TRALAS PEGADAS DE MULLERES HISTÓRICAS

26
8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA CEIP PORTO-CABEIRO CURSO:2013-2014

Transcript of TRALAS PEGADAS DE MULLERES HISTÓRICAS

Page 1: TRALAS PEGADAS DE MULLERES HISTÓRICAS

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORACEIP PORTO-CABEIRO CURSO:2013-2014

Page 2: TRALAS PEGADAS DE MULLERES HISTÓRICAS

ELAS TAMÉN FORON IMPORTANTES

CEIP PORTO-CABEIRO

CLARA CAMP.

AGNÓDICEHATSHEPSUT CLEOPATRA

D. URRACA

LUCY A. ARDIPITECUS

TROTULA S. MARY W.

Page 3: TRALAS PEGADAS DE MULLERES HISTÓRICAS

LUCY AUSTRALOPITEHECUS

CEIP PORTO-CABEIRO

* LUGAR: Etiopía hai 3.200.000 anos. (foi descuberta en 1974)

* O seu nome completo sería “Lucy Australopithecus Afarensis” e foi durante anos, considerada a avoa da humanidade por ser o primeiro prehomínido do que se acharon restos case completos.

* Este foi o exemplar máis antigo de especie máis semellante aos actuais humanos, medía aproximadamente 1 metro e pesaba ao redor de 27 kilos en vida.

* Foi descuberta por Donald Johansone o seu equipo de arqueólogos. Puxéronlle LUCY en honra á canción dos Beatles “lucy in the sky with diamons”.

DÍA

DA

MULLER

TRABALLDORA

Page 4: TRALAS PEGADAS DE MULLERES HISTÓRICAS

ARDIPITECUS RAMIDUS

CEIP PORTO-CABEIRO

* LUGAR: Etiopía hai 4.400.000 anos. (foi descuberta no 2009)

* Esta femia apodada como ARDI polo seu descubridor TOM WHITE, desbancou a LUCY coma a avoa da humanidade, posto que os seus restos datan de máis dun millón de anos antes.

* Medía ao redor de 120 cm e pesaba sobre 27 kilos. Vivía nos bosques e a súa actividade era arbórea, (é dicir: facía vida nas árbores.

* Ardi posúe características intermedias entre os simios e os primeiros homínidos, pois aínda que vivía nas árbores, tamén camiñaba a dúas patas e a súa cadeira indica que camiñaba erguida.

DÍA

DA

MULLER

TRABALLDORA

Page 5: TRALAS PEGADAS DE MULLERES HISTÓRICAS

CEIP PORTO-CABEIRO

* Trás a morte do seu home Tutmose II, correinou durante un tempo co seu sobriño, Tutmose III, aínda neno.

* Proclamouse Raíña co apoio do clero de Amón ( Hapaseneb), e do Arquitecto Real,Senenmut quedando o seu sobriño relegado a outras actividades menores.

* Esixiu os atributos masculinos do seu cargo, facéndose representar coma un home e aparecendo con barba postiza.

DÍA

DA

MULLER

TRABALLDORA

HATSHEPSUT “ A FARAONA”

* É unha das 5 mulleres que ostentou o cargo de nobre dama no Antigo Exipto.

* Nace sobre o 1500 a. de C.

* Filla de TUTMOSE e ALMOSE, pertence á XVIII disnatía.

Page 6: TRALAS PEGADAS DE MULLERES HISTÓRICAS

CEIP PORTO-CABEIRO

* Baixo o seu mandato realizáronse exploracións no territorio do Punt (actual Somalia), de onde se obtiveron incienso, mirra, ouro, marfil, así coma especies animais descoñecidas...

DÍA

DA

MULLER

TRABALLDORA

HATSHEPSUT “ A FARAONA”

* Foi a primeira muller que desafiou a orde establecida pola tradicional sociedade exipcia para convertese nun dos faraóns máis poderoso de Exipto.

* Aínda que foi unha gobernante pacífica, durante o seu reinado tivo que afrontar seis conflitos militares, tres con Nubia e outros tres coas tribus de Siria e Palestina.

