ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración...

66
1 ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 27 DE NOVEMBRO DE 2008 SRES. ASISTENTES: ALCALDESA-PRESIDENTA: DONA Mª DOLORES GARCÍA GIMÉNEZ CONCELLEIRAS/OS ASISTENTES: D. MANUEL RODRÍGUEZ CUERVO DONA Mª VICTORIA HIERRO LORENZO D. MARCELINO ABUÍN DURO DONA Mª DOLORES COUSO RODRÍGUEZ D. JOSÉ RAFAEL MEMBRIVES ROJAS DONA SUSANA CAMIÑO PÉREZ D. TOMÁS JAVIER FOLE DÍAZ DONA Mª TERESA REY BARREIRO MEIRO D. JUAN CARLOS MANEIRO CADILLO DONA MARTA RODRÍGUEZ ARIAS D. JAIME RAMOS LORENZO D. JESÚS PÉREZ ARCA D. MANUEL ANGEL TARRÍO FERNÁNDEZ D. XOSÉ CASTRO RATÓN DONA ANA ISABEL LORENZO FRAGA DONA ROSA MARÍA ABUÍN RODRÍGUEZ D. JUAN MANUEL FAJARDO RECOUSO D. RAMÓN BUENO PIÑEIRO DONA PATRICIA REY DAVILA D. JOSÉ LUIS RIVERA MALLO SECRETARIA: Paula Costas Romero INERVENTORA: DONA ANA E. GAGO FERNÁNDEZ Na Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa, sendo as dezaoito horas do día 27 de novembro de 2008, baixo a Presidencia de DONA DOLORES GARCÍA GIMÉNEZ, e coa asistencia da Secretaria reuníronse, en primeira convocatoria, os señores Concelleiros, que á marxe se relacionan como asistentes, co obxecto de celebrar Sesión Plenaria Ordinaria convocada ó efecto. A continuación procédese a trata-los asuntos que figuran na Orde do Día: 1. Aprobación, se procede, da actas da sesións anteriores do de 30 de outubro de 2008, e extraordinaria de 6 de novembro de 2008 2. Dación de conta de Resolucións da Alcaldía do mes de outubro de 2008. 3. Aprobación se procede da proposta da Alcaldía relativa ó do Estudo de Detalle para ordenación de volume edificables en Ande-Rubiáns, promovido por Promociones Ria Villagarcía, S.L. (R.U. 164) 4. Proposta de derogación da Ordenanza Fiscal nº34 e aprobación do Acordo Regulador do Prezo público polo Servizo de Axuda no Fogar. 5. Aprobación se procede da Conta Xeral de 2006. 6. Aprobación, se procede do gasto plurianual da obra do Acondicionamento de edfiicio para U.A.D. e Saúde Mental. 7. Proposta de Irmandamento entre Vilagarcía de Arousa e Granville (Francia). 8. Proposta de Modificación do Regulamento do Servizo de Axuda no Fogar. 9. Proposta inicial de concesión se procede da Medalla de Ouro da Cidade a D. Antón Paz Blanco. 10. Proposta da Concellería da Muller ao Pleno Municipal para aprobación do II Plan de Igualdade de Oportunidades 2009-2012.

Transcript of ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración...

Page 1: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

1

ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 27 DE NOVEMBRO DE 2008

SRES. ASISTENTES: ALCALDESA-PRESIDENTA: DONA Mª DOLORES GARCÍA GIMÉNEZ

CONCELLEIRAS/OS ASISTENTES: D. MANUEL RODRÍGUEZ CUERVO

DONA Mª VICTORIA HIERRO LORENZO

D. MARCELINO ABUÍN DURO

DONA Mª DOLORES COUSO RODRÍGUEZ

D. JOSÉ RAFAEL MEMBRIVES ROJAS

DONA SUSANA CAMIÑO PÉREZ

D. TOMÁS JAVIER FOLE DÍAZ

DONA Mª TERESA REY BARREIRO MEIRO

D. JUAN CARLOS MANEIRO CADILLO

DONA MARTA RODRÍGUEZ ARIAS

D. JAIME RAMOS LORENZO

D. JESÚS PÉREZ ARCA

D. MANUEL ANGEL TARRÍO FERNÁNDEZ

D. XOSÉ CASTRO RATÓN

DONA ANA ISABEL LORENZO FRAGA

DONA ROSA MARÍA ABUÍN RODRÍGUEZ

D. JUAN MANUEL FAJARDO RECOUSO

D. RAMÓN BUENO PIÑEIRO

DONA PATRICIA REY DAVILA

D. JOSÉ LUIS RIVERA MALLO

SECRETARIA: Paula Costas Romero

INERVENTORA: DONA ANA E. GAGO FERNÁNDEZ

Na Casa do Concello de Vilagarcía de

Arousa, sendo as dezaoito horas do día 27

de novembro de 2008, baixo a Presidencia

de DONA Mª DOLORES GARCÍA

GIMÉNEZ, e coa asistencia da Secretaria

reuníronse, en primeira convocatoria, os

señores Concelleiros, que á marxe se

relacionan como asistentes, co obxecto de

celebrar Sesión Plenaria Ordinaria

convocada ó efecto.

A continuación procédese a trata-los

asuntos que figuran na Orde do Día:

1. Aprobación, se procede, da actas

da sesións anteriores do de 30 de

outubro de 2008, e extraordinaria de

6 de novembro de 2008

2. Dación de conta de Resolucións da

Alcaldía do mes de outubro de

2008.

3. Aprobación se procede da proposta

da Alcaldía relativa ó do Estudo de

Detalle para ordenación de volume

edificables en Ande-Rubiáns,

promovido por Promociones Ria

Villagarcía, S.L. (R.U. 164)

4. Proposta de derogación da

Ordenanza Fiscal nº34 e aprobación

do Acordo Regulador do Prezo

público polo Servizo de Axuda no

Fogar.

5. Aprobación se procede da Conta Xeral de 2006.

6. Aprobación, se procede do gasto plurianual da obra do �Acondicionamento de edfiicio

para U.A.D. e Saúde Mental�.

7. Proposta de Irmandamento entre Vilagarcía de Arousa e Granville (Francia).

8. Proposta de Modificación do Regulamento do Servizo de Axuda no Fogar.

9. Proposta inicial de concesión se procede da Medalla de Ouro da Cidade a D. Antón

Paz Blanco.

10. Proposta da Concellería da Muller ao Pleno Municipal para aprobación do II Plan de

Igualdade de Oportunidades 2009-2012.

Page 2: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

2

11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional

contra a violencia de xénero.

12. Aprobación se procede da Moción presentada polo Grupo Municipal do PP sobre o

control das aves nas zonas urbanas.

13. Aprobación se procede, Moción presentada polo Grupo Municipal do PP sobre

�Modificación da Ordenanza de Circulación para facilitar a carga e descarga do

pequeno comercio�.

14. Aprobación se procede, Moción presentada polo Grupo Municipal IVIL sobre

�Aplicación de medidas urxentes que garanten a seguridade dos cidadáns.

Actualización do Plan de Emerxencia Municipal�.

15. Aprobación se procede, da Moción presentada polo Grupo Municipal do PP para

solicitar ao Goberno a reforma urxente da financiación local.

16. Interpelacións.

17. Rogos e preguntas.

1. APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ACTAS DA SESIÓNS ANTERIORES DO DE 30 DE OUTUBRO DE 2008, E EXTRAORDINARIA DE 6 DE NOVEMBRO DE 2008.- Pola Sra. Alcaldesa pregúntase se hai propostas de rectificación.

- Intervén o Sr. Rivera Mallo manifestando que desexa facer a seguinte corrección:

Na pax. 18, debería cambiarse unha letra que cambia por completo o sentido do parrafo e así,

onde agora di: �xa que non recoñece�, en diate dirá en sentido afirmativo �xa que non

recoñecer�

En na seguinte liña do mesmo párrafo debería dicir: �Estado de Dereito� e non �Estudio de

Dereito�.

-Intervén a Sra. Teresa Rey manifestando que desexa facer a seguinte corrección:

Na pax. 49, Rogos e Preguntas, cando intervén a Concelleira para preguntar se a escola

infantil de A Tomada conta xa con licenza municipal, trala resposta que figura da Concelleira

Lorenzo Frga, había unha nova intervención que se omiitu na acta, no que a Concelleira Teresa

Rey , sinalaba: �Aqui estamos a falar dunha competencia municipal do Concello de Vilagarcía

de concesión dunha licenza�.

-Intervén o Sr. Fajardo manifestando que desexa facer a seguintes correccións:

Na pax. 10 3º parrafo di �Un Concello que, para o veceiro de EU-IU non pode ser un exemplo

do queé unha relación laboral xusta �cando o que él dixo foi �un Concello que para o veceiro

de Eu-IU debería ser un exemplo...�

Na pax. 26, 3ª liña do 2º párraf. Di �puntos negros como o tráfico de peóns�, cando debería

dicir �puntos negros para o tráfico de peóns�.

E unhas liñas máis abaixo figura �unha soa artería de circulación como é Rosalía de Castro

estea colapsada de edificios e veciños�; debería eliminarse a palabra �veciños� porque el

evidentemente non se pronunciou neses termos.

Page 3: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

3

E na pax. 31, onde se está a falar dos bancos e das multinacionais di: �din que necesitan

deiñeiro para solucionaro os seus problemas e alí via o diñeiro de todos para garantir o

benestar� cando debería dicir � o seu benestar�, porque según indica o Sr. Fajardo, por

desgracia non garantizan o benestar de todos senón o deles.

Non habendo máis rectificacións a esta Acata sesión plenaria ordianria do 30 de outubro de

2008, pola Sra. Alcaldesa sométese a aprobación a mesma.

VOTACIÓN E ACORDO: Por unanimidade de tódolos concelleiros (21 dos 21 que conforman

o Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 30 de outubro de 2008, coas rectificacións

indicadas.

De seguido, dáse conta da acta correspondente á sesión plenaria extraordinaria de 6 de

novembro de 2008.

-A Sra. Alcaldesa pregunta se hai propostas de rectificación a esta acta.

-Interven o Sr. Fajardo para propoñer varias rectificacións nas páxinas 9 e 10. Así onde figura a

intervención do voceiro EU-IU no 6º parágrafo , última liña, onde agora di �sinalando que

segue sendo inxusta� eles dixeron: �sinalando que segue sendo inxusta�, porque o que

estaban a dicir que a proposta que se modificaba en base a unha proposta inxusta seguía

sendo inxusta.

Indica tamén o Sr. Fajardo que despois hai dous parágrafos onde se fai unha interpretación do

que se di pero en sentido contrario a como se dixo e que, ó non quedar claro o que se dixo o

mellor sería suprimir ditos parágrafos que forman parte dunha intervención máis longa, e así,

onde agora figura �EU-IU formula de forma contundente as súas propostas e se hai sintonía

con eles e son coñecidas é porque unha cousa é o discurso e outra a práctica�, non se

pretendía dicir eso por parte do voceiro de EU senón que unha cousa é o discurso do grupo

de goberno e outra cousa e a práctica do grupo de goberno, e por eso ó non quedar

claramente reflexado o que dixo, prefire que se elimine esta frase da páxina 9.

Tampouco se entendeu o que dixeron no parágrafo en que se recolle �A audacia non se limita

a gravar máis aos que exceden de un certo nivel de consumo de auga�; cando o que

realmente quixeron dicir é que �habería que cobrarlle case nada a tódalas familias e a aqueles

que se excedan no consumo de auga si que habería que gravarlles co imposto. Por eso

queren que se elimine este parágrafo ou que se recolla ben o que é a súa proposta.

Na páxina 10, última liña, onde se recolle; �malinterpretouse a proposta de EU de

zonificación..., cando se di �eles piden zonificación� o que debería dicir e �nos (EU-IU)

pedimos zonificación...� e sustituir a frase �eso é inxusto� por �eso é o xusto� por �eso é o

xusto�.

-Intervén o Sr. Abuín Duro para propoñer as seguintes rectificacións:

Na páxina 10, no parágrafo 2º onde se recolle a súa intervención a frase �o debate ao fin

céntrase en dúas cousas �As formas (a tradición)�, debería eliminarse poque non parece ter

sentido.

Page 4: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

4

No 6º parágrafo empezando por abaixo, desta mesma páxina onde se di �o que se formula é

unha sintaxes..� debería dicirse �... o que se formula é unha sítesis�.

Non habendo máis rectificacións á esta acta, a Sra. Alcaldesa sométea a aprobación:

VOTACIÓN E ACORDO: Por unanimidade de tódolos concelleiros (21 dos 21 que conforman

o Pleno), aprobase a acta da sesión extraordinaria 6 de novembro de 2008, coas rectificacións

indicadas.

2. DACIÓN DE CONTA DE RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA DO MES DE OUTUBRO DE 2008..- Pola Sra. Secretaria dáse conta ao Pleno da Corporación das resolucións emitidas

pola Alcaldía.

RESOLUCIÓNS ALCALDÍA DO MES DE OUTUBRO DE 2008: 1 Declaración terminación procedementos sancionadores tráfico por pago voluntario

anticipado.

3 Imposición de sancións infraccións tráfico.

10 Declaración sobreseemento actuacións expedientes sancións tráfico e arquivo.

27 Desestimación alegacións presentadas expedientes sanción tráfico.

3 Iniciación de oficio expedientes sancións tráfico.

1 Arquivo expediente de reposición da legalidade urbanística.

4 Aprobación expediente Modificación de Créditos nº 43, 44, 45 e 46/2008.

1 Expediente transferencias de créditos nº 16/T/2008

3 Representación e defensa intereses do Concello exercida por Letrado e remisión de

expedinte administrativo ao Xulgado.(Expte. Cont. Adt. 212/08, 335/2008 e 350/2008)

6 Orden pago obrigas aprobadas en Xunta de Goberno Local.

2 Recoñecemento de obrigación gasto.

1 Aprobación gasto taxa publicación anuncio BOP

1 Orde contabilización ingreso en devolución cantidade como consecuencia erro conta

bancaria.

1 Aprobación bases concurso oposición formación bolsa traballo para selección de

Diplomados Universitarios en Traballo Social.

3 Compensación de débito ou crédito.

5 Levantamentos de reparo.

3 Constitución tribunal selección de persoal.

1 Concesión gratificación especial funcionario por diferencia retribucións complementarias

posto de traballo por substitución.

3 Recoñecemento vacacións correspondentes a período en prácticas.

1 Designación Xefe en Funcións Servizo alumado público por baixa Encargado.

2 Designación Tesoureira Accidental.

1 Aprobación lista definitiva aspirantes contratación un/ha profesor/a de frauta para a Escola

de Música.

1 Aprobación lista provisional aspirantes contratación laboral un/ha Técnico/a de Recursos

Humanos.

1 Orde ingreso importes correspondentes ó Plan de Pensións traballador/a.

1 Apercibimento operario de servizos por non presentarse no posto de traballo sen

xustificación.

5 Contratación de persoal.

1 Declaración de inadmisión do recurso de revisión contra resolución.

Page 5: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

5

1 Imposición multa coercitiva.

3 Orden de corta e limpeza de predio.

2 Concesión de transmisión de licenza AMINP.

8 Concesión de licenza definitiva expedientes AMINP.

3 Concesión de licenza provisional de expedientes AMINP.

1 Subrogación tramitación de expediente de actividades inocuas.

1 Concesión de transmisión da licenza de actividades inocuas.

2 Declaración de caducidade do expediente de actividades inocuas.

3 Concesión de licenza provisional apertura licenza actividades inocuas.

17 Concesión de licenza apertura establecementos actividades inocuas.

7 Incoación expediente de reposición da legalidade urbanística.

1 Orde inmediata e total paralización obras.

8 Concesión de fraccionamento de débeda.

TOTAL: 149

O Concello Pleno queda sabedor.

3. APROBACIÓN SE PROCEDE DA PROPOSTA DA ALCALDÍA RELATIVA Ó DO ESTUDO DE DETALLE PARA ORDENACIÓN DE VOLUME EDIFICABLES EN ANDE-RUBIÁNS, PROMOVIDO POR PROMOCIONES RIA VILLAGARCÍA, S.L. (R.U. 164).- Pola

Sra. Secretaria dáse lectura ó dictame emitido pola Comisión Informativa de Ordenación,

Xestión do Territorio, Obras e Servizos, en sesión celebrada o día 25 de novembro de 2008, do

seguinte teor:

.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA PROPOSTA DA ALCALDÍA RELATIVA AO ESTUDIO DE DETALLE PARA ORDENACIÓN DE VOLUME EDIFICABLE EN ANDE-RUBIÁNS, PROMOVIDO POR PROMOCIONES VILAGARCÍA, S.L. (R.U. 164).- Dáse conta da proposta da Alcaldía, do teor literal seguinte: “PROPOSTA AO PLENO ASUNTO: APROBACIÓN DEFINITIVA, SE PROCEDE, DO ESTUDO DE DETALLE PARA ORDENACIÓN DE VOLUMES EDIFICABLES, en ANDE-RUBIANS, promovido por PROMOCIONES RIA VILLAGARCIA, S.L. (R.U.164) Por DNA. MERCE GORVIOLA CORTIOLS, en nome e representación da mercantil “PROMOCIONES RÍA DE VILAGARCÍA, S.L”, presentouse o día 17.11.2005 ( R.E nº 16.531) o proxecto técnico correspondente ao Estudio de Detalle anteriormente referenciado, redactado por Don Mariano Jaureguizar Azarosa coa finalidade de ordenación de volumes edificables, en aplicación do disposto na Ordenanza nº 6 (INDU), visado polo Colexio Oficial de Arquitecto de Galicia en data 15.11.2005. Con data de 02.06.2006 (R.E nº 8643) Don Mariano Jaureguizar Azarola presentou Estudio de Detalle Refundido para a súa aprobación inicial (visado en data de 02.06.2006), subsanando as deficiencias indicadas polos Servizos Técnicos, nos seus múltiples informes.

Page 6: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

6

Amén dos múltiples requerimentos formulados, conforme ao artigo 86.2 da Lei 9/2002 de ordenación urbanistica e protección do medio rural de Galicia, os trámites seguidos neste expediente son:

- Acordo de aprobación inicial adoptado en Sesión da Xunta de Goberno Local celebrada en data 26.06.2006

- Información pública polo prazo de 20 días mediante anuncios publicados no no DOG nº 138, de data 18.07.2006 e no Diario de Arousa de data 10.07.2006, así como no taboleiro de anuncios.

- Notificación persoal os colindantes do ámbito do Estudio de Detalle, en data de 19.07.2006.

- Presentación de alegacións por D. Felix Acuña Vidal, en nome e representación de FACUÑA S.L, en data de 10.08.2006 ( R.E nº 12.557); e en data de 23.09.2006 ( R.E nº 14635).

- Informe desfavorable emitido polo Ministerio de Fomento de Decembro de 2006, indicando que “non é posible realizar os accesos directamente dende a N-640 (...)”

- Informe desfavorable emitido polo Organismo Autónomo de “Augas de Galicia”, emitido en data 18.08.2008, no que se indica que os volumen A, B, C, D e E ocupan a zona de policía de leitos, sinalando asímesmo que a falta de resolución, non da lugar ao silencio administrativo estimatorio da pretensión, en aplicación do disposto no apartado J do Anexo ao RD 1778/1994, de 5 de agosto.

Á vista dos antecedentes propónse ao pleno como órgano competente en aplicación do artigo 22 da Lei 7/85, de bases de réxime local, a adopción do seguinte A C O R D O: Primeiro: NON APROBAR DEFINITIVAMENTE o Estudio de Detalle para a ordenación de volumen edificables en aplicación da Ordenanza Especifica nº 6 (INDU), no lugar de Ande- Rubiáns, en base ó indicado no informe da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, organismo autónomo “Augas de Galicia”.”

- Intervén o Sr. Fole Díaz quen di que quere facer un par de preguntas que lle xurdiron ó examinar o expediente. O primeiro que formula e que semellla que o informe de Augas de Galicia foi emitido a solicitude do Concello. - O Sr. Abuín Duro respóndelle que se trata dun dos informes sectoriais preceptivos do expediente, que responde á solicitude feita, no seu día a Augas de Galicia, e que primeiro chegou o informe da Delegación Provincial de Pontevedra e agora chega o de Santiago. - O Sr. Fole Díaz formula se non sería necesario un novo informe xurídico ao respecto xa que o informe que inicialmente ía ao Pleno era favorable á aprobación. - O Sr. Abuín Duro respóndelle que o que en principio se pensaba que era xa un expediente pechado non o era por que faltaba este informe de Augas de Galicia que sorprendentemente chega agora a destempo.

Page 7: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

7

Non habendo mais intervencións, procédese á votación, que da o seguinte resultado: VOTACIÓN: As/ os representantes dos grupos políticos municipais de P.S. de G-PSOE e B.N.G., informan favorablemente. As/ os representantes dos grupos políticos municipais do P.P, IVIL e EU-IU, din que se pronunciarán no Pleno e polo tanto abstense. En consecuencia, e por maioría, infórmase favorablemente a proposta da Alcaldía de non aprobación do Estudo de Detalle para Ordenación de volumes edificables en Ande – Rubiáns, promovido por Promociones Ría Vilagarcía, S.L. Antes de abrir a rolda de intervencións a Sra. Alcaldesa explica brevemente o contido desta

proposta de non aprobación definitiva da ETD en Ande-Rubiáns, indicando que se trat dun

asunto que, por acordo dos 21 concelleiros que compoñen o Pleno, quedou fai

aproximadamente un ano, enriba da mesa pendente de completar, porque naquel momento

non estaba definido o que implicaba este estudio de detalle e a construcción que se pretendía

facer alí, e o que significaría construír en Ande-Rubiáns este volume de edificios, que

presentaba carencias en aspectos como a acometida de augas e o acceso á N-640.

Dito esto a Sra. Alcaldesa, abre a primeira rolda de intervención.

- Intervén en primeiro lugar o Sr. Voceiro do Grupo Municipal do P.P., que comeza

agradecendo en nome do seu grupo a presencia dunha amplia representación dos

comerciantes de Vilagarcía no Pleno, porque consideran que debe quedar extremadamente

claro cal e o posicionamento do grupo de goberno e do resto dos grupos respecto deste xa

�polémico� asunto, ou co cal se quixo polemizar por unha das partes. E que así quede

determinado si a posición que no seu día se defendeu, algunha pasado un ano e a que se

segue defendendo.

-Intervén o Sr. Fole pregunta á Sra. Alcaldesa se leu o expediente que trae a consideración do

Pleno, e lle di que xa que a proposta ven asinada por ela, é ela a responsable política directa

da mesma e fai responsables legais a todos, como xa lle transmitiron fai un ano, e consta en

numerosos escritos que obran no expediente e nos que se advirte de que este asunto pode

rematar no Xulgado.

De seguido, o Sr. Fole, fai un breve repaso dos antecedentes deste asunto, indicando que

cando o mesmo asunto se levou a Pleno fai un ano, a proposta, a vista dos informes técnicos

favorables, era de aprobación definitiva do estudio de detalle. Apunta que naquel momento xa

lles parecera estraño que o propio grupo de goberno do que proviña a proposta non a

respaldase co seu voto en comisión informativa e que fose o tenente de Alcalde non o

Concelleiro de Urbanismo o que a expuxese ante o Pleno; e di que si o asunto se deixou

naquel momento enriba da mesa non foi porque estivese incompleto, como apuntou a Sra.

Alcaldesa, se non porque era un expediente que viña do 2005 e respecto do cal o equipo de

goberno tiña a �vocación� e vontade de denegalo, cos informes favorables.

Sigue explicando o Sr. Fole que naquel momento por parte do seu grupo se puxera enriba da

mesa unha dubida xurídica que a día de hoxe segue sen resolver e que quedou reflexada na

Acta daquela sesión na que tamén consta que o Sr. Abuín Duro manifestou e propuxo a

Page 8: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

8

suspensión dos trámites administrativos, algo que, segundo di o Sr. Fole, non é nin viable nin

legal. E que, cando eles formularon se podía facerse iso, o que era Secretario do Concello,

nese momento contestou literalmente segundo consta na acta, á cal da lectura, que �non se

axusta á legalidade a suspensión dos prazos� e que �se compromete a revisar e expedir o

correspondente informe ó respecto�. Segue dicindo o Sr. Fole que un ano despois seguen

esperando a resposta e que esta e unha das cuestións esenciais do expediente porque foi

aprobado xa por silencio administrativo, e conclúe que foi por eso polo que se deixou enriba

da mesa e non porque estivese incompleto xa que os informes técnicos eran claros e

favorables; porque nese momento, cando tomou a palabra o Sr. Abuín, saíu á luz porque non

se podía aprobar ese documento, e segundo di o Sr. Fole a razón era a de que para o Sr.

Abuín o proxecto non entraba no seu modelo de cidade. Continúa dicindo o Sr. Fole que non

se pode aprobar ou non un expediente administrativo reglado en función de que ó Sr. Abuín lle

guste ou non lle guste; porque entón para que vale un PXOM aprobado unanimemente e hoxe

en revisión. En relación con esto, lle pregunta tamén o Sr. Abuín se no tempo que leva de

mandato convocou aos distintos colectivos socias para que lle manifestasen a súas

suxerencias respecto do PXOM, onde se concreta o modelo de cidade. Afirma o Sr. Fole que,

non se pode facer un PXOM á carta do Concelleiro de turno.

Lembra o Sr. Fole que aínda que existía un informe xurídico favorable o Sr. Abuín fixo a

proposta de deixar o expediente enriba da mesa e por iso, aínda que o Sr. Secretario dixo que

esa proposta era legalmente imposible de asumir se deixou o expediente enriba da mesa.

Continua dicindo o Sr. Fole que na actualidade se volve a traer este expediente ó Pleno e o

seu grupo se pregunta que cambiou dende aquel entón para que agora, co mesmo informe

xurídico, se traia unha proposta totalmente diferente. Dende o seu grupo o que pideu é

seguridade xurídica, de que non se vai cometer ningunha irregularidade, porque insiste en que

o ETD é un expediente regrado e si cumpre os requisitos se ten que aprobar, mentres que si

non os cumpre ten que rexeitarse, e xa están advertidos de que tanto o Concello como eles

responderán patrimonialmente do que sucede co expediente.

