TESOUR~NO CONTEMPORÁNEO CON RECELO POL~TICO · De todos é sabido, que a moeda ten un significado...

15
TESOUR~NO CONTEMPORÁNEO CON RECELO POL~TICO Por Mar ZABALETA Departamento de Historia I Universidade de Santiago de Compostela Tiven coñecemento, no mes de Xuño do ano 1996, do descubrimento na cida- de de Pontevedra, dun acobillo depositado nunha vasixa e conformado por 644 numismas de cobre, de época contemporánea en bastante mal estado de con- servación debido ó uso. O conxunto monetario foi atopado ó derruír unha parede para a reforma dunha casa, da cal descoñecemos o seu emprazamento por non nos ser referi- do este dato polo seu descubridor, un albañil que participaba nas ditas obras. O achado estaba constituido por 644 moedas de cobre, das chamadas pata- cón', todas elas de 10 céntimos, pertenecentes ó último tercio do século XX, e todas españolas agás duas francesas e unha italiana. Dada a homoxeneidade do grupo non imos pormenoriza-lo estudio de cada peza individualmente senón que daremos unha somera descrición de cada un dos tipos que aparecen nel. A relación das pezas que o compoñen é a seguinte: SERIE ENTIDADE EMISORA N.WE MOEDAS DATAS España Fernando VI1 4 llexible España Isabel 11 3 llexible España Goberno Provisional 345 1870 España Alfonso XII 101 1877 11 2 1878 75 1879 Francia Napoleón III Italia Umberto I DESCRICIÓN DOS TIPOS Aínda que o conxunto monetario atopado ten unha grande homoxeneidade, hai 7 numismas que nós pensamos pertencen a reinados anteriores, Fernando VI1 e Isabel 11, e polo tanto son tipos aillados dentro da totalidade do tesouriño, ' Según Mateu y Llopis, (<Patacón,)chamábase en Miguelturra, Almagro e outros lugares de Mancha (España) á peza de calderilla de 10 centímetros, en record0 do patagón de plata. Comprobamos que patacón chamábase tamén á mesma moeda en toda Galicia. 323

Transcript of TESOUR~NO CONTEMPORÁNEO CON RECELO POL~TICO · De todos é sabido, que a moeda ten un significado...

Page 1: TESOUR~NO CONTEMPORÁNEO CON RECELO POL~TICO · De todos é sabido, que a moeda ten un significado político superior ó econó- mico pois recolle e reflicte tódalas vicisitudes

TESOUR~NO CONTEMPORÁNEO CON RECELO POL~TICO

Por Mar ZABALETA

Departamento de Historia I Universidade de Santiago de Compostela

Tiven coñecemento, no mes de Xuño do ano 1996, do descubrimento na cida- de de Pontevedra, dun acobillo depositado nunha vasixa e conformado por 644 numismas de cobre, de época contemporánea en bastante mal estado de con- servación debido ó uso.

O conxunto monetario foi atopado ó derruír unha parede para a reforma dunha casa, da cal descoñecemos o seu emprazamento por non nos ser referi- do este dato polo seu descubridor, un albañil que participaba nas ditas obras.

O achado estaba constituido por 644 moedas de cobre, das chamadas pata- cón', todas elas de 10 céntimos, pertenecentes ó último tercio do século XX, e todas españolas agás duas francesas e unha italiana.

Dada a homoxeneidade do grupo non imos pormenoriza-lo estudio de cada peza individualmente senón que daremos unha somera descrición de cada un dos tipos que aparecen nel.

A relación das pezas que o compoñen é a seguinte:

SERIE ENTIDADE EMISORA N .WE MOEDAS DATAS España Fernando VI1 4 llexible España Isabel 11 3 llexible España Goberno Provisional 345 1870 España Alfonso XII 101 1877

11 2 1878 75 1879

Francia Napoleón III Italia Umberto I

DESCRICIÓN DOS TIPOS

Aínda que o conxunto monetario atopado ten unha grande homoxeneidade, hai 7 numismas que nós pensamos pertencen a reinados anteriores, Fernando VI1 e Isabel 11, e polo tanto son tipos aillados dentro da totalidade do tesouriño,

' Según Mateu y Llopis, (<Patacón,) chamábase en Miguelturra, Almagro e outros lugares de Mancha (España) á peza de calderilla de 10 centímetros, en record0 do patagón de plata. Comprobamos que patacón chamábase tamén á mesma moeda en toda Galicia.

