porchantada.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE CHANTADA. CONCELLO DE CHANTADA. Plaza de...

47
CONCELLO DE CHANTADA BORRADOR ACTA DA SESIÓN DO PLENO DA CORPORACIÓN DO 28 DE NOVEMBRO DE 2019 Na dependencia habilitada na Casa da Cultura de Chantada como salón de sesións do Concello, o día vinte e oito de novembro de dous mil dezanove, reúnense os membros do Pleno da Corporación co obxecto de celebrar a sesión prevista no art. 38 do ROF, convocada para as nove horas e trinta minutos de dito día. A sesión comeza ás 09:35 horas. PRESIDE: O Sr. Alcalde: D. Manuel Lorenzo Varela Rodríguez (Grupo Partido Popular) ASISTEN: Os Sres Concelleiros: Grupo municipal PARTIDO POPULAR: Dna. Mª Cándida Carnero Blanco, D. Diego Otero Veiga, Dna. Pamela Fernández Águila, D. Juan Alberto Diéguez Fernández e dona Concepción Fernández López. Grupo municipal SOCIALISTA: Dna. Raquel López Rodríguez, D. José Luis Vázquez Hermida e don Daniel Gómez Fernández-Camiñas. Grupo municipal POR CHANTADA-CUP: Don Antom Fente Parada e Dona Cruz Fernández Rodríguez. Excusan a súa asistencia: Dna. María Varela Rodríguez. Don Manuel Diéguez Carballo. CONCELLO DE CHANTADA Plaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

Transcript of porchantada.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE CHANTADA. CONCELLO DE CHANTADA. Plaza de...

Page 1: porchantada.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE CHANTADA. CONCELLO DE CHANTADA. Plaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

CONCELLO DE CHANTADA

BORRADOR

ACTA DA SESIÓN DO PLENO DA CORPORACIÓN DO 28 DE NOVEMBRO DE 2019

Na dependencia habilitada na Casa da Cultura de Chantada como salón de sesións do

Concello, o día vinte e oito de novembro de dous mil dezanove, reúnense os membros do

Pleno da Corporación co obxecto de celebrar a sesión prevista no art. 38 do ROF, convocada

para as nove horas e trinta minutos de dito día. A sesión comeza ás 09:35 horas.

PRESIDE: O Sr. Alcalde: D. Manuel Lorenzo Varela Rodríguez (Grupo Partido Popular)

ASISTEN: Os Sres Concelleiros:

Grupo municipal PARTIDO POPULAR: Dna. Mª Cándida Carnero Blanco, D. Diego Otero

Veiga, Dna. Pamela Fernández Águila, D. Juan Alberto Diéguez Fernández e dona Concepción

Fernández López.

Grupo municipal SOCIALISTA: Dna. Raquel López Rodríguez, D. José Luis Vázquez

Hermida e don Daniel Gómez Fernández-Camiñas.

Grupo municipal POR CHANTADA-CUP: Don Antom Fente Parada e Dona Cruz Fernández

Rodríguez.

Excusan a súa asistencia:Dna. María Varela Rodríguez.

Don Manuel Diéguez Carballo.

Secretaria: Dona María Yebra-Pimentel López, que da fe do acto.

Interventora: Dona María Cristina González Santin.

O Sr.Alcalde abre a sesión e dispón que se proceda a tratar os asuntos da ORDE DO DÍA.

1.- ACTAS ANTERIORES, CORRESPONDENTES ÁS SESIÓNS:

 

CONCELLO DE CHANTADAPlaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

Page 2: porchantada.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE CHANTADA. CONCELLO DE CHANTADA. Plaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

CONCELLO DE CHANTADA

.- ORDINARIA DO DÍA 03/10/2019.

.- EXTRAORDINARIA DO DÍA 17/10/2019.

.- EXTRAORDINARIO URXENTE DO DÍA 21/10/2019.

.- EXTRAORDINARIO URXENTE DO DÍA 29/10/2019.

.- EXTRAORDINARIO URXENTE DO DÍA 04/11/2019.

De conformidade co disposto no artigo 91.1 do RD 2568/1986, do 28 de Novembro, polo que se

aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades

Locais (ROF), o Presidente pregunta aos membros da Corporación, se alguén ten que formular

algunha observación ás devanditas actas. Non habendo ningunha observación formulada

respecto ao borrador remitido coa convocatoria, o Pleno do Concello, por UNANIMIDADE,

acorda APROBAR ditas actas, quedando elevadas a definitiva. Asimesmo acordan por

UNANIMIDADE non cobrar as asistencias correspondentes ás sesións celebradas con data

29/10/2019 e 4/11/2019.

PARTE RESOLUTIVA

2.- MODIFICACIÓN ORDENANZA FISCAL DA TAXA POLA REDE DE SUMIDOIROS E A TAXA POLA SUBMINISTRACIÓN DE AUGA. (G-1123/2019). DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA.

Polo Sr. Alcalde dase lectura ó ditame da Comisión informativa de data 25/11/2019 que é do

seguinte teor:

“...Vista a atribución que confire a este órgano colexiado o artigo 123 do Regulamento de

Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado por Real

Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, cos votos a favor do Grupo Municipal do P.P. (4) e con

reserva de voto para o pleno do grupo PS de G-PSOE (2) e do grupo por Chantada Cup (1),

ditamínase favorablemente a seguinte

PROPOSTA:

PRIMEIRO.- Aprobar, a actualización das seguintes tarifas para que se apliquen con efectos de

1 de xaneiro de 2020:

REDE DE SUMIDOIROS ANO 2019 ANO 2020

Concepto Euros Euros

CONCELLO DE CHANTADAPlaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

Page 3: porchantada.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE CHANTADA. CONCELLO DE CHANTADA. Plaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

CONCELLO DE CHANTADA

Cota de aboamento mensual 1,464686 1,466151

Cota Conservación Saneamento

mensual1,554821 1,556376

Primeiros 30 m3 cada dous

meses(euros/m3)0,273132 0,273405

Consumos de 30 a 60 m3 en adiante

(euros/m3)0,669785 0,670455

Consumos de 60 m3 en adiante

(euros/ m3)0,978229 0,979207

SUBMINISTRACIÓN DE AUGA ANO 2019 ANO 2020

Concepto Euros Euros

Cota de aboamento mensual 1,464686 1,466151

Cota Conservación Abastecementos

mensual1,464686 1,466151

Primeiros 30 m3 cada dous

meses(euros/m3)0,273132 0,273405

Consumos de 30 a 60 m3 en adiante

(euros/m3)0,669785 0,670455

Consumos de 60 m3 en adiante

(euros/ m3)0,978229 0,979207

A estes importes, engadiráselles o IVE correspondente.

SEGUNDO.- A aprobación inicial da modificación das ordenanzas fiscais reguladoras dos

servizos, da seguinte forma:

Ordenanza fiscal nº 10 da taxa pola rede de sumidoiros.-Artigo 5º.- Cota tributaria. (...)

2. A contía da taxa regulada nesta Ordenanza, será a fixada na Tarifa seguinte, na que non se

inclúe o IVE que resultase de aplicación:

REDE DE SUMIDOIROS ANO 2020

Concepto Euros

Cota de aboamento mensual 1,466151

Cota Conservación Saneamento mensual 1,556376

CONCELLO DE CHANTADAPlaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

Page 4: porchantada.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE CHANTADA. CONCELLO DE CHANTADA. Plaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

CONCELLO DE CHANTADA

Primeiros 30 m3 cada dous meses(euros/m3) 0,273405

Consumos de 30 a 60 m3 en adiante (euros/m3) 0,670455

Consumos de 60 m3 en adiante (euros/ m3) 0,979207

Ordenanza fiscal nº 12 da taxa pola subministración de auga.-Artigo 3º.- Contía.

A contía da taxa regulada nesta Ordenanza, será a fixada na Tarifa seguinte, na que non se

inclúe o IVE que resultase de aplicación:

SUBMINISTRACIÓN DE AUGA ANO 2020

Concepto Euros

Cota de aboamento mensual 1,466151

Cota Conservación Abastecementos mensual 1,466151

Primeiros 30 m3 cada dous meses(euros/m3) 0,273405

Consumos de 30 a 60 m3 en adiante (euros/m3) 0,670455

Consumos de 60 m3 en adiante (euros/ m3) 0,979207

(...)

TERCEIRO.- Dacordo co artigo 17 do real decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, a

publicación no boletín oficial da provincia así como no taboleiro de anuncios do Concello

durante trinta días, como mínimo, dentro dos cales os interesados poderán examinar o

expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas.

Finalizado o período de exposición pública, adoptarase o acordo definitivo que proceda,

resolvendo as reclamacións que se presentaron e aprobando a redacción definitiva da

ordenanza. No caso de que non se presentaron reclamacións, entenderase definitivamente

adoptado o acordo, ata entón provisional, sen necesidade de acordo plenario.

CONCELLO DE CHANTADAPlaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

Page 5: porchantada.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE CHANTADA. CONCELLO DE CHANTADA. Plaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

CONCELLO DE CHANTADA

O acordo definitivo a que se refire o apartado anterior, incluíndo o provisional elevado

automaticamente a tal categoría, e o texto íntegro da ordenanza ou das súas modificacións,

haberán de ser publicados no boletín oficial da provincia.”

Aberto o turno de debate intervén Dona Raquel López Rodríguez (PSDG-PSOE) para

agradecer que se traía a modificación dentro do tempo marcado, sinalando que non hai moito

que comentar. Non obstante, indica, en canto á empresa adxudicataria do servizo de augas,

que non se sabe nada do informe de Augas de Galicia e da Confederación Hidrográfica sobre o

alcance das irregularidades desta empresa e que hai queixas sobre a calidade da auga.

Asimesmo, hai que engadir o demoledor informe de control financeiro da Intervención que

indica que é imposible controlar a esta empresa e que hai cousas que se están facendo de

forma ilegal. Segundo o exposto indica que non poden votar a favor e que se van abster.

Intervén Don Antom Fente Parada (POR CHANTADA-CUP) para sinalar que na pasada

lexislatura se verificou que esta empresa cometeu varias irregularidades e que nesta lexislatura

este grupo indicou que se vendía auga e que, sen embargo, non se abriu ningún expediente

disciplinario. Sinala que o informe de control financeiro indica que non se renden contas, polo

tanto, non sabe a que se está esperando, pois non se pode pechar os ollos ante esta realidade.

A xestión da auga deixa moito que desexar, os beneficios que deixa a xestión da agua van para

a empresa e en detrimento da colectividade.

Intervén o Sr. Alcalde para sinalar que aproveitando que o Miño pasa por Belesar dise algo que

non ten nada que ver co que se está tratando e pregunta se van votar en contra de algo que hai

que aprobar que é a actualización de acordo co IPC.

Intervén Don Antom Fente Parada para indicar que parece que hai un baremo distinto en

función da ordenanza de que se trate.

