UNIDADE 4 RESTAURACIÓN E NACIONALISMOS...5.O REINADO DE AFONSO XIII E A CRISE DA RESTAURACIoN....

32
PAG UNIDADE 4 RESTAURACIÓN E NACIONALISMOS 1. INTRODUCIÓN. 2. CONTEXTO E CARACTERISTICAS. 2.1. Situación xeral en España e en Europa. 2.2. Características xerais do período. 3. CARACTERISTICAS POLITICAS BAIXO O REINADO DE AFONSO XII. 3.1. As orixes do sistema da restauración. 3.2. As bases sociais da restauración. 3.3. As ideas de Antonio Cánovas do Castillo. 3.4. A constitución de 1876 3.5. Pacificación e centralización do estado 3.6. O modelo de estado: unitario e centralizado. 3.7. Características dos grupos políticos durante a restauración. 3.8. O sistema político: a quenda ( o turno) 4. A REXENCIA DE MARÍA CRISTINA DE HABSBURGO. (1885-1902) GUERRA COLONIAL E CRISE DE 1898 4.1. As reformas de Sagasta. 4.2. Fraude electoral e caciquismo. 4.3. Problemas 4.4. O desastre do 98 4.5. A reacción ó desastre: o rexeneracionismo 4.6. A oposición ó sistema: o fracaso dos republicanos. 5. O REINADO DE AFONSO XIII E A CRISE DA RESTAURACIoN. 1902-1931. 5.1. A desarticulación do sistema canovista. 5.2. Os partidos políticos 5.3. As reformas de Maura 5.4. As reformas de Canalejas (1910-1912) 5.5. A quebra do sistema da restauración. 1917-1923. 5.6. A crise de 1917: o inicio da desarticulación do sistema. 5.7. A situación a partir de 1917. 5.8. Final do período 6. A DITADURA DE PRIMO DE RIVERA 1923-1930 6.1. Contexto internacional: anos 20-30. 6.2. Golpe de estado 6.3. O directorio militar: 1923-1925. 6.4. Instauración do directorio civil 1925-1930 6.5. O incremento da oposición 7. A FIN DA MONARQUÍA 1930-1931. 7.1. Dámaso Berenguer 7.2. O almirante Xoan Bautista Aznar 7.3. Oposición: o pacto de San Sebastián. 8. O ESTADO NACION ESPAÑOL E OS NACIONALISMOS ALTERNATIVOS. EVOLUCION DO GALEGUISMO. 8.1. O concepto de nación 8.2. A idea do nacionalismo 8.3. O nacionalismo español 8.4. O nacionalismo periférico. a) O caso catalán b) O caso vasco c) O caso galego 1. INTRODUCION. Coñecemos como Restauración ó período comprendido entre 1875 e 1923. A primeira etapa corresponde ó reinado de Alfonso XII (1875-1885); a segunda etapa corresponde coa rexencia de María Cristina

Transcript of UNIDADE 4 RESTAURACIÓN E NACIONALISMOS...5.O REINADO DE AFONSO XIII E A CRISE DA RESTAURACIoN....

Page 1: UNIDADE 4 RESTAURACIÓN E NACIONALISMOS...5.O REINADO DE AFONSO XIII E A CRISE DA RESTAURACIoN. 1902-1931. 5.1. A desarticulación do sistema canovista. 5.2. Os partidos políticos

  PAG

E \*

MERGEFORMA

T

 23 

UNIDADE 4

RESTAURACIÓN E NACIONALISMOS

1. INTRODUCIÓN. 2. CONTEXTO E CARACTERISTICAS.

2.1. Situación xeral en España e en Europa.2.2. Características xerais do período.

3. CARACTERISTICAS POLITICAS BAIXO O REINADO DE AFONSO XII.3.1. As orixes do sistema da restauración.3.2. As bases sociais da restauración.3.3. As ideas de Antonio Cánovas do Castillo.3.4. A constitución de 18763.5. Pacificación e centralización do estado3.6. O modelo de estado: unitario e centralizado.3.7. Características dos grupos políticos durante a restauración.3.8. O sistema político: a quenda ( o turno)

4. A REXENCIA DE MARÍA CRISTINA DE HABSBURGO. (1885-1902) GUERRA COLONIAL E CRISE DE1898

4.1. As reformas de Sagasta.4.2. Fraude electoral e caciquismo.4.3. Problemas4.4. O desastre do 984.5. A reacción ó desastre: o rexeneracionismo 4.6. A oposición ó sistema: o fracaso dos republicanos.

5. O REINADO DE AFONSO XIII E A CRISE DA RESTAURACIoN. 1902-1931.5.1. A desarticulación do sistema canovista.5.2. Os partidos políticos5.3. As reformas de Maura5.4. As reformas de Canalejas (1910-1912)5.5. A quebra do sistema da restauración. 1917-1923.5.6. A crise de 1917: o inicio da desarticulación do sistema.5.7. A situación a partir de 1917.5.8. Final do período

6. A DITADURA DE PRIMO DE RIVERA 1923-19306.1. Contexto internacional: anos 20-30.6.2. Golpe de estado6.3. O directorio militar: 1923-1925.6.4. Instauración do directorio civil 1925-19306.5. O incremento da oposición

7. A FIN DA MONARQUÍA 1930-1931.7.1. Dámaso Berenguer7.2. O almirante Xoan Bautista Aznar7.3. Oposición: o pacto de San Sebastián.

8. O ESTADO NACION ESPAÑOL E OS NACIONALISMOS ALTERNATIVOS. EVOLUCIONDO GALEGUISMO.

8.1. O concepto de nación8.2. A idea do nacionalismo8.3. O nacionalismo español8.4. O nacionalismo periférico.

a) O caso catalánb) O caso vascoc) O caso galego

1. INTRODUCION.

Coñecemos como Restauración ó período comprendido entre 1875 e 1923. A primeira etapa corresponde óreinado de Alfonso XII (1875-1885); a segunda etapa corresponde coa rexencia de María Cristina

Page 2: UNIDADE 4 RESTAURACIÓN E NACIONALISMOS...5.O REINADO DE AFONSO XIII E A CRISE DA RESTAURACIoN. 1902-1931. 5.1. A desarticulación do sistema canovista. 5.2. Os partidos políticos

  PAG

E \*

MERGEFORMA

T

 23 

(1885-1902) e o reinado de Alfonso XIII (1902-1923, aínda que continúa sendo o rei ata 1931, a partir de1923 consideramos rematado o réxime da Restauración).

Ao longo do século XIX triunfou en España o modelo liberal doutrinario que, a pesares do breve paréntesedo Sexenio Democrático, volverá a impoñerse na etapa da Restauración Borbónica, un período de relativalonga estabilidade política que comezará a dar síntomas de debilidade a partir de 1913. A imposibilidade dareforma do sistema derivará nunha profunda crise do réxime da Restauración e do sistema parlamentario querematará en 1923 coa ditadura de Primo de Rivera.

2. CONTEXTO E CARACTERISTICAS.

2.1. SITUACIÓN XERAL EN ESPAÑA E EN EUROPA.

A Restauración é o resultado do fracaso da monarquía de Isabel II e do Sexenio Democrático. Cando en1875 comeza a etapa que se denomina Restauración, se reinstaura tamén o liberalismo doutrinario que foravencido en España no ano 1868 e volve ó poder a burguesía conservadora e latifundista que apoiaraanteriormente ós moderados.

Unha ollada rápida ó último cuarto do século XIX danos a impresión de que a característica máis importanteda Restauración é a estabilidade: non se produce ningún pronunciamento militar importante, conséguese apacificación do norte carlista (III Guerra Carlista 1872-1876), a Constitución de 1876 ten un longo período devixencia. Sen embargo, un análise máis profundo nos advirte que a tendencia á estabilidade é xeral naEuropa de fines do século XIX e foi conseguida mediante o fortalecemento dos instrumentos de poder doEstado: armamento e burocracia perfeccionados, novos e rápidos sistemas de comunicación (telégrafo,ferrocarril), etc. Ó mesmo tempo obsérvase que tanto en España coma no resto de Europa, prodúcese unforte avance da democracia, plasmado na progresiva adopción do sufraxio universal, algo que significou aparticipación no xogo político dun conxunto de persoas e que na maioría das veces non foran preparadas.Este era o caso concreto de España, onde ó iniciarse a Restauración máis do 70 por 100 dos españois erananalfabetos. Prodúcese, por tanto, un desaxuste entre a tendencia á estabilidade e a posta en marcha do libre xogodemocrático. Antes de terminar o século ese desaxuste produciu xa o inicio da crise da Restauración, criseque se fará patente nas dúas primeiras décadas do século XX.

2.2. CARACTERÍSTICAS XERAIS DO PERIODO.

O réxime político dominante na Restauración borbónica foi unha monarquía constitucional doutrinariafavorable aos intereses sociais, políticos e económicos das clases burguesas e aristocráticas, que mantivofóra do xogo político á maioría do país (moi semellante ó reinado de Isabel II nesa cuestión da exclusión). Unréxime oligárquico, clerical en moitos aspectos, sen democracia, pseudoparlamentario, cunha clase políticaformada por camarillas de notables unidos para poder ocupar os cargos públicos nun Estado invertebrado edébil no que o caciquismo constituía a verdadeira estrutura político- administrativa do goberno dos pobos. Unréxime que manifestaba nun profundo egoísmo social dos grupos dominantes, que pretendían asegurar omonopolio do poder e a súa hexemonía económica e social.

3. CARACTERISTICAS POLITICAS BAIXO O REINADO DE AFONSO XII.

3.1. AS ORIXES DO SISTEMA DA RESTAURACIÓN.

O sistema político da Restauración está unido á figura da Antonio Cánovas del Castillo. Antigo ministroda Unión Liberal, o seu pensamento era moi conservador sendo contrario ó sufraxio universal. Porén, era unpolítico realista que soubo adaptarse ás circunstancias, buscando unha estabilidade política querematase coas continuas intervencións do exército (pronunciamentos). Defendía a idea da soberaníacompartida entre o Rei e as Cortes.

Page 3: UNIDADE 4 RESTAURACIÓN E NACIONALISMOS...5.O REINADO DE AFONSO XIII E A CRISE DA RESTAURACIoN. 1902-1931. 5.1. A desarticulación do sistema canovista. 5.2. Os partidos políticos

  PAG

E \*

MERGEFORMA

T

 23 

Conseguiu que Isabel II renunciase aos seus dereitos ao trono en 1870 en favor do seu fillo Alfonso.Cánovas dirixiu a educación do príncipe, facendo que estudase en Inglaterra, que daquela era o símboloda política constitucional e liberal. En 1874 fixo público o chamado Manifesto de Sandhurst —nome daacademia militar inglesa onde o futuro Afonso XII realizaba estudos militares— redactado polo mesmoCánovas para preparar a restauración monárquica

Doc.1.-O Manifesto de Sandhurst presenta en 1874 o programa político da Restauración: “Orfa a naciónagora de todo dereito público e indefinidamente privada das súas liberdades, natural é que volva os ollos óseu habitual dereito constitucional e a aquelas libres institucións que nin en 1812 ímpediron que defendese asúa independencia nin rematar en 1840 outra empeñada guerra civil (...). Afortunadamente, a Monarquíahereditaria e constitucional posúe nos seus principios a necesaria flexibilidade (...) para que tódolosproblemas que traia o seu restablecemento consigo sexan resoltos de conformidade cos votos e aconveniencia da nación. Non hai que agardar que decida eu nada en firme e arbitrariamente; sen Cortes nonresolveron os negocios arduos os Príncipes españois alá nos antigos tempos da Monarquía, e esta xustísimaregra de conduta non hei esquecela eu na miña condición presente, e cando tódolos españois están xaafeitos ós procedementos parlamentarios”.

O pronunciamento de Martínez Campos en Sagunto en 1875 precipitou o restablecemento da dinastía dosBorbones no trono de España, alterando os planes de Cánovas que non desexaba que a intervenciónmilitar fose a orixe da nova etapa política. Comezou unha etapa de estabilidade política denominadaA Restauración. Con ela retornou ao poder a burguesía conservadora e latifundista.

3.2. AS BASES SOCIAIS DA RESTAURACIÓN.Cánovas recibiu o apoio de 4 sectores da poboación ben definidos: terratenentes, grandes empresarios,exército e Igrexa; ademais dalgúns grupos de clase media, como os funcionarios.- As clases altas, e dicir, a oligarquía económica, recibiron con agrado o novo réxime porque tiñanmedo de perder os seus grandes patrimonios, algo que temeron que pasara durante o Sexenio. - O exército transformouse durante o Sexenio, cando viu a desorde que imperaba nas rúas, e candodetectaron que os federalistas e cantonalistas cuestionaban a unidade nacional. Dende entón, abandonan asúa tradicional postura progresista. Buscará a defensa do Estado, centrándose na unidade nacional e aorde pública. Cánovas intenta poñer fin ós pronunciamentos; pedindo ós políticos o respecto a autonomíado exército, e reservando cargos no Senado para os altos mandos.- A Igrexa evolucionou dende o descontento inicial, producido pola aprobación da liberdade de cultos,ata o total apoio ó sistema: sobre todo cando Cánovas realiza concesións como o establecemento daconfesionalidade do estado ou o recoñecemento de privilexios e dereitos especiais. Tamén lle reservou unposto no Senado. Pero este compromiso acelerou un sentimento anticlerical de amplos sectores dapoboación, as esquerdas e as clases menos favorecidas.- Os grupos das clases medias foron aqueles que se viron favorecidos polo sistema. O centralismonecesitaba un gran número de funcionarios, pero o maior problema que tiñan era que so traballaban mentresa súa opción política gobernaba (eran os chamados cesantes, que facían quenda nos cargos, como ospolíticos…).Outros rexeitan a Restauración, ou a aceptaron con submisión (como foi o caso da maioría do mundo rural,predominante nesa época). Entre os grupos que non viron con agrado o sistema estaban:- os intelectuais: como Giner de los Ríos, Azcárate, Castelar, Urbano González Serrano , que militaran en

forzas republicanas do Sexenio; - a pequena burguesía, que foi a gran protagonista da Revolución do 1868 e do Sexenio. - o proletariado urbano, pouco numeroso aínda e con duras condicións de vida, a través de ideas

socialistas e anarquistas que por entonces comezaron a propagarse.

3.3. AS IDEAS DE ANTONIO CÁNOVAS DO CASTILLO.

O sistema defendido por Cánovas era o seguinte:- Necesidade dunha Constitución que establecese a monarquía constitucional doutrinaria como formade Estado e de goberno- Un goberno que gozase dunha dobre confianza: a do monarca e das cortes. Para poder desempeñar

Page 4: UNIDADE 4 RESTAURACIÓN E NACIONALISMOS...5.O REINADO DE AFONSO XIII E A CRISE DA RESTAURACIoN. 1902-1931. 5.1. A desarticulación do sistema canovista. 5.2. Os partidos políticos

  PAG

E \*

MERGEFORMA

T

 23 

a súa tarefa con comodidade, o Goberno debía contar coa maioría parlamentaria saída das eleccións,resultado que, se era necesario, se fabricaba mediante manipulación deses resultados a través do fraude eda actuación dos caciques.- A quenda pacífica e de mutuo acordo entre as forzas monárquicas agrupadas arredor de douspartidos liberais: o Partido Conservador, liderado por Cánovas, e o Partido Liberal, dirixido por Sagasta.- O transaccionismo en materia de dereitos e deberes.

Os grupos dirixentes van a apoiar este sistema durante moito tempo xa que lles ofrecía unha serie devantaxes:- O sistema garante o aceso ao poder de todos os grupos burgueses sen que ningún tivera que acudirao pronunciamento militar ou popular.- O sistema garante a exclusión do poder dos grupos populares, das clases baixas da vida política queatentaban contra a orde social burguesa.- O sistema de quenda tivo a gran virtude de garantir o aceso pacífico ó poder, instaurando unhaetapa de estabilidade política. - O sistema significou un xiro conservador ante o temor ó Sexenio-democracia.

3.4. A CONSTITUCIÓN DE 1876

As bases deste sistema están na Constitución de 1876.

En 1876 reuníronse unhas Cortes constituíntes que aprobaron unha nova Constitución directamenteinspirada por Cánovas. O sistema político da Restauración é coñecido tamén como sistema canovista;asentado sobre unha monarquía encarnada na dinastía tradicional e un goberno constitucional semellanteaos dos outros países de Europa occidental.

