Vocabulario de Xeografía 2º de bacharelato

32
VOCABULARIO DE XEOGRAFÍA VOCABULARIO DE XEOGRAFÍA VOCABULARIO DE XEOGRAFÍA VOCABULARIO DE XEOGRAFÍA IES ELVIÑA

Transcript of Vocabulario de Xeografía 2º de bacharelato

Page 1: Vocabulario de Xeografía 2º de bacharelato

VOCABULARIO DE XEOGRAFÍAVOCABULARIO DE XEOGRAFÍAVOCABULARIO DE XEOGRAFÍAVOCABULARIO DE XEOGRAFÍA

IES ELVIÑA

Page 2: Vocabulario de Xeografía 2º de bacharelato

Apartado 1. Introdución. Organización territorial OS TERMOS MARCADOS EN VERMELLO ENTRAN NAS PAU Xeografía: Nun senso amplo pódese dicir que é a ciencia que estuda a superficie terrestre considerada como morada do home.

Xeografía física: parte da xeografía xeral que analiza os feitos que configuran as paisaxes terrestres nos seus aspectos inorgánicos e orgánicos marxinando os debidos á acción humana, salvo como alteradores dos primeiros. Tradicionalmente estudia o sistema Terra a traverso dos subsistemas atmósfera (tempo e clima); litosfera (formas do relevo); hidrosfera (augas, ríos lagos e mares); edafosfera (composición do chan) e biosfera (vexetais e animais). Os feitos estudiados nelas están na base das realizacións humanas, en canto as condicionan en maior ou menor medida do mesmo xeito que o home o fai sobre eles. Esta concepción analítica e sistemática de facer o estudo xeográfico, vese superado polo novo enfoque ecoxeográfico onde o plantexamento inicial é formular a interacción dos elementos físicos coa relación do ser humano. O profesor Tricart é o máximo expoñente desta tendencia. En Galicia, pódense considerar como exemplo deste modelo ós profesores Augusto Pérez Alberti e Xosé Manuel Souto.

Xeografía humana: parte da xeografía que estudia a diferenciación da paisaxe cultural (modificada pola acción do home) así como as relacións do home e o medio. En realidade, a xeografía humana seguíu a mesma evolución da xeografía e no momento presente é un concepto demasiado amplo que engloba campos tan variados e que constitúen ramas moi variadas como a xeografía cultural, económica, social, da poboación, urbana... A concepción ecoxeográfica ven de superar esta división da disciplina nestas dúas áreas descriptivas, integrándoas e interrelacionándoas como sinalamos na definición anterior.

Rexión: división espacial básica na xeografía que vén definida por uns trazos físicos, humanos ou económicos que lle dan cohesión interna a un territorio. O concepto de rexión é moi amplo e indefinido, e pode ter distintas concepcións segundo os criterios utilizados. Por exemplo, pódese falar de rexión natural (onde hai uniformidade do medio físico), rexión económica (área particularizada por unhas relacións económicas coherentes), rexión histórica (onde a unidade vén dada por un pasado que configura unha personalidade propia), rexión administrativa (definida por límites xurídico-administrativos), rexión industrial... A indeterminación prodúcese tamén no referente á escala. Pódese falar de rexión dun nivel nacional ata un nivel mesmo supranacional (por exemplo, a rexión atlántica). Na xeografía tradicional posibilista da escola francesa de Vidal de la Blanche, a rexión, concebida dun xeito integral, era o obxecto de estudo –aparecen as grandes monografías rexionais-, sendo un dos problemas principais establecer os límites da rexión que se pretende analizar. Estatuto de autonomía: norma básica (lei orgánica) das distintas comunidades autónomas do Estado Español, e como tal figura na Constitución española de 1978 no seu artigo 81. Nos estatutos recóllese o nome da comunidade, a súa delimitación territorial, os nomes e sedes dos seus órganos autonómicos, as competencias que asumen e as linguas oficiais do territorio.

Parroquia: división administrativa menor a un concello, integradas por varias aldeas (propias de Galicia e algúns concellos de Asturias. O estatuto de autonomía galego concédelle personalidade xurídica. Provincia: é un tipo de división administrativa, que confire certas funcións, a nivel administrativo, ó territorio que representa. Tamén se chama provincia ao territorio limitado pola división administrativa antedita. Este termo utilizase con características diferentes seguindo os países e as épocas históricas. Polo tanto unha provincia abarca realidades de organización territorial diversas. A actual división provincial española data de 1833, e divide ao Estado en 50 provincias. Segundo a Constitución española a provincia é unha entidade local con personalidade xurídica propia, definida pola agrupación de municipios e división territorial para o cumprimento das actividades do Estado.

Comunidade autónoma: unidade territorial que conta cun certo grao de autogoberno, inscrita

Page 3: Vocabulario de Xeografía 2º de bacharelato

Vocabulario de xeografía de España 3

nunha unidade territorial ámbito maior e soberana que é o Estado. Forma parte do modelo de descentralización política e administrativa que adoptan algúns estados e que se aplica en España a partir da entrada en vigor da Constitución no ano 1978. Dita lei recoñece o dereito á autonomía das nacionalidades históricas e rexións que integran o Estado español. As comunidades autónomas réxense por un estatuto aprobado polo Parlamento españo e ratificado en referendo. Nel recóllense as competencias asumidas por cada CC.AA. e a organización administrativa do seu territorio, ficando nas mans do Estado certas competencias, sendo o resto traspasadas ás comunidades a través dun proceso de transferencias, durante o cal poden xurdir certos conflictos. Galicia, nacionalidade histórica, é unha das 17 comunidades autónomas que conforman o España, contando cun Parlamento que a súa vez escolle ó presidente do Consello de Goberno, chamado neste caso Presidente da Xunta de Galicia (poder executivo). Dende o punto de vista xudicial ás comunidades autónomas teñen os denominados Tribunais Superiores de Xustiza de cada comunidade autónoma, aínda que, Andalucía ten dous. Concello: estrutura básica de administración local. En España existen máis de 8.000 concellos dos cales máis de 300 sitúanse en Galicia.

Unidade 2. O Relevo da Península Ibérica

Atmosfera: capa gasosa que envolve a Terra, constituída por nitróxeno (77%), osíxeno (21%), vapor de auga (0 a 4%), dióxido de carbono, partículas sólidas en suspensión e gases nobles (argón, enón, criptón, xenón, metano, helio, hidróxeno...) o conxunto denomínase aire. A atmosfera está formada por varias capas: troposfera, mesosfera, estratosfera. A primeira delas, a troposfera, é a máis cercana á Terra e é onde se desenvolven practicamente a totalidade dos fenómenos meteorolóxicos. Biosfera: área da Terra e da súa capa gasosa envolvente onde se desenvolve a vida dos seres que habitan nela. Está configurada por tres capas: a litosfera (na súa parte superficial), a hidrosfera (augas) e a atmosfera (capa gasosa envolvente). Hidrosfera: parte da Terra configurada pola auga nos seus diversos estados (líquido, sólido e gasoso). É o conxunto de augas que forman os mares e océanos, os lagos, os casquetes polares, os glaciares, as augas subterráneas e o vapor de auga que hai na atmosfera. Litosfera: capa ríxida constituínte do globo terráqueo, sitúada por riba da astenosfera, viscosa, que abrangue algunhas decenas de quilómetros de espesor ata a superficie (nela inclúese a codia terrestre e a parte máis externa do manto). Albufeira: lagoa litoral de auga salgada ou lixeiramente salobre, separada do mar por unha lingua ou cordón de areas pero en comunicación co mar por un ou máis puntos. A súa formación adoita deberse á colmatación dunha antiga baía por sedimentos mariños ou fluviais. Alí onde as mareas non son moi acusadas e a area deposítase nunha longa lingua próxima á costa fórmanse albufeiras longas e lagoa de auga salgada situada xunto á costa e separada do mar por unha barra de area. Alóctono: chámase así o solo formado por un material procedente dun lugar diferente de onde está. Aluvión: particula sedimentaria transportada por un curso fluvial ata formar un deposito sedimentario. Os cantos rodados son un exemplo de materiais de aluvión. Anticlinal: pliegue con concavidade orientada cara o interior do globo, e orixinado pola actuación de forzas tectónicas compresivas. Bad land: paisaxe en zonas áridas, formado or numerosos barrancos de paredes verticais. Campiña: chaira baixa onde se alternan capas de arxila, arenitas e outras rochas sedimentarias, e que se caracterizan pola suavidade do seu modelado, con alternancia de lomas e vaguadas e por estar formada por varios niveis de terrazas fluviais escalonadas que soportan un intensivo aproveitamento agrícola. Na Meseta Central española atópanse claros exemplos (cobertera formada por materiais sediemtarios) sobre zócolo primario.

Page 4: Vocabulario de Xeografía 2º de bacharelato

Vocabulario de xeografía de España 4

Cantil: zona da costa escarpada e rocosa, de paredes verticais, a causa da erosión do mar. Cerro testigo: colina illada, testemuña da evolución e retroceso dun relevo de plataforma ou en costa. A pervivencia deste se produce pola existencia dunha rocha sólida no seu cumio. Cordilleira: serie de montañas formadas por movementos oroxénicos, que pregaron ou fracturaron os materiais que a compoñen e onde o conxunto presenta caracteres xeolóxicos e estructurais comúns. Costa: espacio lindante entre o mar e a terra en constante transformación debido á abrasión do mar. Circo: cubeta de erosión glaciaria en zonas montañosas, limitada por escarpas rocosas. Deriva continental: teoría fundamentada por Wegener a comenzos deste século que afirma que as placas continentais, que flotan sobre a sima, de maior densidade, deprazándose (ver os apuntos para saber máis*) Delta: (véxase hidrografía) Dolina : depresión pechada, máis ou menos circular, de profundidade e diámetro variables (dende uns poucos metros ata un centenar), propia das rexións calcáreas e asociada a procesos de disolución. No seu fondo acumúlanse materiais coluviales, especialmente terra rossa, arxilas avermelladas de descalcificación. Normalmente orixínase a partir dun sumidoiro, punto no que unha corrente superficial fíltrase cara ao interior da terra nun terreo calizo. Cando varias dolinas únense dan lugar ás chamadas uvalas , que presentan unhas maiores dimensións e un contorno sinuoso. En España algúns autores fan sinónimos os termos dolina e torca , aínda que outros prefiren reservar este segundo para aludir a dolinas de afundimento, algunhas ocupadas por charcas permanentes ou temporais no seu fondo. Constitúen formas típicas do relevo cárstico (véxase Modelado calizo). Na península Ibérica pódense atopar numerosos exemplos de torcas escavadas sobre material calizo, como no Parque natural Cidade Encantada, nas Torcas (ambos os situados na provincia de Cuenca, en Castela-A Mancha) ou na Paraxe natural do Torcal de Antequera (na provincia de Málaga, Andalucía). Diaclasa: fractura que non supón o desplazamento dos bloques afectados. Edafoxénese: proceso que intervén na evolución progresiva dun substrato rochoso ata a configuración dun determinado tipo de chan. É un fenómeno complexo mediante o cal se xeran toda unha serie de procesos fisicoquímicos e biolóxicos que favorecen a alteración e disgregación das rocas superficiais ( roca nai) e na formación dun solo. Erosión: acción e efectos producidos basicamente por tres axentes: o vento, a auga e o xelo. (a calor tamén), que van actuando lentamente sobre os elementos que resaltan do relevo, ata que co tempo chegan a modificar a súa forma. No ciclo erosivo participan tres proceso: erosión (propiamente dito), transporte e sedimentación . Á erosión de vertentes se lle denomina erosión areolar , á erosión dos ríos se lle denomina: erosión lineal . Erosión diferencial: erosión producida en áreas onde a topografía é inicialmente similar (unha chaira) pero os materiais da base (que están distribuídos estratigraficamente) son diferentes (por exemplo cuarciña e pizarra). A erosión fará surcos nos estratos pizarrosos, mentres nos estratos onde hai cuarzo, formaranse crestóns. Este tipo de relevo xenerado tamén se denomina relevo Apalachense . Estrato sedimentario: cada unha das capas de características uniformes e diferenciadas doutras capas que son parte integrante dunha rocha sedimentaria. Os rasgos distintivos poden ser: composición, disposición, espesor, cor e textura dos materiais. Entre dous estratos contiguos hai unha solución de continuidade ben definida que se coñece como plano de estratificación. Estrutura alpina: estructura tectónica de plegamento que presenta plegues convexos (anticlinais ) e outros cóncavos (sinclinais ). É propio de montañas xoves creadas durante a denominada oroxenia

Page 5: Vocabulario de Xeografía 2º de bacharelato

Vocabulario de xeografía de España 5

alpina na era terciaria. O Sistema Bético e parte da cordilleira dos Perineos e modelo desta estructura. Estrutura saxónica: estructura onde se alterna a tectónica de plegamento coa de fallas. A este tipo de montañas tamén se lle denomina como intermedias. O Sistema Ibérico é un exemplo desta tectónica dentro da Península Ibérica. Estrutura xermánica: estructura tectónica de fracturas que presenta bloques levantados (horst) e bloques afundidos (fosa tectónica ou graven). É propia de macizos antigos. É propio da oroxenia herciniana ou doutras anteriores (huroniana ou caledoniana ). O macizo hespérico (situado na franxa occidental peninsual onde se integra o Macizo Galaico) sirve de modelo. Falla: ruptura dunha superficie en dous ou máis bloques, dislocados por movementos diferenciais de desplazamento máis ou menos vertical. Fractura: cando os materiais que reciben presións de movementos de placas tectónicas laterais, son antigos, emerxidos en paroxismos anteriores, máis duros e menos flexibles, estes materiais xa non se pliegan, rachanse, fractúranse deixando bloques fundidos ou fosas tectónicas e zonas en resalte ou horst. O Sistema Central ou o Macizo Galaico son un exemplo. Fosa tectónica: ou graven é unha longa depresión limitada en ambos os lados por fallas paralelas levantadas (horst) entre as cales o terreo se afundiu por efecto de forzas internas. Foz: cavidade vertical, paso estreito entre montañas escavado por un río. Glaciar: masa de xeo acumulada por riba do límite de neves perpetuas, dende onde se despraza val abaixo en forma de lingua ata que a ablación a vai consumindo. O modelado glaciar produce linguas e circos glaciares . Graven: véxase fosa tectónica . Horst: tamén coñecido como pilar tectónico . Bloque levantado, delimitado por un ou varios lados por fallas e relativamente saínte con respecto ó contorno. Isohipsa: en cartografía, liña que une puntos de igual altitude. Véxase curva de nivel . Lapiás: superficies rochosas con numerosas canalizacións e sucos. Litoloxía: parte da Xeoloxía que estuda as rochas. Macizo: relevo montañoso compacto, uniforme nas súas características e de límites ben definidos. Conxunto de relevos montañosos. Magma, magmatismo: proceso magmático. O magma é a masa de roca fundida baixo a superficie da Terra, a moi elevadas temperaturas e a enormes presións. Cando se solidifica baixo a codia terrestre dá lugar a rochas intrusivas ou plutónicas, e se alcanza a superficie convírtese en lava que, por solidificación da lugar a rochas extrusivas, eruptivas ou volcánicas. Manto de corremento: conxunto de pliegues que sufriron unha presión orogénica tan intensa que foron desprazados do lugar no que se sedimentaron. Véxase alóctono . Meseta: superficie cha de importante extensión, horizontal ou lixeiramente basculda, elevada con respecto ó nivel do mar. Apenas presenta accidentes topográficos de importancia tan só colinas ou cerros testigos. Metamorfismo: transformación que sufren as rochas no interior da codia terrestre a consecuencia de cambios de temperatura e presión, coa introducción de gases e disolucións. As novas rochas orixinadas (rochas metamórficas) sufren na transformación (química-mecánica) un cambio de estructura, de textura ou de composición mineral.

