MEMORIA PROGRAMA ADA INTEGRA - coruna.gal · Desde a nosa experiencia, vemos a necesidade de seguir...

21
Data informe: 31 de decembro de 2010 MEMORIA PROGRAMA ADA INTEGRA: “espacio intercultural para a Igualdade de Xénero na sociedade da información e a participación cidadá” Centro de Información ás mulleres (CIM) Concellaría de Igualdade e Participación cidadá CONCELLO DA CORUÑA

Transcript of MEMORIA PROGRAMA ADA INTEGRA - coruna.gal · Desde a nosa experiencia, vemos a necesidade de seguir...

Page 1: MEMORIA PROGRAMA ADA INTEGRA - coruna.gal · Desde a nosa experiencia, vemos a necesidade de seguir traballando, reafirmando as ... • Para a creación dunha rede de mulleres na

Data informe: 31 de decembro de 2010

MEMORIA PROGRAMA ADA INTEGRA:

“espacio intercultural para a Igualdade de Xénero na sociedade da

información e a participación cidadá”

Centro de Información ás mulleres (CIM)

Concellaría de Igualdade e Participación cidadá

CONCELLO DA CORUÑA

Page 2: MEMORIA PROGRAMA ADA INTEGRA - coruna.gal · Desde a nosa experiencia, vemos a necesidade de seguir traballando, reafirmando as ... • Para a creación dunha rede de mulleres na

Páx.

1. INTRODUCIÓN/XUSTIFICACIÓN --------------------------------------------------- 3

2. OBXECTIVOS ----------------------------------------------------------------------------- 4

3. TEMPORALIZACIÓN -------------------------------------------------------------------- 4

4. POBOACIÓN DESTINATARIA -------------------------------------------------------- 5

5. ACTUACIÓNS REALIZADAS----------------------------------------------------------- 5

5.1. Fase de difusión ------------------------------------------------------------------- 55.2. Fase de acollida, asesoramento e seguimento individualizado - 75.3. Actividades formativas en NTIC´S ------------------------------------------- 85.4. Actividades sociocomunitarias --------------------------------------------- 95.5. Elaboración de material informativo ------------------------------------- 115.6. Sensibilización cidadá --------------------------------------------------------- 125.7. Atención integral e complementaria ------------------------------------ 16

6. CALENDARIZACIÓN -------------------------------------------------------------- 17

7. METODOLOXÍA DE TRABALLO -------------------------------------------------- 17

8. RECURSOS HUMANOS ------------------------------------------------------------- 18

9. AVALIACIÓN -------------------------------------------------------------------- 18

ANEXOS ----------------------------------------------------------------------------- 22

ÍNDICE

Page 3: MEMORIA PROGRAMA ADA INTEGRA - coruna.gal · Desde a nosa experiencia, vemos a necesidade de seguir traballando, reafirmando as ... • Para a creación dunha rede de mulleres na

O feito de que cada vez máis mulleres vense implicadas nos procesos migratorios en A

Coruña, fainos ver que cómpre implantar programas e servizos específicos para a

integración destas persoas na comunidade en que van vivir, sen esquecernos da

perspectiva de xénero.

As circunstancias persoais que atravesan moitas das mulleres inmigrantes (vítimas de

violencia de xénero, monoparentais, menor cualificación e recursos económicos,

sociais…) esixen procesos de apoio e intervención social e laboral desde unha óptica

multidisciplinar, o que supón proporcionar apoio emocional, motivación, pautas para

a adquisición de hábitos laborais e traballar sobre a súa autoestima e mais o seu

empoderamento como complemento do seu itinerario vital.

O Espazo Intercultural ADA ponse en marcha no ano 2008 como unha nova iniciativa

do Centro de Información ás Mulleres (CIM) dirixida a mulleres, prioritariamente,

mulleres inmigrantes. A finalidade deste programa era configurar un espazo onde as

principais destinatarias, puidesen materializar a súa participación de dúas maneiras:

- poñendo en común as súas experiencias, aspiracións, necesidades, demandas e

expectativas e favorecendo o artellamento de redes de apoio formais ou

informais;

- facilitando formación e información útil tanto para o seu desenvolvemento

persoal como para a súa inserción social e laboral, favorendo a súa autonomía

para o logro dun maior empoderamento das mulleres.

Desde a nosa experiencia, vemos a necesidade de seguir traballando, reafirmando as

conclusións ás que se chegaron tras o traballo desenvolvido os anos anteriores:

• Necesidade de dispor dun ESPAZO de encontro para mulleres migradas onde

partindo do traballo instrumental empregando as NTICs, as mulleres podan

acudir e atopar unha rede de relacións interpersonais que servirá de apoio e

reforzo e onde os vínculos afectivos adquiren unha connotación especial.