Doc.2.-Constitución de 1876: Don Alfonso XII, pola gracia de Deus, Rei constitucional de España; a todos os que as presentes visen eentendesen, sabede, Que en unión e de acordo coas Cortes do Reino actualmente reunidas viñemos endecretar e sancionar a seguinte CONSTITUCIÓN DA MONARQUÍA ESPAÑOLA.Art. 10.— Non se imporá xamais a pena de confiscación de bens e ninguén poderá ser privado dasúa propiedade senón pola autoridade competente e por causa xustificada de utilidade pública, previasempre a correspondente indemnización. (…)Art. 11.— A relixión católica, apostólica, romana, é a do Estado. A Nación obrígase a manter o culto e ósseus ministros. Ninguén será molestado no territorio español polas súas opinións relixiosas nin poloexercicio do seu respectivo culto, salvo o respecto debido á moral cristiana. Non se permitirán, porén,outras cerimonias nin manifestacións públicas que as da relixión do Estado.Art. 13.— Todo español ten dereito: de emitir libremente as súas ideas e opinións, xa sexa depalabra, por escrito, utilizando a imprenta ou outro procedemento semellante, sen suxeicción ácensura previa. De reunirse pacificamente. De asociarse para os fins da vida humana. De dirixirpeticións individuais ou colectivas a El Rei, ás Cortes e ás autoridades.(…)Art. 18.— A potestade de facer as leis reside nas Cortes con El Rei.Art. 19.— As Cortes compóñense de dous Corpos co-lexisladores, iguais en facultades: o Senado e oCongreso dos Deputados.Art. 32.— As Cortes reúnense tódolos anos. El Rei ten o dereito de convocalas, de prorrogalas, de pecharas sesións, de disolver simultaneamente ou por separado a parte electiva do Senado e da Cámara dosDeputados, coa obriga de convocar e de reunir de novo outras, nos tres meses seguintes desde o día da súadisolución (…)Art. 41.— A iniciativa das leis pertence a El Rei e a cada unha das Asembleas lexislativas. Art. 50.— A potestade de facer executar as leis reside en El Rei (…)Constitución da Monarquía española de 30 de xuño de 1876

Esta Constitución, aprobada para lexitimar a Restauración dos Borbones, tivo a vixencia máis dilatada daHistoria de España. Inspirouse en gran medida na de 1845: A Coroa tiña amplísimas atribucións non sórelativas ó poder executivo —facultade exclusiva de nomear ó Presidente do Consello de Ministros sen terque contar coas Cortes—, senón tamén no lexislativo (a soberanía era compartida entre as Cortes e o Rei,

Page 5: UNIDADE 4 RESTAURACIÓN E NACIONALISMOS...5.O REINADO DE AFONSO XIII E A CRISE DA RESTAURACIoN. 1902-1931. 5.1. A desarticulación do sistema canovista. 5.2. Os partidos políticos

  PAG

E \*

MERGEFORMA

T

 23 

precisando da aprobación de ambas instancias para aprobar as leis fundamentais; o rei posuía a capacidadede veto sobre as leis aprobadas polas Cortes e tiña tamén iniciativa lexislativa); o monarca era ademaiso xefe do exército, non só de maneira nominal, senón que se lle recoñecía a capacidade de intervirnos ascensos e nomeamentos.

As Cortes estaban formadas por dúas cámaras. O Congreso elixido polo corpo electoral, mentres co Senadorepresentaba ás clases poderosas: Grandes de España e xerarquías eclesiásticas e militares; vitaliciosnomeados polo Rei; e elixidos por sufraxio censatario dos maiores contribuíntes.

Tamén incorporou certos aspectos da Constitución democrática de 1869 (declaración de dereitos eliberdades; participación política). En definitiva, trataron de non facer unha Constitución «dun só partido»—como a moderada de 1845— buscando unha maior estabilidade política por medio da incorporacióndo liberalismo progresista —xunto co doutrinario do partido conservador de Cánovas— nunha mesmalegalidade.O texto é pouco explícito no referente ós dereitos, remitíndose á súa regulación no futuro. O sufraxio serácensatario ata 1890. A lei de 1878 aprobada por Cánovas só permitía votar ao 4,5% da poboación. Nacuestión relixiosa declárase oficial á Igrexa Católica, permitíndose o culto privado doutras confesións.

RESUMO DA CONSTITUCIÓN:

1. IDEOLOXIA: Conservadora. 2. FORMA POLÍTICA DO ESTADO: Monarquía Constitucional Doutrinaria ou Conservadora.3. SOBERANIA: Compartida cortes co Rei4. DIVISIÓN DE PODERES: recollida pero escasa, o rei ten amplas atribucións.

a. Poder executivo en mans da coroa. O rei nomeaba libremente a os ministros. O rei tiña omando supremo das forzas armadas e dirixía a política internacional. Os ministros eranresponsables ante as cortes (non o rei).

b. Poder lexislativo compartido entre:i. A coroa: tiña iniciativa lexislativa, sancionaba e promulgaba leis, prerrogativa de

suspensión e disolución das cortes e dereito de veto.ii. As Cortes bicamerais

-Congreso electo con sufraxio -Senado designado polo rei e polas institucións do estado así como os maiores

contribuíntes.c. Poder xudicial: Aplicar dereito, salvagardar constitución

5. SUFRAXIO: Sufraxio censatario con Cánovas e universal con Sagasta (1890)6. DEREITOS E LIBERDADES: recollidos de forma pouco explícita, pero aparecen algúns importantes

como a inviolabilidade da persoa, da correspondencia, do domicilio, liberdade de expresión, reunión easociación. Na práctica, a súa regulación quedaba en mans dos gobernantes, que podían restrinxilosou suspendelos ó seu antollo.

7. CONFESIONALIDADE: Relixión católica oficial, tolerancia a outros cultos, o Estado manterá o cultocatólico e ós seus ministros (retroceso en relación á Constitución de 1869).

8. MODELO DE ESTADO: unitario e centralizado.9. OPOSICIÓN: republicanos.10. VIXENCIA: 1876-1923

3.5. PACIFICACIÓN E CENTRALIZACIÓN DO ESTADO

Unha cuestión moi importante para á estabilidade do sistema e que a principios do reinado de Alfonso XIIremataron dúas guerras (o que mellorará a situación económica e da facenda). O rei será coñecido como “OPacificador”. - A guerra carlista finalizou en febreiro de 1876 coa toma dos núcleos carlistas de Montejurra e Estellaen Navarra. - No conflito de Cuba, iniciado en 1868, chegouse a un acordo en 1878 (Paz de Zanjón), aínda que asrebelións foron constantes e duramente reprimidas. Para intentar reducir o apoio á independencia, o Gobernoespañol aboliu a escravitude entre 1880 e 1886.

Page 6: UNIDADE 4 RESTAURACIÓN E NACIONALISMOS...5.O REINADO DE AFONSO XIII E A CRISE DA RESTAURACIoN. 1902-1931. 5.1. A desarticulación do sistema canovista. 5.2. Os partidos políticos

  PAG

E \*

MERGEFORMA

T

 23 

3.6. O MODELO DE ESTADO: UNITARIO E CENTRALIZADO.

O Estado canovista foi unitario e centralizado. En 1876, tras a derrota dos carlistas, abolíronse osforos vascos e navarros, pasando estas provincias a rexerse polo sistema común de impostos erecrutamento de homes para o exército. Porén, en 1878, estas provincias conseguiron un modelo decota (o cupo) para a recadación dos impostos, que realizarían as deputacións.

Tamén conseguiuse o control dos concellos mediante a Lei Municipal de 1877 que eliminou a autonomíados concellos e a elección popular dos alcaldes. Estes pasaron a ser nomeados polo Goberno no caso dascidades, mentres os gobernadores civís, baixo as ordes do ministro de Gobernación, encargábanse denomear e controlar o resto de alcaldes.

3.7. CARACTERÍSTICAS DOS GRUPOS POLÍTICOS DURANTE A RESTAURACIÓN.

O sistema pretendía ser unha copia do inglés: baseábase na alternancia no poder de dous partidos, coadiferenza que en Gran Bretaña non había fraude. Na Restauración as eleccións eran un mero trámite paradar lexitimidade ó poder.

OS PARTIDOS NO PODER

Os partidos hexemónicos eran o Conservador e o Liberal. Diferenciábanse dos actuais partidos en queestaban integrados e controlados por grandes propietarios rurais (burguesía e aristocracia), así como porprofesionais de clase media (médicos, avogados,…), que utilizábanos como medio de ascenso social.Buscaban o monopolio do poder.⦁ O Partido Conservador: ten a súa orixe no partido afonsino de Cánovas, formouse con antigosmoderados e unionistas. Estaba moi estruturado e cohesionado. O seu líder foi Cánovas del Castillo. Estepartido apoiouse nas clases altas (aristocracia, terratenentes, alta burguesía).⦁ O Partido Liberal, nace da unión da oposición moderada: progresistas, unionistas e algúnsrepublicanos moderados O seu líder indiscutible foi Praxedes Mateo Sagasta. As leis da constitución do 69que reclama este partido na elaboración do proceso constitucional son a lei de asociación (reflexo dosdereitos individuais), o xuízo por xurado e o sufraxio universal coa lei electoral de 1890 conseguida porSagasta. Le apoiarán clases medias e pequena burguesía.Tanto o partido liberal como o conservador son dinásticos (defenden a monarquía) así como gobernamentais(son os únicos que gobernan).

AS FORZAS DA OPOSICIÓN

❖ OS REPUBLICANOS: ➢ O Radical do exiliado Ruiz Zorrilla, que pretendía derrocar o réxime conspirando unha e outra vez,sublevando guarnicións, etc. As súas intentonas fracasaron sempre, pero estaba aí creando inestabilidade…➢ A Unión Republicana, dirixida por Salmerón . Agrupaba nas súas filas a intelectuais, sobre todo daInstitución Libre de Ensinanza (ILE).➢ O Federalista, de Pi i Margall, moi desunido .➢ O Partido Unionista de Castelar: o máis moderado, que acabou dentro do Liberal de Sagasta.Defendía a autoridade e a orde. Propoñían medidas reformistas: como a constitución de xurados, concesiónde créditos brandos ós agricultores, fomento das cooperativas, defendían a redución da xornada laboral, etc.Alcanzaron algúns éxitos nas principais cidades do país, pero nunca foron forzas maioritarias.

❖ OS PARTIDOS OBREIROS: trala fundación en París da Internacional Obreira, xorden dúas correntes:➢ Os anarquistas: Non creen na existencia do Estado. A posibilidade de ser legais(Lei de Asociaciónsde 1887) fixo que os anarquistas fundaran a Federación de Traballadores da Rexión Española, quealcanzou gran desenvolvemento aínda que disolveuse no 1888. Ten gran presenza no campo andaluz. Asideas difundidas foron as de Bakunin. Defenden métodos diferentes para cambiar a sociedade. Algúnsdefenden o terrorismo (a pesar de que o anarquismo era pacifista, prodúcense accións individuais comovinganza,dando orixe a múltiples atentados incluíndo o asasinato de Cánovas),e outros defendían outras

Page 7: UNIDADE 4 RESTAURACIÓN E NACIONALISMOS...5.O REINADO DE AFONSO XIII E A CRISE DA RESTAURACIoN. 1902-1931. 5.1. A desarticulación do sistema canovista. 5.2. Os partidos políticos

  PAG

E \*

MERGEFORMA

T

 23 

accións como as folgas. ➢ Os Socialistas: O Partido Democrático Socialista Obreiro Español (PSOE) acepta a Restauración comomal menor, ata a chegada dun momento propicio para a gran revolución. Seguindo directrices da IIInternacional, comezou a celebrar o 1º de maio: un ritual de manifestacións e concentracións que influirían natoma de conciencia dos obreiros.

❖ Entre os grupos de ideoloxía monárquica que xorden ante a falta de reformas do sistema epropugnando un cambio de réxime como único medio de aplicar as reformas, hai que destacar óformado por Ortega y Gasset en 1913, a Liga de Educación Política da que formaron parte Azaña,Marañón e Madariaga. Seguiu as teses rexeneracionistas de Joaquín Costa, atraendo a gran número deintelectuais e tendo a revista España como voceiro das súas ideas.

❖ Os carlistas. Os carlistas tiveron cada vez menos apoio. Decidiron, finalmente, renunciar ás armas.Seguiron tendo as súas bases no País Vasco e Navarra, aínda que nunca acadaron máis do 3% naseleccións ás que se presentaron.

❖ Os rexionalistas e nacionalistas (analizarémolos máis adiante)3.8. O SISTEMA POLÍTICO: A QUENDA ( O TURNO)

Tanto Cánovas como Sagasta aceptaron defender dousprincipios básicos que van a rexer toda a vida política daRestauración:1. O poder non podía quedar nas mans dunha soa forzapolítica.2. O cambio de goberno non podía quedar ao arbitriodunhas eleccións.

Para isto regularon a quenda pacífica, é dicir, a substitucióndun partido por outro a través de acordos e manipulación doproceso electoral. A quenda queda inaugurada tras osprimeiros gobernos de ambos partidos:-1875-1881: Gobernos de Cánovas. Interpretación restritiva dos dereitos-supresión do sufraxio universal,censura...-1881-1884: inicio da quenda, Sagasta. Apertura, maiores liberdades, legalización de partidos republicanos(1903 unión de partidos Republicanos, UR), crease unha Comisión de reformas sociais.

Doc.3.-A quenda: Cánovas e Sagasta altérnanse como cociñeiro e cliente, pero España sempre frega ospratos:

4. A REXENCIA DE MARÍA CRISTINA DE HABSBURGO. (1885-1902)GUERRA COLONIAL E CRISE DE 1898

A morte do monarca a finais de 1885 a causa dunha tuberculose provocou unha grande incerteza, xa que asúa viúva, nai de dúas fillas, estaba embarazada. Ante esta situación os líderes políticos dos partidosdinásticos asinaron o Pacto do Pardo no que acordaron: 1. Garantir a permanencia do réxime e da quenda pacífica no goberno

Page 8: UNIDADE 4 RESTAURACIÓN E NACIONALISMOS...5.O REINADO DE AFONSO XIII E A CRISE DA RESTAURACIoN. 1902-1931. 5.1. A desarticulación do sistema canovista. 5.2. Os partidos políticos

  PAG

E \*

MERGEFORMA

T

 23 

2. Agardar a proclamación do herdeiro por si o futuro neno fose varón. En caso negativo a herdeirasería a filla primoxénita, María das Mercedes

4.1. AS REFORMAS DE SAGASTA.

A estabilidade política e social permitiu aos gobernos de Sagasta - 1885- 1890 introducir reformasdestacando:1. A Lei de Asociacións de 1887: que permitiu a legalización e desenvolvemento das organizacións

obreiras.2. A Lei de Xuízos con xurado de 18883. O Código civil de18894. A Lei electoral de 1890 que establecía o sufraxio universal masculino para maiores de 25.Estas reformas non afectaron ao sistema xa que estaba moi viciado polo caciquismo e o fraude electoral.

4.2. FRAUDE ELECTORAL E CACIQUISMO.

O FRAUDE ELECTORAL.

A consolidación definitiva deste sistema vai a producirse na década dos 90. Dende 1891 liberais econservadores alternáronse pacificamente no poder.O proceso vai ser o seguinte:1. Cando o partido no goberno sufría desgaste e perdía a confianza da Coroa, o rei nomeaba xefe degoberno ao partido da oposición para formar novo goberno.2. Para que o novo goberno puidese gobernar era necesario disolver as cortes e convocar eleccións. 3. Nas eleccións, o partido do goberno sempre gañaba co que obtiña a maioría nas Cortes e gobernabacon amplo apoio.Para que a quenda funcione teñen que darse as seguintes condicións (O sistema funcionaba de arriba aabaixo▲) :

- Apoio da coroa, o Rei é o arbitro do proceso.- Falseamento electoral a través de dous métodos:

⦁ Encasillado ou encadrado: Negociación e reparto dos distritos electorais previo ás eleccións, para que osresultados coincidiran con quen tiña que gañar. Era unha labor realizada polo Ministro da Gobernacióncos Gobernadores Civís de cada provincia.