Page 6: Vocabulario de Xeografía 2º de bacharelato

Vocabulario de xeografía de España 6

Modelado kárstico: nome derivado da rexión de Karst que indica o modelado sobre rochas calizas producido pola disolución da mesma ante augas con alto contido en CO2, e por tanto disolvendo a cal en bicarbonatos cálcicos e creando formas peculiares como dolinas, uvalas, lapiaces ou poljes. Morrena: forma de acumulación glaciaria caracterizada porque os seus depósitos ó revés do que sucede nos solos, non están estratrificados (mestúranse gravas, limos e arxilas), non teñen tamaños homoxénos e presentan formas angulosas. Distinguimos, segundo o lugar que ocupan, morrenas laterais, constituídas por materiais arrincados ás paredes do val ou que caeron sobre o glaciar; morrena central, cando conflúen as morrenas laterais; morrena interna, a transportada no interior do glaciar; de fondo... Oroxénese: proceso de dobramento e formación de oróxenos ou cordilleiras. Oroxenia: período xeolóxico durante o cal se forman as cordilleiras. As oroxenias máis importantes foron a herciniana na era primaria hai uns 300 millóns de anos e a alpina (era terciaria) hai 60 millóns de anos. Oroxenia herciniana: creación de montañas na era primaria ou paleozoica dentro do período devónico ó carbonífero hai 300 millóns de anos. Como os materiais son moi antigos e ríxidos, posteriores oroxenias fixeron que respondesen fracturándose. As elevacións do sector occidental da Península Ibérica pertenencen a esta oroxenia. Oroxenia alpina: creación de montañas na era terciaria ou cenozoica dentro do período do paleóxeno hai 60 millóns de anos. Como os materiais son moi recentes e maioritariamente sedimentarios, responderon á tectónica de plegamento. Os relevos máis vigorosos da península pertenencen a esta oroxenia como son os Pirineos e o Sistema Bético. Panxea: nome asignado por Alfred Wegener para definir ó supercontinente formado pola unión de tódoos continentes actuais. Os xeólogos distinguen dúas Panxeas: Panxea I: dende o inicio da Terra ata que empezou a fragmentarse ó inicio da era primaria para logo volverse a unir durante o período Carbonífero: Panxea II. Páramo: superficie de erosión ben constituída que pode estar fosilizada por potentes estratos sedimentarios. Caracterízase por unha, máis ou menos, elevada altitude cunha clara tendencia á planitude por amosar solos pouco desenvolvidos, rochosos ou pedregosos, e por unha escasa vexetación. Terreo ermo, raso e desabrigado. Paroxismo: período de máxima intesidade nun movemento oroxénico. Penechaira: chairas case uniformes producidas pola erosión continua durante millóns de anos. Relevo pouco diferenciado, semellante a unha chaira suavemente ondulada con amplos vals en forma de artesa (“U”) resultado dun ciclo normal de erosión característico de longos períodos de calmas tectónicas como o que transcurre entre os movementos hercinianos e alpinos, ou dende este último ata a actualidade. A parte occidental da Meseta Central está configurada desta maneira. Penedos (berrocais) : zona de pedras graníticas de formas máis ou menos redondeadas. Tamén reciben o nome de paisaxe de bolas ou bloques. En Galicia e no Sistema Central afloran moito este tipo de modelado nas rochas graníticas por erosión da codia diaclasada. Perfil topográfico: liña que representa as variacións altitudinais do relevo e as súas formas levantadas a partir dun mapa onde están representadas as isohipsas ou curvas de nivel. Periglaciar: sistema de erosión caracterizado pola actividade da auga alternada coa do xeo e o desxeo, responsable das formas de modelado que atopamos no dominio do seu mesmo nome, que se localiza nas marxes do dominio glaciario. Nas Serras dos Ancares, Meira, Queixa... existen moitos exemplos deste modelado. Placa Tectónica: dícese dos casquetes esféricos, ríxidos, nos que se subdivide a codia terrestre* e parte do manto*. As placas mobilízanse unhas respecto ás outras. O conxunto de materiais que forman as placas denomínase litosfera.

Page 7: Vocabulario de Xeografía 2º de bacharelato

Vocabulario de xeografía de España 7

Pregamento: flexión de materiais plásticos durante unha oroxenia. Polxé: depresión de tipo cárstico delimitada por barrancos abruptos. Regresión mariña: retroceso do mar nos períodos de glaciacións ó descender o nivel deste. Relevo apalachense: véxase erosión diferencial . Rocha arxilosa: rocha sedimentaria de orixe detrítico. Rocha caliza: rocha sedimentaria de orixe químico. Rocha ígnea: rochas de orixe interno por consolidación do magma no interior da Terra. Poden ser intrusivas ou plutónicas se cristaliza o seu magma no interior da codia terrestre como por exemplo o granito, peridotita, gabros... ou extrusivas ou volcáncias : se o seu magma é explusado ó exterior e non cristalizan no interior da Terra como por exemplo o basalto. Rocha metamórfica: rochas afectadas polo metamorfismo* como por exemplo o mármore, pizarra, xisto, cuarciña, gneis... Rocha sedimentaria: rochas creadas polo proceso de erosión doutros materiais: poden ser clásticas ou detríticas se a alteración e mecánica: conglomerados, areica, areas, arxilas... Se alteración é química: caliza, xeso, sales... Se a alteración é orgánica (descomposición de seres vivos animais ou vexetais): carbóns, petróleo... Rocha silícea: rochas con ph ácido onde predominan o mineral sílice e o aluminio por exemplo o granito. Sedimentación: proceso de acumulación de detritos ocasionados pola erosión. Serra: liña de cordilleiras de dimensións relativamente pequenas e de cristas dentadas orixinadas por un pregamento. Sinclinal: parte da prega que se fonde e que en xeral presenta unha forma de cunca. Concavidade cara o exterior da terra. Somontano: o termo signfica ao pé do monte. Trátase dunha zona de transición entre unha montaña e a área máis baixa dunha depresión. O exemplo máis destacado (que tamén dá nome a unha comarca aragonesa) sería o espazo de transición entre o Prepireneo e a depresión do Ebro. Os solos desta área contén rochas sedimentarias (areísca e arxila) así como rocha calcárea e material aluvial. Presenta escasa fertilidade e boa drenaxe. A altitude oscila entre os 350 e 650 metros. Subducción: dícese dunha placa tectónica que se introduce por debaixo doutra. Tectónica de placas: é unha teoría científica que establece que a litosfera (a porción superior máis fría e ríxida da Terra) está fragmentada nunha serie de placas ou baldosas que se desprazan sobre o manto terrestre fluído (astenosfera). Esta teoría tamén describe o movemento das placas, as súas direccións e interaccións. Transgresión mariña: inundación da auga do mar nos momentos dos desxeos das grandes glaciacións na era cuaternaria. A inundación dos fiordos e das rías débese a este tipo de episodio. Xeoloxía: ciencia que estudia a orixe, formación, estructura e historia da Terra. Xeosinclinal: surco ou depresión da codia terrestre onde se van acumulando grande cantidade de sedimentos, que posteriormente son levantados e plegados. Os xeosinclinais habitualmente forman parte das grandes cubetas sedimentarias mariñas que, conforme van acumulando sedimentos, siguen procesos de subsidencia ou afundamento ata que as placas tectónicas inician un proceso de empuxe que permite aflorar os sedimentos en formas plegadas.

Page 8: Vocabulario de Xeografía 2º de bacharelato

Vocabulario de xeografía de España 8

Zócolo: masa de materiais antigos consolidados, que sirven de superficie de soporte dos materiais sedimentarios e cando afloran dícese del que é unha superficie de erosión.

Apartado 2. O clima

Anemómetro : Instrumento que mide a velocidade ou a forza do vento, cando é capaz de rexistralo chamáselle anemógrafo .

Anticiclón ou alta presión: campo atmosférico que supera os 1013 mb. Este individuo isobárico aparece cartografíado nos mapas sinópticos de situación en superficie con series isobáricas concéntricas de formas case circulares e espaciadas onde vai diminuíndo a presión do interior ó exterior. A circulación atmosférica, que ten orixe nestes centros, desprázase no hemisferio Norte no sentido das agullas do reloxo (dende o interior cara o exterior) namentres que, no hemisferio Sur o fai en sentido contrario (Leis Buys-Ballot). A presencia destes centros é sinal, polo xeral, de tempo estable seco e cálido nos meses de verán e frío e seco en inverno. A súa orixe pode ser dinámica ou térmica. Anticiclón dinámico: dícese daquelas altas presións que teñen a súa orixe nos centros de acción da circulación xeral atmosférica (o Anticiclón das Azores é un exemplo con respecto a Europa e a Península Ibérica en xeral) (de desenvolvemento zonal) Anticiclón térmico: xenerado no interior dos continentes, a ras de solo, cando a situación térmica e moi fría creando unha alta presión onde o aire ascende verticalmente (Anticiclón siberiano en inverno) (de desenvolvemento vertical) Aridez: insuficiencia de auga no solo e na atmosfera. Depende da relación que hai entre a precipitación e a temperatura. Así, é maior canto menor é o volume de precipitación e canto máis alta é a temperatura. Para calcular a aridez, existen diversos índices como o de Gaussen ou De Martonne por exemplo. Atmosfera: capa gaseosa que envolve a Terra, constituída por nitróxeno 77%, osíxeno 21%, vapor de auga (0 a 4%), dióxido de carbono, partículas sólidas en suspensión e gases nobles (argón, enón, criptón, xenón, metano, helio, hidróxeno...) o conxúnto denomínase aire. A atmósfera está formada por varias capas: troposfera, mesosfera, estratosfera. A primeira é a máis cercana á terra e é onde se desenvolven tódolos fenómenos meteorolóxicos. Barlovento: fachada xeográfica que mira cara onde sopla o vento (de procedencia fundamentalmente marítima). A fachada oposta á dirección do vento se di que está a sotavento . Barógrafo : Instrumento que rexistra ou inscribe as variacións da presión atmosférica. Barómetro: instrumento medidor da presión atmosférica. O barómetro de mercurio ou de Torricelli a sinala mediante o contraste entre o peso do ar e o dunha columna de mercurio, o facer variar aque a altura deste. O barómetro aneroide ou de Vidie , indica a presión a través da contracción ou expansión dunha cámara metálica ó bacía. As súas variacións son transmitidas por múelle e unha agulla sobre unha escala graduada. Borrasca : área de baixa presión (no mapa de superficie inferior a 1013 mb ou 760 mm de mercurio). Na súa representación cartográfica as isóbaras debuxan formas elípticas concéntricas a partir dun punto interior no que se rexistra a presión máis baixa (centro da borrasca) crecendo ésta cara a periferia. Constitúen áreas de inestabilidade e de atracción de ventos, que xiran no hemisferio norte no sentido contrario ás agullas do reloxo. Producen un tempo inestable, ventoso e chuvioso. Carácter zonal: perturbacións atlanticas ligadas á ondulación do frente polar, orientanse de oeste a este dende as costas de América do Norte cara o occidente europeo. Cicloxénese: zona de xénese ou nacemento de perturbacións ou borrascas. Circulación xeral atmosférica: desprazamento do aire na atmosfera (con caracter global) dende os centros de alta cara as baixas presións. Existen dous tipos de cirulacións: en superficie, é decir, na atmosfera situada a poucos metros da superficie terrestre e que esta ordenada polos cinturóns de altas e baixas presións que se sitúan en

Page 9: Vocabulario de Xeografía 2º de bacharelato

Vocabulario de xeografía de España 9

distintas áreas latitudinais. E en altura (entre os 5.000 e 11.000 metros) xenerada pola corrente en chorro.

Convección: transmisión de calor por contacto. Do chan á capa de aire que están sobre el. Choivas convectivas: precipitacións provocadas por un forte caldeamento da capa baixa da troposfera. O ascenso subseguinte provoca o arrefriamento, a condensación e, finalmente a precipitación. As tormentas estivais soen ser consecuencia deste mecanismo. Clima: c onxunto de tempos atmosféricos que se dan nunha área xeográfica determinada e que se repiten de maneira cíclica (períodos de máis de 30 anos) Corrente en chorro (jeat stream): Fluxo de aire que se despraza a unha velocidade comprendida entre 150 a 250 km/h nunha altitude entre os 5.000 e 11.000 m. Circula entre os 40 e 60º de latitude en dirección oeste-este unindo as altas presións tropicais coas depresións subpolares. Efecto föehn ou choivas oroxéncias: precipitación producida nas ladeiras das montañosa sitúada a barlovento cando unha masa de aire cálido e húmido é forzada a ascender para salvar ese obstáculo. Isto fai que o vapor de auga se enfríe e sufra un proceso de condensación ou sublimación onde se forman nubes e choivas. Mentres que, na ladeira situáda a sotavento, o aire xa seco e cálido descende rapidamente quentándose a medida que descende e cun humidade sumamente escasa. O efecto Föehn é o proceso descrito nas ladeiras de sotavento e resulta ser un vento "secante" e moi quente. Elemento climático: cada un dos actores que participan nas condicións atmosféricas ou climáticas: precipitación, temperatura, presión atmosférica... Factor climático: ver apuntes. Factores astronómicos: relativos ós movementos da Terra respecto ó Sol, e ás consecuencias que deles se derivan respecto ó reparto enerxético segundo a latitude que se ocupe no planeta. Mostran a importancia da inclinación dos raios solares sobre un lugar, así como a duración dos días e das noites. Factores dinámicos: relativos á circulación atmosférica, en especial a que nos afecta: masas de aire, borrascas e anticiclóns (centros de acción), frentes. Factores xeográficos: posición xeográfica dos grandes dominios próximos, para centrarnos seguidamente na configuración, o relevo, o sustrato litolóxico e a acción antrópica. Fronte. Fronte cálido. Fronte frío. Fronte ocluído: área de contacto de dúas masas de aire de características diferentes. A fronte pode ser fría cando a masa de ar fría alcanza unha quente. Debúxase cunha liña con cuñas. Quente, cando unha masa quente alcanza a unha fría. Debúxase cunha liña con semicírculos. Ocluída cando converxen as dúas frontes anteriores. Debúxase alternando unha cuña e un semicírculo. Gota fría: s ituación orixinada nunha corrente en chorro polar ou jet stream cando ten unha traxectoria moi ondulada que pode producir o estrangulamento dunha valgada quedando así aillada unha masa de aire frío de orixe polar no medio de aire de orixe tropical. A pinga fría, que conserva o seu xiro ciclónico, convértese nunha baixa presión en altura, o que produce inestabilidade e favorece a convección. A gota fría será máis importante canto maior sexa a temperatura en contacto coa superficie terrestre e provoca unha forte inestabilidade con nubes de máis de 10 km de altura. Esta situación prodúcese fundamentalmente, nas estacións equinociais, principalmente nos primeiros días de outono provocando fortes precipitacións nas áreas afectadas. Inversión térmica: situación atmosférica anómala na que a temperatura do aire é máis frío no solo ca en altura. É típica de inverno, en situación anticiclónica (irradiación nocturna invernal), en lugares cuxa topografía favorece o estancamento do aire durante varios días, como os fondos dos vales e as concas intramontañosas. Nestes lugares o arrefriamento nocturno do solo transmíteselle ao aire que está inmediatamente enriba, que se volve máis frío que o das capas altas. Adoita provocar néboas baixas e orballo ou rosada ao amencer. A inversión tamén pode ser de fronte ao introducirse unha masa de aire fría por debaixo dunha cálida.