• Para a creación dunha rede de mulleres na que fomentar a participación das

mesmas é importante traballar coa sociedade de acollida, incorporando

mulleres autóctonas nalgunha das actividades plantexadas e consolidar o

proceso de integración.

1.- INTRODUCCIÓN/XUSTIFICACIÓN

Page 4: MEMORIA PROGRAMA ADA INTEGRA - coruna.gal · Desde a nosa experiencia, vemos a necesidade de seguir traballando, reafirmando as ... • Para a creación dunha rede de mulleres na

• Ter en conta que dado o perfil das participantes (a maioría en risco ou en

situación de exclusión social) é necesario moito traballo de contención

emocional, MOTIVACIÓN e acompañamento nos seus itinerarios tanto a nivel

persoal, familiar, social e laboral.

• É importante motivalas para que participen nas actividades de índole

sociocultural, en conxunto con mulleres autóctonas, pois contribúen á redución

de stress e angustia que xera a situación vital pola que atravesan moitas delas.

Asemade, reforzan o sentimento de pertenza a un grupo, e favorecen o

benestar físico, mental e social.

Por todos estes motivos, no segundo semestre do ano 2010, damos continuidade ás

actividades que configuran este Espazo Ada, a través do PROGRAMA ADA INTEGRA,

completando e mellorando as aprendizaxes obtidas e respondendo as demandas e

suxestións das mulleres participantes.

1.-

Son varios os obxectivos que orientan o funcionamento do programa no período

comprendido entre xullo e decembro de 2010:

• Favorecer a integración social e laboral e a participación activa das mulleres

inmigrantes a través da posta en funcionamento dun espazo grupal de

encontro e formación, empregando como recursos fundamentais as

tecnoloxías da comunicación e a información.

• Favorecer os vínculos entre as mulleres autóctonas (organizadas ou non) e as

mulleres inmigrantes, así como entre as mulleres inmigrantes de diversas

procedencias; artellando medidas de encontro e traballo conxunto coa

finalidade de crear unha rede de mulleres.

• Promover a conciencia de xénero nas mulleres co apoio de ferramentas

informáticas.

• Sensibilizar e traballar coa sociedade de acollida.

2.- OBXECTIVOS

3.- TEMPORALIZACIÓN

Page 5: MEMORIA PROGRAMA ADA INTEGRA - coruna.gal · Desde a nosa experiencia, vemos a necesidade de seguir traballando, reafirmando as ... • Para a creación dunha rede de mulleres na

Data Inicio do Programa: 1 de xullo de 2010.

Data Fin: 31 de decembro de 2010.

As destinatarias deste programa son as mulleres residentes no Concello da Coruña,

preferentemente, as mulleres inmigradas e, de ser o caso, as súas fillas e fillos,

facilitando deste xeito a súa introdución á sociedade de acollida, resolvendo posibles

necesidades de formación e acompañamento á incorporación social e laboral.

Este ano, a alta participación de mulleres autóctonas favoreceu unha efectiva

interculturalidade, consolidando unha rede de mulleres procedentes de múltiples

países.

Outras destinatarias:

• Entidades, asociacións e ONG´s especializadas no ámbito das migracións,

servizos sociais e igualdade, estudantes e organizacións de mulleres.

• Cidadanía en xeral

DAD

1.- Vía mail

Realizouse o envío de mails a todas as entidades públicas e privadas coas que

colaboramos no Programa ADA nos anos anteriores informándolles do comezo do

Programa Ada Integra e facilitándolles unha Ficha de Derivación/inscrición1 para cubrir

cos datos de todas aquelas mulleres interesadas en participar.

1

4.- POBOACIÓN DESTINATARIA

5.- ACTUACIÓNS REALIZADAS

5.1. FASE DE DIFUSIÓN

5.1.1- Contacto con entidades públicas e privadas

Page 6: MEMORIA PROGRAMA ADA INTEGRA - coruna.gal · Desde a nosa experiencia, vemos a necesidade de seguir traballando, reafirmando as ... • Para a creación dunha rede de mulleres na

Nº de entidades públicas contacto vía mail 23Nº de entidades privadas contacto vía mail 52

Nº TOTAL ENTIDADES CONTACTADAS VIA MAIL 75

2.- Contacto telefónico

Como estratexia de reforzo ao contacto vía mail, a través do contacto telefónico

informouse do comezo do Programa Ada Integra e establecéronse as primeiras citas

para a realización de entrevistas coas entidades colaboradoras, tanto públicas como

privadas.

