USEOS M DE MUSEALIZACIîN DOS RECURSOS ETNOGRçFICOS DE … · 2019. 7. 31. · da arquitectura...

5
51 ~ PROXECTO DE MUSEALIZACIÓN DOS RECURSOS ETNOGRÁFICOS DE VIANA DO BOLO José Luís Martín Domínguez Pilar Tamerón Montesinos Fotos: Pilar Tamerón M. Debuxos: Luis Cid MUSEOS GALEGOS MUSEOS GALEGOS “Os paises máis coidadosos co seu progreso, o son talmén coas súas tradicións” Miguel de Unamuno. ANTECEDENTES o ano 1991 o Concello de Viana do Bolo asumiu a rehabilitación do emblemáti- co torreón medieval –símbo- lo por antonomasia da vila– coa finalidade de que nun futuro as súas salas albergaran os fondos do museo etnográfico das terras vianesas. A tarefa de musealiza- ción do torreón estaba impregna- da de numerosas dificultades. En primeiro lugar plantexábasenos o problema de que o edificio, ainda que é maxestuoso e sober- bio por fora, posúe unhas salas de reducido tamaño, bastante inferior ó que era desexable. Así mesmo, había que percorre-la bisbarra en busca de fondos etnográficos, mais tendo claro en todo momento que pezas recoller e como as catalogaríamos. Por outra banda, tiñamos o dilema de dotar dun adecuado diseño filosófico ó museo: ¿Como dispo- ñe-las pezas recuperadas de maneira que a visita ó edificio á vez de ser amena e instructiva plasmara o máis fielmente posi- ble a vida dos nosos ancestros? Por último, conscientes de que o torreón aloxaría os obxectos recopilados nunha das bisbarras máis ancestrais e enxebres de Galicia, pensamos que o museo etnográfico debía ter un nome propio diferencial e á vez emoti- vo que homenaxeara a memoria dos nosos devanceiros. N

Transcript of USEOS M DE MUSEALIZACIîN DOS RECURSOS ETNOGRçFICOS DE … · 2019. 7. 31. · da arquitectura...

  • 51~

    PROXECTO DE MUSEALIZACIÓN DOSRECURSOS ETNOGRÁFICOSDE VIANA DO BOLO

    José Luís Martín DomínguezPilar Tamerón Montesinos

    Fotos: Pilar Tamerón M.Debuxos: Luis Cid

    MUSEOS

    GA

    LEG

    OS

    MUSEOS

    GA

    LEG

    OS

    “Os paises máis coidadosos co seu progreso,

    o son talmén coas súas tradicións”

    Miguel de Unamuno.

    ANTECEDENTES

    o ano 1991 o Concello deViana do Bolo asumiu arehabilitación do emblemáti-co torreón medieval –símbo-

    lo por antonomasia da vila– coafinalidade de que nun futuro assúas salas albergaran os fondosdo museo etnográfico das terrasvianesas. A tarefa de musealiza-ción do torreón estaba impregna-da de numerosas dificultades. Enprimeiro lugar plantexábasenoso problema de que o edificio,ainda que é maxestuoso e sober-bio por fora, posúe unhas salasde reducido tamaño, bastanteinferior ó que era desexable. Asímesmo, había que percorre-labisbarra en busca de fondos

    etnográficos, mais tendo claro entodo momento que pezas recollere como as catalogaríamos. Poroutra banda, tiñamos o dilemade dotar dun adecuado diseñofilosófico ó museo: ¿Como dispo-ñe-las pezas recuperadas demaneira que a visita ó edificio ávez de ser amena e instructivaplasmara o máis fielmente posi-

    ble a vida dos nosos ancestros?Por último, conscientes de que otorreón aloxaría os obxectosrecopilados nunha das bisbarrasmáis ancestrais e enxebres deGalicia, pensamos que o museoetnográfico debía ter un nomepropio diferencial e á vez emoti-vo que homenaxeara a memoriados nosos devanceiros.

    N

  • 52~

    PROBLEMA DO REDUCIDOESPACIO DAS SALAS

    Para que o visitante ó nosomuseo poidera facerse unha ideada arquitectura popular, de moi-tas das actividades que desenvol-vían as xentes da comarca, ou decomo eran os instrumentos quedebido ó seu tamaño non podía-mos representar nas reducidassalas, recorrimos a paneis infor-mativos en metacrilato con abun-dantes debuxos a man alzada,material fotográfico, e os seuscorrespondentes textos explicati-vos.

    RECOPILACIÓN E CATALO-GACIÓN DOS FONDOS

    As pezas expostas no museo pro-ceden na súa totalidade da áreaxeográfica da bisbarra de Vianado Bolo, e foron cedidas xenero-samente polos poboadores dolugar.