Page 10: Vocabulario de Xeografía 2º de bacharelato

Vocabulario de xeografía de España 10

Isóbara: liña que une puntos de igual presión atmosférica. Isohieta: liña que une puntos de igual precipitación. Isoterma: liña que une puntos de igual temperatura. Jet stream ou corrente en chorro: f luxo de aire que se despraza a unha velocidade comprendida entre 150 a 250 Km/h nunha altitude entre os 5.000 e 11.000 m. Circula entre os 40 e 60º de latitude en dirección oeste-este unindo as altas presións tropicais coas depresións subpolares. Microclima: clima local de características distintas ás da zona en que se atopa. O microclima é un conxunto de situacións atmosféricas que caracterizan unha contorna ou ámbito reducido. Os factores que o compoñen son a topografía, temperatura, humidade, altitude-latitude, luz e a cobertura vexetal. Presión atmosférica: peso exercido polo aire atmosférico sobre a superficie da Terra. Mídese mediante un barómetro ou barógrafo, en milibares (mb) que son unidade de peso por unidade de superficie. Se cartografía mediante as isóbaras ou isolabaras . Tradicionalmente a presión se media en (mm) de mercurio (torr) , ou mm de altura a que o peso do aire equlibra unha columna de mercurio de 1 cm2 de sección, hoxe en día este sistema foi abandonado practicamente, por canto o torr en definitiva non deixa de ser unha unidade de lonxitude e non de peso por superficie. A presión media normal ó nivel do mar e a 15ºC de temperatura é de 1013,3 mb ou 760 mm de mercurio, que equivalen a un peso de 1033,2 gramos por cm2. Posto que a maior parte do aire atmoférico atópase nas capas baixas e vai enrarecéndose rapidamente coa altura, a presión vai disminuído cada vez máis lentamente para iguais tramos. Así os 850 mb atópanse ós 1380 m de altitude; os 700 mb ós 2910 m. 500 mb a 5500 m de altitude. 300 mb ós 9100 m; os 200 mb, cara os 11900 m; 100 mb ós 16300 m. Solaina: denominase xeralmente ás ladeiras ou vertentes dunha cordilleira ou zona montañosa en xeral que reciben maior cantidade de radiación solar, en comparación coas vertentes ou ladeiras de umbría. Sotavento: (véxase barlovento) Tempo: Estado da atmosfera nun momento e lugar concreto, ou durante un breve período de tempo cronolóxico (días, semanas, meses, anos) referido ós diversos elementos climáticos. É un estado variable máis cambiante que o clima. Umbría: denominase xeralmente ás ladeiras ou vertentes dunha cordilleira ou zona montañosa en xeral que reciben menor cantidade de radiación solar, en comparación coas vertentes ou ladeiras de solaina. Como consecuencia a súa vexetación será moito máis pobre e diferente que a doutra vertente.

Apartado 3. Hidrografía. Acuífero: rico en auga. Calquera área do planeta que ten reservas deste elemento básico para a vida. Aforo: medida de volumes. Aplícase á avaliación ou medida da auga dos ríos. Albufeira: Lagoa litoral formada por auga salgada e separada do mar por un cordón ou restinga no que se abren bocas que a comunican con el. Arrastre: materia sólida que leva un curso de auga. Augas soterráneas ou freáticas: augas que circulan por debaixo da capa superficial da terra que nunca sobrepasan os 30 m. de profundidade. Son aproveitadas polo home, que as extrae por medio de pozos.

Page 11: Vocabulario de Xeografía 2º de bacharelato

Vocabulario de xeografía de España 11

Avenida: aportación rápida e máis ou menos violenta e catastrófica da auga nun cauce ou val fluvial, por encima dos volumes habituais. Tamén enchente . Bacía fluvial ou conca fluvial: Todo espacio que drena as augas que van parar a un determinado río. Tamén todo o espacio onde os ríos verten a un mesmo mar ou océano. Canón: val profundo de vertentes abruptas, excavado nunha rexión calcárea por un curso de auga. Cauce: espacio de circulación da auga dun río. Caudal absoluto: cantidade de auga, expresada en hm3 , que un curso de auga evacúa ó longo dun ano ou outra unidade de tempo, aínda que é o ano a que normalmente se utiliza. Caudal medio: m3/seg. Caudal relativo: poñendo en relación o caudal medio anual expresado en litros/segundo, cos km2 da conca vertente e serve para comparar ríos. Para calcular o caudal relativo dun río, hai que pasar de m3/seg a l/seg multiplicándoos por mil e dividir esta cifra entre a superficie da conca. En xeral, un módulo considérase escaso se é inferior a 5; medio se está entre 5 e 15 e elevado, se é superior a 15. Conca, cunca ou bacía fluvial ou hidrográfica: territorio drenado por un único sistema de drenaxe natural, é dicir, que drena as súas augas ao mar a través dun único río, ou que verte as súas augas a un único lago endorreico. Unha conca hidrográfica é delimitada pola liña dos cumes, tamén chamada divisoria de augas. O uso dos recursos naturais regúlase administrativamente separando o territorio por concas hidrográficas, e con miras ao futuro as concas hidrográficas perfílanse como as unidades de división funcionais con máis coherencia, permitindo unha verdadeira integración social e territorial por medio da auga. Corga: leito que está seco gran parte do ano, incluso varios anos, pero ante unha precipitación copiosa pode levar un elevada caudal de auga. Tamén rambla . Delta: forma de acumulación aluvial localizada na desembocadura dun río. Véxase o delta do Ebro. Divisoria de augas: liña que separa dúas concas hidrográficas. Enchente: tamén chamada avenida , é o rápido aumento do nivel de auga que descende por un curso fluvial. Endorreico: espacio onde o drenaxe non flúe ó mar. Esteiro: extensión mariña próxima á desembocadura dun río, na que as interaccións do mar e do río son notables; as daquel mediante o mecanismo das mareas, as de éste polo importante aporte de auga doce. Isto, por unha banda, senta as bases dun ecosistema moi peculiar. Ofrece modalidades de erosión/deposición moi peculiares tamén xa que as mareas arrastran mar adentro sedimentos que o río deixa no propio esteiro. Por iso o esteiro é un fenómeno xeomorfolóxico oposto ó delta . Estiaxe: Caudal mínimo dun curso de auga. Nivel máis baixo das augas dun río estacionalmente, pode coincidir ou diferir, en maior ou menor medida, co mínimo anual de precipitacións. Exorreico: espacio onde a drenaxe chega ó mar. Hidrosfera: Parte da terra cuberta de auga ou xeo. Entre a hidrosfera e a atmosfera establécese o ciclo biolóxico. Infiltración: movemento descendente da auga no solo ou nas rochas. Inundación: proceso extraordinario polo que as augas de chuvia dun río ou incluso do mar, alcanzan lugares non habituais e con diferentes caracteres catastróficos.

Page 12: Vocabulario de Xeografía 2º de bacharelato

Vocabulario de xeografía de España 12

Marea: oscilación vertical, periódica e alternativa de grandes masas de auga de mar, orixinada polas forzas de atracción da lúa e do sol, en combinación co movemento de rotación da terra. Os seus niveis máximos e mínimos reciben o nome de preamar ou chea, e baixamar ou baixa. Marisma: terreo lixeiramente deprimido con respecto ó nivel do mar que resulta asolagado polas augas mariñas cando sobe a marea. As marismas tamén poden estar situadas nunha zona de esteiro e verse afectadas por aportes fluviais. Leito: ver cauce . Nivel freático: superficie superior da zona de saturación nas rochas permeables. Este nivel varía estacionalmente. Cando corta a superficie terrestre pode dar orixe a fontes, filtracións, pantanos ou lagos. Rambla: leito natural por onde as augas corren só cando as choivas son o bastante copiosas. Son os cauces típicos dos países áridos, que só chove circunstancialmente, como moitos dos noso litoral Mediterráneo. Tamén corga . Rede fluvial: conxunto formado por un río principal e os seus afluentes e os cursos de auga tributarios destes últimos. O deseño en planta da rede hidrográfica traduce algúns condicionantes lito-técnicos, á vez que sirve de criterio de clasificación: rede dentrítica ou arbórea: caracterizada porque os afluentes desembocan no río principal formando un ángulo agudo; é propia de rochas masivas e de rochas incoherentes que non impoñen un trazado estrutural da rede. Rede radial , na que os ríos afluentes se dispoñen radialmente, diverxendo ou converxendo. (Exemplo cráter volcánico). Rede anular e rede rectangular . Réxime fluvial: ritmo da variación ou oscilación cíclica da caudalosidade dun río durante un ano. Os aportes dun río poden ser de orixe pluvial ou nival; ou tamén estes dous convinados. Existen gráficas para analizar este tipo de alimentación e esta periodización. Ría: val fluvial asolagado en parte ou na súa totalidade polas augas do mar. Ver apuntes do relevo para ver a clasificación da orixe das rías galegas. Terraza fluvial: forma de acumulación dun río orixinada pola súa actividade sedimentaria. localizada nun val. Correspóndese cos antigos leitos fluviais abandonados e postos en resalte sobre o cauce actual por erosión lineal. Tómbolo: barra litoral de escasa lonxitude e superficie reducida que comunica unha illa cercana á costa co continente. Fórmase pola acumulación de cantos, gravas e areas, que producen as ondas refractadas ó chocaren coa illa. Torrente: curso de auga impetuoso e violento vinculado ás choivas torrenciais. As súas partes están constituídas por: conca de recepción, canle de desague e cono de dexección. Vertente: pendente superficie inclinada dun relevo.

Apartado 4. Vexetación Antrópico: relacionado cos seres humanos. Avaliación do impacto ambiental: procedemento técnico-administrativo que serve para identificar, previr e interpretar os impactos ambientais que producirá un proxecto na súa contorna en caso de ser executado, todo iso co fin de que a administración competente poida aceptalo, rexeitalo ou modificalo. Este procedemento xurídico administrativo iníciase coa presentación da memoria resume por parte do promotor, segue coa realización de consultas previas a persoas e institucións por parte do órgano ambiental, continúa coa realización do EsIA (Estudo de Impacto Ambiental) a cargo do promotor e a súa presentación ao órgano substantivo. Prolóngase nun proceso de participación pública e conclúese coa emisión da DIA (Declaración de Impacto Ambiental) por parte do Órgano Ambiental.

Page 13: Vocabulario de Xeografía 2º de bacharelato

Vocabulario de xeografía de España 13

Avesedo: vertente dunha montaña orientada ó norte que recibe menor cantidade de radiación solar; polo xeral, é máis fresca e húmida. Bioclimático: límites producidos polos factores e elementos climáticos que inciden na variación da vexetación e da fauna dunha área concreta. Biomasa: materia orgánica dos seres vivos que existen nun determinado ecosistema. A biomasa vexetal, tamén denominada fitomasa, soése medir en peso de materia seca por unidade de superficie. Bosque caducifolio: bosque formado por arbres ou especies arbustivas predominantemente de folla caduca. Bosque perennifolio: bosque formado por arbres ou especies arbustivas que teñen folla que permanece durante todo o ano. Braña ou braño: área higrotubosa desenvolvida sobre terreos topograficamente deprimidos. Cliserie : é un termo xeográfico que fai referencia sucesión altitudinal da vexetación nunha cordilleira. Trátase dnha distribución graduada de tipos de vexetación diferentes, os cales están determinados polas variacións climáticas conforme se vai ascendendo por unha vertente montañosa.. Criófila: especie vexetal adaptada ós climas fríos, á que prexudica un aumento de temperaturas. Conífera: árbore ximnospérmica que posúen froitos en piñas e que, case sempre, levan acículas ou follas en forma de escamas. Ordinariamente son resinosas. Deforestación: proceso de desaparición de masas forestais (bosques), fundamentalmente causada pola actividade humana. A deforestación está directamente causada pola acción do ser humano sobre a natureza, principalmente debido ás talas, tanto as realizadas pola industria madeireira, como aquelas que pretenden a obtención de solo para cultivos agrícolas. Nos países máis desenvolvidos, prodúcense outras agresións como a chuvia ácida que comprometen a supervivencia dos bosques, situación que se pretende controlar mediante a esixencia de requisitos de calidade para os combustibles, como a limitación do contido de xofre. Nos países menos desenvolvidos, as masas boscosas redúcense ano tras ano, mentres que nos países industrializados estanse recuperando debido ás presións sociais, reconverténdose os bosques en atractivos turísticos e lugares de esparexemento. Desertización: enténdese o proceso polo que un territorio que non posúe as condicións climáticas dos desertos, remata adquirindo as características destes. Isto sucede como resultado da destrución da súa cuberta vexetal e da erosión del solo. O proceso de desertización está ligado directamente á contaminación atmosférica e a fenómenos como o requentamento da Terra. Devesa: voz que en orixe significou terreo de pasto acotado e defendido, defesa; hoxe emprégase con referencia a terreos principalmente pecuarios adicados a pasto, con arbolado aclarado, cercado e máis ou menos compartimentados para ordenar o pasto, de centos a miles de hectáreas de extensión e propios dos espacios de escasa ou nula vocación agrícola da España seca. A dehesa máis frecuente é a de aciñeiras, aínda que tamén pode estar constituídas por sobreiras (alcornoques en castellano), quexegos, freixos e incluso carballos. Este tipo de explotación é respetuosa co medio ambiente, xa que supón un equilibrio entre explotación e conservación, e acabar coa competencia dos regadíos que a amenazan en grandes áreas de Extremadura. Unha dehesa famosa que se converteu en Parque Nacional é Cabañeros en Ciudad Real. Ecosistema: base teórica nos estudios ecolóxicos. Trátase do conxunto de seres interdependentes que habitan nun lugar ou territorio definido dunha fauna e unha flora particulares. Funciona como un sistema con relacións interiores establecidas pola interacción dos seres entre sí e co medio, e con relacións exteriores como a enerxía, auga,...