Conclúe dicindo que nada hai novo neste expediente nada máis que unha busqueda

desesperada por parte do equipo de goberno de algo que permita adaptar a realidade á súa

particular perspectiva da legalidade. Afirma o Sr. Fole que a legalidade esta por enriba de todo

e non pode quedar á opinión de cada Concelleiro do equipo de goberno.

Di tamén o Sr. Fole que non existe o informe que se pedira ó Secretario no Pleno no que se

retirou o expediente, tampouco existiu por parte da Secretaria que lle sustituiu nin por parte da

actual Secretaria, cando según o Sr. Fole, ese informe foi a razón pola que o asunto se deixou

enriba da mesa e tería que haberse solicitado ós futuros Secretarios. Pero si hai unha

novidade que e o informe actual de Augas de Galicia, informe que según o equipo de goberno

e desfavorable e no que basean esta nova proposta e que quere pregutarlle á Sra. Alcaldesa

de onde saca que ese informe e desfavorable, porque en ningunha das súas conclusións se di

que o informe sexa desfavorable, senón que fi unha serie de recomendacións ou suxerencias a

subsanar no expediente dun xeito concreto.

Un informe que segundo o Sr. Fole non afecta a un estudio de detalle, senón a unha futura

presentación do proxecto de urbanización ou construcción ou da licenza de obra é onde

según o Sr. Fole se manifestaria o debate que o goberno quere facer, e sería nese momento

cando se podería formular se se está ou non de acordo co modelo de cidade que se quere

para o comercio de Vilagarcía e aí sería onde o grupo do P.P. podería atopar coincidencias co

parecer dos comerciantes ou do resto da Corporación, pero ese é outro debate, o debate do

PXOm e non o de si ETD si ou ETD non.

Insiste o Sr. Fole en que o informe de Augas de Galicia te esas concrecións que non afectan ó

estudio de detalle, senón que fan referencia segundo di o Sr. Fole a cousas que deberán

Page 9: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

9

subsanarse �cando se presente a licenza� ou �cando se presente o proxecto de urbanización�,

e que será entón cando haberá que subsanar ou corrixir determinadas cousas.

Pregunta o P.P. porqué unha vez producida esta novidade non hai un informe xurídico ou

técnico que avale o que o Goberno propón; e afirma o Sr. Fole que quizais sexa porque os

técnicos e asesores non queren incorrer en responsabilidade polo que asinan e din, cando o

equipo de goberno e a Sra. Alcaldesa sabe segundo o Sr. Fole que tería que pedir ese informe.

Afirma o Sr. Fole que se leva a Pleno un expediente saltándose todo o procedemento

administrativo e creando unha incertidumbre xurídica alarmante, coa intención de saltarse de

novo a legalidade para crearse a súa realidade particular. Di que non se pode saltar a

legalidade para facer o que o equipo de goberno quere, e que outra cousa e propoñer a

modificación do PXOM para poñer en marcha un novo modelo de cidade, que ese e o xeito de

cambiar ou modificar legalmente as cousas que non gusten.

Afirma o Sr. Fole que o que o goberno quere e pechar nese momento ese expediente para

evitar moitas responsabilidades, poñendo como escusa o seu modelo de cidade cando saben

que non é un ETD onde se decidirá o que vai ou que non vai nun proxecto de urbanización.

Pero o que non dixeron claramente é que as sucesivas concesións, resolucións ou

aprobacións que ten que levar este expediente, como o do proxecto de urbanización, a licenza

de obra, a licenza de actividade son da Xunta de Goberno Local e que si o estudio de detalle

se aproba, nuns meses, chegaríanlle esas solicitudes e o que non queren é ter a

responsabilidade exclusiva sobre elo e denegar algo que saben que teñen que aprobar e di

que por eso o que queren e implicar a toda a Corporación, e non ser os responsables únicos.

Solicitan dende o P.P. que se complete o expediente para poder ter un criterio exacto e para

elo piden que se adxunte o informe da Secretaria Municipal solicitado fai xa máis de un ano

relativo a si realmente o expediente estaría xa aprobado por silencio administrativo, porque si

a si fose, o Pleno non poderá adoitar unha decisión que non fose no mesmo sentido que o

silencio de ser este positivo.

Tamén solicitan á Secretaría informe sobre si o Pleno pode ou non pronunciarse expresamente

sobre este expediente que insiste en que xa está aprobado por silencio, e que dende a

Secretaría se informe sobre cal é a tramitación seguida unha vez recibido o informe de Augas

de Galicia e sobre si ten que existir ou non un informe xurídico ou técnico sobre o mesmo e

tamén consideran que debería informar sobre si as determinacións e suxerencias que formula

o informe de Augas de Galicia deben ser trasladadas á parte interesada para a súa

subsanación ou non, porque tamén creen que eso é obrigatorio.

Afirma que nos atopamos ante un expediente que segundo lle retificou o Sr. Abuín na

Comisión Informativa está informado favorablemente polos técnicos municipais, porque

segundo lle confirmou o Sr. Abuín estes informes cos que o expediente se presentaba fai un

ano seguían vixentes, e nembargantes a proposta é desfavorable, o cal lles parece como

pouco curioso, senón legamente incorrecto.

Entende que mentres non estean en posesión deses informes municipais non teñen

seguridade xurídica para poder emitir o seu xuízo de valor.

Insiste en que o expediente se trae un ano despois saltándose todos os procedementos

administrativos e intentando que o asunto se acabe dun xeito que para o actual goberno sexa

da súa conveniencia pero que para os cidadáns xera inseguridade xurídica de cara a futuros

proxectos que queiran presentar baseándose no actual PXOM.

Consideran que en tanto no se aporte eses informes o expediente está incompleto e o seu

grupo carece de elementos de xuízo suficientes para determinar se aprobe ou non o que o

goberno propón.

Page 10: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

10

-Intervén o Sr. Abuín, para dicir que ó inicio da súa intervención o Sr. Fole agradecía a

presencia do público porque dicía que así ían quedar moi claras as posturas dos diferentes

grupos da Corporación e que empezaba así moi ben pero que despois da súa intervención

non queda nada claro se o grupo P.P. apoia ou non este estudio de detalle. Ínstaos a que o

digan dunha vez e a que asuman a súa responsabilidade e as consecuencias que poden

derivar do exercicio libre do seu voto.

Contéstalle que personifica nel, de xeito inxusto, o que se está a debater, que é si se establece

ou non un centro comercial en Ande-Rubiáns en canto ó modelo que defende o grupo de

goberno e en canto á vontade polícita que este expresa, porque afirma que é unha acción do

grupo de goberno e que dita posición esta moi clara e é a de que non queren un centro

comercial en Ande-Rubiáns mentres que a posición do P.P. non queda clara.

Fronte ó cuestionamento que fixera o Sr. Fole da lexitimidade do goberno, que personificaba

na figura do Sr. Abuín, para optar por un modelo concreto de cidade dille que a eles lles

elixiron os cidadáns e que defende as súas posicións políticas porque foron elixidos polos

cidadáns, e que ademais neste caso concreto o concelleiro intervinte si se reuniu con

colectivos veciñais para falar do tema, e que é a posición dese colectivo veciñal a que está a

defender o goberno como tamén o fixo fai un ano. E que por iso non é certo o que di o Sr. Fole

de que se trata da vontade política exclusiva do Concelleiro que fala, senón que responde ó

sentir cidadán e ó favor e vontade política do grupo de goberno.

Afirma que detrás dun expediente está a vontade política de afirmar o que se quere para a

cidade e que esa vontade política se expresou xa nun determinado momento por unanimidade

de tódolos grupos cando se adoptou a decisión de xeito unánime de que non se querían máis

centros comerciais para Vilagarcía. E di que sendo esa a vontade política da Corporación as

accións de goberno teñen que ser acordes coa mesma.

Fronte á tesis do Sr. Fole de que con informes favorables un ETD debe aprobarse por ter

carácter reglado, lémbralle que, o seu grupo popular no último Pleno rexeitou un estudio de

detalle con informes favorables xurídico e técnico, e pregunta a dito grupo porqué algúns ETD

con informes favorables se poden votar en contra e outros non.

Afirma que o tema que se debate ten repercusión económica porque e moi fácil presentarse

ante o Pleno como defensores do comercio local e propoñendo estudios ó respecto pero que

á hora da verdade, cando se trata de apoiar ó comercio local defendendo que non haxa un

centro comercial en Ande-Rubiáns deixamos de ser tan contundentes. E di que efectivamente

aí subxace un modelo de cidade e cren que non se deben construír novos centros comerciais

en Vilagarcía, e que apoiar o contrario sería incoherente. Afirma pois, que este é un tema que

afecta á economía de determinados sectores locais e que é tamén unha cuestión política

porque hai unha manifestación de vontade política por parte da Corporación, nun determinado

momento coa que hai que ser coherente.

Afirma o Sr. Abuín que é unha cuestión urbanística, aínda que non só urbanística, e que na

revisión do PXOM non se debe confundir o que e solo industrial e o que é solo comercial,

senón que debe estar correctamente especificado xa que dende o punto de vista urbanístico

hai informes técnicos nos que, como indica o informe xurídico, se cuestiona a capacidade

para o abastecemento de auga a esa instalación, tal e como di o enxeñeiro técnico municipal.

Hai tamén aspectos urbanísticos como o da afluencia de tráfico que fan cuestionable que se

constrúa esa instalación alí. E a maiores, hai un informe de augas de Galicia, do que o Sr. Fole

afirma que o que formula son suxerencias ou cousas a modificar, e que di claramente que �no

caso que nos ocupa os volumes A, B, C, D, E ocupan a zona de policía de leitos de ríos� eso

xa non é unha suxerencia senón que é terminante para que un ETD se aprobe ou se rexeite na

medida en que está ocupando a zoa de policía dos leitos de río como sinala o informe de

Augas de Galicia.

Page 11: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

11

En relación co tema da posible responsabilidade da Corporación; afirma o Sr. Abuín que

coinciden en argumentos os promotores e grupo de P.P.

Con respecto ó tema do silencio administrativo no expediente que segundo a tese dos

promotores, bstaría para entendelo aprobado, dille que basta con ler o informe de Augas de

Galicia cando di �se fai constar expresamente que, a falla de resolución (silencio

administrativo) non se pode considerar estimatoria da solicitude�. E formula ó Sr. Fole que

houbese pasado se facendo caso ás tese dos promotores o expediente se considerase

aprobado por silencio administrativo; indicando que nese caso, por silencio administrativo se

aprobaría un expediente que despois e rexeitado por Augas de Galicia, o que en opinión do Sr.

Abuín non sería a mellor solución a este expediente.

Conclúe o Sr. Abuín a súa intervención dicindo que, por cuestións de economía, de coherencia

política e incluso xurídica e urbanística o equipo de goberno vai rexeitar este ETD, co mesmo

dereito segundo di, co que o grupo do PP rexeitou o estudio de detalle que se levara ó anterior

Pleno.

-A continuación, a Sra. Alcaldesa, cede o quenda de palabra ó Sr. Fajardo, o voceiro de EU-IU

comeza a súa intervención afirmando que a cuestión e máis simple que todo o que se está a

formular, e consiste en que os representantes políticos son elixidos pola cidadanía para que

tomen decisións en beneficio do que consideren o ben común, e algúns en palabras do Sr.

Fajardo perdeu o tempo facendo exercicios de �funambulismo político� para non determinar

cal é a súa posición, amparándose en que os informes técnicos determinan a decisión que se

debe de tomar neste caso, cando segundo di o Sr. Fajardo a Lei do Solo de Galicia di

claramente que os estudios de detalle deben aprobarse ou non pola Corporación, e que polo

tanto, deixan o seu criterio, coa lexitimidade dada polos veciños a través do seu voto, a

decisión sobre como configurar o Concello tamén a través dos Estudios do detalle, porque o

contrario como defende o grupo popular, sería tan fácil como que non gobernasen os políticos

senón os técnicos.

Afirma o Sr. Fajardo que, o que o P.P. non quere dicir e que están �vendidos� a uns �clans

urbanísticos� que pretenden facer o mesmo que a criterio do Concelleiro intervinte se facía

antes en Vilagarcía e que a xuízo do Sr. Fajardo eso fai ó Sr. Fole perigoso e incoherente ata o

punto de argumentar xusto o que o P.P. fixo fai un mes.

Reitera o Sr. Fajardo que a lei da ó Pleno a posibilidade de aprobar ou non un ETD, e que di

que hai que explicar porque se aproba ou non se aproba. Explica que o seu grupo non o vai a

apoiar porque entende que Vilagarcía non é o sitio para facer un novo centro comercial.

Lémbralle ó grupo do P.P. que eles tamén votaron en Pleno a moción na que se establecía

que en Vilagarcía non se instalarían máis grandes áreas comerciais, e acúsalles de intentar

colocarse preto daqueles promotores que segundo di noutro tempo se repartiron os intereses

urbanísticos de Vilagarcía, para que confíen en eles para iso. Dille ós representantes do grupo

popular que aí se van a atopar coa oposición do grupo do EU-IU que pretende que Vilagarcía

e o seu futuro sexa decidido polos cidadáns e que non va a permitir que a �zona humilde� na

que se pretende ubicar ese novo centro comercial se converta novamente en algo que

�afogaría Vilagarcía� porque segundo o voceiro de EU-IU un centro comercial desa magnitude

no extrarradio de Vilagarcía con conexión directa dende a estrada sería a morte de moitos

comerciantes e por eso EU-IU non vai a apoiar o estudio de detalle porque consideran que

Vilagarcía non necesita ese centro comercial: afirma que esa e a realidade e que o voceiro do

P.P. pretende escudarse nun discurso inentendible para non aclarar cal é a vontade política do

seu partido, sendo esta en opinión do Sr. Fajardo, a de favorecer ós promotores como xa fixo

noutras ocasións, fronte ós pequenos comerciantes os traballadores. Por iso pide o P.P. que

Page 12: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

12

sexa claro en manifestar a súa vontade e que non se escude nos argumentos dos técnicos,

asumindo a súa incoherencia .

Di o Sr. Fajardo que do propio expediente se desprende que esto ven dunha recalificación de

terreos antes rústicos, que califica de �obscena� e de �pelotazo urbanístico�, e que EU-IU non

vai permitir que isto que segundo di se facía en anteriores etapas de goberno se sega a facer

agora, empregando para elo a legalidade que outorga a Lei do Solo de Galicia para dicir que

non a este estudio de detalle.

-Intervén de seguido o Sr. Rivera Mallo quen di que na súa opinión, transcorrido un ano, este

asunto volta incompleto ó Pleno. Lembra que existía un compromiso de petición de informe

xurídico á Secretaría Municipal, en canto ás consecuencias dun posible silencio administrativo,

e que dito informe non consta no expediente. Di que tampouco consta que se haxa notificado

ós propietarios o contido do informe de Augas de Galicia que da orixe á proposta da Sra.

Alcaldesa e que a xuízo do intervinte non é negativo senón que se limita a citar uns

compromisos en canto ós proxectos de execución e consstrucción e non en canto ó estudio

de detalle.

Considera que en relación os criterios contidos no informe de Augas de Galicia serían precisos

uns informes técnicos e xurídicos municipais que non constan no expediente.

Pregunta á Sra. Alcaldesa como pode basear a súa proposta tamén nun informe do Ministerio

de Fomento do ano 2006 cando xa en novembro do 2007, propoñía á Corporación a

aprobación do ETD.

Conclúe dicindo que, o carecer da información necesaria non poden apoiar a proposta da

Alcaldía, sendo conscientes da responsabilidade en que poden incorrer ou apoiar un acordo

municipal carecendo dos antecedentes suficientes para dito pronunciamento, e que, por tanto

propoñen que o asunto queda sobre a mesa e se volte a levar ó Pleno unha vez completado o

expediente.

-Intervén de seguido o Sr. Castro Ratón, que di que do discurso e da presencia do Pleno dos

comerciantes quedan claras as posturas de cada que, e para defende-las favorables ó ETD os

grupos do PP e o IVIl se escudan nunha suposta inseguridade xurídica, que segundo o voceiro

intervinde non existe, xa que, segundo di calquera expediente que chegue ó Pleno, de xeito

activo ou pasivo, ten o consentimento da Secretaría Xeral, que segundo di e quen

xuridicamente, da ós representantes políticos a seguridade xurídica e o amparo e que, en

consecuencia non existe ningún tipo de inseguridade senón a capacidade que corresponden

ós representantes políticos, toda vez que a lei prevé que sexa o Pleno quen adopte a decisión.

Di que do discurso dalgúns grupos queda en evidencia que si queren esa acción comercial e

que o discurso que fan amparándose nunha suposta falta de seguridade e falta de conclusión

do expediente amparándose nun discurso meramente técnico e non político volvese na súa

contra e permite ós comerciantes comprobar que está ó seu lado e que en contra súa.

-Intervén novamente o Sr. Fole para dicir que o Sr. Abuín fixo unha serie de manifestacións

para ó final non entrar no fondo da cuestión e que con respecto ás elocuencias do Sr. Castro

traendo a colocación ese acordo no que o Pleno se manifestaba en contra das grandes

superficies comerciais, lembra que cando se adoptou non formaban parte aínda da

Corporación ninguén dos actuais membros do seu grupo político pese a que non pretenden

eludir o que naquel momento se decidiu, cando aínda non estaba aprobado o actual PXOM e

era o momento oportuno para manifestar o que se quixese en canto ó modelo de cidade que

se ía a poñer en marcha, e que é no PXOM onde hai que distribuír os distintos usos e

dotacións. Afirma que a zona na que se ubicaría o ETD está cualificada para usos comerciais

Page 13: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

13

e industriais, porque senón non estarían alí ubicadas as naves que agora o están e que contan

con licenza de urbanización e construcción outorgada polo Concello. Tamén cuestiona que a

área comercial que se proxecta realizar na zona do Porto non vaia a afectar ó pequeno

comercio e pregunta porque o goberno non manifesta tamén a súa vontade políticia en

relación co mesmo. Afirma tamén que en mantivo unha posición ambigua fai un ano non foi o

seu partido senón o grupo de goberno, que levou un asunto a Pleno para inmediatamente

retiralo do mesmo, porque do contrario, de votar en contra dun estudio de detalle de natureza

regrada e con informes técnicos favorables, ante a posibilidade de incorrer en prevaricación se

retira.

Respecto do dito polo Sr. Fajardo, en canto a que o Estudio de Detalle pode aprobarse ou non

pola corporación respostalle que a vontade política dunha Corporación non pode saltarse as

leis urbanísticas, de comercio e demáis leis existentes en base a criterios propios e vontade

política para denegar o que a lei impide, para o Sr. Fole eso é facer demagoxia sabendo que

non se ten responsabilidade de goberno aínda que advírtelle que si ten responsabilidade legal.

Afirma o voceiro do P.P. que o seu grupo non está sendo incoherente e que xa ten

manifestado públicamente que consideran que ese non é o sitio máis convinte para un centro

comercial e que se podería facer nunha ubicación máis idónea e que beneficiase ó resto do

comercio, pero a cuestión e a de si se pode impedir a algúen que introduza unha actividade

económica en Vilagarcía o se hai que adpatarse ó que fixa a lei e ó que fixa o regualmento e o

PXOM, pregunta o Sr. Fole que se debe facer e afirma que a postura que manifesta o goberno

estando presentes no Pleno os comerciantes é clara, e é a de que non queren o centro

comercial, pero saltándose todo tipo de normas. Di tamén que sendo obrigatorio por lei,

comunicar ós interesados a existencia dunha modificación no seu expediente, aquí non se

fixo.

En canto a afirmación feita polo Sr. Fajardo de que o grupo do P.P. �vai da man dos

promotores�, respóstalle que o seu grupo considera auténticos promotores ó pequeno

comercio porque crea emprego e sostén a Vilagarcía, e que ó giual que da súa man poderían ir

da man de constructores, bateeiros, pescantinas ou de calquera sector promotor que queira

darlle riqueza a Vilagarcía.

Afirma que o que hai que garantir os cidadáns e credibilidade e seguridade xurídica, sen omitir

garantías ó administrado, saltándose todo tipo de leis e informes.

Insisten dende o P.P. en que no expediente debería haber un informe técnico e xurídico que

dixese se o informe de Actas de Galicia modifica a proposta e que non consta, porque como

recoñecen o Sr. Abuín os informes anteriores seguen vixentes.

En canto as manifestacións feitas en relación coas dificultades de conexión e abastecemento,

afirma o Sr. Fole, que segundo se di no informe de Augas de Galicia eso terá que facerse

cando se soliciten as licenzas de obra e a aprobación do proxecto de urbanización e pasa a

dar lectura a algúns extractos dos informes nos que : �informe favorable dos técnicos, salvo os

emitidos polo Enxeñeiro Técnico Municipal relativos á viabilidade da conexión coa N-604 e a

suficiencia das redes e servizos e que será necesario a presentación dun proxecto de

urbanización con carácter previo� e do informe de Augas de Galicia no que di: �sendo

preceptivo obter as autorizacións necesarias para a execución das obras�. C

Conclúe o Sr. Fole que do que está a falar os informes e do proceso de urbanización e

constructivo.

Tamén lle formula o Sr. Abuín e lle di que lle resulta curioso que no informe de Augas de

Galicia se introduza, non se sabe porque razóns, unha coletilla relativa o tema do silencio

administrativo.

Page 14: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

14

Afirma que ó grupo de goberno non lle interesa que haxa informes técnicos en relación con

ese informe de Augas de Galicia e que por eso non os queren aportar e que é precisamente o

que o PP pide.

Conclúe dicindo que para falar do modelo de cidade calquera momento é oportuno e agora.

Reta ó Sr. Abuín a que si quere que o centro comercial non se chegue a realizar, aprobe o

Estudio de Detalle e despois denegue a licenza porque é competencia súa. Afirma que

pretenden eludir a responsabilidade de ter que aprobar en Xunta de Goberno Local esas

licenzas.

Conclúe a súa intervención pedindo que se incorporen o informe de Secretaría que se pedira

fai un ano e se incorporen os demais informes técnicos solicitados polo P.P. para que, no seu

caso, se modifique a proposta da Alcaldía.

-Intervén, de seguido, o Sr. Abuín para dicirlle ó Sr. Fole que ten gracia que pida que se vote a

favor do Estudio de Detalle porque ten os informes favorables e que despois cando chegue o

proxecto de urbanización, que se axustará ó Estudio de Detalle, e terá informes favorables

dicirlle que non.

Reitera que a postura do Sr. Fole de que hai que votar a favor dun expediente con informes

favorables, contradí os seus propios actos, posto que fai un mes, votou en contra dun estudio

de detalle con informes favorables, empregando segundo di unha dobre vara de medir en

función de que se trate dun promotor ou de outro formula que ó mellor a diferencia radica en

que un é un pequeno constructor e outro non o é .

Afirma tamén que hai razóns urbanísticas suficientes para votar en contra do estudio de detalle

como son a do tráfico, porque existe un informe dun técnico do Ministerio de Fomento que di

que non estará garantida a conexión ata que haxa un vial de servizo que agora non hai, alude

tamén a que nun informe do Enxeñeiro Técnico Municipal se di que non se resolve o

abastecemento de auga e en canto á pregunta do Sr. Fole de onde se define que di se vaia a

facer un centro comercial, lle di que no propio expediente se definen as superficies e prazas

de aparcamento proxectadas e incluso unhas necesidades de auga que non se cumpren,

segundo se di no informe do Enxeñeiro Técnico que indica que iso está sen resolver, como di

o Sr. Abuín que tampouco o está o tema do saneamento e que enriba, agora ven augas de

Galicia conforma estos extremos e di que tamén se ocupa a zona de policía do río. Formula o

Sr. Abuín que si eses non son motivos urbnísticos suficientes para que se rexeite un

expediente entón cales son, e que ten que haber nun expediente dun estudio de detalle para

que se rexeite por parte da Corporación. Reitera que non se resolve o problema do tráfico e

que é mais non se consinte o acceso perpendicular a esa estrada mentres non haxa unha vía

de servizo, que aínda se atopa en proxecto, nin se cumpre o abastecemento e saneamento de

auga nin se respeta a zona de policía de leitos, e que a vista desto que máis ten que haber nun

estudio de detalle para que se rexeite, plantexa que o mellor ten que haber informes

desfavorables que tamén os hai e que si lle parece ó Sr. Fole motivo suficiente para votar a

favor que haxa un informe xurídico favorable, afirmando que no seu caso non, xa que o grupo

do Sr. Fole votou en contra dun estudio de detalle con informes favorables fai un mes, polo

que iso non lle pode servir como argumento para orientar o sentido do seu voto.

O Sr. Abuín conclúe dicindo que como o seu grupo xa manifestou fai un ano hai razóns

técnicas e xurídicas sobradas para rexeitar este estudio de detalle e o van a facer votando a

favor da proposta da Alcaldía.

-Intervén o Sr. Fajardo para lembrar brevemente outros expedientes que foron aprobados en

Pleno cos informes favorables e que non eran do agrado do seu grupo; aludindo os

expedientes de A Tomada, os depósitos de Ferrazo, o edificio �Lara� e os recheos do Porto,

Page 15: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

15

todos eles con informes técnicos favorables e que o seu grupo non quixera que se houbesen

feito.