Page 7: TRALAS PEGADAS DE MULLERES HISTÓRICAS

CEIP PORTO-CABEIRO

DÍA

DA

MULLER

TRABALLDORA

HATSHEPSUT “ A FARAONA”

* Desempeñou unha grande labor constructora en Tebas, o templo de Salet na illa Elefantina, o recinto das barcas sagradas de Luxor, o gran templo de Amón en Karnak, cun dos obeliscos máis grandes xamais realizados (27 m. por enriba do templo), e mandou construir en Deir-el-Bahari un dos templos máis fermosos e visitados na actualidade.

OBELISCO. TEMPLO DE KARNAK TEMPLO DE HATSHEPSUT EN DEIR-EL-BAHARI

Page 8: TRALAS PEGADAS DE MULLERES HISTÓRICAS

CEIP PORTO-CABEIRO

DÍA

DA

MULLER

TRABALLDORA

HATSHEPSUT “ A FARAONA”

* Falecidos os seus maiores apoios e a súa filla Neferura, a suá presenza esváecese.* Tutmosis III afronta o poder e as estatuas de Hatshepsut foron derrubadas eenterradas no deserto, as súas imaxes borradas de todos os templos e o seunome borrado de todos os rexistros e listas de reis, posiblemente nun desexode reescribir a historia prescindindo da figura dunha gobernanta.

Page 9: TRALAS PEGADAS DE MULLERES HISTÓRICAS

CEIP PORTO-CABEIRO

DÍA

DA

MULLER

TRABALLDORA

AGNÓDICE (HAGNODICEA)

* Naceu en Atenas no ano 300 a. de C. ( s.IV a. de C.)* Pertencía a alta sociedade ateniense* Co pelo curto e vestida de home foi estudar Medicina a Alejandría con Herófilo o médico de Alejandro Magno.* Quería estudar Medicina nunha época en que as mulleres tiñan prohibido curar a outras persoas e mesmo ser atendidas cando estaban enfermas.

Page 10: TRALAS PEGADAS DE MULLERES HISTÓRICAS

CEIP PORTO-CABEIRO

DÍA

DA

MULLER

TRABALLDORA

AGNÓDICE (HAGNODICEA)

* No ano 350 a. de C. consegue os mellores resultados no exame de medicina, obtendo o título no que hoxe sería a escpecialidade en Xinecoloxía, converténdose na primeira muller ateniense médica.* Volveu a Atenas e exerceu a súa profesión vestida de home, acadando un gran prestixio entre a aristocracia ateniense.

* Cóntase que un día escoita chorar a unha muller parturienta. Como a muller non se quería deixar axudar por un home AGNÓDICE reveloulle quen era. Dende entón á súa consulta acodía cada vez máis xente.

* Os seus éxitos espertaron as envexas dos outros médicos e denunciáronna. É entón cando decide revelar que é unha muller.* Foi acusada de inflixir a lei e é condenada á pena de morte.

Page 11: TRALAS PEGADAS DE MULLERES HISTÓRICAS

CEIP PORTO-CABEIRO

DÍA

DA

MULLER

TRABALLDORA

AGNÓDICE (HAGNODICEA)

* Ante a decisión de executar a Agnódice as mulleres atenienses alzáronse en sinal de protesta e ameazaron con morrer ao seu lado.

* A oposición das mulleres tivo éxito e Agnódice foi liberada permitíndoselle exercer a medicina.

*Posteriormente o Consello Ateniense aboliu a lei que prohibía ás mulleres estudar Medicina

AGNÓDICE ANTE O TRIBUNAL

Page 12: TRALAS PEGADAS DE MULLERES HISTÓRICAS

CEIP PORTO-CABEIRO

DÍA

DA

MULLER

TRABALLDORA

CLEOPATRA VII “A ÚLTIMA RAÍÑA DE EXIPTO”

*CLEOPATRA FILOPATORNEA THEA “gloria do seu pai”* Naceu en Alejandría no ano 69 a. de C. e morreu no

ano 30 a. de C.* É filla de Ptolomeo XII Auletea (“o flautista”) e de

Cleopatra VI, pertencentes a dinastía greco-exipcia dos Lágidas ou tolomeos.

* Foi unha muller moi completa en educación ,aínda que considerada dotada de gran intelixencia, eficaz estratexa e atractivo persoal, pero sen escrúpulos.