Page 14: Vocabulario de Xeografía 2º de bacharelato

Vocabulario de xeografía de España 14

Edafoxénese: Endemismo: limitación dunha especie animal ou vexetal a unha área concreta que non se dá noutra. Especie criófila: especie vexetal adaptada ós climas fríos, á que prexudica un aumento de temperaturas. Especie halófila: organismos capaces de soportar un contido elevado de sales (especialmente cloruro de sodio) no solo ou na auga. Especie heliófila: especies que precisan o sol para o seu desenvolvemento e crecemento. Especie higrófila: ser vivo acomodado a vivir nun medio húmido e ó que lle perxudica a sequidade no seu crecemento. Especie mesófila: vexetación que precisa un medio cunhas precipitacións e temperaturas de tipo moderado ou medio, como ocurre con case tódalas árbores. Especie termófila: ser vivo adaptado a vivir en áreas xeográficas moi cálidas polo que non aguanta as áreas frías. Especie umbrófila: ser vivo que necesita as áreas sombrías para desenvolverse. Especie xerófila: vexetación que se desenvolve en ambientes áridos, estacional ou permanente, onde as plantas acomódanse ó déficit hídrico e a elevada insolación. Así existen tipos moi diversos de plantas de follas pequenas, coriáceas, de codia dura, moitas veces reducidas a espiñas, de gran desenvolvemento da raizame... Estepa: tamén denominada pradaría de herba baixa. Trátase dunha formación vexetal de herba baixa e descontinua, ás veces picada de arbustos e árbores de pouco porte. Abarca tódalas gradacións posibles ata as formacións de semideserto e de bosque claro. A súa distribución no mundo vai dende o ecuador ata os 55º N e 45º S onde predomina un réxime climático de invernos fríos e secos e veráns calorosos que facilitan procesos pedoxénicos de calcificación. Esta formación é típica de solos marróns con baixo contido en humus. Formación arbórea: especies vexetais que teñen unha altitude vexetal superior ós dous metros e teñen un tronco como soporte. Formación arbustiva: especies vexetais que teñen unha altiude vexetal entre un e dous metros. Igual que as especies arbóreas teñen un soporte leñoso ou tronco. Formación herbácea: especies vexetais inferiores a un metro. Frondosa: árbores con froitos moi variados e follas anchas. Emprégase este termo en contraposición ó de coníferas. Gándara: terreo practicamente chan, incluto, que presenta un alongamento importante como consecuencia da súa posición topograficamente deprimida con respecto ós arredores, o que fai que se comporte como unha conca endorreica ou case endorreica, e como consecuencia tamén da impermeabilidade que adquire o seu solo debido á sedimentación de materiais fundamentalmente arxilosos. Deste xeito fórmase unha lagoa que, con noves aportes de materiais e a vexetación que nela se desenvolve, se vai convertendo nun espacio pantanoso que é o que xeralmente se coñece co nome de gándara. Este proceso de sedimentación e perda progresiva da situación de alagamento conduce á formación de brañas. Garriga: asociación vextal propia das áreas máis secas do clima mediterráneo, constituída basicamente por matorreira (carrasca, romeu, trovisco) e arbustos ou plantas espiñosas, matas aromáticas... que se desenvolve nos terreos calcáreo desas áreas. É un mato perennifolio, xerófilio, pouco denso. Tamén lle foi aplicado ós lugares incultos de solo calcário onde medra este mato. Gramíneas: plantas case sempre herbáceas, de tallos cilíndricos, fistulosos e con nudos, usualmente denominados cañas ou cañuelas; as súas flores reúnense en espigas, que a súa vez poden agruparse en panículas. A esta familia pertencen os cereais, innumerables pratenses de todas as latitudes, a caña de azúcar e o bambú.

Page 15: Vocabulario de Xeografía 2º de bacharelato

Vocabulario de xeografía de España 15

Landa: formación vexetal de baixo porte na que predomina a familia das ericáceas (cos xéneros Erica e Calluna) e das leguminosas (con xéneros diversos coma o Ulex, Genista, Sarothamnus) que se localiza sobre solos incultos e ácidos e con clima húmido. Débese á degradación das formacións arbóresas debido á acción antrópica. Ocupa en Galicia perto de ¼ da superficie xeográfica, case todo o litoral costeiro está configurado por esta formación vexetal. Se vos dades un paseo dende Camelle ó Vilano podedes ver unha fermosa paisaxe de landas ou de Camelle a Laxe idem. Laurisilva: tipo de bosque nuboso subtropical ou selva alta, propio de lugares húmidos, cálidos, e con leves xiadas ou sen elas, con grandes árbores, sotobosque e lianas cuxas follas se parecen ás do loureiro, do que toma o nome. A laurisilva dáse en rexións de clima temperado húmido e cálido como nas zonas montañosas subtropicais canarias. Lixivación: disolución e lavado dos elementos solúbeis do horizonte superior dun solo pola acción da auga. Como consecuencia empobrécese o horizonte A dos solos. Macaronésico: propio das illas Canarias. Provén do grego makaros “feliz” e nesos “illas”. Illas afortunadas. Maquis: formación arbustiva mediterránea degradada pola acción antrópica. Caracterízase por ser rica en especies de máis de dous metros de altura, moi densa e impenetrable. As súas especies principais son a xara, o breixo, o lentisco e a xesta. É máis rica que outra formación mediterránea denominada garriga . Este tipo de matorral medra sobre solos silíceos, mentres que a garriga, máis pobre, atópase en solos calcáreos. O maquis é o resultado da degradación por tala abusiva de antigos aciñais. Paisaxe: o termo utilizase xeralmente en xeografía para sinalar calquera área da superficie terrestre produto da interacción dos diferentes factores presentes nela e que teñen un reflexo visual no espazo. A paisaxe xeográfica é por tanto o aspecto que adquire o espazo xeográfico. Defínese polas súas formas: naturais ou antrópicas. Todo paisaxe está composto por elementos que se articulan entre si. Estes elementos son basicamente de tres tipos: abióticos (elementos non vivos), bióticos (resultado da actividade dos seres vivos) e antrópicos (resultado da actividade humana). Determinar estes elementos é o que constitúe o primeiro nivel da análise Pradaría: nome que ten como acepción vulgar sinónima prado . Xeobotanicamente e con carácter rexional, a pradaría é a formación herbácea, fundamentalmente de gramíneas que se extende entre os bosques temperados e temperadofríos do centro de EEUU e Canadá e as Rochosas. En senso amplo área extensa cuberta de prados e pastos. Prado: espacio cuberto por vexetación herbácea apta para o aproveitamento gandeiro. Existe unha grande variedade de tipos segundo a súa duración, orixe, as especies que o compoñen ou a súa forma de explotación. Os prados ocupan unha parte importante da superficie agraria galega ó iren ligados ó desenvolvemento da gandeiría. Prados naturais ou pastos: espacios non cultivados e cubertos por unha formación herbácea espontánea que pode servir como pasto para a gandeiría. Pradarías polifíticas: prado de duración plurianual sementado polo agricultor-gandeiro con especies variadas segundo as necesidades e aptitudes do medio natural. Este tipo de prados experimentaron en Galicia un grande desenvolvemento gracias ós seus bos rendementos, prestanto diversas combinacións de especies entre as que destacan o ray-grass italiano e o trevo. Rupícola: planta que vive sobre as rochas. Solaina: vertente dunha montaña orientada ó sur e que recibe maior cantidade de radiación solar; polo xeral é máis cálida e seca. Sotobosque: estrato vexetal desenvolto baixo a copa das árbores do bosque (vexetación arbustiva e herbácea).

Page 16: Vocabulario de Xeografía 2º de bacharelato

Vocabulario de xeografía de España 16

Sucesión: secuencia de fases ou etapas na evolución dun ecosistema ó longo do tempo. Esta sucesión desenvólvese ata que o ecosistema alcanza a súa etapa culimante no clímax. Vexetación antrópica: especies vexetais modificadas pola acción humana. Por exemplo a repoboación de especies madereiras (pino, eucalipto) ou a vexetación de ribeira. Vexetación clímax: fase final de máximo desenvolvemento dunha comunidade vexetal na que esta adquire unha estrutura complexa, atopándose en equilibrio dinámico con respecto ó seu contorno ambiental.

Apartado 5. Poboación Censo de poboación: recompilación de datos relativos ó número de individuos que compoñen unha determinada poboación e as súas principais características. Trátase de datos de carácter variado (demográficos, socioeconómicos, socioculturais...) recollidos, de xeito individual, entre tódolos individuos que compoñen unha poboación referidos a un momento dado (momento censal). Os censo no seu senso moderno, non comenzan ata ó inicio da revolución industrial nas sociedades occidentais. En España o primeiro censo moderno data de 1857. Existe unha grande diferencia en canto ós censos que se realizan nos distintos países sobre todo entre os desenvolvidos e os non desenvolvidos, tanto no referido ós contidos, como ós sistemas de recollidada de información, a periodiciadade (en España elabóranse cada dez anos. Actualmente nos anos rematados en 1 como o 2001), os criterios aplicados na recollida e publicación da información... A ONU, na procura dunha maior hoxeneidade dos censos, realizan unha serie de recomendacións entre as que figuran aquelas referidas á información que deben conter; efectivos demográficos distribuídos por idade, sexo, lugar de nacemento, estado civil, lingua falada e nivel de instrucción, acompañando de datos económicos, datos sobre a vivenda e fecundidade da muller. As diferencias co padrón municipal son: mentres o padrón é aberto (renóvase día a día) o censo e pechado (só cada dez anos), o censo é un documento de carácter secreto (só facilítanos datos de conxunto de habitantes) o padrón é público (podemos pedir un certificado persoal e del se sacan os datos para confecciónar o censo electoral) o responsable da elaboración do censo é o INE (Instituto Nacional de Estatística) mentres que do padrón é o Concello. Crecemento migratorio: saldo ou diferencia que hai entre inmigrante e emigrantes durante un ano. Crecemento natural ou vexetativo: saldo ou diferencia que hai entre nacidos e mortos durante un ano. Crecemento real de poboación: suma dos dous saldos anteriores. Tódolos saldos poden dar unha situación positiva, negativa ou de crecemento cero. Densidade de poboación: número de habitantes que hai por km2. Emigración: movemento de persoas dende un territorio dado cara fóra del. A emigración pode ser interna, se non se sae do país; e externa ou internacional se se cambia do país. Esperanza de vida: cálculo do número de anos que un individuo pode esperar vivir ben no momento de nacer ou cando acada unha determinada idade sempre que os niveis de mortalidade permanezan constantes. Representa a experiencia potencial dun grupo hipotético de persoas. Obtense a partir das táboas de mortalidade. Estrutura demográfica: composición dunha poboación en función dunha serie de variables: sexo, idade, actividade profesional, estado civil, nivel de instrucción... Fanse con moita frecuencia análises de conxunto interrelacionado estas e outras variables. Éxodo rural: emigración de persoas do campo á cidade, isto supón un cambio de residencia e tamén un cambio na actividade. O éxodo rural non debe identificarse coa emigración campesiña. Inclúe tamén á poboación que sen desempeñar un oficio agrario abandona o campo (artesáns, comerciantes...). As cidades exerceron unha forte atracción sobre todo cando se produce a revolución industrial. Ver etapas deste proceso nos apuntes en España.

Page 17: Vocabulario de Xeografía 2º de bacharelato

Vocabulario de xeografía de España 17

Índice de envellecemento: porcentaxe existente da poboación maior de 65 anos con respecto á poboación total. Unha sociedade que ten (como a española actual) un índice de envellecemento superior ó 14% podemos considerala como elevada. Inmigración: movemento de persoas cara un territorio determinado, procedentes de fóra do mesmo. A inmigración pode ser interna ou externa. Movemento pendular: desplazamento diario que se fai dende a zona de residencia ó traballo. Nas áreas metropolitanas urbanas estes fluxos teñen unha enorme importancia. Nomenclator: relación de entidades de poboación que conforman un determinado territorio. O nomenclátor español inclúe datos de poboación, vivendas, distancias quilométricas, altitude, etc, dos distintos municipios. Un dato curioso que podemos deducir deste documento é a distribución da poboación no territorio ou poboamento, así podemos ver que en España hai máis de 8000 concellos e 50.000 entidades de poboación das cales en Galicia hai máis da metade (ó redor de 26.000 entidades de poboación cando só hai 315 concellos). Padrón municipal: relación de habitantes dun concello onde figura como información básica o nome, apelidos e domicilio destes. Vai acompañada dunha serie de datos particulares de cada habitante: sexo, data e lugar de nacemento, nivel de instrución, estado civil, profesión, parentesco ou relación co cabeza de familia, e o tempo de residencia non concello. É un documento público que está sometido a unha permanente actualización e que en España se labora (con carácter xeral) cada 5 anos (nos anos rematados en 1 como o 2001 e nos rematados en 6 como 1996). O responsable da súa xestión e mantemento son os concellos. Pirámide de poboación: histograma de frecuencias (ou gráfico de barras) doble que sirve para representar a estructura por idades e sexos dunha poboación. Dun lado e outro dun eixo vertical sobre o que se indican as idades (normalmente representadas en grupos de cinco en cinco anos). Poboación activa: poboación maior de 16 anos que está traballando e recibe un salario pola actividade que fai ou sen traballar está demandando un emprego (parada). Poboación de dereito: fai referencia nun censo á poboación presente máis os ausentes que a efectos administrativos están censados nesa localidade, por exemplo a poboación emigrante no exterior. Poboación de feito: fai referencia nun censo á poboación presente e ós residentes que se atopan temporalmente nesa localidade e que son contados dentro do momento censal. Poboación inactiva: toda a poboación que está nalgún dos seguintes estados: menor de 16 anos e polo tanto está obrigatoriamente escolarizada, xente que esta estudiando, poboación xubilada ou pensionista que non realiza outra tarefa ou actividade remunerada, actividades domésticas que non teñen contrato de actividade. Aclarar que os parados non son poboación inactiva xa que están reclamando un emprego. Poboación ocupada: segmento da poboación activa que está traballando e recibe un salario polo que fai. Poboación parada: segmento da poboación activa que está demandando un emprego. Poboamento: distribución da poboación no espacio xeográfico. Non é o mesmo que densidade de poboación, aínda que son termos moi cercanos. Cando falamos que dentro dunha área hai moita concentración de habitantes e noutra están moi disperso estamos falando de poboamento. Saber canto número de habitantes hai nun país ou nun territorio xeográfico e como están distribuídos éstes polo seu territorio (poboamento) son dous elementos clave na xeografía. Réxime demográfico: tendencia demográfica que ten unha sociedade con respecto ó crecemento natural que pode ser elevada, moderada ou nula. O esquema de transición demográfica sirve para analizar o réxime que ten unha sociedade.