O Sr Alcalde resposta que se din incongruencias que non teñen nin pes nin cabeza, que esta

empresa o que fixo foi subministrarlle auga a Estrella Galicia, que se saben de irregularidades

deben denuncialo porque o dominio das augas correspóndelle á Confederación Hidrográfica e

á Xunta de Galicia e que si estas entidades non contestan aos escritos do Concello será por

algo. Vostedes o que teñen que facer e seguir participando en manifestacións pancarteiras, o

que lles vai é a pancarta e a protesta, sen embargo, o noso grupo está cos cidadáns.

Seguidamente sométese a votación o ditame da Comisión Informativa de Economía e Facenda

do día 25 de novembro de 2019 co seguinte resultado: votos a favor do Grupo Municipal do

P.P. (6), a abstención do PS de G-PSOE (3) e do grupo por Chantada-CUP (2).

CONCELLO DE CHANTADAPlaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

Page 6: porchantada.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE CHANTADA. CONCELLO DE CHANTADA. Plaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

CONCELLO DE CHANTADA

Á vista do resultado da votación, co voto de calidade do Sr. Alcalde, o Pleno do Concello a

adopción do seguinte ACORDO:

PRIMEIRO.- Aprobar, a actualización das seguintes tarifas para que se apliquen con efectos de

1 de xaneiro de 2020:

REDE DE SUMIDOIROS ANO 2019 ANO 2020

Concepto Euros Euros

Cota de aboamento mensual 1,464686 1,466151

Cota Conservación Saneamento

mensual1,554821 1,556376

Primeiros 30 m3 cada dous

meses(euros/m3)0,273132 0,273405

Consumos de 30 a 60 m3 en adiante

(euros/m3)0,669785 0,670455

Consumos de 60 m3 en adiante

(euros/ m3)0,978229 0,979207

SUBMINISTRACIÓN DE AUGA ANO 2019 ANO 2020

Concepto Euros Euros

Cota de aboamento mensual 1,464686 1,466151

Cota Conservación Abastecementos

mensual1,464686 1,466151

Primeiros 30 m3 cada dous

meses(euros/m3)0,273132 0,273405

Consumos de 30 a 60 m3 en adiante

(euros/m3)0,669785 0,670455

Consumos de 60 m3 en adiante

(euros/ m3)0,978229 0,979207

A estes importes, engadiráselles o IVE correspondente.

SEGUNDO.- A aprobación inicial da modificación das ordenanzas fiscais reguladoras dos

servizos, da seguinte forma:

Ordenanza fiscal nº 10 da taxa pola rede de sumidoiros.-Artigo 5º.- Cota tributaria. (...)

CONCELLO DE CHANTADAPlaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

Page 7: porchantada.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE CHANTADA. CONCELLO DE CHANTADA. Plaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

CONCELLO DE CHANTADA

2. A contía da taxa regulada nesta Ordenanza, será a fixada na Tarifa seguinte, na que non se

inclúe o IVE que resultase de aplicación:

REDE DE SUMIDOIROS ANO 2020

Concepto Euros

Cota de aboamento mensual 1,466151

Cota Conservación Saneamento mensual 1,556376

Primeiros 30 m3 cada dous meses(euros/m3) 0,273405

Consumos de 30 a 60 m3 en adiante (euros/m3) 0,670455

Consumos de 60 m3 en adiante (euros/ m3) 0,979207

Ordenanza fiscal nº 12 da taxa pola subministración de auga.-Artigo 3º.- Contía.

A contía da taxa regulada nesta Ordenanza, será a fixada na Tarifa seguinte, na que non se

inclúe o IVE que resultase de aplicación:

SUBMINISTRACIÓN DE AUGA ANO 2020

Concepto Euros

Cota de aboamento mensual 1,466151

Cota Conservación Abastecementos mensual 1,466151

Primeiros 30 m3 cada dous meses(euros/m3) 0,273405

Consumos de 30 a 60 m3 en adiante (euros/m3) 0,670455

Consumos de 60 m3 en adiante (euros/ m3) 0,979207

(...)

TERCEIRO.- Dacordo co artigo 17 do real decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, a

publicación no boletín oficial da provincia así como no taboleiro de anuncios do Concello

durante trinta días, como mínimo, dentro dos cales os interesados poderán examinar o

expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas.

CONCELLO DE CHANTADAPlaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

Page 8: porchantada.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE CHANTADA. CONCELLO DE CHANTADA. Plaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

CONCELLO DE CHANTADA

Finalizado o período de exposición pública, adoptarase o acordo definitivo que proceda,

resolvendo as reclamacións que se presentaron e aprobando a redacción definitiva da

ordenanza. No caso de que non se presentaron reclamacións, entenderase definitivamente

adoptado o acordo, ata entón provisional, sen necesidade de acordo plenario.

O acordo definitivo a que se refire o apartado anterior, incluíndo o provisional elevado

automaticamente a tal categoría, e o texto íntegro da ordenanza ou das súas modificacións,

haberán de ser publicados no boletín oficial da provincia.

3.-SUPLEMENTO DE CRÉDITO 05/2019, EXPEDIENTE G.-1021/2019. DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA.

Polo Sr. Alcalde dase lectura ó ditame da Comisión informativa de data 25/11/2019 que é do

seguinte teor:

1. Inadmitir a alegación presentada por Antom Fente Parada, veciño, concelleiro e voceiro do

Grupo Municipal Por-Chantada-CUP, con rexistro de entrada 2019-E-RE-217.

2. Que se proceda á aprobación definitiva polo Pleno do SUPLEMENTO DE CRÉDITO 05/2019 por importe de 80.719,97€, conforme ao seguinte detalle:

INCREMENTO DO GASTO

Aplicación orzamentaria

Denominación Importe

150-625.00 Mobiliario 4.455,83

171-625.00 Mobiliario 4.038,98

323-632.00 Reposición edificios 861,46

450-610.00 Inversiones terrenos 17.681,73

545-610.00 Inversiones terrenos 53.681,97

TOTAL 80.719,97

INCREMENTO DE INGRESOS

Concepto Destino Importe

870.00Remanente de Tesourería para Gastos

Xerais80.719,97

TOTAL 80.719,97

CONCELLO DE CHANTADAPlaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

Page 9: porchantada.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE CHANTADA. CONCELLO DE CHANTADA. Plaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

CONCELLO DE CHANTADA

3. Publicación do expediente, resumido por capítulos, no Boletín oficial da provincia.

4. Simultáneamente o envío do anuncio da publicación indicado no apartado anterior,

remitirase copia á Comunidade Autónoma e á Administración do Estado.”

Aberto o turno de debate intervén Dona Raquel López Rodríguez (PSDG-PSOE) para remitirse

á argumentación realizada no último pleno ordinario, recordando que se gasta sen crédito

orzamentario, abusando dos recursos e que, ademáis, se trata de gastos realizados

descaradamente en periodo electoral. Seguidamente, resalta que, a pesar de que os informes

indiquen que non cabe admitir a reclamación, bótase en falta que se afonde en explicar se o

que se dí é ou non certo e posto que os informes non indican nada ao respecto votarán en

contra de rexeitar a reclamación.

Intervén D. Antom Fente Parada para sinalar que os argumentos xa os indicaron na

reclamación, que se trata de obras realizadas en periodo electoral e que, no seu conxunto, é un

tema que suscita moita dúbida, posto que hai cuestións que darían lugar á nulidade de pleno

dereito e que se debería facer un expediente de investigación destos casos a ver se hai lugar a

algunha responsabilidade. Para concluir indica que, visto que non se nos aclaran as dúbidas o

único que non queda é rexeitar a proposta, anunciando un recurso contra o acordo do Pleno

que se vai adoptar.

Intervén o Sr. Alcalde para sinalar que si un grupo político gastando aproximadamente 80.000 é

capaz de ganar unhas eleccións é un fenómeno. Convida aos demáis grupos a examinar as

cantidades gastadas noutros sitios, prevendo que se darán conta de que son cantidades moi

diferentes, cantidades millonarias. En Chantada as obras que se fixeron foron porque son

necesarias e non polo ánimo electoral. A xente que está pendente de aprobar estas facturas

vaise acordar de vostedes, xa que non se da pagado porque sempre están coa mesma,

esperar ata o último día da publicidade e impugnalo.

Seguidamente sométese a votación o ditame da Comisión Informativa de Economía e Facenda

do día 25 de novembro de 2019 co seguinte resultado: votos a favor do Grupo Municipal do

P.P. (6), votos en contra do PS de G-PSOE (3) e do grupo por Chantada-CUP (2).

Á vista do resultado da votación, o Pleno do Concello a adopción do seguinte ACORDO:

1. Inadmitir a alegación presentada por Antom Fente Parada, veciño, concelleiro e voceiro do

Grupo Municipal Por-Chantada-CUP, con rexistro de entrada 2019-E-RE-217.

2. Que se proceda á aprobación definitiva polo Pleno do SUPLEMENTO DE CRÉDITO 05/2019 por importe de 80.719,97€, conforme ao seguinte detalle:

CONCELLO DE CHANTADAPlaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

Page 10: porchantada.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE CHANTADA. CONCELLO DE CHANTADA. Plaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

CONCELLO DE CHANTADA

INCREMENTO DO GASTO

Aplicación orzamentaria

Denominación Importe

150-625.00 Mobiliario 4.455,83

171-625.00 Mobiliario 4.038,98

323-632.00 Reposición edificios 861,46

450-610.00 Inversiones terrenos 17.681,73

545-610.00 Inversiones terrenos 53.681,97

TOTAL 80.719,97

INCREMENTO DE INGRESOS

Concepto Destino Importe

870.00Remanente de Tesourería para Gastos

Xerais80.719,97

TOTAL 80.719,97

3. Publicación do expediente, resumido por capítulos, no Boletín oficial da provincia.

4. Simultáneamente o envío do anuncio da publicación indicado no apartado anterior,

remitirase copia á Comunidade Autónoma e á Administración do Estado.

4.- MODIFICACIÓN HORARIOS SESIÓNS PLENARIAS. DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA.

Polo Sr. Alcalde dase lectura ó ditame da Comisión informativa de data 25/11/2019 que é do

seguinte teor:

“Dase conta da Proposta da Alcaldía de data 20/11/2019, que é do seguinte teor:

“PROPOSTA DA ALCALDÍAVISTO que por acordo do Pleno do Concello de Chantada en sesión celebrada o 02/07/2019, acordouse no punto nº 4 o seguinte:

“Fixar como periodicidade das sesión do Pleno en “unha sesión cada dous meses, cúmprese

co previsto no art. 46.2.a) da Lei 7/1985, correspondéndose co cuarto xoves dos meses

impares. Prevese como hora de convo0catoria as nove horas e trinta minutos (9:30 horas da

mañá).”

CONCELLO DE CHANTADAPlaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

Page 11: porchantada.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE CHANTADA. CONCELLO DE CHANTADA. Plaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

CONCELLO DE CHANTADA

VISTO que este horario lle resulta incompatible a parte dos concelleiros cas súas respectivas

responsabilidades laboráis.