Afirma que unha cousa é que os expedientes teñan informes técnicos favorables e outra que

os políticos teñan capacidade política para dicir que non, porque do contrario non farían falla

as eleccións e mandarían eses promotores os que se refería que non son os que interpretou o

Sr. Fole, senón os promotores urbanísticos, e nese sentido a cidadanía deu o seu voto a uns

determinados partidos para que se parase eso que o Sr. Fajardo califica de �desfeita�. Afirma

o Sr. Fajardo que hai que ter decisión política e que aínda que o grupo do P.P. tamén a ten

non a di porque, consiste en favorecer a algúns promotores si e a outros non. Sinala que o seu

grupo non quere que se instale un centro comercial desas características nese entorno e como

teñen a posibilidade legal de evitalo así o va a facer, asumindo a responsabilidade legal do que

están dicindo mentres que o P.P. quere que sexan outros os que en Xunta de Goberno Local

carguen coa responsabiidade neste asunto, cando sabe que hai outras cousas que van a

Xunta de Goberno Local e non a Pleno que sí constitúen feitos reglados e non así este. Acusa

o Sr. Fole de terxiverxar e mesturar as cousas e de falta de claridade, e de limitarse a absterse

sen aportar nunha alternativas nin propostas e dille que o seu partido pretende que un

promotor se saía coa súa en contra do que quere un amplo colectivo de veciños, porque

segundo di o comercio tradicional xera máis riqueza da que pode xera ese centro comercial.

-Intervén, de seguido, o Sr. Rivera Mallo, para dicir que expresando libremente de novo a súa

opinión considera que non hai ningún problema en que este expediente, que se tivo conxelado

durante un ano, se complete e se leve de novo a fin de non incorrer na responsabilidade

patrimonial na que se pode incorrer. Por outra parte, lémbralle ó goberno que o estudio de

detalle xa fora aprobado inicialmente en Xunta de Goberno e que nese órgano non está

presente a oposición, e que agora ante os cidadáns din que non o aproban pero xa o

aprobaron antes en Xunta de Goberno Local.

-Intervén de novo o Sr. Fole para dicir en relación co que acaba de indicar o Sr. Rivera que,

segundo certificado da Secretaria Municipal o anterior equipo de Goberno, con data 26 de

xuño de 2006 a Xunta de Goberno Local aprobou inicialmente este estudio de detalle. Tamén

lle di ó Sr. Fajardo que claro que hai moitos exemplos de actuacións urbanísticas que non

gustan pero que e con ocasión da aprobación do PXOM polo Pleno cando é o momento de

manifestar os propósitos en relación co destino do solo, o caso e se as cousas e iniciativas

que formulan os particulares se poden ou non facer conforme a lei e que por iso se están en

proceso de revisión do PXOM para adaptalo á lei.

De seguido explica que a razón pola que no anterior Pleno votaron en contra do estudio de

detalle que se levaba, e di que non foi por incoherencia como afirmou o Sr. Abuín, senón

porque un informe condicional xera bastante incertidumbre e o informe xurídico de aquel

expediente dicía que o informe sería favorable si se cumpría o art. 73 da LOUGA o que tamén

dicía o informe técnico, pero ningún dos dous aclaraba si efectivamente se cumpría ou non se

cumpría, e segundo o Sr. Fole, parece ser que non se cumpría. Dille o Sr. Abuín que quizais

debería esixir que os informes fosen máis claros e que todas as carencias do proxecto as que

aludira se refiren a un futuro proxecto de urbanización e non a un Estudio de Detalle que ten

uns fins moi concretos.

-Intervén novamente o Sr. Abuín novamente para precisar que a aprobación inicial representa

o inicio da tramitación dun expediente administrativo, previo á exposición pública e aso

informes técnicos, xurídicos e sectoriais, e que por tanto non significa máis, sendo a

Page 16: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

16

aprobación en Pleno a decisión última e que incumbe ó Pleno por lei, debendo os

representantes políticos votar nun sentido ou noutro e non pretender que decidan outros.

Sometido a votación pola Sra. Alcaldesa da o seguinte resultado

VOTACIÓN: Con 13 votos a favor dos membros pertencentes ós grupos políticos do P.S. de

G-PSOE (7), B.N.G. (3), EU-IU (3), ningún voto en contra e 8 abstencións dos membros

pertencentes ós grupos políticos de P.P. (7), IVIL (1), ,

ACORDASE: Aprobar a proposta da Alcaldía de non aprobación do Estudio de Detalle para a

ordenación de volumes edificables en Ande-Rubiáns promovido por Ría Vilagarcía , S.L.

4. PROPOSTA DE DEROGACIÓN DA ORDENANZA FISCAL Nº34 E APROBACIÓN DO ACORDO REGULADOR DO PREZO PÚBLICO POLO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR. .- Pola Sra. Secretaria dáse lectura ó dictame emitido pola Comisión Informativa de Xestión

Económica � RR.HH. e Especial De Contas, en sesión celebrada o día 25 de novembro de

2008, do seguinte teor:

“PROPOSTA DE DEROGACIÓN DA ORDENANZA FISCAL Nº 34 E APROBACIÓN DO ACORDO REGULADOR DO PREZO PÚBLICO POLO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR.- Dáse conta da proposta da Alcaldía do teor literal seguinte:

“ASUNTO: PROPOSTA DE DEROGACIÓN DA ORDENANZA FISCAL Nº 34 E APROBACIÓN DO ACORDO REGULADOR DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR Vista Memoria Xustificativa formulada pola Concelleira da área da Igualdade e do Benestar e informado favorablemente pola Intervención Municipal e polo Servizo de rendas, propoño que, por parte da Comisión Informativa de Xestión Económica, Recursos Humáns e Especial de Contas, se dictamine favorablemente a adopción, por parte do Pleno, do seguinte acordo: PRIMEIRO: Derogación da Ordenanza Fiscal nº 34, reguladora das taxas pola prestación do Servizo de Axuda no Fogar no Concello de Vilagarcía de Arousa. SEGUNDO: Aprobación do Acordo Regulador do Precio Público pola prestación do Servizo de Axuda no Fogar por libre concurrencia e a persoas valoradas como dependentes, que quedará redactado como segue: ACORDO REGULADOR DO PRECIO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR POR LIBRE CONCORRENCIA E A PERSOAS VALORADAS COMO DEPENDENTES Artigo 1. Natureza e fundamento. De conformidade co previsto no artigo 127 en relación co artigo 41, e segundo as normas contidas no Capítulo VI do Título I do real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, o Concello de Vilagarcía de Arousa establece o prezo público polo Servizo de Axuda no Fogar por libre concurrencia e a persoas valoradas como dependentes segundo a Lei 39/2006 de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal a Atención ás Persoas en Situación de Dependencia e a orde que regula o Servizo de Axuda no Fogar na Comunidade Autónoma de Galicia.

Page 17: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

17

Artigo 2. Concepto. O prezo público regulado neste acordo constitúe unha prestación patrimonial de carácter público que se satisfará polos usuarios que voluntariamente soliciten a prestación do Servizo de Axuda no Fogar. Artigo 3. Obrigados ao pagamento. 3.1 Están obrigadas ao pago todas aquelas persoas que sexan dadas de alta no Servizo de Axuda no Fogar por libre concorrencia e aquelas persoas unha vez recoñecidas coma dependentes ao abeiro da Lei 39/2006 de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal a Atención ás Persoas en Situación de Dependencia, e teñan resolución do Plan Individual de Atención (PIA) no que se lle recoñeza o citado servizo, en calquera das súas modalidades, de acordo co estipulado no Regulamento do Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Vilagarcía de Arousa. Se o/a beneficiario /a do servizo carecera de capacidade para obrar, dita obriga recaerá sobre quen ostente a súa representación legal ou, no seu caso, sobre quen exerza de feito o seu coidado. 3. 2 A obriga do pagamento do prezo público nace dende o momento da alta no Servizo, calquera que sexa a súa modalidadde. Artigo 4. Contía do prezo público 4.1 Contía A contía do pecio público regulado no presente acordo será o fixado nas tarifas contidas nos apartados seguintes referidas a unha hora de prestación do servizo, e que determinará do seguinte xeito: - aos efectos previstos para a aplicación das tarifas do presente artigo, o importe do prezo público estará determinado polo coste real da hora de prestación do Servizo de Axuda no Fogar. Na actualidade, dito coste ascende a 12,87 €/hora nos servizos prestados de luns a sábado, e de 14 €/hora nos servizos prestados en domingos e festivos. Ó abeiro do establecido no artigo 47.1 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, delégase na Xunta de Goberno Local a competencia para a modificación de ditos importes en función das variacións no custe do servizo. - o cálculo da cota mensual se realizará co nº de horas mensuais prestadas x precio/hora. 4.2 Reduccións A participación das persoas beneficiarias na financiación do servizo co establecido na Lei 39/2006 de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en Situación de Dependencia e a Orde que regula o Servizo de Axuda no Fogar na Comunidade Autónoma de Galicia, se establecerá en función do coste do servizo que se lles preste e da súa capacidade económica persoal, seguindo a seguinte táboa:

CAPACIDADE ECONÓMICA MENSUAL

PORCENTAXE DE CONTRIBUCIÓN

Igual ou inferior ao 100% do IPREM 0% Superior ao 100% e inferior ou igual ao 125% 5% Superior ao 125% e inferior ou igual ao 150% 7% Superior ao 150% e inferior ou igual ao 175% 9% Superior ao 175% e inferior ou igual ao 200% 11% Superior de 200% e inferior ou igual ao 225% 13% Superior ao 225% e inferior ou igual ao 250% 15% Superior ao 250 % e inferior ou igual ao 275% 17% Superior ao 275% e inferior ou igual ao 300% 19%

Page 18: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

18

Superior ao 300% e inferior ou igual ao 325% 23% Superior ao 325% e inferior ou igual ao 350% 27% Superior ao 350% e inferior ou igual ao 375% 31% Superior ao 375% e inferior ou igual ao 400% 35% Superior ao 400% e inferior ou igual ao 425% 41% Superior ao 425% e inferior ou igual ao 450% 47% Superior ao 450% e inferior ou igual ao 475% 53% Superior de 475% e inferior ou igual ao 500% 59% Superior ao 500% 65%

Establécense estas reduccións ó abeiro do establecido no artigo 44 do T.R.L.R.F.L. por existir razóns sociais e de interese público que aconsellan fixar os prezos por debaixo do custo de servizo, asumíndose a diferencia polo Concello. 4.3. Capacidade económica da persoa usuaria. Considérase persoa usuaria aquela para a que se solicite o servizo. No caso de intervención con familias, entenderase como persoa usuaria un dos membros adultos da unidade de convivencia responsables dos menores que formen parte dela, de conformidad eco indicado no artigo 3.1 do presente acordo. A capacidade económica da pesoa usuaria se determinará en relación aos seguintes puntos: 1. A capacidade económica das persoas usuarias do servizo de axuda no fogar calcularase en atención a súa renda e, se é o caso, ao seu patrimonio. Teranse en conta, ademais, as persoas convivintes economicamente dependentes, de acordo co establecido nos parágrafos seguintes. 2. A renda valorarase atendendo aos ingresos netos que se perciban, que comprenderán os rendementos de traballo, incluídas pensións e prestacións de previsión social, calquera que sexa o seu réxime; os rendementos de capital mobiliario e inmobiliario; os rendementos das actividades económicas e as ganancias e perdas patrimoniais. 3. Para o cómputo do patrimonio estarase ao disposto na normativa fiscal en vigor sobre o patrimonio, entendéndose por tal o conxunto de bens e dereitos de contido económico de que sexa titular a persoa usuaria do servizo, con dedución das cargas e gravames que diminúan o seu valor, así como das débedas e obrigas persoais das que deba responder. Considéranse exentos do cómputo a vivenda habitual na que se preste o servizo e os bens e dereitos cualificados como exentos na normativa aplicable sobre o imposto do patrimonio. Nos supostos de co-titularidade, só se terá en consideración a porcentaxe correspondente á propiedade do beneficiario. 4. No caso de que a persoa usuaria tivese cónxuxe ou parella de feito as rendas de ámbolos dous terán a consideración de rendas computables, entendéndose neste caso por renda persoal a metade da suma dos ingresos de ámbolos dous membros da parella. 5. A capacidade económica por razón de renda determinarase dividindo a renda ou rendas computables, de acordo co apartado anterior, entre a suma dos seguintes convivintes: o perceptor ou perceptores de rendas computadas e, se é o caso, o cónxuxe e os ascendentes ou fillos/as menores de 25 anos, ou maiores desta idade en situación de discapacidade, que dependesen economicamente dos citados perceptores. 6. A capacidade económica resultante será a correspondente á renda da persoa usuaria, calculada de acordo cos apartados anteriores, modificada á alza, se fose o caso, pola suma dun 5% do valor do patrimonio neto que supere o mínimo exento para a realización da declaración do imposto sobre o patrimonio en vigor a partir dos 65 anos de idade, dun 3% dos 35 aos 65 anos e dun 1% os menores de 35 anos.

Page 19: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

19

7. Para o cómputo da renda ou do patrimonio teranse en conta os datos correspondentes a última declaración fiscal dispoñible ou pensión coñecida. As contías referidas á capacidade económica das persoas usuarias se establecerán en función do Indicador Público de Rendas de Efectos Múltiples ( IPREM) vixente. Enténdese por IPREM o sinalado con carácter anual polos organismos estatais competentes. Artigo 5. Condicións de pagamento.

1. A obriga de pagamento nace no momento en que o beneficiario reciba a prestación do servizo.

2. O pagamento da cota realizarase mensualmente no mes inmediato seguinte, a través de domiciliación bancaria que autorizará o beneficiario por escrito.

3. Se a algunha persoa beneficiaria non se lle prestase o servizo por causas non imputables á mesma, léase por inconvintes derivados de organización interna do propio servizo, terá dereito a un desconto proporcional ao tempo que estivo sen atención á hora de abonar a cota mensual.

4. En caso de suspensión temporal do servizo descontarase das cotas a parte proporcional que lle corresponda mensualmente.

5. As débedas polos prezos públicos poderán esixirse polo procedemento administrativo de apremio.

Artigo 6. Normas de xestión 6.1 A presentación das solicitudes e documentación a presentar regúlase segundo o disposto Lei 39/2006 de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en Situación de Dependencia, da normativa vixente de carácter autonómico e do Regulamento do Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Vilagarcía de Arousa. 6.2 As liquidacións practicaranse mensualmente nos primeiros quince días de cada mes mediante a aprobación de padróns ou matrículas deste prezo público, de conformidade co informe facilitado polo servizo en relación ao mes inmediato anterior. 6.3 O impago excepcional dunha mensualidade suporá, en caso de justificación motivada ö departamento de Servizos Sociais polo usuario do servizo, a acumulación á mensualidade a pagar no mes seguinte. Se a mensualidade acumulada fose obxeto de impago novamente procederáse á extinción do servizo. O impago excepcional dunha mensualidade sen xustificar por un tempo superior a 30 días suporá a extinción do servizo. 6.4 Aprobada a alta no servizo, esta manterase mentres o grado e nivel de dependencia da persoa valorada non varíe e non haxa comunicación expresa dos órganos de valoración autonómica dun cambio no seu Programa Individual de Atención, ou, nos casos de alta por libre concorrencia, non existan cambios que así o indiquen. 6.5 A forma de prestación do sevizo, a autorización ou cese e a prórroga do mesmo regularase de acordo co Regulamento de Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Vilagarcía de Arousa. 6.6 Anualmente, solicitarese dos beneficiarios do servizo a documentación necesaria na que se reflecta a súa situación económica actual co gallo de actualizar a capacidade económica do usuario e, no seu caso, a reducción a aplicar no custe do servizo. Disposición final O presente Acordo entrará en vigor unha vez publicado no Boletín Oficial da Provincia e transcurrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de Abril, continuando a súa vixencia ata que se acorde a súa modificación ou derogación expresa TERCEIRO: Expoñer ao público o texto aprobado provisionalmente obxeto da proposta no Taboeiro de Editos do Concello, durante o prazo de 30 días hábilies, así como publicar o

Page 20: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

20

anuncio de exposición ao público durante dito prazo no BOP en un dos diarios de maior difusión da provincia, co fin de que por todos os interesados se presenten as alegacións e as reclamacións que teñan por conveniente. Asemade, faise constar expresamente que, se durante o prazo de exposición ao público non se presentasen reclamacións contra a aprobación inicial destas modificacións do Acordo regulador obxeto da proposta, elevaráse a definitivo o acordo provisional sen necesidade de adopción de novo acordo do Pleno Municipal que así o declare, de conformidde co disposto no artigo 49 da L.R.B.R.L. CUARTO: Os acordos de aprobación definitiva, incluído os provisionais elevados automáticamente a tal categoría, e o texto íntegro do Acordo Regulador ou das súas modificacións, haberán de ser publicados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, e serán de aplicación unha vez publicado no Boletín Oficial da Provincia e transcurrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de Abril, continuando a súa vixencia ata que se acorde a súa modificación expresa.”

Non habendo intervencións, procédese á votación, que da o seguinte resultado: VOTACIÓN: As/ os representantes dos grupos políticos municipais de P.S. de G-PSOE e B.N.G., informan favorablemente. As/ os representantes dos grupos políticos municipais do P.P, IVIL e EU-IU, din que se pronunciarán no Pleno e polo tanto abstense.

En consecuencia, e por maioría, infórmase favorablemente a proposta de Derrogación da Ordenanza Fiscal nº 34 e aprobación do Acordo Regulador do Prezo Público polo Servizo de Axuda no Fogar.” Antes de ceder a palabra á Concelleira de Servizos Sociais, Dna. Ana Lorenzo, a Sra.

Alcaldesa indica que con esta modificación o que se pretende é reducir os prezos, tendo en

conta a Lei de Dependencia e toda a regulación que desenvolve esta nova lei, explica tamén

que do que se trata é de favorecer ós colectivos afectados polo servizo de axuda no fogar e ás

persoas en situación de dependencia.

De seguido, a Sra. Alcaldesa cede a palabra á Concelleira Ana Lorenzo, que explica que a

proposta que se somete a consideración do Pleno deriva que a proposta que se somete a

consideración do Pleno deriva da necesidade de adaptar a regulación do servizo de axuda no

fogar, en tanto en canto se trata dun servizo dos incluídos no catálogo da Lei 39/2006, de

Promoción da Autonomía persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia e de

cara a garantir, por tanto, unha calidade e intensidade homoxénea nos criterios participación

económica das persoas usuarias no financiamento do servizo, así como unha armonización

nos criterios de xestión dos fondos que financian a atención á dependencia.

Tratase polo tanto, segundo explica a Concelleira intervinde de establecer un marco normativo

xeral que unifique o servizo de Axuda no Fogar como prestación básica dos servizos sociais

de atención primaria e do derivado da Lei de Dependencia e toda a normativa que a

desenvolve.

Explica tamén, a Sra. Lorenzo Fraga, que ata o de agora o que viñan facendo os Concellos era

cobrar ós beneficiarios da Lei de Dependencia segundo a Ordenanza que tiñan aprobado,

máis, segundo di, eso pode levar a que, nalgúns casos, estas propias ordenanzas

Page 21: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

21

imposibiliten a aplicación práctica do servizo o ter que pagar ó beneficiario unha contía

excesiva, que indica que é precisamente o que se trata de evitar a través do acordo regulador

da contía do prezo público que se somete a aprobación do Pleno e no cal se establece unha

regulación progresiva no pagamento do servizo de acordo cos criterios que se fixan no

borrador da orde económica que, en breve, regulará o servizo de Axuda no Fogar

respetándose os límites económicos establecidos na mesma e incluso, segundo indica a Sra.

Concelleira, fixándoos por debaixo dos topes máximos establecidos.

Sigue dicindo que no caso concreto deste acordo, se fixaron bastantes tramos de xeito que se

permitan conxugar dúas premisas básicas, como son, a necesaria progresividade no

pagamento, de xeito que, quen máis teña pague máis e a accesibilidade, de xeito que

ningunha persoa cualificada como dependente se vexa imposibilitada economicamente para

acceder a este servizo de Axuda no Fogar.

Indica tamén a Sra. Concelleira que, os cambios que se introducen afectan non só ós trámites

de copagamento senón tamén á figura que regula a capacidade económica do beneficiario

que se fixará non so en función da súa capacidade económica persoal, tendo en conta as

persoas convivientes con el e economicamente dependentes do mesmo, de acordo co que

establece a Lei 39/06, e non a capacidade económica da unidade familiar tal e como se viña

establecendo ata o de agora.

Para rematar a súa intervención a Sra. Concelleira por de manifesto a existencia neste

expediente de informes favorables tanto do departamento de Rendas como do de Intervención

do Concello en canto á adecuación da proposta ó ordenamento vixente e ó cambio de

conceptualización da prestación, que pasa de taxa a prezo público polos motivos que tamén

se expoñen neses informes técnicos.

-Intervén o Sr. Fajardo que comeza a súa intervención indicando que na mesma vai abranguer

conxuntamente o relativo a este punto do orde do día e a do punto 8 da mesma, onde se

propón a modificación do Regulamento de Axuda no Fogar.

O voceiro de EU-IU manifesta a contrariedade do seu grupo co que se somete ó Pleno non en

canto á adaptación do servizo ó cambio normativo producido e que obriga a elo, senón en

canto a algunhas cuestións concretas que pasa a expoñer, non discute que haxa un

incremento das bonificacións previstas, pero considera que a táboa de contías que se propón

e mellorable porque por poñer un exemplo, aqueles que teñen unhas percepcións económicas

mensuais inferiores o 100% do I.P.R.E.M, índice que segundo explica, equivale ó salario

mínimo fixado en 516�, se lle prestará gratuitamente o servizo, se ben os que teñan unha

capacidade económica mensual persoal superior ó 500% do I.P.R.E.M, que segundo os

números que fixo equivale a máis de 2.500�/mes se lle subvenciona o 35% do custe do

servizo. O Sr. Fajardo di que estes datos non cadran e que sería preciso facer outra baremaxe.

En resumen, considera o Sr. Fajardo que a proposta mellora a situación anterior pero xera

inxustizas como as que acaba de expoñer sobre todo no previsto para os niveis de rendas

máis altas.

Considera que o servizo non so a de ser gratuíto para os que non superen o IPREM senón

para aqueles que teñan uns ingresos entorno ós 600, 700 e 800 euros e cobrar máis ás

persoas con maiores ingresos e que polo tanto o seu grupo non pode apoiar a proposta

porque vai en contra dunha reivindicación histórica do seu grupo consistente en defender que

pague máis o que máis ten. Insiste en que a proposta non garante a progresividade, se ben é

certo que probablemente as solicitudes que presente as persoas con rendas máis altas non

superen o informe técnico correspondente.

Tamén mostra a discrepancia do seu grupo co feito de que a proposta de modificación do

Regulamento do servizo de Axuda no Fogar que se fai se limite a adapta-lo á lei pero non a

Page 22: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

22

introducir propostas que o grupo de EU-IU considera necesarias como que se inclúa a

previsión de que cando haxa un incumprimento laboral grave por parte da empresa

concesionaria do servizo esta sexa sancionada, propón como exemplos, despidos

improcedentes, presións ás traballadoras e incumprimento nos descansos semanais,

situacións fronte as que segundo di, non se fai nada por parte da Concelleira e que non se

denuncian por medo a un despido. Segue relatando abusos laborais no proceder da

concesionaria e denuncia a precariedade laboral e baixo salario que paga, as súas

traballadoras e que segundo di vai a abocar á súa formación a acudir á xustiza laboral.

Insiste en que o Concello non pode desentenderse do que fai a concesionaria do servizo

porque eso incide na calidade asistencia que se presta ós usuarios. Alude á relevancia das

tarefas das traballadoras que prestan o servizo, na medida en que este persigue que se

garante a autonomía persoal do usuario por iso insiste na necesidade de determinar as súas

tarefas e facer o preceptivo seguimento da situación do usuario.

Reitera que o seu grupo non pode apoiar unha modificación do Regulamento do servizo se na

mesmo no se recolle a necesidade de sancionar incumprimentos laborais graves como os que

relatou e nos que afirma que incorre á empresa.

Tamén formula como se vai a compensar ós traballadores a prestación do servizo en festivos

e fins de semana que a Lei de Dependencia garante ós usuarios.

Por iso pide determinación non so para adaptar a normativa senón tamén para esixir o

cumprimento da normativa laboral, porque so se as traballadoras que prestan o servizo se

sente valoradas prestarán satisfactoriamente o servizo e con garantías. Tamén espera que se

cumpra o compromiso por parte do Concello de asumir a esas traballadoras cando remate o

contrato.

-Intervén a Concelleira Rodríguez Arias para manifestar que o seu grupo vai a apoiar esta

proposta que pasa a debater conxuntamente co punto 8º da orde do día relativo á

modificación do Regulamento do servizo, e que se refire ó mesmo asunto.

Consideran dende o PP que esta proposta ten que levarse adiante polo Concello, igual que se

está a facer noutros para adaptarse á nova regulación introducida pola Lei de Dependencia e

que obriga ó Concello a prestar o servizo ás persoas dependentes residentes no termo

municipal.

Sinala que esta nova lei que se aprobou a finais de 2006 introduce cambios substanciais en

relación co acceso a este servizo, outorgando preferencia ás persoas valoradas como

�grandes dependentes� ou que presenten unha �dependencia severa�, prevé a flexibilidade

dos horarios, aumento do servizo, estendéndoo a festivos e fins de semana e aumento do

custe.

Apunta tamén que dita lei, que entrou en vigor a 1 de xaneiro de 2005, marca o calendario de

implantación e que a súa aplicación leva bastante retraso na Comunidade Autónoma Galega.

Por iso o seu grupo, aproveitando este debate, vai a apoiar as dúas propostas formuladas ó

respecto, e piden que se explique si dende o Concello se está a divulgar e proporcionar

información ás persoas que neste momento poden ter acceso á prestación e todavía non

teñen presentada solicitude dos trámites que teñen que cumprimentar para acceder á mesma.

Lembra que dende o seu grupo se presentou no seu día unha moción propoñendo a

realización dunha campaña informativa que dende o grupo de goberno se considerou

innecesaria, e que o grupo do P.P. á vista dos datos de que dispón estima que a lei non e

suficientemente coñecida e que sería oportuno que dende o departamento de Servizos Sociais

se divulgase.

Por outra banda, formula o tema do financiamento do servizo, cuias fontes proceden segundo

teñen entendido de dúas vías o Plan Concertado e á partida destinada pola Lei de

Page 23: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

23

Dependencia a este servizo, e lles gustaría saber cantas solicitudes presentadas se financiaron

con cargo a esa partida e cantas foron concedidas.