Page 18: Vocabulario de Xeografía 2º de bacharelato

Vocabulario de xeografía de España 18

Saldo migratorio : diferencia existente de restar ós inmigrantes os emigrantes. Este saldo pode ser positivo, negativo ou cero. Sector primario: actividade económica que se adica á extracción de materias primas. Agricultura, gandeiría, pesca e forestal son actividades predominantemente primarias. Sector secundario: actividade económica que se adica á transformación de materias primas en productos elaborados. A actividade industrial forma parte deste sector. Sector terciario: variedade de actividades que se caracterizan por non adicarse á actividade extractiva nen de transformación. A actividade comercial, administrativa, transportes e servicios públicos forman parte deste sector. Taxa de actividade: porcentaxe de poboación activa que hai nunha sociedade polo número total de habitantes que ten. Taxa de fecundidade: número de nenos nacidos nun ano e multiplicados por mil divididos entre o número de mulleres en idade fecunda (15 a 49 anos) que ten ese espacio xeográfico. Taxa de natalidade: número de nacementos producidos nun ano e multiplicados por mil divididos pola poboación total que existe nese núcleo (concello, provincia, cc_aa ou país). Taxa de masculinidade: relación de poboación masculina que hai con respecto ás mulleres. Calcúlase divindo a poboación masculina pola femenina. Taxa de mortalidade: número de falecementos producidos nun ano e multiplicados por mil divididos pola poboación totla que existe nese núcleo. Taxa de mortalidade infantil: número de nenos mortos sen chegar a cumplir o ano de vida multiplicado por mil e dividido polo número total de nacementos que houbo ese ano. Taxa de paro: porcentaxe da poboación activa que está desempregada. Transición demográfica: modelo que define o proceso mediante o cal unha poboación pasa de ter altos índices natalidade e mortalidade a presentar valores moi baixos de ambas taxas. Sobre este esquelete fundamental realizáronse numerosas versións do modelo que diferencian varias fases ou subfases no seu desenvolvemento. Na súa versión inicial tres foron as etapas consideradas: preindustrial ou antiga, de transición e evolucionada ou moderna. A etapa preindustrial corresponde á época anterior á revolución demográfica e se caracteriza por ter altos niveis de natalidade e mortalidade. En consecuencia o crecemento natural ou vexetativo é moi baixo e incluso negativo cando a poboación está afectada por episodios de mortalidade catastrófica (epidemias, fame e guerras). Na transición propiamente dita distínguense tres períodos. Ó inicio a taxa de natalidade permanece alta e a mortalidade comenza a descender, no segundo período descenden as dúas (motivado pola incorporación á vida laboral da muller e outros factores nos cales non imos analizar) e na última etapa, ó envellecerse a poboación, pode darse o caso (sendo os niveis das taxas moi baixos) que a mortalidade supere á natalidade como sucede nas sociedades occidentais máis avanzadas (Suecia ou Alemaña por exemplo). Terciarización: proceso polo que as sociedades occidentais avanzan cara a este tipo de actividade en detrimento das outras dúas.

Apartado 6. A cidade Área de influencia: territorio organizado nalgún aspecto por unha cidade denominado área central ou núcleo rector. No ámbito urbana a área de influencia comprende un espacio territorial moito máis amplo que o núcleo urbano. Área metropolitana ou metrópole: termo que apareceu por primeira vez en EEUU para referirse ó territorio no que aparece unha cidade de máis de 200.000 habitantes e que inclúe os núcleos da súa

Page 19: Vocabulario de Xeografía 2º de bacharelato

Vocabulario de xeografía de España 19

área de influencia situados nun radio de 16 km ó redor desta. A metrópole está caracterizada por unha cidade central que ordena e administra un territorio máis amplo a ésta, tódolos núcleos satélites (normalmente residenciais). No Estado español cidades como Madrid, Barcelona, Bilbao, Valencia... teñen importantes áreas metropolitanas. Área periurbana: espacio limítrofe a un núcleo urbano con predominio de caracteres rurais alternando con zonas residenciais urbanas. Área suburbana: territorio próximo á cidade central que polas súas características constitúe unha zona de transición entre a cidade propiamente dita e o espazo rural adxacente. Arrabaldo: barrio situado extramuros dunha poboación na idade Media. Na actualidade podemos consideralo como un barrio periférico ou un núcleo de poboación anexo a outro de maior tamaño. Conurbación: unión ou fusión de dous núcleos urbanos do mesmo tamaño por crecemento simétrico de ambos. CBD (central bussines district) ou City: área urbana especializada en funcións financeiras e de xestión. Estas características está moi marcadas na City londinense e por extensión a outras. Ausencia de poboación residencial e forte fluxo diario de traballadores (movemento ou migranción pendular diario). Normalmente sitúase na zona Centro das cidades españolas. O Paseo da Castellana en Madrid ou a Diagonal en Barcelona, son claros exemplos desta área.

Cidade dormitorio : área urbana que carece de comercio e servizos. Localízase na área periférica das cidades centrais ou metrópoles e normalmente realízanse grandes movementos pendulares diarios dende esta área de residencia ó traballo.

Cidade xardín : área ou barrio urbano residencial de baixa densidade, con vivendas unifamiliares e abundante zona verde de uso privado. O modelo naceu en Gran Bretaña a finais do século XIX e o seu artífice foi o urbanista Howard. Planeouse como modelo de desconxestión das áreas residenciais obreiras, das áreas industriais. Tratando de integrar aspectos da vida agraria dentro do ámbito urbano. Na actualidade este modelo de cidade sitúase na área metropolitana formando parte da chamada cidade difusa. Cidade lineal : desenvolvemento dunha área urbana ó longo dunha vía de comunicación ou dunha liña de transporte que pode unir dous centros nos extremos da mesma, ou xerar un anel concéntrico ó redor dunha cidade para desconxestionala. É un antecedente da chamada cidade difusa do urbanismo posindustrial. O modelo nace en España, concretamente en Madrid. Deseñado e realizado, a principios do século XX, polo urbanista Arturo Soria. Pretendíase crear un anel concéntrico ó redor de Madrid para desconxestionala. A cidade lineal sería, polo tanto, unha cidade xardín que estaría vertebrada por un eixo dotado infraestruturas de transporte (tranvía e ferrocarril que actúan como elemento de comunicación). Cércano ás estacións situaríanse os centros comunitarios comercios, servizos públicos. No perímetro da vía, vivendas unifamiliares con horta e xardín. A vía tería 50 m. de ancho e uniría, nun primeiro momento o núcleo de Vicálvaro co de Chamartín para, nun futuro, circunvalar Madrid (50 kms. de lonxitude). Aínda que o modelo fracasou para a capital española, tivo enorme repercusión en Europa e, como dixemos anteriormente, é un antecedente da actual cidade difusa do urbanismo posindustrial.

Cidade satélite : cidades de pequeno tamaño dentro do ámbito metropolitano. (función residencial, industrial ou mixta). Cualificación do solo: cualificación establecida polo plan de ordenación urbana dun concello sobre os usos do solo. O seu principal cometido é o de clasificar o solo distinguindo entre solo urbano, solo urbanizable programado, solo urbanizable non programado e solo non urbanizable; definir os elementos fundamentais da estrutura xeral do territorio, como poden ser fixar os espacios libres, os de equipamento comunitario, os sistemas xerais de comunicación,...; establecer unha programación de desenvolvemento e execución do plan así como o período de vixencia e as súas circunstancias de revisión; fixar medidas de protección do medio ambiente...

Page 20: Vocabulario de Xeografía 2º de bacharelato

Vocabulario de xeografía de España 20

Solo urbano: en España esta clase de chan ven definido polo Plan Xeral Municipal de Ordenación Urbana, considerando éste ós terreos comprendidos en áreas consolidadas de edificación , acceso rodado, abastecemento de auga e enerxía eléctrica, evacuación de augas pluviais. Solo urbanizable: terreo definido no PXOM como rústico pero que se pode urbanizar mediante actuacións urbanísticas. Solo non urbanizable: terreo reservado a usos agrícolas ou espacios verdes protexidos que non se poden urbanizar segundo o PXOM. Ensanche : terreo urbano dedicado a novas edificacións nos arredores dunha poboación, normalmente mediante urbanismo planificado. Tamén define a ampliación da cidade. Adoitaban desenvolverse mediante un plano en cuadrícula ou plano ortogonal. O seu maior desenvolvemento prodúcese en España dende mediados do século XIX coa aplicación da norma que leva este nome. Cando o crecemento demográfico e as novas actividades con requisitos intensivos de chan, como o ferrocarril, obrigou a un crecemento extramuros das cidades e ao derribo das antigas murallas que perderan todo o seu valor militar e tiñan unicamente xa a función fiscal de aduana. En moitos casos este crecemento mallado, proxectado e concibido para conseguir unha cidade saudable por e para a burguesía, desvirtuouse co paso do tempo pola especulación e a medida que a cidade seguiu crecendo, colmatouse toda a armazón urbana de novas edificacións e desaparecendo progresivamente os espazos verdes. Emprazamento: espacio concreto e material sobre o que se asenta a cidade: a topografía, o soporte físico que dende o momento da fundación e ó longo da súa evolución, vai condicionar en parte a paisaxe urbana e o seu desenvolvemento espacial. A elección do emplazamento depende da función dominante da cidade no momento da súa fundación: defensiva, comercial, relixiosa, política; e das características do medio físico: relevo, disponibilidade de auga, combustible... Función urbana: tipo predominante de actividade que ten un núcleo de poboación. Na cidade é propio o protagonismo das funcións vinculadas ós sectores secundario e, sobre todo, ó terciario (administrativa, ensinanza, finanzas, cultura, sanidade...). A maior importancia dunha cidade é preferible unha maior heteroxeneidade dentro das súas funcións terciairias. Hábitat concentrado: neste tipo de hábitat as casas e as súas dependencias están unidas. Hábitat disperso: neste tipo de hábitat as casas e as súas dependencias están separadas por terras cultivas, prados ou montes. Hábitat rural: conxunto de vivendas e edificacións anexas e por extensión todo o referente ás condicións de vida e da vivenda no medio rural. Os tipos de hábitat poden clasificarse atendendo á duración: permanente ou temporal; disposición espacial; disperso ou concentrado; pola función económica: agrícola, gandeiro, mixto... Hábitat urbano: calquera entidade de poboación (fundamentalmente concentrada) que supere o umbral dos 10.000 habitantes. Ratio que se considera en España para considerar unha entidade como núcleo urbano. Normalmente o hábitat urbano desenvolve a súa extensión non só ancheado a súa urbanización senon desenvolvéndose en altura. Metrópole: ver área metropolitana. Plano: mapa a moi grande escala na que se representa unha superficie de extensión suficientemente reducida para que se poda prescindir da curvatura da terra sen que por iso se produzan graves incorreccións. A disposición e combinación das superficies non edificadas: ruas, parques, xardíns, prazas, espacios abertos e das superficies edificadas. A clasificación dos planos da cidade realízase segundo criterios, así podemos distinguir un plano regular (cuadrícula ou radiocéntrico) ou irregular: en cuadrícula ou damero, plano ortogonal , onde as rúas cortanse en ángulo recto. Plano radioconcentrico : rúas que parten dun centro en forma de radios de circunferencia. E outras de trama circular que rodean ó centro e cortan perperndicularmente a eses radios. Plano irregular : cidade medieval e acidade musulmana. Partindo dun núcleo central amurallado (medina). En torno o sector central configúranse os barrios de rúas tortuosas, moitas sen saídas (adarves).

Page 21: Vocabulario de Xeografía 2º de bacharelato

Vocabulario de xeografía de España 21

Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM): denominación que se lle dá en Galicia (dado que a partir de 1997 teñen potestade en materia de ordenación urbanística as distintas CC.AA.) aos antigos Plans Xerais de Ordenación Urbana. Trátase do plan de ordenación urbana dun concello. O seu principal cometido é o de clasificar o solo distinguindo entre solo urbano, solo urbanizable programado, solo urbanizable non programado e solo non urbanizable; definir os elementos fundamentais da estrutura xeral do territorio, como poden ser fixar os espacios libres, os de equipamento comunitario, os sistemas xerais de comunicación,...; establecer unha programación de desenvolvemento e execución do plan así como o período de vixencia e as súas circunstancias de revisión; fixar medidas de protección do medio ambiente... Rede urbana: conxunto xerarquizado de centros urbanos ligados entre si a través de eixos de comunicación para asegurar unha serie de servizos (administrativos, culturais asistenciais, comerciais...). A rede urbana está dominada por unha metrópole rexional que ten servizos de primeiro rango. As cidades forman redes urbanas segundo as funcións que desempeñan na economía nacional ou internacional, habendo cidades de distinta categoría segundo a función que desempeñen, tendo que acudir as de categoría inferior ós servizos das de categoría superior. Situación: o contorno xeográfico no que a cidade encádrase e con relación ó que se organiza. A situación refírese ás grandes vías de comunicación. Ós grandes espacios económicos. Unidade Veciñal de Absorción (UVA): propostas do Instituto Nacional da Vivenda na década dos anos sesenta do século pasado para combatir o chabolismo, nas principais áreas metropolitanas de España e principalmente na que entón era a periferia de Madrid. Planficáronse como construccións prefabricadas, de carácter provisional –aínda que logo prolongáronse no tempo máis alá dos cinco anos de vida previstos na súa orixe- e levantadas en lugares estratéxicos, particularmente emblemáticos do chabolismo que configuraba boa parte da paisaxe periurbana madrileña: Fuencarral, Hortaleza, Vallecas, Villaverde... Urbanismo: proceso de planificación ou de creación física dunha cidade (trama urbana, zonificación das áreas...). Urbanización: proceso de crecemento demográfico e de actividade económica dunha cidade. Xentrificación: concepto urbanístico de orixe anglosaxón referido a un proceso de transformación física, económica, social e cultural dun barrio ou área dunha certa extensión, antigamente degradado ou de clase baixa que acaba sendo de clase media-alta. Xerarquía urbana: cando as cidades dunha rexión ou dun país están organizadas segundo o seu tamaño e as súas funcións, relacionándose no espacio, falamos de xerarquía urbana. Nesta xerarquía sitúase á cabeza a cidade de maior categoría. O estudio da xerarquización urbana faise normlamente mediante un método chamado de rango-tamaño : relación (regla de) existente entre o orde e o tamaño da poboación dos asentamentos urbanos nalgunhas rexións terrestres. Dun xeito xeral a poboación da segunda cidade en tamaño, ten a metade da poboación da primeira; a terceira un tercio e así sucesivamente. Esta relación inversa entre a poboación e o rango que ocupa a cidade nunha rexión ou país coñécese co nome da regla rango-tamaño. Esta relación pode expresarse así Pn = P1 R-1, sendo Pn a poboación da cidade de orden n P1 a poboación da cidade de maior número de habitantes do sistema e Rn o rango ou orde que ocupa a cidade n dentro do sistema urbano. Ó representar nun gráfico de escala aritmética un país onde o sistema urbano axústase a regla de rango-tamaño, resulta unha curva en en forma de J invertida que se convirte en recta ó levala a un gráfico de doble escala logarítmica.

Apartado 7 Agricultura

Agricultura a tempo parcial: consideración da actividade agraria como unha segunda ou terceira actividade, despois dunha ocupación ou traballo principal a xornada completa. Na maioría dos casos aténdese ó legado rural gamiliar nos días de ocio (fins de semana e vacacións), encargando moitas das tarefas agrarias a terceiros que tenden a atender varias explotacións, e reducindo moitas das tarefas a un simple control da evolución dos cultivos. A agricultura a tempo parcial está favorecida pola cercanía do lugar do traballo ou residencia á explotación agraria, por exemplo: traballo no capital da provincia e atención en fins de semana dos terreos herdados da familia en calquer pobo da mesma.

