Ultraxadas mulleres na nosa memoria

30
O FRANQUISMO E A REPRESIÓN CONTRA A MULLER RAPADAS, VIOLADAS, EXCLUÍDAS, SILENCIADAS

Transcript of Ultraxadas mulleres na nosa memoria

Page 1: Ultraxadas mulleres na nosa memoria

O FRANQUISMO E A REPRESIÓN CONTRA A MULLER

RAPADAS, VIOLADAS, EXCLUÍDAS, SILENCIADAS

Page 2: Ultraxadas mulleres na nosa memoria

1- A GUERRA E OS PRIMEIROS ANOS DO

FRANQUISMO

Page 3: Ultraxadas mulleres na nosa memoria

Durante a guerra e os primeiros anos do franquismo, os fascistas exerceron unha violencia específica contra a muller. A violación, o abuso físico de todo tipo, a violencia sobre os seus fillos, e tralo asasinato dos seus compañeiros, a negación do seu estado de viuvez, a prohibición de levar loito ou exteriorizar a dor.

A negación sistemática de traballos cos que puidesen manterse e manter os seus fillos e fillas, son formas de violencia que se exerceron especificamente contra as mulleres republicanas ou mulleres con familiares republicanos.

Page 4: Ultraxadas mulleres na nosa memoria

A violación das mulleres nos conflitos bélicos ven de moi lonxe e chega ata os nosos días.Os Convenios de Xenebra, convenios internacionais que rexen os conflitos armados e que foron firmados hai medio século, prohíbena. Neles dise: «As mulleres serán especialmente protexidas... contra a violación, a prostitución forzada e todo atentado ao seu pudor».Sen embargo, en case todos os conflitos bélicos se producen, porque o corpo das mulleres está considerado parte do botín de guerra.

Page 5: Ultraxadas mulleres na nosa memoria

A violación como arma de guerra non é senón un reflexo da desigualdade da nosa sociedade. Os exemplos máis recentes témolos no Congo, onde arredor de medio millón de persoas (na maioría mulleres) foron violadas na guerra. Cifras similares se barallan en Ruanda.Na guerra de Bosnia (antiga Iuogoeslavia), entre 20.000 e 40.000 mulleres foron violadas de maneira sistemática.

Page 6: Ultraxadas mulleres na nosa memoria

Marcadas socialmente polo seu parentesco e a miúdo arruinadas economicamente pola incautación de bens e a falta do sostén da familia, tiveron que padecer en silencio as súas traxedias, ás veces en completa soidade.

Mención especial merece o sufrimento que houberon de soportar as miles de vítimas femininas colaterais, é dicir, as nais, as viúvas e as orfas dos asasinados.

Non é de estrañar que moitas delas toleasen de dor como Antonia Pardo Méndez, viúva do artista Camilo Díaz Baliño e nai do polifacético Isaac Díaz Pardo.

Page 7: Ultraxadas mulleres na nosa memoria

“En Cantabria, moitas mulleres, tras a entrada dos “nacionais”, foron represaliadas: detencións, encarceramentos, fusilamentos, vexacións, etc. No Salón Olimpia de Torrelavega, habilitado como cárcere, estiveron presas Antolina Materranz e unha moza moi guapa, duns dezasete anos, que se chamaba Fidelita, que era case unha nena, unha rapaza encantadora, pero cuxo delito foi ser filla duns pais de esquerdas e recitar poesía no teatro (...) A Fidelita as carcereiras cortáronlle o pelo ao cero e, para ridiculizala aínda máis, deixáronlle un guedello longo atrás, para amarrarlle un lazo vermello (...) Visitaron o cárcere cinco falanxistas e acordaron, xunto ás gardiás, sacala aquela noite. As compañeiras quedaron horrorizadas cando, ás poucas horas, viron chegar a Fidelita feita un farrapo humano. Caeu de fociños e as compañeiras non foron quen de que ela contase que fixeran con ela aqueles asasinos. Só podía dicir: “Foron cinco, foron cinco”.

