Castro de Viladonga

14
CASTRO DE VILADONGA

Transcript of Castro de Viladonga

CASTRO DE VILADONGA

• Castro romanizado de ocupación continuada en época tardorromana (s. III-IV d.C.), que consta de varias murallas e fosos, dous antecastros ou áreas de expansión e unha grande croa central ou acrópole interior circular (10.000 m2 de superficie), onde se dispoñen en barrios (unidades familiares) os diferentes restos de construcións circulares (máis antigas) e cuadrangulares (influencia da romanización), muros soltos, e sinais de fogares ou sucos feitos nas rochas.

CONSTRUCCIÓN CIRCULAR

CONSTRUCCIÓN RECTANGULAR

HABITACIÓN CON LAREIRA

• Tamén pode observarse unha casa máis alongada que sería o lugar de reunión social e culto relixioso. A aparición casual en 1911 dun torques de ouro levou a que entre 1971-78 o arqueólogo Chamoso Lamas realizase sucesivas campañas de excavación, que se prolongaron durante os anos 80 e ata hoxe. O abundante material atopado induciu á creación dun museo arqueológico.

Historia da súa excavación…

• O recinto aparece mencionado na bibliografía de comezos do século XX, Manuel Amor Meilán xa o cita na súa obra Historia de la Provincia de Lugo (Lugo, 1918).

• Grazas á iniciativa de Ramón Falcón Rodríguez realizáronse traballos arqueolóxicos desde 1971 a 1978.

• Entre 1972 e 1975 as escavacións estiveron a cargo de Manuel Chamoso Lamas. Nas catro campañas exhumáronse a maioría das construcións da croa, de gran diversidade tipolóxica, e fixéronse catas noutros puntos do sitio (antecroas e sistemas defensivos).

• Na campaña de 1983, a cargo de Felipe Arias Vilas, marcáronse os seguintes obxectivos:

– Escavación e retirada dos muros testemuñas de terra deixados nas escavacións anteriores.

– Comprobación da estratigrafía dos restos de estruturas da croa.

– Rozado e limpeza do terreo intramurallas.

– Continuación de traballos museolóxicos.

– Levantamento topográfico e elaboración de planos (1984).

Achados

• No ano 1911 apareceu no castro un torque de ouro con remates en perilla, de 20 quilates e un peso de 180 gramos, e que na actualidade se conserva no Museo Provincial de Lugo

• Nas escavacións de 1972-1975 atopouse outro torque de tipoloxía similar ao aparecido en 1911, pero de ouro máis baixo. Tamén atopáronse un anel de ouro con chatón de esmeralda, e dous aúreos de Arcadio, así como apliques, broches, fíbulas, compases ou un pasarrendas de cabalo.

• Outros achados salientables foron os de dous taboleiros de xogo "tabula latrunculata", un machado de talón de bronce de 4 anelas e un puñaliño de antenas de bronce.

BROCADOS DO CASTRO DE VILADONGA

No te pierdas…

• http://www.aaviladonga.es/index.php?componente=seccion&arch=index&id=63&clase=rosa&idmenu=2

• http://www.xunta.es/dog/Publicados/2009/20091228/Anuncio43CAA_gl.html

• https://www.youtube.com/watch?v=CHUEpbNAbz4

• https://www.youtube.com/watch?v=bewrerKRNVM

• NOVEDAD! http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/castro-de-rei/2015/06/07/nuevos-hallazgos-aportan-datos-muralla-original-castro-viladonga/0003_201506L7C14991.htm