Violencia contra a muller

2
BIBLIOTECA VIVA 2011—2012 IES "Agra de Raíces" de Cee CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA SEIS LIBROS, DÚAS PELÍCULAS E ALGO DE MÚSICA Ilustración de Iván Pardo — Banco de Imaxes do Ministerio de Educación E ALGO DE MÚSICA COMPROMETIDA: “Malo” de Bebe “Ella” de Bebe “El maltrato” de Manuel Orta “Violencia machista” de Ska-p “Salir corriendo” de Amaral “Lo que Ana ve” de Revolver “El final del cuento de hadas” de El Chojín “Ay, Dolores” de Reincidente “Se acabaron las lágrimas” de Huecco “María se bebe las calles” de Pasión Vega “Abre tu mente” de Merche “Nanai” de La Mala Rodríguez BOLLAÍN, ITZIAR, Te doy mis ojos Emocionante e necesaria pelí- cula que trata profundamen- te o tema da violencia ma- chista, que neste caso exerce un home “normal” sobre a súa muller, á que “adora” dun xeito erróneo. O problema martiriza aos dous, pero un deles máis víti- ma ca o outro. Excelentes interpretacións de Luis Tosar e Laia Marull. SPIELBERG, STEVEN, El color púrpura Esta película baseada nu- nha novela de Alice Walker narra a historia de Celie, unha adolescente de cor de catorce años que está emba- razada do seu propio pai, un home despótico e cruel. A partir de entón a súa vida estará chega de dor e humillacións. Con música de Quincy Jones. Biblioteca do “Agra de Raíces” en internet: http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/ Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=CED089 Blog da biblioteca: www.biblioraices.blogspot.com

description

guía violencia contra a muller

Transcript of Violencia contra a muller

BIBLIOTECA VIVA 2011—2012 IES "Agra de Raíces" de Cee

CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

SEIS LIBROS, DÚAS PELÍCULAS E ALGO DE MÚSICA

Ilustración de Iván Pardo — Banco de Imaxes do Ministerio de Educación

E ALGO DE MÚSICA COMPROMETIDA:

“Malo” de Bebe

“Ella” de Bebe

“El maltrato” de Manuel Orta

“Violencia machista” de Ska-p

“Salir corriendo” de Amaral

“Lo que Ana ve” de Revolver

“El final del cuento de hadas” de El Chojín

“Ay, Dolores” de Reincidente

“Se acabaron las lágrimas” de Huecco

“María se bebe las calles” de Pasión Vega

“Abre tu mente” de Merche

“Nanai” de La Mala Rodríguez

BOLLAÍN, ITZIAR, Te doy mis ojos Emocionante e necesaria pelí-cula que trata profundamen-te o tema da violencia ma-chista, que neste caso exerce un home “normal” sobre a súa muller, á que “adora” dun xeito erróneo. O problema martiriza aos dous, pero un deles máis víti-ma ca o outro.

Excelentes interpretacións de Luis Tosar e Laia Marull.

SPIELBERG, STEVEN, El color púrpura

Esta película baseada nu-nha novela de Alice Walker narra a historia de Celie, unha adolescente de cor de catorce años que está emba-razada do seu propio pai, un home despótico e cruel. A partir de entón a súa vida estará chega de dor e humillacións.

Con música de Quincy Jones.

Biblioteca do “Agra de Raíces” en internet: http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=CED089 Blog da biblioteca: www.biblioraices.blogspot.com

BERBEL, ESMERALDA, Trátame bien, Ed. Alba

Recolle a testemuña de de-zaoito mulleres que algunha vez na súa vida sufriron mal-tratos dentro dunha relación sentimental e que o supera-ron ou están a facelo. Respectouse o seu anonimato e deixóuselles un tempo de reflexión antes de contar as

súas experiencias e recordos, que foron plasmados despois pola autora.

Estas mulleres, de diferentes idades e condicións sociais, superviventes das súas relacións de parella, víronse obrigadas a revisar as súas propias ideas sobre o amor, o sentido da vida e a familia.

Un fío de esperanza para aquelas mulleres que hoxe en día están sufrindo a violencia de xénero.

PAZ, BEGOÑA, A ferida, Ed. Xerais

A ferida é un libro con-tundente que fala, sobre todo, das mulleres. As feri-das supuran sobre a vida e toda a escuridade que per-manece agochada dentro de nós flúe fervendo coma auga ardente dunha fonte termal. Entre estas liñas des-fila a paixón, a desespera-ción, a soidade en compañía (a peor) a mentira (como vida, como estigma, co-mo amor), a insatisfacción, a aldraxe, a violencia, o medo, a destrutiva autocompaixón, o sexo... e ta-mén o humor, como máscara.

MONÇÓ, BEATRIZ, Los hombres no pegan, Ed. Bellaterra

Este conto é un aviso contra la masculinidade mal entendida, contra la desigualdade entre homes e mulleres, contra o mal-trato doméstico, contra as estru-turas de poder que permiten que as familias e as súas rela-

cións se convertan nun terror cotián, nun campo de batalla onde os más débiles poden perder aa vida. De lectura recomendada para adultos e nenos.

VARIAS AUTORAS, Camiñan descalzas polas rochas Ed. Tris Tram

Os poemas e relatos ilus-trados de Ana Romaní, Yo-landa Castaño, Rosa Anei-ros, Paula Carballeira, An-xos Sumai, Carmen Blanco, Marilar Aleixandre, María Reimóndez, Helena Villar Janeiro, Ana Expósito e Ma-rica Campos, todas elas au-toras destacadas das letras galegas actuais, amo-san un catálogo de atentados contra os máis im-portantes dereitos das mulleres (e do xénero hu-mano en xeral): dereito á vida, á consideración, ao respecto, á paz, á igualdade...

Todos os textos e ilustracións creáronse para a ocasión.

ALONSO, FRAN, Cartas de Amor, Ed. Xerais Nove relatos en forma de car-ta que, en conxunto, forman un mosaico do convulso mun-do actual e, asemade, botan unha ollada ás vidas tronza-das das protagonistas; vidas que foron levadas pola enxu-rrada dos acontecementos e que non se puideron vivir se-guindo as escollas persoais. Son vidas tronzadas, desviadas

da vontade das protagonistas e gobernadas por acontecementos que non poden controlar. Son re-tallos de vidas de sobreviventes, de protagonistas que viven no temor dun futuro incerto e que con-tan coa desesperanza como sentimento común.

LORENTE ACOSTA, MIGUEL, Mi marido me pega lo normal, Ed. Crítica

O sobrecolledor título deste ensaio escrito por un médico fo-rense tomouno das palabras tex-tuais dunha muller que estaba avergoñada se ter sido obxecto da violencia do seu marido. No libro analízanse as agresións á muller na realidade cotiá, libre de mitos e xustifi-cacións, e trata o tema do maltrato dende unha perspectiva médica, legal e moral