323

Page 2: TESOUR~NO CONTEMPORÁNEO CON RECELO POL~TICO · De todos é sabido, que a moeda ten un significado político superior ó econó- mico pois recolle e reflicte tódalas vicisitudes

pero dado o mal estado das pezas non o podemos asegurar. Somentes unha delas ten o tipo máis ou menos recoñecible e detallámolo a continuación.

Esta moeda pertence todavía ó sistema monetario anterior ó métrico decimal. Ainda que está en bastante mal estado de conservación e non se aprecia a lenda, distinguese o busto do rei no anverso, e polas súas características, parece ser unha peza de cobre de 8 maravedís e da ceca de Xubia. O peso, 10'12 gr., e o módulo, 28'45 / 29'04 mm. coinciden co peso e o módulo co que se cuñaron estas moedas.

Os outros 6 numismas resultan ilexibles aínda que polo módulo e peso nos parece que poderían corresponder a estes dous reinados.

O resto do tesouriño é moi compacto. A descrición das pezas é a seguinte:

GOBERNO PROVISIONAL (1 868-1 871)

Das 644 moedas, 345 foron emitidas durante os anos do Goberno Provisional e están cuñadas todas elas no ano 1870. Representan un 53'57 '/O da totalidade do tesouriño.

Todas teñen o mesrno tipo, son pezas de cobre de 10 céntimos, da Casa da Moeda de Barcelona, do ano 1870, cun peso que oscila entre os 9'3 gr. e cun módulo entre os 29'93 e os 30'1 6 mm., estando polo tanto axustadas ó peso de 10 gr. e ó módulo de 30 mrn. có que foron cuñadas. (Castán, 1982: p. 8).

As súas características son: ANV: Tipo: Matrona sentada sobre rocas mirando á dereita e sostindo na man

un ramo de olivo. Baixo a línea inferior, o nome do gravador: L. Marchioni Lenda: DlEZ GRAMOS - 1870 REV: Tipo: León sobre patas traseiras sostindo coas mans escudo ovalado de

España. Lenda: CIEN PIEZAS EN KILOG. DlEZ CENTIMOS Entre as lendas 2 estrelas de 8 puntas, marca de cerca de Barcelona, e baixo

a Iíña na que se asenta o león, figuran as letras OM, enlazadas, que correspon- den ás iniciais da empresa adxudicatoria da contrata da acuñación da moneda de cobre, OESCHGER MESDACH & CIA, autorizada por Decreto o día 7 de Marzo de 1870. (Fontecha, 1968: p. 225-226).

-ALFONSO XII (1 875-1 885)

Durante este reinado cúñanse moedas de 10 céntimos en 1877, 1878 e 1879, todas coas mesmas características e coa única variación da data. Hai no tesouriño pertencentes a este reinado, 288 pezas, o que supón un 44'72 O/O da totalidade do conxunto, 101 de 1877 (1 5'68 %), 11 2 de 1878 (1 1'39 %) e 75 de 1879 (1 1'64 Oh).

O peso de todas elas oscila entre 8'9 e 9'7 gr. e o módulo entre 29'95 e 30'1 5 mm. manténdose nos valores cós que foron emitidas, 10 gr. de peso e 30 mm. de módulo.

As características das moedas son as seguintes: ANV: Tipo: Busto espido do reí Alfonso XII mirando á dereita, con bigote e

patilla. Lenda: ALFONSO XII POR LA GRACIA DE DIOS. (A data entre duas estre-

las de oito puntas).

Page 3: TESOUR~NO CONTEMPORÁNEO CON RECELO POL~TICO · De todos é sabido, que a moeda ten un significado político superior ó econó- mico pois recolle e reflicte tódalas vicisitudes

REV: Tipo: Escudo coroado coas armas de España dentro dunha coroa aber- ta de loureiro.