Nº de entidades públicas contacto telefónico 16Nº de entidades privadas contacto telefónico 12

Nº TOTAL ENTIDADES CONTACTADAS TELEFONICAMENTE 28

Foron diversas as formas a través das cales as mulleres participantes tiveron

coñecemento do Programa, a continuación as recollemos:

Nº de mulleres contacto telefónico base de datos Adas anteriores 49 26%Nº de mulleres derivadas doutros servizos do CIM 29 16%Nº de mulleres derivadas doutras entidades públicas e privadas 40 22%Nº de mulleres que se informaron por outras mulleres ADAS (efecto bola de neve)

45 24%

Nº de mulleres que contactaron directamente 22 12%TOTAL MULLERES CONTACTADAS 185 100%

É interesante salientar que, o 26% das mulleres que participaron este ano xa o fixeron

en anos anteriores e que o 24% accedeu polo efecto boca a boca (bola de neve), o

que constata o alto interese do programa por parte das participantes. Sinalar ademais

que o 22% das participantes veñen derivadas doutras entidades públicas e privadas

(centros cívicos municipais e ONG´s principalmente) e o 16% veñen derivadas doutros

servizos do CIM, o que constata o bo traballo de coordinación realizado.

Se analizamos a participación das mulleres no programa, en función do seu lugar de

procedencia podemos destacar que tivemos unha diversidade cultural moi

interesante ao convivir dentro do Espazo Ada mulleres de 18 diferentes lugares de

orixe.

5.1.2- Contacto con mulleres interesadas no programa ADA

Page 7: MEMORIA PROGRAMA ADA INTEGRA - coruna.gal · Desde a nosa experiencia, vemos a necesidade de seguir traballando, reafirmando as ... • Para a creación dunha rede de mulleres na

LUGAR DE PROCEDENCIA Nº DE MULLERES %BRASIL 15 8 %

ARXENTINA 11 6 %URUGUAI 11 6 %

COLOMBIA 9 5 %PERU 8 4 %

VENEZUELA 5 3 %MARRUECOS 4 2 %

REPÚBLICA DOMINICANA 4 2 %MEXICO 3 1,5 %

RUSIA 3 1,5 %SENEGAL 2 1 %BOLIVIA 1 0.5 %

PARAGUAI 1 0.5 %RUMANIA 1 0.5 %ECUADOR 1 0.5 %CAMERUN 1 0.5 %

CABO VERDE 1 0.5 %TOTAL MULLERES DIFERENTES PAISES: 81 44%

TOTAL AUTÓCTONAS: 87 47%NON DISPOÑEMOS DE DATOS: 17 9%

TOTAL MULLERES 185 100%

Coa finalidade de dar a coñecer o Programa, de establecer mecanismos de

colaboración e de coordinación, así como de recoller e intercambiar información de

utilidade sobre diferentes temas demandados polas mulleres, establecéronse reunións

con diferentes entidades .

Nº de reunións con entidades públicas 8Nº de reunións con entidades privadas 1

0TOTAL REUNIÓNS ENTIDADES 1

8

5.1.3- Reunións con entidades públicas e privadas

5.2. FASE DE ACOLLIDA, ASESORAMENTO E SEGUIMENTO INDIVIDUALIZADO

Page 8: MEMORIA PROGRAMA ADA INTEGRA - coruna.gal · Desde a nosa experiencia, vemos a necesidade de seguir traballando, reafirmando as ... • Para a creación dunha rede de mulleres na

O acollemento é un momento clave na intervención con mulleres inmigrantes, pois

implica o seu primeiro contacto co noso programa e cos servizos que lles ofertamos.

Nesta fase establecemos un plan de traballo personalizado, a través dunha primeira

entrevista, para poder traballar de forma conxunta, eficaz e acorde coas súas

necesidades reais, no que se teñan en conta aspectos como:

o Establecer un clima de confianza na primeira entrevista.

o Ter una actitude aberta.

o Explicar a confidencialidade de todos os asuntos tratados.

o Informar sobre dereitos e recursos axeitados a cada situación.

o Facer ver que ela é a protagonista do seu propio desenvolvemento

persoal e social, evitando relacións de proteccionismo e victimización.

o Potenciar a coordinación entre entidades, a través da derivación a

servizos e programas que máis se axusten ás súas necesidades.

Durante o Proxecto realizáronse un total de 9 Cursos de Formación en novas tecnoloxías2:

DENOMINACIÓN DATAS/HORARIOS Nº MIGRANTES

Nº AUTÓCTONAS

INFORMÁTICA BÁSICA Do 12 ao 23 de xullo De 11 a 13 h

1 7

INFORMÁTICA BÁSICA Do 6 ao 27 de setembro/De 5 a 7 h 5 2INFORMÁTICA BÁSICA II

Do 12 ao 23 de xullo De 9 a 11 h

5 4

INFORMÁTICA BÁSICA Do 6 ao 27 de setembro luns, mércores e venres de 11 a 13 h

4 6

INTERNET Do 14 ao 30 de setembro Martes e xoves de 10 a 12,30 h

2 5

INTERNET Do 14 ao 30 de setembro Martes e xoves de 16,30 a 19 h

4 5

INFORMÁTICA BÁSICA Do 4 ao 25 de outubro Luns, mércores e venres de 16,30 a 18,30 h