Propoño ó Pleno do Concello a adopción do seguinte

ACORDO:

UNICO.- Modificar o acordo Plenario de data 02/07/2019, únicamente no relativo ó

horario das sesións do Pleno, prevéndose como hora de convocatoria as 20:00 horas do

serán.”

Sométese a votación a emenda presentada polo Grupo Por Chantada-Cup, contra este punto

da orde do día, con rexistro de entrada 2019-E-RE-241, a cal é rexeitada votos en contra do

Grupo Municipal do P.P. (4), con reserva de voto para o pleno do grupo PS de G-PSOE (2) e

co voto a favor do grupo por Chantada Cup (1).

Vista a atribución que confire a este órgano colexiado o artigo 123 do Regulamento de

Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado por Real

Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, cos e con reserva de voto para o pleno do grupo PS

de G-PSOE (2) e co voto en contra dogrupo por Chantada Cup (1), ditamínase favorablemente

a seguinte

PROPOSTA:

UNICO.- Modificar o acordo Plenario de data 02/07/2019, únicamente no relativo ó horario das

sesións do Pleno, prevéndose como hora de convocatoria as 20:00 horas do serán.”

Trátase en primeiro termo a enmenda presentada polo Grupo POR CHANTADA-CUP do

seguinte, que pasa a ser defendida por D. Antom Fente Parada e que é do seguinte teor:

“Mediante Decreto 538/2019 de 20 de novembro convocouse Comisión Informativa de Réxime

Interior, urbanismo , obras e servizos para 25/11/2019 (expediente G 1221/2019). Figura na

orde do día, como segundo ponto, a “Modificación horarios sesións plenarias”.

A respeito do mesmo, desde Por Chantada-CUP apresentamos a seguinte emenda, que se

fundamenta na seguinte exposición de motivos:

Por acordo do Pleno do Concello de Chantada, en sesión celebrada o 2/7/2019, acordouse no

ponto 4º o seguinte: Fixar como periodicidade das sesión do Pleno en “unha sesión cada dous

meses, cúmprese co previsto no art. 46.2.a) da Lei 7/1985, correspondéndose co cuarto xoves

dos meses impares. Prevese como hora de convocatoria as nove horas e trinta minutos (9:30

horas da mañá).

CONCELLO DE CHANTADAPlaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

Page 12: porchantada.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE CHANTADA. CONCELLO DE CHANTADA. Plaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

CONCELLO DE CHANTADA

Naquela altura, desde o noso grupo manifestámonos contrarios á adopción deste horario,

imposto unilateralmente desde o grupo municipal PP, que é quen agora solicita mudalo. A

razón que entón expuxo o grupo popular foi que «se rendía mellor». No entanto, apenas 4

meses despois, o devandito partido muda o seu parecer e propón mudar a convocatoria para

as 20:00 horas, horario da anterior lexislatura. A razón que agora se expón na

proposta de acordo é que «este horario lle resulta incompatible a parte dos concelleiros cas

súas respectivas responsabilidades laboráis». Resulta evidente que esa “parte” exclúe aos

concelleiros do noso grupo municipal, que non foi consultado en nengún momento. Porén, na

organización horaria da nosa vida laboral tivemos en conta o acordo de 2 de xullo e alterar as

datas orixinais cáusanos prexuízos que non podemos agora emendar. Daquela, a nosa

emenda tenta conxugar a compatibilidade para todas as concelleiras e todos os concelleiros e

non só para unha “parte”, de tal xeito que ficaría como segue a proposta de ACORDO:

ÚNICO.- Modificar o acordo Plenario de data 02/07/2019 do seguinte xeito: Fixar como

periodicidade das sesión do Pleno nunha sesión cada dous meses, cúmprese así co previsto

no art. 46.2.a) da Lei 7/1985, correspondéndose co cuarto venres dos meses impares. Prevese

como hora de convocatoria as vinte horas (20:00 horas).

Intervén D. Antom Fente Parada para exponer que a enmenda vai no sentido de que se adopte

o acordo de tal forma que se teña en conta a xornada laboral de todos, de xeito que as sesións

poderían ser os mercores ou os venres.

O Sr. Alcalde intervén para sinalar que non se pode ter en conta a cada persoa para establecer

o horario, de tal forma que llo teñen que rexeitar.

Seguidamente sométese a votación a enmenda presentada polo Grupo POR CHANTADA-CUP

resultando REXEITADA cos votos en contra de do Grupo do PARTIDO POPULAR (6), a

abstención do grupo SOCIALISTA (3) e os votos a favor do Grupo POR CHANTADA-CUP (2).

Seguidamente o Grupo Municipal Socialista presenta una Emenda, que é defendida por Dona

Raquel López Rodríguez (PSDG-PSOE), do seguinte teor literal:

“De acordo e ó abeiro do previsto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime

Xurídico das Entidades Locais, aprobado por RD 2568/1986, do 28 de novembro (BOE do 22

de decembro), o Grupo Municipal Socialista do Concello de Chantada desexa someter á

consideración do Pleno Municipal a seguinte EMENDA PROPOSTA DE ACORDO DO PUNTO CUARTO DA ORDE DO DÍA.

1) Engadir un punto segundo coa redacción seguinte:

2.- Modificar o acordo plenario de data 02/07/2019 no relativo á periodicidade e horario

das Comisións Informativas, realizándose o terceiro xoves dos meses impares e

CONCELLO DE CHANTADAPlaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

Page 13: porchantada.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE CHANTADA. CONCELLO DE CHANTADA. Plaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

CONCELLO DE CHANTADA

prevéndose como hora de convocatoria para a Comisión Informativa de Economía e

Facenda e Comisión Especial de Contas: as dezanove hora s(19.:00 h) e para a

Comisión Informativa de Réxime Interior, Urbanismo, Obras e Servizos: as dezanove

horas e trinta minutos (19:30 h).

Intervén Dona Raquel para sinalar que celebran que se entre en razón en canto á celebración

do horario dos Plenos, que están satisfeitos con que se poñan polas tardes para posibilitar a

asistencia aos concelleiros e ao público que o desexe. Non obstante, bótase en falta o mesmo

cambio para as Comisións Informativas, que parece máis lóxico que sexan polas tardes.

Intervén o Sr. Alcalde para decir que dende o servizos do Concello indícaselle que resulta máis

axeitado tes os máximos días posibles para incluir asuntos na orde do día e que dende o luns a

xoves é tempo suficiente. Sinala ademáis que non parece que haxa problema en canto aos

traballos xa que ao celebrarse a primeira hora pódese asistir antes despois das Comisións.

Seguidamente sométese a votación a enmenda presentada polo Grupo PSDG-PSOE

resultando REXEITADA cos votos en contra de do Grupo do PARTIDO POPULAR (6), a

abstención do grupo e os votos a favor do Grupo PSDG-PSOE (3) POR CHANTADA-CUP (2).

Seguidamente sométese a votación o ditame da Comisión Informativa de Economía e Facenda

do día 25 de novembro de 2019 co seguinte resultado: votos a favor do Grupo Municipal do

P.P. (6), votos en contra do PS de G-PSOE (3) e do grupo por Chantada-CUP (2).

Á vista do resultado da votación, o Pleno do Concello a adopción do seguinte ACORDO:

UNICO.- Modificar o acordo Plenario de data 02/07/2019, únicamente no relativo ó horario das

sesións do Pleno, prevéndose como hora de convocatoria as 20:00 horas do serán.

5- MOCIÓN GRUPO MUNICIPAL POR CHANTADA-CUP PARA A ADOPCIÓN DE MEDIDAS A PROL DA IGUALDADE. DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA.

Dase lectura ó ditame da Comisión informativa de data 25/11/2019 que é do seguinte teor:

“Deuse conta neste punto da orde do día da moción presentada polo grupo municipal Por

Chantada-CUP, con rexistro de entrada 2019-E-RE-238, do 19/11/2019, sobre a adopción de

medidas a prol da igualdade na que se solicita a adopción polo Pleno do Concello os seguintes

acordos:

CONCELLO DE CHANTADAPlaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

Page 14: porchantada.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE CHANTADA. CONCELLO DE CHANTADA. Plaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

CONCELLO DE CHANTADA

“1.- Esixir ao resto de Administracións Públicas (Deputación de Lugo, Xunta da Galiza e

Estado) unha implicación coordinada, achegando os medios necesarios para garantir a

atención xurídica, psicolóxica e social; en definitiva, a protección efectiva das mulleres, tal e

como se indica na Lei de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.

Reclamamos que os concellos manteñan as súas competencias na loita contra a violencia

machista, mais é mester dotalos de recursos económicos, através dun financiamento local

suficiente e xusto.

2.- Elaborar, ao longo da anualidade 2020, unha ordenanza específica sobre igualdade

(Ordenanza municipal de Chantada para a igualdade na diversidade), non ronsel das xa feitas

por algúns concellos pioneiros nesta materia e que supoña un novo paso na adopción e

asunción do enunciado no III Plano de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes

(2019-2024).

3.- Impulsar dende o ámbito local a sensibilización sobre a violencia machista e a detección e

apoio ás mulleres vítimas e ás súas crianzas, facendo da prevención unha política prioritaria e

transversal, que impregne todas as políticas desenvoltas a través das concellarías e

coordinada desde o CIM e os Servizos Sociais.

4.- Proclamar a “tolerancia cero” cara a violencia machista, empregando todos os instrumentos,

incluído os orzamentarios, que esta Corporación ten ao seu alcance para facer fronte á lacra da

violencia machista de xeito urxente.

5.- Deseñar, en colaboración dos centros educativos dotados dun Plano de Igualdade, un plano

de acción específico para a prevención e erradicación da violencia machista dende a infancia e

a adolescencia cos valores de coeducación, cooperación e respecto.

6.- O Concello de Chantada non subvencionará actos nos que a entidade organizadora

empregue o corpo das mulleres de xeito sexista como reclamo publicitario.

7.- Incluír actos relacionados coa violencia machista no deporte na programación das xornadas

e actividades entorno ao 25 de novembro.”

Vista a atribución que confire a este órgano colexiado o artigo 123 do Regulamento de Organi-

zación, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado por Real Decreto

2568/1986, do 28 de novembro, coa reserva de voto para o pleno do Grupo Municipal PS de G-

CONCELLO DE CHANTADAPlaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

Page 15: porchantada.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE CHANTADA. CONCELLO DE CHANTADA. Plaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

CONCELLO DE CHANTADA

PSOE (2) cos votos en contra do grupo do P.P. (4) e co voto a favor do grupo por Chantada

Cup (1), ditamínase desfavorablemente a moción presentada.”