⦁ Pucheirazo: substitución masiva dos votos emitidos no pucheiro ou furna electoral no beneficio duncandidato que tiña que saír.

⦁ Ademais outros métodos de fraude electoral serán: A compra de votos, a intimidación e ameazas,colocación de furnas en lugares inaccesibles (exemplo un tellado) uso de nomes falsos nos votantes,resurrección de mortos etc.

O control caciquil foi clave para o control de votos e do resultado electoral a medida do partido que estaba nopoder:70%-30%. O control era tan extremo que nalgúns distritos saía sempre elixida a mesma persoa, é oque vai denominarse distritos enfeudados.Este sistema supuxo o falseamento permanente dos procesos electorais: xerais, provinciais e municipais. Asmodificacións nas leis electorais -1890, 1907- non alteraron o sistema e os caciques serán os donosabsolutos do país.

O CACIQUISMO

O trazo político máis característico do novo réxime foi o caciquismo: un fenómeno que, aínda que xa existíacon anterioridade a 1876, agora é un instrumento de poder.É unha forma de pervivencia feudal na que os terratenentes, convertidos en caciques locais, organizaban aseleccións e controlaban os seus resultados. O cacique era un personaxe xeralmente rico e influínte. Oscampesiños ó seu cargo convértense en clientes e votantes submisos. Ademais podía, coas súas influencias,proporcionar empregos ós seus fieis. Tiñan moitísimo poder, e aínda máis influencias, para favorecer ós seusclientes así como para desfavorecer ós que non o apoian , xa que os partidos valoran a importancia do seucontrol dos resultados electorais (sen cargo algún, pero con poder e influencias coas persoas poderosas). Ocacique determinaba o resultado das eleccións en beneficio do partido que tiña que gañar mediante tres

Page 9: UNIDADE 4 RESTAURACIÓN E NACIONALISMOS...5.O REINADO DE AFONSO XIII E A CRISE DA RESTAURACIoN. 1902-1931. 5.1. A desarticulación do sistema canovista. 5.2. Os partidos políticos

  PAG

E \*

MERGEFORMA

T

 23 

sistemas:- coacción ós campesiños (que dependían económica ou laboralmente del)- manipulación do proceso electoral (pucheirazo, ou compra de votos) - concesión de favores.

O FUNCIONAMENTO DO SISTEMA.

O sistema funcionaba do seguinte xeito. O Ministro de la Gobernación formaba o encasillado: distribuciónprevia dos resultados. Despois, os Gobernadores e alcaldes actuaban para conseguir que foran elixidos, deforma que ningún imprevisto puidera suceder, de maneira que o partido designado obtería a maioría naseleccións sen ningún problema. Un pacto entre os partidos dinásticos garantía a quenda no exercicio dopoder sen necesidade de loita real, a pesar das aparencias. Como non existía un electorado independente,as autoridades podían intervir no asunto sen obstáculos. O cambio de goberno non se facía tras aseleccións, se non que antes das eleccións era o Rei o que entregaba o poder a un ou outro dos partidosliberal ou conservador e isto determinaba os resultados electorais. Nos distritos rurais(70% do total) istofuncionaba perfectamente, nos urbanos o voto era máis dificilmente manipulable, por isto será nos distritosurbanos onde sexan elixidos algúns representantes dos partidos non dinásticos.

Doc 4.-Benito Pérez Galdós critica o caciquismo en Política española (antoloxía de artigos), 1884:“Consecuencia de todo elo é o caciquismo, o entronizamento de certos individuos nas localidades, os cales,como instrumentos do deputado, son donos dos resortes administrativos (...). O cacique dá e quita osmiserentos postos de traballo que disfrutan os máis pobres do lugar; seus son o carteiro-peón, o secretario doConcello, o peón camiñeiro, o expendedor de efectos estancados. O cacique é quen ó facer o reparto dacontribución carga a man ó adversario, alixeirando ó amigo (...). Verdade é que o tirano da aldea, que tangrandes servicios presta ó deputado, someténdolle a localidade, abruma a este coas súas esixencias (...)”.

Doc 4.-Valentí Almirall, republicano federal, denuncia o fraude electoral (1880): “Entre nós reina a farsa entoda a súa crueza, unha farsa completa, exclusiva das eleccións españolas. O mesmo se o sufraxio éuniversal que restrinxido, nunca hai máis que un só elector: o ministro da Gobernación. Este cos seusgobernadores de provincia e o innumerable exército de empregados de todas clases, sen excluir os altoscargos da maxistratura e do profesorado, prepara, executa e consuma as eleccións (...), dende o fondo doseu despacho, situado no centro de Madrid (...). Nada hai que sexa sagrado: listas elrectorais, urnas,escrutinio, todo é falseado polos nosos políticos baixo a inmediata dirección do gobernador civil de cadaprovincia”.

4.3. PROBLEMASA pesar da estabilidade política do sistema aumentaron os problemas:2. Folgas e protestas obreiras en aumento - dende1890 celébrase o 1º Maio3. Protestas de xornaleiros destacando as dos xornaleiros de Xerez-18924. Atentados anarquistas contra os intereses burgueses e personaxes da política, destacaespecialmente o asasinato de Cánovas en 1897 sendo este presidente o que foi un duro golpe ao sistema.5. Auxe dos movementos nacionalistas que pouco a pouco desbordaron o sistema establecido:Cataluña, P. Vasco, GaliciaSen embargo o gran problema vai ser o desastre do 98: a guerra contra Cuba e EEUU e a perda de todas ascolonias (a excepción das africanas).

4.4. O DESASTRE DO 98

A presenza de España en Cuba era moi importante para a burguesía catalán que exportaba teas e traíaazucre e tabaco. A venda destes produtos axudaba e equilibrar a balanza de pagos. Os Estados Unidosquixo comprar Cuba a España, pero os políticos dinásticos negáronse.

Os cubanos estaban descontentos pola explotación da colonia e as restricións do libre comercio entre

Cuba e os demais países americanos, especialmente Estados Unidos.A insurrección de Cuba e Filipinas foi o principal problema da rexencia. Os alzamentos armados dosindependendistas cubanos sucedéranse de maneira intermitente desde 1868. A partir de 1895desencadeouse a etapa decisiva, tanto en Cuba como en Filipinas. En España, Sagasta substituíra ao

Page 10: UNIDADE 4 RESTAURACIÓN E NACIONALISMOS...5.O REINADO DE AFONSO XIII E A CRISE DA RESTAURACIoN. 1902-1931. 5.1. A desarticulación do sistema canovista. 5.2. Os partidos políticos

  PAG

E \*

MERGEFORMA

T

 23 

asasinado Cánovas no verán de 1897 e iniciou unha política de conciliación. Pero os independentistascubanos rexeitaron a autonomía que lle ofreceu o goberno, coa oposición dos grupos conservadores edos EEUU. A guerra só foi sentida polas familias que tiñan que mandar os seus fillos a Cuba, porque non podíanpagar as dúas mil pesetas que os librasen do servizo militar. A opinión pública, en xeral, non era conscienteda superioridade económica e bélica de Estados Unidos. Só unha minoría criticou a guerra: o PartidoSocialista, Pi i Margall e Miguel de Unamuno entre eles.A situación será a seguinte:

1. En Cuba dende 1895 os independientista reiniciaron a guerra contra España tras a Paz do 78 (gritode Baire) encabezada por Xosé Martí e o Partido Revolucionario Cubano.2. En Filipinas en 1896 ten lugar unha rebelión en Luzón encabezada por André Bonifacio e EmilianoAguinaldo. España enviou numerosas tropas pero o exército presentaba grandes carencias: soldados mal preparados,enfermidades tropicais, poucos medios modernos... E a guerra agravouse polo apoio que Estados Unidosdeu a Cuba e Filipinas como consecuencia do desexo de desprazar a España da zona do Caribe e doPacífico.

INICIO DA GUERRA

O goberno dos Estados Unidos enviou uns navíos a Habana, supuestamente para defender aosestadounidenses residentes en Cuba, en febreiro de 1898 (a par que a prensa desenvolveu unha campañaa favor da intervención en Cuba). Un destes barcos, o Maine, sufriu una explosión a noite do 15 de febreiroque foi aproveitada para declararlle a guerra a España, aínda que non se soubo quen provocara a explosión,ou se fora un accidente.Así en 1898 a explosión e afundimento do cruceiro norteamericano Maine foi a escusa coa que o gobernoAmericano enviase un ultimato a España a fin de que renunciase ao seu dominio sobre Cuba. A exaltaciónpatriótica levou a que España decidise declarar a guerra a EEUU. Só intelectuais, asociacións obreiras...opuxéronse a es esta decisión.

A prensa española, mobilizada polos oligarcas con intereses económicos en Cuba, despregou unhacampaña irreal e chovinista. A clase política, coñecedora da realidade da situación, preferiu a loita á rendiciónsen batalla. Desprezábase o poderío de Estados Unidos e confiábase nun triunfo fácil. Así o sinalaba oxornal El Socialista: “Con chamar porcos ós ianquis e tocar a marcha de Cádiz tiñamos bastante”.

A GUERRA.

A guerra foi rápida E contundente polas grandes diferenzas entre os dous exércitos, a escuadra españolanon podía competir fronte aos poderosos acoirazados norteamericanos, moi superiores e más modernos. Osescenarios da guerra foron Santiago de Cuba (Cuba) e Cavite e Manila (Filipinas). A derrota contundente de España, a destrución da mariña española e o desembarco das tropas americanasen Cuba, Porto Rico, e Filipinas obrigou ao goberno española solicitar o armisticio recoñecendo asuperioridade militar de USA.

O TRATADO DE PAZ

As negociacións de paz remataron coa PAZ DE PARÍS, 1898, onde asináronse os seguintes acordos:1. España cedía a USA: Cuba, Porto Rico, Filipinas e a illa de Guam como indemnización de guerra.2. España recibía unha compensación de vinte millóns de dólares ( uns 14.683.695€ )

Así España perdía definitivamente as colonias tanto no Pacífico como no Caribe. España perdeu o seuderradeiro imperio colonial coa venda das illas (Palaos, Carolinas e o resto das Marianas) a Alemaña. Asperdas humanas calculáronse en máis de 100.000 homes, pero a maioría das mortes prodúcense a causadas enfermidades: febre amarela, malaria ou paludismo, dengue, tifos, etc. A economía española reséntesecoa perda colonial. O exército tivo un gran desprestixio a pesar do valor demostrado por algúns soldados.

Page 11: UNIDADE 4 RESTAURACIÓN E NACIONALISMOS...5.O REINADO DE AFONSO XIII E A CRISE DA RESTAURACIoN. 1902-1931. 5.1. A desarticulación do sistema canovista. 5.2. Os partidos políticos

  PAG

E \*

MERGEFORMA

T

 23 

CONSECUENCIASA derrota cualificada como desastre causou en España un impacto tremendo en todos os sectores dasociedade.Non puxo en crise o sistema nin a economía pero evidenciou o problema do anquilosamento político aincapacidade da oligarquía para modernizar o país.Houbo dous sectores que amosaron claramente o seu descontento;1. Os militares que amosaron frustración e resentimento2. Os intelectuais como a xeración do 98 que desenvolveron unha actitude crítica e pesimista poladecadencia de España.

4.5. A REACCIÓN Ó DESASTRE: O REXENERACIONISMO

Coñécese co nome de rexeneracionismo ao movemento de opinión que, ao rematar a guerra,propuxo solucións para recuperar España. Era un movemento de grupos e individuos relacionados porun fondo común: a convicción de que o sistema fracasara, pero tamén a de que non esgotara as súasposibilidades. A solución era permitir a participación no poder político de novos grupos, aqueles que vían ocamiño pechado pola minoría oligárquica gobernante. O mal non estaba na lei electoral, senón nos partidos enas Cortes, que non representaban á nación como consecuencia da masiva corrupción electoral.

Este movemento basease en dúas cuestións:1. Crítica ao sistema da Restauración2. Desexo de renovar, mellorar e modernizar a situación social e política de España.Vaise facer unha análise moi profunda da situación xeral do país. As ideas fundamentais serán:1. O Estado e ineficaz e a clase política é corrupta e oligárquica.2. Existe un moi escaso e deficiente desenvolvemento económico.

A maioría das propostas rexeneracionistas apareceron a finais do ano 1898. A súa ideoloxía basculaba entrea dereita e o centro. Van a propoñer importantes solucións, pero na realidade o sistema vai a continuar dunxeito moi semellante (non sei se vedes algún paralelismo coa España de hoxe en día…):⦁ Necesidade de rexenerar o estado e as estruturas produtivas.⦁ Aprobar o sufraxio universal.⦁ Rematar co caciquismo.⦁ Apelar á conciencia dos españois para superar a decadencia da patria.

PERSONALIDADESA súa figura mais importante foi Joaquín Costa. A súa obra orientouse a expoñer:

⚪ O atraso de España fronte a Europa: Había que achegarse á Europa que dominaba omundo, contraste dunha España que acababa de perder os restos do seu Imperio.

⚪ A buscar as causas do atraso e intentar atopar solucións.⚪ As solucións pensa que están nunha intensa labor educativa e na xeración de riqueza no país

(“despensa e escola”).⚪ Nas súas ideas non existe a postura pro- ditatorial que moitos ven na proposta de que

España necesitaba un “cirurxián de ferro”. Non pensaba Costa en ditadores, senón en homesfirmes que exerceran a autoridade sen contemplacións, pero co apoio do voto dos españois.Porén, os ditadores do futuro (Primo de Rivera e Franco) apropiáronse das palabras de Costapara presentarse como herdeiros do rexeneracionismo.

O Rexeneracionismo deu paso á Xeración del 98, un movemento intelectual e literario de gran influencia. Os rexeneracionistas fracasaron no seu intento de influír na política española. A pasividade da sociedadeespañola ante a ineficacia dos políticos mostrada polas baixísimas taxas de sindicación e as altísimasporcentaxes de abstención electoral fixo que as súas ideas non tivesen eco nese momento. Ademais,os rexeneracionistas tampouco crearon un instrumento de participación política. Non se fundará unpartido político novo, necesario para tal fin, que Costa propuña.Fracasaron na práctica, pero moitas das súas ideas foron recollidas polos intelectuais da xeración do 98 e,tamén, polos partidos republicanos e de esquerda, como base do seu proxecto de reforma da vida española.

4.6. A OPOSICIÓN Ó SISTEMA: O FRACASO DOS REPUBLICANOS.

Page 12: UNIDADE 4 RESTAURACIÓN E NACIONALISMOS...5.O REINADO DE AFONSO XIII E A CRISE DA RESTAURACIoN. 1902-1931. 5.1. A desarticulación do sistema canovista. 5.2. Os partidos políticos

  PAG

E \*

MERGEFORMA

T

 23 

O sufraxio universal outorgado en 1890 vai a provocar que os republicanos pensen en chegar a exercer opoder, pero o sistema caciquil e as discrepancias dentro do republicanismo fará que as súas expectativas sevexan truncadas obtendo só éxitos parciais.

A NIVEL NACIONALA comezos do século XX o republicanismo perdera as súas figuras históricas e eran un grupo minoritario nascortes aínda que tiñan poder e influencia en algunhas cidades.A pesares da súa fragmentación os republicanos defendían tres cuestións básicas:1. Defensa da República como forma de estado2. Medidas de carácter reformista para solucionar a cuestión social3. Defensa do racionalismo, fe no progreso e anticlericalismo

GALICIAEn Galicia destacou a cidade da Coruña onde os republicanos conseguiron manterse unidos dende 1894 entorno a Unión republicana. Esta unión permitiulles ter unha gran influencia tanto en toda Galicia como a nivellocal. Contaron con personalidades destacadas como: Pérez Costales, Moreno Barcia, Paz Novoa...). Dende1899 ata 1923 dominaron por maioría o concello tendo como paradoxo un alcalde monárquico nomeado pologoberno.