Lenda: REY CONSTL. DE ESPANA - DIEZ CENTIMOS. Baixo o escudo as iniciais dos contratistas, OM, como as emitidas en 1870. (Fontecha, 1968: p. 226).

Tanto as pezas pertenecentes ó Goberno Provisional como as do reinado de Alfonso XII tiveron un moi amplio período de circulación e eran coñecidas en Galicia e en moitas partes de Castela como patacóns2.

Entre as moedas estranxeiras do tesouriño hai dúas de cobre francesas, de 10 céntimos, cuñadas durante o reinado de Napoleón 111 (1852-1870). Unha delac é de 1857 pero a data da outra e ilexible.

Representan o 0'31 con respecto á totalidade do achado. A descrición é: ANV: Cabeza a esquerda entre áncoras e rnartelos. Debaixo a data e 6 redor

da lenda: NAPOLEON III EMPEREUR. REV: Aguia de ás abertas. Debaixo a lenda: B DIX CENTIMES e ó redor:

EMPIRE FRANCAIS (Chaves, 1994, p. 192, n V 727). Teñen un peso de 9'40 gr. e 9'53 gr. e un módulo de 29'93130'01, e

29'45129'99 mm. respectivamente.

A outra peza extranxeira que completa o tesouriño é unha moeda de cobre italiana, de 10 céntimos, emitida durante o reinado de Umberto I de Italia.

As súas características son: ANV: Busto de Umberto I á esquerda e ó redor a lenda: UMBERTO I RE

D-ITALIA. REV: Coroa de flores e ó redor: 10 CENTESlMl e a data (1 893 ou 1894?). O peso é 9'53 gr. e o módulo 29'35129'93 mm. A ceca onde foi acuñada é

Roma. (Cappelli, 1974, p. 286, n").

Despois da descrición de tódalas pezas que constitúen o conxunto atopado, podemos observar que todas elas teñen unha grande uniformidade e unhas características comúns se exceptuamo-la peza de Fernando VI1 (8 Maravedís) e os numismas ilexibles.

Son moedas de cobre, do mesmo valor, 1 0 céntimos (incluidas as estranxei-

Moitas foron as persoas consultadas en Narín, Pontevedra e en outras partes de Galicia, e todas recordan que a moeda chamada popularmente (<patacón,, era a peza de 10 céntimos do Goberno Provisional e a do mesmo valor de Alfonso XII e que circuló en España ata ben pasada a guerra civil.

Page 4: TESOUR~NO CONTEMPORÁNEO CON RECELO POL~TICO · De todos é sabido, que a moeda ten un significado político superior ó econó- mico pois recolle e reflicte tódalas vicisitudes

ras), do mesmo módulo e peso, pertencentes polas datas de acufiación, á última metade do século XIX.

Estes datos serviríannos para conclui-lo traballo que estamos a facer, asegu- rando que o tesouritío foi acochado a finais do século XIX ou a principios do XX, sen embargo atopámonos aquí cun problema, o cal foi o motivo principal polo que nos decidimos a facer este artigo.

Forman parte do conxunto anteriormente descrito, duas pezas que teñen reselo.

A) Unha, de Alfonso XII, do ano 1879, ten sobre o busto do rei no anverso a letra R duplicada. ¿Significaría República?

B) A outra, cuñada durante o Goberno Provisional no ano 1870, ten sobre o anverso gravado, un reselo dos chamados políticos, reselos de propaganda, des- tinados á divulgación de credos ou directrices políticas. (Valls, 1987: p. 61). O reselo é: AMNISTIA e debaixo: J S entre estrela de 5 puntas.

Despois dun estudio pormenorizado da peza e seu conxunto chegamos á conclusión que este recelo non puido ser posto na moeda antes do 1935 polo que as datas de ocultación do tesouriño serían os anos da confrontación civil en que se embarcou España dende 1936 ó 1939.

As razóns polas que chegamos a esta conclusión detallámolas a continua- ción.