TESTEMUÑA: FORON CINCO

Page 8: Ultraxadas mulleres na nosa memoria

“Nuestros valientes legionarios y regulares han enseñado a los cobardes de los rojos lo que significa ser hombre. Y, de paso, también a las mujeres. Después de todo, estas comunistas y anarquistas se lo merecen, ¿no han estado jugando al amor libre? Ahora por lo menos sabrán lo que son hombres de verdad y no milicianos maricas. No se van a librar por mucho que forcejeen y pataleen”. Gonzalo Queipo de Llano (1875-1951, tenente xeneral)

QUEIPO DE LLANO: HOMES DE VERDADE

Page 9: Ultraxadas mulleres na nosa memoria

Dispararon á cabeza da mapoula,máis medraron libres as silveiras e nunca desfaleceron as ideas.

Dispararon ao corazón de rosamais volveron voar as bolboretas e nunca feneceron os amores.

Matárona co prexuízo sen xuízocomo quen queima xestas florecidas e por iso é patrimonio da xustiza.

Chamábase Juana Capdeviellecomo podía chamarse a vida mesmamorreu, como viviu, de amor e liberdade.

En Rábade deixounos un carabelpara reinventar o amar, un xirasolco que pacer a paz, e unha violetapara fabricar futuros máis muller.

Claudio Rodríguez, A Juana Capdevielle”,incluído en “As costureiras” e en Ámote vermella

Page 10: Ultraxadas mulleres na nosa memoria

Ante o temor da tortura e dunha morte indigna, moitos antifascistas preferiron suicidarse antes que caer en mans do inimigo. O suicidio colectivo máis numeroso foi o protagonizado por nove fuxitivos que pretendían escapar no bou Eva, dende o porto de Vigo, o 23 de abril de 1937. Entre eles atopábase Carmen de Miguel Agra, nai moza de dúas fillas, que preferiu suicidarse co seu marido, Ángel Nogueira Nogueira, antes de ser apresada. 

Page 11: Ultraxadas mulleres na nosa memoria

As Marías“Entre as pedras que máis amo pisar e aínda paseo están as da vella Compostela antiga. Cando as piso paseando pasades vós, as tres Marías, miñas mulleres da irmandade anarquistas dos Fandiño, que sabedes, por amor, da loita libertaria, do exilio, do cárcere, do maltrato, da tortura e da morte provocada polo fascismo. E con vós pasa e queda para sempre en Compostela o orco da vella da vida multicolor que levades nos vosos corpos, co branco da vosa alba inocencia e o negro da acracia que nace no máis vermello do voso corazón.”

(A memoria esquecida: Peladas, presas, paseadas)

REPRESALIADAS EN COMPOSTELA: AS MARÍAS

Page 12: Ultraxadas mulleres na nosa memoria

Maruxa e Coralia Fandiño, popularmente coñecidas como “As Marías”, naceron en Santiago (Maruxa en 1898, Coralia en 1914), nunha familia humilde: pai zapateiro e nai costureira. Os seus irmáns eran líderes destacados do sindicato CNT. Ao producirse a sublevación franquista, un deles foi “paseado”, e os outros dous fuxiron. Foi a elas a quen lles tocou vivir a represión. Cóntase que sufriron torturas para que confesasen onde estaban os seus irmás. Dise que foron rapadas, espidas na rúa, humilladas...dise tamén que foron violadas. Rapar o pelo era un xeito habitual de represalia contra as mulleres de familias “roxas”.

Page 13: Ultraxadas mulleres na nosa memoria

Traballaban como costureiras, pero a raíz das represalias, perderon o seu medio de vida, xa que ninguén lles quería encargar vestidos por medo a seren vinculados con elas e sufrir represalias tamén.Para quen non coñecía a súa historia, eran dúas tolas que se vestían de xeito estrafalario. Pero sabendo o que sufriron, podemos entender como a loucura foi para elas unha maneira de fuxir da realidade, e a indumentaria estrafalaria un xeito de negar o lado gris da vida por medio do colorido das súas roupas. En 1994 instalouse na Alameda de Santiago unha escultura que recorda ás dúas irmás. As Marías representan dalgún modo a tódalas mulleres que sofren a represión por causa das guerras.