2 8

2

Nº total de mulleres entrevistas individualizadas mes de xullo 18Nº total de mulleres entrevistas individualizadas mes de agosto 13Nº total de mulleres entrevistas individualizadas mes de setembro 11Nº total de mulleres entrevistas individualizadas mes de outubro 7Nº total de mulleres entrevistas individualizadas mes de novembro 2Nº total de mulleres entrevistas individualizadas mes de decembro 2

TOTAL MULLERES ENTREVISTADAS 53

5.3. ACTIVIDADES FORMATIVAS EN NOVAS TECNOLOXÍAS

Page 9: MEMORIA PROGRAMA ADA INTEGRA - coruna.gal · Desde a nosa experiencia, vemos a necesidade de seguir traballando, reafirmando as ... • Para a creación dunha rede de mulleres na

OFIMÁTICADo 26 de outubro ao 25 de novembroMartes, mércores e xoves de 16,30 a 18,30 h

3 7

OFIMÁTICA Do 27 de outubro ao 1 de novembro Luns, mércores e venres de 11 a 13 h

5 5

Nº TOTAL CURSOS: 9 Nº TOTAL PARTICIPANTES: 80 31 49

Dentro do Programa Ada é preciso destacar o traballo de información, sensibilización

e formación non limitado a temas de emprego, senón traballando a participación

social efectiva das mulleres na vida da cidade.

Neste contexto, se desenvolveron un total de 8 actividades de carácter social, lúdico

e/ou instrumental, coa finalidade de crear unha rede de mulleres, un espazo colectivo.

DENOMINACIÓN DA ACTIVIDADE CURSO DE KUNDALINI IOGA3

Datas de inicio: 28 de xulloData de finalización: 30 de novembroDías da semana: MércoresHorario: De 6 a 7 horas da tardeNº de mulleres participantes: 43 mulleresNº de mulleres segundo procedencia: 16 outros países de orixe:

5 Brasil2 Arxentina2 Uruguai1 Camerún 1 Senegal1 Marruecos1 México1 Paraguai1 Colombia1 República Dominicana27 autóctonas

DENOMINACIÓN DA ACTIVIDADE CURSO DE BUSCA ACTIVA DE EMPREGO4

Datas: 31 de agosto, 2, 7 e 9 de setembroDías da semana: Martes e xovesHorario: De 9,30 a 12,30 horasNº de mulleres participantes: 9 mulleresNº de persoas segundo lugar de procedencia:

3 outros países de orixe:1 Perú1 Uruguai1 Senegal6 autóctonas

3

4

5.4- ACTIVIDADES SOCIOCOMUNITARIAS

Page 10: MEMORIA PROGRAMA ADA INTEGRA - coruna.gal · Desde a nosa experiencia, vemos a necesidade de seguir traballando, reafirmando as ... • Para a creación dunha rede de mulleres na

DENOMINACIÓN DA ACTIVIDADE “CONTIGO ME RIO”. OBRADOIRO DE RISADatas de inicio: 20 de setembroData de finalización: 25 de outubroDías da semana: LunsHorario: De 5 a 6 horas da tardeNº de mulleres participantes: 18 mulleresNº de mulleres segundo procedencia: 15 autóctonas

3 outros países de orixe:1 Brasil1 Uruguai1 Marruecos

DENOMINACIÓN DA ACTIVIDADE ACCESO LIBRE AO AULA DE INFORMÁTICA

Datas de inicio: 28 de xulloData de finalización: 3o de decembroDías da semana e Horarios:(cando non había formación na aula)

De luns a venres de 9 a 11 horasMartes e xoves de 16,30 a 18,30 horas

Nº de mulleres participantes: Sen cifrasNº de mulleres segundo procedencia: Sen cifras

DENOMINACIÓN DA ACTIVIDADE CURSO DE INGLÉS5

Datas de inicio: 13 de outubro de 2010Data de finalización: 23 de febreiro de 2011Días da semana: Martes e mércoresHorario: De 17 a 18,30 horasNº de mulleres participantes: 18 mulleresNº de mulleres segundo procedencia: 11 autóctonas

7 outros países de orixe:2 Arxentina2 Marruecos1 Brasil1 México1 Venezuela

DENOMINACIÓN DA ACTIVIDADE CLUBE DE COSTURA6

Datas de inicio: 14 de outubro de 2010Data de finalización: 28 de febreiro de 2011Días da semana: Luns e xoves Horario: De 17 a 19 horasNº de mulleres participantes: 12 mulleresNº de mulleres segundo procedencia: 9 autóctonas

3 outros países de orixe:1 Arxentina1 Marruecos1 Perú

5

6

Page 11: MEMORIA PROGRAMA ADA INTEGRA - coruna.gal · Desde a nosa experiencia, vemos a necesidade de seguir traballando, reafirmando as ... • Para a creación dunha rede de mulleres na