Aberto o turno de debate intervén D. Antom Fente Parada (POR CHANTADA-CUP) para sinalar

que como o día 25 foi recentemente consideraron necesario traer algo en prol da igualdade. In-

dica que queda moito por facer, que a violencia é estrutural, fenda salarial, teitos de cristal e

que hai unha cultura de impunidade. Sinala que na actualidade hai certos grupos que fan de-

magoxia barata coa finalidade de retrotraernos á idade media. Sinala que os Concellos teñen

tamén moito que facer, que compre coeducación, reparto da riqueza, recoñecer o dereito das

mulleres a decidir sobre os seus corpos, compre atinxir á igualdade de todo ser humano. Com-

pre que o Concello reafirme o seu compromiso de loita contra a violencia machista. Sobre este

particular había unanimidade, pero no Concello de Madrid acaba de romperse, e creo que na

igualdade estamos todos dacordo, non ten sentido que ningún grupo político se opoña a todo

iso. Asimesmo, compre facer referencia ao colectivo LGTBI, que moitas veces se esquece. Se-

guidamente lamenta que o plan de igualdade no pase polo Pleno e indica que, ainda que fixe-

ron achegas en prazo, o Concello decidiu levalo por sí so e xa se verá se é o máis axeitado ou

non. Continúa o Sr. Fente Parada para decir que os Concellos deben adoptar medidas pero, á

súa vez, debe esixirse que se dote financiamento, indica ademáis que se deberá facer unha or-

denanza que inclúa esta cuestión como algo transversal.

Seguidamente intervén Dona Raquel López Rodríguez (PSDG-PSOE) para decir que non pode

agochar o seu asombro cando se decatou de que o Plan de Igualdade se aprobara por Decre-

to. Non obstante, quere agradecer a Pamela que se puxese en contacto con eles, pero hai que

recordar que tamén lles dixo que se ia traer ao Pleno ordinario e despois extraordinario, e non

atopa explicación para que non se trouxese ao Pleno. Indica que están dacordo co Plan e coa

moción tamén, parece moi afortunada a creación dunha ordenanza e hai aspectos como o dos

centros educativos nos que están absolutamente dacordo. Ademáis, sinala que non entende

como o Concello de Chantada non tivo representación en Lugo o día 22 de novembro na cam-

paña contra a violencia machista. Por último, sinala que está nas nosas mans ter unha maior

implicación dos nosos responsables, traballadores e cargos públicos nesta materia.

Intervén o Sr. Alcalde para sinalar que a proposta do seu grupo en materia de igualdade recó-

llese no plan elaborado pola compañeira, ao que non lle parece convinte cambiar nin unha

coma, xa que parece axeitado e que, polo tanto, non é convinte aprobar esta moción porque re-

sulta reiterativa. Remata solicitanto aos demáis grupos que apoien unánimemente a proposta

recollida no Plan.

CONCELLO DE CHANTADAPlaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

Page 16: porchantada.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE CHANTADA. CONCELLO DE CHANTADA. Plaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

CONCELLO DE CHANTADA

Seguidamente sométese a votación o ditame da Comisión Informativa de rexime interior

urbanismo Obras e servizos do día 25 de novembro de 2019 co seguinte resultado: votos en

contra do Grupo Municipal do P.P. (6), votos a favor do PS de G-PSOE (3) e do grupo por

Chantada-CUP (2).

Xa que logo rexeitouse a moción presentada.

6.- MOCIÓN DE POR CHANTADA. CUP SOBRE ADOPCIÓN DE MEDIDAS NECESARIAS NA ESCOLA INFANTIL E PARA AMPLIACIÓN DAS PRAZAS PÚBLICAS. DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA.

Dase lectura ó ditame da Comisión informativa de data 25/11/2019 que é do seguinte teor:

“Deuse conta neste punto da orde do día da moción presentada polo grupo municipal Por

Chantada-CUP, con rexistro de entrada 2019-E-RE-194, do 09/10/2019, sobre sobre adopción

de medidas necesarias na Escola Infantil e para ampliación das prazas públicas, na que se

solicita a adopción polo Pleno do Concello os seguintes acordos:

ACORDO:

1.- Instar á Xunta da Galiza para dotar a escola infantil de Chantada de medios materiais e

humanos para ampliala cun novo módulo (o quinto) e unha cociña, asumindo o Concello as

obras correspondentes e a Xunta o persoal necesario para o módulo e a cociña.

2.- A Corporación municipal e o Goberno comprométense a incluír no Orzamento de 2020 do

Concello de Chantada aplicacións orzamentares para desenvolver as obras do novo módulo e

a cociña.

3.- A Corporación municipal e o Goberno comprométense a incluír no Orzamento de 2020 do

Concello de Chantada aplicacións orzamentares para o repintado da Escola Infantil.

Vista a atribución que confire a este órgano colexiado o artigo 123 do Regulamento de Organi-

zación, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado por Real Decreto

2568/1986, do 28 de novembro, e con reserva de voto para o pleno do grupo do P.P. (4) e do

Grupo Municipal do PS de G-PSOE (2) e co voto a favor do Grupo Municipal por Chantada-

Cup (1), ditamínase favorablemente a moción presentada.”

Aberto o turno de debate intervén D. Antom Fente Parada (POR CHANTADA-CUP) para sinalar

que a moción preséntase en razón da problemática que lles chega en canto á escola infantil e

CONCELLO DE CHANTADAPlaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

Page 17: porchantada.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE CHANTADA. CONCELLO DE CHANTADA. Plaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

CONCELLO DE CHANTADA

que entronca cunha moción que trouxeron fai dous anos aproximadamente tamén relacionada

coa escola infantil que se aprobou cunha emenda de INTA e saiu co acordo de todos os gru-

pos, agás a abstención do PP que non representaban vostedes. O que se acordou naquel mo-

mento non fomos capaces de levalo a cabo. Indica que fan falta máis plazas, que teñen ahí as

listaxes de agarda e que houbo familias que trasladaron os seus fillos a outras garderías. Na ta-

refa de conseguir máis plazas debemos ir todos xuntos, porque vai redundar en prol de todos

os cidadáns. Por outro lado, as familias levan anos demandando un servizo de cociña e non

aceptan o catering, que é normal que as familias prefiran un servizo de cociña, non é entendi-

ble que no ano 2019 teñamos que seguir levando un tupper.

Intervén Dona Raquel López Rodríguez (PSDG-PSOE) para sinalar que na comisión dixoselles

que se estaba sobre o tema e punto, que é unha expresión que lembra perfectamente. Sinala

que se van pintar a escola non terán problema en incluilo nos orzamentos, que en canto ao es-

pazo, pódese facer un proxecto para reestruturalo. En canto á cociña din que se opón a direc-

ción, pero non din o motivo, cando se pide que se explique algo din que non o saben, e punto.

Finalmente indica que o Concello debe asegurar que o investimento se faga por parte da Xun-

ta.

Intervén o Sr. Alcalde para decir que, en canto ao que acaba de decir está absolutamente da-

cordo, que o Concello non debe asumir as obras baixo ningún concepto, que só debe asumir o

mantemento. Que vostedes falan do catering, que o único que se pide é que se estableza o

servizo de cociña, pero que a gardería non está dacordo non se sabe o motivo, pero que en

ningún momento se falou de catering. Sinala que o Concello vai seguir facendo as melloras que

se lle demandan, pero que, por parte técnica, que a edificación no parque Eloisa Rivadulla está

agotada, que non se pode ampliar máis e que ao mellor o que se debe plantexar é facer unha

gardería nova e que non podemos comprometer entre todos a estudialo e falalo.

Seguidamente sométese a votación o ditame da Comisión Informativa de rexime interior

urbanismo Obras e servizos do día 25 de novembro de 2019 co seguinte resultado: votos en

contra do Grupo Municipal do P.P. (6), votos a favor do PS de G-PSOE (3) e do grupo por

Chantada-CUP (2).

Xa que logo rexeitouse a moción presentada.

7.- MOCIÓN QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DO CONCELLO DE CHANTADA SOBRE TRANSPARENCIA E BO GOBERNO. DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA.

CONCELLO DE CHANTADAPlaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

Page 18: porchantada.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE CHANTADA. CONCELLO DE CHANTADA. Plaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

CONCELLO DE CHANTADA

Dase lectura ó ditame da Comisión informativa de data 25/11/2019 que é do seguinte teor:

“solicita a adopción polo Pleno do concello os seguintes acordos:

1.- Dotar os medios precisos e realizar as medidas organizativas necesarias para que o

Concello de Chantada cumpra de forma urxente a normativa establecida na Lei 19/2013, de 9

de decembro, de Transparencia, Acceso á Información Pública e Bo Goberno e na Lei 9/2017,

de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público.

2.- Iniciar o procedemento para a renovación e actualización da páxina web municipal.

3.- Instar ó Goberno Municipal para que elabore e propoña ó Pleno Municipal unha Ordenanza

Municipal de Transparencia, Acceso á Información e Reutilización, baseada na ordenanza tipo

da Federación Española de Municipios e Provincias, introducindo de xeito adicional as

informacións seguintes:

a) Declaracións de bens e intereses dos membros da Corporación Municipal.

b) Convocatorias e actas dos órganos colexiados do Concello: Pleno Municipal, Xunta de

Goberno Local, e Comisións Informativas, usando medios de seudonimización para o

cumprimento da normativa de protección de datos de carácter persoal.

4.- Potenciar a administración electrónica, realizando programas de formación á cidadanía e

aos empregados públicos, facilitando a creación de certificados dixitais nas propias

dependencias da administración e preparando ó Concello para a Plena entrada en vigor da Lei

39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións

Públicas.

5.- Retransmitir os Plenos Municipais en Directo nas redes sociais do concello de Chantada,

así como cargar os vídeos nunha plataforma de streaming que permita o seu visionado en

calquera momento a través de internet.

Vista a atribución que confire a este órgano colexiado o artigo 123 do Regulamento de

Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado por Real

Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, e con reserva de voto para o pleno do grupo do P.P.

(4) e do Grupo Municipal por Chantada-Cup (1) cos votos a favor do Grupo Municipal do PS de

G-PSOE (2) , ditamínase favorablemente a moción presentada.”

Aberto o turno de debate intervén D. Daniel Gómez Fernández-Camiñas para sinalar que a

transparencia é unha demanda da veciñanza e unha obriga legal, que se foi lexislando na

materia procedendo a destacar a Lei 19/2013 de Transparencia e Bo Goberno. Sinala que, no

CONCELLO DE CHANTADAPlaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

Page 19: porchantada.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE CHANTADA. CONCELLO DE CHANTADA. Plaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

CONCELLO DE CHANTADA

Concello, hai tres instrumentos que fan posible a transparencia: a páxina web, a administración

electrónica e o perfil do contratante. Indica que a páxina web é un desastre absoluto, a sede

electrónica unha caixa valeira a excepción da información orzamentaria que si que se colga; en

canto ao perfil do contratante indica que a información é nula e hai unha obriga de publicación

trimestral dos contratos menores que non se está facendo. Sinala que entende que esto supón

unha gran carga para o Concello pero que comezar cunha ordenanza tipo sería un bo punto de

partida. En canto a que se insta ao goberno municipal, se non lles gusta o verbo instar,

proponlles outros, pedir, rogar, suplicar, suxerir, pero solicita que se poña a punto a

administración electrónica, que fai falta formar aos veciños e aos funcionarios, que o ano que

ven entra en vigor a lei de procedemento administrativo e que o Concello debería estar

adaptado para ela. Ademáis piden a retransmisión dos plenos en directo, xa que se perdeu a

televisión en Chantada pide que se transmita a través das redes do Concello.