Page 14: Ultraxadas mulleres na nosa memoria

TESTEMUÑA SOBRE AS PELAS. VILAGARCÍA DE AROUSA:Saímos da habitación. Sen saber como, fómonos sentando nas escaleiras. A tía Carlota comezou a

contarnos o sucedido:

-Chegamos alí. Na porta había dous falanxistas con fusís facendo garda. Dixémoslles que nos mandaran chamar. "Suban ao primeiro andar". Polo camiño ouvimos algúns gritos de mulleres. Luísa quería dar volta atrás. En seguida saíu un falanxista que nos dixo autoritario: “Veñan por aquí”. Fíxonos entrar nunha habitación e alí atopamos o que nos agardaba. Sete ou oito mulleres, unhas co pelo xa cortado e outras ás que llelo estaban a cortar, aínda, pola forza, Luísa, ao ver aquilo parecía que ía volverse tola: “A min non, a min non”, empezou a gritar. “a min non mo van cortar!”, e correu cara á porta . Dous falanxistas abalanzáronse sobre ela e a suxeitaron. Ela, impotente dicíalles: “Mátenme, mátenme, pero eu non mo deixo cortar”. Arrastrárona até unha cadeira. Ela defendíase como podía, cos puños e cos pés. “Mátenme, mátenme!”, insistía. Veu un terceiro e empezou a cortar. Ela, suxeita xa polos brazos, daba golpes coa cabeza, lla inmobilizaron tamén. Esgotada, desfeita xa, continuaba: “Mátenme, mátenme!”, pero non rematou aí a felonía deste. Ao rematar co pelo, marcáronlle a fronte, con nitrato de prata unhas letras; deixárona ao fin alí tirada, presa dun verdadeiro ataque de nervios. Eles mentres tanto, facíana obxecto das máis crueis burlas. Despois tocoume a vez a min, pero eu non ía darlles o gusto. Sentei, o máis oronda e díxenlles: “Que ben, así vanme aforrar por un tempo o perruqueiro”.

A tía Carlota deu por rematado o seu relato.

Page 15: Ultraxadas mulleres na nosa memoria

“O rapado público do pelo tiña a virtualidade de facer que as mulleres transgresoras da orde tradicional, seguindo os ditados da Segunda República, volvesen ao ámbito privado do fogar, avergonzadas e “marcadas” para sempre. Se durante a República algunhas mulleres puideran legalmente “soltar o pelo”, agora eran peladas para castigar a súa insubmisión á orde social tradicional que os que ían vencendo na Guerra Española querían impoñer a toda costa, para retraelas socialmente aos seus fogares, fogares que en moitos casos a guerra destruíra, devolvéndoas aos seus redutos domésticos, dos que nunca deberon ter saído.” “Las rapadas. El franquismo contra la mujer” Enrique González Duro

Page 16: Ultraxadas mulleres na nosa memoria

“Y lo peor son los domingos, cuando la Plaza del Castillo se llena de gente después de la salida de misa de doce y todo están tomando el aperitivo. Es cuando aprovechaban para pasear en fila a las mujeres que pasaban por rojas, desaliñadas del todo, cortado el pelo al rape y afeitadas las cejas. ¡Hay que ver cómo las insultan y qué cosas se les dice!”

Page 17: Ultraxadas mulleres na nosa memoria

"Son unha rapada da represión. Fun humillada e vou marcada. Non me importa. Nada disto me penetra. Estou viva. Acariño o meu cranio cos seus pensamentos libres intactos e saio á rúa orgullosa do meu rapado. Eles cortáronme o pelo pero eu reafirmeime aínda máis na miña personalidade absolutamente libre. E solidarízome con todas as persoas peladas agraviadas polo poder. E proclamo a beleza da pel espida do cacume coa cabeza alta."

Algunhas mulleres tiñan o coraxe de afrontar o rapado con rebeldía e a cabeza ben alta.

Page 18: Ultraxadas mulleres na nosa memoria

Asasináronas,mais sempre estarán vivas en nós.

Encarceráronas,mais sempre estarán libres ennós.

Exiliáronas,mais sempre estarán dentro de nós.

Acaláronas, mais sempre falarán para nós.