DENOMINACIÓN DA ACTIVIDADE CAMINATAS ENREDADAS7

Datas de inicio: 9 de novembro de 2010Data de finalización: 9 de decembro de 2010Nº de mulleres participantes: 8 mulleresNº de mulleres segundo procedencia: 6 autóctonas

2 outros países de orixe:2 Uruguai

Co obxeto de dinamizar durante as festas de Nadal as actividades do tecido

asociativo da cidade da Coruña, desde a Concellaría de Igualdade e Participación

Cidadá xurde a iniciativa de ofrecer gratuitamente a diferentes colectivos e entidades

a utilización da Pista de Xeo Ecolóxica instalada nos Xardíns de Méndez Núñez pola

Asociación de Comerciantes - Zona Obelisco.

Todas as mulleres participantes do programa Ada e as súas fillas e fillos puideron

acceder á pista de xeo os días 27, 28 , 29 e 30 de decembro en horario de 10,00 h. a

12,00 h.

DENOMINACIÓN DA ACTIVIDADE CONVITE Á PISTA DE XEO ECOLÓXICA Datas de inicio: 27 de decembro de 2010Data de finalización: 30 de decembro de 2010Días da semana: Luns, martes, mércores e xovesHorario: De 10 a 12 horas

7

Page 12: MEMORIA PROGRAMA ADA INTEGRA - coruna.gal · Desde a nosa experiencia, vemos a necesidade de seguir traballando, reafirmando as ... • Para a creación dunha rede de mulleres na

USIÓN

Durante o último trimestre do Programa, o equipo de técnicas comeza co deseño de

dous tipos de materiais informativos:

• “Guía de recursos on-line”.

Folleto de información especializada dirixida á poboación inmigrante sobre trámites,

xestións e recursos de interese que podemos atopar en Internet . A Guía está

dispoñible en formato papel e en formato dixital no blogue

http://proxectoada.wordpress.com desde o día 21 de decembro de 2010.

• “Guía para traballar coas mulleres migrantes desde a perspectiva de xénero”.

Esta guía vai dirixida ás mulleres inmigrantes e a todas aquelas persoas que traballan

directa ou indirectamente con elas, ao considerar que esta é unha intervención que

require dunha colaboración interdisciplinar, coordinada entre as diferentes

administracións públicas, as asociacións de inmigrantes, as ONG´s, outros axentes

sociais e o conxunto da cidadanía.

A guía estructúrase nunha serie de bloques nos que se recollen ideas clave e

recomendacións prácticas para que o persoal técnico poida incorporar a perspectiva

de xénero nos servizos e programas dirixidos a mulleres inmigrantes. Posteriormente, se

expoñen cuestións sobre dereitos de identificación, sociais, sanitarios e laborais; así

como os trámites a realizar e os recursos aos que debemos acudir para facer efectivos

estes dereitos.

DADES REALIZADASUnha das ferramentas que utilizamos no Programa Ada de cara a sensibilización,

5.5- ELABORACIÓN DE MATERIAL INFORMATIVO

5.6- SENSIBILIZACIÓN CIDADÁ

Page 13: MEMORIA PROGRAMA ADA INTEGRA - coruna.gal · Desde a nosa experiencia, vemos a necesidade de seguir traballando, reafirmando as ... • Para a creación dunha rede de mulleres na

información e difusión dos obxectivos propostos é o blogue

http://proxectoada.wordpress.com8, elaborado xa na primeira edición, no que

durante estes 6 meses se colgou toda a información relativa ás actividades que íamos

organizando.

Outra das ferramentas de sensibilización e difusión é o perfil do proxecto ADA no

Facebook9. Na actualidade, xa son máis de 1.050 amigas e amigos os que están

agregados a o noso perfil.

Estas 2 actuacións, tanto o blogue como o perfil

en Facebook, están impulsadas e coordinadas

pola dinamizadora do programa, contando coa

participación activa das mulleres participantes

nas actividades.

Outra das actividades organizadas dentro do Programa Ada coa finalidade de

achegarnos á cidadanía e de cara a sensibilización foi a Festa de Benvida10, que tivo

lugar no propio Centro de Información ás Mulleres.

A festa Ada tiña como finalidade dar a benvida ás mulleres e as súas familias ao

programa e dar a coñecer ao resto da cidade a iniciativa e as actividades a realizar

durante o ano 2010. A festa consistíu na degustación de pratos típicos dos diferentes

países de procedencia das mulleres, acompañados de xogos, música e a actuación

teatral da paiasa-klown Mina.