    Na laboura de recopilación defondos, dende o primeiromomento encauzamos tódolos

    esforzos hacia a recuperacióndas pezas que tiñan maior perigode desaparición. Unha vez logra-da a peza etnográfica, elabora-mos unha ficha con toda a infor-mación posible sobre ela: lugarde procedencia, denominación,uso ó que se destinou, modo deemprego, material de que estáelaborada; e dicir, propuxemosrealizar unha completa radiogra-fía dos obxectos que nos permiti-ra por unha parte acercarnos a

    un coñecimento máis profundodo que foi a vida das xentes nasterras de Viana, e á vez lega-laspezas e coñecimentos sobre elasá comunidade que debe ser endefinitiva a depositaria do seupropio patrimonio cultural.

    DISTRIBUCIÓN DOS FONDOS

    O material etnográfico do museodistribúese ó longo dos tresandares do torreón seguindounha orde lóxica.

    Na primeira planta comenzamosmostrando o hábitat da bisbarra–de que maneira ocupaban oterritorio xeográfico as nosasxentes–, a arquitectura popular–que nestas terras alcanzaba ras-gos de singular beleza–, e comoeran o fogar e a vida domésticados nosos devanceiros.

    Na segunda planta mostramos astécnicas agrícolas e gandeiras,modos principais de subsistenciados nosos avós. A parte do abun-dante material iconográfico,

    O traballo da terra era o principal medio de subsistencia das nosas xentes. O arado, apenas evolucionou desde o tempo dos romanos.

    Os carpinteiros da aldea confeccionan fermosos mobles para o uso dos máis cativos.

  • 53~

    numerosos textos do libro deprincipio de século de NicolásTenorio “La aldea gallega” rela-tan como eran as faenas agríco-las de aquelas xentes.

    Para rematar, na terceira plantado torreón facemos un percorridoarredor do fermoso mundo daartesanía e das artes e dos oficiostradicionais nesta bisbarra.

    O NOME

    Decidimos bautizar o museoetnográfico das Terras de Vianaco nome de “A Viana que sevai”, facendo referencia directaa esos elementos da culturapopular, signos da nosa identi-dade, que desapareceron ouestán a piques de desaparecer,que se nos van, e que é precisosalvaguardar porque coa súapérdida iríansenos unha parteimportantísima dos nosos devan-ceiros, a esencia das nosas rai-ces, en definitiva, o sentimento depertenza a un gran pobo.

    Nicolás Tenorio traballou

    durante anos nestas terras viane-

    sas e coñeceu profundamente os

    seus usos e costumes. No seu libro

    “La aldea gallega” describe profu-

    samente a forma de vida das

    nosas xentes con tódalas súas

    peculiaridades. Constitúe un refe-

    rente forzoso no eido da etnografía

    vianesa, sendo un craro exemplo

    de recolleita merecente de ser imi-

    tado. Por consideralo de grande

    interese, facemos a seguinte rese-

    ña que coidamos aportará indiscu-

    tibles elementos

    informativos destas terras.

    “LA ALDEA GALLEGA”.Nicolás Tenorio.

    Nicolás Tenorio, andaluz denacimento, chega a Galicia en1900 como Xuíz de PrimeiraInstancia e Institución, en primei-ro destino e recén ingresado nacarreira xudicial. Descoñecemoso tempo que permaneceu desem-peñando o cargo en Viana doBolo, onde foi destinado. Parecedesprenderse que xa antes dapublicación, do libro (1914)encontrábase en Cádiz, onde seimprime nos talleres de Álvarez.

    O libro de Nicolás Tenorio “Laaldea gallega”, estudio de derei-

    to consuetudinario e economíapopular constitúe un excelentematerial documental e informati-vo, ainda que escasamente cita-do, incluso por especialistas,debe ocupar un lugar destacadona nosa bibliografía etnográfica.

    Don Nicolás Tenorio móstrasenoscomo un home de talante liberal–en nigún momento emite xuiciosde valor desaprobatorios para ascostumes que recolle, tan frecuen-tes noutros traballos da época– edotado de capacidade de obser-vación. Aberto e consciente deque exercía o seu cargo nun paísque posuía un peculiar dereitoconsuetudinario, estúdiao, interé-

    A maseira e o galleiro, pezas imprescindibles en toda casa labrega serven para a elaboración e conservación do pan.

  • 54~

    sase polas súas xentes, polos seuscostumes, polo seu xeito de vivir,pola súa historia, que intentacomprender para así poderdesempeñar mellor o seu cometi-do.

    Si a recopilación de Tenorio des-taca pola súa temprana cronolo-xía, o seu contido acrecenta oseu interese. Nel se separa datónica que caracteriza a outrosestudiosos sobre o folklore gale-go do momento ou inmediata-mente anteriores dirixidos máis árelación de lendas, tradicións,contos e do cancioneiro popular–debido en parte a un xustificadointerese polo idioma–. Tenorioaproxímase máis ó moderno con-cepto de antropoloxía.