Intervén D. Antom Fente Parada (POR CHANTADA-CUP) para sinalar que a transparencia é

unha batalla que levamos dando dende o ano 2015. Indica que pediron unha ordenanza de

participación cidadá e que seguimos igual que en setembro de 2015. Dentro dos nosos medios

intentamos render o máximo de contas posible, que o ideal sería poder retransmitir os plenos,

pero creo que non está na orde do día da cultura política maioritaria nesta sala. Nadie pode

decir que está en contra das obrigas que prevé a lei, hai que cambiar o chip, porque a política

cambiou e temos que ir mudando cara a outro paradigma. Sinala que, sempre parece que imos

a remolque e que esta moción non é disparatada, que a cuestión da páxima web pódese retirar

porque xa está adxudicada a unha empresa local, pero respecto ao resto non hai nada que

discutir, xa que o noso compromiso coa xente é de fideicomiso, polo que hai que ser

transparentes con quen nos vota.

Intervén o Sr. Alcalde para sinalar que hai que se toma nota de algunhas cuestións, pero que

non nos imos instar a nos mesmos, temos que adecuarnos á lei, pero ao Concello de Chantada

transparencia non lle falta, non hai nada que esconder en todo o que hai no Concello.

Tomamos nota do que nos din, pero non imos votar a favor.

Intervén o Sr. Gómez Fernández-Camiñas (PSDG-PSOE) para respostar que estamos de

acordo co que di o Sr. Fente en canto ao novo sistema de facer política, pedimos que se de un

primeiro paso. Indica que non se pode decir que o Concello non falla en transparencia, pois

basta con entrar na sede eletrónica, non se cumple a lei de transparencia. Se non hai nada que

ocultar publique as declaracións de bens e intereses, pois a súa é a única que está publicada. A

transparencia non debe dar medo, o medo ben cando se incumplen as leis, cando llo sinala a

interventora nos informes. Nos apostamos por unha nova cultura política, unha cultura

diferente, a transparencia e a dación de contas. Solicita que polo menos aprobe o punto

primeiro da moción.

CONCELLO DE CHANTADAPlaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

Page 20: porchantada.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE CHANTADA. CONCELLO DE CHANTADA. Plaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

CONCELLO DE CHANTADA

O Sr. Alcalde sinala que o van tomar como recomendación, que a vontade do goberno é

cumprir as leis.

Seguidamente sométese a votación o ditame da Comisión Informativa de rexime interior

urbanismo Obras e servizos do día 25 de novembro de 2019 co seguinte resultado: votos en

contra do Grupo Municipal do P.P. (6), votos a favor do PS de G-PSOE (3) e do grupo por

Chantada-CUP (2).

Xa que logo rexeitouse a moción presentada.

8.- MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DO CONCELLO DE CHANTADA SOBRE O SUBMINISTRO ELÉCTRICO NO POLÍGONO DOS ACIVROS. DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA.

Dase lectura ó ditame da Comisión informativa de data 25/11/2019 que é do seguinte teor:

“Deuse conta neste punto da orde do día da moción presentada polo grupo municipal socialista

do concello de Chantada con Rexistro de entrada 4256 do 20/11/2019, sobre o subministro

eléctrico no Polígono dos Acivros na que se solicita a adopción polo Pleno do concello os

seguintes acordos:

1) Instar á Xunta de Galicia a que, de xeito urxente, orzamente, proxecto e execute as

melloras necesarias para o subministro eléctrico no Polígono dos Acivros.

Vista a atribución que confire a este órgano colexiado o artigo 123 do Regulamento de

Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado por Real

Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, e con reserva de voto para o pleno do grupo do P.P.

(4) e do Grupo Municipal por Chantada-Cup (1) cos votos a favor do Grupo Municipal do PS de

G-PSOE (2), ditamínase favorablemente a moción presentada.”

Aberto o turno de debate intervén para sinalar que o problema que se expón na moción

aféctalle aos empresarios que teñen a súa actividade económica no polígono, que se trata dun

problema que pode ser unha chamada disuasoria. Hai un problema engadido, que é o da

potencia, que é desfavorable para o desenvolvemento do noso solo industrial. A Xunta é quen

ten competencia en industria, pois debe arranxar o problema e así o solicitamos.

Intervén o Sr. Fente Parada para decir que quere preguntar polas tarefas que fixo o goberno,

que lle da a sensación de que se goberna a puntadas, o mesmo que a Xunta que non fai máis

que expoñer plans pero que logo no terreo non se vé nada. O que se piden son demandas

xustas que teñen que ser unánimes en todas as materias.

CONCELLO DE CHANTADAPlaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

Page 21: porchantada.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE CHANTADA. CONCELLO DE CHANTADA. Plaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

CONCELLO DE CHANTADA

Intervén o Sr. Alcalde para decir que segundo ás informacións que ten a empresa Naturgy está

esperando a que a Deputacióin habilite un paso pola carretera, que esperan xa dende fai

moitos meses. Incluso antes das eleccións se nos chamou a unha reunión á que foi o

Presidente da Asociación de Empresarios de Chantada e tamén se falou deste tema, pero que

se trata de reunións das que non se levanta acta e despois esquécense as cousas. Cando se

fai un desarrollo destos a empresa é a que ten que garantizar as subministracións dos servizos

e é a Deputación a que debe liderar este proceso. Sinala que estaría dacordo en facer un

acordo plenario e remitilo á Deputación.

Intervén dona Raquel López Rodriguez (PSDG-PSOE) para decir que si falou coa Deputación é

unha mágoa que non falara coa Xunta.

O Sr. Alcalde resposta que a quen nos temos que dirixir é a quen vendeu as parcelas.

Dona Raquel resposta que insiste en que a competencia é de Industria, que o Concello non ten

que asumir todos os custos, que se quere que se inclúa á Deputación, pero que neste senso

debe dirixirse á Xunta.

Finaliza o Sr. Alcalde sinalando que non entende cal é o problema de que a Deputación sexa

quen lidere esta cuestión.

Seguidamente sométese a votación o ditame da Comisión Informativa de rexime interior

urbanismo Obras e servizos do día 25 de novembro de 2019 co seguinte resultado: votos en

contra do Grupo Municipal do P.P. (6), votos a favor do PS de G-PSOE (3) e do grupo por

Chantada-CUP (2).

Xa que logo rexeitouse a moción presentada.

9.- MOCIÓNS E ASUNTOS DE URXENCIA.

 Non se trataron.

PARTE DE CONTROL DA XESTIÓN

 

 

10.- DACIÓN DE CONTA DE RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA.

Deuse conta das Resolucións da Alcaldía do nº 425 ó nº 544.

CONCELLO DE CHANTADAPlaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

Page 22: porchantada.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE CHANTADA. CONCELLO DE CHANTADA. Plaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

CONCELLO DE CHANTADA

11.- DACIÓN DE CONTA DO ACORDO DE INCORPORACIÓN EN CONXUNTO DOS FUNCIONARIOS QUE PERCIBEN ASISTENCIA SANITARIA POR ADESLAS Ó RÉXIME XERAL DA SEGURIDADE SOCIAL. DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA.

Maniféstase que a inclusión deste punto na orde do día constitúe un erro, xa que formou parte

da orde do día da Comisión Informativa correspondente, que era o procedente.

12.- DACIÓN DE CONTA INFORME DE CONTROL FINANCEIRO DE ACORDO CO PLAN ANUAL FINANCEIRO PARA O EXERCICIO 2018.

Deuse conta neste punto da orde do día do informe de intervención número 2019-0089, de data

30/09/2019.

13.- DACIÓN DE CONTA DA RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA POLA QUE SE APROBA O PLAN DE IGUALDADE DO CONCELLO DE CHANTADA.

Deuse conta neste punto da orde do día do decreto 489/2019 de aprobación do plan de

igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e do protocolo contra o acoso sexual e por

razón de sexo do Concello de Chantada.

14.- ROGOS E PREGUNTAS.

Intervén Dona Raquel López Rodríguez para preguntar por qué non se remiten os reparos e

roga que se teña en conta esta petición e que se envíen.

Sinalado o anterior pregúntalle ao Alcalde cómo non está preocupado polo informe de control

financeiro da Interventora Municipal, indicando que ela de verdade o está, trátase dun informe

demoledor que pon de manifesto o caos do Concello en canto aos obras, selección de persoal,

bolsas caducadas, pagos antes de recibir a subvención, a empresa de augas imposible de

controlar, a materia de urbanismo, é aterrador. Seguidamente pregunta qué procedemento se

segue en canto ás multas de tráfico, ao que o Sr. Alcalde resposta que a empresa fai o seu

traballo e que se pasa a Deputación para o cobro en executiva; pregunta se se segue o

procedemento sancionador ao que o Sr. Alcalde resposta que sí.

Continúa preguntando Dona Raquel se se van actualizar as ordenanzas, por exemplo vados,

venta ambulante, pregunta cómo é que o Alcalde notifica se non ten competencia para eso, que

cómo é posible que as obras se fagan antes de conceder as licenzas. O Alcalde resposta que

non lle consta.

CONCELLO DE CHANTADAPlaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

Page 23: porchantada.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE CHANTADA. CONCELLO DE CHANTADA. Plaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

CONCELLO DE CHANTADA

En relación ao plan de Igualdade, sinala que agradece que se lles tivera en conta e pregunta

por qué se prorrogou dende 2017, a Sra Concelleira Dona Pamela Fernández Águila sinala que

entrou en xuño de este ano e que non o sabe. Dona Raquel pregunta cómo se avaliou o Plan

anterior, ao que a Concelleira resposta que punto por punto respecto ao plan anterior. Dona

Raquel pregunta cómo se adxudicou, a concelleira resposta que cando entrou xa estaba

adxudicado. En relación á mesa de violencia de xénero pregunta dende cando non hai reunión

e a Concelleira resposta que é unha cuestión que se vai retomar este ano. Pregunta Dona

Raquel se se vai cambiar a composición da mesa, ao que a Concelleira resposta que é un tema

que hai que valorar. Dona Raquel sinala que tamén observa que se aprobou un protocolo

contra o acoso sexual e a Concelleira sinala que se realizará unha reunión donde se lle

trasladarán cuestións concretas.

Dona Raquel sinala que o 7 de novembro se publicou o Plan de Ordeación que afecta á San

Fiz, pregunta se están informados do tema. O Sr. Alcalde contesta que falou coa Directora

Xeral de Urbanismo e que cando teña un borrador que se lle dará coñecemento. Pregunta

Dona Raquel se se informou aos veciños, ao que o Alcalde resposta que non habería

inconvinte ningún.