8

9

10

Page 14: MEMORIA PROGRAMA ADA INTEGRA - coruna.gal · Desde a nosa experiencia, vemos a necesidade de seguir traballando, reafirmando as ... • Para a creación dunha rede de mulleres na

DENOMINACIÓN DA ACTIVIDADE FESTA DE BENVIDA ÁS ADASDatas de inicio: 28 de agostoData de finalización: 28 de agostoDías da semana: SábadoHorario: De 13 a 6 horasNº total de persoas participantes: 44 persoas (35 mulleres e 9 homes)Nº total de participantes adultas: 30 persoas (28 mulleres e 2 homes)Nº total de nenas e nenos: 14 ( 7 nenas e 7 nenos)Nº de persoas segundo lugar de procedencia:

19 autóctonas 25 outros países de orixe8 Perú9 Arxentina3 Venezuela3 Colombia2 Paraguai

Un ano máis a Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña

convida ao programa Ada a estas xornadas que organiza, para sensibilizar e aportar

reflexións para un maior coñecemento do contexto no cal se desenvolve o traballo co

colectivo emigrante.

Neste 2010, a crise económica foi o fío conductor das mesas, así como tamén na súa

repercusión en dous importantes aspectos que relacionan inmigración e cooperación:

as remesas e o codesenvolvemento.

DENOMINACIÓN DA ACTIVIDADEVIII Xornadas de Sensibilización sobre

Inmigración, Interculturalidade e Cooperación UDC

Data : 2 de novembro

Page 15: MEMORIA PROGRAMA ADA INTEGRA - coruna.gal · Desde a nosa experiencia, vemos a necesidade de seguir traballando, reafirmando as ... • Para a creación dunha rede de mulleres na

Lugar: Edificio Xoana Capdevielle (Aula 2) Campus de Elviña

Horario: De 17 a 21 horasNº total de persoas participantes: Aproximadamente unhas 40

persoasNº de persoas segundo lugar de procedencia: Sen datos

Con motivo do Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero, o

Departamento de sensibilización da ONGD Equus Zebra, convídanos a impartir unha

charla na que se traballou sobre o concepto, a orixe e os tipos de violencia de xénero,

así como dos dereitos das vítimas e os recursos á súa disposición.

DENOMINACIÓN DA ACTIVIDADE Charla sobre a Violencia de xénero

Data: 26 de novembroLugar: ONG Equus ZebraHorario: De 12 a 14 horasNº total de persoas participantes: Aproximadamente unhas 25

persoasNº de persoas segundo lugar de procedencia: Sen datos

A organización Solidariedade Internacional de Galicia ofrécenos a realización dun

Café Coloquio sobre o Comercio Xusto, degustando os produtos estrela coma son o

café e as galletas e motivando ao foro presente na actividade a participar nesta vía

de traballo da organización realizando diferentes tipos de accións mediante o

voluntariado.

DENOMINACIÓN DA ACTIVIDADE CAFÉ-COLOQUIO COMERCIO XUSTO

Datas de inicio: 16 de decembro de 2010Data de finalización: 16 de decembro de 2010Días da semana: XovesHorario: De 11,30 a 13,30 horasNº total de persoas participantes: 11 mulleres e 1 homeNº de persoas segundo lugar de procedencia: 7 autóctonas

5 outros países de orixe2 Uruguai1 Perú1 Arxentina1 Marruecos

A festa- merenda Ada é unha actividade lúdica que tiña como principal finalidade

clausurar o programa desenvolvido durante o ano 2010. O igual que na anterior festa

de benvida, consistíu na degustación de pratos típicos dos diferentes países de

Page 16: MEMORIA PROGRAMA ADA INTEGRA - coruna.gal · Desde a nosa experiencia, vemos a necesidade de seguir traballando, reafirmando as ... • Para a creación dunha rede de mulleres na

procedencia das mulleres, acompañados de música e de xogos, globoflexia e

maquillaxes para as nenas e os nenos, a cargo da animadora Severa, participante do

programa ADA.

DENOMINACIÓN DA ACTIVIDADE FESTA-MERENDA DE FIN DE ANO

Datas de inicio: 22 de decembro de 2010Data de finalización: 22 de decembro de 2010Días da semana: Mércores Horario: De 17 a 20,30 horasNº total de persoas participantes: 34 persoas (32 mulleres e 2

homes)Nº total de participantes adultas: 25 (23 mulleres e 2 homesNº total de nenas e nenos: 5 nenas e 4 nenosNº de persoas segundo lugar de procedencia: 25 autóctonas

9 outros países de orixe:5 Brasil2 Perú1 Arxentina1 Paraguai

O Programa Ada estableceu unha coordinación permanente cos recursos dos que

dispón a Concellería de Igualdade, concretamente cos servizos do Centro de

Información ás Mulleres, coa finalidade de optimizar a calidade de atención prestada

ás mulleres inmigrantes e non contribuír a revitimizalas, procurando unha intervención

realmente coordinada, interdisciplinar e integral.