5. O REINADO DE AFONSO XIII E A CRISE DA RESTAURACIoN.1902-1931.

En maio de 1902 Afonso XIII comeza o seu reinado con 16 anos. O seu reinado vai a estar caracterizadopola forte inclinación do rei a intervir nos asuntos políticos e polas súas iniciativas persoais, que en moitoscasos excederon a práctica política propia dun rei constitucional e non sempre foron afortunadas, sobre todoas relacionadas co exército, do que era un gran entusiasta.No reinado de Afonso XIII atopamos tres períodos:- 1902-1923: a monarquía constitucional, na que se produce a crise do sistema canovista- 1923-1930: a ditadura de Primo de Rivera.- 1930-1931: crise e fin do reinado de Afonso XII tralo auxe do republicanismo e o desprestixio da monarquía,que culminará coa súa caída.

5.1. A DESARTICULACIÓN DO SISTEMA CANOVISTA.

O remate do sistema anterior, que tan ben funcionou durante 20 anos vai a producirse por:- Excesivas e pouco afortunadas intervencións do monarca en asuntos políticos e militares- Fraccionamento e descomposición dos partidos dinásticos –Liberal e conservador- tras o asasinato deCánovas , 1897- e a morte de Sagasta-1903-. Os novos líderes –Maura, Canalejas, Conde de Romanones...-non serán quen de aglutinar todos os seus partidarios.- Crecente papel do exército na vida política, na defensa dos seus intereses corporativos dende posturascada vez máis autoritarias e conservadoras. O poder militar impúxose ao civil sobre todo dende a aprobaciónda lei de Xurisdicións de 1906 pola que se sometía a código militar o xuízo de delitos de opinión e obracontra a unidade da patria e o exército. O exército pasou a defender intereses corporativos e consideráronsedefensores da patria e da unidade nacional. - Mantemento do fraude electoral e do caciquismo cada vez máis insoportable para a opinión pública. Cadavez foi mais difícil manipular o voto urbano (onde o caciquismo era máis escaso, mentres seguía no ámbitorural) e o incremento dos grupos no parlamento fomentaba coalicións á marxe do sistema de quendas. - Crecente contestación política ao sistema por parte das clases medias urbanas que apoiaban arepublicanos, nacionalistas e socialistas e lograron o control municipal rompendo o monopolio liberal - Aumento da conflitividade social debido as difíciles condicións de vida da clase traballadora e dosxornaleiros do campo. A esta penuria social engádense a dura represión por parte de patronal e goberno - Atentados anarquistas que afectaron a personalidades políticas como Cánovas, Canalejas, Dato ouempresarios e eclesiásticos- Enfrontamento entre o catolicismo intransixente da Igrexa e as correntes anticlericais estendidas entre os

Page 13: UNIDADE 4 RESTAURACIÓN E NACIONALISMOS...5.O REINADO DE AFONSO XIII E A CRISE DA RESTAURACIoN. 1902-1931. 5.1. A desarticulación do sistema canovista. 5.2. Os partidos políticos

  PAG

E \*

MERGEFORMA

T

 23 

republicanos e as organizacións obreiras como a CNT, UXT, PSOE- Sucesivas derrotas militares na ocupación do Norte de Marrocos. Os acordos hispano (franceses-1906-8)garantiron como zona exclusiva de influencia española a zona norte de Marrocos: macizo do Rif e Yebala.Esta zona estaba habitada por cabilas bérberes, dominados por caudillos locais e baixo autoridade do sultánde Marrocos. Todo isto dará lugar a grandes problemas converténdose nunha cuestión grave no reinado deAfonso XIII

Doc. 1.-Artigo publicado na revista El Ejército Español en 1905: “Aos separatistas cataláns dilles que xarematou a época das contemplacións; que de hoxe en adiante non se poderá berrar ‘¡Morra España!’ senque quen o berre saiba que é perigosísimo o berralo. Aos gobernos dilles que tamén pasou a época en quepoidan amosarse débiles; que é preciso arrincar de raíz a semente separatista custe o que custe. E ás Cortesdilles así mesmo que se por imprevisión dos lexisladores non hai leis contra o separatismo, as fagan axiña,porque entrementres o Exército aplicará a lei suprema, a que dita o seu inquebrantable amor a España unhae intanxible”.

5.1. OS PARTIDOS POLÍTICOS

⦁ Os que se alternaban no poder: ⦁ partido Liberal, trala morte de Sagasta en 1903 o partido fíxose máis anticlerical, quixo abaratar os

produtos de primeira necesidade, suprimir os impostos de consumo, fomentar o cooperativismo, regularos contratos de traballo. Destacan as figuras de Canalejas, e Romanones.

⦁ partido Conservador tivo un líder fugaz en F. Silvela, substituído por A. Maura. Estes líderes proporánmodernizar a estrutura económica do país, limitar a extensión e influencia do caciquismo (Maura), perosen alterar o control político, social e económico das oligarquías e manter a quenda de partidos.

⦁ Entre a oposición: os republicanos, caracterizados por asociar os males de España coa monarquía,lograron atraer a un sector de intelectuais, profesionais, funcionarios, comerciantes. Destaca o grupo de A.Lerroux, fundador do Partido Republicano Radical (PRR).⦁ Dentro das forzas obreiras, sobresaen dous:

⦁ Os socialistas (PSOE) crecen lenta pero progresivamente. Agrupábanse en torno a PabloIglesias e tiñan unha potente organización sindical que lles respaldaba (UGT). ⦁ Os anarquistas, destacando a creación da CNT o seu sindicato. Foron os responsables dosatentados a Canalejas e ó Rei (como o día da súa voda).

⦁ Non podemos esquecer os rexionalistas e nacionalistas, máis destacados en Cataluña e no PaísVasco, e que alcanzan gran protagonismo. En Cataluña destaca a Lliga Regionalista, mentres que no PaísVasco o Partido Nacionalista Vasco ou Solidariedade Galega.⦁ Os carlistas. Perden importancia coa morte de Carlos VII en 1909, isto provocou a escisión do partidoen dúas faccións enfrontadas: jaimistas (seguidores de D. Jaime) e tradicionalistas (en torno a Vázquez deMella), que continuarán durante todo o s. XX

5.2. AS REFORMAS DE MAURA

Entre 1904 e 1909 a figura dominante na política española foi Antonio Maura, líder do PartidoConservador. Tratou de reformar o sistema creando unha lexislación que permitise acabar co caciquismomediante a reforma da lei electoral e da administración local (introducindo unha certa autonomía municipal).

En 1907 Maura, foi nomeado presidente de goberno. Partidario de emprender unha revolución desde arriba,desde o poder , sen modificar a estrutura económica e social, quixo introducir cambios significativos na vidado pais para evitar a posibilidade dunha revolución dende abaixo, dende as clases populares.Moitas destas propostas non se chegaron a desenvolver pero entre elas destacan:1. Lei de reforma Electoral de 1907: pretendía unha maior efectividade do sistema sen ter que recorrer aosmétodos fraudulentos, pero logrou o efecto contrario pola aplicación do artigo 29 que establecía: candonunha circunscrición non se presenten máis candidatos que o número de escanos a cubrir automaticamenteos candidatos quedarán proclamados sen necesidade de consulta electoral. Quedaban así privados de votoos electores destas circunscricións electorais.2. Lei de administración Local: pretendía incrementar as competencias e autonomía administrativa dosconcellos e contemplaba a posibilidade de crear MANCOMUNIDADES provinciais –que as deputacións

Page 14: UNIDADE 4 RESTAURACIÓN E NACIONALISMOS...5.O REINADO DE AFONSO XIII E A CRISE DA RESTAURACIoN. 1902-1931. 5.1. A desarticulación do sistema canovista. 5.2. Os partidos políticos

  PAG

E \*

MERGEFORMA

T

 23 

provinciais se agruparan- pero non se chegou a aproba pola oposición da oligarquía local, temerosa deperder o control do poder municipal (aínda que vai a aprobarse máis tarde, 1913).

A SEMANA TRÁXICA

O gran problema deste goberno será a Semana Tráxica, acorrida en Barcelona en 1909. A súa orixe ten quever coa problemática derivada da situación en Marrocos.

A SITUACIÓN EN MARROCOSA partires de 1900 España consolidou a súa penetración no Norte de África. Neste proceso existen dous momentos clave:1. Conferencia de Alxeciras de 1906- na conferencia se aceptaba o reparto de Marrocos en zonas deinfluencia entre Francia e España, e o dereito destas a intervir nelas. 2. Tratado hispanofrancés-1912-onde se estableceu un protectorado francoespañol na zona Norte deMarrocos. A España correspondeulle o territorio de El Rif coa obriga de pacificalo e organizalo. A presenza española foi continuamente contestada por ataques rifeños . En 1909 os rifeños inflixiron unhaimportante derrotas as tropas españolas no Barranco do Lobo ocasionando numerosas baixas o que daríalugar ao inicio da Semana Tráxica pero realmente o momento clave do problema africano sería en 1921 codesastre de Annual , a derrota española no Norte de África que supuxo claramente o fin da monarquíaconstitucional de Afonso XIII

1. Inicio do conflito: DERROTA MILITAR E MOBILIZACIÓN DOS RESERVISTAS

En xullo de 1909 o exército español sufriu unha nova derrota en Marrocos, no Barranco del Lobo. O gobernoe as clases dominantes consideraron que estes ataques ameazaban o prestixio internacional de Españaaínda que o que en realidade estaba en xogo eran os intereses e económicos de certas compañías mineiras.Para facer fronte aos ataques dos habitantes do Rif, o goberno decidiu mobilizar ós reservistas.Esta decisión foi duramente contestada, especialmente polos partidos de esquerdas e os organizaciónobreiras (xa que eran os máis afectados).

Aínda que a chispa que prendeu o conflito foi a mobilización dos reservistas para acudir á Guerra deMarrocos, en realidade foi un grave conflito social alentado por: o nacionalismo, anarquismo, republicanismo(sobre todo do Partido Republicano Radical de Lerroux), anticlericalismo (pola influencia da igrexa nasociedade) e o antimilitarismo (motivado pola cuestión marroquí).

2.Desenvolvemento dos acontecementos: A FOLGA DE 1909

O embarque das tropas en Barcelona provocou o inicio dunha folga xeral convocada por socialistas eanarquistas contra a guerra e a actuación do goberno. Os republicanos, socialistas e anarquistas opóñenseá guerra de Marrocos por ser esta unha guerra imperialista e crer que o sistema de quintas prexudicaba óspobres.

A folga foi un éxito pero radicalizáronse as posturas, contruíronse barricadas, queimáronse conventos,igrexas e escolas rexentadas por relixiosos. Durante unha semana as masas populares foron donas dacidade. Pero a falta de obxectivos comúns xunto co envío de reforzos militares por parte das autoridades, fixoque a insurrección popular fose dominada.

3.Represión: FUSILAMENTOS MONTJUIC

A represión foi durísima sendo destacable o fusilamento de Francisco Ferrer Guardia, fundador da EscolaModerna (sinalado como promotor moral dos sucesos e axustizado a pesares das escasas probas).Suspéndense as garantías constitucionais e unha campaña internacional ponse en contra desa execución,aínda que finalmente vai realizarse. O resultado foi a destitución de Maura e o descrédito de España comounha nación moderna e democrática.

4.Consecuencias políticas:

Page 15: UNIDADE 4 RESTAURACIÓN E NACIONALISMOS...5.O REINADO DE AFONSO XIII E A CRISE DA RESTAURACIoN. 1902-1931. 5.1. A desarticulación do sistema canovista. 5.2. Os partidos políticos

  PAG

E \*

MERGEFORMA

T

 23 

Sen dúbida a consecuencia máis clara foi a caída de Maura. Pero destacan outras importantísimas cuestións: 1.Reforzo da conxunción Republicano-socialista 2. Subida ao poder dos liberais progresistas con Canalejas

5.3. AS REFORMAS DE CANALEJAS (1910-1912)

A partir de 1910, desde a presidencia do goberno e do Partido Liberal o ferrolán Canalejas propuxo unhaserie de reformas para ampliar a base social do sistema da Restauración atraendo as clases populares. Assúas medidas serán continuadas polos seus sucesores, xa que vai morrer en 1912 tras un atentadoanarquista.

Canalejas caracterizouse por practicar unha política activa e intervencionista en materia social e laboral. Asmedidas en materia social foron das máis prolíficas de todo o reinado afectando a duración da xornadalaboral, ao traballo de mulleres e nenos e a prestación de seguridade social por parte do estado.

Entre estas reformas destacan:1. A secularización da vida política mediante a separación Igrexa-Estado. Destaca a Lei de asociaciónsrelixiosas de 1910 máis coñecida como lei del candado que limitaba o establecemento de novas ordesrelixiosas en España. Sen embargo a medida foi un fracaso pola forte oposición dos sectores católicos econservadores así como do Vaticano, obrigaron ao goberno a retirala.2. Lei de mancomunidades provinciais de 1911. Aprobada polo conservador E. Dato en 1913 a lei intentabacomplementar as competencias dos concellos e responder as reivindicación rexionalistas mediante aformación de mancomunidades de municipios e a consecución dunha reducida autonomía rexional. Estamedida tivo boa aceptación nalgúns sectores, xa que permitiu a creación da Mancomunidade catalá en 1914(suprimida en 1925 na ditadura). Aprobada xa baixo o goberno do Conde de Romanones, era un proxectoque pretendía achegar o nacionalismo catalán mediante a concesión de certo grao de autonomía.3. Lei de recrutamento de 1912 que establecía o servizo militar obrigatorio quedando abolida a redención oupago en metálico para librarse de ir ao exército. Vai ser considerada como un fracaso, xa que estableceu ossoldados de cota que mediante pago reducían considerablemente o tempo do servizo militar.4. Supresión do imposto de consumo (substituíuno pola contribución urbana).

Canalejas foi asasinado nun atentado anarquista en 1912. A súa desaparición afondou no disgregamentodos liberais e impediu que se levaran a cabo importantes proxectos de reforma.

5.4. A QUEBRA DO SISTEMA DA RESTAURACIÓN. 1917-1923.

O fracaso das reformas deseñadas por Maura ou Canalejas provocou:1. O deterioro progresivo do funcionamento do sistema canovista 2. A existencia de crises políticas e sociais cada vez máis graves que minaron a monarquíaconstitucional3. Isto facilitou o golpe de Estado de 1923.

Co fin de Canalejas e con Maura postergado, frustráronse as tentativas de reformar o sistema dende dentro.A partir 1917, os partidos tradicionais escíndense en pequenos grupos, acabando a quenda pacífica.Aparecen gobernos de concentración. O modelo de Cánovas resultaba inservible, porque prescindiu dunhasforzas sociais que agora chegan con vigor, as obreiras. No 1917, tres acontecementos tiveron unha especial importancia: a actividade política das Xuntas deDefensa; os intentos de democratización da burguesía catalán e o proletariado militante, dirixido pola UXT ea CNT, capaz de grandes mobilizacións obreiras a nivel nacional.

5.5. A CRISE DE 1917: O INICIO DA DESARTICULACIÓN DO SISTEMA.

CRISE DE 1917 E I GUERRA MUNDIAL.

1917 representa a crise máis profunda do sistema da Restauración e é o resultado de diferentes factoresderivados do conflito da I G.M. que tivo un fondo impacto na sociedade española tanto dende un punto de

Page 16: UNIDADE 4 RESTAURACIÓN E NACIONALISMOS...5.O REINADO DE AFONSO XIII E A CRISE DA RESTAURACIoN. 1902-1931. 5.1. A desarticulación do sistema canovista. 5.2. Os partidos políticos

  PAG

E \*

MERGEFORMA

T

 23 

vista ideolóxico como económico.

A Guerra empezou no 1914 e España foi neutral dada a súa debilidade no contexto internacional, que amantiña fora da política de alianzas, e a súa incapacidade para soster unha guerra. Era unha neutralidadeobrigada. Aínda que os españois estaban co corazón partido entre os defensores de Alemaña (xermanófilos)e os Aliadófilos(Francia e Gran Bretaña).

A neutralidade supuxo unha forte expansión económica xa que os países participantes na guerrademandaban materias primas, alimentos e produtos industriais. Esta cuestión tivo consecuencias positivas:

- Exportación masiva de produtos básicos e crecemento do comercio exterior.- Acumulación de grandes fortunas.

Pero tamén tivo efectos negativos:➢ A demanda exterior provocou o desabastecemento interno (especialmente de produtos básicos que

foron exportados de forma masiva, o que afectará ás clases máis humildes), así como unha forte subade prezos, que afectou sobre todo ós obreiros empeorando as súas condicións de vida. Mentres, ossalarios non subían ó mesmo ritmo que os prezos, deteriorándose as condicións de vida das clasesmedias e populares, acentuándose o malestar social e político.