Comezaremos por facer un pequeno comentario sobre este tipo de reselos. De todos é sabido, que a moeda ten un significado político superior ó econó-

mico pois recolle e reflicte tódalas vicisitudes da vida pública ó tempo que ten un evidente contido propagandístico.

Este medio de propaganda que ten por finalidade divulgar crenzas ou reivin- dicación~ políticas, podemos constatalo xa dende a antigüedade.

Centrándonos tan só na época contemporánea posuímos rnultitude destes reselos políticos, podendo ser exemplo dos mesmos os que se fixeron no ano 1837 perante a época carlista (Fontecha, 1968: p. 193-1 94) ou os cuñados sobre moeda de Fernando VII e Alfonso XI1 con propaganda como ¡VIVA EL CARLIS- MO! ou ]DIOS, PATRIA Y REY! (Verdejo, 1992: p. 515-522).

Exemplo máis próximo a nós, sería o reselo sobre moeda do Xeral Franco, jVlVA A JUNTA DEMOCRATICA! que marca a lifia divisoria entre as amoeda- cións deste e as do rei D. Juan Carlos I (Vails, 1987: p. 61 -62).

Abonden estes exemplos como mostra do que non deixa de ser un fenóme- no propagandístico común dentro da súa excepcionalidade.

Nesta mesma tónica tenemos que considerar os reselos que como xa vimos aparecen nas dúas monedas do tesouriño que aquí presentamos.

Logo dun estudio pormenorizado da época e do reselo que nos ocupa (AMNISTIA, J S entre estrela de 5 puntas), cremos que pertenece ás Xuventudes Socialistas e que podería propugna-la amnistía para os encarcerados polos acontecimientos de outubro do ano 34 e cuiíado na moeda con anterioridade o enfrentamento do 36.

Page 5: TESOUR~NO CONTEMPORÁNEO CON RECELO POL~TICO · De todos é sabido, que a moeda ten un significado político superior ó econó- mico pois recolle e reflicte tódalas vicisitudes

É innegable que o reselo gravado neste numisma ten unha relación directa coas actividades levadas a cabo polos movementos socialistas neste período.

O Partido Socialista Obrero Español fúndase o 2 de Maio de 1879 en Madrid pero os datos que posuímos sobre os partidos obreiros en Pontevedra, lugar do achado do tesouriño, son moi limitadas.

A representatividade do P.S.O.E. en Galicia e notablemente inferior á do resto do país, acadando certa relevancia somentes nas zonas industriais de Ferrol e Vigo. (Fortes, 1993: p. 641).

Non será ata febreiro do ano 1891 cando se constitúa a Agrupación Socialista no Ferrol, a pioneira, e no mesmo ano as de A Coruña, Santiago e Vigo, aínda que haberá que esperar ata o abril de 1894 para que esta última funcione como tal (Martín Nájera, 1991 : p. 1504) e (Probados, 1992: p. 25).

Nembargantes, xa no ano 1895 nas Eleccións Municipais de Ferrol este par- tido acada un concellal. (Martín Nájera, 1991 : p. 1505).

Polo que se refire a Pontevedra o primeiro acto público de importancia do Socialismo será o Mitin de Pablo Iglesias o día 1 de Xaneiro de 1900. (Fortes, 1993: p. 641).

Vai ser no PSOE onde milite a maior parte da esquerda organizada, a sede situaráse na praza de Sta. María, esquina Amargura, e contará cunha firme e consolidada militancia.

Por outra banda, temos que analizar agora as <<Xuventudes Socialistas,,. Haberá que esperar a setembro de 1903 para que se funden en España. En Galicia temos detectado o seu funcionamento en Ferrol en 191 0, quizais

a pioneira, e ata a Dictaura, en Pontevedra Vigo e A Coruña. (Proboados, 1992: p. 36).

Como ben recolle Manuel González Probados perante a Dictadura parece que só algunhas tiveron actividade: as de Ferrol e Vigo.

