Un día no castro de viladonga

10
Velaquí un anaco da historia do home galego que nos levará a percorrer os camiños e os arredores do Castro de Viladonga, integrado hoxe, como hai case dous mil anos, na paisaxe chairega. Desde 1971, foise retirando a terra que o cubrira co paso dos séculos, deixando á vista así moitas das súas construccións e dos obxectos que foran feitos e empregados polos homes, mulleres e nenos que deron vida a este poboado castrexo na época galaico-romana.

Transcript of Un día no castro de viladonga

Page 1: Un día no castro de viladonga

Velaquí un anaco da historia do home

galego que nos levará a percorrer os

camiños e os arredores do Castro de

Viladonga, integrado hoxe, como hai case

dous mil anos, na paisaxe chairega.

Desde 1971, foise retirando a terra que o

cubrira co paso dos séculos, deixando á

vista así moitas das súas construccións e

dos obxectos que foran feitos e

empregados polos homes, mulleres e

nenos que deron vida a este poboado

castrexo na época galaico-romana.

Page 2: Un día no castro de viladonga

Aqueles días do ano 290 da nosa Era

serían especialmente bós para Caelio,

porque os ía pasar no Castro de Vila

Dominica, a aldea dos seus avós

Circino e Alona.

Caelio, sempre atento ó que sucedía ó seu arredor e vendo que as cousas

eran algo distintas ás desta urbe na que el residía, quixo saber como era a

vida por este lugar da grande chaira lucense...

Neste Castro vivira tamén a súa nai

Nantia antes de casar co seu pai

Ambato, un bó canteiro que labraba

pedra para facer casas na cidade de

Lucus Augusti.

Page 3: Un día no castro de viladonga

-- Eu sempre vivín aquí no

Castro, pero aínda recordo

ben cando me achegaba con

meu pai ata as terras dos

Coporos, perto de Lucus.

Polo camiño, el sempre me ía

contando historias dos nosos

pobos veciños, os Cibarcos,

os Seurros...

- Avó, ¿Por que non me contas o que facías cando eras pequeno

coma min?

Page 4: Un día no castro de viladonga

- Moitas veces saía moi cedo da nosa casoupa para botar unhas carreiras

polo monte, pero como tiña que reparar das ovellas non podía chegar moi

lonxe. Ás veces, os homes maiores saían cazar cervos ou xabaríns, pero a

min gustábame máis ir pescar ó río e ós regatos que arrodean o Castro.

- ¿E en que pasabas

o tempo?

Page 5: Un día no castro de viladonga

- ¡Que sorte tiñas!, podías

pasar case todo o día fóra da

casa. A miña nai non lle gusta

moito que ande aboiado

polas rúas de Lucus, que ás

veces están cheas de xentes

procedentes de moitos sitios,

mesmo de moi lonxe.

- Aquí no Castro sempre había algo que facer fóra da casa: eu ía

ver como traballaba o ferreiro Cloutio, que facía e arranxaba

ferramentas nun obradoiro que tiña por fóra da muralla máis alta

do noso poboado.

Page 6: Un día no castro de viladonga

- Unha vez fixeramos un

taboleiro de xogo con fichas,

igualiño ós que meu pai, o teu

bisavó, vira a uns soldados

romanos que estaban na Lexión

Séptima, para aló dos montes de

Bergidum.

E cando facía bó tempo saía xogar fóra da casa co meu irmán,

mentres miña nai poñíase a fiar a lá ou o liño co que as mulleres

facían a tea dos vestidos.

Page 7: Un día no castro de viladonga

-¿Ti vivías nunha desas casas redondas?

-- Si, eu vivía nunha desas e meus pais tamén o fixeron, pero agora xa van

quedando poucas, porque hai anos que se constrúen doutra forma, case

sempre cadradas. Nelas adoitaba haber unha lareira con lume, para cociñar

a comida e tamén para quentarse, porque os invernos aquí eran fríos e

longos.

Page 8: Un día no castro de viladonga

- Era doutro xeito. Lembro que, cando eu era aínda un cativo, chegaban

mercaderes que viñan de Lucus, de Brigantium ou de máis lonxe, traendo

cousas feitas fóra de aquí para cambialas por outras que tiñamos ou que

faciamos nós. Pero agora utilizamos máis as moedas para mercar vidros,

ou pezas para adornar ás mulleres -e tamén ós homes-, ou algunhas

ferramentas especiais, ou vasos e pratos dun barro moi arrubiado que fan

fóra da Gallaecia, e outras cousas que xa case non recordo.

- Pois logo, se case todo o faciades

vós aquí, non tiñades que ir ás

tendas coma nós para mercar

comida, olas, teas, xerras e

cuncas...

Page 9: Un día no castro de viladonga

Oíndo estas historias, Caelio foi

comprendendo como a vida mudara

dende a época en que na Gallaecia non

había máis que castros para vivir. Agora,

el dábase conta que había máis sitios

onde a xente se instalaba e traballaba,

espallados polo territorio que, desde que

el recordaba, formaba parte dun Estado

que dirixía desde moi lonxe, -desde

Roma, no Mare Nostrum- un emperador

que chamaban Diocleciano.

Puido comprobar, ademais, que moitas das ferramentas, dos costumes e das formas de vida no Castro existían desde tempos moi antigos, pois o seu avó xa as lembraba de cando el era neno.

Page 10: Un día no castro de viladonga

Velaquí un anaco da historia do home galego

que nos levará a percorrer os camiños e os

arredores do Castro de Viladonga, integrado

hoxe, como hai case dous mil anos, na

paisaxe chairega.

Desde 1971, foise retirando a terra que o

cubrira co paso dos séculos, deixando á vista

así moitas das súas construccións e dos

obxectos que foran feitos e empregados polos

homes, mulleres e nenos que deron vida a

este poboado castrexo na época galaico-

romana.