➢ O crecemento económico foi só especulativo e case nin transformou nin modernizou o sistemaprodutivo español. Dará orixe a unha grave crise económica e a grandes mobilizacións sociais.

Non podemos esquecer que 1917 é o ano no que tamén ten lugar á Revolución Rusa.

Esta crise global , en España, é o resultado de tres crise de gran calado: militar, nacionalista e obreira.

CRISE MILITAR: AS XUNTAS DE DEFENSA

As Xuntas de defensa militares –creadas en Barcelona, 1916- eran asociacións de carácter corporativoformadas por oficiais de media e baixa graduación para defender os seus intereses profesionais en materiaeconómica. A perda do poder adquisitivo dos militares explica que se estendesen por toda Españaengadíndose outras reivindicacións: ⦁ Negativa ós ascensos por mérito de guerra. Queren un sistema de ascenso baseado exclusivamente

na antigüidade.⦁ Subida salarial. ⦁ Críticas de carácter político como o baixo presuposto do exército, a situación da guerra en Marrocos, a

intervención directa do rei en asuntos militares etc. ⦁ Ademais da defensa do honor, represión contra o socialismo, anarquismo, nacionalismo…

O Goberno disolveu as XuntAS Ee os seus dirixentes foron detidos. Pero a reacción de solidariedade entreos oficiais e as úa ab erta rebelión obrigou ó Goberno á recoñecelas. O importante desta cuestión e que, de novo, púxose de manifesto a debilidade do poder civil fronte ao militar.Dende esta momento o Exército interveu no nomeamento dos ministros de guerra e convertéronse nosgarantes da orde pública. Sen embargo, os problemas do exército seguiron se solucionarse: orzamento,equipamento deficiente….

CRISE POLÍTICA: ASAMBLEA DE PARLAMENTARIOS

A crise da asemblea de parlamentarios foi un dos primeiros problemas cos movementos nacionalistas. Aproveitando a debilidade do goberno o líder nacionalista, da Lliga catalana, Francisco Cambó presionou aogoberno para acadar unha democracia e autonomía para Cataluña. Ante a negativa de Madrid, a Lligaconvocou unha reunión de deputados en Barcelona. Os obxectivos desta convocatoria eran os seguintes: 1. Inmediata apertura de Cortes (suspendidas dende xullo de 1916) de carácter constituínte2. Elaboración dunha nova Constitución 3. Fin da quenda de partidos.

Page 17: UNIDADE 4 RESTAURACIÓN E NACIONALISMOS...5.O REINADO DE AFONSO XIII E A CRISE DA RESTAURACIoN. 1902-1931. 5.1. A desarticulación do sistema canovista. 5.2. Os partidos políticos

  PAG

E \*

MERGEFORMA

T

 23 

En caso de que o goberno rexeitara estas aspiracións convocábase aos parlamentarios españois a unhaAsemblea extraordinaria en Barcelona. Esta celebrouse o 19 de Xullo de 1917 cun resultado moidecepciónante (71 de 760 parlamentarios: catalanistas, republicanos e socialistas). A asemblea fracasou porque o Goberno disolveu a Asemblea acusándoa de separatista e por disensiónsinternas da propia Asemblea. Ademais, o movemento folguista que se desatou en agosto inhibiu as forzasburguesas, ante o temor dun estalido revolucionario de maiores dimensións que a reforma constitucionalformulada.

CRISE SOCIAL

A crise social está relacionada co movemento obreiro e coa carestía dos produtos de primeira necesidade.Os obreiros sumábanse ás peticións dos militares e dos políticos, pero tanto políticos como militares tiñanmedo ao movemento obreiro. Os acontecementos foron os seguintes:

- A UXT e a CNT firmaran no 1916 (decembro) un acordo de colaboración convocando unha folgaxeral de 24 horas que tivo un gran éxito a pesar de que a resposta do goberno foi nula.

- En 1917 UXT e PSOE convocan outra folga xeral en toda España en Agosto de 1917. A folgacontou co apoio dos republicanos e da CNT.

- Entre as causas destas folgas hai que sinalar:⚪ a suba dos prezos que afectou especialmente aos traballadores, ⚪ a inestabilidade política (xuntas de defensa e asemblea de parlamentarios) ⚪ a influencia dos acontecementos en Rusia (revolución Rusa).

A folga xeral ten como fin o cambio de sistema de goberno e os protagonistas foron os obreiros unidos baixoa UXT e a CNT aínda que os seus obxectivos eran diferentes. Aínda que o gran obxectivo o podemosresumir no intento de derrocamento do réxime e a convocatoria de cortes constituíntes, a división entre osparticipantes vai ser clara: a UXT quería unha revolución democrático-burguesa, mentres que os anarquistasquerían unha revolución social. Nun primeiro momento o Goberno toma una actitude pasiva polo que se iniciao conflito. Comezan os ferroviarios de Valencia aos que se lles unen os de Zaragoza e os mineiros eferroviarios do Norte. Pero hai confusión e desunión dentro dos grupos que participan na folga. A incidenciavai ser desigual no Estado, sendo maioritaria no proletariado de Madrid, Barcelona, Levante , País Vasco eAsturias.

Decrétase o Estado de Guerra en toda España. Houbo incidentes graves, sobre todo en Asturias e represiónmilitar contra os folguistas moi dura destacando o xeneral Burguete e un xoven comandante, FranciscoFranco, que iniciaba a súa carreira militar. Os resultados da represión son: 71 mortos, 156 feridos e 2.000detidos.

A Folga xeral fracasou por: ♦ Só foi seguida polos socialistas, e non todos.♦ Non participan os campesiños (eternos sufridores pasivos).♦ As Xuntas de Defensa enfróntanse ós amotinados (coa declaración da Lei Marcial) e non se unen.♦ Os republicanos vacilaron.♦ Deserta a burguesía catalá (representada pola "Lliga") por medo á revolución.

O goberno vai reaccionar cunha fortísima represión (emprego de armas de fogo, lei marcial, disoluciónviolenta empregando ao exército…). En outubro celébrase o Consello de guerra contra os once dirixentes daFolga Xeral, condenando a pena de morte (conmutada pola de "cadea perpetua") ós socialistas FranciscoLargo Caballero, Julián Besteiro, Daniel Anguiano e Andrés Saborit. Marcelino Domingo foi indultado,levántase o Estado de Guerra e restableceranse as garantías constitucionais. (Todos eles seránprotagonistas políticos durante a II República).

Finalmente podemos dicir que a folga fracasou pola dura represión e a falta dunha estratexia clara. Osobreiros volveron ó traballo, pero xurdiu o medo a revolución social (vitoriosa en Rusia).

A Restauración entra en crise. A crise de 1917 puxo en evidencia as limitacións dun sistema no que só douspartidos contaban coa confianza do Rei, nun tempo no que no país reclamábanse grandes reformas sociais.

Page 18: UNIDADE 4 RESTAURACIÓN E NACIONALISMOS...5.O REINADO DE AFONSO XIII E A CRISE DA RESTAURACIoN. 1902-1931. 5.1. A desarticulación do sistema canovista. 5.2. Os partidos políticos

  PAG

E \*

MERGEFORMA

T

 23 

1917 foi un ano en que estivo case a punto de rematar a orde constitucional e o sistema. Pero o gobernoconseguiu manter a situación porque os protagonistas non coincidían nin en obxectivos nin en estratexia.Pero a fenda estaba aberta.

5.6. A SITUACIÓN A PARTIR DE 1917.

Pasados os conflitos de 1917 podemos falar da definitiva quebra da quenda constitucional. Ademais ainestabilidade política e social vai ser unha constante a partir dese momento. Así van a confluír catrofenómenos que derivarán na instauración da Ditadura de Primo de Rivera en 1923:

- Clara debilidade dos gobernos- Aumento da conflitividade social- Consolidación dos movementos nacionalistas e rexionalistas.- Auxe do republicanismo- O desastre de Annual.

DEBILIDADE DOS GOBERNOSA debilidade dos gobernos vai caracterizarse por: • O fraccionamento dos partidos dinásticos e oseu desprestixio, así como as tensión entre os líderesque dificultaba a formación e duración dos gobernos. • A quenda deixou de funcionar e o rei recorreuá formación de gabinetes de concentracióncompostos por representantes de varios grupospolíticos que non foron capaces de facer fronte aosproblemas. Estes gobernos de concentraciónanuncian xa a fase final da restauración e erangobernos formados non por partidos senón porfraccións ou grupos escindidos dos dous principaispartidos.• Ao mesmo tempo, a pesares de recorrer aofraude electoral ningún partido dinástico reuniu amaioría parlamentaria necesaria co que foi constantea adopción de medidas de excepción, a suspensióndas garantías constitucionais e a clausura do parlamento.

CONFLICTIVIDADE SOCIAL

Esta conflitividade podemos vela tanto no rural como nas cidades ao tempo que as organizacións sindicaisampliaban o número dos seus afiliados. A radicalización e a violencia foron en aumento tanto na represióngobernamental como na reposta das organización obreiras sobre todo da CNT (1910,anarquista). En Andalucía se impulsaron as revoltas campesiñas motivada pola fame de terras. A conflitividade laboral dexenerou na radicalización das posicións de sindicatos e patronal. Os patrónscontrataron sindicatos a soldo para asasinar aos dirixentes obreiros. Algúns grupos vinculados a CNTresponderon a esta situación con violencia o que levou a unha durísima represión sindicalista e púxose enpráctica a lei de Fugassegundo a que a policía podía disparar contra os detidos en caso de intento de fuga.Isto deu lugar a unha etapa coñecida como pistolerismo(1916-1923)

MOVEMENTOS NACIONALISTAS E REXIONALSITAS

Como veremos nos puntos seguintes, comeza a consolidarse todo o relativo ó rexionalismo e nacionalismo.Así nestes anos aparecen: • Liga rexionalista (1901) en Cataluña• PNV (1895)no país vasco• Irmandades da Fala (1916-1918) en Galicia.

Page 19: UNIDADE 4 RESTAURACIÓN E NACIONALISMOS...5.O REINADO DE AFONSO XIII E A CRISE DA RESTAURACIoN. 1902-1931. 5.1. A desarticulación do sistema canovista. 5.2. Os partidos políticos

  PAG

E \*

MERGEFORMA

T

 23 

As demandas destes sectores contribuíron a radicalizar o ambiente político con acusacións de separatismo,repulsas dos partidarios da unidade nacional e o incremento da oposición ao réxime entre os nacionalismosperiféricos.

ACTIVIDADES REPUBLICANAS

Os republicanos a pesares das súas divisións acentuaron as críticas ao sistema.A coalición repubicano-socialista formada en 1909 (semana tráxica) permitiu que nas eleccións de 1910Pablo iglesias obtivese acta parlamentaria. Este éxito consolidou o socialismo reformista. Sen embargo, afalta dun programa común fixo que se desenvolvesen organizacións republicanas autónomas ou con fortecompoñente nacionalista.

En Galicia en 1907 creouse Solidaridad gallega formación que integraba rexionalista e republicanos. Destaca dentro do ámbito republicano a cidade da Coruña onde manterán un partido independente PRA queseguirá conservando a maioría no concello e onde comezan a destacaban figuras como Santiago CasaresQuiroga.

CUESTIÓN MARROQUÍ E O DESASTRE DE ANNUAL

Como xa comentamos en 1912 os gobernos de España eFrancia delimitaron a respectiva zona de influencia no N. deMarrocos e crearon o protectorado pero para mantelo erapreciso pacificalo. No Rif, os españois avanzaban con dificultadepola oposición da poboación e do terreo. Os gastos aumentarone o exército creou corpos específicos para a loita: A lexión(1920)e os regulares.En 1912 o xeneral Silvestre co obxectivo de obter unha vitoriadefinitiva realizou unha manobra arriscada coas súas tropas coaintención de ocupar Alhucemas. As cabidas rifeñas ao mandode Abd el Krim atacaron as súas posicións e obrigaron a retirar atropas -perecendo a maioría dos soldados en Annual(12.000). Aderrota española supuxo a proclamaron da independencia daRepública do Rif.O desastre de Annual provocou un forte impacto na opiniónpública e foi necesario iniciar un proceso no parlamento dedepuración de responsabilidades -Expediente Picasso- no que se revelaron cuestións de gravidaderelacionadas co propio rei.

5.7. FINAL DO PERIÓDO

Ante o cúmulo de problemas o réxime tiña unicamente dúas posibilidades para sobrevivir:1. Democratizarse alterando as bases sociais e políticas (algo impensable para os que estaban nopoder).2. Impor unha solución de forza, unha ditadura (de carácter temporal en principio, polo que era unhaidea ben acollida).Esta última opción foi a que se impuxo xa que era necesario ocultar os resultados da investigación dodesastre de Annual e instouse ao xeneral primo de Rivera a dar un golpe de estado.A ditadura non depurou responsabilidades pola derrota de Annual.

6. A DITADURA DE PRIMO DE RIVERA 1923-1930

6.1. CONTEXTO INTERNACIONAL: anos 20-30.A década dos 20 caracterízase por ser un período de crise do sistema liberal e da democracia en Europa. Enmoitos países, nos anos vinte e trinta, tomaron o poder gobernos autoritarios ou fascistas (Mussolini ou Hitler).

Page 20: UNIDADE 4 RESTAURACIÓN E NACIONALISMOS...5.O REINADO DE AFONSO XIII E A CRISE DA RESTAURACIoN. 1902-1931. 5.1. A desarticulación do sistema canovista. 5.2. Os partidos políticos

  PAG

E \*

MERGEFORMA

T

 23 

6.2. GOLPE DE ESTADO

O 13 de setembro de 1923, Miguel Primo de Rivera, capitán xeneral de Cataluña, contando co apoio dediversas personalidades políticas e militares, deu un golpe de Estado en Barcelona. O golpe transformusenunha ditadura que fomentou o desenvolvemento económico e mantivo a paz social, a cambio de suspendera Constitución, prohibir a actividade política e controlar a prensa. A ditadura de Primo de Rivera era un réximeautoritario e militar que pretende solucionar os graves problemas de España dende a órbita dorexeneracionismo militar ( 1. o caciquismo e corrupción política, 2. gravísima situación social, 3. Marrocos). Elmesmo se presentaba como un cirurxán de ferro para un "máximo 90 días". Pero o seu réxime foiesencialmente autoritario, populista, paternalista e moi optimista con respecto á solución dos problemas.

A ditadura exemplifica a crise do liberalismo e do parlamentarismo. Suporá unha aposta polo poder persoal,por reforzar o executivo fronte ao lexislativo, e por implantar un modelo corporativista

Os protagonistas xustificaron o acto pola grave situación de España nese momento: desastre de Annual,medo a subversión política, descontrol político… Primo dirixiu un manifesto ao país onde establecía ascausas do seu levantamento.O goberno tratou de que o rei destituíse aos xenerais sublevados pero a falta de apoio do monarca provocoua dimisión do goberno.O rei chamou o día 14 de setembro a Primo de Rivera para que asumise o poder, aceptando o golpe deEstado. Afonso XIII sería Xefe de Estado e Primo de Rivera xefe de goberno.

CAUSAS DO GOLPE

1. As consecuencias de Annual: os 13.000 mortos a humillación militar recibida pesaban como unhalousa sobre os militares e sobre a opinión pública. A derrota provocou dous movementos opostos:

➢ No Exército, que pedía presupostos de guerra e medios máis cuantiosos que permitiran respondermilitarmente e vingar a humillación sufrida.

➢ Na opinión pública: indignación e oposición á continuidade da guerra e esixencia deresponsabilidades aos culpables.

2. Críticas ao rei pola responsabilidade do desastre de Annual.3. Auxe dos nacionalismos en Cataluña e no País Vasco, que na realidade non eran radicais pero paracertos sectores de opinión era unha ameaza á unidade da Patria. 4. A división dos partidos conservador e liberal e o ascenso de socialistas e republicanos alarmaba áoligarquía e aos militares conservadores. Ademais fundouse o Partido Comunista de España (PCE-1921). 5. A situación da orde pública tamén asustaba ás clases dirixentes, pese a que mellorara algo entre1922-1923. Un gober no autoritario podía ser o freo á protesta social e ao auxe do movemento obreiro. 6. Por último, hai que sinalar os factores engadidos:

➢ O apoio do Rei. ➢ O contexto internacional: a crise económica e, sobre todo, o triunfo da revolución e o

establecemento do comunismo en Rusia (1917), alentaba os movementos radicais e militaristas.