Na provincia da Coruña xa no período republicano anterior ó movemento de outubro de 1934, sabemos das de Santiago, as de Boiro, as da capital e as de Ferrol. En Pontevedra vanse legalizando varios grupos nos primeiros meses da República, que conflúen no verán de 1932 nunha Federación Provincial que abrange as de Ponteareas, Lavadores, O Porriño, Redondela, S. Adrián, Pontevedra e Vigo.

A última parte do reselo que nos queda por analizar e a palabra iAMNISTIA! Para poder atopa-lo seu significado temos que facernos unha pregunta: ¿Cales foron os motivos de solicitude de amnistía no primeiro tercio do século XX?

En 1909 solicitouse en Pontevedra a amnistía dos presos políticos e sociais detidos en Barcelona co motivo da <<Semana Trágica,, (Fortes, 1993: p. 667).

En 1 91 2 o Concello pide a aministía para tódolos presos políticos e sociais (Fortes, 1993: p. 731 ).

Vólvese a pedir en 191 7 para o Comité de Folga ó que se Ile felicitou oficial- mente en 1 91 8. (Fortes, 1993: p. 667).

Sen embargo unha das actividades que cabe salientar con respecto ó socia- lismo en Galicia é a peticion de Amnistía para os encarcerados polos sucesos de outubro de 1934.

Page 6: TESOUR~NO CONTEMPORÁNEO CON RECELO POL~TICO · De todos é sabido, que a moeda ten un significado político superior ó econó- mico pois recolle e reflicte tódalas vicisitudes

Destaca a organización de axudas ós compañeiros encarcerados e ós seus familiares, logo do acontecido nesas datas. (Probados, 1 992: p. 21 3).

<<El Obrero,,, xornal que sale por primeira vez en 1890 (Fortes, 1993: p. 728), na edición do 15-VI-1 935, aparece inzado de chamamentos pro-amnistía. Un edi- torial co expresivo título de iAMNISTIA!, salienta a necesidade de acada-fa liber- dade dos presos. (Probados, 1992: p. 239).

A Acción Socialista Ferrolá é un exemplo na súa xuntanza do 17 de xullo de 1935 ó acorda-la cotización dunha peseta por militante para a axuda ós presos.

O Grupo femenino Socialista salienta na laboura de recollida, coordenación e propaganda a favor dos privados de liberdade. (Probados, 1992: p. 21 3).

Nesta tarefa non estiveron os socialistas sós. A fins do verán do 35 constitúese un (<Comité Local de Axuda ós Presos e Perseguidos>, no que participaron o Socorro Rojo Internacional (S.R.I.), P.C.E., JJCC, JJSS e P.S.O.E., UGT, e os azañistas de Izquierda Republicana. (Probados, 1992: p. 214).

Dende o verán de 1935 o PSOE, o <<Grupo Feminino)>, as JJSS ... recuperan o número de adherentes, tirada e acción de antes do 34. O mitin do Inferniño, o 25 de agosto, de carácter provincial sinala un fito tanto no rexurdimento socialis- ta como na loita pola amnistía, principal obxectivo político do momento. Como no caso de Ferrol, en Vigo e en Pontevedra, a principal característica é a grande participación popular. Os temas tocados nos mítins teñen un eixo común: a amnistía. (Probados, 1992: p. 21 5-21 6).

Doutra banda no programa do Fronte Popular formado o 15 de Xaneiro de 1936 propúgnase a amnistía xeral e a readmisión de tódolos despedidos polos sucesos de outubro, aspectos estes que se convertirían no eixo central da súa campana electoral (Saz Campos, 1991 : p. 394).

Trala presentación do achado e a descrición dos tipos detallados imos expo- ñe-las conclusións que a información nos suxire.

O noso tesouriño abarca dende unha data imprecisa da primeira metade do século XIX (7 son as pezas que como xa vimos polas súas características data- mos neste periodo) ata fins do mesmo século aínda que é no último tercio a onde pertenecen a maioría dos numismas.

O conxunto é moi compacto, ten unha forte unidade interna e unha grande homoxeneidade no valor das pezas, todas elas de 10 centímos. Non temos refe- rencias de ningún outro achado de características semellantes en Galicia pero sí en Barcelona, onde apareceu un acobillo de moedas do primeiro tercio do s. XIX, todas elas de 5 francos. (Balaguer, 1982: p. 255 e SS.).