    CULTURA E PREPARACIONDO LIÑO

    “O liño por San Marcos, ninnacido nin no saco.”Este refrán da aldea marca aépoca da sementeira do liño naderradeira quincena do mes deabril. Antes de semmenta-la liña-

    za preparan moi ben a terra,estercólana, labran e rastrillanpara que non queden pedras ninterróns na superficie, e despoisdestas faenas botan a liñaza. Oliño quere rego, pero non moito,porque se pudre a raiz, por esobotan a auga ó liñar cando estáseco, cada catro ou cinco dias,según o tempo.Despois que asplantas medrarono suficiente paradistinguilas dasherbas, fan amonda que con-siste en arrinca-lamaleza que secriou entre as plan-tas aproveitables.Non teñen épocafixa para arrinca-las matas da terra,depende do cedoou tarde que sesemente, sendo aregla que a semen-te estea granada epoida sevir paravolver a sementar,entón as mulleresarrincan o liñar e

    O ripo, o sedeiro, o sarillo. Todas as etapas do traballo do liño teñen o seu instrumento específico.

    segue a preparación das mataspara separar a freba textil daparte leñosa.

    A primeira das operacións é a desaca-la semente co ripo, cha-man así a unha taboa de madei-ra de castiñeiro á cal fan fendi-duras a xeito de dentes nunhadas extremidades, e pola outraestá unida a unha segunda táboaque lle serve de pé e que a sosténverticalmente. Este aparato utilí-zase unicamente para separa-lasemento do liño, de aí o ditopopular “Fais como o ripo, nonsirves máis que pra unha cousa”.Maceran o liño en pequenosregatos e ríos ou nos depósitosde auga dos prados, téndoo den-tro da auga ata que está cocido,é dícir, macerado, despois doque o poñen a secar en carapu-chos con tres cachipernascada feixe, e cando o sol osecou, a casa para mallalo.Na aldea mallan o liño cun mazo

    “Os días de traballo as mulleres fían, os noivos falan,os casados xogan á brisca...”

  • 55~

    ou rodelo de madeira de regula-res dimensións e cun mango paraa mán. A malla é seguida poladiluba, restregando o liño entreas máns para que desprenda otasco ou parte lenosa. O espa-dado é a seguinte operaciónconsistente en poñer o liño sobreun borde e darlle golpes cunmazo. Xa a última operación,asedar, é unha carda que daná fibra, antes de fiala, sobre unrodo de puntas de ferro, feitas asmadeixas co sarillo, branqué-anse e técense.

    O FIADEIRO DA ALDEA

    As familias da aldea reúnensedurante as noites de inverno porgrupos ou barrios, constituindoun ou varios fiadeiros. O fia-deiro congrégase na cociña dacasa ou casas que teñen mellorescondicións para elo, arredor dolume, debaixo da ancha chime-nea que cobre o fogar e poronde escapa o fume. Case sem-pre, o dono da casa é persoa deprestixio na aldea e dos máisanciáns, preside ocupando o

    mellor sitio cerca, do lume. O fia-deiro comeza despois da cea edura ata cerca da media noite. Aluz clásica, ademáis da que dá olume é a do gancio, varilla debrezo, seca e sen casca que secolle no monte, larga como demedio metro, que colocan nuntrípode de madeira. Un mozocoida de que non se apague e derenovalo. Nalgúns fiadeiros usano candil de petroleo ou as velasde sebo, nestos casos, cadahome dos que asisten dan, ócomeza-la temporada, unha can-tidade de diñeiro para costea-laluz.

    Os días de traballo, as mulleresfían todo o tempo que dura areunión, os noivos falan, os casa-dos xogan á brisca, xogo favori-to dos paisanos. Si a dona dacasa dá a luz, o sábado fiasepara ela, e tamén dá a cea nestedía, case sempre consiste en cas-tañas cocidas ou asadas e leite.O domingo, ainda cando asistenó fiadeiro non é día de fiar van apasa-la noite divertidos, xoganás prendas, din parrafeos, rela-tan contos ou bailan ó son do

    Os ferreiros, auténticos artesáns, moldeaban na forxa aperos eutensilios domésticos.

    pandeiro cadrado de pel amare-la ou ennegrecida polo fume e óson dos conchos barbas demoluscos que frotan unhas contraoutras. Cos aturuxos dos mozosremata a reunión, marchandocada quen á súa casa.

    O fiadeiro é o mentideiro dasaldeas, todo se fala e todo secomenta e discute, respetándoseen moito a opinión dos máisancianos. As mulleres falan delase das outras, os homes de políti-ca, das labouras do campo e dogando, ou len algún Boletín quechegou da vila. Nestas reuniónstodo é paz e harmonía, saindodelas, ás veces, resolucións moirazonables para a defensa dosintereses comúns da aldea.

    Museos galegosProxecto de musealización dos recursos etnográficos de Viana do Bolo