* Era políglota: falaba ata nove línguas: exipcio, grego, árabe, arameo, latín...

* Instruída en Música, Física, Astronomía, Medicina, Matemática...

Page 13: TRALAS PEGADAS DE MULLERES HISTÓRICAS

CEIP PORTO-CABEIRO

DÍA

DA

MULLER

TRABALLDORA

CLEOPATRA VII “A ÚLTIMA RAÍÑA DE EXIPTO”

* Compartiu o poder cos seus dous irmáns: Ptolomeo Dionisio XII e Ptolomeo XIV.

* No ano 48 a. de C. enfrentouse ao seu irmán Ptolomeo Dionisio XII e tivo que fuxir a Siria.

* Máis tarde volveu ao poder, coa axuda do gobernador romano Julio César, compartindo o trono co seu outro irmán aínda un neno.

* A partir do ano 44 a. de C. reinou soa.

* Julio César chegou a Exipto perseguindo ao seu rival Pompeio

JULIO CÉSAR

JULIO CÉSAR

Page 14: TRALAS PEGADAS DE MULLERES HISTÓRICAS

CEIP PORTO-CABEIRO

DÍA

DA

MULLER

TRABALLDORA

CLEOPATRA VII “A ÚLTIMA RAÍÑA DE EXIPTO”

* Cleopatra preséntase ante Julio César envolta nunha alfombra, conseguiu vencer a Ptolomeo Dionisio XII que morre afogado ao volcar a súa embarcación na Batalla do Nilo no ano 47 a. de C.

* Casou con César e tivo un fillo, “Cesarión”.*Despois do nacemento do seu fillo

acompañou a Julio César a Roma, pero cando foi asasinado voltou a Exipto onde fixo envelenar ao seu irmán Ptolomeo XIV.

* Trala morte do seu irmán asociou ao poder ao seu fillo Cesarión

Page 15: TRALAS PEGADAS DE MULLERES HISTÓRICAS

CEIP PORTO-CABEIRO

DÍA

DA

MULLER

TRABALLDORA

CLEOPATRA VII “A ÚLTIMA RAÍÑA DE EXIPTO”

* No ano 41 a. de C. alíase con Marco Antonio( un xeneral de Julio César), e fai que a coroe en Alexandría.

* Con el tivo tres fillos: Alejandro Helios, Ptolomeo e Cleopatra Selene.

* Marco Antonio gobernou oriente e formou u reino independente.

MARCO ANTONIO

* No ano 31 a. de C. o romano Octavio Augusto enfrentou a Marco Antonio e a Cleopatra na batalla naval de “Actium” e gañoulles.

* Marco Antonio e Cleopatra refuxiáronse en Exipto, onde el se atravesou cunha espada crendo morta á raíña.

* Cleopatra suicídase deixándose morder por unha cobra antes que ser levada a Roma por Octavio Augusto coma un trofeo. Con ela desaparece o milenario trofeo dos faraóns.

Page 16: TRALAS PEGADAS DE MULLERES HISTÓRICAS

CEIP PORTO-CABEIRO

DÍA

DA

MULLER

TRABALLDORA

DONA URRACA

* Naceu en Burgos contra o ano 1081 e finou en Saldaña de Burgos o 8 de marzo de 1126.

* Era filla de Alfonso VI e da súa terceira dona Constanza de Borgoña

* Foi Raíña de Galicia, León, Castela e Toledo dende a morte do seu pai o 30 de xuño de 1109 ata o 8 de marzo de 1126.

* Aos 12 anos, en 1093, casa con Raimundo de Borgoña, da familia condal de Borgoña e vén a Galicia para compartir con el o seu goberno.

* Sempre leais ao monarca leonés, non renunciaron á dignidade do seu cargo. Así en documentos de 1095 e 1105, referidos á concesión de dereitos aos burgueses composteláns, asina coa expresión Urraca Regina

Page 17: TRALAS PEGADAS DE MULLERES HISTÓRICAS

CEIP PORTO-CABEIRO

DÍA

DA

MULLER

TRABALLDORA

DONA URRACA

* A súa condición de muller non foi obstáculo para eliminar a súa autoridade trala morte do seu primeiro home en 1107, momento en que asina como totius Gallecie imperatrix.