Page 22: Vocabulario de Xeografía 2º de bacharelato

Vocabulario de xeografía de España 22

Agricultura ecolóxica: tamén chamada orgánica ou biolóxica , é unha forma de agricultura na cal non se empregan produtos químicos de síntese (funxicidas químicos de síntese, fertilizantes químicos de síntese, herbicidas, conservantes e aditivos artificiais) nin tampouco organismos modificados xeneticamente (GMOs). A agricultura ecolóxica respecta o medio ambiente e o ser humano, e intenta lograr un desenvolvemento sustentable. En España hai un Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica para cada comunidade autónoma, e o da Galiza chámase CRAEGA. Agricultura de subsistencia-autoabastecemento: tipo de agricultura dos países e rexións menos desenvolvidas, que tamén predominou en España ata a revolución industrial. A dependencia do medio físico, especialmente do clima é total. Todo o que se produce se destina ó autoconsumo ou o abastecemento propio; non se xeneran excedentes que poidan ser levados ó mercado. É unha agricultura autárquica , pechada . Barbeito: sistema que consiste en deixar a terra, temporalmente en repouso, sen nengún cultivo. Segundo a súa periodicidade pode ser bienal ou trienal (unha vez cada dous anos ou tres respectivamente). Campo aberto: área de campos sen cercar como se da fundamentalmente na paisaxe agraria da Meseta asociada fundamentalmente a un tipo de actividade meramente agrario. Campos pechados: campos cercados. Extensión agraria, propia das paisaxes atlánticas, cosistente do peche das fincas agrarias ou explotacións. O tipo de campo pechado está asociado a un tipo de actividade agropecuaria dentro dunha zona. Catastro (Vocabulario básico): rexistro administrativo para controlar a propiedade do solo, sobre todo a efectos fiscais. Pode ser de rústica –no medio rural- ou de urbana –nas cidades-. Xeralmente contén información sobre o propietario/a de cada parcela, os lindes e os veciños/as de dita parcela, a súa extensión e o uso do solo. Os planos catastrais elabóranse fundamentalmente en escala 1:2000. O Ministerio de Agricultura ten deseñado un programa: sigpac para observar estas por internet. Chaptalización: proceso industrial apoiado na incorporación de numerosos elementos artificiais (químicos) e azúcar que dan como resultado un sucedáneo de viño. Concentración parcelaria: proceso polo que se intenta o excesivo parcelamento, onde o principal inconvinte é o tempo empregado en ir dunha parcela a outra da explotación para realizar as faenas agrícolas así como a perda de superficie útil ocasionada polas delimitación deste excesivo parcelamento. Hai que destacar que o minifundismo dificulta o uso de maquinaria moderna e como consecuencia incrementar a productividade. Este diseño parcelario era particularmente grave no norte de España en concreto: Galicia, Asturias e Castela León.

As primeiras concentracións parcelarias empezanse a elaborar a final da década dos 50 a finalidade desta era asignarlle a cada propietario un couto redondo ou nun reducido número de parcelas unha superficie equivalente en clase de terra e cultivo que anteriormente poseía e dar acceso a vías de comunicación. A concentración parcelaria lévase a cabo polo IRYDA (dependente do Ministerio de Agricultura) (hoxe en día este organismo en Galicia foi traspasado á Consellería de Agricultura), e levase a cabo nos términos municipais onde o soliciten o 60% dos propietarios ou igual proporción de superficie de terras (en Galicia é por parroquias). Fíxase unha unidade mínima de cultivo por debaixo da cal non se poden crear nengunha parcela; asimesmo establécese a unidade tipo que se considera como a máis axeitada para a explotación da terra con medios modernos. Os propietarios que ó iniciarse a concentración contan cunha superficie total menor que a unidade mínima poden obter créditos necesarios para adquirir a terra que precisen. As parcelas resultantes da concentración consideranse indivisibles cando da sua división orixinaranse un ou varios fragmentos menores que a unidade mínima ou que a unidade tipo segundo o caso. Cuota láctea: Límite imposto á producción leiteira dun país, neste caso España, por un organismo supranacional, a Unión Europea, para adaptarse ás directrices xerais da PAC. Cantidade máxima de leite expresada en Kg, que cada explotación pode vender, sen incurrir en sanción, durante un período leiteiro. A cuota láctea tiene dous compoñentes: a venda a industria e a venda directa ou elaboración de productos lácteos artesás (queixos…). A cuota láctea aplícase dende o ingreso de

Page 23: Vocabulario de Xeografía 2º de bacharelato

Vocabulario de xeografía de España 23

España na UE, dado o excedente deste produto en Europa e para regular o precio de intervención ás explotacións gandeíras. Cultivo forraxeiro: cultivo adicodo á alimentación do gando. Denominación de orixe: é un tipo de indicación xeográfica aplicada a un produto agrícola ou alimenticio cuxa calidade ou características débense fundamental e exclusivamente ao medio xeográfico no que se produce, transforma e elabora. A ventaxe fundamental da denominación de orixe é que garante ao consumidor un nivel de calidade máis ou menos constante e unhas características específicas. A cambio, os produtores obteñen unha protección legal contra a produción ou elaboración de tales produtos noutras zonas, aínda que se utilicen os mesmos ingredientes e procedementos, que lles permite influír sobre o prezo final destes. Tamén se sinala que esta figura fomenta a organización do sector produtivo e facilita o acceso de produtores a mercados nacionais e internacionais. Na actualidade existen 27 produtos galegos clasificados como denominación de orixe protexida. Desagrarización : perda de importancia económica da actividade agrícola nun territorio, e o consecuente enfraquecemento das institucións sociais ligadas a esta actividade que organizan diferentes aspectos da vida social (por exemplo, a explotación familiar agraria, a propiedade da terra como base da estratificación social, os sistemas de xestión comunal dos recursos agrícolas, etcétera). Desamortización: proceso xurídico e administrativo que forma parte do programa do liberalismo económico do século XIX, que pretende cambiar o réxime xurídico da propiedade, posibilitanto que cirucule e se explote máis racionalmente. Serán os bens da Igrexa e moitas das posesións de propios e comúns (propiedades dos concellos) os que cambien de mans, aínda que os obxectivos iniciais non se alcancen. Estabulación ou gandeiría estabulada: explotación da gandeiría nos espacios pechados, alimentando de forma non natural (pastos) para que o seu rendemento sexa maior. Atópase en granxas. Excedente: exceso de producción que pode desestabilizar as relacións de oferta-demanda do mercado. En ocasións pode xerar gastos moi elevados de almacenamento. A PAC intenta axeitar a producción á demanda do mercado. Explotación agraria: unidade de producción agraria. Extensión de terreo dividio nunha ou máis parcelas, aínda que éstas non sexan contiguas, pero que no seu conxunto fomen parte da mesma unidade técnico-económica. Desta unidade de producción obtense produccións agrícolas, gandeiras e forestais ou mixtas, baixo a dirección dun empresario. Hai explotacións con terras – (parcelas, hortas, etc) e explotacións sen terras –unha granxa avícola, por exemplo-. Explotación extensiva: tipo de explotación que se dá en zonas de pouca poboación e abundacia de terras. A man de obra é escasa e o rexime de actividade é monoproductivo. Explotación intensiva: tipo de explotación que se dá en zonas de moita poboación e escasez de terras. A man de obra é abundante e a actividade suele ser de policultivo. Caracterízase por pouco espazo, moi capitalizado e alto rendemento. Latifundio ou fincas rústicas de grande extensión: o fenómeno contrario ó minifundio,. Considéranse latifundio a aquelas explotacións que superan as 250 ha., namentres que no resto dos países comunitarios o umbral rebáixase ás 100 ha. Ademais da extensión tamén se considera como propio do latifundio uns medios de producción deficientes; pouco grao de tecnificación, explotación extensiva, etc., así como o alto grao de conflictividade social que se deriva da existencia nas rexións onde se dá, dunha grande masa de campesiños sen terra que ven como os latifundios están infraexplotados sen que o propietario se preocupe de mellorar o seu rendemento. No estado Español o latifundio concéntrase en Andalucía (sobre todo nas provincias de Huelva, Sevilla e Cádiz), en Castilla-La Mancha, Extremadura e na provincia de Salamanca.

Page 24: Vocabulario de Xeografía 2º de bacharelato

Vocabulario de xeografía de España 24

Minifundio: explotación de pequeño tamaño e pouco mecanizada. En Galicia sobre todo, pero tamén, toda a cornisa Cantábrica son áreas onde predomina o minifundio e veñen acompañadas dunha excesiva fragmentación parcelaria que a concentración parcelaria trata de resolver. Estas propiedades pequenas están case todas en réxime de explotación directa por parte dos seus propietarios e as súas familias. A pequena dimensión, agravada polo excesivo parcelmaneto dificultan a súa mecanización. Monocultivo: consiste no cultivo dun único producto nunha explotación ou nunha área agraria. PAC: Política Agrícola Común. É un dos elementos esenciais do sistema institucional da Unión Europea (UE). Dende a constitución da CEE co Tratado de Roma en 1957 xa se estableceu esta política que tiña como obxectivos: incrementar a produtividade, garantir un nivel de vida equitativo a poboación agraria, estabilizar os mercados e garantir o abastecemento ao consumidor a prezos razoables. Ao longo da historia da UE a PAC sufriu diferentes reformas como a que se aplicará a partir do ano 2014. A UE converteuse no primeiro importador e o segundo exportador de produtos agrícolas a nivel mundial. Parcela: cada unha das partes na que está dividida a explotación agraria. Estas parcelas poden estar unidas ou separadas. Policultivo: consiste no cultivo de varios productos agrícolas nunha explotación ou nunha área agraria. As zonas de horta tenden a ter este tipo de plantación. Propiedade comunal: propiedade común de tódolos membros dun concello ou parroquia. Tende a regularse e administrarse polos veciños ou por un concello, repercutindo en tódolos veciños os beneficios da súa explotación; ou ben é aproveitada por todos os veciños (uso de pastos, recollida de leña, ocio...). Reforma agraria: este concepto supón que se produzan cambios moi profundos nas estructuras agrarias, principalmente na propiedade da terra: repartos de terras para facer realidade a idea de a terra para quen a traballa. Os intentos máis serios en España leváronse a cabo durante a II República (1931-1939). Regadío: técnica agrícola baseada no rego artificial dos campos de cultivo. Practícase na maior parte das zonas onde as choivas son escasas ou moi irregulares, como por exemplo a área mediterránea española. As áreas de regadío ocupan o 15% de toda extensión agrícola de España. Rexímenes de tenza da terra: entendemos por réxime de tenza á forma xurídica baixo a cal un empresario agrícola actúa sobre unha explotación agraria. O réxime de tenza pode ser en: propiedade ou "de seu" , cando o empresario e a súa familia dispoñen dun título de propiedade, ou na súa ausencia, por ter sido explotadas as terras durante máis de 30 anos ininterrompidos sen o pago dunha renda; en réxime de arrendamento , cando o titular disfruta dos aproveitamentos da mesma mediante o pago dun canon ou renda (monetario ou en especie), independente dos resultados da explotación.; réxime de aparcería , cando o titular efectua un pago dunha porcentaxe sobre o producto obtido ou o seu equivalente en efectivo, sistema moi pouco xeneralizado na actualidade xa que non incita ó empresario a capitaliza-la súa explotación. Outros rexímenes de tenza son a propiedade comunal, aforamentos ou caseiros, censos... Rotación de cultivos: técnica agrícola baseada na alternancia ordeada de distintos cultivos nun mesmo terreo, a fin de obter un máximo rendemento da terra e evitar o barbeito e o esgotamento do solo. Normalmente o tipo de rotación é trienal (tres tipos de cultivo) ou cuatrienal (catro) a combinación é dun cereal cunha leguminosa (asenta no terreo o nitróxeno que necesitan os cereais) e de forraxe (herba ou trevo para a alimentación do gando). Rural (Medio Rural): Áreas dominadas polos espacios abertos, baixa densidade de edificación, usos extensivos da terra (predominio de actividades primarias como a agricultura ou ganadeiría) e baixas densidades de poboación. Secaño: terreo agrícola que só recibe o auga cando chove. O 85% da extensión agraria de España está dentro desta modalidade.

Page 25: Vocabulario de Xeografía 2º de bacharelato

Vocabulario de xeografía de España 25

Silvicultura: é o cultivo dos bosques ou montes e tamén a ciencia que trata deste cultivo. Forman parte do seu campo a arte de crear ou conservar un bosque, e a teoría e a práctica de regular o establecemento dunha masa arbórea, a súa composición e desenvolvemento; para iso apóiase na xeografía, ecoloxía, edafoloxía e climatoloxía entre outras. Superficie agraria útil (SAU): denomínase a aquela parte da explotación agraria o gandeira labrada (descontando a superficie natural non traballada) Tranxénicos: tamén chamados alimentos sometidos a enxeñaría xenética , son aqueles que conteñen organismos modificados xeneticamente mediante técnicas de enxeñaría xenética. Dito doutro xeito, é un alimento elaborado a partir de seres vivos ós que lles incorporaron xenes doutro, para lograr en el a característica desexada. Proveñen na súa maior parte de plantas transxénicas, como o millo e a soia. Trashumancia: Proceso mediante o que o gando é transportado, guiado por pastores, dende as terras baixas ás terras altas para poder atopar alimento. É unha práctica realizada en países mediterráneos, nos que a ausencia de choivas en verán deixa sen pasto moitas áreas. Xeralmente en verán, cando a escasa altitude é difícil atopar pasto natural, os rabaños dirixense a zonas máis elevadas (por encima dos 1.000 metros de altitude en latitudes mediterráneas), onde a maior humidade sí permite encontrar alimento: son os agostadeiros. En inverno, en cambio, iniciase a viaxe de volta cara as zonas baixas, xa que a esas altitudes a neve e o xelo provoca a ausencia de pasto. Nas zonas baixas ou de invernada, os rabaños comen restos de colleitas.

Apartado 8 pesca Acuicultura: granxas mariñas. É a cría controlada e limita a espacios concretos de especies mariñas e fluviais. É un aproveitamento moi antigo que só recentemente está tendo un maior desenvolvemento. As dificultades que a pesca tradicional está tendo en moitos caladoiros fan que a acuicultura plantéxese como unha clara alternativa de futuro. Artes pesqueiras, arrastre: tamén coñecido como retropesca . Consiste no emprego dunha rede lastrada que barre o fondo do mar capturando todo o que atopa o seu paso. Trátase dunha arte activa, no senso de que non espera os movementos do peixe para a súa captura. A pesca de arrastre, xunto coa pesca con redes de deriva, é das menos selectivas que existe, é moi daniña para os fondos oceánicos; de feito, na maioría dos países está regulada, pero en moi poucos está prohibida. O modo de arrastre de fondo é un dos métodos máis invasivos de pesca, pois está en contacto co fondo mariño e destrúe algas e outros organismos indiscriminadamente. Por esta razón cuestionase o seu uso e esixese unha maior regulación.

Arte pesqueira, enmalle: arte pesqueira consistente en calar verticalmente unha rede formando unha parede que obstaculiza o paso das especies mariñas, quedando estas embolsadas ou atrapadas nas mallas ó intentar atravaselas. Estas artes poden ser fixas (ó fondo con chumbos) ou de deriva (só fixas na embarcación).