ACEPTACIÓN DO GOLPE

O golpe tivo unha ampla aceptación popular explicable polo elevado malestar político e social existente enEspaña e porque pretendía ser unha medida transitoria e excepcional. As posicións cara a ditadura serán:⦁ Aceptación aberta: Burguesía e propietarios⦁ Posición neutral: Partido socialista que colaborou ata 1925⦁ Negativa contundente: partido comunista e CNT

Doc. 5 e 1,-En setembro de 1923, o xeneral Primo de Rivera xustifica así o seu golpe de Estado, aprobadopola Coroa: “Españois: Chegou para nós o momento máis temido que esperado (...) de atender o clamorosorequirimento de cantos amando á Patria non ven para ela outra salvación que liberala dos profesionais dapolítica, dos homes que por unha ou outra razón nos ofrecen o cadro de desventuras e inmoralidades que

Page 21: UNIDADE 4 RESTAURACIÓN E NACIONALISMOS...5.O REINADO DE AFONSO XIII E A CRISE DA RESTAURACIoN. 1902-1931. 5.1. A desarticulación do sistema canovista. 5.2. Os partidos políticos

  PAG

E \*

MERGEFORMA

T

 23 

comezaron o ano 98 e ameazan a España cun próximo fi n tráxico e deshonroso. A mesta rede da política deconcupiscencias colleu nas súas mallas, secuestrándoa, ata a vontade real (...). Pois ben, agora irnos recabartódalas responsabilidades e gobernar nós ou homes civís da nosa moral e doutrina. Non temos que xustificaro noso acto, que o pobo san demanda e impón. Asasinatos (...), atracos, depreciación da moeda (...),rastreiras intrigas políticas tomando por pretexto a traxedia de Marrocos (...), precaria e ruinosa a produciónagrícola e industrial, impune propaganda comunista, impiedade e incultura, xustiza influída pola política,descarada propaganda separatista (...).Non vimos chorar mágoas e vergoñas, senón poñerlles axiña radicalremedio, para o que requirimos o concurso de todos os bos cidadáns. Para iso (...) constituirase en Madrid unDirectorio Militar con carácter provisorio encargado de manter a orde pública (...)”.

ETAPAS DA DITADURA DE PRIMO DE RIVERA:- DIRECTORIO MILITAR 1923-1925- DIRECTORIO CIVIL 1925-1930

6.3. O DIRECTORIO MILITAR: 1923-1925.O novo goberno da ditadura estivo formado só por militares. O novo gabinete gobernou mediante decretos eprestou atención ós seguintes aspectos:

1.- A rexeneración da vida política, co obxectivo de acabar co caciquismo e lograr rexenerar a vida políticacas seguintes medidas:◆ Suspensión da Constitución de 1876 e fin da monarquía constitucional. Esta medida significou a

perda de sentido das redes caciquís..◆ Destitución das autoridades vixentes substituídas por outras adictas ao réxime-personal militar. Os

partidos políticos non foron suprimidos pero perderon a capacidade de influencia nos asuntospúblicos.

◆ Creación de Delegados gobernativos encargados de informar sobre as deficiencias dos concellos.◆ Reforma da normativa electoral con medidas como o voto restrinxido as mulleres. Esta reforma non se

aplicou porque non se celebraron eleccións ◆ Elaboración de novos Estatutos: Estatuto Municipal (1924) e Provincial (1925), obra de Calvo Sotelo,

que aumentaba a democratización e as competencias das institucións. Pero no práctica o Gobernocontrolou a vida municipal designando e nomeando a concelleiros e deputados provinciais.

◆ Formación dunha organización cívica única: A Unión Patriótica que será o partido único do réxime edo que sairán os líderes da Asemblea Nacional a partir de 1926.

2.- O restablecemento da orde pública, tratando de controlar o movemento obreiro, para o que foi decretadoe estado de guerra, quedando restrinxidas as liberdades públicas. Ademais será frecuente a persecución deorganizacións obreiras vinculadas a CNT e o PC que perderon afiliados e radicalizaron as súas actuacións. Onúmero de folgas e atentados diminuíu e para maior efectividade fíxose extensiva a toda España o Somatén:organización catalán formada por cidadáns armados baixo a autoridade dos mandos militares cuxa misión eraa de colaborar coa Garda Civil no mantemento da orde e da paz pública.

3.- A defensa da unidade da patria, actuando contra todo aquilo que á ditadura lle parecía un perigo para aunidade de España. Desenvolveuse unha campaña de afirmación de símbolos nacionais de España e derepresión das reivindicacións e manifestacións nacionalistas catalanas, vascas e galegas. Prohibíase aexhibición de símbolos, bandeiras e himnos que non fosen españois, así como a lingua propia destasrexións, clausura de institucións e diarios nacionalistas, persecución dos dirixentes nacionalistas… Osnacionalistas limitáronse a actuacións culturais pero tamén radicalizaron as súas posturas políticas.

4.- A fin da guerra de Marrocos. Primo de Rivera vai continuar a contenda en Marrocos ata acadar o dominiocompleto do protectorado. Abd el-krim considerou que España estaba derrotada e cometeu o erro de atacarposicións francesas. Ante esta situación, os gobernos de España e Francia coordinaron a súa actuación eaumentaron os efectivos na zona. A estratexia española consistiu en realizar un desembarco na baia deAlhucenas. Esta operación foi un éxito e permitiu conquistar o Rif en 1925. As sucesivas derrotas de Abdel-krim obrigárono a asinar a rendición rematando a guerra en 1927, o que contribuíu ao prestixio do exércitoe do ditador.

Page 22: UNIDADE 4 RESTAURACIÓN E NACIONALISMOS...5.O REINADO DE AFONSO XIII E A CRISE DA RESTAURACIoN. 1902-1931. 5.1. A desarticulación do sistema canovista. 5.2. Os partidos políticos

  PAG

E \*

MERGEFORMA

T

 23 

6.4. INSTAURACIÓ DO DIRECTORIO CIVIL 1925-1930

INSTAURACIÓN DO RÉXIME

O intento de instauración dun réxime corporativo baseábase no rexeitamento da volta a o parlamentarismoliberal e ao réxime constitucional de 1876 por consideralo fracasado. En 1925, unha vez restablecida a ordepública e tras o éxito de Maroocos, Primo de Rivera decidiu afianzarse no poder e rematar coa ditadura militar.Vai a contar co apoio do rei.Decidiu crear un directorio con civís pertencentes a Unión Patriótica (o partido político da ditadura), un réximepolítico corporativo a imitación do fascismo italiano.O réxime definirase polo seu carácter corporativo. O corporativismo foi unha das respostas que as sociedadesde entreguerras deron á crise do liberalismo e a aparición da sociedade de masas. Fronte a idea doindividualismo e a sociedade como suma de individuos, o corporativismo defende unha sociedade quefunciona mellor si existen agrupacións ou corpos intermedios que regulen todas os ámbitos, dende oseconómicos ata os sociais

O final a organización do momento ( a Asemblea Nacional e a Unión Patriótica) demostraron ser un fracaso:nin tiñan respaldo popular nin eran unha alternativa viable á Ditadura. De feito, se subsistiu ata 1930 foi polavitoria militar en Marrocos, a prosperidade da segunda metade da década e un período de especial bonanzana economía mundial, que permitiu a España un crecemento importante. O Goberno aproveito ese clima pararealizar unha política de intervención de carácter populista, pero sen propoñerse cambios de fondo naestrutura da propiedade nin na situación social da produción. Os investimentos nas estradas e obrashidráu licas son boa mostra desa política, como o foi o crecemento da débeda, que deberían xestionar anosdespois os gobernos republicanos.

Doc. 2.-Proposta de Primo de Rivera a Alfonso XIII para substituír o Directorio Militar por un Directorio Civil(1925):“En suma, señor, para expoñer o meu pensamento clara e sinceramente, o que propoño a V. M. é a

substitución dunha ditadura militar por outra civil e de organización máis axeitada, pero non menos vigorosa.E permítome propoñelo así, recollendo a arela popular, que só teme do cambio de goberno que se debilitenos resortes do mando que foron carácter do Directorio militar, cuxa vida, como xenuína representación doexército e da mariña, que tan patrioticamente ofreceron o prestixio dos seus nomes corporativos a estearriscado labor, non debe levarse a momento de desgaste ou de quebranto; nin tampouco debe subtraersepor máis tempo ao país, na súa representación civil, que é a axeitada e tan manifestamente está da nosaparte, a participación e a responsabilidade na obra de reconstituílo e reeducalo administrativa epoliticamente”.

O REXIME CORPORATIVO DO DIRECTORIO CIVIL

Os tres grandes piares do novos sistema serían:

A. INTENTO DE INSTAURACIÓN DUN RÉXIME CORPORATIVO. Primo de Rivera, moi influenciado polofascismo italiano, pretendeu a instauración dun réxime político corporativo, cuxas pezas básicas serían:1. REFORZO DO PODER EXECUTIVO:⦁ Bases políticas do Réxime:◦ Partido Único: Unión Patriótica◦ Representación de carácter corporativo e indirecta: Asemblea Nacional Consultiva◦ Política de xestión confiada a militares o técnicos◦ Renovación da elite política adquirindo moita importancia os militares

⦁ Asemblea Nacional Consultiva: En SETEMBRO de 1927 reúnese a Asemblea Consultiva; os seusmembros procedían da Unión Patriótica e , en uso do incipiente principio corporativo, das más diversasforzas vivas: municipios, deputacións provinciais, representacións de cada corpo de funcionarios, dos

Page 23: UNIDADE 4 RESTAURACIÓN E NACIONALISMOS...5.O REINADO DE AFONSO XIII E A CRISE DA RESTAURACIoN. 1902-1931. 5.1. A desarticulación do sistema canovista. 5.2. Os partidos políticos

  PAG

E \*

MERGEFORMA

T

 23 

intereses económicos, das organizacións obreiras, ¡das mulleres! da maxistratura, da Igrexa, doExército, de asociacións culturais, etc. Foi unha representación de todos os estamentos socio-políticosde España (recorda mucho ás Cortes de Franco e o réxime de Mussolini xa que están baseados nomesmo principio: nada de democracia, representación corporativa.◦ Obxectivo: Asemblea de carácter consultivo cunha función de presentar e elaborar proxectos de lei

ao goberno◦ Integrantes: constituída por membros da unión patriótica, e das diferentes corporacións do Estado◦ Medidas: en 1929 presentou un proxecto dunha Constitución que establecía:

1.Xefatura do Estado: o rei que conta cun Consello do Reino de carácter consultivo para a designación do xefe de goberno e aprobación oi veto das leis.2.Executivo: goberno (sobre o que exercía un escaso control) 3.Asemblea Nacional Consultiva- representación de carácter corporativo de elección indirecta 4.Confesión: relixión católica oficial do Estado5.Organización territorial unitaria e centralizada.

◦ O proxecto foi acollido con críticas e foi retirado ante a falta de apoio

B. POLÍTICA SOCIAL CORPORATIVAA Política social Corporativa estivo baseada en:1. Creación dunha Organización corporativa do traballo ( 1926). O seu obxectivo será regular as relaciónentre obreiros e empresarios. Para iso as relacións regulábanse a través dos comités paritarios de cada undos oficios integrados por igual número de obreiros e de patróns e presididos por un membro do goberno. Arelación entre os comités e a Organización corporativa nacional realizábase de xeito piramidal. Teráimportantes apoios como serán os sindicatos católicos e a UXT que consideraban importante que os obreirospuideran intervir na regulamentación salarial e laboral.2. Ampla lexislación laboral e social. O seu obxectivo será mellorar as condicións de vida dos traballadores,pero sempre dende o control e a ausencia de reivindicacións propias da clase obreira como recollerase noCódigo de Traballo (1926)3. Medidas sociais: consideradas de corte populista como serán a distribución de comida e roupa as familiasnecesitadas, a construción de casas baratas ou a creación de subsidios para familias numerosas.

C. POTENCIACIÓN DO DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO.As actuacións en materia económica van a basearse no: 1.Intervencionismo do Estado2.Nacionalismo económico: o nacionalismo económico é un termo usado para describir as políticaseconómicas guiadas pola idea de protexer o consumo interno, o traballo e a formación de capital no interiordunha economía ou mercado nacional en pos da eliminación da dependencia, aínda que isto requira aimposición de restricións aos movementos do traballo, bens ou capital, como os aranceis.O obxectivo destas medidas será mellorar e modernizar España, pero sempre a través de unha políticaeconómica intervencionista, dando lugar a un sistema coñecido como corporativismo autoritario ounacionalismo económico.

As medidas máis destacables serán:1. Forte proteccionismo arancelario2.Regulamentación da produción e da competencia3. Control do mercado interior e dos prezos4.Fomento da produción nacional mediante medidas crediticias e encargos estatais5.Formación de monopolios para garantir o subministro de determinados servizos. CAMPSA monopolio estataldo petróleo6. Potenciación das vías de comunicación mediante obras públicas, vías férreas, obras hidráulicas...7. Intento de reforma fiscal co obxectivo de incrementar os recursos do Estados para levar a cabo a súapolítica económica. O proxecto elaborado por Calvo Sotelo incluía un imposto progresivo sobre as gananciase rendas da poboación, pero foi abandonado pola oposición dos contribuíntes máis poderosos.BALANCEAtopamos elementos positivos como o forte crecemento que contou coa coxuntura favorable dos anos 20.Por outra banda non se solucionaron os problemas de fondo: forte proteccionismo, elevado gasto do estado,ausencia de reformas estruturais na agricultura...

Page 24: UNIDADE 4 RESTAURACIÓN E NACIONALISMOS...5.O REINADO DE AFONSO XIII E A CRISE DA RESTAURACIoN. 1902-1931. 5.1. A desarticulación do sistema canovista. 5.2. Os partidos políticos

  PAG

E \*

MERGEFORMA

T

 23 

O final os beneficiarios do desenvolvemento van a ser a burguesía terratenente, financeira e industrial

Doc. 3.-José Calvo Sotelo, na súa obra Mis servicios a España (1931), expón e defende as que foran liñasmestras da actuación económica da ditadura:

“As ditaduras propenden fatalmente ao intervencionismo. O seu omnímodo poder é incompatible coainhibición (...). (O intervencionismo de Primo de Rivera abrangueu a agricultura, a industria, o mesmo comercio...). Primo de Rivera profesou un entusiasta nacionalismo económico que eu compartín co máis calorosofervor. Pero o noso nacionalismo mantívose dentro de correctísimos límites. A xuízo do xeneral, Españadebía nacionalizar unicamente: a) as industrias para as que a primeira materia se obtén no noso territorio; b)as que dentro do ámbito nacional de consumo poden achar mercado suficiente de vida; c) as indispensablespara asegurar a nosa independencia política nacional”.Doc. 4.-Incremento da produción en España en diversos sectores, 1922-1930:

6.5. O INCREMENTO DA OPOSICIÓN

O intento de Primo de Rivera de perpetuarse no poder e de instaurar un novo réxime en vez de ser unsistema provisional para resolver os problemas do país provocará unha cada vez maior oposición e unhascríticas máis duras procedentes de diversos ámbitos. OPOSICIÓN

⦁ Republicanos que formaron a Alianza Republicana (1926) (agrupación de diversos partidos lideradospor Azaña, Lerroux e M. Domingo). En Galicia créase a ORGA.

⦁ Políticos Liberais demandaban o retorno ao sistema constitucional e apoiaron a conspiración militarchamada Sanjuanada, intento que fracasou.

⦁ Estudantes que acentúan as súas queixas polos proxectos do Goberno de modificar os plans deestudos que favorecían as universidades privadas. Actuaron con protestas e manifestacións.

⦁ Anarquistas, que organizaron atentados frustrados contra o rei (1927) e formaron a FAI para reforzar asúa tendencia revolucionaria.

⦁ Os nacionalismo periféricos, sobre todo o catalán, radicalizando a súa posición ante a persecución dosseus símbolos.

