Unha nova aventura
-
Upload
silvia-lopez -
Category
Education
-
view
166 -
download
7
Transcript of Unha nova aventura
COMO
CURAMOS
UNHA DOR DE
BARRIGA?
UNHA NOVA AVENTURA
Hoxe pola mañá na nosa clase
xurdiunos un gran problema…
O noso encargado púxosenos un pouquiño
enfermiño e tivemos que ver como facer para que
se puxese mellor e puidese seguir xogando e
aprendendo con nós toda a mañá.
A Diego doíalle a barriga… e despois de moito
pensar decidimos que o mellor era facerlle unha
macela como lle fai a súa mamá e a súa avoa na
casa cando lle doe moito. E puxémonos mans á
obra…… pero non pensedes que é tan sinxelo.
Deseguido vos presentamos os pasos que
tivemos que seguir para elaborar a nosa
“menciña”.
1º
O primeiro que tivemos que facer foi buscar o
número de teléfono da súa mamá (xa que nós
non o sabíamos de memoria) e chamala por
teléfono para pedirlle permiso de se podiamos
darlle a macela ao noso amigo.
2º
O segundo que fixemos foi o máis divertido.
Fomos á sala de profes a chamar por teléfono á
mamá de Diego (que grande era e cantas sillas
había).
3º Cando a mamá de Diego e a súa avoa nos deron
permiso puxémonos mans a obra; collemos unha
silla e empezamos a falar de que cousas nos
farían falla (e por esta orde as fomos dicindo,
como vedes a auga é o menos importante, o
mási importante é o azucre).
4.
Con todos os ingredientes enriba da mesa
puxémonos a traballar.
E saiunos unha macela riquísima
Que fomos tomar á nosa clase,
despois de quitarlle o sobre de
dentro.
Sabedes cal foi o único problema
que tivemos?
Que despois a todos nos doía a barriga e todos
queríamos unha cunca de macela.
Pero a profe non tiña para todos e tampouco
podiamos poñernos a chamas a todos os papás
e mamás, así que outro día repetiremos a
experiencia probando todos.