En canto ás persoas que se atopan actualmente no trámite de recoñecemento da súa

valoración, gustaríalles saber se se está a dar audiencia ao interesado en relación coa

elaboración do �Plan individual de coidados�.

-Intervén o Sr. Rivera para indicar que pese a que o seu grupo vai a apoiar a proposta se

reserva o dereito a presentar alegacións no período de información pública, toda vez que se lle

proporcionan as propostas con demasiada premura e consideran que é un tema sobre o que

hai que reflexionar en profundidade.

-Intervén a Concelleira Lorenzo Fraga que quere agradecer o grupo do PP o apoio a esta

proposta así como á de modificación do Regulamento de Axuda no Fogar e explica que se

trae a Pleno non so pola esixencia legal de adaptación ó cambio normativo senón porque

economicamente favorece tanto os que xa eran beneficiarios do servizo como ós que accede

a el a través da dependencia ou da modalidade de libre concorrencia.

Con respecto ás cuestións formuladas pola Concelleira do PP, sinala que aínda que non teñen

moito que ver coa cuestión que se está a debater e deberían de formularse na rolda de rogos

e preguntas, pode adiantarlle que dende o Concello si se está informando a todas as persoas

en situación de solicitar a prestación de como facelo e da modalidade de acceso que máis lles

convén con respecto ó tema do financiamento, aclara que a partida destinada ó mesmo entra

a través do Plan Concertado. Por outra banda, afirma que si se está a dar audiencia ós

solicitantes para elaborar o plan de coidados non so porque así o esixe a lei senón porque do

contrario non sería posible a súa elaboración. De todos xeitos, comprométese a facilitar

información máis concreta en caso de que os grupos a soliciten.

Con respecto ó comentado polo voceiro de EU-IU reitera que a finalidade da proposta non se

limita a facer a necesaria adaptación normativa senón que pretende beneficiar os usuarios

reducindo o custe do servizo respecto do resultante da vixente ordenanza fiscal, tamén lle

explica que o baremo fixado no acordo regulador ten que respetar escrupulosamente os

límites marcados pola normativa autonómica.

Tamén lle resposta que moitas das afirmacións que fixo en relación cos supostos

incumprimentos en materia laboral da empresa concesionaria do servizo, non se axustan á

realidade e que así se puxo de manifesto nas reunións mantidas coas traballadoras ó respecto

e que o único que persigue como Concelleira responsable da área de Servizos sociais e que

se preste un servizo de calidade e os seus usuarios esten o mellor atendidos posible, sendo

significativo a este respecto que mentres se prestaba o servizo pola anterior concesionaria se

presentase queixas que agora non recibe. Afirma taxantemente que se esta fiscalizando o

servizo que está habendo unha coordinación coa empresa e que se está a determinar as

tarefas polos técnicos, e que non e que a lei esixa unha adaptación anual senón bimensual.

Reitera a falta de veracidade da maioría das afirmacións feitas polo Sr. Fajardo en relación cos

supostos incumprimentos laborais por parte da empresa e asegura que dende os servizos

sociais se ten o máximo respeto e consideración respecto da labor das traballadoras que

prestan o servizo.

Para concluír, concreta brevemente o obxecto da proposta que se somete a aprobación do

Pleno.

-Intervén o Sr. Fajardo dicindo que lle preocupa o feito de que a Sra. Concelleira de Servizos

Sociais negue as evidencias e falsee as cuestións, e o que se evidenciou a raíz da reunión

mantida coa asistencia do voceiro intervinde con ocasión dunha das traballadoras do servizo.

Page 24: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

24

Afirma que no Concello hai usuarios que levan máis de dous anos sen ser valorados e que a

Sra. Concelleira non lle aclarou moitas das cuestións que formulou na súa primeira

intervención. Tamén di que o motivo de que se reduciran as queixas dos usuarios é a de que

dende a empresa concesionaria se dá orden ás traballadoras baixo ameaza de despido de que

fagan todo o que lle piden os usuarios. E conclúe sinalando que a Concelleira nega a realidade

de que a empresa, incumpre dende o punto de vista laboral e que aínda que dende o Concello

se mire para outro lado a súa formación vai a seguir denunciando esta situación, porque a

solución non é negar a realidade.

Para rematar lembra o compromiso feito dende o Concello de municipalizar o servizo.

Por alusións, a Sra. Concelleira de Servizos Sociais resposta ó Sr. Fajardo que segue a dicir

cousas que non se axustan á realidade porque non é certo que haxa usuarios que leven máis

de dous anos sen avaliar porque hai técnicos destinados a facelo. Reitera que existe

fiscalización e coordinación e afirma que dende os Servizos Sociais se esta a facer unha tarefa

encomiable co fin de mellorar ó 100% a prestación dende servizo e pídelle que si sabe que

existen eses incumprimentos laborais como sindicalista que é o denuncie ante a xurisdicción

laboral. Por último ofrécese a celebrar todas as reunións que se lle soliciten para abordar

calquera cuestión que xurda.

Sometido a votación pola Sra. Alcaldesa da o seguinte resultado:

VOTACIÓN.- Por 18 votos a favor dos membros pertencentes ós grupos do PS de G-PSOE (7)

BNG (3), P.P (7) e IVIL (1) e 3 votos en contra dos membros pertencentes o grupo político de

EU-IU, dos 21 que forman o Pleno.

ACÓRDASE: Aprobar nos seus termos a proposta de derogación da ordenanza Fiscal

nº34 e de aprobación do Acordo Regulador do Prezo Público polo Servizo de Axuda no Fogar.

5. APROBACIÓN SE PROCEDE DA CONTA XERAL DE 2006..- Pola Sra. Secretaria

dáse lectura ó dictame emitido pola Comisión Informativa de Xestión Económica � RR.HH. e

Especial de Contas, en sesión celebrada o día 25 de novembro de 2008, do seguinte teor:

DICTAME DEFINITIVO DA CONTA XERAL DE 2006.- Dáse conta da proposta da Alcaldía do teor literal seguinte: “PROPOSTA DE ALCALDÍA Formada pola Intervención Municipal a Conta Xeral do Concello de Vilagarcía de Arousa do exercicio 2006 integrada pola Conta Xeral da Entidade e a Conta Xeral da Fundación Pública de Servizos Deportivos Municipais. Posta a mesma a disposición dos membros da Comisión Informativa de Xestión Económica, Recursos Humáns e Especial de Contas en cumprimento establecido no artigo 212.4 da Lei 5/1997 de 22 de Xullo, da Administración Local de Galicia. Dictaminada favorablemente con data 14 de outubro de 2008, e exposta ó público durante quince días hábiles trala publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 205 de data 22 de outubro de 2008, para que os interesados puidesen examinala e formular por escrito os reparos e observacións que tivesen por conveniente durante dito prazo de exposición e os oito días seguintes.. Non habéndose presentado reparos nin observacións nos prazos sinalados ó efecto, esta Alcaldía, en uso das competencias atribuídas pola lexislación de réxime local, PROPÓN á

Page 25: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

25

Comisión Informativa de Xestión Económica, Recursos Humáns e Especial de Contas a emisión do seguinte DICTAMEN: PRIMEIRO: Informar favorablemente, con carácter definitivo, a Conta Xeral do Concello de Vilagarcía de Arousa e do Organismo Autónomo Fundación Pública de Servizos Deportivos Municipais do exercicio 2006. SEGUNDO: sometela ó Pleno da Corporación para a súa aprobación, e posterior rendición ante o Consello de Contas de Galicia, de conformidade coa normativa aplicable.” Non habendo intervencións, procédese á votación, que da o seguinte resultado: VOTACIÓN: As/ os representantes dos grupos políticos municipais de P.S. de G-PSOE e B.N.G., informan favorablemente. As/ os representantes dos grupos políticos municipais do P.P, IVIL e EU-IU, din que se pronunciarán no Pleno e polo tanto abstense. En consecuencia, e por maioría, infórmase favorablemente o Dictame definitivo da Conta Xeral de 2006.” Lido o dictame pola Sra. Secretaria intervén a Sra. Alcaldesa para explicar que, a proposta que

se fai dende a Alcaldía e a de someter a aprobación esta Conta Xeral do exercizo 2006

formada pola Intervención Municipal. Dito esto a Ara. Alcaldesa abre a rolda de intervencións.

-Intervén en primeiro lugar o Sr. Voceiro do grupo do PP, que di que non ten sentido poñerse a

debater dous anos despois da Conta Xeral correspondente ó exercizo 2006, se ben a modo de

suxerencia ou pregunta, formula se a conta do 2008 vai ter a mesma falta de celeridade na súa

tramitación que esta.

- A Sra. Alcaldesa contesta ó Sr. Fole que se está a traballar e está xa moi adiantada a Conta

de 2007, como tamén se fará coa de 2008, co fin de que non se volva a producir este atraso.

-O Sr. Rivera Mallo quere insistir no xa dito na Comisión Informativa de Xestión Económica,

RRHH e Especial de Contas do 14 de xullo, no sentido de que nas circunstancias actuais lles

parece inexplicable o atraso na rendición da Conta do exercicio 2006, da que di que extraen

datos que consideran alarmantes e por iso o seu grupo require a rendición da Conta de 2007

canto antes, posto que, precisan dispoñer de información da situación financeira do Concello

máis recente aínda que, en todo caso vai chegar xa con demora e desactualizada

extemporánea con como mínimo un ano de atraso nos datos económicos. Din descoñecer os

motivos deste atraso, e afirma dende o seu grupo se dirixiron á Alcaldía varios informes en ter

obtido contestación. Tamén sinala que esta demora na rendición da conta vai dar lugar a unha

chamada de atención por parte do Tribunal de Contas de Galicia, transmitindo así unha imaxe

pobre do Concello de Vilagarcía que o IVIL lamenta, e que por iso neste punto dito grupo se

vai a abster, non en función do contido da Conta, senón polo atraso co que se presenta.

-A Sra. Alcaldes reiterando a contestación dada ó Sr. Fole indica que é compromiso da

Alcaldía traballar para poder render a Conta do 2007 si non a finais deste ano si a principios do

próximo e poñerse a traballar na do 2008, subsanando en breve o atraso producido.

Page 26: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

26

Sometido a votación pola Sra. Alcaldesa da o seguinte resultado:

VOTACIÓN.- Por 10 votos a favor dos representantes dos grupos políticos municipais do PS

de G-PSOE (7) e BNG (3) e 11 abstencións correspondentes ós representantes dos grupos

municipais do PP (7), IVIL (1) e EU-IU (3), dos 21 que integran o Pleno.

ACÓRDASE: a aprobación da proposta da Alcaldía nos seus termos.

6. APROBACIÓN, SE PROCEDE DO GASTO PLURIANUAL DA OBRA DO "ACONDICIONAMENTO DE EDFIVICIO PARA U.A.D. E SAÚDE MENTAL"..- Pola Sra.

Secretaria dáse lectura ó dictame emitido pola Comisión Informativa de Xestión Económica �

RR.HH. e Especial de Contas, en sesión celebrada o día 25 de novembro de 2008, do seguinte

teor:

APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO GASTO PLURIANUAL DA OBRA DE “ACONDICIONAMENTO DE EDIFICIO PARA U.A.D. E SAÚDE MENTAL”.- Dáse conta da Memoria da Alcaldía, do teor literal seguinte:

“MEMORIA DA ALCALDÍA

O artigo 174 do R.D.L. 2/2004, do 5 de marzo, Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, Real Decreto 500/90, do 20 de abril, nos seus artigos 79 a 88 e a Base número 25 de Execución do Presuposto, autorizan ás Corporacións Locais a adquirir compromisos de gastos que teñan que estenderse a exercicios posteriores a aquel no que se autoricen, sempre que a súa execución se inicie no propio exercicio e que ademais tales gastos estean, entre outros, destinados a obras de inversións, transferencias de capital e demais contratos de consultoría, asistencia técnica…etc. O apartado 3 do artigo 174, citado anteriormente, sinala o número de exercicios os que pode aplicarse o gasto plurianual, así como que, en determinados casos, o gasto que se impute a cada un dos exercicios futuros non poderá exceder da cantidade que resulte de aplicar ó crédito correspondente do ano en que a operación se compromete, uns determinados porcentaxes, podendo o Pleno da Corporación, en casos excepcionais, elevar os mesmos e as anualidades (art. 174.5). Recibido Convenio de cooperación asinado entre a Consellería de Sanidade, o Servicio Galego de Saúde e o Concello de Vilagarcía de Arousa para a realización de obras de reforma do local onde actualmente se atopa a U.D.A. para a financiación do 100% da obra a cargo da Administración Autonómica polo importe de 462.951,65 €, repartidas en tres anualidades procede a aprobación do proxecto como gasto plurianual segundo o seguinte detalle:

Cadro A: Anualidades e financiamento 2008 2009 2010 TOTAL

033/08 Reforma edificio

100 % Xunta

59.000,00 € 265.000,00 € 138.951,65 € 462.951,65 €

Page 27: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

27

SPAD

TOTAL 59.000,00 € 265.000,00 € 138.951,65 € 462.951,65 €

Por todo isto, esta Alcaldía somete á Corporación Municipal á adopción do seguinte acordo: �Aprobar a obra de carácter plurianual 033/08 “Acondicionamento Edificio para U.A.D e Saúde Mental”, segundo o convenio subscrito coa Administración Autonómica que financia o 100% do proxecto, polo importe total de 462.951,65 € e de conformidade coas anualidades do Cadro A da presente memoria�

Non habendo intervencións, procédese á votación, que da o seguinte resultado: VOTACIÓN: As/ os representantes dos grupos políticos municipais de P.S. de G-PSOE, B.N.G. e I.V.I.L., informan favorablemente. As/ os representantes dos grupos políticos municipais do P.P e EU-IU, din que se pronunciarán no Pleno e polo tanto abstense. En consecuencia, e por maioría, infórmase favorablemente a Aprobación do Gasto Plurianual da obra de “Acondicionamento de edificio para U.A.D. e Saúde Mental.”

Lido o dictame da comisión informativa a Sra. Alcaldesa indica que, como se pon de manifesto

no mesmo, tratase dunha financiación aportada pola Consellería de Sanidade para obras de

reforma do edifico que alberga o servizo coñecido como �SPAD�, subvención que financia o

100% da obra e que corresponde ó Concello aprobar este gasto plurianual así como a

distribución da financiación nas anualidades 2008, 2009 e 2010, sendo competencia do Pleno

por exceder dos límites sinalados legalmente se ven insiste en que dita financiación non

procede do Concello senón da Xunta.

-Intervén o Sr. Rivera para indicar que o seu grupo vai a apoiar a proposta da Alcaldía por

tratarse dunha financiación 100% autonómica.

Non habendo máis intervencións, pola Sra. Alcaldesa sométese a votación a aprobación do

gasto plurianual da obra de �Acondicionamento do edificio do U.A.D. e Saúde Mental�, co

seguinte resultado.

VOTACIÓN e ACORDO: por unanimidade de todos os Concelleiros presentes, acordase

aprobar a proposta da Alcaldía nos seus termos.

7. PROPOSTA DE IRMANDAMENTO ENTRE VILAGARCÍA DE AROUSA E GRANVILLE (FRANCIA)..- Pola Sra. Secretaria dáse lectura ó dictame emitido pola Comisión Informativa

de , en sesión celebrada o día 24 de novembro de 2008, do seguinte teor:

Page 28: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

28

PROPOSTA DE IRMANDAMENTO ENTRE VILAGARCÍA DE AROUSA E GRANVILLE (FRANCIA).- Dáse conta da proposta da Alcaldía, do teor literal seguinte:

“Proposta de Irmandamento entre Vilagarcía de Arousa e Granville (Francia)

Dende hai varios anos, a Unión Europea ven promovendo os irmandamentos de cidades

comunitarias, mediante o intercambio entre cidadáns dos municipios irmandados e de

conferencias e reunións de temática europea. O programa, titulado “Europa cos cidadáns”, é

plenamente compartido pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), á que

pertence Vilagarcía.

Con independencia disto, esta Alcaldía considera que os irmandamentos son un instrumento

fundamental para defender o espírito e os valores europeos, baseados na paz e na

colaboración entre os pobos, algo no que, en certa maneira, Vilagarcía conta xa cunha ampla

experiencia, pois a súa actividade portuaria permitiu, durante séculos, o intercambio de

experiencias entre os seus cidadáns e diversos pobos de Europa e mesmo América.

Foi precisamente a raíz da celebración do Bicentenario da Guerra da Independencia, na que

Vilagarcía xogou un papel fundamental en Galicia, cando os representantes consulares de

Francia, Gran Bretaña e Portugal amosaron o seu interese en profundizar neste tipo de

intercambios. Pouco despois, en xuño, unha delegación institucional e empresarial de

Granville, en Francia, visitou Vilagarcía e formulou unha invitación formal para visitar aquela

ciudade da Normandía e representar a Galicia nunha feira marítima.

Esta invitación, o compromiso europeísta de Vilagarcía e a necesidade de contar con socios

europeos como norma inexcusable para participar en determinados programas financiados

pola UE, levou ao goberno municipal a formular a creación dunha rede de municipios na que

participarían, ademais de Granville, Falmouth (en Inglaterra), coa que xa estableceron contactos

hai dous anos e expresou o seu desexo de continuar coas relacións a través do viceconsulado

de Gran Bretaña en Vigo; Stade, en Alemaña, que xa é “cidade amiga” de Vilagarcía dende os

anos 90 do século XX; e Matosinhos, en Portugal, coa que os vilagarciáns estamos irmandados

dende hai preto de sesenta anos; con independencia de que novas cidades de novos países –

son moitos os que se dirixen á FEMP na busca de irmandamentos en España- poidan sumarse

a esta iniciativa.

No transcurso da visita a Granville, a delegación vilagarciá puido constatar o interese das

autoridades galas de establecer un irmandamento, que para Granville suporía o número 23 con

cidades de Europa, signo inequívoco da súa vontade comunitaria, o que xa lle valeu varios

Page 29: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

29

recoñecementos. O irmandamento xa deu, de feito, os seus primeiros pasos co

establecemento dos primeiros contactos entre centros de formación de Granville cos institutos

de bacharelato vilagarciáns, aos que se poderían sumar –e este é un dos intereses principais

das docentes franceses- centros de formación empresarial e escolas de hostalería.

En consecuencia, considerando de gran interese para o Concello de Vilagarcía o

establecemento de novos irmandamentos con cidades europeas, tendo constatada a total

disposición do Concello de Granville de formalizar un protocolo neste sentido, e sendo esencial

para a participación en determinados programas europeos a existencia de socios comunitarios,

este Alcaldía propón ao Pleno da Corporación a adopción do seguinte acordo:

1. Concello de Vilagarcía de Arousa acorda iniciar os trámites de irmandamento coa

cidade francesa de Granville.

2. O irmandamento basearase na participación activa e dinámica dos seus cidadáns, xa

sexa con carácter individual ou colectivo, a través das súas numerosas asociacións

(veciñais, culturais, empresariais, comerciais…).

3. As dúas institucións se comprometerán a favorecer e a encauzar estes intercambios,

coa creación de comités de irmandamentos nos que, como esixe a UE, terán un papel

principal os propios cidadáns e non só as súas institucións.

4. O irmandamento expresarase no desenvolvemento de cantos programas favorezan a

aprendizaxe e práctica dos idiomas, o intercambio e encontro de estudiantes e de

experiencias de goberno e administración, a planificación de actividades de carácter

social e cultural, e o fomento do turismo entre os cidadáns das respectivas localidades,

ademais das lóxicas relacións económicas, empresariais e comerciais, que poidan

xurdir, como de feito xa sucedeu nas visitas que unha delegación de Granville fixo a

Vilagarcía e viceversa.

5. Do presente acordo darase traslado á Corporación municipal de Granville, a fin de que

adopte outro similar, que servirá de base para a sinatura por ambas partes do definitivo

protocolo de irmandamento.”

Page 30: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

30

- A Concelleira Sra. Lorenzo Fraga abre a sesión indicando que considera que o contido da proposta e ben coñecido por todos os Grupos e non require de maior explicación. Non habendo intervencións, procédese á votación, que da o seguinte resultado: VOTACIÓN: As/ os representantes dos grupos políticos municipais de BNG e P.S. de G-PSOE, informan favorablemente. As/ os representantes dos grupos políticos municipais do P.P, IVIL e EU-IU, din que se pronunciarán no Pleno e polo tanto abstense. En consecuencia, e por maioría, infórmase favorablemente a proposta de Irmandamento entre Vilagarcía de Arousa e Granville (Francia).

Lido o dictame a Sra. Alcaldesa explica que é interese deste Goberno como se recollía no

Dictame e unha vez feita esta visita á Cidade Francesa de Granville, seguir adiante co

irmandamento, igual que se fixo en outras ocasión, como o irmandamento coa cidade de

Matosinhos ou a inglesa de Falmouth. Considerase dese o Goberno que Vilagarcía �ten un

compromiso europeista� e que dito compromiso implica entrar nesta promoción de

irmandamento con outras cidades comunitarias e elo esixe acadar financiación para

intercambios educativos, culturais, sociais, empresaiais, comerciais... Continúa dicindo a Sra.

Alcaldesa que esto sería beneficioso para Vilagarcía ó permitir que a cidade poida estar en

contacto con outros pobos, e acadar intercambios e financiación para programas de interese

para os cidadáns de Vilagarcía e así coñecer outros municipios de Europa.

Dito esto a Sra. Alcaldesa abre a quenda de intervencións.

- Intervén o Concelleiro Sr. Pérez Arca, quen dí que unha vez estudiada a proposta polo seu

grupo, a consideran situada mais no ámbito do grandilocuente e do abstracto e incluso da

pura retórica, indica que abondan nela as grandes verbas e as referencias ós nobres fins a

acadar e cos que todos están de acordo como o diálogo entre pobos ou a difusión de valores

europeos, pero que baixo o criterio do PP se sobredimensiona a importancia que se lle da a

este tipo de iniciativas, o grupo popular lle parece en certo punto esaxerado dicir que son un

instrumento fundamental para acadar os fins dos que se falaba e que responde mais a unha

estratexia para fundamentar a moción que a transcendencia real dos irmandamentos como tal

que son unha axuda pero non a única ferramenta posible nin a mais importante para acadar a

paz e a difusión cultural e dos valores europeos.

O representante do PP di que o seu partido vota en falta maior claridade e concreción á hora

de expoñer a forma en que a cidade se vai beneficiar de todo ese programa de

irmandamentos, mais aló do aprendizaxe de idiomas, o fomento cultural ou o fomento do

turismo que dende o PP cren que se poden igualmente acadar a través doutras vías. Entenden

tamén que a proposta debería profundizar mais no contido e do tipo de programas europeos

que esixen dispoñer desta rede de irmandamentos ou de eses socios para valorar mais o

Page 31: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

31

esforzo que elo conleva e por outro lado dicirlle que esta non é a única forma de acadar socios

europeos.

En definitiva o PP considera que toda Administración eficaz e eficiente debe saber, e mais en

tempos de crise como o actual, cales deben ser as súas prioridades á hora de xestionar o

diñeiro de todos. Reitera o Sr. Pérez Arca que o PP non se opón ós irmandamentos pero que

cabería preguntarse se estes son prioritarios no momento actual para os Vilagarciáns e se lles

formula a dúbida de se non sería mellor dedicar este esforzo orzamentario a corrixir, por

exemplo, a sangría de sinistros que se están a producir a diario, os semáforos que fan falta

para Rubiáns, elaborar un Plan de Tráfico de verdade, impulsar a reforma da Praza de

Abastos, recuperar o Balneario... e solucionar as demais carencias que ten a cidade.

Conclúe reiterando que non se opoñen a estas iniciativas sempre que se fagan coa

transparencia debida e atendendo a criterios de prioridade e rendibilidade, neste sentido,

lembra que no Pleno pasado o seu grupo formulou unha moción que foi aprobada pola

Corporación e coa que pretendían que as cousas que se fixesen neste ámbito se fixesen ben,

por que segundo di, ata o de agora non se teñen feito ben, coa transparencia debida,

contando coa opinión de todos os grupos e tendo en conta tamén as posibilidades

económicas do Concello.

Para concluír o Sr. Pérez Arca di dirixíndose á Sra. Alcaldesa que, chegados a este punto,

están dispostos a dar un voto de confianza, e, posto que xa se ten chegado ata aquí, aínda

que non de xeito que o PP considere oportuno, lóxico e coherente, están dispostos a crer no

Goberno e apoiar este irmandamento que se intenta vender como oportuno e lóxico pero que

non se acaba de xustificar, e o van apoiar por que confían en que se cumpra o acordo plenario

adoptado a raíz da súa moción sobre �misións comerciais e institucionais� e así se llo van a

esixir para que todos os grupos poidan valorar a conveniencia das propostas e incluso

propoñer cidades que poidan ser interesantes para acometer iniciativas deste tipo e que

respondan a unha planificación.

- De seguido, intervén o Sr. Fajardo Recouso para dicir que parece a luz da proposta que o

que interesa e viaxar e non os obxectivos das viaxes e que aínda que non se opoñen a que os

responsables municipais acudan a sitios para traballar en pro da cidadanía, a proposta

presenta xeneralidades que lles preocupan e por eso desexan facer algunhas preguntas.

O primeiro que formula o Grupo de EU-IU é que se aprobe unha moción que di que quere

difundir os valores europeos sen concretar cales, e de que signo. De seguido cita varias

medidas comunitarias en materia de extranxería e xornada laboral que EU-IU non comparte e

reitera que polo tanto se non se concretan o tipo de valores europeos que se pretenden

fomentar non os poden apoiar.

Tras poñer esta cuestión enriba da mesa, formula tamén que seguen esperando que se lles

proporcione o informe que pediron no anterior Pleno sobre os obxectivos acadados na viaxe

institucional a Granville e a labor concreta que desenvolveu cada Concelleiro que participou na

mesma, e que polo tanto EU-IU vai votar en contra por que ten que quedar claro que a viaxe

tivo unha utilidade social, xa que do contrario é mellor ter coidado á hora de formular cousas

como a de crear ese Comité de Irmandamentos do que fala o punto 3º da proposta, e de

formular potenciar algo sen concretar que é o que se pretende potenciar.