Neste sentido, dentro do Programa Ada, as mulleres participantes, contan con:

• Apoio Xurídico

• Apoio Psicolóxico

• Asesoramento e Orientación social e laboral.

5.7- ATENCIÓN INTEGRAL E COMPLEMENTARIA

Page 17: MEMORIA PROGRAMA ADA INTEGRA - coruna.gal · Desde a nosa experiencia, vemos a necesidade de seguir traballando, reafirmando as ... • Para a creación dunha rede de mulleres na

• Acceso e disposición do servizo de atención á infancia do Concello de A

Coruña en diferentes puntos da cidade para asistir ás actividades do espazo

ADA INTEGRA .

• Acceso ao Banco do Tempo.

Unha estratexia básica deste espazo e a súa flexibilidade tanto en horarios como en

actuacións, para adaptarse ós tempos e necesidades das mulleres. Son elas as que

definen, na medida do posible, que facer, como e cando.

Estamos a falar da implementación dunha metodoloxía participativa, pois todas as

partes implicadas no desenvolvemento do programa son parte activa do mesmo,

creando unha sinerxía que inflúe e mellora os resultados obtidos.

Outro dos principios metodolóxicos é a atención e orientación individualizada;

atendendo ás necesidades específicas de cada participante. Esta atención

individualizada materialízase na figura da dinamizadora, eixo vertebrador do

6.- CALENDARIZACIÓN

7.- METODOLOXÍA DE TRABALLO

Actuacións XULLO AGOSTO

SETEMBRO OUTUBRO NOVEMBRO

DECEMBRO

Fase de Difusión

Fase de Acollida, asesoramento e seguimento individualizados

Actividades formativas en NTIC´S

Actividades sociocomunitarias

Elaboración de materialinformativo

Sensibilización Cidadá

Atención integral complementaria

Avaliación e seguimento

Page 18: MEMORIA PROGRAMA ADA INTEGRA - coruna.gal · Desde a nosa experiencia, vemos a necesidade de seguir traballando, reafirmando as ... • Para a creación dunha rede de mulleres na

programa, mais esta complementarase có equipo de traballo propio do concello e

persoal de apoio para determinadas tarefas.

De forma transversal, incorpórase a perspectiva de xénero e o enfoque intercultural, a

este traballo coas mulleres, en todo o conxunto de actividades que se deseñan e

desenvolven dentro do programa.

DAD

Para a prestación do Programa Ada cóntase coa contratación de Fundación

MUJERES:

Unha Coordinadora da Fundación MUJERES para o apoio, seguimento e

supervisión do traballo realizado.

Unha técnica para a implementación do programa, sendo a encargada de

dinamizalo, co perfil de Licenciatura en Pedagoxía e coñecementos e formación en

igualdade de xénero.

Ademais, Fundación MUJERES conta cun equipo de traballo multidisciplinar que

colabora no deseño e organización de contidos asociados a formación (presencial e

virtual), a inserción laboral e a creación de redes de mulleres.

DAD

Con respecto aos intereses e prioridades das mulleres...

Neste ano, durante o desenvolvemento do programa, puidemos observar que

existiron, fundamentalmente, tres demandas e intereses prioritarias a ter en conta:

1º.- unha elevada demanda de formación en NTIC´s en mulleres que requieren destes

coñecementos para o mundo laboral, persoal, acompañar a aprendizaxe dos seus

fillos e fillas, etc.

2º.- unha elevada demanda de orientación e asesoramento para a inserción socio-

laboral.

3º.- unha elevada demanda de actividades lúdicas que favoreceran o

acompañamento das mulleres participantes.

8.- RECURSOS HUMANOS

9.- AVALIACIÓN FINAL

Page 19: MEMORIA PROGRAMA ADA INTEGRA - coruna.gal · Desde a nosa experiencia, vemos a necesidade de seguir traballando, reafirmando as ... • Para a creación dunha rede de mulleres na

Con respecto á participación das mulleres...

Desde o espazo intercultural Ada, observamos que a situación de crise social e

económica que estamos a vivir, incidíu directamente nas formas de participación das

mulleres no programa ADA:

• A participación das mulleres autóctonas é máis elevada que nos anos

anteriores (supoñen aproximandamente a mitade das participantes). O perfil

das mulleres amplíase: xa non participan sólo inmigrantes e/ou mulleres en risco

ou en situación de exclusión social; aumenta o número de mulleres que viven

no propio barrio onde está ubicado o CIM.

• A participación das mulleres no programa foi moi elevada pero, nalgunhas

ocasións, discontínua por parte dalgunhas mulleres, que tiveron que

abandonar ás actividades por diversas dificultades:

o As condicións de vida, cada vez máis precarias, de moitas das mulleres,

fan que prioricen outras actuacións frente ao programa.

o Nestas condicións, moitas mulleres carecen de motivación e viven

situacións de frustracción que anulan os seus desexos de participación.

o Falta de tempo para participar nas actividades ao traballar con

horarios incompatibles e excesivos e non poder cubrir todas as súas

demandas de conciliación.