* Entre outras residencias galegas, parece ser que viviron no casal de Fente en Monterroso, aínda que os labores de goberno obrigáronna a pasar tempadas noutras localidades coma Santiago de Compostela e Caldas de Reis.

* Ela e o seu home exerceron xustiza, formaron exércitos, concederon privilexios e recadaron tributos con plena autonomía, isto permitiu pacificar un reino que dende a prisión do rei García de Galicia, fora foco de inestabilidade nobiliar e eclesiástica.

Page 18: TRALAS PEGADAS DE MULLERES HISTÓRICAS

CEIP PORTO-CABEIRO

DÍA

DA

MULLER

TRABALLDORA

DONA URRACA

*

* Do bo entendemento coa nobreza eclesiástica é testemuño o bautismo do seu fillo Afonso Raimundez polo bispo Diego Xelmirez, da harmonía coa nobreza autóctona fala a encomenda da educación deste ao poderoso conde Pedro Froilaz de Trava

* Coa morte de Raimundo (1107) procura que lle aseguren ao seu fillo os seus dereitos sobre o Reino de Galica. Isto vólveselle en contra .

* Trala morte de Alfonso VI, coroase como Raiña de León e convértese na primeira raíña titular da Historia de España.

* Urraca busca alianzas para consolidar o seu poder.* Casa con Alfonso o Batallador ( monarca navarro-

aragonés), e iníciase un periodo bélico e inestable.* Coroan ao seu fillo Afonso Raimundez no ano 1111,

pero o rei navarro-aragonés impídeo.* No ano 1112 volve a reunirse co seu fillo (que estaba

prisioneiro) , e volta a confiarllo a Froilaz de Trava.

Page 19: TRALAS PEGADAS DE MULLERES HISTÓRICAS

CEIP PORTO-CABEIRO

DÍA

DA

MULLER

TRABALLDORA

DONA URRACA

* As desavinanzas co seu marido son cada vez maiores, e esto lévaa a un entendemento con Diego Xelmirez.

* En 1115 rompe o seu matrimonio con Alfonso o Batallador e este é expulsado dos seus reinos.

*A partir deste momento cogoberna co seu fillo do que son testemuñas certas crónicas coma a Historia Compostelana e decenas de documentos asinados conxuntamente coma reis, especialmente en Galicia.

* No que atinxe a Galicia, acada un acordo co Bispo Compostelano no que é recoñecida coma raíña, sen prexuízo da condición real do seu fillo, a quen se lle asigna o goberno do Reino de Toledo.

* Urraca morreu de parto no ano 1126, e Afonso Raimundez foi, finalmente, coroado en León co nome de Afonso VII

Page 20: TRALAS PEGADAS DE MULLERES HISTÓRICAS

CEIP PORTO-CABEIRO

DÍA

DA

MULLER

TRABALLDORA

TROTULA DE SALERNO

* Nace en Italia no ano 1110.* Pouco se sabe da súa vida persoal.Estudou na Escola

de Medicina de Salerno.* Morre no ano 1160.* Parece que se casou con Johannes Platearius de

profesión médico e tivo 2 fillos tamén médicos.

* Nun mundo dominado polos homes no que as mulleres podían acceder ao coñecemento tras o muros dun mosteiro, unha muller abriuse camiño.

* Trotula de Salerno converteuse na primeira muller en escribir e tratar sobre temas de xinecoloxía e obstetricia, así como nunha médica capaz de tratar enfermidades coma o cancro, doenzas oculares ou problemas de pel.

UN SABER REVOLUCIONARIO

* As súas ideas foron tan eficaces e novidosas que ata o século XX existiron voces que quixeron dubidar da súa existencia.

Page 21: TRALAS PEGADAS DE MULLERES HISTÓRICAS

CEIP PORTO-CABEIRO

DÍA

DA

MULLER

TRABALLDORA

TROTULA DE SALERNO

OBRA:* A obra de Trotula foi tan revolucionaria para o seu tempo que xa dende o século XII,

empezaron a levantarse voces afirmando que era practicamente imposible que unha muller poidera ter escrito esos libros e déronlle a súa autoría ao seu marido.