Reitera que están á espera dese informe no que se concrete cal foi o traballo concreto que

desenvolveu cada un dos Concelleiros que participaron na viaxe, que contactos concretos se

mantiveron, que acordos de plasmaron e que mentres eso non se concrete o seu grupo non

quere apostar sobre xeneralidades.

Formula que seguramente será preciso realizar viaxes institucionais deste tipo, pero sempre

para ser capaces de desenvolver políticas para a clase obreira do país e do conxunto de

Page 32: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

32

Europa e non para non ter claro ó final o que se persegue por que do contrario quedámonos

no grandilocuente de frases como a paz ou a difusión dos valores europeos e non somos

capaces de aportar capital humano e económico para eliminar as desigualdades e as

inxustizas.

- O Sr. Rivera Mallo pregunta se con relación a este asunto por fin se resolveron as dificultades

que inicialmente parecían existir co Concello francés para o establecemento deste acordo de

irmandamento.

Afirma que, o seu grupo é partidario desta clase de relacións no marco da Unión Europea pero

se temen que na actual situación económica do Concello este vaia a ser un marco para viaxes,

e idas e vidas que conleven un desembolso económico en tempos de crise nos que en

palabras do Sr. Rivera o que se trata e de apertarse o cinto. Indica tamén que esto se ve

agravado polo descoñecemento da situación económica do Concello polo atraso, a que xa

aludiu, na rendición da Conta Xeral do 2007.

Aproveita a ocasión para solicitar á Sra. Alcaldesa que lle proporcione os datos que lle

solicitou con motivo da interpelación presentada polo seu grupo no anterior Pleno e dos que

aínda non dispón pese a que foron reiteradamente solicitados, xa que considera que eses

datos son precisos para fundar a posición do IVIL neste asunto.

- Intervén o Sr. Castro Ratón para dicir que quere centrar a cuestión concretando que o tipo

de valores europeistas que promove a proposta e o da �Europa dos pobos�, a �Europa dos

traballadores�, e a que corresponde coa filosofía de cidadáns libres que queren compartir o

mellor que ten o ser humano. Respecto do que formulaba o PP, en canto ós beneficios que

reporta a medida, o voceiro do BNG explica que estes serán os que sexan capaces de

construír na relación humana e ademais Europa debe ter segundo di, no marco do que son as

referencias próximas, unha cifra elevadísima de potenciais socios pero que a proposta é a que

está enriba da mesa, que é o irmandamento con Granville e que para Vilagarcía representa

unha proxección xeográfica difrenciada respecto do que é o irmandamento con Matosinhos

ou outros que se puidesen formular no futuro na liña do que aquí se falou e que polo tanto non

representa unha redundancia respecto do entorno francés, sendo algo que na medida en que

aporta un valor engadido ten clara a súa utilidade, beneficios e oportunidade.

Aclara tamén aos Sres. Fajardo e Rivera que no expediente do asunto consta o informe

detallado en varias páxinas do que se fixo na viaxe e dos cartos desagregados.

Indica tamén que a moción adoptada no anterior Pleno a proposta do PP en relación con este

asunto e que apoiaron o IVIL e EU-IU limita e condiciona toda a actividade que teña que

desenvolver a Corporación e o Concello e por outro lado as decisións do Pleno.

Di que esta é a primeira decisión que hai que tomar e que a súa dirección merece

indiscutiblemente que sexa apoiada, por que hai un socio que está agardando a que esta

decisión se adopte cun razoable grado de consenso e que por enriba de discursos colaterales

esta é unha proposta concreta que cualifica de beneficiosa, útil, oportuna e razoable, na liña

das sociedades mais avanzadas e que persigue acadar no marco desa relación institucional a

relación entre pobos e persoas, e ademais, segundo di, sen custos na práctica xa que como

se demostrou coa experiencia doutros irmandamentos a rutina leva a que despois non se

materialicen en viaxes e que aínda así cumpren unha importante función, sen tampouco

esperar deles que vaian a ser a solución dos problemas da humanidade nin da clase

traballadora.

Page 33: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

33

- Intervén novamente o Sr. Pérez Arca para reiterar que está de acordo co Sr. Fajardo en que

estes viaxes se poden facer e chegar a ser útiles, con independencia de que despois cada

grupo propoña as súas premisas para poder levalos a cabo.

Respecto da intervención do SR. Castro Ratón no referente a que xa se verá o que a través

deles se pode levar a cabo, di que, precisamente o que hai que procurar e sacar o máximo

rendemento posible do irmandamento.

Explica que, o seu grupo, non pretende limitar a acción do goberno se non apelar ó diálogo en

algo que compete a todos.

Con respecto ó dito polo Sr. Fajardo contesta que ningún dos presentes precisa do Concello

para poder viaxar.

- Intervén novamente o Sr. Rivera Mallo agradecendo o esforzo do Sr. Castro por intentar

convencer os grupos de algo no que probablemente él non crea e lle aclara tamén que o que

solicitou á Sra. Alcaldesa foi a relación nominal dos asistentes á viaxe con cargo ó Orzamento

Municipal e a situación actual do gasto das partidas orzamentarias con cargo ás cales se

financiou así como o informe da Interventora Municipal con relación ás mesmas que se

comprometeu a entregarlle a Sra. Alcaldesa.

- A Sra. Alcaldesa contesta que non esquece ese compromiso do que esta a tomar nota a Sra.

Interventora.

- O Sr. Fajardo Recouso desexa facer unha matización respecto da intervención do Sr. Castro

Ratón, consistente en que o que o seu grupo pediu non foi a relación das contas se non do

proceso detallado de reunións e contactos e que eso no expediente non figuraba. Tamén lle di

que cando fala da �Europa dos cidadáns� e non de Europa �das persoas� a súa linguaxe

denota ese movemento europeo que fai que algunhas persoas non gocen de dereitos de

cidadáns en Europa.

- Intervén o Sr. Abuin Duro para indicar que se dixeron na sesión algunhas cousas que non

coinciden coa proposta toda vez que esta consiste nunha declaración formal e institucional

para trasladar a un Concello europeo, neste caso Granville, a intención de formalizar un

irmandamento, e simplemente eso.

Considera inaudito dicir que se descoñece cales son os valores europeos e explica que, estes

están ligados ó concepto de cidadanía e que nese sentido vai a aportar polos irmandamentos,

e que é importante esa declaración de principios por que é a que está constituíndo a Europa

dos cidadáns, e por que se trata do ámbito territorial do mundo no que os cidadáns o son

mais que en ningún outro. Afirma que, con todos os defectos que se podan poñer enriba da

mesa non hai maior exercizo de cidadanía que en Europa, en ningunha parte do mundo, e que

como cren que nese proceso se pode profundizar pretenden que o Concello de Vilagarcía se

incorpore a ese camiño.

Tamén indica que o feito de estar irmandado con unha cidade non implica ter que realizar

necesariamente viaxes institucionais á mesma, e afirma que a proposta é para os cidadáns de

Vilagarcía, e pretende irmandar aos mesmos cos de outras cidades europeas esixindo a

normativa europea que exista un Comité de Irmandamentos no que estean representados a

través das entidades e asociacións locais por que o protagonismo é dos cidadáns e non das

institucións.

Quere aclarar que o acordo que se vai a adoptar e o de irmandarse co Concello de Granville e

que este non ten por que supoñer maior gasto se non maior captación de financiamento para

programas locais, en rede con outras cidades europeas e ese é o seu obxectivo e ademais

Page 34: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

34

convén a Vilagarcía na medida en que se incorporaría a unha rede de 23 cidades europeas,

das maiores existentes. Nese sentido di que a proposta e do maior interese e que incluso sería

conveniente de cara a este Concello francés que a vai aceptar que fose acordada por

unanimidade.

Sometido a votación pola Sra. Alcaldesa da o seguinte resultado:

VOTACIÓN.- Con dezasete votos a favor dos membros pertencentes ós grupos políticos

municipais do P.S. de G-PSOE (7), BNG (3) e PP (7), unha abstención, pertencentes ó

representante do Grupo de IVIL (1), e tres votos en contra, pertencentes ós membros do grupo

político municipal de EU-IU (3), dos 21 que integran o Pleno

ACÓRDASE: Aprobar a proposta da Alcaldía de Irmandamento entre o Concello de Vilagarcía

de Arousa e o de Granville (Francia).

8. PROPOSTA DE MODIFICACIÓN DO REGULAMENTO DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR..- Pola Sra. Secretaria dáse lectura ó dictame emitido pola Comisión Informativa de

Igualdade, Benestar e Promoción da Calidade de Vida, en sesión celebrada o día 25 de

novembro de 2008, do seguinte teor:

PROPOSTA DE MODIFICACIÓN DO REGULAMENTO DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR.- dáse conta da Memoria da Alcaldía, do teor literal seguinte:

“ASUNTO: PROPOSTA DE MODIFICACIÓN DO REGULAMENTO DO SERVIZO DE AXUDA NO

FOGAR

Vista Memoria Xustificativa formulada pola Concelleira da área da Igualdade e do Benestar e

visto informe técnico dos Servizo Sociais propoño que, por parte da Comisión Informativa de

Igualdade, Benestar e Promoción de Calidade de Vida, se dictamine favorablemente a

adopción, por parte do Pleno, do seguinte acordo:

PRIMEIRO: Suprimir o artigo 13 do Regulamento do Servizo de Axuda no Fogar do Concello

de Vilagarcía de Arousa.

SEGUNDO: Renumerar o artigo 14, que pasaría a ser o artigo nº 13 do Regulamento de Servizo

de Axuda no Fogar.

TERCEIRO: Engadir ao actual Regulamento o “ Anexo ao Regulamento de SAF Municipal do

Concello de Vilagarcía de Arousa”, de acordo coa actual Lei 39/2006 de 14 de decembro, de

promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.

CUARTO: Expoñer ao público o texto aprobado provisionalmente obxeto da proposta no

Taboeiro de Editos do Concello, durante o prazo de 30 días hábilies, así como publicar o

anuncio de exposición ao público durante dito prazo no BOP en un dos diarios de maior

Page 35: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

35

difusión da provincia, co fin de que por todos os interesados se presenten as alegacións e as

reclamacións que teñan por conveniente.

Asemade, faise constar expresamente que, se durante o prazo de exposición ao público non se

presentasen reclamacións contra a aprobación inicial destas modificacións do Acordo

regulador obxeto da proposta, elevaráse a definitivo o acordo provisional sen necesidade de

adopción de novo acordo do Pleno Municipal que así o declare, de conformidde co disposto

no artigo 49 da L.R.B.R.L.

QUINTO: Os acordos de aprobación definitiva, incluído os provisionais elevados

automáticamente a tal categoría, e o texto íntegro do Acordo Regulador ou das súas

modificacións, haberán de ser publicados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, e

serán de aplicación unha vez publicado no Boletín Oficial da Provincia e transcurrido o prazo

previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de Abril, continuando a súa vixencia ata que se

acorde a súa modificación expresa.”

A SRa. Lorenzo Fraga aclara que se trata dun anexo que se engadiu ao Regulamento Municipal do Servizo de Axuda no Fogar a fin de dar cobertura ás persoas que acceden a este Servizo a través da Lei de Dependencia. Explica tamén que, aínda non está publicada a Orde da Xunta que regula o servizo e que no momento en que entre en vigor establecerá un prazo de 6 meses para a adaptación dos Regulamentos Municipais á mesma e que por eso se preveu este anexo, para adaptar o Regulamento existente á Lei de Dependencia e por que ademais constitúe unha esixencia que ven dos servizos de inspección para que autoricen a prestación do servizo. Non habendo intervencións, procédese á votación, que da o seguinte resultado: VOTACIÓN: As/ os representantes dos grupos políticos municipais de P.S. de G-PSOE e B.N.G., informan favorablemente. As/ os representantes dos grupos políticos municipais do P.P, IVIL e EU-IU, din que se pronunciarán no Pleno e polo tanto abstense. En consecuencia, e por maioría, infórmase favorablemente a proposta de Modificación do Regulamento do Servizo de Axuda no Fogar.

Lido o dictame da Comisión Informativa e coa anuencia de todos os grupos a Sra. Alcaldesa

da por reproducido neste punto o debate que por relación ó mesmo se realizou

conxuntamente polos grupos con ocasión da deliberación sobre o punto 4º.- Aprobación do

Page 36: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

36

Acordo Regulador do prezo público polo Servizo de Axuda no Fogar, o asunto é sometido

directamente a votación, dando o seguinte resultado:

VOTACIÓN.- Con dezaoito votos a favor dos membros pertencentes ós grupos políticos

municipais do P.S. de G-PSOE (7), PP (7), BNG (3) e IVIL (1), e tres votos en contra,

pertencentes ós membros do grupo político municipal do EU-IU, dos 21 que compoñen o

Pleno

ACÓRDASE: Aprobar a proposta de modificación do Regulamento do Servizo de Axuda no

Fogar nos termos da Memoria da Alcaldía.

9. PROPOSTA INICIAL DE CONCESIÓN SE PROCEDE DA MEDALLA DE OURO DA CIDADE A D. ANTÓN PAZ BLANCO..- Pola Sra. Secretaria dáse lectura ó dictame emitido

pola Comisión Informativa de Igualdade, Benestar e Promoción da Calidade de Vida, en sesión

celebrada o día 25 de novembro de 2008, do seguinte teor:

PROPOSTA INICIAL DE CONCESIÓN, SE PROCEDE, DA MEDALLA DE OURO DA CIDADE A D. ANTÓN PAZ BLANCO.- Dáse conta de proposta dos Instructores do Expediente, do teor literal seguinte: “Expediente de Honores en favor de don Antón Paz Blanco PROPOSTA INICIAL DE CONCESIÓN DA MEDALLA DE OURO DA CIDADE O Regulamento para a Concesión de Honores e Distincións do Concello de Vilagarcía de Arousa, aprobado polo pleno da Corporación en sesión de 4 de febreiro de 1963, e posteriormente ampliado por acordos do 7 de xuño de 1965, 5 de setembro de 1966 e 1 de xuño de 1982, no seu capítulo II, artigo 4º, di:

“Concederase a medalla na súa calidade de Ouro a aquelas persoas que reunindo as condicións detalladas no artigo anterior houberan realizado unha acción ou acto meritorio cuxa memoria haxa de ser imperecedoira pola súa permanencia física ou polos seus efectos continuados”.

A proposta da Alcaldía, o pleno da Corporación Municipal aprobou, na súa sesión do 25 de setembro de 2008, iniciar o expediente de Concesión de Honores en favor de don Antón Paz Blanco, concretada na imposición da Medalla de Ouro da Cidade. Nesa mesma sesión, foron nomeados xuíz instructor o concelleiro do grupo nacionalista don Xosé Castro Ratón, e secretaria do mesmo a concelleira do grupo socialista e presidenta da Fundación de Deportes, dona Victoria Hierro Lorenzo. Antón Paz Blanco naceu en Madrid o 8 de agosto de 1976, cidade na que residiu ata os nove anos, aínda que pasaba os meses de verán en Vilagarcía. Foi aquí onde se iniciou en diversos deportes: fútbol, natación, atletismo, tenis e vela. Antón Paz comezou a practicar vela na temporada 1990-91, e dous anos despois era xa terceiro no Campionato Galego da clase Cadete. En 1995, navegando na clase Europa, foi membro do equipo nacional no Campionato de Europa xuvenil. Ó ano seguinte foi primeiro no Campionato de España por equipos.

Page 37: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

37

En 1998, ó tempo que se proclamaba subcampeón galego de Atletismo, na modalidade de salto con pértega, Antón Paz deu o salto á clase Tornado de vela, na que acadaría os seus maiores éxitos. Así, no 2000 foi segundo no ránking nacional, para ser número 1 en 2001 e 2002. Dende entón, logrou diversos triunfos en regatas celebradas por todo o mundo, hasta obter un diploma olímpico na cita de Atenas 2004. Un ano despois, a Federación Internacional de Vela decidiu nomealo, xunto ao seu compañeiro Fernando Echavarri, mellor regatista do mundo, logo de ser campión de España, de Europa e do Mundo na mesma tempada. Ademais destes recoñecementos, Antón Paz foi nominado para o Premio ó Mellor Deportista Local de xeito consecutivo dende 1997 a 2004, obtendo a máxima distinción en catro ocasións: 1997, 2001, 2002 e 2004, sendo nomeado despois, en 2005, Deportista Vilagarcián de Honra. No presente ano, 2008, chegou ao cumio de calquera disciplina deportiva: medalla de ouro nas Olimpiadas de Pekín. En definitiva, Antón Paz Blanco, que xa conta coa distinción de Fillo Adoptivo de Vilagarcía de Arousa dende 2006, reúne méritos máis que suficientes para que reciba, ademais, a medalla de ouro da cidade, como recoñecemento ao seu éxito nunhas olimpíadas pero tamén pola labor de difusión que da nosa cidade fai alá por onde compite e, igualmente, polo seu decidido afán de transmitir os seus coñecementos ás novas xeracións de deportistas vilagarciáns. Polo tanto, propoñemos ao pleno:

1. A concesión da medalla de ouro da cidade de Vilagarcía de Arousa a don Antón Paz Blanco, campión olímpico da clase tornado de vela.

2. A exposición ao público deste acordo, no taboleiro de anuncios do Concello e durante quince días hábiles, en virtude do artigo 18 do Regulamento Municipal para a Concesión de Honores e Distincións.”

Non habendo intervencións, procédese á votación, que da o seguinte resultado: VOTACIÓN: As/ os representantes dos grupos políticos municipais de P.S. de G-PSOE, B.N.G., P.P., EU-IU e IVIL informan favorablemente. En consecuencia, e por unanimidade, infórmase favorablemente a proposta inicial de concesión de Medalla de Ouro da Cidade a D. Antón Paz Blanco.

Lido o dictame da Comisión Informativa e aclarado o sentido ou intención da proposta pola

Sra. Alcaldesa a mesma cede o uso da palabra ao Instructor do expediente.

- Intervén o Sr. Castro Ratón para explicar que este e un dos trámites do expediente que ven

esixido polo Regulamento de Honras e Distincións do Concello e que como instructor, e

conxuntamente coa Secretaria, aprecian na figura do deportista unha serie de valores non

exclusivamente deportivos se non de índole humano dignos de trasladar á cidadanía, que o

fan merecedor de dita distinción, constituíndo estes xunto co beneficio que proporciona á

cidade que a súa imaxe se asocie coa do deportista, sendo esa a motivación da súa proposta.

Explica que trala súa exposición pública no taboleiro por prazo de 15 días, como esixe o Artº

18 do Regulamento citado a proposta volverá a Pleno para a súa ratificación.

Page 38: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

38

Non habendo mais intervencións sométese a votación pola Sra. Alcaldesa dando o seguinte

resultado:

VOTACIÓN e ACORDO.- Por unanimidade de tódolos membros presentes do Pleno (21),

acórdase aprobar inicialmente a concesión da Medalla de Ouro da cidade a D. Antón Paz

Blanco.

10. PROPOSTA DA CONCELLERÍA DA MULLER AO PLENO MUNICIPAL PARA APROBACIÓN DO II PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES 2009-2012..- Pola Sra.

Secretaria dáse lectura ó dictame emitido pola Comisión Informativa de Igualdade, Benestar e

Promoción da Calidade de Vida, en sesión celebrada o día 25 de novembro de 2008, do

seguinte teor:

PROPOSTA DA CONCELLERÍA DA MULLER AO PLENO MUNICIPAL PARA APROBACIÓN DO II PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES 2009-2012.- Dáse conta da Proposta da Concellería de Muller, do teor literal seguinte:

“PROPOSTA DA CONCELLERIA DA MULLER AO PLENO MUNICIPAL PARA APROBACIÓN DO II PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES 2009- 2012 A Concellería da Muller trae a este Pleno municipal o II Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades 2009 – 2012 para a súa aprobación. O concepto de Igualdade entre mulleres e homes fai referencia a unha igualdade de dereitos, responsabilidades e oportunidades para todas e todos. A igualdade, entendida como tal, non é unicamente un “asunto de mulleres” senón unha cuestión de dereitos humanos e unha condición previa para a consecución dun desenvolvemento sostible centrado nas persoas. Polo tanto, convértese nun piar fundamental para a construción dunha sociedade democrática, onde os dereitos e as obrigas son inherentes á condición de cidadanía, onde toas as persoas poidan participar e decidir sen distinción do seu sexo. Esta premisa básica e fundamental está recollida no II Plan municipal de Igualdade que pretende consolidar os esforzos e o traballo municipal que desde o ano 92 se veñen desenvolvendo neste eido. Trátase de seguir promovendo e impulsando as políticas de igualdade co obxectivo de lograr a participación real, efectiva e en condicións de igualdade das mulleres en todos os ámbitos da vida: social, política, económica,... Para a súa elaboración tivéronse en conta ademais da experiencia e as directrices recomendadas ao respecto, a avaliación do I Plan Municipal 2005-2007, que permitiu coñecer o grao de cumprimento das accións e os obxectivos programados no mesmo así como as dificultades ou necesidades xurdidas na execución do mesmo.

Page 39: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

39

O II Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades preséntase como un marco de referencia para as políticas que se desenvolven desde a nosa administración local, xa que para lograr que a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes sexa real, é precisa a adopción da perspectiva de xénero desde todos os programas e proxectos que se levan a cabo dende as diferentes áreas ou servizos. O Plan contempla cinco liñas de actuación atravesadas todas elas, como non podía ser doutro xeito, do enfoque da transversalidade, denominador común de todas. Estas liñas de actuación correspóndense coas seguintes áreas:

I. Empoderamento e participación social II. Formación e Emprego III. Calidade de Vida IV. Educación en Igualdade V. Abordaxe integral da violencia de xénero.

Como novidade, este Plan conta cunha área específica de Abordaxe integral da violencia de xénero tanto por tratarse dunha manifestación grave da discriminación contra as mulleres e supor a súa loita un reto para toda a sociedade, como polo feito de darlle un soporte ou marco ás actuacións que se veñen levando a cabo dende a Concellería da Muller neste sentido. Por todo isto, e porque cremos que os plans municipais de igualdade, e de xeito particular este que presentamos, é un instrumento integrador, posibilitador de maiores cotas de participación, de democracia real, que pretende intervir na sociedade e dende ela, na procura dunha sociedade mais xusta para todas e todos: PROPONSE AO PLENO DA CORPORACIÓN A APROBACIÓN DO II PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES 2009-2012, E QUE ESTA APROBACIÓN SUPOÑA UN COMPROMISO DIARIO PARA A SÚA POSTA EN MARCHA E DESENVOLVEMENTO. “ Pola Sra. Lorenzo Fraga dase por coñecido o contido deste Plan, xa que foi proporcionado a todos os Grupos e sometido á consideración do Consello Local da Muller. Non habendo intervencións, procédese á votación, que da o seguinte resultado: VOTACIÓN: As/ os representantes dos grupos políticos municipais de P.S. de G-PSOE, B.N.G. e P.P., informan favorablemente. As/ os representantes dos grupos políticos municipais do EU-IU e I.V.I.L., din que se pronunciarán no Pleno e polo tanto abstense.

Page 40: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

40

En consecuencia, e por maioría, infórmase favorablemente a proposta da Concellería da Muller ao Pleno Municipal para aprobación do II Plan de Igualdade de Oportunidades 2009-2012. Lido o dictame e antes de ceder a rolda de palabra á Concelleira Victoria Hierro a Sra.

Alcaldesa quere significar que unha vez experimentado o I Plan Municipal 2005-2007, un Plan

que segundo indica, permitiu coñecer o grao de cumprimento dos obxectivos programados

así como correxir necesidades xurdidas na súa implantación e interese do goberno municipal

someter a aprobación do Pleno o II Plan de Igualdade de Oportunidades.

-Intervén a Concelleira Victoria Hierro para explicar que o Plan de Igualdade que se presenta

ante o Pleno pretende ser unha ferramenta útirl e indispensable para que o traballo da

Concellería cumpra os obxectivos fundamentais das leis dentro dos cales se enmarca.

Aparte dunha ferramenta técnica pretende conseguirse coa súa aprobación plenaria unha

implicación técnica e política, toda vez que a consecución da igualdade real so se poderá

acadar mediante unha intervención continuada e transversal.

Explica tamén que na actualidade todas as directrices emitidas nesta materia por organismos

nacionais, comunitarios e autonómicos, e como no pode ser doutro xeito os locais inciden en

3 liñas de traballo a transversalidade o empoderamento e a corresponsabilidade e o Plan,

elaborado baixo estes 3 puntos de vista, contempla accións comprendidas xa no I Plan pero

que trala súa avaliación se comprobou que non cumpriran plenamente os obxectivos

marcados e que se corresponden coas cinco liñas de actuación que se recollen na proposta.

Este esquema varia un pouco respecto do primeiro Plan a resultas das carencias apreciadas

coa avaliación da súa implantación e segundo explica a Sra. Concelleira indicando as áreas

que se manteñen igual e as que se modifican ou desaparecen ademais de salientar que se

crea a nova área específica de �abordaxe integral da violencia de xénero�.

Explica a motivación das modificacións expostas e di que o Plan ademais de ser entregado a

tódolos grupos políticos foi xa presentado pola empresa que se encargou da súa redacción

ante o Consello Local da Muller e obxecto da análise e estudio por parte do mesmo, a resultas

disto se presentaron suxerencias por distintos colectivos e formacións como EU-IU, os

propios colectivos de mulleres, o P.P. algunhas das cales foron admitidas e incorporadas ó

texto integro ou parcialmente do xeito e polos motivos que a Concelleira expón resaltando

entre as medidas incorporadas a avaliación da propostas impacto das medidas de xénero no

Plan de Mobilidade Municipal que sirva como proxecto piloto para a elaboración destes

informes en vindeiras normas municipais e a incorporación de criterios de igualdade nos

procesos de adxudicación e contratación con empresas por parte do Concello e deseño e

implementación dun plan de usos do tempo.