Claudio Rodríguez

Page 19: Ultraxadas mulleres na nosa memoria

“Unha rapaza de quince anos, Laura Contreras, foi violada no cuartel da Garda Civil por un dos seus gardiáns. Gardas civís, falanxistas, requetés e gardas cívicos aplicaban arbitraria e discrecionalmente o corte de pelo e a inxesta de aceite de ricino, como un método de castigo máis ou menos visible. Ás veces pasábanse co ricino -ata un litro inxerido a través dun funil- e as vítimas morrían ás poucas horas, entre os vómitos sanguíneos e fecais, con lesións intestinais, irreversibles. As torturas, as malleiras e as vexacións eran continuas, e a única maneira de evitalas era fuxir ao monte ou ao exilio.”“Las rapadas. El franquismo contra la mujer” Enrique González Duro

Page 20: Ultraxadas mulleres na nosa memoria

O EXILIO

Page 21: Ultraxadas mulleres na nosa memoria

Chámase exilio republicano español ao conxunto de persoas que, por motivos ideolóxicos ou por temor ás represalias, se viron obrigadas a abandonar España cando Franco chegou ao poder.Só en Francia, calculábase que ao final da guerra civil española había máis de 400.000 persoas refuxiadas.

Page 22: Ultraxadas mulleres na nosa memoria

Algunhas desas persoas regresaron a España cando a situación llelo permitiu. Moitas outras, como María Casares, acabaron por adaptarse ao país que as acolleu.

Ao estoupar a 2ª guerra mundial, unha parte dos exiliados españois foi parar a campos de concentración alemáns

A actriz de orixe galego María Casares

Exiliados españois en Mathausen

Page 23: Ultraxadas mulleres na nosa memoria

Algunhas persoas exiliadas, como María Casares, non quixeron volver a saber da súa patria, onde tanto sufriran.

"Vin a luz por primeira vez en 1922. A terra coa que fun feita é Galicia. Nacín no teatro Mathurins. A miña patria é o teatro, e o meu país de orixe a España Refuxiada. A miña patria é o teatro; e os dramas, as traxedias, as farsas, melodramas, sainetes, comedietas, milagres ou misterios, toda a comedia humana, en fin, que nel se representa, é a que vivo".

"Residente privilexiada", María Casares

Page 24: Ultraxadas mulleres na nosa memoria

A REPRESIÓN DAS MULLERES DURANTE O FRANQUISMO

Page 25: Ultraxadas mulleres na nosa memoria

Durante o franquismo os cargos políticos ocupábanse por designación, non por elección. O dereito ao sufraxio universal (voto) desapareceu. Os partidos políticos estaban prohibidos, e os dereitos de reunión e asociación, restrinxidos. Non se podían reunir máis de 20 persoas sen permiso expreso do gobernador civil.A prensa estaba sometida a censura previa, para evitar que se publicasen noticias ou contidos contrarios ao réxime.

Na imaxe, Franco co militar nazi Himmler

Page 26: Ultraxadas mulleres na nosa memoria

As mulleres perderon os dereitos que lles tiña outorgado a constitución de 1931, como o dereito a voto ou a igualdade co varón. Tampouco tiñan acceso ao mercado laboral, só podían traballar se eran solteiras ou viúvas. Ao casar, tiñan que firmar o despido voluntario un mes antes da voda. A situación da muller mellorou un pouco a partir de 1959, co chamado "Plan de estabilización", que permitía o seu acceso ao mercado laboral.

Na imaxe: mulleres exercendo o voto en 1933. Co franquismo, perderían ese dereito recén adquirido.

Page 27: Ultraxadas mulleres na nosa memoria

“Cada cosa en su sitio. Y el de la mujer no es el foro, ni el taller, ni la fábrica, sino el hogar, cuidando de la casa y de los hijos, y de los hábitos primeros y fundamentales de su vida volitiva y poniendo en los ocios del marido una suave lumbre de espiritualidad y de amor». MAILLO, A. Educación y revolución. Los fundamentos de una Educación nacional. Madrid. Editora Nacional. 1943. Páxs 93−94

A muller quedou relegada ao territorio do doméstico, impedíndose o seu desenvolvemento profesional. Dependía para todo do seu pai ou do seu marido, a lei considerábaa como unha menor de idade.Pasouse así dunha represión física, a da guerra e os primeiros anos do franquismo (violacións, rapado, ricino, torturas…) á represión psicolóxica e social, que lle negaba á muller un papel de suxeito de pleno dereito na sociedade.

Page 28: Ultraxadas mulleres na nosa memoria
Page 29: Ultraxadas mulleres na nosa memoria
Page 30: Ultraxadas mulleres na nosa memoria