Vivir illados? por Nerea Niet

17
É posible vivir illados das demais persoas? (vantaxes e inconvintes) Nerea Nieto González 1ºA

Transcript of Vivir illados? por Nerea Niet

Page 1: Vivir illados? por Nerea Niet

É posible vivir illados das demais persoas? (vantaxes

e inconvintes)

Nerea Nieto González 1ºA

Page 2: Vivir illados? por Nerea Niet

Os outros como reflexo indispensable na nosa vida, confróntanos con cousas ás veces descoñecidas de nós mesmos. De ai o inferno ao que Sartre fai referencia. Non hai un lugar máis aterrador que aquel que nos desnuda, enfróntanos coas nosas debilidades. O outro tamén se move por si mesmo, polas súas propias necesidades, e os desexos e finalmente descubrimos que ese outro forma parte tamén de nós. E preferimos ese inferno á soidade absoluta. Di Susan Sarandon no seu personaxe de película, que a principal razón pola que a xente se casa, e porque necesitamos un testigo da nosa vida, alguén ao que non lle pase desapercibido a nosa existencia.

Pero, necesitamos algo máis : podemos vivir illados das demais persoas?

“O inferno son os outros”(Sartre)

Page 3: Vivir illados? por Nerea Niet

Según Sartre, o inferno son os outros, entón poderiamos vivir illados dos demais, xa que son eles os que nos perxudican. Entón, se os nosos vínculos cas persoas cercanas son retorcidos ou teñen malas intencións, o outro non pode ser outra cousa máis que o Inferno. Por qué?Xa que os outros, son o máis importante na nosa vida, son o fondo de todo para o noso propio coñecemento de nós mesmos, xa que son eles os que opinan e con cuxas opinións intentamos favorecelos. Cando nos detemos a pensar a cerca do noso interior, cando tratamos de coñecernos, cando nos miramos a un espello, no fondo estamos utilizando a idea que outros teñen de nós mesmos, xuzgámonos cos medios que os outros teñen e os cales, sírvennos para xudgarnos a nós mesmos.

Page 4: Vivir illados? por Nerea Niet

Isto significa que : se as nosas relacións ou vínculos son malos, sometémonos a unha total dependencia do outro e por iso, isto é o inferno.Hoxe en día, existe moita xente que está no inferno, xa que preocúpalle ou son dependentes da opinión dos outros; pero isto non quere dicir que non se podan soster outro tipo de relación cos outros, isto simplemente marca, a importancia de todos os outros para cada un de nós.Estamos cheos de pensamentos de nós mesmos que son opinións dos demais, ás veces nin sequera certas, xa que hai xente que si que é o inferno realmente. Vivir illados desas persoas, nese caso sería conveniente. Pero Sartre non nega que non se poida vivir con eles, senón que todo iso condiciónanos.

Page 5: Vivir illados? por Nerea Niet

Gustavo Adolfo Bécquer (1836-1870)

<<A soidade é o imperio da conciencia>>Según Bécquer di que a soidade é necesaria, non só para encontrarnos con nós mesmos, senón para encontrar nela o verdadeiro rostro dos demais. Entón a soidade é ámbito necesario para un encontro máis profundo. Na soidade, a conciencia vive a súa propia soberanía, o seu imperio, sen supeditarse aos vínculos ou relacións á que nos leva a vida cotián.

Page 6: Vivir illados? por Nerea Niet

Tamén gustaríame resaltar o poema, la Oda o la vida retirada de Fray Luis León, nela fálase da soidade como algo deseado, positivo, da tranquilidade na vida do campo en contraposición da vida na cidade.

E entre pinturas resaltaría A silla de Van Gogh. É unha pintura na que expresa a soidade despois de que o seu bo amigo Gauguin volva a París.

Page 7: Vivir illados? por Nerea Niet

<< Do mesmo xeito que antes, cando me separei de meus pais, non puiden conformarme co que tiña, agora tamén tiña que marchar e abandonar a posibilidade de facerme un home rico e próspero, coa miña nova plantación, en pos dun desexo absurdo e irracional de aumentar a miña fortuna máis rapidamente do que a natureza admitía. Foi así como, pola miña culpa, volvín naufragar no abismo máis profundo da miseria, ao que puidese caer home algún ou, fose capaz de soportar. >> (Robinson Crusoe)

Page 8: Vivir illados? por Nerea Niet

Este foi un mariñeiro de York, que nunha expedición é capturado e convértese en esclavo. Máis adiante o barco naufraga e el convértese no único supervivente. Chega a unha illa onde, a primeira vista está so. Ten que adaptarse a soidade que acabarao facendo, pero despois ao encontrar a un home, Viernes, pasa mellores momentos. Con isto, expresa que poder si que se pode vivir illado, aínda polas dificultades que isto conleva. Pero isto non quita, que nos sintamos máis seguros, contentos con compañía.