Expostas algunhas das modificacións introducidas no Plan a raíz das suxerencias presentadas

a Sra. Concelleira conclúe a súa intervención solicitando dos grupos a aprobación deste Plan

que xa foi admitido polo Consello Local da Muller.

Page 41: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

41

- Intervén a Concelleira Patricia Rey para manifestar que dende o seu grupo va a apoiar esta

proposta da Concellería da Muller e que do mesmo xeito que presentaron suxerencias para a

súa elaboración presentarán tamén alegacións en fase de exposición pública.

-Intervén a Concelleira Teresa Rey para explicar que o Plan de Igualdade de Oportunidades

que presenta o Concello fai gala dun amplo coñecemento lexislativo aínda que presentaba

algunhas lagoas que afortunadamente e gracias as suxerencias do PP foron solucionadas fai

un esforzo por intentar acadar unha eficaz coordinación entre as distintas Administracións

Públicas implicadas e na implantación de medidas contra a violencia de xénero que o PP

considera prioritario. Se ben, apunta que, o resultado final do Plan tras unha atenta lectura

permite, segundo di, constatar que o Concello so formula como posibles solucións ás

manifestacións de desigualdade que se constatan en numerosa areas e ámbitos ó recurso á

xornadas, cursillos ou campañas publicitarias. Indica que máis do 80% das medidas que se

propoñen corresponden a este tipo de actividades divulgativas,d as que di que e coñecido o

escaso impacto que teñen nun mundo onde a oferta informativa e moito máis ampla e tendo

en conta ademais que o análise D.A.F.O. que o propios Plan fai, salienta a �escasa

sensibilización e interese que hai na materia de igualdade na poboación de Vilagarcía polo que

a demanda existente será moito menor que a oferta que se faga dende o Concello.

Preocupa tamén ó grupo do P.P. a escaseza de orzamento e a falta de cronograma. Di que

tendo en conta o número de campañas informativas proposta non haberá orzamento que

cubra un Plan tan pouco ambicioso e caro.

Considera convinte salientar unha das debilidades posta de manifesto pola análise D.A.F.O. e

que consiste no débil coñecemento dos intereses e necesidades reais e especificas da

cidadanía Vilagarcián en materia de igualdade de oportunidades e a división da área de

Igualdade en dous Concellerías cos conseguintes problemas de coordinación e solapamento

de funcións, como recolle o Plan.

A Sra. Concelleira considera contradictorio que o propio Plan poña de manifesto este

aloxamento da realidade para despois propoñer sofisticados obxectivos cheos de terminoloxía

técnica pouco comprensible por parte da cidadanía como o de promover no colectivo �novas

masculinidades� e a súa implicación co movemento feminista mediante a realización de cursos

de formación. Pregunta a Sra. Concelleira intervinde polo significado de dita expresión e

formula se non sería máis práctico ensinar por exemplo defensa persoal ás mulleres ou a

detención precoz da violencia no seu ámbito.

Considera a Sra. Teresa Rey que o grado de inconcreción das medidas é inaxeitado para un

Plan de Igualdade engade que a falta de cronograma e a escaseza de orzamento converten ó

Plan nun instrumento sen efectividade.

Sinala que, como indicou a Sra. Concelleira de Muller o PP pedía unha avaliación externa do

Plan que garanta a obxectividade fronte ó que se arguemtna que non hai cartos, cando

segundo considera o grupo do PP.

A eficacia dun Plan ten moito que ver coa avaliación externa do mesmo e que a proposta de

trasladar informes intermedios vai ser un resumen de actuacións carente dun estudio

obxectivo e con vocación de mellora.

Page 42: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

42

Di que apoiarán o Plan pese a que teña serias dúbidas da súa efecividade posto que, segundo

sinala, o pouco que se faga neste campo sempre será mellor que nada, aínda que dende o PP

teentarían facelo máis real, obxetivo e eficiente.

-Intervén o Sr. Rivera para aconsellar unha reflexión máis rigorosa, moderada e ampla se o

tempo non houbese premiado, pese ó cal o seu grupo se compromete a un estudio en

profundidade e a aportar todas aquelas suxerencias que fosen factibles aconsellando que no

futuro se lles entreguen as propostas con maio antelación. Conclúe manifestando que o seu

grupo apoiará a proposta para a súa posta en marcha e desenvolvemento.

-A Sra. Concelleira de Igualdade lle lembra que fai aproximadamente mes e medio que ten o

Plan nas súas mans, que foi cando o mesmo se presentou previa invitación a tódolos voceiros.

-Contesta á Concelleira Teresa Rey que é lóxico que a oferta de actuación sexa maior que a

demanda cuxo incremento e xusto o que se pretende incentivar, afirma tamén que é posible

facer campañas divulgativas con poucos cartos e que aínda así cheguen á poboación como a

que xa se ten feito este ano, apunta á distribución de marcapáxinas e bolsas nos comercios,

conferencias en institutos e explica que todos os recursos da Concelleira que xestiona irán

encamiñados á implantación do Plan. Explica que aínda que as demais Concelleiras

lóxicamente non van a aportar financiación o propio orzamento municipal leva implícita a

transversaldiade e a perspectivia de xénero especificándose como primeiro paso e exemplo

de referencia o Plan de Mobilidade e que ó implicar simplemente un cambio de perspectiva

respecto do colectivo ó que se dirixen as accións non vai a alterar o custe.

En canto o cronograma reitera á explicación que no momento se deu de que un cronograma

para 4 anos sería irreal e para subsanalo ó fío da súa implantación iranse establecendo

cronogramas anuais.

Polo que respecta ó tipo de actuacións propostas sinala que a relación que se fai é

meramente enunciativa ou exemplificativa e non limitativa. Explica tamén o concepto de

�novas masculinades� indicando que o concepto fai referencia o cambio na concepción

tradicional dos roles feminino e masculino nas relacións sociais.

Discrepa coa conveniencia de que dende a Concellería de muller se fagan cursos de defensa

persoal para mulleres como propón a Concelleira do P.P.

-A Concelleira Teresa Rey agradece á Sra. Victoria Hierro a explicación dada do concepto de

�novas masculinidades� e indícalle que iso se chama igualdade, respostalle tamén que cando

falaba das carencias que apuntou no Plan non facía senón explicar as debilidades resultante

da propia avaliación DAFO e que un Plan sen claridade nos seus obxectivos, sen cronograma

e sen orzamento é papel mollado.

Discrepa da imposibilidade de facer 1 cronograma ou previsión plurianual a 4 anos vista e

manifesta que o seu grupo vai a apoiar o Plan pese a que un Plan que carece de avaliación

externa implica caer na autocomplacencia e non dar solución ó programa.

Page 43: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

43

Para concluír o debate a Sra Victoria Hierro di que considera que todo esta suficientemente

exposto e que se estudiarán as apartacións que se fagan durante a fase exposición pública do

Plan esperando que a violencia de xénero sexa erradicada e que as mulleres se sintan

respaldadas polo sistema.

Sometido a votación pola Sra. Alcaldesa da o seguinte resultado:

VOTACIÓN E ACORDO: Por unanimidade de tódolos concelleiros presentes acórdase

aprobar o II Plan de Igualdade 2009-2012.

11. DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DO CONSELLO LOCAL DA MULLER CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO..- Pola Sra.

Secretaria dáse lectura ó dictame emitido pola Comisión Informativa de Igualdade, Benestar e

Promoción da Calidade de Vida, en sesión celebrada o día 25 de novembro de 2008, do

seguinte teor:

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DO CONSELLO DA MULLER CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.- Dáse conta da declaración insitucional do Consello da Muller, do teor literal seguinte:

“DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DO CONSELLO LOCAL DA MULLER CON MOTIVO DO DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO Ante o Pleno do Concello de Vilagarcía de Arousa, comprometido na loita contra a desigualdade de xénero, da que a violencia contra as mulleres é a súa manifestación máis dramática, o Consello Local da Muller, facendo seu este manifesto elaborado por un grupo de mulleres vítimas da violencia de xénero da nosa vila, presenta: Parte expositiva.- Neste 25 de novembro no que novamente esiximos o final da violencia machista, nos, un grupo de mulleres que padecimola na nosa vida queremos poñer a nosa voz e a nosa experiencia para visibilizar que é posible sair dela e que é importante facelo público, sobre todo para dar unha mensaxe de optimismo ao resto das mulleres que están en idéntica situación, e tamén a toda a sociedade. Nos, que estivemos inmersas nun círculo infernal, do que as veces non eramos conscientes mentres noutras eramolo tanto que quedabamos paralizadas entre a incredulidade e o medo. Queremos, agora que comezamos a rompelo , agora que imos desterrando o medo e asumindo a nosa propia historia:

- Animar a todas as mulleres que estean padecendo esta situación a que a denuncien, que sabían que se pode sair disto, que contarán con axuda como contamos nos e que o esforzo paga a pena.

Page 44: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

44

- Que a sociedade mire este problema de cerca, que desterre o pensamento máxico de que- no meu círculo isto non pasa-, igual que as nosas familias e amigos non o podían crer cando se enteraron.

- Pidir un maior esforzo a administración, principalmente no eido do emprego, pois as nosas fillas e fillos, dependen principalmente de nos, e precisase dun esforzo maior neste terreo.

Parte dispositiva.- Por todo isto, proponse á Comisión Informativa de Igualdade, Benestar e Calidade da Vida que dictamine en sentido favorable esta Declaración Institucional que con motivo do Dia Internacional contra a Violencia de Xénero, se presenta polo Consello Local da Muller , que de seguido se transcribe: O Concello de Vilagarcía de Arousa fai público o seu compromiso coas vítimas da violencia machista e o seu esforzo como representante e xestor político cara unha acción de goberno mais ambiciosa pola erradicación de todas as formas de violencia contra as mulleres e pola mellora e ampliación dos sistemas de protección. “

- A Sra. Lorenzo Fraga explica que a declaración insitucional que agora se somete á consideración do Pleno foi aprobadfa xa no seu momento polo Consello Local da Muller. Non habendo intervencións, procédese á votación, que da o seguinte resultado: VOTACIÓN: As/ os representantes dos grupos políticos municipais de P.S. de G-PSOE, B.N.G., P.P., E.U-I.U. e I.V.I.L. informan favorablemente. En consecuencia, e por unanimidade, infórmase favorablemente a Declaración Institucional do Consello da Muller con motivo do Día Internacional contra a violencia de xénero. - O Sr. Fajardo Recouso, intervén para facer a declaración de que, con independencia de que o voto do seu partido sexa favorable, considera que no debate plenario debería haber intervencións por parte de todos os grupos en relación a este punto.

A Sra. Alcaldesa di que dado que se trata dunha declaración institucional que ademais foi

informada favorablemente por unanimidade daríase en principio por aprobada pero que se

algún grupo desexa intervir o pode facer.

- A Concelleira Sra. Rey Davila sinala que aínda que se trata dunha declaración institucional

conxunta de todos os grupos desexa facer unha breve manifestación de repulsa en nome do

seu grupo a toda forma de violencia machista e sexista, e lembrar que transcorridos xa 3 anos

dende a entrada en vigor da Lei de Protección Integral contra a Violencia de Xénero segue

Page 45: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

45

existindo unha ausencia de medidas efectivas de detección e prevención precoz e non se

dispuxeron aínda os recursos precisos para a súa implantación. Fala tamén da subsistencia de

múltiples manifestacións de violencia machista na sociedade actual como violacións,

agresións sexuais e acosos por razón de sexo... que fan preciso unha análise exhaustiva para

detectar que é o que falla na cadea de protección e facer efectivo o cumprimento da lei a fin

de evitar novas víctimas; así como seguir formando nos valores de igualdade e desenvolver

accións conxuntas entre a sociedade civil e as institucións que posibiliten un cambio nos

valores e pautas sociais implantando un novo equilibrio e impulsar políticas de igualdade e

sensibilización que posibiliten a erradicación de toda forma de violencia contra as mulleres.

- O Sr. Fole Díaz tamén da lectura en nome do seu grupo a un manifesto no que se condena a

violencia de xénero entendida como un problema sociocultural que afecta directamente ás

mulleres e tamén a toda a sociedade. Fala tamén do elevado número de víctimas desta lacra

social e de que a igualdade legal non se equipara coa igualdade real, e por eso desde o PP se

considera necesaria unha educación baseada na igualdade de dereitos e oportunidades e

unha maior efectividade das medidas de protección das mulleres maltratadas e pide ás

propias mulleres e á sociedade que denuncien. Esixen xulgados especializados na materia e

un endurecemento das penas contra os maltratadores e reclaman políticas de inserción laboral

para as víctimas.

- O Sr. Rivera Mallo quere expresar en breves palabras o apoio incondicional do seu grupo a

esta declaración que é xusta e reflicte un grave problema que existe na sociedade e que é

preciso erradicar facendo unha mención especial, con motivo da conmemoración do Día

Mundial contra a Violencia de Xénero a todas aquelas que son víctimas da violencia machista.

- En nome do PS de G-PSOE a Concelleira Sra. Hierro Lorenzo súmase á declaración

institucional do Consello Local da Muller que parte do elaborado polo grupo de terapia de

mulleres víctimas de violencia de xénero, coas que se está a traballar desde a Consellería.

Considera que quizais sexa este o momento de lembrar ás persoas que traballan e loitan por

devolver liberdade e dignidade ás mulleres víctimas de violencia de xénero.

- En nome do BNG a Sra. Lorenzo Fraga manifesta o apoio á declaración institucional do

Consello Social da Muller a da lectura a un manifesto no que se di que os cambios e avances

no tratamento legal da violencia de xénero e os recursos creados para a atención das mulleres

en situación de violencia son pasos necesarios para loitar contra este fenómeno sendo preciso

optimizalos e achegalos ás mulleres.

Entre estes avances salienta a Lei Integral Galega contra a Violencia de Xénero propiciada

dende a Vicepresidencia da Xunta de Galicia, pola súa eficacia e por incidir sobre o elemento

social en detrimento do penal, buscando solucións contra a violencia machista.

Sinálase tamén que os Concellos en canto institucións mais próximas ás persoas xogan un

papel fundamental á hora de prestar asistencia e accionar os recursos preventivos e se fala de

Page 46: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

46

implicar a toda a sociedade mediante campañas de sensibilización e de que todos/as

tomemos conciencia da necesidade de implicarnos contra dita lacra social.

- A Sra. Alcaldesa pecha as intervencións dicindo que como se reflectiu nas distintas

declaracións todos os membros da Corporación están de acordo no rexeitamento da violencia

machista, dando así por aprobada esta Declaración Institucional por Unanimidade.

12. APROBACIÓN SE PROCEDE DA MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL DO PP SOBRE O CONTROL DAS AVES NAS ZONAS URBANAS..- Pola Sra.

Secretaria dáse lectura ó dictame emitido pola Comisión Informativa de Igualdade, Benestar e

Promoción da Calidade de Vida, en sesión celebrada o día 25 de novembro de 2008, do

seguinte teor:

APROBACIÓN, SE PROCEDE, MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL DO PP SOBRE O CONTROL DAS AVES EN ZONAS URBANAS.- Dáse conta da Moción presentada polo Grupo Municipal do PP, coa data de 20 de novembro de 2008, sobre o control das aves en zonas urbanas, do teor literal seguinte: MOCIÓN: PARA O CONTROL DE AVES NAS ZONAS URBANAS. O Grupo Municipal do Partido Popular, ao abeiro do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais presenta ante o Pleno da Corporación Municipal esta MOCIÓN, con base nos motivos e consideracións desenvolvidas na seguinte: EXPOSICIÓN DE MOTIVOS: Cada vez con maior asiduidade numerosos veciños veñen transmitindo a este grupo municipal a súa crecente preocupación polo incremento de exemplares de determinadas aves nos tellados e edificios de Vilagarcía, mais en concreto, de gaivotas e pombas. Lonxe de constituír un mero problema estético, a presenza masiva destas aves na cidade poder ser a causa directa de importantes problemas en diversos ámbitos, algúns xa patentes a día de hoxe na cidade, e por elo está sendo motivo dunha crecente alarma cidadá ante a previsión de que algúns deste problemas se acentúen co paso do tempo e o incremento do número de aves que utilicen Vilagarcía como pousadeiro e criadeiro permanente. Entre os múltiples problemas causados polo incremento das poboacións de gaivotas e pombas na cidade, cabe destacar: a) Efectos estéticos negativos tanto nos edificios como nas rúas ocasionados pola presenza

masiva de excrementos e a acumulación de elementos e restos da construcción dos niños. b) Efectos sobre a pervivencia e durabilidade das construccións urbanas, tanto públicas como

privadas; especialmente a acidez dos excrementos destas aves xunto á súa capacidade de resistencia á disolución e lavado pola auga da choiva, provocan importantes ataques tanto aos elementos metálicos dos edificios como incluso aos mesmos elementos constructivos como a pedra ou o formigón, chegando a deterioralos gravemente.

c) Efectos sobre a limpeza e durabilidade de tellados e cubertas; pola mesma razón exposta con anterioridade, os excrementos destas aves resisten ben o lavado pola auga da choiva,

Page 47: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

47

o que fai frecuente nos tellados e cubertas se produzan importantes cúmulos destes excrementos que propician o crecemento de distintas especies vexetais que, ademais de ofrecer un aspecto desaliñado, provocan graves problemas nas estructuras facéndoas, en casos extremos, inservibles para a súa función.

d) Efectos sobre as zonas verdes da cidade; a elevada densidade de pombas provocou a morte de zonas verdes en algunhas cidades polo efecto combinado da acumulación de excrementos, inservibles para a súa función.

e) Efectos sobre a saúde das persoas a varios niveis: 1. Sobre a tranquilidade e descanso dos cidadáns como consecuencia dos continuos

ruídos e disputas das aves, especialmente en época de cría. 2. Pola presenza de cadáveres das aves nas rúas en plena descomposición. 3. Sobre a propia saude das persoas: os excrementos destas aves representan un serio

perigo ao poder constituírse en transmisores de algunhas enfermidades ao home, posto que conteñen unha gran cantidade de axentes infecciosos. A clamidiosis, salmonelosis, arizonosis e colibacilosis son as infeccións mais tradicionais que contaxia o excremento das pombas.

f) Efectos sobre a seguridade e tranqulidade dos cidadáns algúns dos cales manifestaron o seu temor a un posible ataque das gaivotas, especialmente na época de cría, polo que algúns propietarios chegan a renunciar ao disfrute das súas terrazas.

Son numerosas as cidades e pobos do noso entorno que xa tomaron medidas ao respecto, mediante o establecemento de servizos municipais propios para o control deste problema e, sobre todo, acudindo ao concurso de empresas especializadas no control de pragas. Neste sentido, consideramos necesario, como paso inicial, a elaboración dun censo, tanto do número de animais de ambas especies que viven no municipio como dos edificios e mobiliario urbano directamente afectados. Paralelamente é necesario establecer as medidas necesarias para evitar a extensión do problema e evitar maiores problemas aos cidadáns. Por todo esto, o Grupo Municipal do Partido Popular insta ao Goberno Municipal a

1. Á elaboración dun censo das poboacións urbanas de gaivotas e pombas así como dos elementos urbanos afectados.

2. Ó establecemento dun servizo municipal específico ou, no seu defecto, á contratación dunha empresa especializada, para o control das poboacións de gaivotas e pombas que se encargue especialmente da retirada dos niños e da colocación de medidas disuasorias ao pousado destas aves nos elementos urbanos.”

- Intervén a Concelleira Sra. Rey Barreiro Meiro, para dicir que considera que o texto da

moción e coñecido por todos os grupos e por tanto non require maiores explicacións.

Page 48: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

48

Non habendo intervencións, procédese á votación, que da o seguinte resultado: VOTACIÓN: As/ os representantes do grupo político municipal do P.P., informan favorablemente. As/ os representantes dos grupos políticos municipais do P.S. de G-P.S.O.E., IVIL e EU-IU, din que se pronunciarán no Pleno e polo tanto abstense. En consecuencia, e por maioría, infórmase favorablemente a aprobación da Moción presentada polo Grupo Municipal do PP sobre control das aves en zonas urbanas.

- Intervén o Sr. Maneiro Cadillo para explicar que o motivo do formulamento da moción e

facerse eco das queixas que reiteradamente lle manifestaron os veciños que están a sufrir esta

situación. Indica que a situación de Vilagarcía neste aspecto aínda que non é tan extrema

como noutros municipios costeiros si que é preocupante e que é previsible que empeore.

Cita algúns exemplos dos problemas que xera a poboación de aves como suciedade

provocada polos seus excrementos, a súa incidencia sobre os edificios e a degradación das

zoas verdes e os seus efectos sobre a saúde e seguridade das persoas.

Resalta especialmente o aspecto sanitario e a necesidade de actuacións de control de plagas

e a obriga ou competencia ineludible da Administración Municipal de velar pola salubridade

pública e seguridade dos cidadáns, conforme a LRBRL.

Lee o contido disposto da proposta e explica o seus sentido indicando que o punto básico da

mesma consiste no establecemento ou contratación dun servizo municipal específico para o

control da poboación de gaivotas e a súa integración nun programa planificado e integral de

control que sexa efectivo.

-O Sr. Abuín Duro recoñece ser certo que un dos problemas principais dos ámbitos urbanos é

o que acaba de expoñer o Sr. Maneiro e a necesidade de ataxalo en previsión de que nun

futuro chegue a ser preocupante, indica tamén que nos supostos puntuais nos que se

produciron problemas puntuais en relación con esta cuestión foron atendidos polos servizos

municipais na medida das súas posibilidades e coñecementos e insiste en que hai que

adoptar medidas de prevención e en que comparte a preocupación do grupo popular ó

respecto pero apunta que de momento as zonas máis problemáticas se atopan xa

identificadas discrepando unicamente na conveniencia de crear un servizo municipal

específico e considerando preferible a implantación dun programa de actuación e a

planificación de actuación concretas por parte dunha empresa especializada que proporcione

os servizos municipais a formación necesaria. Remata indicando que de admitirse que a

moción vai nesa liña non habería problema en apoiala.

Page 49: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

49

-O Sr. Rivera manifesta ser certo que se trata dun problema común a tódalas cidades

costeiras que require de solucións adecuadas polos riscos que leva aparellados, indicando

que o seu grupo vai a apoiar a moción.

-Intervén o Sr. Fajardo reitera tamén que se trata dunha cuestión que sen chegar polo

momento a ser preocupante esixe ser ataxada, di descoñecer se é factible, polo custe que

implica a implantación dun servizo específico, pero que en todo caso constituirá unha

prioridade para os servizos municipais evitar situacións que no futuro poidan chegar a ser

perigosas, e aconsella en nome do seu grupo que se leven a cabo actuacións sobre aqueles

edificios que polo seu estado de abandono no poidan constituír un foco de infección.

-O Sr. Maneiro fai o Sr. Abuín a aclaración de que o censo que se propón elaborar consiste

nunha estimación da poboación de gaivotas e respecto do xeito de levar a cabo ese control

indica que aínda que a moción formulada as dúas alternativas, servizo específico ou empresa

contratada, estas labores esixen especificas cualificacións e medidas de seguridade e a

efectos de disipar calquera dúbida en relación coa existencia de riscos para a saúde pública,

da lectura. A datos da OMS relativas á cifra de infeccións e enfermidades transmitidas por

gaivotas, por último indica que si nun determinado momento houbo queixas dos cidadáns foi

porque apareceron cadáveres de ditos animais nas rúas sendo esa unha das principais fontes

de infección.

-A Sra. Alcaldesa di, dirixíndose ó Sr. Maneiro que dado os seus coñecementos ao respecto

gustaríalles contar coa súa colaboración.

Sometido a votación pola Sra. Alcaldesa da o seguinte resultado:

VOTACIÓN E ACÓRDASE: Por unanimidade de tódolos concelleiros presentes, acordase

aprobar a moción do P.P. nos seus termos.

13. APROBACIÓN SE PROCEDE, MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL DO PP SOBRE "MODIFICACIÓN DA ORDENANZA DE CIRCULACIÓN PARA FACILITAR A CARGA E DESCARGA DO PEQUENO COMERCIO"..- Pola Sra. Secretaria dáse lectura ó

dictame emitido pola Comisión Informativa de Ordenación, Xestión do Territorio, Obras e

Servizos, en sesión celebrada o día 25 de novembro de 2008, do seguinte teor:

“APROBACIÓN, SE PROCEDE, MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL DO PP SOBRE “MODIFICACIÓN DA ORDENANZA DE CIRCULACIÓN PARA FACILITAR A CARGA E DESCARGA DO PEQUENO COMERCIO”.- Dáse conta de Moción presentada polo Grupo Municipal do PP coa data de 20 de novembro, sobre “Modificación da Ordenanza de Circulación para facilitar a carga e descarga do Pequeno Comercio”, do teor literal seguinte:

MOCIÓN: MODIFICACIÓN DA ORDENANZA DE CIRCULACIÓN PARA FACILITAR A CARGA E DESCARGA DO PEQUENO COMERCIO.-

Page 50: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

50

O Grupo Municipal do Partido Popular, ao abeiro do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais presenta ante o Pleno da Corporación Municipal esta MOCIÓN, con base nos motivos e consideracións desenvolvidas na seguinte: EXPOSICIÓN DE MOTIVOS: En diferentes reunións mantidas entre este Grupo Municipal e a Asociación de Comerciantes Zona Aberta, a súa directiva manifestounos que son moitos os comerciantes que, á marxe das cargas de descargas habituais de marcadoría feitas polo transporte habilitado, necesitan acudir en certas ocasións aos seus vehículos particulares para realizar labores complementarias a estas, nas que xeralmente solen primar a necesidade de axilidade e inmediatez, sempre en aras a dar o mellor servizo posible ao cliente e ganar en competitividade. A dificultade para realizar estas operacións complementarias ven condicionada en que ao empregarse vehículos non comerciais a tarefa vese legalmente imposibilitada, salvo que se desobedezan as normas da Ordenanza Municipal de Tráfico. Para ofrecer unha solución adecuada aos comerciantes e aportar unha alternativa a esta situación, será factible a creación dunha tarxeta ou identificación específica que faculte ao seu posuidor para realizar un transporte pequeno, rápido e de pouca ocupación temporal dos espazos habilitados para a carga e descarga de mercadorías. O Partido Popular entende que toda medida que redunde nunha mellora da operatividade da actividade comercial debe ser apoiada desde a administración municipal e mais se cabe cando é demandada desde o propio sector. Por todo esto, o Grupo Municipal do Partido Popular insta ao Goberno Municipal a:

1. Á creación dunha tarxeta de carga e descarga específica e especial para comerciantes que permita identificar tanto ao seu titular, como ao vehículo particular que empregará para esas tarefas.