*No libro Passionibus Mulierun Curandorum (As Doenzas das Mulleres), expuxo temas tan perigosos para o seu tempo como intentar eliminar a crenza de que todos os males da muller lle viñan da menstruación ou que os problemas de infertilidade non só podían ter a súa orixe nelas, senón tamén nos homes. Defendeu tamén o uso de herbas para mitigar as dores do parto, algo totalmente prohibido no seu tempo.

Esta ampla obra de 60 capítulos no que fala do embarazo, o parto, o puerperio, a fertilidade … converteuse un texto imprescindible nas universidades europeas ata o século XVI.

*Ornatu Mulierun: nesta obra defende a hixiene como necesaria para a prevencióndas infeccións e enfermidades nas mulleres, algo totalmente novidoso na Idade Media.

Page 22: TRALAS PEGADAS DE MULLERES HISTÓRICAS

CEIP PORTO-CABEIRO

DÍA

DA

MULLER

TRABALLDORA

MARY WOLLSTONECRAFT

(Inglaterra 1759-1797)  

Page 23: TRALAS PEGADAS DE MULLERES HISTÓRICAS

CEIP PORTO-CABEIRO

DÍA

DA

MULLER

TRABALLDORA

MARY WOLLSTONECRAFT

* Está considerada unha das precursoras da filosofía feminista. * A súa temperá defensa da igualdade, os seus ataques ao feminismo convencional e á degradación da muller foron a antesala da aparición do movemento feminista. * As súas ideas filosóficas e mailos seus conflitos persoais foron considerados como importantes influencias en posteriores obras feministas. * Wollstonecraft oponse e recrimina a explotación de que son vítimas as mulleres máis pobres, obrigadas ao traballo asalariado, privadas de calquera perspectiva profesional polos prexuízos e a falla de educación, reducidas a buscar e obter un bo marido.

Page 24: TRALAS PEGADAS DE MULLERES HISTÓRICAS

CEIP PORTO-CABEIRO

DÍA

DA

MULLER

TRABALLDORA

CLARA CAMPOAMOR

* Naceu en Madrid o 12 de febreiro de 1888* Traballou de modista,dependenta de comercio e

telefonista.* En 1909 é funcionaria do corpo de correos e

telégrafos do Ministerio do goberno .* En 1914 aproba as oposicións no Ministerio de

Instrucción Pública o que a leva a ser profesora de taquigrafía e mecanografía na Escola de Adultas.

* Tamén foi tradutora de francés e auxiliar de mecanógrafa.

* O posto que a leva a interesarse pola política e incluso a escribir algún artigos foi o de secretaria de Salvador Cánovas.

* Estudou bacherelato (1923), matriculándose na Facultade de Dereito licenciándose en 1924.

* Aos 36 anos foi unha das primeiras avogadas do país.

* Viviu en Francia, Arxentina e Suiza.* Morre en Suíza o 30 de abril de 1972.

Page 25: TRALAS PEGADAS DE MULLERES HISTÓRICAS

CEIP PORTO-CABEIRO

DÍA

DA

MULLER

TRABALLDORA

CLARA CAMPOAMOR

* Foi unha política española, defensora dos dereitos da muller e a principal impulsora do sufraxio feminino en España.

* As súas ideas sobre a igualdade da muller, achégana ao PSOE e escribe o prólogo do libro Feminismo socialista de Maria Cambrils, dedicado a Pablo Iglesias.

* Pertenceu ao comité organizador da Agrupación Liberal Socialista.

* Foi elexida deputada ao pertencer ao Partido Radical.* Formou parte da Comisión encargada de elaborar o

proxecto para a Constitución da nova República.* Coa guerra civíl exiliouse e publicou en París “A

revolución española vista por unha republicana”

*

O sufraxio universallógrase en España en 1931 e exércese por primeira vez polas mulleres nas eleccións de 1933

Page 26: TRALAS PEGADAS DE MULLERES HISTÓRICAS

TRABALLO ELABORADO POLOS MESTRES- ALUMNOS DO CEIP PORTO-CABEIROCOLABORAN EQUIPO DA BIBLIOTECA – EQUIPO EDLG – EQUIPO TICS