Artes pesqueiras, cerco: grande paño de rede de forma rectangular, cuxas dimensións varían entre 250 e 1000 metros de lonxitude e ó redor de 40 de profundidade. Na parte superior da rede dispose dun número axeitado de flotadores que a manteñen en posición vertical, cando se utiliza. Na parte inferior leva una serie de chumbos que axudan ó mantemento vertical, contando ademais cun conxunto de aneis polos que pasa un cabo resistente chamado "xareta", que se encarga de pechar a rede e por isto se lle coñece co nome de "rede de cerco de xareta". Arte que se utiliza para a captura de peixes cuxo costume é nadar formando densos cardumes ou bancos, xa sexa na superficie ou a media auga, é dicir, peláxicas, como as anchoas, as sardiñas, os túnidos, , a caballa e o xurel. Nun principio, estas especies (nalgúns lugares aínda) foron capturadas mediante artes de enmalle, sardinais e trasmallos; nembargantes, as artes verdadeiramente eficaces para esta clase de pesca son as redes de cerco, polas que se foron sustituíndo.

Artes pesqueiras, palangre: arte pesqueira consistente no uso de anzois. Consiste nunha liña principal (cabo) ó que se enganden moitos ramais dotados de anzol cebado no extremo libre. Dependendo da situación pode ser de fondo, intermedio ou de superficie. Trátase dun tipo de pesca selectiva (para unha especie) dado que é determinante o tipo de anzol e de cebo. Leva utilizánse dende o século XIX e España é precursora deste tipo de arte no mundo.

Page 26: Vocabulario de Xeografía 2º de bacharelato

Vocabulario de xeografía de España 26

Augas xurisdicionais: augas sobre as que un estado ribeireño exerce certas competencias para fins específicos. Ditas competencias foron reguladas pola Convención de Nacións Unidas sobre o Dereito do Mar aprobadas no ano 1982. Este documento establece as seguintes áreas: mar territorial (12 millas contadas a partir da liña de base), zona contigua (24 millas da liña de base) e a creación das zonas económicas exclusivas (200 millas contadas a partir da liña base) onde a explotación dos recursos mariños e da plataforma continental son específicos do país ribeireño. Caladoiro: lugar do mar onde os pesquieros calan e tenden os seus aparellos pesqueiros. A existencia de plancto, plataforma continental e correntes mariñas son claves determinantes para a súa existencia. Marisqueo: actividade recolectora de moluscos bivalvos que se atopan formando bancos naturais en toda a beiramar. Pode realizarse a pé ou dende embarcación, á man ou con axuda dun aparello. A actividade marisqueira en Galicia é moi importante sobre todo no interior das rías. Pesca de altura: pesca realizada en mar aberto, máis aló das 50 ou 60 millas de distancia do litoral. Está regulada por acordos internacionais e a flota que se dedica a esta pesca está formada por barcos de mediana e gran tonelaxe. En Galicia a pesca de altura realízase entre o ecuador e os 60º de latitude N e entre os 10º E e os 20º W, estando concentrada nos principais portos pesqueiros a maior parte da súa flota. Pesca de baixura: a que se realiza entre o litoral e as 50 e 60 millas, dentro das augas xurisdiccionais. As embarcacións empregadas caracterízanse pola súa pequena tonelaxe. Tamén se pode chamar pesca litoral. Pesca de grande altura: a que se realiza en lugares moi afastados. A flota galega practica esta pesca a partir do desenvolvemento das técnicas de conxelación dos produtos pesqueiros ocorrido nos anos 60. Emprega embarcacións de gran tonelaxe que se concentran en poucos portos (Vigo,A Coruña, Ribeira, Vilagarcía…) e que desenvolven actividades en lugares moi afastados como o SW de África, Terra Nova…, onde se capturan especies de gran valor no mercado como a pescada, bacallao… Política pesqueira comunitaria: ou política pesqueira común da UE. Establece cotas para limitar a cantidade de peixe de cada especie que os estados membros poden capturar, e fomenta a industria pesqueira mediante varias intervencións no mercado.

Rexións pesqueiras: división de 10 das 17 comunidades autónomas (ou 23 das 50 provincias) españolas que teñen costa. Esta división realízase por razóns de clima e polas características das auguas marítimas. Distinguense oitos rexións pesqueiras: 1. Cantábrica . Corresponde a País Vasco, Cantabria y Asturias. Segunda rexión pesqueira por volume de pesca e terceira polo valor económico. 2. Noroeste. Corresponde a Galicia a rexión pesqueira máis importante de España. 3. Suratlántica . Corresponde con el litoral atlántico andaluz e costa mediterránea da provincia de Cádiz. 4. Surmediterránea. Dende a costa de Málaga ó cabo de Gata. 5. Levantina. Dende o cabo de Gata ó cabo da Nao. 6. Tramontana. Dende o cabo da Nao a Cabo de Creus. 7. Balear. 8. Canaria.

Apartado 9. Materias primas, fontes de enerxía, Ind ustria

Cártel: acordo entre empresas do mesmo sector, xuridicamente independentes, para eliminar a competencia, fixar os prezos ou distribuírse as áreas de mercado. Véxase tamén oligopolio: poder dunha minoría de empresas. Concentración empresarial: fusión ou absorción de empresas. Concentración horizontal : fusión ou absorción de empresas que realizan a mesma actividade. Concentración vertical: fusión ou absorción de empresas de diferentes actividades pero que están relacionadas entre si dentro do proceso produtivo.

Page 27: Vocabulario de Xeografía 2º de bacharelato

Vocabulario de xeografía de España 27

Contaminación acústica: O termo contaminación acústica fai referencia ó ruído (entendido como son excesivo e molesto), provocado polas actividades humanas (tráfico, industrias, locais de lecer, etc), que produce efectos negativos sobre a saúde auditiva, física e mental das persoas. Un informe da Organización Mundial da Saúde (OMS), considera os 50 dBa, como o límite superior desexable. En España, establécese como nivel de confort acústico os 55 dBa. Por enriba deste nivel, o son resulta pernicioso para o descanso e a comunicación. Contaminación atmosférica: fai referencia á alteración da atmosfera pola adición de gases, ou partículas sólidas ou líquidas en suspensión en proporciones distintas ás naturais. O nome de contaminación atmosférica aplícase polo xeral ás alteracións que teñen efectos prexudiciais sobre a saúde dos seres vivos e os elementos materiais, e non a outras alteracións inocuas. Os principais mecanismos de contaminación atmosférica son os procesos industriais que implican combustión, tanto en industrias como en automóbiles e calefaccións residenciais, que xeran dióxido e monóxido de carbono, óxidos de nitróxeno e xofre, entre outros contaminantes. Igualmente, algunhas industrias emiten gases nocivos nos seus procesos produtivos, como cloro ou hidrocarburos sen queimar. Esta planta xeradora de Novo México libera dióxido de xofre e outros contaminantes do aire. A contaminación atmosférica pode ter carácter local, cando os efectos ligados ao foco acontecen nas inmediacións do mesmo, ou planetario, cando, polas características do contaminante, se ve afectado o equilibrio xeral do planeta e zonas afastadas ás que conteñen os focos emisores. Contaminación industrial: Impregnación do aire, a auga e o solo con produtos que afectan á saúde humana, a calidade de vida ou o funcionamiento natural dos ecosistemas. A contaminación foi en aumento dende a Revolución Industrial, pero ata fai pouco os seus efectos, como a choiva aceda, non produciron alarma internacional. Choiva aceda: Orixínase pola combinación, coa humidade atmosférica, dos óxidos de xofre e nitróxeno que se emiten á atmósfera, orixinando ácidos sulfúrico e nítrico. A choiva áceda, ademáis de queimar as follas das prantas tamén acidifica o auga dos lagos deixando sen vida moitos destes ecosistemas acuáticos. Difusión industrial: proceso de dispersión das actividades secundarias cara as periferias das grandes áreas urbanas e metropolitanas motivadas pola disminución dos custos produtivos (fundamentalmente o solo). Economía de escala: proceso mediante o cal os custos unitarios de produción diminúen ao aumentar a cantidade de unidades producidas ou, dito doutra forma, aumentos da produtividade ou diminucións do custo medio de produción, derivados do aumento do tamaño ou escala da planta. Economía somerxida ou economía informal: sistema de intercambio de bens que permanece alleo ó control do Estado. A maioría da poboación do mundo participa nalgún grao nas economías somerxidas existentes a escala local. A economía somerxida en España e Italia representa máis do 20% del PIB. En España significa una actividade superior ós 120.000 millóns de dólares. O caso extremo na Unión Europea é Grecia con máis do 30% do PIB. Hai exemplos como a prostitución, os traballadores sen contrato, os traballos a domicilio sen factura (vexanse arranxos de fontanería, electricidade, etc.), nos que non se paga o IVE. Tambén se podería nomear os sobornos, as mafias, piratería, as propinas, talleres clandestinos, compras en diñeiro negro… Efecto invernadoiro: á absorción, por parte da atmosfera, de emisións infravermellas impedindo que escapen ó espazo exterior aumentando polo tanto as temperaturas medias do planeta. O efecto invernadoiro evita que a calor do Sol deixe a atmosfera e volva ó espazo. Isto quenta a superficie da terra co cal se produce o efecto de invernadoiro. Existe unha certa cantidade de gases de efecto de invernadoiro na atmosfera necesaria para quentar a terra. Actividades como a queima de combustible fósil emiten gases (especialmente, dióxido de carbono, CO2) que actúan impedindo que escape a calor. Moitos científicos consideran que como consecuencia se está producindo o quentamento global. Outros gases que contribúen ó problema inclúen os clorofluorocarburos (CFC), o metano, os óxidos nitrosos e o ozono.

Page 28: Vocabulario de Xeografía 2º de bacharelato

Vocabulario de xeografía de España 28

Enerxía hidroeléctrica: é un tipo de enerxía obtida a partir da enerxía potencial dunha masa de auga. Esta enerxía maniféstase en estado natural nos fluxos de auga, como nos ríos e lagos e pode ser aproveitada por medio dun desnivel ou encoro. Pode ser convertida en enerxía mecánica a través de turbinas hidráulicas ou muíños de auga. As turbinas á súa vez poden ser usadas como accionamento dun mecanismo industrial, coma un compresor ou un xerador eléctrico, coa finalidade de prover enerxía eléctrica para unha rede de enerxía.

Enerxía Nuclear: enerxía xenerada a partir do emprego de materiais fisionables que mediante reaccións nucleares proporcionan calor. Este calor é emplegado por un ciclo termodinámico convencional para mover un alternador e producir enerxía eléctrica. As centrais nucleares constan dun ou varios reactores, que son contenedores (chamados habitualmente vaixelas) en cuxo interior albergan varillas e outras configuracións xeométricas de minerais con algún elemento fisil (é dicir, que pode fisionarse) ou fértil (que pode convertirse en fisil por reaccións nucleares), usualmente uranio, e nalgúns combustibles tamén plutonio, xenerado a partir da activación do uranio. No proceso de fisión radiactiva, establécese unha reacción que é sostida e moderada mediante o emprego de elementos auxiliares dependentes do tipo de tecnoloxía empregada.

Enerxía térmica: Unha central térmica ou central termoeléctrica é unha instalación empregada para a xeración de enerxía eléctrica a partir da enerxía liberada en forma de calor, normalmente mediante a combustión dalgún combustible fósil como petróleo, gas natural ou carbón. Esta calor é empregado por un ciclo termodinámico convencional para mover un alternador e producir enerxía eléctrica. Doutra banda, tamén existen centrais termoeléctricas que empregan fisión nuclear do uranio para producir electricidade. Este tipo de instalación recibe o nome de central nuclear.

Vantaxes • Son as centrais máis baratas de construír (tendo en conta o prezo por megavatio instalado,

especialmente as de carbón, debido á simplicidade (comparativamente falando) de construción e a enerxía xerada de forma masiva.

• As centrais de ciclo combinado de gas natural son moito máis eficientes que unha termoeléctrica convencional, aumentado a electricidade xerada (e xa que logo, as ganancias) coa mesma cantidade de combustible.

Inconvenientes • O uso de combustibles fósiles xera emisións de gases de efecto invernadoiro e de choiva aceda á

atmosfera, xunto a partículas volantes (no caso do carbón) que poden conter metais pesados. • Ao ser os combustibles fósiles, unha fonte de enerxía finita, o seu uso está limitado á duración das

reservas e/ou a súa rendibilidade económica. • As súas emisións térmicas e de vapor poden alterar o microclima local. • Afectan negativamente aos ecosistemas fluviais debido ás verteduras de auga quente nestes. • O seu rendemento (en moitos casos) é baixo (comparado co rendemento ideal), a pesar de haberse

realizado grandes melloras na eficiencia (un 30-40% da enerxía liberada na combustión convértese en electricidade, de media).

Enerxías renovables ou alternativas: denomínase fuente de enerxía alternativa a aquela que pode suplir ás enerxías actuais ou convencionais (como o carbón, petróleo) caracterizadas estas últimas por ser agotabeis e contaminantes, mentres que as enerxías subsitutivas (alternativas) son ilimitadas e non contaminantes. O exemplo destas últimas son: enerxía eólica, hidraúlica (aínda que esta pode considerarse convencional), maremotriz, solar, xeotérmica ou biomasa. Fondos estruturais: recursos económicos da Unión Europa encamiñados a reducir as diferencia de desenvolvemento das rexións e os Estados membros desta. Estes fondos pretenden cohesinar económica e socialmente á UE. Existen catro fondos estruturais: Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) (para melloras as infraestruturas nas rexións e Estados máis deficitarios destas. Fondo Social Europeo (FSE) orientado á inserción profesional. Fondo Europeo Agrícola de Garantía (FEAGA) orientado ao desenvolver as actividades económicas do sector primario e o IFOP (instrumento Financeiro de Orientación de Pesca) para favorecer a actividade pesqueira. Fonte de enerxía: A etimoloxía ten as súas raíces na palabra grega εργοs (ergos), que significa "traballo". O termo Enerxía designa, en física, todo o que pode transformarse en calor, traballo mecánico (movemento) ou radiación electromagnética como a luz mediante procesos físicos. Isto pode ocorrer

Page 29: Vocabulario de Xeografía 2º de bacharelato

Vocabulario de xeografía de España 29

de xeito natural e espontáneo ou grazas a unha máquina (por exemplo motor, caldeira, refrixerador...). As fontes de enerxía poden clasificarse en: convencionais (as que se utilizan con frecuencia ou tradicionalmente: carbón, petróleo...) ou alternativas (novedosas como a biomasa, maremotriz...). Contaminantes (se danan o medio ambiente como o carbón...) ou non contaminantes ( xeotérmica...). e agotabeis (se poden desaparecer as reservas como o petróleo) ou inagotables (como a solar). I+D+i: inciais asociadas á investigación, desenvolvemento e innovación. Toda sociedade, país ou empresa avanzada que quere prosperar economicamente debe invertir nestes aspectos para modernizarse tecnolóxicamente. Holding: compañía (fundamentalmente unha entidade financeira) que controla parte un totalmente o capital de empresas en varios sectores de actividade. Industrialización: proceso polo que un Estado ou comunidade territorial pasa dunha economía baseada na agricultura, a unha fundamentada no desenvolvemento industrial, e no que este representa: o sostén fundamental do Produto Interior Bruto e a oferta de traballo á maioría da poboación. En cada Estado os procesos de industrialización deronse en momentos diferentes. Globalmente en Europa e América atópase a finais do século XVIII e o XIX, nos que a primeira revolución industrial, coa incorporación de novas tecnoloxías á explotación agrícola e a superación dos traballos artesanais para a industria mediante produción en masa, cambiaron drasticamente o modo económico e social.

