VI semana intercultural1

2
EQUIPO DE CONVIVENCIA CEIP PONTE DOS BROZOS – ARTEIXO Abril 2016 VI Semana Intercultural (4 – 8 abril 2016). O Equipo de Convivencia en colaboración co Concello de Arteixo e a ONG Ecos do Sur organiza a VI Semana Intercultural que este ano xira en torno aos refuxiados e refuxiadas. A VI Semana Intercultural leva como título O MURO DOS DESEXOS. O Muro dos Desexos. Esta actividade ten como obxectivo a sensibilización de toda a comunidades educativa do CEIP Ponte dos Brozos sobre o horror que día a día viven miles de familias de refuxiados que foxen do seu país e establecer unha comunicación con todos os axentes implicados nesta comunidade, a través das mensaxes expresadas polo alumnado e profesorado sobre os seus desexos de convivencia entre os veciños/-as de Arteixo. As actividades propostas para Educación Primaria son as seguintes: 1º e 2º nivel de Educación Primaria: NOVOS/-AS VECIÑOS/-AS Representación teatral: Os nenos e nenas destes niveis gozaran da representación dunha obra de monicreques. Na obra descríbese como é un proceso migratorio forzoso dun grupo de animais, que vendo ameazada a súa vida e a súa tranquilidade deciden emprender o seu desprazamento cara un novo fogar. Con ela preténdese facer un achegamento á diversidade cultural, ao que significa unha migración forzosa, que é un refuxiado/-a e as dificultades que teñen estas persoas para atopar un lugar onde vivir en paz. Musicoterapia: A través da música buscarase que o alumnado experimente diferentes sentimentos, co obxectivo de espertar a súa empatía partindo das súas propias sensacións.

Transcript of VI semana intercultural1

Page 1: VI semana intercultural1

EQUIPO DE CONVIVENCIA CEIP PONTE DOS BROZOS – ARTEIXO Abril 2016

VI Semana Intercultural (4 – 8 abril 2016).

O Equipo de Convivencia en colaboración co Concello de Arteixo e a ONG Ecos

do Sur organiza a VI Semana Intercultural que este ano xira en torno aos refuxiados e

refuxiadas.

A VI Semana Intercultural leva como título O MURO DOS DESEXOS.

O Muro dos Desexos. Esta actividade ten como obxectivo a sensibilización de

toda a comunidades educativa do CEIP Ponte dos Brozos sobre o horror que día a día

viven miles de familias de refuxiados que foxen do seu país e establecer unha

comunicación con todos os axentes implicados nesta comunidade, a través das mensaxes

expresadas polo alumnado e profesorado sobre os seus desexos de convivencia entre os

veciños/-as de Arteixo.

As actividades propostas para Educación Primaria son as seguintes:

1º e 2º nivel de Educación Primaria: NOVOS/-AS VECIÑOS/-AS

Representación teatral:

Os nenos e nenas destes niveis gozaran da representación dunha obra de

monicreques. Na obra descríbese como é un proceso migratorio forzoso dun

grupo de animais, que vendo ameazada a súa vida e a súa tranquilidade

deciden emprender o seu desprazamento cara un novo fogar.

Con ela preténdese facer un achegamento á diversidade cultural, ao que

significa unha migración forzosa, que é un refuxiado/-a e as dificultades que

teñen estas persoas para atopar un lugar onde vivir en paz.

Musicoterapia:

A través da música buscarase que o alumnado experimente diferentes

sentimentos, co obxectivo de espertar a súa empatía partindo das súas

propias sensacións.

Page 2: VI semana intercultural1

EQUIPO DE CONVIVENCIA CEIP PONTE DOS BROZOS – ARTEIXO Abril 2016

3º e 4º nivel de Educación Primaria: NUN ABRIR E CERRAR DE OLLOS

Relato dunha vida:

A través dunha serie de imaxes amosaranse as causas e consecuencias

dos procesos migratorios.

Exposición dun breve relato de vida protagonizado por unha das nais

e veciñas de Arteixo.

Musicoterapia:

5º e 6º nivel de Educación Primaria: LESBOS: “TESTIGO EN PRIMEIRA

PERSOA”

Alfonso Mascuñana: “Eu fun voluntario en Lesbos”:

Grazas a Rede de Escolas de Amnistía contaremos coa presenza de

Alfonso Mascuñana que nos contara como foi a súa experiencia en Lesbos

e de como traballan alí os/as voluntarios/-as cos refuxiado/-as.

A coordinadora do Equipo de Convivencia.

Marga González

� Durante toda a semana teredes á vosa disposición na Biblioteca do centro diverso

material (libros, cine...) seleccionado polas mestras bibliotecarias que, tamén, se

encargaran de por música á VI Semana Intercultural.