⦁ Os militares do corpo de artillería amosáronse contrarios á reforma militar e á política de ascensos.⦁ A oposición dos intelectuais foi xeral xa dende o inicio da ditadura.

A caída do réxime vai producirse pola oposición xeneralizada, pola falta de apoios entre os propios militares,as protestas cada vez maiores dos universitarios e o inicio do desplome financeiro de 1929 que provocou oafundimento da peseta, a crise financeira e a inflación. Ante estas dificultades e, querendo comprobar se seguía mantendo o apoio do exército para seguirgobernando, en xaneiro de 1930 Primo de Rivera preguntou aos xefes militares e o rei se contaba coa súaconfianza. As respostas caracterizáronse pola ambigüidade e a falta de entusiasmo. O ditador, sentíndose sóe sen apoio do exército, presentou a súa dimisión ao rei o 29 de xaneiro de 1930, dimisión que foi aceptada.En definitiva podemos dicir que a crise interna da ditadura deriva da súa incapacidade para lograr unha saídaconstitucional e política ao réxime de excepción instaurado por Primo.

7. A FIN DA MONARQUÍA 1930-1931.

Tras a dimisión de Primo de Rivera se deron intentos de volta ao sistema parlamentario liberal pero a forzados republicanos era imparable e este sería o último ano de reinado de Afonso XIII proclamándose a IIrepública o 14 de abril de 1931

Page 25: UNIDADE 4 RESTAURACIÓN E NACIONALISMOS...5.O REINADO DE AFONSO XIII E A CRISE DA RESTAURACIoN. 1902-1931. 5.1. A desarticulación do sistema canovista. 5.2. Os partidos políticos

  PAG

E \*

MERGEFORMA

T

 23 

7.1. DÁMASO BERENGUERA primeira solución foi a “dictablanda”de Damaso Berenguer. A súa pretensión era restablecer o sistemaconstitucional de 1876 pero a idea dunha España republicana tiña cada vez máis partidarios.A lentitude nas actuacións de Berenguer para realizar as reformas necesarias e restablecer as liberdadesintensificou as denuncias antimonárquicas. O rei contaba cada vez con menos apoios.

7.2. O ALMIRANTE XOAN BAUTISTA AZNAR

Ante a crecente axitación política e social Berenguer foi substituído en 1931 por X.B. Aznar. O novo gobernodecidiu convocar eleccións municipais e despois as xerais. As elección municipais foron fixadas para o 12 de abril e foron consideradas como unha consulta a favor ouen contra da monarquía.O triunfo da candidaturas republicanas nas cidades foi considerado como un apoio a república-41 das 50capitais de provincia- e así o 14 de abril proclamábase a II República

Doc. 5.-Rematada a ditadura, Ángel Ossorio, que sería deputado nas Cortes republicanas, enxuíza así asituación de España:“E despois de seis anos longos de Ditadura, ¿que queda en España? (...). Roto o Exército con múltiples

sublevacións sucesivas (...); rota a Universidade, coas aulas pechadas (...); rota a Facenda, coa moedaderrubada (...); rota a Xustiza (...).Todas as forzas lexítimas, rotas; pero, en troques, intactas todas as forzas nocivas (...): o caciquismo en pé,

as súas falanxes unidas; o sindicalismo revolucionario, latente e prevido; os extremismos nacionalistas, máisesaxerados que antes; nin un só dos elementos da patoloxía nacional quedaron suprimidos ou atenuados”.

7.3. OPOSICIÓN: O PACTO DE SAN SEBASTIÁN.En agosto de 1930 un importante número de personalidades políticas –republicanos, nacionalistas,socialistas, antigos monárquicos reuníronse en San Sebastián e estableceron un acordo verbal -Pacto desan Sebastián- que comprendía o compromiso de: ⦁ Derrocar a monarquía e establecer a república parlamentaria⦁ Garantir a liberdade política e relixiosa⦁ Convocar eleccións a cortes constituíntes⦁ Abrir a posibilidade de recoñecemento de autonomía a rexións⦁ Elixir un comité revolucionario como goberno provisional no inicio da nova república.

Tras dous intentos frustrados de instaurar a república en 1930, un en Jaca e outro en Madrid (amboscometidos por militares) a vitoria nas eleccións municipais de 1931 desencadeou os acontecementos: amarcha de Afonso XIII e a proclamación da II República o 14 de abril.

8. O ESTADO NACION ESPAÑOL E OS NACIONALISMOSALTERNATIVOS. EVOLUCION DO GALEGUISMO.

8.1. O CONCEPTO DE NACIÓN

A idea moderna de nación española naceu en España vinculada as transformacións políticas liberaisrealizadas polas Cortes de Cádiz e a defensa popular do territorio fronte á invasión de Napoleón. Senembargo isto non exclúe que a diversidade territorial de España non xere sentimentos nacionais nos diversosterritorios. Nestes territorios implantarase tamén o concepto de patria, ou terra de nacemento provocando queos membros destes territorios teñan tamén conciencia de pertencer a esta patria concreta, teñan unsentimento nacional.

Existen moitísimas definicións, e moi distintas, sobre o que é unha nación e os elementos que a forman:comunidade política, pobo… formado por un territorio, etnia, lingua, cultura…. Pero todas coinciden enidentificala coa patria ou terra de nacemento e onde os seus membros teñan o sentimento de pertencer a ela(sentimento nacional). Os defensores da súa existencia como comunidade diferenciada das demais(nacionalistas ou patriotas) consideran que toda nación ten dereito a decidir libre e colectivamente o seudestino (dereito de autodeterminación), dereito que implica a capacidade para dotarse dun autogoberno e

Page 26: UNIDADE 4 RESTAURACIÓN E NACIONALISMOS...5.O REINADO DE AFONSO XIII E A CRISE DA RESTAURACIoN. 1902-1931. 5.1. A desarticulación do sistema canovista. 5.2. Os partidos políticos

  PAG

E \*

MERGEFORMA

T

 23 

formar unha nación soberana cun Estado independente, e que pode ser reclamado e defendido polaviolencia e as armas (loitas de liberación nacional).

8.2. A IDEA DO NACIONALISMO

As nacións non están predestinadas nin existen dende tempos inmemoriais senón que son o produto daevolución de distintos factores vinculados coa evolución política e ideolóxica orixinadas polas revoluciónsliberais. En España, a cuestión nacional é un tema de actualidade atopándonos dúas visións enfrontadas:Fronte a idea de España como nación –NACIONALISMO ESPAÑOL- xorden os MOVEMENTOSNACIONALISTAS PERIFÉRICOS en especial Cataluña, Galicia e País Vasco que defenden a identidade doseu territorio como nación propia e diferente, polo tanto, distinta da española

8.3. O NACIONALISMO ESPAÑOL

NACIONALISMO ESPAÑOL CONSERVADORConsidera que a nación española é un ámbito colectivo superior a vontade dos individuos, froito da historiaque dende épocas remotas estaba destinada a formar unha unidade política inseparable.REPRESENTANTES: Cánovas e Menández Pelayo ELEMENTOS DE IDENTIDADE: Coroa, Catolicismo, Península Ibérica como territorio delimitado e unidade dapatria incompatible con localismo e rexionalismos-defensa do Estado centralizado e uniforme.

NACIONALISMO ESPAÑOL LIBERAL-DEMOCRATICOConsidera que a nación española é unha construción política, un corpo de asociados unidos baixo asmesmas leis froito da vontade dos individuos na historia- vontade política.REPRESENTANTES: Pi i Margall, Ortega e Gasset, Azaña ELEMENTOS DE IDENTIDADE: participación democrática, defensa de dereitos de liberdades, laicismo.Unidade de España compatible coa descentralización e incluso coa autonomía política territorial-federais.

8.4. O NACIONALISMO PERIFÉRICO.

O longo do s. XIX aparecen en España,como noutros vellos estados europeos, intelectuais e grupospolíticos que diferencian as particularidades das zonas periféricas da Península Ibérica . No s.XIX a partir dadécada dos trinta coa entrada de gobernos liberais , chegan non so as ideas liberais senón as nacionais.

Na orixe destes movementos hai factores comúns que levan ó nacionalismo:

➢ Diversidade cultural e lingüística,dentro da monarquía española, no s. XIX xa que aínda pervivenpeculiaridades forais e de lingua (catalán, galego e vasco).

➢ Desenvólvese un conflito político cultural e económico, entre o poder central e periferia. O Estadoliberal pretende suprimir as peculiaridades xurídicas e territoriais.

➢ A débil nacionalización española, xa que no s. XIX non existe un amplo sentimento nacionalespañol.

➢ Descontento pola marcha política e económica de España.

Que defendían? No caso galego ou catalán a necesidade dunha nova organización territorial do Estadocompatible co autogoberno. No caso vasco a independencia. En ambos casos a negativa estatal radicalizouposturas.Ante esta situación xermolou en Cataluña, Galicia e o País Vasco unha ideoloxía que camiña cara áconquista dunha conciencia nacional: catalanismo, galeguismo e vasquismo. Estes movementos pasan igualque ocorreu en Europa, por etapas diferenciadas:

✓ Unha serie de intelectuais interésanse pola Historia, lingua e cultura; é o nacionalismo cultural.✓ Aparecen xunto ós intereses culturais, as reivindicacións políticas, co fin de conseguir diferentes

formas de autogoberno.As fases que atopamos neste proceso serán:Rexionalismo: termo empregado a partir da década de 1880 para cualificar aqueles movementos políticos eculturais que reivindican a descentralización administrativa e o autogoberno fronte ao estado centralizado euniformizador.Nacionalismo: movemento de defensa da consideración e do recoñecemento da comunidade propia como

Page 27: UNIDADE 4 RESTAURACIÓN E NACIONALISMOS...5.O REINADO DE AFONSO XIII E A CRISE DA RESTAURACIoN. 1902-1931. 5.1. A desarticulación do sistema canovista. 5.2. Os partidos políticos

  PAG

E \*

MERGEFORMA

T

 23 

unha nación diferenciada con dereito a dispor de soberanía política e de goberno propio. Xorden a finais doS. XIX e comezos do XX en Galicia, Cataluña e País Vasco onde aparecen partidos nacionalistas quedefenden o dereito a reivindica a nación galega, catalá ou vasca.

Doc.1. José Ortega y Gasset, na súa obra España invertebrada (1921), destaca a responsabilidade do podercentral no xurdimento dos nacionalismos:“Un dos fenómenos máis característicos da vida política española nos últimos vinte anos foi a aparición derexionalismos, nacionalismos, separatismos; isto é, movementos de secesión étnica e territorial (...).O propósito deste ensaio é corrixir a puntería do pensamento político ao uso, que busca o mal radical docatalanismo e biscaitarrismo en Cataluña e Biscaia, cando non é alí onde se encontra. ¿U-lo, pois?Para min isto non ofrece dúbida: cando unha sociedade se consome vítima do particularismo, pode afirmarseque o primeiro enamosarse particularista foi precisamente o Poder central. E isto é o que pasou en España.Castela fixo a España, e Castela desfíxoa”.

a) O CASO CATALÁNREXIONALISMO CATALÁNAs primeiras manifestacións políticas foron de carácter rexionalista, na década de 1880: defensa doautogoberno sen discutir a unidade nacional. Dúas liñas:

1. Tendencia progresista: liderada polo federalista Valentín Almirall defendía os intereses morais,materiais e culturais de Cataluña. A súa idea era modernizar o país.

2. Tendencia conservadora –tivo mais importancia na vida política. En 1887 fundouse a Lliga deCatalunya integrada por catalanistas como Prat de la Riba, Cambó, Puig e Cadafalch. En 1891creouse a Unión catalanista, e na súa primeira asemblea aprobouse o estatuto de Manresa no que serecoñecíaa autonomía, o idioma, as institucións, as cortes…..

NACIONALISMO CATALÁN

O catalanismo político foi evolucionando cara o nacionalismo. Henrique Prat de la Riba foi o primeiro enidentificar a Cataluña como nación:

1. Nacionalismo catalán conservador: Fundaron a Liga Rexionalista de Cataluña en 1901. O dirixentemáis destacado da Liga será Francisco Cambó. Os seus triunfos electorais convertérona na forzadecisiva en Cataluña. O seu gran éxito foi a aprobación da lei de Mancomunidades-1913.

2. Nacionalismo catalán progresista: Contou como representante con A. Rovira i Virgili comorepresentante que insistiu na idea de Cataluña como nación e defendeu a creación dun estadocatalán. O nacionalismo progresista caracterízase pola súa fragmentación.

a. A primeira organización abertamente independentista estará liderada por Francisco Maciá- Federacióndemocrática nacionalista,1919 e Estado catalán 1922.b. En 1931 nace Esquerra Republicana (II República), que será o partido que domine a política catalanadurante a Segunda República, conseguindo importantes logros como a aprobación do Estatuto Catalán en1932, sendo o primeiro presidente da Generalitat Francesc Maciá e o presidente do parlamento LluisCompanys.

Doc.3. Prat de la Riba (La Nacionalitat Catalana, 1906) defende a idea dun Estado catalán integrado nunhafederación española: “Consecuencia de toda a doutrina aquí exposta é a reivindicación dun Estado Catalán, en unión federativacos estados das demais nacionalidades de España. Do feito da nacionalidade catalá nace o dereito áconstitución dun Estado propio, o Estado Catalán. Do feito da unidade política de España, do feito daconvivencia secular de distintos pobos, nace un elemento de unidade, de comunidade, que os pobos unidosdeben manter e consolidar. De aquí un Estado composto”.

b) O CASO VASCOCARLISMO E FORALISMODurante a idade Media e o Antigo réxime as provincias vascas e Navarra conservaron numerosos privilexiosforais. Co triunfo do liberalismo, os liberais comezaron a defender a unificación lexislativa e a eliminación deprivilexios o que supuña un atentado contra os dereitos destes territorios. O problema foral agravouse coaguerra carlista que rematou co convenio de Vergara(1839) con resultados diferentes:a. Navarra: Lei Paccionada 1841 o que na práctica convertía a Navarra nunha provincia especial.b. Provincias vascas: Coa derrota definitiva sobre os carlistas na 3º G. carlista foron suprimidos os forosvascos aínda que Cánovas concedeu en 1878 o réxime do concerto económico que se mantivo ata1937(distribución de quintas e contribución fiscal previamente establecida).NACIONALISMO VASCO

Page 28: UNIDADE 4 RESTAURACIÓN E NACIONALISMOS...5.O REINADO DE AFONSO XIII E A CRISE DA RESTAURACIoN. 1902-1931. 5.1. A desarticulación do sistema canovista. 5.2. Os partidos políticos

  PAG

E \*

MERGEFORMA

T

 23 

1. O pensamento nacionalista vasco, fortemente independentista, estivo escabezado por Sabino Arana.As bases do seu pensamento son:

a) Crenza da liberdade inmemorial dos vascos fronte a outros pobosb) Defensa dos privilexios foraisc) Defensa da independencia dos territorios vascos de España e Francia e a súa unión nunha

entidade política denominada Euskadi.d) Defensa da raza vasca, do floklore, dos costumes...e) Desprezo dos maketos, os non vascos.

A Sabino Arana debe o nacionalismo vasco os seus principios básicos: unha bandeira: a ikurriña, unhapatria: Euskadi, uha lingua: o Euskaro, un partido: o PNV, un enimigo: os maketos.2. Partido Nacionalista Vasco-Fundado por Sabino Arana 1895. Tivo os seu primeiros éxitos políticos a partirde 1898. En 1923 foron suprimidas as organizacións políticas quedando relegadas a actuacións culturais.

Doc.2. Deus e Lei Vella segundo Sabino Arana (Regulamento de Euskeldun Batzokija, 1894): Art.3. Jaungoikua. Biscaia será católica-apostólica-romana en todas as manifestacións da súa vida interna enas súas relacións cos demais pobos.Art.4. Lagizarra. Biscaia constituirase libremente. Restablecerá en toda a súa integridade o esencial das leistradicionais chamadas Fueros. Restaurará os bos usos e costumes dos nosos devanceiros. Constituirase,senón exclusivamente, principalmente con familias de raza euskeriana. Sinalará ao Euskera como linguaoficial”.

c) O CASO GALEGO

O galeguismo é un movemento heteroxéneo que recoñece os intereses e a identidade de Galicia. Podemosdistinguir tres fases: provincialismo, rexionalismo e nacionalismo.