Os motivos polos que o dono do tesouriño o conformou, puideron ser moitos, sen embargo, dadas as peculiariedades deste, cremos que a causa principal non foi acaparar riqueza, pois os numismas son a calderilla de época, senón unha especie de afán coleccionista, xa que tódalas pezas son de 10 centimos, incluso as estranxeiras.

Page 7: TESOUR~NO CONTEMPORÁNEO CON RECELO POL~TICO · De todos é sabido, que a moeda ten un significado político superior ó econó- mico pois recolle e reflicte tódalas vicisitudes

Un dos problemas que xurdiron á hora de data-lo momento do ocultamento, foi o reselo da peza que analizamos máis en profundidade, xa que, chegados á conclusión de que o reselo foi posto no numisma durante os anos 35-36, o tesou- riño tivo que ser acochado ó longo da Guerra Civil, polo tanto, o móbil da oculta- ción, foi sen dúbida, militar.

Por outra banda, ternos unha moeda de f 870 cun reselo de 1935-1936, e isto certifica a longa perduración que estas pezas tiveron perante o presente século, as cales non foron retiradas de circulación ata o ano 1949 por Decreto do Xeneral Franco. (Beltrán, 1979: p. 241 ).

Page 8: TESOUR~NO CONTEMPORÁNEO CON RECELO POL~TICO · De todos é sabido, que a moeda ten un significado político superior ó econó- mico pois recolle e reflicte tódalas vicisitudes
Page 9: TESOUR~NO CONTEMPORÁNEO CON RECELO POL~TICO · De todos é sabido, que a moeda ten un significado político superior ó econó- mico pois recolle e reflicte tódalas vicisitudes

DATAS DOS PERIODOS. DATAS REPRESENTADAS -- FERNANDO VI1 1808 - 1833 1823

ISABEL II 1833 - j868 Ilexibk,

GOBERNO PROVISIONAL 1868 - 1871 1870

ALFONSO XII 1875 - 1885 187711870 11879

NAPOLE~N 111 1852 - 1870 1857

UMBERTO 1 1878 - 1900 llexible 41 893M 894': - - _ - .". __---

RELACI~N DO NWE MOEDAS E ENTIDADES EMISORAS DO ACHADO

Page 10: TESOUR~NO CONTEMPORÁNEO CON RECELO POL~TICO · De todos é sabido, que a moeda ten un significado político superior ó econó- mico pois recolle e reflicte tódalas vicisitudes

MOEDA CON RESELO DE PROPAGANDA POL~TICA DAS XUVENTUDES SOCIALISTAS

332

Page 11: TESOUR~NO CONTEMPORÁNEO CON RECELO POL~TICO · De todos é sabido, que a moeda ten un significado político superior ó econó- mico pois recolle e reflicte tódalas vicisitudes

MOEDA ITALIANA DE UMBERTO I

Page 12: TESOUR~NO CONTEMPORÁNEO CON RECELO POL~TICO · De todos é sabido, que a moeda ten un significado político superior ó econó- mico pois recolle e reflicte tódalas vicisitudes

MOEDAS CON RESELOS

Page 13: TESOUR~NO CONTEMPORÁNEO CON RECELO POL~TICO · De todos é sabido, que a moeda ten un significado político superior ó econó- mico pois recolle e reflicte tódalas vicisitudes

MOEDAS FRANCESAS DE NAPOLE~N I I I

Page 14: TESOUR~NO CONTEMPORÁNEO CON RECELO POL~TICO · De todos é sabido, que a moeda ten un significado político superior ó econó- mico pois recolle e reflicte tódalas vicisitudes

MOEDAS DE ALFONSO XII (1877,1878,1879).

336

Page 15: TESOUR~NO CONTEMPORÁNEO CON RECELO POL~TICO · De todos é sabido, que a moeda ten un significado político superior ó econó- mico pois recolle e reflicte tódalas vicisitudes

MOEDAS DO GOBERNO PROVISIONAL.