En relación a Muradelle, sinala Dona Raquel que con cargo ao Plan Único quedou sen facer un

anaquiño e pregunta se se ten pensado facer esa parte. O Concelleiro D. Diego Otero Veiga

resposta que sí.

Dona Raquel sinala que o tema da limpeza de solares que se trae de xeito recurrente, pero que

hai algúns solares que constitúen un risco moi importante e pregunta cal é o problema. O Sr.

Alcalde resposta que a xente pasa de todo e que está dacordo neste punto co que se sinala.

En relación á prohibición de pesados pregunta se se vai facer unha ordenanza que permita

sancionar. O Sr. Alcalde indica que hai un informe da policía para facer a sinalización correcta.

En relación aos Decretos indica que hai unha sentenza que condea ao Concello a pagar

120.000 euros e pregunta por qué. O Sr. Alcalde resposta que é polo pago duns intereses de

demora dunha empresa que fixo obras en 2015.

Pregunta tamén pola readmisión dunha traballadora por despido improcedente. Sinala que en

canto ao tema do SAF se hai unha bolsa de emprego e pregunta como se pode facer unha

bolsa de emprego cando se pretende cambiar a xestión. O Sr. Alcalde sinala que é necesario

facela para cubrir as baixas, que non se pode deixar o servizo sen prestar en canto se tramita a

licitación e que actualmente se está acudindo a unha empresa.

Sinala Dona Raquel que observa dúas expropiacións e pregunta se queda algunha por facer. O

Sr. Alcalde sinala que non lle consta.

En relación ao Convenio que había con HOTUSA, que veu a Pleno, pregunta se hai algunha

novidade. O Sr. Alcalde sinala que se fará unha reunión probablemente en decembro na que se

explicará o tema polo miudo.

CONCELLO DE CHANTADAPlaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

Page 24: porchantada.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE CHANTADA. CONCELLO DE CHANTADA. Plaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

CONCELLO DE CHANTADA

Termina Dona Raquel felicitando á Interventora pola súa valentía ao facer o traballo.

Intervén o Sr. José Luis Vázquez Hermida (PSDG-PSOE) para rogar que se tome en serio o

tema de VIAQUA, xa que polos nosos grifos pode estar salindo auga non potable, que é unha

cuestión moi preocupante.

Intervén D. Antom Fente Parada para sinalar en canto ao informe de control financeiro que se

trata de un documento “precioso”. En relación á empresa da auga indica que o que se debe

facer é de unha vez tratar de ser veraces e que se faga unha auditoría externa sobre VIAQUA.

En relación ao Plan de Igualdade sinala que hai unha pequena diferencia entre o custo do plan

e o gasto e pregunta quén o pon. A Concelleira dona Pamela Fernández Águila resposta que o

Concello.

Sinala que o xoves día 7 de novembro non Consello Escolar non apareceu ningún

representante municipal. A Concelleira de Igualdade resposta que se disculpou e díxolles que

se poñería en contacto con eles. Don Antom roga aos representantes que asistan aos

Consellos.

Indica ademáis que se lles comunicou a través dun escrito que hai que inspeccionar as

instalacións eléctricas. O Sr. Alcalde resposta que están as OCAS pedidas.

Pregunta pola limpeza das baixantes da auga no comedor do colexio. O Sr. Alcalde resposta

que esa competencia é da Consellería. Sinala D. Antom que hai un déficit de limpeza nos

patios e pregunta se ten algo que ver a empresa de limpeza. Sinala que recibiron un escrito do

grupo de arriba para a reposición de azulexos caidos. Roga que se faga caso deste escrito.

En relación á Capela Do Faro pregunta qué fixo o Concello. O Sr. Alcalde resposta que se

pediu un informe a Cultura e que non sabe máis.

Sinala D. Antom que o día 27/04/2017 trouxeron unha moción en relación á incidencia do

cancro e que as medicións de radón lle dan a razón, que o persoal ten que ter as ventanas

abertas. O Alcalde resposta que se tomarán as medidas necesarias.

Sinala en relación á fosa séptica de Nogueira que se lle pediu a limpeza, que se fixo pero que

segue vertendo, polo que roga que se arranxe o problema.

Indica que a empresa de redes sociais solicita que se lle pague xa. O Concelleiro D. Manuel

Diéguez Carballo sinala que iso non é verdade, que non se lle debe.

O Sr. Fente Parada roga que se arranxe a finca de Pincelo.

En relación á Rúa do Parque sinala que hai unha queixa veciñal por aparcamento indebido e

roga que se adopten medidas para a mellora do tráfico urbano, preguntando se se ten prevista

algunha acción concreta. O Alcalde sinala que o que se queixa é unha soa persoa.

En relación á biblioteca roga que se recupere o horario de apertura do fin de semana e

pregunta por qué se suprimiu. O Sr. Alcalde sinala que polo persoal. Pregunta D. Antom se se

fixo algunha xestión en relación á nova biblioteca? O Sr. Alcalde contesta que está pendente da

compra dun edificio para reagrupalo.

CONCELLO DE CHANTADAPlaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

Page 25: porchantada.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE CHANTADA. CONCELLO DE CHANTADA. Plaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

CONCELLO DE CHANTADA

En relación á Casa da Música sinala que o tellado está mal, que unha persoa caeu e roga que

se peche convenientemente.

En relación á pista de padel sinala que o tellado costou 42.000 euros e que para ser tan caro

filtra auga, pol que pregunta se hai solucións. O Concelleiro de Deportes contesta que ten

dúbidas de que sexa certo, xa que cando ven unha ráfaga de aire sempre entra algo de auga e

que pode ser algo temporal, que de momento non se pode chegar con tanto temporal.

En relación á piscina sinala que cando se celebran actividades debe velarse porque deixen

todo limpo porque hai xente que non o fai e roga que se arranxe a piscina climatizada.

En relación á Senteza de FEVISA pregunta cando se vai traer o orzamento a Pleno. O Sr.

Alcalde sinala que intentarán traelo en decembro.

Seguidamente roga que se desenvolva unha ordenanza de terrazas.

En relación á licenza de PRONOR sinala que hai un decreto encomendando un contencioso a

un avogado. Pregunta se é conforme a dereito o Alcalde resposta que foi asesorado de que sí.

Pregunta canto se gasta nas luces do Nadal. O Sr. Alcalde resposta que menos que en Vigo.

Pregunta se os pregos para a privatización do SAF teñen que vir a Pleno. O Sr. Acalde

resposta que si.

Sinala que no Pleno de outubro rexistraron unha serie de cuestións e que se segue sen dar

resposta, pregunta se non se lles quere responder. O Sr. Alcalde indica que vai dar resposta ás

mesmas, sendo as preguntas formuladas as seguintes:

Primeira.- A veciñanza do barrio da Ponte, así como a Asociación de Empresarios de Chantada

e outros colectivos, teñen denunciado perante o Concello de Chantada e o Valedor do Pobo a

excesiva presión de tránsito de vehículos por aquel lugar.

Nun escrito datado do 17 de maio de 2017, recorrían contra a realización prevista por parte da

Deputación de Lugo dunha obra para dotar de semáforos un tramo da LUP-1801 destinados á

regulación do tráfico.

No seu lugar, propúxose «a construción dunha pasarela peonil dunha beira á outra do río

Asma» co obxectivo de reducir a frecuente conxestión de tráfico naquel punto e de incrementar

a seguridade viaria co correspondente proceso de peonalización.

Trátase esta última dunha meta relevante tendo en conta que, ademais do tránsito e deambular

a pé propio da veciñanza da zona, o movemento propio de turistas, nomeadamente de

peregrinas e peregrinos, ao pasar polo lugar o Camiño de Inverno, converte esta estrada nunha

zona frecuentada por peóns.

Asemade, a peonalización do barrio facilitaría a visita da igrexa e o mosteiro de San Salvador

de Asma, recentemente declarados Bens de Interese Cultural en virtude do Decreto 166/2018,

do 27 de decembro, polo que se declara ben de interese cultural a paisaxe cultural da Ribeira

Sacra, ademais de favorecer o atractivo do barrio, a súa peonalización e a súa inclusión no

PEP, tal e como se ten demandado desde este grupo.

CONCELLO DE CHANTADAPlaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

Page 26: porchantada.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE CHANTADA. CONCELLO DE CHANTADA. Plaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

CONCELLO DE CHANTADA

Debemos lembrar que, na actualidade, a Estrada da Ponte, que continúa na LU-P1801, é de

duplo sentido a pesar do seu pequeno tamaño. Con todo, esta é unha das principais vías de

acceso ao Concello, xa que o conecta co Convento, Camporramiro e outras oito parroquias.

Cabe destacar, así mesmo, o acceso co que conta á estrada nacional N-540. A institución do

Valedor do Pobo recoñecía o evidente perigo para a seguranza vial e a necesidade de

adoptaren os poderes públicos solucións alternativas para desviar o tránsito.

Por aquel entón, a Deputación de Lugo paralizara as obras e amosárase favorable á execución

do proxecto proposto polas asociacións litigantes, tal e como detalla nun informe remitido á

Valedora do Pobo, téndolle entregado ao Alcalde do Concello «un documento técnico con

carácter de estudo previo de dita nova ponte», sobre o que o mandatario local tería

manifestado «a súa conformidade» e expresado o seu compromiso de renunciar formalmente

ao Convenio de Colaboración entre a Deputación de Lugo e o Concello de Chantada para a

execución dos fins comúns consistentes en: reordenación do tráfico na estrada provincial LU-P-

1801 de Chantada, por Nogueira aos Peares, P.K. 0+210 – 0+270, polo que se acordaba o

proxecto obxecto de conflito.

Examinado o plano asociado ao documento técnico por este grupo municipal, nunha Comisión

Informativa, manifestamos a insuficiencia da infraestrutura, debendo ser esta de dous carrís

para desviar totalmente o tránsito do bairro da ponte e permitir a súa peonalización.

Parece que a máxima autoridade local non levou a termo este acordo, o que consideramos un

desleixo intolerábel e incomprensíbel, toda vez que no programa da súa formación política para

os comicios municipais deste ano recóllese como «proxecto en marcha» a «creación dunha

nova ponte no río Asma para solucionar a problemática no Barrio da Ponte» e non

constándonos calquera xestión ao respeito desde a última vez que levamos esta cuestión ao

Pleno da Corporación.

Por todo o anteriormente exposto, o grupo municipal Por Chantada-CUP presenta, ao abeiro do

disposto no artigo 97.7 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico

das Entidades Locais, aprobado por Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, as seguintes

preguntas para a súa resposta oral e escrita:

- Renunciou o Concello de Chantada ao convenio subscrito coa Deputación de Lugo

para o establecemento de semáforos no barrio da Ponte? En caso afirmativo, en que

datas? En caso negativo, gustaríanos saber por que motivo e en que prazos se

pretenderá efectuar esta medida, no seu caso.

