Uxio sen efectos

13
17 de maio de 2010 Día das Letras Galegas

Transcript of Uxio sen efectos

Page 1: Uxio sen efectos

17 de maio de 2010Día das Letras Galegas

Page 2: Uxio sen efectos

Ola, son o cuco Fuco e vou axudarche a que coñezas ao meu amigo Uxío Novoneyra.

Page 3: Uxio sen efectos

Uxío era poeta e escribiu moitos poemas sobre a súa terra, o Courel e os animais que vivimos nela. Este é un poema que me adicou a min.

CANTA O CUCO CALA E CANTA

DOS CASTIÑEIROS DO VAL.

PASA O TEMPO E NON DI NADA

E VOLTA O CUCO A CANTAR.

Page 4: Uxio sen efectos

Uxío naceu o 19 de xaneiro de 1930 en Parada de Moreda, unha aldea do Courel.

Page 5: Uxio sen efectos

O Courel é unha zona montañosa da provincia de Lugo.

Page 6: Uxio sen efectos

Os seus pais eran labregos.

PACEN AS VACAS

NA NABAREGA.

TREME A PEQUENA

QUE VAI COÉLAS.

FEBREIRO CHOVE

FEBREIRO XEA

FEBREIRO NEVA

NEVE LIXEIRA…

Page 7: Uxio sen efectos

En Lugo estuda o bacharelato e en Madrid comeza os estudios universitarios. Anos máis tarde volve a Galicia, a Santiago de Compostela.

Page 8: Uxio sen efectos

Uxío casou con Elva e tivo tres fillos cos que viviu en moitos lugares.

Page 9: Uxio sen efectos

Pero onde máis lle gustaba vivir era no Courel, aínda que neste sitio durante o inverno vai moito, moito frío.

CAI A NEVE CAI CAI

FALOPIÑA A FALOPIÑA

NIN O VENTO A ARREMUIÑA

NIN A AUGA A DESFAI.

Page 10: Uxio sen efectos

Traballou na radio e na televisión, pero o que máis lle gustaba era escribir, sobre todo poesía. Chegou a facer traducións de moitos idiomas, mesmo do chinés.

Page 11: Uxio sen efectos

Uxío foi presidente da Asociación de Escritores en Linga Galega. Coñeceu a moitos escritores e escritoras como María Mariño, Ramón Piñeiro, Manuel María…

Page 12: Uxio sen efectos

Este é outro dos seus poemas.

CHEGA A HORA DE IRSE Á CAMA.

O LUME XA NON DÁ FUME

NIN CHAMA.

TRAS TANTAS COUSAS CONTADAS

VAN INDO ACABADAS

AS GANAS DE FALAR.

O OLLO DO LUME

XUNTA NUNHA AS MIRADAS…

QUEDA A BRASA DAS RAGOADAS

AMONTOADA NO LAR.

Page 13: Uxio sen efectos

Faleceu en Santiago de Compostela un 30 de outubro de 1999.