os costumes do clan para ser aceptada.

É, posiblemente, un dos mellores libros de ficción que se escribiron sobre a Guerra Civil española. Son reais as anécdotas e os lugares onde se desenvolven os nove relatos que o conforman. A prosa do autor é un medio máis para transmitir esa realidade, ás veces, irónica e outras desolada.

Libro de relatos no que diferentes escritores van tirando do fío das súas lembranzas para vestilas de palabras e tecer as historias que nos contan. Moitas das historias que escoitaron na infancia non eran nada inocentes. Nelas había maldades, perdas e abandonos, burlas e desprezos, traizóns e intrigas, sucesos terroríficos de aforcados, mortos e aparecidos, bandoleiros perseguidos, mulleres magoadas e mariñeiros apresados. Historias desacougantes que infundían pánico e producían arreguizos.

Por que regresa Urania Cabral á illa que xurou non volver pisar? Por que segue baleira e chea de medo dende os catorce anos? Por que non tivo ningún amor?

En La fiesta del chivo asistimos a un dobre retorno. Mentres Urania visita a seu pai en Santo Domingo, volvemos a 1961, cando a capital dominicana aínda se chamaba Ciudad Trujillo. Alí un home tiraniza a millóns de persoas sen saber que se xesta unha maquiavélica transición á democracia.

Page 4: VACACIÓNS LECTORAS BAC. e CICLO

NON HAI NOITE TAN LONGA

Agustín Fernández Paz. Ed. Xerais

1º/2º BAC.

MADE IN GALIZA

Sechu Sende. Ed. Galaxia

1º/2º BAC.

LA TIERRA HERIDA

Miguel Delibes, Miguel Delibes de Castro. Ed. Destino

1º/2º BAC.

Gabriel Lamas ten cincuenta anos e vive en París desde 1970. Aos dezaoito anos marchou de Monteverde, a súa vila natal, e nunca máis volveu. Nin sequera cando morreu o seu pai. Só trinta e dous anos despois, o falecemento da súa nai é o que o forza a regresar. Entón…

Libro de relatos que reflicten a situación sociolingüística do galego. Un libro de historias orixinais como cada unha das persoas e dos pobos que coñecemos ou soñamos: únicos. Un libro que conta contigo para ler o mundo con palabras que tamén son túas. Un libro difícil de soñar, como a vida mesma. Contraditorio, inocente, emocionante, creativo, rebelde: un libro Made in Galiza.

Miguel Delibes e o seu fillo, Miguel, un destacado especialista en temas medio ambientais, publican un libro baseado nun diálogo entre ambos os dous, que revela os graves problemas que afectan á Terra e, por tanto, á humanidade como especie.

LA VENGANZA DE LA TIERRA

James Lovelock. Ed. Planeta

1º/2º BAC.

Durante miles de anos a Humanidade explotou a terra sen ter en conta as consecuencias. Agora que o quecemento global e o cambio climático son evidentes, a Terra comeza a vingarse. A humanidade non só está a piques de auto destruírse senón que todas as solucións propostas ou aplicadas ata o de agora non poden resolver o problema (a biomasa, a enerxía solar…).