1. Provincialismo 1840-1885: defensa da personalidade de Galicia e crítica ao centralismo político. Podemosdistinguir dentro do provincialismo a defensa ou denuncia de cuestións:

a. Denuncia dos problemas de Galicia- destaca Antolín Faraldo que manifestou as característicasdiferenzadoras de Galicia e os seus problemas: falta de industrialización, ruralización, atraso, illamentocomo consecuencia da súa situación xeográfica...

b. Primeiras reivindicacións políticas- o pronunciamento de 1846 de Miguel Solís contra o goberno moderadode Narváez manifesta por primeira vez a necesidade do autogoberno.

c. No eido da cultura desenvolverase un movemento cultural o Rexurdimento que inicia o proceso derecuperación e dignidade da lingua e cultura galega : Rosalía, Curros, Pondal

2. Rexionalismo 1885-1916: O rexionalismo busca a defensa da dignidade de Galicia así como o dereito aautonomía política sen rachar a unidade do Estado. Dúas posturas:

a. Rexionalismo liberal: Manuel Murguía- reclama a autonomía política de Galicia mediante unhadescentralización administrativa, política e cultural. Define a Galicia como nación.

b. Rexionalismo católico e conservador: Alfredo Brañas-defendeu a idea da dobre patria. Avogou polaformación de institucións propias para o goberno das rexións.

3. Xorden as primeiras organizacións galeguistas destacando Solidaridad Gallega 1907-1912 que agrupou atodos os defensores da descentralización. O seu éxito foi relativo e breve.

4. Nacionalismo galego.

a) A primeira organización na que se manifestou o nacionalismo galego foron as Irmandades da Fala. A1º foi fundada en Coruña por Antón Vilar Ponte en 1916. A súa importancia reside na superación daindefinición ideolóxica do galeguismo xa que por primeira vez aparece unha declaración expresa donacionalismo e da idea de Galicia como nación. Para que isto ocorra serán claves as formulaciónsteóricas de V. Risco e celebración por parte das irmandades da I Asemblea nacionalista en 1918 enLugo que definiu o seu programa político-organizativo e onde se aprobou o Manifesto Final, texto noque se defendía a busca da autonomía integral de Galicia. As irmandades escindiranse en 1922 endúas liñas enfrontadas: a de participación política (I. Coruña) e a abstención (V. Risco).

b) A pesares dos múltiples problemas e da inercia política o nacionalismo irase consolidando e escritorescomo Castelao, Antón Vilar Ponte.. fundamentan os trazos esenciais da nación galega. Para osnacionalistas Galicia era unha nación diferenciada pola súa lingua, xeografía, a súa cultura...confeccionando un ideario básico: denuncia do atraso, da emigración, defensa da modernización,crítica a opresión cultural de Castela e defensa da autonomía integral. A situación de precariedade donacionalismo veuse modificada en 1931, na etapa da república onde nacerá o Partido Galeguista que

Page 29: UNIDADE 4 RESTAURACIÓN E NACIONALISMOS...5.O REINADO DE AFONSO XIII E A CRISE DA RESTAURACIoN. 1902-1931. 5.1. A desarticulación do sistema canovista. 5.2. Os partidos políticos

  PAG

E \*

MERGEFORMA

T

 23 

terá gran protagonismo político.c) Publicacións: na defensa do ideario nacionalista e da cultura galega destacan as actuacións: da revista

Nos (dirixida por Risco), e o Seminarios de Estudos Galegos....d) Dende 1929 algúns galeguista e nacionalistas participaron no partido republicano ORGA

Doc.4. Manifesto da Asambleia Nazonalista de Lugo (1918):“Tendo Galicia todas as característ icas esenciais da nacionalidade, nós nomeámonos, de hoxe para sempre,nacionalistas galegos, xa que a verba „rexionalismo‟ non recolle todas as aspiracións nin encerra toda aintensidade dos nosos problemas (...).1º. Autonomía integral para Galicia (...).3º. Cooficialidade dos idiomas galego e castelán.4º. Federación da Iberia”.

Doc.5. Constitución de 1931: “Art.1. (...) A República constitúe un Estado integral, compatible coa autonomía dos Municipios e das rexións(...).Art.11. Se unha ou varias provincias limítrofes, con características históricas, culturais e económicas comúns,acordaran organizárense en rexión autónoma para formar un núcleo político-administrativo, dentro do Estadoespañol, presentarán o seu Estatuto...”.

Doc.6. Texto de Historia de España para primeiro curso de Bacharelato (1945):“Os Reis Católicos puxeron no seu escudo a aguia, o xugo e as frechas, emblemas que pasaron ao escudode España (...). España, agora coma entón, necesita: unidade relixiosa (...); unidade política, isto é, queteñamos un só xefe ou Caudillo; unidade territorial, ou sexa, que formemos un só pobo sen divisións ninseparatismos; unidade moral, é dicir, que todos aspiremos a un mesmo dest ino”.

Doc.7. Panfleto impreso e distribuído en A Coruña en 1947:

CONCLUSIÓN

Temos que entender o nacemento destas ideas como unharesposta ó centralismo e a homoxeneización do EstadoLiberal. Esa política uniformadora levará a que cada vezteñan máis apoios as ideas nacionalistas, de tal xeito quedurante o período da Restauración van a converterse en un elemento fundamental de discordia,especialmente importante na parte final, sendo un dos piares da propia crise da Restauración. Como xacomentaramos anteriormente, a solución que vai a dar Primo de Rivera é a de suprimir todo tipo demanifestacións nacionalistas, co que ganarán máis apoios que serán claves no desenvolvemento da IIRepública, como veremos no tema seguinte.

Page 30: UNIDADE 4 RESTAURACIÓN E NACIONALISMOS...5.O REINADO DE AFONSO XIII E A CRISE DA RESTAURACIoN. 1902-1931. 5.1. A desarticulación do sistema canovista. 5.2. Os partidos políticos

RESUMO TEMA 4 RESTAURACIÓN1. O RÉXIMA DA RESTAURACIÓN: réxime liberal-conservador, non democrá�co.⦁ FUNDAMENTOS

⚪ Cons�tución conservadora 1876⚪ Coroa como poder moderador “monarquía cons�tucional doutrinaria”⚪ Quenda pacífica: liberais vs. Conservadores.⚪ Transaccionismo

⦁ CARACTERÍSTICAS: ⚪ Monarquía cons�tucional doutrinaria⚪ Réxime oligárquico e clerical⚪ Réxime non democrá�co⚪ Réxime pseudoparlamentario⚪ Estado invertebrado e débil⚪ Poder nas clases privilexiadas⚪ caciquismo ⚪ marxinación da oposición (carlistas, republicanos, socialistas, nacionalistas, obreiristas

⦁ VANTAXES⚪ Acceso o poder de todos os grupos burgueses⚪ Exclusión grupos populares⚪ Estabilidade⚪ Xiro conservador vs democracia.

2. ALFONSO XII 1875-1885⚪ Cons�tución de 1876: Serrano, conservadora, consensuada, ata 1923.⚪ Establecemento dun estado unitario:

⦁ Abolición privilexios forais vascos 1876⦁ Control dos concellos pola Lei Municipal de 1877

⚪ Inicio da quenda: alternancia pacífica e manipulación electoral.⦁ Conservadores e Cánovas 1875-1881⦁ Liberais e Sagasta 1881-1884

⚪ Pacificación do reino⦁ Terceira Guerra Carlista 1872-1876⦁ Guerra de Cuba 1868-1878 “Paz de Zanjón”

⚪ Oposición: Republicanos:⦁ Federais: Pi y Margall⦁ Unitarios: Ruiz Zorrilla

3. REXENCIA DE MARIA CRISTINA “Pacto do Pardo” 1885-1902⚪ Reformas de Sagasta: Lei de Asociaciíons 1887, lei De Xuicios 1888, sufraxio universal 1890.⚪ Caciquismo:⚪ Problemas: folgas, xornaleiros, anarquistas, nacionalismos.⚪ Desastre do 98:

⚪ Paz de París: Perda de Cuba, Filipinas, Guam e Porto Rico⚪ Consecuencias: incapacidade clases dirixentes.

⚪ Rexeneracionismo: necesidade de renovar a vida polí�ca e social do país ⚪ Xeración do 98: visión pesimista de España⚪ Oposición: republicanos: República, reformas, racionalismo. A Coruña “Uni´n Republicana”

4. ALFONSO XIII 1902-1931⚪ CARACTERÍSTICAS:

⦁ Intervencionismo monárquico⦁ Descomposición par�dos⦁ Papel do Exército⦁ Mantenemento fraude electoral e caciquismo⦁ Crecente contestación polí�ca⦁ Aumento confli�vidade social⦁ Atentados anarquistas⦁ Correntes an�clericais⦁ Enfrontamentos con Marrocos

4.1 REFORMAS DENDE ARRIBA

Page 31: UNIDADE 4 RESTAURACIÓN E NACIONALISMOS...5.O REINADO DE AFONSO XIII E A CRISE DA RESTAURACIoN. 1902-1931. 5.1. A desarticulación do sistema canovista. 5.2. Os partidos políticos

⚪ MAURA 1907-1910⦁ Lei de reforma electoral e ar�go 29⦁ Fallida lei de Administración local “mancomuniaddes provinciais”

⚪ SEMANA TRÁXICA 1909⦁ Cues�ón colonial: derrota Barranco do Lobo⦁ Mobilización reservistas⦁ Folga xeral de Barcelona 1909⦁ Represión: fusilamentos de Montjuic, Francisco Ferrer.⦁ Des�tución de Maura

⚪ CANALEJAS 1910-1912⦁ Lei do cadeado 1910: vs. Novas ordes relixiosas⦁ Lei de mancomunidades 1911: mancomunidade Catalá de 1914-1923⦁ Lei de recrutamento 1913: servizo militar obrigatorio

4.2 QUEBRA DO SISTEMA: CRISE 1917⚪ CRISE MILITAR: XUNTAS DE DEFENSA MILITAR= DEBILIDADE PODER CIVIL VS. MILITAR⚪ CRISE POLÍTICA: Asemblea extraordinaria de Cataluña 1917⚪ CRISE SOCIAL: folga xeral de 1917

4.3 QUEBRA DA QUENDA E DA MONARQUÍA CONSTITUCIONAL⚪ DEBILIDADE DOS GOBERNOS: inestabilidade, “gabinetes de concentración”, suspensión garan�as cons�tucionais.⚪ CONFLICTIVIDADE SOCIAL: maior afiliación sindicatos, fame de terras andaluza e pistolerismo.⚪ ACTIVIDADES REPUBLICANAS: Pablo Iglesias parlamentario 1910, republicanismo galego.⚪ MOVEMENTOSNACIONALISTAS E REXIONALISTAS: PNV, Lliga Rexionalista, Irmandades de Fala.⚪ O DESASTRE DE ANNUAL: Abd el Krim e Expediente Picasso.⚪ SOLUCIÓNS:

⚪ DEMOCRACIA non ⚪ DITADURA= Primo de Rivera

5. PRIMO DE RIVERA: réxime autoritario, populista e paternalista.⚪ Contexto internacional de crise do sistema liberal e da democracia, xorden os autoritarismos, crise de posguerra

ata 1924 e despois crecemento mundial xeneralizado.⚪ O 13 de setembro de 1923 ten lugar o Golpe de Estado aceptado por Alfonso XIII⚪ Oposición: nacionalistas, republicanos, movemento obreiro, intelectuais…

1.1. DIRECTORIO MILITAR 1923-1925: solución de problemas➢ REXENERACIÓN DA VIDA POLÍTICA

1.Acabar co caciquismo2.Suspensión da cons�tución3.Se crea a Unión Patrió�ca

➢ ESTABLECEMENTO DA ORDE PÚBLICA1. Controlar o movemento obreiro2. Restrición das liberdades e persecución das organización obreiras3. Extensión do SOMATEN

➢ DEFENSA DA UNIDADE DA PATRIA1. Defender a unidade de España2. Exaltación dos símbolos nacionais3. Represión e prohibición dos nacionalismo e dos seus símbolos

➢ FIN DA GUERRA DE MARROCOS1. Conseguir o dominio do protectorado marroquí2. Vitoria sobre Abd el Krim tras o desembarco de Alhucemas 1925

1.2. DIRECTORIO CIVIL 1925-1930➢ POLÍTICA: reforzo do execu�vo

1. Unión Patrió�ca2. Asemblea Nacional Consul�va: proxecto de Cons�tución de 1927

➢ ECONOMÍA: nacionalismo económico1. Intervencionismo do Estado

Page 32: UNIDADE 4 RESTAURACIÓN E NACIONALISMOS...5.O REINADO DE AFONSO XIII E A CRISE DA RESTAURACIoN. 1902-1931. 5.1. A desarticulación do sistema canovista. 5.2. Os partidos políticos

2. Nacionalismo económico (corpora�vismo autoritario): obxec�vo mellorar e modernizar España3. Desenvilvemento das industrias nacionais4. Polí�ca de infraestruturas

➢ SOCIEDADE: polí�ca social corpora�va1. Ilegalización do obreirismo sindical2. Creación da Organización Corpora�va do Traballo 19263. Lexislaxión laboral: Código do traballo 19264. Medidas sociais: distribución de comida, roupa, construcción de casas baratas…

BALANCE: CRECEMENTO PERO SEN SOLUCIONAR OS PROBLEMAS DE FONDO (PROTECCIONISMO, AGRICULTURA…).Beneficiarios: burguesía terratenente, financeira e industrial.

1.3. OPOSICION E CAÍDA DO RÉXIME:➢ OPOSICIÓN: par�dos polí�cos, nacionalismo, movemento onreiro, militares, estudantes, intelectuais….➢ CAÍDA: falta de apoyos e dimisión de Primo de Rivera o 30 de xaneiro de 1930

1.4. FIN DA MONARQUÍA 1930-1931➢ DÁMASO BERENGUER “a dictablanda”:

1. Intentará volver o sistema de 18762. Len�tude nas actuación e aumento da oposición a monarquía

➢ XOÁN BAUTISTA AZNAR1. Convocará eleccións municipais para o 12 de abril de 19312. Triunfan os republicanos e o 14 de abril proclámase a II República.

➢ PACTO DE SAN SEBASTIÁN1. Agosto 1930: reunión da oposición en San Sebas�án co obxec�vo de derrocar a monarquía, garan�r a

liberdade polí�ca e relixiosa, convocar eleccións…2. Fracaso dos intentos militares (Xaca e Madrid) e vitoria nas elección de 1931.

6. NACIÓN E NACIONALISMO⚪ NACIÓN: a idea de nación española xurde con Napoleón⚪ NACIONALISMO:

⦁ NACIONALISMO ESPAÑOL:1. CONSERVADOR: a nación española e froito da Historia (Cánovas), defenden a Coroa, o catolicismo, a unidade e

centralización de España…2. LIBERAL-DEMOCRÁTICO: a nación e froito da vontade dos individuos (Pi i Margall), defenden a democracia, os dereitos e

liberdades, o laicismo, a descentralización …⦁ NACIONALISMOS PERIFÉRICOS:

1. Contrarios ao centralismo do liberalismo español2. Defenden a par�cularidade propia e o dereito de autonomía3. Xorden como movementos culturais de recuperación da lingua e das tradicións4. Afianzan o seu carácter polí�co e a súa influencia tras a crise do 98⚪ REXIONALISMOS E NACIONALISMOS

1. CATALÁN⚪ Comeza coa Reinaxença cultural⚪ Adquirir carácter polí�co con Valen�n Almirall e a Lliga Regionalista.⚪ O seu triunfo será a aprobación do Estatuto Catalán de 1932

2. VASCO:⚪ É una reacción á supresión do sistema foral⚪ A figura máis importante é Sabino Arana, fundador do PNV⚪ Será un nacionalismo independen�sta que defenda as tradicións.

3. GALEGO⚪ Vinculado a denuncia da pobreza da rexión e ó movemento cultural do Rexurdimento.⚪ Non adquire carácter polí�co ara o século XX.⚪ Terá gran importancia na II República con o Par�do Galeguista e a ORGA, conseguíndose a aprobación do Estatuto

Galego (aínda que non a súa aplicación).