A pesar destas dificultades, as mulleres continúan a manter o vínculo co programa a

través do contacto telefónico ou vía mail.

Con respecto á valoración do programa por parte das participantes...

De forma maioritaria, as participantes do programa ADA valoran dunha forma moi

positiva o seu paso polo mesmo. Destacando as valoracións positivas realizadas sobre:

• a docencia e a metodoloxía de traballo utilizada nos cursos de formación en

NTIC´s.

• as actividades sociocomunitarias, ao contribuir positivamente na mellora da

autoestima e na reducción de situacións de stress e de frustración que

atravesan moitas delas. Asemade, polo reforzo do sentimento de pertenza a un

grupo, e pola mellora do seu benestar físico, psicolóxico e social.

Page 20: MEMORIA PROGRAMA ADA INTEGRA - coruna.gal · Desde a nosa experiencia, vemos a necesidade de seguir traballando, reafirmando as ... • Para a creación dunha rede de mulleres na

• o traballo realizado para favorecer os vínculos entre as mulleres migrantes e

autóctonas, de cara a creación dunha rede de mulleres.

• a abordaxe integral do programa co aporte dos diferentes servizos e

programas do CIM: Servizo municipal de canguraxe, asesoramento xurídico e

psicolóxico, intermediación laboral, Banco do tempo… Xa que nun único

espazo atopan resposta a múltiples necesidades. Esto é especialmente

valorable por aquelas mulleres cansadas de ir de un lugar a outro á busca de

recursos.

• a atención individualizada prestada e o traballo de acompañamento

realizado, dando resposta ás necesidades, demandas e intereses reais de

cada muller.

• A atención que se lle presta ás súas fillas e fillos, tendo as súas necesidades en

conta na programación de todas as nosas actividades, xa sexa

contemplándoos/as como participantes activos/as, no caso das festas, como

contemplando recursos de conciliación.

• o apoio e o asesoramento prestado desde o Clube de emprego para orientar

na busca de traballo dunha forma áxil e axeitada.

Unha das consecuencias destas valoracións positivas, foi o efecto Bola de neve, é

decir, moitas mulleres coñeceron e participaron nas actividades do Programa grazas

ao efecto boca a boca realizado por outras participantes.

Con respecto á coordinación con outras entidades...

As numerosas reunións con diferentes entidades públicas e privadas do municipio de A

Coruña favoreceu o coñecemento mutuo (intercambio de información práctica sobre

os programas, servizos e actividades) e a difusión do programa ADA, ademáis da

colaboración e cooperación para poder ofrecer un servicio integral ás mulleres que

participaron este ano no programa.

A pesar do contacto realizado nestas reunións a resposta, a efectos de derivación de

participantes por parte das ONG´s e dalgúns centros cívicos, non foi a esperada, ao

igual que sucede nos anos anteriores. Exceptuando algún centro cívico e contadas

ONG´s, producíronse escasas derivacións. Un factor que pode estar influíndo nesta

baixa resposta, pode estar relacionado co tipo de intervención que se establece entre

algunhas entidades e as usuarias marcadas por certo asistencialismo, frente a filosofía

do noso programa, baseado na participación voluntaria.

Page 21: MEMORIA PROGRAMA ADA INTEGRA - coruna.gal · Desde a nosa experiencia, vemos a necesidade de seguir traballando, reafirmando as ... • Para a creación dunha rede de mulleres na

Con respecto á valoración do programa por parte doutras entidades...

A maioría das entidades coas que tivemos contacto destacan a necesidade da

existencia e da continuidade dun servizo ou programa municipal coas características

do Programa Ada, onde se leve a cabo un traballo integral coas mulleres migrantes,

destacando a necesidade de maiores colaboracións e coordinacións futuras.

CONCLUSIÓNS:

Confírmase a necesidade de continuidade do PROGRAMA ADA INTEGRA, motivada

por:

• Estase a consolidar unha rede de mulleres cada vez máis estabel, tal e como

plantexabamos nos obxectivos do programa, onde as mulleres poidan acudir e

atopar unha rede de relacións interpersonais onde os vínculos afectivos

adquiren unha connotación especial.

• Esta rede de mulleres e os intercambios que promove está a favorecer

resultados positivos na sociedade de acollida, de ahí a necesidade de seguir

desenvolvendo actividades centradas na sensibilización social.

• Dado o perfil das participantes é necesario continuar o traballo de motivación

e acompañamento nos seus itinerarios personais, familiares, sociais e laborais.

Traballo que non se está a realizar de forma tan personalizada, por parte de

ningún outro servizo municipal.