2. A modificación do artigo 57.4 da ordenanza para que se inclúa aos vehículos dos titulares de dita tarxeta, como susceptibles de poder ser empregados para utilizar as zonas de carga e descarga nas condicións estipuladas na mesma.”

- O Sr. Fole Díaz, voceiro do grupo propoñente da Moción explica que a mesma xurdiu a raiz dunha reunión coa “Asociación Zona Aberta”, que creen que a mesma é positiva e que, por eso a someten a consideración do Pleno. Non habendo mais intervencións, procédese á votación, que da o seguinte resultado: VOTACIÓN: As/ os representantes do grupo político municipal do P.P. informan favorablemente. As/ os representantes dos grupos políticos municipais do P.S. de G-PSOE, BNG, IVIL e EU-IU, din que se pronunciarán no Pleno e polo tanto abstense. En consecuencia, e por maioría, infórmase favorablemente a aprobación da Moción do Grupo Municipal do PP sobre “Modificación da ordenanza de circulación para facilitar a carga e descarga do pequeno comercio”.

Page 51: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

51

Lido o dictame a Sra. Alcaldesa cede o uso da palabra ó Concelleiro asinante da moción, o Sr.

Pérez Arca explica que se trata dunha iniciativa que xurdiu do propio sector que o seu grupo

se limita a trasladar ou poñer en coñecemento do Pleno.

Indica que o que basicamente se pide é que se permita utilizar ós comerciantes os espacios

de carga e descarga por un tempo máis breve que o da actividade de carga e descarga que se

fan habitualmente na vía pública por medio de grandes camións, debido a que o seu volume e

moito menor.

Explica tamén que a orixe de esta necesidade está en que no día a día o colectivo de

pequenos comerciantes lle xorden pequenas e puntuais necesidades de abastecemento de

productos para dar servizo ó cliente, non representando un volume de descarga o

suficientemente grave como para prestarse mediante vehículo autorizado pero tampouco tan

nimio que permita carrexar a mercancía dende un aparcadoiro ata o comercio a través das

beirarrúas.

Tamén indica en que a vantaxe desta medida radica en que permitirá ós comerciantes ser

máis áxiles operativos e prestar un servizo de calidade ó cliente e tamén ser máis

competitivos.

Por este motivo solicitan a creación dunha tarxeta de carga e descarga específica para estes

comerciantes que permita identificar tanto ó titular como ó vehículo que emprego para a súas

tarefas e o comercio o que pertencen e para elo propoñen unha modificación da ordenanza.

-De seguido intervén a Concelleira Rosa Abuín para respostarlle que lamenta que esta moción

non veña con maior antelación ó Pleno toda vez que se ven de entrar en vigor recentemente o

novo Regulamento Municipal de Circulación e que se ven sería preciso un estudio máis

detallado e o plantexamento de propostas máis concretas, va a apoiar a moción porque saben

que é unha reivindicación habitual do sector do pequeno comercio.

-O Sr. Rivera Mallo manifesta que ó seu grupo tamén lle parece razoable a moción porque é

necesario dar facilidades ó comercio local a fin de potencialo e que recupere a súa proxección

anterior e rentabilidade mantendo a súa contrastada calidade e mellorando a súa

productividade indicando que a adopción da medida proposta unicamente esixe pequenos

retoques na ordenanza.

-O Sr. Fajardo rectifica tamén a conformidade do seu grupo co que se propón e indica que

este tipo de iniciativas xa formaban parte das alegacións que o seu grupo formulou no seu día

á ordenanzas de circulación coincidindo co Sr. Rivera en que sería necesario engadir a dita

tarxeta unha indicación do límite de tempo dispoñible a fin de que non se faga uso das zoas

de carga e descarga de xeito indiscriminado como zona de aparcadoiro libre.

-O Sr. Pérez Arca agracede o apoio de todos os grupos, e insiste en que se trata dunha

proposta xenérica que é necesario depurar tecnicamente manifestando incluso a súa

dispoñibilidade a colaborar no desenvolvemento da medida.

Sometido a votación pola Sra. Alcaldesa da o seguinte resultado:

VOTACIÓN E ACORDO: Por unanimidade de todos os Concelleiros que conforman o Pleno

(21 dos 21) aprobase a moción do PP "Modificación da ordenanza de circulación para facilitar

a carga e descarga do pequeno comercio.�

Page 52: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

52

14. APROBACIÓN SE PROCEDE, MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL IVIL SOBRE "APLICACIÓN DE MEDIDAS URXENTES QUE GARANTEN A SEGURIDADE DOS CIDADÁNS. ACTUALIZACIÓN DO PLAN DE EMERXENCIA MUNICIPAL"..- Pola Sra.

Secretaria dáse lectura ó dictame emitido pola Comisión Informativa de Ordenación, Xestión

do Territorio, Obras e Servizos, en sesión celebrada o día 25 de novembro de 2008, do

seguinte teor:

“APROBACIÓN, SE PROCEDE, MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL IVIL SOBRE “APLICACIÓN DE MEDIDAS URXENTES QUE GARANTAN A SEGURIDADE DOS CIDADÁNS. ACTUALIZACIÓN DO PLAN DE EMERXENCIA MUNICIPAL”. Dáse conta da Moción presentada polo Grupo Municipal IVIL, coa data de 20 de novembro de 2008, sobre “Aplicación de Medidas Urxentes que garantan a seguridade dos cidadáns. Actualización do Plan de Emerxencia Municipal, do teor literal seguinte:

“ASUNTO: “APLICACIÓN DE MEDIDAS URXENTES QUE GARANTAN A SEGURIDADE DOS CIDADÁNS. ACTUALIZACIÓN DO PLAN DE EMERXENCIA MUNICIPAL”. Como é costume habitual de esa Alcaldía, continúa sen facilitarnos a información que solicitabamos no noso escrito de data 18 de setembro en relación ao GRUPO MUNICIPAL DE INTERVENCIÓN RÁPIDA. A polémica que ven producíndose a diario en torno á seguridade dos cidadáns, así como as ifnormacións que se filtran e a pobre imaxe que se está ofrecendo, afectan de maneira decisiva á tranqulidiade e o sosego dos vilagarcíans, con serias dúbidas para o suposto de que lles afecte algún caso de emerxencia. E o certo que, como se pon de manifesto en cantas actuacións lle afectan, este Servizo foi mermando a súa capacidade, perdendo efectivos e medios, de tal forma que se fan necesarias medidas que garantan a SEGURIDADE. Algunhas das supostas “solucións” parécennos patéticas, aínda que recoñezamos o esforzo de quen tivo que facer traballos distintos aos da súa profesión habitual. Como caso mais recente, a intervención no accidente de días pasados en Vilaxoán por atropelo dun peatón e con balance de dous mortos. ¿Onde está o desfibrilador e outros medios de que se dispoñía?, ¿Quen os utiliza/n?. Insistimos na petición de información detallada sobre a tarefa encomendada ao persoal contratado para dito GRUPO, memoria dos traballos realizados polo mesmo dende a última contratación de traballadores, así como as previsións de futuro para o GRUMIR dada a súa incidencia na seguridade dos cidadáns. Urxe tamén a tan demandada actualización do PLAN DE EMERXENCIA MUNICIPAL redactado fai xa varios anos. É necesario adaptalo á realidade actual de VILAGARCÍA. Por todo elo, o Concelleiro que subscribe propón ao PLENO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL a aprobación da seguinte: MOCIÓN: 1) A aplicación URXENTE de medidas que garantan a seguridade dos cidadáns as vinte e catro horas do día, recuperando os medios humanos e materiais que fixeron posibles os servizos coa eficacia, profesionalidade e dedicación que, no seu día, mereceron o respaldo e eloxio dos cidadáns. 2) A actualización do PLAN DE EMERXENCIA MUNICIPAL, tantas veces demandada por este grupo, o documento que se substitúa, e 3) Reestructuración do SERVIZO DE EMERXENCIAS, concretar as súas competencias e situar ao fronte do mesmo a unha persoa cualificada e con experiencia nesta materia.”

Page 53: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

53

- O Sr. Rivera Mallo, voceiro do grupo propoñente da moción, intervén para dicir que

considera que o texto da mesma é suficientemente coñecida por todos os grupos e que, polo

tanto non require maiores explicacións.

Non habendo mais intervencións, procédese á votación, que da o seguinte resultado: VOTACIÓN: As/ os representantes dos grupos políticos municipais de P.P. e I.V.I.L.., informan favorablemente. As/ os representantes dos grupos políticos municipais do P.S.de G-PSOE, B.N.G. e EU-IU, din que se pronunciarán no Pleno e polo tanto abstense. En consecuencia, e por maioría, infórmase favorablemente a aprobación da Moción do Grupo Municipal de IVIL sobre “Aplicación de medidas urxentes que garantan a seguridade dos cidadáns. Actualización do Plan de Emerxencia Municipal”.

- A Sra. Alcaldesa cede a quenda de palabra ó Concelleiro asinante da moción.

- O Sr. Rivera Mallo explica que o seu grupo se veu na necesidade de presentar esta moción

ante o silencio da Alcaldía con respecto os escritos nos que dende o IVIL se lle pedía

información. Considera o Concelleiro do IVIL que a moción non require maiores explicacións

porque a parte expositiva é suficientemente explicativa e é ben coñecida a proposta que

segundo di constitúe unha apartación constructiva para a mellora do servizo eludindo incorrer

en descualificacións persoais e descualificacións. Sinala que o IVIL non ten intención de

polemizar con este asunto senón que obxecto da súa moción e que o servizo recupere os

valores que no seu día o fixeron útil para a cidadanía e que o distinguiron pola súa eficacia,

eficiencia facéndoo merecedor do eloxio dos cidadáns. Tamén pretenden dende o IVIL a

actualización do Plan de Emerxencias Municipal tantas veces demandado polo IVIL a

reestructuración do servizo de emerxencias para concretar as súas competencias e situar o

fronte do mesmo a unha persoa cualificada e con experiencia na materia sen que elo implique

que a persoa que actualmente o esta a facer non o faga correctamente en definitiva,

pretenden que se tome conciencia do problema que os cidadáns poidan sentirse seguros ante

calquera emerxencia e que se garante a operatividade do servizo.

-A Sra. Alcaldesa di que dende o goberno se agradece o tono �constructivo que se emprego

na moción e indica que este é un tema que considera xa moi manido, por haber sido

amplamente debatido en sucesivas sesións plenarias e se ven dende o goberno se vai a apoiar

a moción queren deixar claro que este servizo municipal de emerxencias segue garantindo as

emerxencias de todos os cidadáns de Vilagarcía durante as 24 horas do día, di que eses

medios humanos adscritos os servizos ós que alude o Sr. Rivera estiveron sempre operativos

xa que o servizo está sendo prestado contando con 15 Grumires e co apoio dos servizos

municipais e da agrupación de voluntarios de Protección Civil en canto á recuperación de

medios materiais á que aludiu o Sr. Rivera, explica que o servizo Municipal de Emerxencias

conta cos seus propios medios ó igual que á agrupación de voluntarios e os bombeiros, polo

que cabe concluír que o servizo Municipal de Emerxencias conta cos seus propios medios ó

igual que á agrupación de voluntarios e os bombeiros, polo que cabe concluír que o servizo

Page 54: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

54

Municipal de Emerxencias de Vilagarcía está integrado por todos estes servizos cando teñen

que actuar conxuntamente. En canto á actualización do Plan Municipal de emerxencias di que

é un compromiso que o goberno ten presente e sobre o que esta a traballar.

Polo que respecta á reestructuración do servizo de emerxencias indica que este servizo nunca

se apartou da estructura que tiña senón que o quedar adscrito ó servizo de desenvolvemento

ambiental á persoa que estaba ó fronte do servizo sigue estando.

Conclúe dicindo que Vilagarcía como cidade de máis de 20.000 habitantes ten este servizo

perfectamente estructurado e atendido as 24 horas do día.

-O Sr. Fole formula á Sra. Alcaldesa que se non entendeu mal, o goberno pensa apoiar a

moción como e que despois di que as cuestións que a moción formula xa esta solucionadas,

xa que non ten sentido adoptar un acordo dirixido a facer algo que xa está feito. Considera o

Sr. Fole que isto é incoherente e absurdo xa que segundo manifesta a Sra. Alcaldes o servizo

está en perfecto estado, opinión que discrepan. O grupo do PP quere traer a memoria a

situación catastrófica que se deu en Vilagarcía con ocasión das inundacións e que puxo en

evidencia que facía falta actualizar o Plan de Emerxencias. Indica que o que si se fixo foi

reestructurar o servizo e que se ben a Sra. Alcaldesa sostén que o servizo de emerxencia

conta cos mesmos medios a Agrupación de voluntarios de Protección Civil, mantén e

manifesta publicamente todo o contrario o que segundo o Sr. Fole evidencia que é preciso

facer unha reflexión sobre o tema, e que non é de recibo que pola Sra. Alcaldes se diga que o

servizo contra os mesmos medios e recursos que tiña no pasado. Tamén indica que tras ser

formulada a cuestión polo PP a Sra. Alcaldesa non foi quen de aclarar quen é o responsable

de coordinar o servizo nin de subministrarlles o informe que xa fai un tempo solicitaron sobre o

funcionamento do servizo. Saben que non se vai a facer, xa que pola Sra. Alcaldesa se di que

o servizo está en perfectas condicións. Piden que a rexedora municipal explique en que vai

consistir o apoio do seu grupo a esta moción e como vai a levar a cabo a reestructuración dun

servizo que di que xa está perfectamente reestructurado e que aclare a discrepancia de

criterios coa Protección Civil en relación co accidente de Vilaxoán, e sexa que de aportar

finalmente o informe do responsable do servizo que solicitou o PP.

-A Sra. Alcaldesa di que non se quere repetir e que o seu apoio á moción se basa en motivos

distintos aos que expuxeron PP e IVIL que con independencia de rumores sobre os medios

con que se acudiu a solventar a desgraciada catastrofe a que fixo referencia o Sr. Fole o certo

é que Vilagarcía conta cun servizo Municipal de Emerxencias perfectamente estructurado e

apoiado sobre a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e o servizo de bombeiros, o cal

non exclue que vai a apoiar a moción do Sr. Rivera que tal e como a formula é de caracter

constructivo porque todo é susceptible de mellora e o único que o PP trata de facer e

transmitir alarma e inseguridade á cidadanía vilagarcián. Reta ó Sr. Fole a que lle diga de

alguén que nunha situación de emerxencia non fose atendido por Protección Civil ou

bombeiros.

-O Sr. Fajardo intervén co único obxecto de manifestar que constitúe unha reivindicación

histórica do seu grupo a petición de que exista un servizo Municipal de Emerxencias, que se

manteña no tempo e que sexa profesional de xeito que as emerxencias sexan atendidas por

traballadores públicos e non polo voluntariado nin por empresas privatizadas como o Parque

de Bombeiros. Indica tamén que pese a que se ten deliberado ampla e reiteradamente sobre o

Plan de Emerxencia que supostamente se estaba a elaborar, carecen de toda información

relativa ó estado no que se atopa e suxiren que se convoque ós grupos a unha reunión co

responsable da elaboración do Plan a fin de que expoña en que estado se atopa. Tamén

Page 55: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

55

reitera a necesidade de que o servizo se profesionalice e preste por empregados públicos

como no pasado se ven di que isto non impide poñer de manifesto que no seu momento había

, a criterio de EU-IU pouco control sobre os fondos que se lle asinaban e en que se invertían.

-O Sr. Rivera expón os datos que considera máis significativos en relación coa información

relativa á evolución do servizo nos últimos anos, datos que segundo indica son oficiais e

reflicten que houbo necesidades que non foron atendidas e que a media de intervencións se

reduxo nun 76%. Di que se ben o servizo dispón de persoal, este se emprega en atencións

propias de operarios municipais, fala tamén de ineficacia na xestión dos medios materiais

adscritos ó servizo e cuestiona que o persoal adscrito ó mesmo esté capacitado para facer

uso dalgúns dos instrumentos de que se dispón como o desfibrilador.

Di que sendo o Plan de Emerxencias do ano 1988 vai sendo hora de actualizalo alomenos con

periodicidade bianual.

-Intervén o Sr. Abuín para dicir que, no mesmo tono constructivo empregado polo propoñente

da moción, cree que ten que intervir para aclarar determinadas cousas que segundo di non se

corresponden coa realidade, relativiza o carácter significativo dos datos estatísticos

proporcionados polo Sr. Rivera indicando que estes difiren do pasado porque hai

determinadas intervencións que se facían no pasado e hoxe xa non se fan como a intervención

do grupo de emerxencias en magostos e actos similares que na actualidade xa non se fan e

tamén baixa a estatística o feito de que a responsabilidade de elaborar o Plan de Emerxencias

se trasladou a Protección Civil e conseguintemente tamén deixa de engrosar as estatísticas do

servizo de Emerxencias para engadirse ós da Protección Civil. Coinciden na necesidade de

actualizar o Plan de Emerxencias e di que xa se está a pagar pola súa redacción e nese

sentido e no que apoian a moción do Sr. Rivera afirma que dende o goberno tamén comparten

a necesidade de reunificar os medios cos que conta o servizo e apunta que o responsable do

mesmo non variou respecto de cando estaba externalizado sendo substituído polo Xefe do

Departamento como é lóxico nos supostos en que se atopa disfrutando dos seus dereitos

como traballador. Di que se está a aproveitar a experiencia existente e aclara que ninguén

integrado no servizo Municipal de Emerxencias está a xerar polémica senón que os que o fan

está fora deste servizo e pertencen á protección civil e que haberá que analizar as atribucións

e o traballo que desenvolve o responsable da Porección Civil, e por estar tamén de acordo con

este último extremo va a apoiar a moción do IVIL.

Indica tamén que o servizo de Emerxencias tal e como se concibiu no mes de febreiro tiña

planificada a súa actividade para todo o ano e segundo os cálculos do Concello representaba

un 21% na estatística que manexa o Sr. Rivera.

Reitera que se está a pagar pola elaboración do Plan Municipal de Emerxencias e que se vai

dispoñer del en breve.

Segue facendo una interpretación do significado dos datos estatísticos e indica que non é de

recibo que para criticar ó servizo de estatísticas municipais se empregue o argumento de que

non saben utilizar determinados instrumentos médicos cando o seu emprego e propio dos

servizos sanitarios, e que falar de poñer en mans de algún que non é persoal sanitario estes

instrumentos e moi grave, reitera.

Tras explicar os datos relativos as intervencións do servizo de emerxencia o Sr. Abuín di que

xa esta ben de que por algúns, exclúe o Sr. Rivera se fagan insinuacións interesadas, e lembra

que o Pleno adoptou por unanimidade realizar as oportunas xestións coa Xunta para garantir a

estabilidade dos chamados GRUMIR, cos mesmos efectivos cos que viña operando no

Concello e di que ditas xestións se fixeron garantindo así que o servizo este operativo as 24

horas o día en Vilagarcía.

Page 56: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

56

Ese era un acordo plenario que se está a cumprir en tódolos seus extremos.

Di que é ilóxico que se cuestione o traballo dunha mesma persoa cando formaba parte do

servizo de emerxencias e se cambie o criterio cando pasa a formar parte de Protección Civil.

Conclúe formulando a cuestión de como se pode criticar un servizo se as persoas que o

prestan son as mesmas si está operativo as 24 horas do día e si está garantida a súa

intervención en casos de emerxencia. E deixa sobre a mesa se non se estará xerando

polémica intencionadamente por quenes antes o dirixían.

Dirxíndose ó Sr. Fole di que non ve problema en votar a favor algo que xa existe pero que se

pode mellorar e que se presente por fin o Plan de Emerxencias Municipal cuxa elaboración se

está a pagar dende fai varios anos e que habendo coincidencia nos aspectos indicados non

hai problema para votar a favor da moción.

-Intervén novamente o Sr. Rivera para agradecer o apoio á súa proposta e apuntar que si

como di o Sr. Abuín xa se está a pagar pola elaboración do Plan de Emerxencias haberá que

esixir ó responsable da súa elaboración a súa inmediata entrega para que o Concello dispoña

dun plana actualizado.

En canto os datos estatísticos aportados manifesta que son oficiais, e que constatou

persoalmente a súa certeza insiste en que a intención das propostas do seu grupo non e nin a

de polemizar nin a de cuestionar a ninguén pero gustaríalle que se proporcionase o nome do

responsable do servizo.

-Contéstalle o Sr. Abuín que o servizo de emerxencia ou o que antes se chamaba GRUMIR se

integra no servizo de Medio Ambiente como sección propia e ten ó fronte ó mesmo

responsable.

-O Sr. Rivera desexa coñecer o nome da persoa responsable.

-O Sr. Abuín coñece unicamente o seu apelido e di que non pode reter os datos do historial

profesional de tódolos empregados municipais pero parécelle que se atopa de baixa dende os

meses de febreiro/marzo e foi substituído por outro traballador do mesmo servizo.

-Intervén o Sr. Fole para dicir que con independencia de que o seu grupo apoie esta moción

non pode pasar por alto a gravidade dalgúns dos datos que está a xurdir do debate e que

segundo di reflicten deixadez de funcións e que dende as fatais inundacións de 2006 non se

fixo nada nin se actualizou o Plan e que por enriba se está a pagar por un Plan que non se

ten.

O Sr. Fole roga á Sra. Alcaldesa que aporte por escrito o acordo de Xunta de Goberno Local

ou no seu caso a Resolución de Alcaldía na que se nomeou ó coordinador do servizo de

emerxencia porque si como dicían se trata dun servizo estructurado presupón que teñen

definidas as tareas e responsabilidades do mesmo e a quen se lle ceden en cada momento e

en canto a interpretación dos datos estatísticos feita polo Sr. Abuín dí que os datos do 112

son oficiais e fiables e que o voceiro do PSOE os está a falsear e que o que reflicten e falta de

xestión e deixadez de funcións.

-O Sr. Abuín di que os datos de que manexa os extrae da memoria de actuacións de

ProtecciónCivil e que non hai deixadez algunha de funcións senón uns compromisos

adquiridos a través dun convenio con ProtecciónCivil que haberá que ir cumprindo no tempo

como de feito se está a facer xa aínda que require o seu tempo.

Page 57: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

57

En 2º lugar a moción formula que debe reestructurarse o servizo coa correspondente

asignación de funcións e elexir o seu responsable e coordinador, e así se fará.

E por último conclúe que a composición do actual servizo de emerxencias e amesma que tiña

o antigüo GRUMIR en Protección Civil, a única diferenza e que antes estaba externalizado e

agora está asumido polo Concello.

-A Sra. Alcaldesa pecha o debate sinalando que aínda que �todo e mellorable� eso non

significa que o servizo de Emerxencias de Vilagarcía non funcione ou que falle

estrepitosamente, saben dende o goberno que teñen pendente a actualización do Plan de

Emerxencias Municipal pero esto non quere dicir que a cidadanía de Vilagarcía estivese en

ningún momento desatendida en canto ás emerxencias e parécelle que está a abusar na

demagoxia en relación con este tema.

Sometido a votación pola Sra. Alcaldesa da o seguinte resultado:

VOTACIÓN E ACORDO: Por unanimidade de tódolos concelleiros presentes acórdase

aprobar a moción do grupo do IVIL sobre �Aplicación de medidas urxentes que garantan a

seguridade dos cidadáns. Actualización do Plan de Emerxencia Municipal.

15. APROBACIÓN SE PROCEDE, DA MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL DO PP PARA SOLICITAR AO GOBERNO A REFORMA URXENTE DA FINANCIACIÓN LOCAL..- Pola Sra. Secretaria dáse lectura ó dictame emitido pola Comisión

Informativa de Xestión Económica � RR.HH. e Especial de Contas, en sesión celebrada o día

25 de novembro de 2008, do seguinte teor:

APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL DO PP PARA SOLICITAR AO GOBERNO A REFORMA URXENTE DA FINANCIACIÓN LOCAL.- Dáse conta da Moción presentada polo Grupo Municipal do PP, coa data de 19 de setembro de 2008, do teor literal seguinte: “MOCIÓN PARA SOLICITAR AO GOBERNO A REFORMA URXENTE DA FINANCIACIÓN LOCAL O Grupo Municipal do Partido Popular de Vilagarcía, ao amparo do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais presenta ante o Pleno da Corporación Municipal esta MOCIÓN, con base nos motivos e consideracións desenvolvidas na seguinte Exposición de Motivos A crise económica que padecemos, e cuxas manifestacións e consecuencias se amosan día a día, están a agravar aínda máis a sempre delicada situación das Facendas Locais. A pesar de dispoñer de menos do 14% dos recursos públicos, os Concellos non teñen deixado en ningún momento, durante todos estes anos, de atender as demandas que os veciños lles viñan facendo, como administración que senten máis cercana. Sería imposible imaxinar a Galicia sen o papel vertebrador, de cohesión e de atención ós cidadáns desenvolvido polos 315 Concellos galegos.