• As características fundamentais da industrialización son: 1. Abandono do medio rural por amplas capas de poboación en busca de traballo ás cidades. 2. Expansión e crecemento das urbes en torno ás cales se instalan as grandes empresas industriais. 3. Emerxencia da burguesía como clase social detentadora dos medios de produción e que defenderá o

liberalismo na creación de empresas e o comercio. 4. Aparición da cultura do proletariado e, con ela, do movemento obreiro que encontra a súa expresión

sociolóxica e filosófica no marxismo. 5. Progresiva desaparición dos modos ilustrados e da nobreza como detentadores da titularidade dos

recursos económicos e do poder político. Por extensión fálase de industrialización para referirse a calquera modo de sociedade moi desenvolvida, se ben dende a década dos 50 do século XX. As sociedades con maior poder económico son aquelas que posúen uns altos niveis de desenvolvemento tecnolóxico e actividades relacionadas co sector terciario. Industria de Base ou Básica: actividade de transformación de materias primas en produtos elaborados destinados a outras industrias non o consumidor final como por exemplo a transformación en bruto dos minerais metálicos: metalurxia, siderurxia ou química pesada.

Industria de Bens de Equipo: actividade de transformación ou elaboración de instrumentos ou maquinaria necesaria para outras empresas, fábricas ou empresas relacionadas con transporte colectivo ou de mercancías como por exemplo asteleiros, material ferroviario, fábrica de telares...

Industria de Bens de Consumo: actividade de transformación destinada ó consumidor final. É a máis variada: vestido, calzado, alimentación, mobles, automóbiles, libros, xoguetes, química lixeira (produtos de droguería, perfumería, farmacia...)...

Industria lixeira: actividade que consume poucas materias primas e que gasta relativamente pouca enerxía na transformación. Esta actividade está ligada coa industria de bens de consumo ou aquelas empresas de alto desenvolvemento tecnolóxico asociadas ó I+D+i.

Industria pesada: actvidade que consume moita materia prima e enerxía na transformación. Esta actividade está ligada coa industria de base ou bens de equipo.

Industrias verdes: actividade dedicada á transformación de materias primas que ten unha enorme preocupación pola conservación do medio ambiente. Tanto no proceso de produción como nos produtos elaborados. Este tipo de actividade ten un importante desenvolvemento tecnolóxico e están relacionadas co I+Di e tende a localizarse nos parques tecnolóxicos.

Page 30: Vocabulario de Xeografía 2º de bacharelato

Vocabulario de xeografía de España 30

Materia prima : materiais extraídos da natureza que sirven para construir os bens manufacturados ou de consumo. Clasificanse segundo a súa orixe: vexetal, animal e mineral.

Materias primas estratéxicas: denominación dada ás materias primas e tamén ás fontes de enerxía que son clave para o desenvolvemento das actividades produtivas xa sexan o cobre, ferro, uranio, petróleo, gas natural ou carbón. Parque tecnolóxico: espacio físico de produción industrial que ten as seguintes características: mantemento de relacións formais e operativas coas universidades, centros de investigación e outras institucións de educación superior ou media (ciclos formativos). Deseñado para alentar a formación e o crecemento de empresas baseadas no coñecemento e de outras organizacións de alto valor engadido pertencentes ó sector terciario, normalmente residentes no propio Parque. Pose un organismo estable de xestión que impulsa a transferencia de tecnoloxía e fomenta a innovación entre empresas e organizacións usuarias do Parque. Na actualidade existen en Galicia dous parques tecnolóxicos: o parque tecnolóxico de Galicia, con sede en Ourense e o parque tecnolóxico e loxístico de Vigo.

Polígono industrial: zona destinada a plantas industriais e almacéns. Localízase na periferia dos centros urbanos.

Produto Interior Bruto (PIB): Valor total da producción de bens e servizos dun país nun ano. O PIB engloba el consumo privado, máis o investimento, o gasto público, a variación en existencias e as exportacións netas (exportacións menos as importacións). Para calcular o valor é indiferente se o capital das empresas é estranxeiro ou nacional. Denomínase bruto posto que non se descontan as amortizacións de capital (valor das reparacións de maquinaria por exemplo das empresas).

Produto Nacional Bruto (PNB): valor total da produción de bens e servizos dun país nun ano, descontando o valor xenerado polas empresas estranxeiras no país e sumando o valor xenerado polas empresas nacionais no estranxeiro.

Reconversión industrial: modificación das actividades industriais nunha área xeográfica, rexión ou país debido ós cambios tecnolóxicos nos procesos produtivos ou no cambio da demanda de bens e servizos. Na historia de España este proceso foi moi importante e trouxo consecuencias sociais moi graves na década dos oitenta do século pasado, afectando fundamentalmente as empresas de capital público relacionadas coa siderurxia, construción naval... Áreas como Ferrol, Vigo, Asturias, Puerto Real (Cádiz), Sagunto (Valencia) padeceron as consecuencias dunha política que os seus críticos consideraron máis de “desmantelamento” que de reconversión. Reciclaxe: é a transformación das formas e presentacións habituais dos obxectos de cartón, papel, lata, vidro, algúns plásticos e residuos orgánicos, en materias primas que a industria de manufactura pode utilizar de novo. Tamén se refire ao conxunto de actividades que pretenden reutilizar partes de artigos que no seu conxunto chegaron ao termo da súa vida útil, pero que admiten un uso adicional para algún dos seus compoñentes ou elementos. Subcontratación: proceso económico no que unha empresa determinada, move ou destina os recursos orientados a cumplir certas tarefas, a unha empresa externa, por medio dun contrato. Normalmente as grandes empresas tenden a externalizar certos servizos para que as xestionen outras máis pequenas.

Trust: fusión ou absorción de varias empresas dun sector ou de diferentes sectores co fin de monopolizar unha actividade ou varias. Orixinariamente nace en EE_UU. Os efectos económicos son tan nocivos, ó eliminar a competencia que foi necesaria elaborar unha lexislación antitrust coa finalidade de eliminar esta práctica que racha co libre mercado. Véxase monopolio .

Apartado 10 Sector terciario

Arancel: imposto que se debe pagar pola importación ou exportación de bens. Unha política que defende a existencia de fortes aranceis para produtos ou servizos importados denomínase proteccionista, no senso contrario falamos de librecambismo . As Unións Económicas: UE son

Page 31: Vocabulario de Xeografía 2º de bacharelato

Vocabulario de xeografía de España 31

proclives ó librecambismo entre os países membros. A Organización Mundial de Comercia (OMC) e partidaria da erradicación de toda política arancelaria. O debate sobre esta cuestión sigue sendo controvertido e considerase viciado cando a escala planetaria hai economías que están en distintas fases de desenvolvemento.

Autarquía: autosuficiencia económica. Política económica orientada a limitar a importación de productos e servizos e autoabastecerse dos produtos xenerados no propio país. Esta política foi impulsada na primeira fase do réxime franquista (1939-1957) onde se comprobou a súa ineficacia e fracaso e será substituída, despois dos plans de Establilización (1957-1959), por unha política liberalizadora no plano económico (que non político).

Balanza comercial: saldo xenerado anualmente entre o valor das exportacións e importacións de mercancías dun país e os países estranxeiros.

Balanza de pagamentos: suma de tódolos saldos das balanzas de intercambio entre o valor de exportacións e importacións dun país cos países estranxeiros. Esta formada pola balanza comercial, servicios, renda, transferencias e capital. Comisión europea: unha das principais institucións da Unión Europea. Representa e defende os intereses do conxunto da UE, elabora propostas de nova lexislación europea e xestiona o labor cotián de pór en práctica as políticas e facer uso dos fondos europeos. Está composta por 27 Comisarios, un por cada país da UE, representan o liderado político da Comisión durante o seu mandato de cinco anos. O Presidente atribúe a cada Comisario competencias en ámbitos de actuación específicos (economía, finanzas, educación, industria, agricultura...). Déficit comercial: situación xenerada como resultado dun saldo negativo na balanza comercial ou, dito doutro xeito, cando o valor das mercancías importadas superan o valor das mercancías exportadas. Sirve como base de análise da competitividade dunha economía.

Demanda: defínese como a cantidade e calidade de bens e servizos que poden ser adquiridos ós diferentes prezos de mercado por un consumidor (demanda individual) ou polo conxunto de consumidores (demanda total ou de mercado).

Ecoturismo: ou turismo ecolóxico. Ë unha nova tendencia do Turismo Alternativo diferente ao Turismo tradicional. É un enfoque para as actividades turísticas no cal se privilexia a sustentabilidade, a preservación, a apreciación do medio (tanto natural como cultural) que acolle e sensibiliza aos viaxeiros.

Exportación: valor dos servizos ou mercancías que se vende ó estranxeiro.

Franquicia: sistema de colaboración entre dúas partes xuridicamente independentes, vinculadas entre si a través dun contrato mediante o cal unha das partes, a empresa franquiciadora, cede, a cambio de certa remuneración económica, o dereito a utilizar a súa marca comercial e a súa practica empresarial, por un tempo limitado e nun territorio determinado. A franqucia responde á necesidade dunha renovación constante da oferta de mercado, obrigada pola imparable e crecente aparición de novos competidores e a esixencia de ofrecer novas prestacións. Globalización: proceso fundamentalmente económico consistente na crecente integración das distintas economías nacionais nun único mercado capitalista mundial. A globalización está defendida polo neoliberalismo encarnado nos organismos internacionais OMC, FMI y BM e está rexeitada polos grupos antiglobalización. É discutible relacionar la globalización con una dimensión extra-económica (humana) . Pero de facelo abarcaría cuestións mundiais como: cambio climático, imperialismo cultural contra multiculturalismo, inmigración e Internet.

Importación: valor dos servizos ou mercancías que se compran ós países estranxeiros.

Inflación : En economía denomínase o aumento sostido e xeneralizado do nivel de prezos de bens e servizos, medido fronte a un poder adquisitivo estable. Defínese tamén como a caída no valor de mercado ou do poder adquisitivo dunha moeda nunha economía en particular, o que se diferencia da depreciación, dado que esta última refírese á caída no valor da moeda dun país en relación a outra moeda cotizada nos mercados internacionais, como o dólar estadounidense, o euro ou o ien.

Page 32: Vocabulario de Xeografía 2º de bacharelato

Vocabulario de xeografía de España 32

Monopolio: situación xenerada en economía cando unha empresa controla o mercado dun ben ou de varios.

Movementos antiglobalización: é un amplo conxunto de movementos sociais formado por activistas provenientes de distintas correntes políticas, que a finais do século XX converxeron na crítica social ao denominado pensamento único neoliberal e á globalización capitalista. Acusan a este proceso beneficiar ás grandes multinacionais e países máis ricos, acentuando a precarización do traballo e consolidando un modelo de desenvolvemento económico inxusto e insustentable; tamén acusan á expansión do capitalismo de socavar a capacidade democrática dos Estados (tendo en conta de que a maioría dos seus activistas entenden o concepto no sentido popular e non liberal do termo), entre outros aspectos negativos. Obxectivos do Desenvolvemento Milenio: oito obxectivos fixados pola ONU no ano 2000 para os seus 192 países membros coa finalidade de logralos no ano 2015. Estes obxectivos eran: erradicar a pobreza extrema e a fame, lograr a ensinanza primaria universal, igualdade de xénero, reducir a mortalidade infantil...

Oferta: defínese como a cantidade e calidade de bens e servizos que os produtores están dispostos a ofrecer ós diferentes prezos de mercado a un consumidor (oferta individual) ou a un conxunto de consumidores (oferta total ou de mercado).

Pequena e mediana empresa (PEME): unidade económica con personalidade xurídica ou física que reúna os seguintes requisitos: que empregue a menos de 250 traballadores e que teña un volume de negocios inferior a 50 millóns de euros anuais. Plan estratéxico de Infraestruturas do Transporte (PEI T): política estatal en materia de transportes programada para o período comprendido 2005-2020 que ten como principais obxectivos lograr un sistema equilibrado e eficaz no transporte que favoreza a cohesión territorial e social, a sostibilidade ambiental e acompetitividade económica. As medidas para conseguir estes obxectivos son: corrixir a radialidade da rede peninsular por un modelo transversal en relación a rede terrestre. Prestar especial atención á España non peninsular. Equilibrar o excesivo peso da estrada fomentando o transporte ferroviario e intermodal. Mellorar a eficiencia. Asegurar unha accesibilidade equitativa ao transporte a tódalas persoas e territorios. Contribuír á sostibilidade ambiental e favorecer a integración con Europa. Taxas aeroportuarias: prezo que en moitos países pagan os viaxeiros, tanto de voos nacionais como internacionais, polo uso do aeroporto. Tour operadores : ou operador de turismo é un almacenista que prepara e vende viaxes combinadas. En materia de turismo e viaxes combinadas, un operador de turismo (do inglés “Touroperator”), axencia almacenista, organizador ou almacenista a secas, é a persoa xurídica que organiza de forma non ocasional viaxes combinadas e véndeos ou ofrece á venda, directamente ou por medio dun detallista (axencia de viaxes comerciante polo miúdo). Na actualidade, os operadores turísticos son propietarios, en maior ou menor medida, das compañías aéreas de tráfico chárter e dunha parte importante dos establecementos hoteleiros en todos os destinos vacacionais do planeta. Turismo: Segundo a Organización Mundial do Turismo das Nacións Unidas, o turismo comprende as actividades que realizan as persoas (turistas) durante as súas viaxes e estancias en lugares distintos ó de seu entorno habitual, por un periodo de tempo consecutivo inferior a un ano, con fins de ocio, por negocios e outros motivos. O sector turístico en España ten un papel clave na súa economía. UE: é unha organización internacional constituída actualmente por 27 estados europeos. Moitos dos seus obxectivos herdáronse da CEE, en vigor dende a década de 1950, porén esta comunidade non adoptou o nome de UE até 1992 durante o Tratado da Unión Europea (normalmente coñecido como Tratado de Maastricht). A tres sedes principais da Unión Europea atópanse en Bruxelas, Luxemburgo e Estrasburgo. A Unión Europea ten moitas actividades, entre as que destacan a creación dun mercado europeo único (ou sexa unha unión aduaneira), dunha moeda única (adoptada por 16 dos 27 Estados membros) e dunha política agrícola, pesqueira, comercial e de transportes común. A Unión Europea desenvolve tamén varias iniciativas para a coordenación das actividades xudiciais e de defensa dos Estados Membros, así como trata de equiparar o desenvolvemento das diversas rexións mediante compensacións económicas, e de fortalecer a propia unión creando vínculos culturais e de cooperación por medio de programas específicos de mantemento de proxectos a escala europea e intercambio de persoas. Xeopolítica: relación e actuacións políticas internacionais dun estado cos demais.