- Que medidas levou a cabo o Concello de Chantada para a construción dunha nova

ponte no barrio da Ponte, tal e como solicita a veciñanza e o empresariado? Como se

explica a aparente inacción do aparato municipal durante estes últimos anos? Neste

senso, coida o Concello de Chantada que está dando resposta ao mandato contido no

artigo 103 da Constitución de servir con «obxectividade os intereses xerais» e aos

CONCELLO DE CHANTADAPlaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

Page 27: porchantada.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE CHANTADA. CONCELLO DE CHANTADA. Plaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

CONCELLO DE CHANTADA

principios de «boa fe, confianza lexítima e lealdade institucional», «eficacia no

cumprimento dos obxectivos fixados» e «cooperación, colaboración e coordinación

entre as administracións públicas» prescritos no artigo 3.1 da Lei 40/2015, do 1 de

outubro, de réxime xurídico do sector público?

- Está a institución municipal comprometida coa construción desa infraestrutura?

- Consideran as autoridades locais un problema menor o da seguridade viaria no barrio

da Ponte? Non coidan que é un deber ético o das Administracións públicas a garantir e

potenciar a seguridade nas estradas da súa titularidade, máxime cando media un

informe rotundo e contundente do Valedor do Pobo?

- Non cre o equipo de goberno que a peonalización do barrio axudaría a dar a coñecer e

facilitar a visita do barrio da Ponte e da igrexa e o mosteiro de San Salvador de Asma?

O Sr Alcalde contesta que o Concello non renuncio formalmente ao convenio subscrito coa

Deputación pero si que é certo que tralas posibilidades estudadas da construción dunha nova

ponte apostamos pola construción desta última, para a cal se ten solicitado unha entrevista co

novo presidente do organismo provincial para tratar este tema e outros de interese xeral que

afectan a ambas administracións. Consideramos que é un tema de elevada importancia por iso

o concello se compromete a levar a bo porto este proxecto, conxuntamente coa Deputación.

Nestes momentos non se plantexa a peonalización do Barrio da Ponte ata que se defina o

proxecto a executar e se estuden todas as variantes en canto á circulación peonil e de

turismos.

Segunda.- A Asociación Cultural “O sorriso de Daniel” vén de denunciar perante a Consellería

de Cultura e Turismo a publicación dun anuncio na rede no que a persoa propietaria do

Mosteiro de San Salvador de Asma oferta pedras rectangulares de granito. Numerosos medios

de comunicación, tales como La Voz de Galicia, El Progreso ou Historia de Galicia,

estabeleceron a lóxica relación entre os bloques que se atoparan no monumento en febreiro

deste ano e os que agora se venden, chegando a cualificar esta edificación histórica como «o

convento da Ribeira Sacra que se vende por pedras na Internet».

Con data 20 de xaneiro de 2019, a Asociación de Veciños de San Salvador de Asma e este

grupo municipal puxeron en coñecemento do Concello de Chantada (rexistro de entrada

número 2019-E-RE-14) a execución de obras no Mosteiro de San Salvador de Asma, declarado

Ben de Interese Cultural en virtude do Decreto 166/2018, do 27 de decembro, polo que se

declara ben de interese cultural a paisaxe cultural da Ribeira Sacra, e integrado no Catálogo de

Patrimonio Cultural, segundo se desprende dos datos recollidos no Plan básico autonómico,

aprobado polo Decreto 83/2018, do 26 de xullo. O 18 de abril de 2019 Por Chantada-CUP

presentou máis unha denuncia perante a Dirección Xeral de Patrimonio.

A nosa argumentación xurídica baseábase, en síntese, na falta de autorización para a

execución destes traballos, a pesar de que a Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural

CONCELLO DE CHANTADAPlaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

Page 28: porchantada.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE CHANTADA. CONCELLO DE CHANTADA. Plaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

CONCELLO DE CHANTADA

da Galiza establece, no seu artigo 39.1, que «as intervencións que se pretendan realizar en

bens de interese cultural ou catalogados [...] terán que ser autorizadas pola consellaría

competente en materia de patrimonio cultural».

Este requirimento reitérase no artigo 65 do mesmo texto lexislativo, que estipula que «calquera

intervención nun ben inmoble incluído no Catálogo do Patrimonio Cultural da Galiza ou que

afecte o seu contorno de protección ou a súa zona de amortecemento, nos termos previstos

nos artigos 45 e 47, necesitará a autorización previa da consellaría competente en materia de

patrimonio cultural».

Debemos recordar, asemade, que a Modificación puntual do Plano Xeral de Ordenación

Urbana de Chantada para os Núcleos da Portada – Santo Estevo estabelece para o Mosteiro

de San Salvador de Asma unha «protección integral», polo que as intervencións urbanísticas

que nel se realicen deben procurar a «conservación íntegra dos bens e de todos os seus

elementos e compoñentes nun estado o máis próximo posíbel ao orixinal», segundo o disposto

no artigo 41.a) da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural da Galiza.

Por todo o anterior, solicitamos ao Concello de Chantada e á Dirección Xeral de Patrimonio o

desenvolvemento das «actuacións pertinentes para restaurar a legalidade e evitar unha

degradación irreversíbel do Mosteiro», en observancia do disposto en diversa lexislación

vixente.

En primeiro lugar, o artigo 62 do Real Decreto Lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se

aproba o texto refundido da Lei do Solo e rehabilitación urbana dispón que «será pública a

acción para exixir ante os órganos administrativos e os tribunais contencioso-administrativos a

observancia da lexislación e demais instrumentos de ordenación territorial e urbanística».

Por outra banda, o artigo 2.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo da Galiza recolle que «a

dirección e o control da actividade urbanística constitúen unha función pública e corresponden,

en todo caso, á administración urbanística competente». Asemade, dispón o seu artigo 5.d) que

a actividade administrativa en materia de urbanismo terá a finalidade de «preservar o medio

físico, os valores tradicionais, os sinais de identidade e a memoria histórica da Galiza».

Lembremos, finalmente, que o artigo 370.1 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que

se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo da Galiza estabelece que

«a Administración autonómica e as entidades locais, nas súas respectivas esferas de

competencia, velarán polo cumprimento da legalidade urbanística».

O Concello de Chantada procedeu entón á realización de labores de investigación urbanística,

concluíndo que «existen claros indicios de que se están a executar obras no Mosteiro de San

Salvador de Asma», a pesar de que «non consta que exista título habilitante algún para a

execución de obras neste inmoble. Do mesmo xeito, non consta autorización da Consellería de

Cultura e Turismo da Xunta para intervención algunha no devandito mosteiro». Estes feitos,

como vimos, suporían unha vulneración da legalidade urbanística.

CONCELLO DE CHANTADAPlaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

Page 29: porchantada.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE CHANTADA. CONCELLO DE CHANTADA. Plaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

CONCELLO DE CHANTADA

Ante todos estes feitos, a Xunta de Goberno Local acordou, na súa sesión do 19 de febreiro de

2019, «incoar procedemento de reposición da legalidade urbanística», ordenando «a

suspensión inmediata dos actos en execución» e «a retirada dos materiais preparados para ser

utilizados na obra».

Así mesmo, deixábase constancia, no seu punto cuarto, de que «se houbese incumprimento da

orde de suspensión e non tivese procedido, no prazo de 24 horas seguintes á notificación desta

resolución, a retirar a maquinaria e os materiais preparados para seren utilizados na obra

obxecto deste procedemento, ordenarase o precintado das obras e impoñeranse multas

coercitivas por importe de 1.000 a 10.000 euros, reiterábeis até acadar o cumprimento da orde

de paralización».

Con todo, este grupo municipal puxo de manifesto nun escrito de data 18 de abril de 2019,

mediante fotografías tomadas o 24 de marzo e o 11 de abril do mesmo ano, o incumprimento

da orde de retirada dos materiais existente no acordo de incoación de reposición da legalidade

urbanística. Téndose inspeccionado ocularmente con data 12 de agosto de 2019, atopamos a

situación que se ilustra na FIG. 1 (recolle unha fotografía).

A pesar de que o artigo 383 do Regulamento da Lei do Solo da Galiza dispón que «as ordes de

reposición da legalidade urbanística serán executivas desde o momento en que se ditan», o

Concello non adoptou ningunha clase de medidas ante o incumprimento demostrado da orde

por parte do propietario, a pesar de que o punto cuarto do acordo da Xunta de Goberno Local

antes citado así o esixía.

Asemade, o artigo 152.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo da Galiza preceptúa que «co

acordo de suspensión adoptaranse as medidas cautelares necesarias para garantir a total

interrupción da actividade», podendo executarse calquera das enumeradas no artigo 380.2 do

seu Regulamento.

De feito, debemos lembrar que o artigo 59 do Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro,

polo que se aproba o texto refundido da Lei de solo e rehabilitación urbana faculta os Concellos

para «utilizar a execución forzosa e a vía de constrinximento para exixir o cumprimento dos

seus deberes aos propietarios», como son os recollidos no artigo 6.d) do mesmo texto

lexislativo, consistente en «respectar e contribuír a preservar a paisaxe urbana e o patrimonio

arquitectónico e cultural e absterse, en todo caso, de realizar calquera acto ou desenvolver

calquera actividade non permitidos» e o preceptuado no artigo 32 da Lei 5/2018, do 4 de maio,

do patrimonio cultural da Galiza, que estabelece que «as persoas propietarias, posuidoras ou

arrendatarias e, en xeral, as titulares de dereitos reais sobre bens protexidos integrantes 8

do patrimonio cultural da Galiza están obrigadas a conservalos, mantelos e custodialos

debidamente e a evitar a súa perda, destrución ou deterioración».

Debemos ter en conta que, á vista do disposto no artigo 130.a) da Lei 5/2016, do 4 de maio, do

patrimonio cultural da Galiza, atopámonos ante unha infracción administrativa grave en materia

CONCELLO DE CHANTADAPlaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

Page 30: porchantada.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE CHANTADA. CONCELLO DE CHANTADA. Plaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

CONCELLO DE CHANTADA

de protección do patrimonio cultural da Galiza ao tratarse da «destrución ou danos graves e

irreparábeis para bens declarados de interese cultural ou catalogados, polo incumprimento do

deber de conservación previsto no artigo 32».

Asemade, e de conformidade co disposto no artigo 158.3.b) da Lei do Solo da Galiza, estas

obras constitúen unha infracción urbanística grave por constituíren «realización de actividades

sen o preceptivo título habilitante municipal ou sen autorización autonómica».

Finalmente, con relación a este asunto, cabe matizar que, segundo o disposto no artigo 13 do

Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei

de solo e rehabilitación urbana, «a utilización dos terreos con valores ambientais, culturais,

históricos, arqueolóxicos, científicos e paisaxísticos que sexan obxecto de protección pola

lexislación aplicábel, quedará sempre sometida á preservación dos ditos valores», o que

dificilmente se pode garantir cando se está retirando pedra do monumento.