Page 9: Vivir illados? por Nerea Niet

Vantaxes

Evitar ruido Evitar insultos, opinións desagradables

das persoas que nos rodean, que poden facernos cambiar.

Evitar problemas de economía, política…

Facer o que queiramos, sen que ninguén nos diga o contrario.

Page 10: Vivir illados? por Nerea Niet

Ruido (Efectos) O principal efecto é a perda

de audición Alteracións das actividades

como o reposo e o sono Os ruidos repentinos provocan

interrupcións da actividade, constricción dos vasos sanguíneos, aumento do ritmo cardíaco…

Page 11: Vivir illados? por Nerea Niet

Problemas de economía/política Como satisfacer as

necesidades dos seus compoñentes, que son ilimitadas, por medio duns recursos que son escasos?

Abuso de poder, mala utilización dos recursos, mal empleo das reservas internacionais…

Page 12: Vivir illados? por Nerea Niet

Inconvintes

Disfrutar dos pequenos detalles en familia.

Fora xogos en grupo, festas, celebracións…

Poder ter unha familia, ver medrar aos teus fillos…

Finalidades coas que queremos algo, por exemplo, os cartos para manter aos nosos fillos. Sen persoas, nada disto pode ocurrir.

Page 13: Vivir illados? por Nerea Niet

Familia

Disfrutar os momentos de familia, reunións, alegrías,celebracións…

Ver medrar aos teus fillos, cun bo traballo, ver aos teus netos…

Ter unha boa casa, cunha boa esposa e un bo traballo.

Page 14: Vivir illados? por Nerea Niet

Para o meu parecer, é posible sobrevivir sos no mundo, xa que para a especie humana, a maioría das cousas que un se propón poden conseguilas. Xa que sen demais persoas existentes sería doado conseguir todo o que queiras, pero non sería o mesmo. Poñamos un exemplo: o sacar boas notas falo para o día de mañá ter un traballo, pero se non existe esa competencia a satisfacción propia xa non existe, nin poder gozar ver aos teus pais orgullosos. Poder, claro que se pode, ao principio pode costar adaptarse, e pensaremos na paz, tranquilidade sen ruido e molestias ao teu arredor, pero ao fin e ao cabo, os humano sempre queremos conseguir algo cun obxectivo; ven sexa por alegría propia, ou por a alegría dos que nos rodean. Pero non sería o mesmo ter un bo coche se non tes a alguén ao que restregarllelo, tampouco gustaríache ter a mellor casa, se non estás coa túa familia…

Page 15: Vivir illados? por Nerea Niet

Tamén, ao vivir illados, non poderemos gozar de aspectos extraordinarios que ten a nosa vida. Pasaremos o resto da vida, cunha rutina, sen pizca de alegría, ás veces falando.Non poderemos enamorarnos, ver aos nosos fillos medrar, estar orgullosos do noso traballo, e os nosos pensamentos xirarán en torno a ese concepto, que pasaría se vivise con alguén?

Page 16: Vivir illados? por Nerea Niet

Vivir sos tamén pode traer consigo diversos problemas mentais como sufrir depresión. Pero tamén hai que establecer unha clara diferencia entre estar so e sentir soledade. Primeiro podes vivir illado do resto das persoas e sentirte feliz, tranquilo, sen preocupacións ao ter redor… Pero este estado de ánimo pode durar meses ou incluso anos, pero na miña opinión sempre vai haber un momento no que vas precisar de alguén en quen apoiarte ao teu carón.E segundo estudos realizados pola Organización Mundial da Saúde (OMS), unha de cada catro persoas, é dicir, o 25%, pode ter depresión nalgún momento da súa vida se vive so. Entón, imaxinémonos que esa persoa non ten durante moito tempo a ninguén o seu redor. Como se debe sentir?, a quen recorrería en momentos críticos?.

Page 17: Vivir illados? por Nerea Niet

Como conclusión e despois de recibir diversas informacións, penso que o feito de vivir illados depende de como é a persoa en si. Pero, esto non quita que a actitude dunha persoa vaiase modelando co tempo e que durante anos de soidade non acabe como se mencionou anteriormente por padecer unha depresión. Este é un tema controvertido no que poden existir moitas opinións e nos que, como vimos existen varias opinións diferentes. En torno a miña creo que a familia é un dos aspectos moi importantes aos que unha persoa costalle deixar, pero claro, se tes a mala sorte de non tela, pois a soidade pode ser un medio polo que poidas escapar ou huir. É ç ter unha resposta ou si ou non, xa que como dixen no comenzo depende de cada persoa, e sei perfectamente que no meu caso sería un non rotudo, non podo vivir illada das demais persoas, é dicir, non ter conversacións, estar coa miña familia, amigos ou simplemente dialogar. Iso é todo.