Page 58: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

58

Pero agora a situación se torna crítica: a diminución da actividade urbanística en Galicia, que xa neste ano se sitúa no 35%, vai provocar que no 2008 os Concellos galegos deixen de percibir, cando menos, 20 millóns de Euros dunha fonte de recursos que representa máis dunha quinta parte do total dos seus ingresos, diminución que, sen lugar a dubidas, será maior no vindeiro ano. A situación non pode seguir así por moito máis tempo. A crise económica e urbanística, unida ás dificultades extraordinarias para poder acceder ós créditos, sitúan ós Concellos galegos practicamente ó borde do abismo, e comprometen moi seriamente a continuación na prestación de servizos básicos ós nosos veciños. Debemos evitar o colapso económico dos Concellos, e non debemos, dende logo, aumentar os impostos municipais, o que non faría se non aumentar aínda máis as dificultades económicas dos nosos veciños. Nembargantes, os pasos dados polo Goberno do Estado parecen indicar que a intención é exactamente a contraria: confirmando o adiantado polo Ministro Solbes, o avance dos Presupostos Xerais do Estado confirman que no ano 2009 os Concellos verán diminuída a súa participación nos Ingresos do Estado (case a cuarta parte dos ingresos totais dos municipios) en non menos dun 1,5 %, e que no caso dos Concellos galegos podería chegar a un 2%. Pola súa banda, a realidade do Pacto Local asinado no ano 2006 amosa que o 90% dos compromisos económicos da Xunta cara os Concellos están sen executar, e só o modelo de participación nos ingresos da Xunta posto en marcha baixo a Presidencia de Manuel Fraga se está a manter. Os nosos veciños reclaman a implicación do Goberno do Estado e do da Xunta para evitar a quebra dos Concellos. Por todo isto, o Grupo Popular do Concello de Vilagarcía de Arousa presenta para a súa aprobación polo Pleno, os seguintes ACORDOS: Primeiro: Esixir o compromiso do Presidente do Goberno de que aumentarán - con cifras reais e sen maquillaxes- as transferencias económicas do Estado ós Concellos, rectificando en consecuencia, de xeito inmediato, as previsións establecidas no avance dos PXE. Segundo: Reclamar ao Goberno o comezo inmediato das negociacións para reformar as facendas locais, vinculándoa, de acordo co compromiso adquirido polo Sr. Zapatero no seu Discurso de Investidura, á propia reforma do sistema xeral de financiación autonómica. Terceiro: Se insta ao Goberno para que a futura Lei de Bases de Réxime Local aborde definitivamente a delimitación precisa das competencias dos Concellos e das Deputacións Provinciais ao obxecto de evitar a situación actual de asunción de competencias impropias. Cuarto: Esixir ao Goberno a creación urxente dun Consello Local de Política Financeira para tratar os temas de interese bilateral: actualización do catastro, transferencias estatais, xestión dos convenios e cooperación administrativa. Quinto: Solicitar aos Presidentes da FEMP e da FEGAMP a celebración dunhas Asembleas Extraordinarias que reivindiquen a reforma da financiación local, a súa estabilidade orzamentaria e o saneamento das facendas locais, de forma que os Entes Locais poidan garantir aos cidadáns os servizos que necesitan en condicións de igualdade e equidade, e para acadar o peso político e institucional que corresponde aos Entes Locais como administración máis cercana.” Non habendo intervencións, procédese á votación, que da o seguinte resultado: VOTACIÓN:

Page 59: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

59

As/ os representantes dos grupos políticos municipais de P.P. e I.V.I.L.., informan favorablemente. As/ os representantes dos grupos políticos municipais do P.S. de G-P.S.O.E.,B.N.G. e EU-IU, din que se pronunciarán no Pleno e polo tanto abstense. En consecuencia, e por maioría, infórmase favorablemente a aprobación da Moción presentada polo Grupo Municipal do PP para solicitar ao Goberno a reforma urxente da financiación Local.”

Lido o dictame da comisión informativa a Sra. Alcaldesa cede a quenda de palabra ó voceiro

do grupo propoñente da moción que indica que na data actual, esta moción que foi

presentada no Rexistro o 19 de setembro, debe ser xa ben coñecida por tódolos concelleiros.

Desexa facer so unha precisión, e é a de que cando se presentou a moción se falaba de

�previsións no avance de prespupostos Xerais do Estado� e na actualdiade estos presupostos

xa están definidos e debatidos, motivo polo que solicitan que se substitúa no texto da moción

a referencia ás citadas previsións polo seguinte inciso �que se tomen as modificacións

inmediatas�, e sen máis, por parte do grupo asinante da moción se propón que se someta

esta proposta directamente a votación.

-Intervén o Sr. Castro Ratón sinalando que o seu grupo desexa facer algunhas breves

consideracións como a de que o xermen desta proposta xurdiu do que se cocluiu nunha

Comisión Territorial da FEMP aínda que despois se enmarcan segundo di na loita partidaria

existente a nivel nacional entre o PP e o PSOE omitindo cuestións que xa está asumidas no

marco da FEGAMP e que son compartidas polo seu grupo político e é aquí onde o seu grupo

centra as súas diverxencias e quere centrar o debate formulado á súa posición a nivel político,

por non tratarse dunha cuestión que haxa de ser obxecto de debate a nivel local.

Sinala o Sr. Castro que Galicia esta a resultar unha Comunidade Autónoma especialmente

discriminada polo que se refire ás transferencias económicas ós Concellos xa que se pondera

exclusivamente a poboación (75%) e o esforzo fiscal (25%) de xeito que se ignoran

circunstancias peculiares do noso territorio como son a da dispersión poboacional e o

avellentamento da poboación, por eso considerarían máis xuto, dende o punto de vista

tributario que se introduciran esos dous factores e que a ambos se lles asignase un 10%

reducindo o peso específico do esforzo fiscal a un 15%, medido coa que di que os municipais

galegos sairían beneficiados e se solventaría a súa actual situación de discriminación respecto

do conxunto do Estado. Di que habería que pararse ademais nalgún outros datos que na

moción so se enuncian como o de que a maioría de Concellos galegos que a nivel pobacional

se sitúan no tramo ente 20.000 e 50.000 habitantes quedarían reducidos a un 1,30% de

participación.

En resume, indica que o seu grupo estaría disposto a apoiar esta moción do grupo do PP se

se admitise a introducción dunha enmenda aclaratoria a este acordo que segundo di se

adoptou no marco do FEGAMP, consistente na esixencia de que a participación nos ingresos

xerais do estado sexa transferida no seu conxunto á Xunta de Galicia para que sexa finalmente

esta a que aplique estes criterios de reparto axustados.

Conclúe dicindo o Sr. Castro que ou se introduce esta adición ou o seu grupo se abstería na

votación desta enmenda porque tampouco se pensan opoñer a unha porposta que ten a súa

base de razón seben, indica que existe un compromiso de incremento da cuantía da

transferencia, pese ó cal o sistema de reparto segue sendo inxusto por non ponderar os

criterios poboacionais antes referenciados.

Page 60: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

60

-O Sr. Abuín intervén para sinalar que se está a falar de algo co que en principio o seu grupo

podería estar de acordo,e que é o feito de que a financiación dos Concellos é escasa e

mellorable isto o comaprten aínda que non poden compartir a forma en que esta formulada a

moción tanto na súa parte expostifiva como dispositiva, consideran dende o PS de G-PSOE

que hai outro tipo de formulacións máis correctas e queren fixar a súa posición nunha

enmenda que propoñen a moción do grupo popular encamiñada a substituor da parte

dispositiva á referencia ós acordos que presenta por outros e que resume nos seguintes

termos:

�no marco en que nos atopamos a financiación das Corporacións Locais estase a negociar

actualmente no marco dunha comisión bilateral integrada pola FEMP e o Goberno, e nese

marco, manifestamos o apoio á FEMP en canto a súa pretensión da incrementar a

participación das Corporacións Locais nos ingresos do Estado.

En 2º lugar, tamén apoiamos a pretensión da FGMP no sentido de aumentar a participación

dos Concellos nos ingresos das Comunidades Autónomas na medida en que consideramos

que debe haber unha segunda descentralización ós Concellos.

Un terceiro punto sería a creación dun Estatuto do Goberno Local por considerar que hai

competencias dos Concellos que deben ser delimitadas respecto das comptencias doutras

Entidades Locais sobre todo para delimitalas competencias dos Concelos respecto das

competencias das Provincias.

E por último recoller tamén neses criterios de financiamento o que é a proposta feita dende a

FGMP e concretamente da súa executiva na que se di que nesa financiación hai que ter en

conta, ademáis dos criterios que se está a manexar actualmente, os do número de entidades

de poboación, a súa extensión territorial e o avellentamento poboacional�

En definitiva, segundo o Sr. Abuín, perseguindo o mesmo obxectivo de incrementar a

financiación local como pronunciamento principal a adoptar polo Pleno, o grupo do PS de G-

PSOE considera que hai uns criterios que hai que concretar en función dun marco de

referencia xa existente como e o da comisión bilateral da FEMP e o Goberno e nese sentido

vai a enmenda que propoñen ó grupo municipal do PP.

-A Sra. Alcaldesa solicita que o voceiro do grupo do PP propoñente da moción se pronuncie

respecto de se o seu grupo admite ou non as enmendas formuladas tanto polo BNG como

polo P.S de G-PSOE.

-O Sr. Fole resposta ó Sr. Castro Ratón, se como di, considera que Galicia está especialmente

discriminada no reparto dos ingresos xerais do Estado, espera que lle dera traslado desa

consideración o representante do BNG no Congreso para que este o faga valer no debate dos

presupostos xerais do Estado, e que, polo tanto, presupón que eses medidas irían xa incluídas

no paquete de medidas que o BNG poñería sobre a mesa para condicionar o seu apoio ós

PXE e polo tanto consideran incorporadas esas medidas que propón o BNG no proxecto de

presupostos xerais do Estado, por deducilo así implicitamente do apoio do BNG ós

presupostos xerais do Estado.

Polo que se refire ás propostas formuladas polo voceiro do PS de G-PSOE na enmenda que

formulou considera que a proposta de delimitar as competencias dos Concellos respecto do

das provincias se podería considerar implicitamente incluída no punto 3º da moción formulada

polo PP e que polo que se refire o resto das cuestións formuladas na enmenda do PS de G-

PSOE a única que considera que quizás non este incluída sería a relativa ó incremento da

financiación local e que si desexa incluíla como un sexto punto a engadir á moción non

habería problema.

Page 61: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

61

-O Sr. Castro Ratón lamenta que o PP rexeite incluír na súa moción o que se acordou no

mardo da FGMP.

-O Sr. Abuín desexa saber se o PP admite que se inclúa na súa moción como enmenda a

resolución da FGMP na que se di que na financiación teñen que considerarse como criterios

de reparto: o nº de entidades de poboación, a extensión territorial e o avellentamento

poboacional. E aclara que, en calquera caso a enmenda que formulaba o grupo do PS de G-

P`SOE era a de substituír a súa moción pola do PP e que so se así se admite votarán a favor

da mesma.

-O Sr. Rivera, di que se dúbida �a financiación local é a asignatura pendente da nosa

democracia� e que sendo a administración máis próxima ó cidadán, recibe competencias e

nembargantes, non sempre recibe os recrusos económicos precisos para financialos. Lembra

que moitas veces se pediou unha Lei de Facendas Locais axustada á situación económica do

país e que garante a estabilidade financeira de aqueles Concellos que acrediten unha boa

administración e un xusto emprego de recursos. Conclúe dicindo que, en todo caso, o seu

grupo vai a apoiar a enmenda.

-O Sr. Fajardo manifesta en nome do seu grupo que va a votar en contra da moción do PP

porque non vai na liña que defende a súa organización, sobre todo na medida en que obvia

algo que para

EU-IU é fundamental como é a ampliación do espacio fiscal de xeito que haxa certa

autonomía á hora de poder aplicar de modo distinto en cada Concello nas taxas e impostos

locais a xustiza distributiva.

Sometido a votación pola Sra. Alcaldesa da o seguinte resultado:

VOTACIÓN.- Con oito votos a favor dos membros pertencentes ós grupos políticos

municipais do PP (7) e o IVIL (1), e trece votos en contra, pertencentes ós membros do grupo

político municipal do PS de G-PSOE (7), BNG (3), EU-IU (3).

ACÓRDASE: Queda rexeitada a moción do PP para solicitar ó Goberno a reforma urxente da

financiación Local.

Concluído o exame dos asuntos incluídos na Orde do Día e antes de pasar á quenda de

Rogos e Preguntas, a Sra. Alcaldesa pregunta se algún grupo político desexa someter á

consideración do Pleno, por razóns de urxencia, algún asunto non comprendido na Orde do

Día da Convocatoria e que non teña cabina da quenda de rogos e preguntas.

- O voceiro de EU-IU manifesta que o seu grupo tiña pensado formular unha moción de

urxencia relativa á Folga do Convenio Colectivo de Limpeza da Provincia de Pontevedra, pero

que, dado o acordo a que se parece ter chegado reservan a Moción para a súa inclusión no

vindeiro Pleno, no sentido de que o que se pretende coa mesma é marcar unha liña de

actuación a seguir por todos os Concelleiros que pode resultar coherente con independencia

da situación concreta.

Page 62: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

62

16.- Interpelacións.- A Sra. Alcaldesa explica que, con data do mesmo día da sesión se

presentou no Rexistro de Entrada do Concello unha interpelación asinada por D. Juan Fajardo

Recouso en nome e representación do Grupo Municipal de EU-IU sobre �Antenas de Telefonía

Móbil�.

Dito esto, a Sra. Alcaldesa cede a palabra ao Sr. Fajardo, quen resume o contido da súa

interpelación dicindo que a mesma ten que ver co acaecido recentemente en relación cunha

antena de telefonía móbil situada na estrada que vai cara Cambados e cuxa situación

preocupa aos veciños, e indica que as preguntas que se formulan son as seguintes:

- ¿Por qué o Concello non actúa no sentido de obrigar a desinstalar a antena?

- ¿ Cal é a intención que ten o Concello en relación con dita antena?

- Formula que dado que as labores de instalación da antena se iniciaron sen contar con ningún

tipo de autorización, o Grupo e EU-IU esixiría ó Concello que non se lle outorgue dita

autorización.

- En todo caso queren saber que actuacións levou a cabo o Concello dende que tivo

coñecemento desa actuación carecendo dos pertinentes permisos.

- O Sr. Abuín Duro explica que existindo denuncia de obra ilegal o que fai o Concello e abrir un

expediente de reposición da legalidade.

17.- Rogos e Preguntas.- A Sra. Alcaldesa explica que por deferencia ó público atenderanse

primeiro as preguntas deste, pregando brevidade na formulación.

Quenda do Público:

- Intervén o Sr. Luis Ares Valentín, para preguntar por que non se pon en funcionamento a

fonte situada no Parque de Miguel Hernandez, como se fixo coa fonte que hai próxima ao

Concello e así se embelece este Parque que segundo dí e moi frecuentado por vilagarciáns e

turistas.

- D. José Piñeiro, veciño de Rubiáns, intervén para indicar que nos Plenos se acordan moitas

cousas pero que logo, na práctica, seguen os veciños de Rubiáns seguen á espera desa

resposta que nunca da chegado en relación cos problemas xerados polas obras executadas

polo Ministerio de Fomento na zona de Rubiáns.

- En resposta a esta segunda intervención a Sra. Alcaldesa di que o Concello segue á espera

da resposta de Fomento e que en canto chegue se lle comunicará persoalmente.

- Dona Clara Vilariño reitera a petición que xa formulou por escrito de que lle sexa remitida

unha certificación literal do informe técnico que lle foi notificado en relación coa denuncia que

formulou ante o Concello contra o seu veciño por unha suposta infracción urbanística, e non

cal se di que, ten problemas legais coa finca lindeira, cando segundo expresa a interesada

esto non é así.

Quenda dos Concelleiros: - Intervén a Concelleira Sra. Rey Barreiro Meiro para preguntar á Sra. Alcaldesa se a Escola

Infantil da Tomada conta con licenza municipal de obra, toda vez que, segundo dí, o 25 de

setembro pasado preguntou se contaba con dita licenza e se lle contestou que non, e

Page 63: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

63

nembargantes as obras estaban iniciadas e había un informe da Policía Local de 7 de

setembro en relación coa mesma. Indica tamén que, o 30 de outubro preguntou de novo se

tiña licenza e o Concelleiro de Ordenación do Territorio contestoulle que non e ante esto a

pregunta que formula é ¿Ten licenza? e, de non ser así, ¿Por qué non se paralizaron as obras

de conformidade co Art. 209 da LOUGA?.

- O Sr. Abuín Duro contéstalle que esa obra non ten licenza municipal e que o Concello non

ten constancia desde aquel informe da Policía que citou a Concelleira, de que esas obras de

continuarán e indícalle que de ter constancia o Concello de que esas obras se continuasen

sen licenza actuaría do mesmo xeito que en calquera outro que é o que xa lle explicou ó Sr.

Fajardo en relación coa súa interpelación. Tamén lle explica que, entre o Consorcio Galego de

Servizos de Igualdade e o Concello existe unha discrepancia en canto ó xeito en que se debe

tramitar dita licenza, comezando as discrepancias polo soporte ou modo en que se presentou

a documentación. Tamén lle aclara que a documentación presentada ata o momento e que xa

conta con informe � técnico non ofrece ningún problema, sendo autorizable.

- A Sra. Rey Barreiro Meiro apunta que, unha cousa e que sexa autorizable ou legalizable e

outra que se faga incumprindo a legalidade.

- O Sr. Castro Ratón intervén con intención de completar a información facilitada polo Sr.

Abuín, lembrándolle á Sra. Concelleira que o Pleno da Corporación aprobou un convenio co

Consorcio cuxa cláusula 4ª obrigaba ao Concello a facilitar ao Consorcio os informes,

autorizacións, licenzas e cantos permisos fosen necesarios para a realización da actividade

xestionada polo Consorcio.

- A Concelleira Sra. Rey Barreiro Meiro, contéstalle ao Sr. Castro que unha licenza de obras é

un procedemento regulamentado pola Lei e que o feito de que o Concello teña que facilitarlle

dita licenza ó Consorcio non pode significar saltarse a legalidade, se nón que este ten que

presentar un proxecto e que aínda que haxa discrepancias en canto ó soporte de presentación

e o proxecto sexa conforme coa legalidade, polo momento as obras son ilegais en canto que

non contan cos preceptivos informes e coa licenza de obras esixible conforme ós Arts. 194 e

198 da LOUGA.

- A segunda pregunta que formula a Sra. Rey Barreiro Meiro e a de ¿Que se pensa facer coa

iniciativa dos cidadáns que pedía melloras nos parques infantís municipais?.

- O Sr. Abuín Duro respóndelle que como calquera outra iniciativa dos cidadáns será estudada

e que a prioridade neste momento respecto dos parques infantís é para o goberno que todos

os sitios do Municipio gocen dun Parque Infantil, na seguridade que os parques infantís que

instala o Concello reúnen non só todos os requisitos legais, se non que reúnen as mellores

condicións dentro das existentes para a seguridade e saúde dos usuarios.

- A Sra. Concelleira dille que aplaude a súa prioridade pero non comparte a súa legalidade e

que como sabe hai unha Directiva Comunitaria xa trasposta pola CCAA que non cumpren os

parques.

- O Sr. Abuín Duro dille que a pregunta se está a converter ó final nun debate que o goberno

estaría disposto a soster no Pleno da Corporación. Dille tamén que non se pode estar creando

alarma nun tema como este, por que xa non é a primeira vez que o di, e que se sostén que

Page 64: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

64

unha cousa non cumpre a normativa especifique cal e en que non se cumpre, dando así a

oportunidade de convencer aos demais concelleiros que están convencidos de que a cumpre,

por que todas as recomendacións e imposicións que recolle a Directiva e o Decreto ó que

aludiu noutras ocasións se reflicten nos parques.

- A Sra. Rey Barreiro Meiro reitera que non está de acordo.

- O Sr. Fajardo Recouso intervén para formular dous rogos. O primeiro ten que ver con dúas

farolas existentes no Parque de Miguel Hernández e que segundo indica teñen o cableado ó

aire a fin de que se resolva dita situación. O segundo rogo que formula fai referencia á

situación dun semáforo instalado na Avda. de Cambados, do que di que hai un erro por

situación por que induce a confusión e pode provocar un sinistro en calquera momento,

motivo polo que solicita que os servizos técnicos a inspeccionar este semáforo e evaluen cal e

a mellor situación para esta sinal luminosa.

- O Sr. Fole Díaz reitera a pregunta que xa fixo no Pleno pasado de ¿como vai a elaboración

do Regulamento Orgánico de funcionamento do Concello?.

- A Sra. Alcaldesa respóndelle que se está a traballar nel.

- O Concelleiro Sr. Ramos Lorenzo formula varias preguntas relativas á situación da biblioteca

municipal da que di que leva anos pendente dunhas necesarias melloras ou ampliación. Indica

que a falta de espazo nas instalacións actuais leva a que incluso se estean a perder doacións

de fondos documentais e formula as seguintes cuestións:

- ¿Cal e a día de hoxe a postura do Goberno Municipal respecto das melloras prometidas para

a Biblioteca Municipal?

- No caso de optarse pola ampliación ¿En que consistiría? ¿Canto espazo se gañaría? ¿Cales

serían as datas de comezo e remate das obras? ¿En que medida afectarían ó resto de salas

da Casa de Cultura?.

- En caso de optar por un cambio de situación ¿Cal sería a nova situación que preve o

Goberno? e ¿Para cando o traslado?.

- O Sr. Castro Ratón responde ao Sr. Ramos Lorenzo que non é certo que se estean a perder

donacións por que, que eles saiban non hai ningunha oferta nese sentido. Dito esto,

manifestalle tamén que, baixo o seu punto de vista, é preciso acometer canto antes á

ampliación das áreas de lectura, estudo e ordenadores da Casa da Cultura, e neste sentido

para elo as alternativas que se barallan pasarían pola posible cesión de uso ó Concello do

edificio da antiga Comandancia Marítima, e de fracasar esta cesión sempre cabería buscar

unha formula de que no actual edificio que a alberga se fixese un traslado das áreas de

exposición na dirección de recuperar o Salón Nobre e o espazo da entrada, e unha terceira

alternativa pasaría pola recuperación para uso municipal do espazo que actualmente se ten

cedido á Vicepresidencia no Ramal.

- O segundo bloque de preguntas que formula o Sr. Ramos fai referencia ó tema das viaxes

institucionais, en relación cos que pregunta:

- ¿Cal e número de persoas que integraban a comitiva que se desprazou nos últimos catro

viaxes? e ¿Cal e o criterio que se segue desde a Concellería de Cultura á hora de elixir a

formación municipal ou de calquera outra expresión artística que acompaña á comitiva?

Page 65: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

65

- O Sr. Castro Ratón aclara que deixando á marxe a viaxe a Granville xa ten comentado que as

viaxes que se realizaron foron a Matosinhos, Santarem e Fameliçao. En resumo explica que se

trata de dar resposta a un intercambio cultural e de accións promocionais e protocolarias de

gran repercusión a efectos de promoción do Concello e no que este só asumiu os gastos de

transporte.

Explica que a presenza ou acompañamento do grupo musical foi voluntaria e gratuíta e que a

invitación se fixo a varios grupos e so o que citou o Sr. Ramos puido acudir. Tamén indica que

non hai ningún favoritismo na elección dos grupos xa que os intercambios responden ós

contactos previamente existentes entre os mesmos e que o único custo que representan para

o Concello e o dos custos do transporte.

- Por último o Sr. Ramos Lorenzo formula a seguinte pregunta en relación coa capital cultural

do Eixe Atlántico, ¿coñecía o custo que suporía para o Concello aspirar a ser capital cultural

do Eixe Atlántico cando o anunciou de xeito anticipado no mes de marzo?

- O Sr. Castro Ratón explica que a estas alturas xa sabe sobre que cidade vai a recaer a

elección pero que eso non quere dicir que por estratexia e por que convén a Vilagarcía non se

aposte pola candidatura de 2011, e que en todo momento soubo o custo económico que

representaba.

Reitera novamente o Sr. concelleiro que dende o Concello se outorga un trato igualitario a

todas as agrupacións musicais, asociacións culturais e grupos folclóricos.

- O Sr. Ramos Lorenzo pregunta cando estará o Concello en condicións ou con

dispoñibilidades reais de asumir a candidatura á capitalidade cultural do Eixe Atlántico.

- O Sr. Castro Ratón dille que estivo a traballar cun grupo de xente nun plan para dinamizar a

zona desde o punto de vista cultural e que se vai a ensaiar un proxecto piloto. Deixa claro que

de momento Vilagarcía non organizará a exposición en 2009 e que en 2011 xa se verá.

- O Sr. Tarrío Fernández reitera unha serie de cuestións relativas a se o Concello está ao

corrente no cumprimento dos compromisos adquiridos en relación co Plan Madruga.

- A Concelleira Sra. Camiño Pérez respóndelle que todo o traballo que depende da Concellería

de Educación está xa feito e que o que queda pendente corresponde ó Departamento de

Intervención.

- O Sr. Tarrio Fernández pregunta tamén se o Concello ten pensado adoptar algún tipo de

medida para que aquelas ANPAS que conten con menos recursos poidan asumir o Plan con

garantías.

- Respóndelle a Sra. Camiño Pérez que o Concello vai a aportar como sempre 150 �.

- O Sr. Tarrío Fernández pregunta tamén, nesta ocasión á Concelleira Sra. Hierro Lorenzo se

xa concluíron as obras de acondicionamento e mellora do entorno do Pavillón Municipal de

Vilaxoán como se indica no convenio da Deputación.

Page 66: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA-PRESIDENTA ordinario.pdf · 2 11. Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do día internacional contra a violencia

66

- A Sra. Concelleira di que xa se remataron todas e unicamente se está pendente de se será

preciso ou non acometer fiinalmente un muro de contención, ou será suficiente o sistema que

agora se está a ensaiar.

- Para concluír o Sr. Tarrío Fernández formula tamén un Rogo relativo a que se poña fin á

invasión pola maleza da beirarrúa na esquina de Doutor Tourón con Fariña Ferreño.

E non habendo máis asuntos que tratar, pola Sra. Alcaldesa, levántase a sesión, sendo as

vinte e catro horas e trinta minutos, da que se estende a presente acta, e eu como Secretaria

dou fe.