Ademais do anterior, debemos denunciar que o órgano incoador do expediente de reposición

da legalidade urbanística ten obrigas pendentes, toda vez que, ao tratarse de obras

«incompatíbeis co ordenamento urbanístico» (a retirada de pedra dunha edificación non é unha

actuación autorizábel nun ben con protección integral de acordo co recollido no artigo 42.1 da

Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural da Galiza), o artigo 152.3.a) da Lei 2/2016, do

10 de febreiro, do solo da Galiza dispón que se acordará «a reconstrución do indebidamente

demolido, á custa do interesado».

A celeridade na tramitación deste expediente non queda ao criterio da Administración actuante,

senón que o artigo 152.5 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo da Galiza dispón que

«deberá resolverse no prazo dun ano, contado desde a data do acordo de iniciación». Logo

deste período de tempo, o artigo 25.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento

administrativo común das administracións públicas estabelece que se producirá a súa

caducidade por tratarse de «procedementos en que a Administración exerza potestades

sancionadoras ou, en xeral, de intervención, susceptíbeis de producir efectos desfavorábeis».

Cabe recordar, finalmente, que a inspección urbanística á que quedan obrigados os órganos

administrativos competentes segundo o artigo 151.1 da LSG comprende a función de «adoptar

as medidas necesarias para a restauración da orde urbanística vulnerada e repoñer os bens

afectados ao estado anterior á produción da situación ilegal», segundo o recollido no artigo

371.3.e) do seu Regulamento.

Consideramos alarmante o desleixo das Administracións públicas a respecto da protección

desta edificación cando, por outra banda, recoñecen a súa relevancia como unha «construción

que constitúe unha unidade singular recoñecible de relevante interese artístico, histórico,

arquitectónico, arqueolóxico» (artigo 10.1.a da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural

da Galiza) ao declaralo como Ben de Interese Cultural na categoría de monumento.

CONCELLO DE CHANTADAPlaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

Page 31: porchantada.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE CHANTADA. CONCELLO DE CHANTADA. Plaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

CONCELLO DE CHANTADA

Asemade, debemos ter en conta, con relación a isto, que segundo o recollido na recente

proposta de Reserva de biosfera da Ribeira Sacra e serras do Oribio e Courel, «o innumerábel

Patrimonio Histórico e Cultural que apresenta o territorio contribúe de maneira significativa á

proposta de Ribeira Sacra incluída na Lista indicativa do Patrimonio Mundial da UNESCO».

Sería lóxico, polo tanto, que se se están a investir recursos na promoción da candidatura da

Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade, se preste atención aos aspectos do seu territorio

que inciden favorabelmente nesta proposta e na de reserva da biosfera, coma o Mosteiro de

San Salvador de Asma, máxime cando se cualifican de «importante Patrimonio Histórico e

Cultural».

Por todo o anteriormente exposto, o grupo municipal Por Chantada-CUP apresenta, ao abeiro

do disposto no artigo 97.7 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba

o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais as

seguintes preguntas para a súa resposta oral e escrita:

1.- Está a Policía Local comprobando o cumprimento do acordo de iniciación do expediente de

reposición da legalidade urbanística adoptado pola Xunta de Goberno Local na súa sesión do

19 de febreiro de 2019, de acordo co disposto no seu punto sexto? En caso afirmativo, con que

resultados? En caso negativo, por que motivo?

2.- Vai adoptar o Concello medidas cautelares para dar resposta ao incumprimento reiterado do

acordo de iniciación do expediente de reposición da legalidade urbanística por parte da persoa

propietaria do Mosteiro de San Salvador de Asma? En caso afirmativo, en que consistirán e en

que prazo se levarán a cabo? En caso negativo, por que motivo?

3.- Pretende o Concello adoptar o acordo ao que fai referencia o artigo 152.3.a) da Lei 2/2016,

do 10 de febreiro, do solo da Galiza? En caso afirmativo, en que prazo? En caso negativo, por

que motivo?

O Sr. Alcalde resposta que o Concello exercerá as competencias urbanísticas que lle

correspondan dacordo coa lei.

Terceira.- Este grupo municipal recibiu o 30 de agosto un escrito asinado por Enrique García

Calvo que se remitiu ao Alcalde e á Secretaría municipal e se trasladou na súa integridade aos

grupos municipais da oposición.

En síntese, o texto demostra con fundamentos de direitos que existe unha planta de formigón

(referencias cadastrais 27016A072001070000HR e 27016A072001072001070001JT) que está

traballando con total normalidade e mesmo facturando para o Concello de Chantada a pesar da

ausencia de licenza e título habilitante para tal efeito. O uso actual, en solo rústico de especial

protección, non é legalizábel e móstrase totalmente incompatíbel co disposto na Lei 2/2016, do

Solo da Galiza.

Para alén do anterior, a APLU afirma que «pódese constatar verquido incontrolado das augas

procedentes das instalacións de fabricación do formigón» coa conseguinte contaminación do

CONCELLO DE CHANTADAPlaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

Page 32: porchantada.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE CHANTADA. CONCELLO DE CHANTADA. Plaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

CONCELLO DE CHANTADA

río Asma, actividade e situación totalmente incompatíbel coa proposta de Reserva de Biosfera

da Ribeira Sacra e serras do Oribio e Courel (DOG nº 151 do 9 de agosto de 2019).

O denunciante leva expondo ao Concello a situación, sintetizada ut supra, desde novembro

2017, reiterando denuncia o 5 de marzo de 2018, en novembro de 2018, o 25 de xaneiro de

2019 e o 7 de marzo de 2019. Portanto, este é o quinto escrito de denuncia sen atinxir calquera

efeito, nen tramitación de expediente nen acordo mediante decreto da alcaldía ou da Xunta de

Goberno Local constituíndo «omisión na protección do interese público».

A Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica da

Galiza., no artigo 57 do seu capítulo V, dispón que son os concellos, encarregados de incoar,

instruír e resolver o expediente sancionador correspondente. Máis unha vez temos un Concello

que apenas executa as súas competencias proprias cando a comenencia o dispón. Como reza

o proverbio: «para os amigos todo, para o resto a lei vixente».

Así as cousas, o asunto que nos ocupa soborda moito unha simple cuestión de disciplina

urbanística, afectando a usos ilegalizábeis en solo rústico e ao proprio medio ambiente.

Igualmente visa as competencias proprias e a falla de supervisión nas contratacións

municipais.

Canto á disciplina urbanística, o acordo de recoñecer a situación legal de fóra de ordenación

total de parte das edificións (Decreto da alcaldía de 14/08/2012) semella nulo de pleno direito

por vicios no procedemento, ao non solicitarse o preceptivo informe da Comisión Superior de

Urbanismo, exixido na Disposición Transitoria 3ª da Lei 2/2010 (na altura en vigor).

No tocante ao uso ilegalizábel, o Decreto de alcaldía de 14 de agosto de 2012 “legalizou” a

construción, se obviamos a súa posíbel nulidade de pleno direito por vicios no procedemento,

non é extensíbel ao uso. Así o recolle a xurisprudencia, a comezar pola Sentenza 833/2012 no

seu fundamento terceiro e, desta arte, unha construción que albergue usos ilegais non podería

nunca terse beneficiado do réxime previsto na Diposición Transitoria Terceira da Lei 2/2010, de

25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de

ordenación urbanística e protección do medio rural da Galiza. A xurisprudencia asinalada vese

reforzada pola sentenza do TSX 780/2013 de 24 de outubro.

No que atinxe ao medio ambiente, este grupo entende que é prioritario exercer desde as

administración municipal medidas encamiñadas a velar e, no seu caso denunciar, a existencia

de vertidos.

Por todo o anteriormente exposto, o grupo municipal Por Chantada-CUP apresenta, ao abeiro

do disposto no artigo 97.7 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba

o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais as

seguintes preguntas para a súa resposta oral e escrita:

1.- Vai acceder o Goberno ao solicitado no escrito de 30 de agosto de 2019 de Enrique García

Calvo e executar as súas proprias competencias (Lei 9/2013)? En caso afirmativo, que medidas

CONCELLO DE CHANTADAPlaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

Page 33: porchantada.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE CHANTADA. CONCELLO DE CHANTADA. Plaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

CONCELLO DE CHANTADA

é que ten pensado adoptar? En caso negativo, en que se fundamenta o Goberno para non

executar competencias proprias e dilatar no tempo a incoacción do expediente para restaurar a

legalidade?

2.- Que medidas se adoptaron ou se pensan adoptar para evitar filtracións e verquidos ao río

Asma?

3.- Vai o Goberno exercer as medidas que lle corresponde, segundo o artigo 64.e) da Lei

39/2015, para suspender unha actividade exercida sen licenza municipal de apertura ou

comunicación previa que a ampare?

O Sr Alcalde contesta que a actividade que se denuncia lévase desenrolando nese

emprazamento dende fai 25 anos. Ao Concello de Chantada constalle a preexistencia da

actividade, así como a autorización do Organismo de Conca de data 14/11/1994 para a

construción e montaxe dunha planta de formigón, así como recheo de parte da finca, a partir de

6,00 metros da marxe esquerda do río Asma.

Por Decreto de Alcaldía de data 14/08/2012 declarouse a edificación destinada a almacén e

venta de materiais de construción, incursa na situación legal de fora de ordenación, aos efectos

do establecido na Disposición Transitoria 3ª da Lei 2/2010, de medidas urxentes de

modificacióin da lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do Medio Rural de Galicia.

Hai que advertir que a Instrución 2/2011, de 12 de abril establece os criterios a seguir para a

aplicación da DT 3ª da Lei 2/2010, e os efectos do recoñecemento municipal de incursión nas

circunstancias establecidas na citada norma de dereito transitorio, respecto do uso continuado

da actividade debidamente acreditado.

Trátase dun acto firme, dictado fai máis de 7 anos, que habilita as construcións e a actividade

previamente desenrolada.

Como ben debería saber o grupo municipal que pregunta, corresponde á administración

autonómica a competencia para adoptar as medidas que sexan precisas para a proteción da

legalidade urbanística en solo rústico. Dito isto, no seu momento tramitáronse actuacións

informativas polo órgano competente respecto das obras, uso e actividade que se denuncia

que foron arquivadas.

O Sr Fente Parada non formula máis preguntas.

Non habendo máis asuntos a tratar o Sr. Alcalde-Presidente levanta formalmente a sesión

sendo as doce horas e trinta e seis minutos do expresado día, de todo o cal eu, Secretaria,

certifico.

A Secretaria O Alcalde (Vº e P)

María Yebra-Pimentel López Manuel Lorenzo Varela Rodríguez

CONCELLO DE CHANTADAPlaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

Page 34: porchantada.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE CHANTADA. CONCELLO DE CHANTADA. Plaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102

CONCELLO DE CHANTADA

CONCELLO DE CHANTADAPlaza de España, Nº 1, Chantada. 27500 (Lugo). Tfno. 982440011. Fax: 982462102