Teresa losada memoria rces 2013 14 plan proxecta

2
PLAN PROXECTA: REDE CENTROS ESCOLARES SOLIDARIOS MEMORIA DE CIENCIAS SOCIAIS E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2013-2014 Profesora: Teresa Losada Rodríguez CPI VIRXE DA CELA MONFERO

Transcript of Teresa losada memoria rces 2013 14 plan proxecta

Page 1: Teresa losada  memoria rces 2013 14 plan proxecta

PLAN PROXECTA: REDE CENTROS ESCOLARES SOLIDARIOS

MEMORIA DE CIENCIAS SOCIAIS E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2013-2014

Profesora: Teresa Losada Rodríguez

CPI VIRXE DA CELA MONFERO

Page 2: Teresa losada  memoria rces 2013 14 plan proxecta

Durante o presente curso académico a coordinadora de AA.EE. e dende o departamento de

Ciencias Sociais, xunto con Monferosolidario, participou nas seguintes actividades:

Campañas anuais.

- Recollida selectiva de pilas, papel e cartón

-Recollida de cartuchos de impresoras e fotocopiadoras en colaboración con Recoatlántico

-Campaña de recollida de roupa en colaboración con Glorr- Humanitaria

-Campaña de recollida de tapóns de plástico para causas solidarias

No 1º trimestre co galo do Festival de Nadal toda a comunidade educativa participa na

confección da decoración con fieltros que foron vendidos para causa solidaria.

No 2º trimestre dende CCSS se promove a exposición de Amnistía Internacional sobre os

Dereitos das mulleres xunto con outros departamentos: o alumnado de 3º e 1º de ESO realizan

presentacións dixitais sobre este temática. O 11 de abril celébrase o VI Rastro Solidario

combinado coa Operación Quilo a prol da Cocina Económica de Ferrol.

No 3º trimestre en CCSS de 3º, e relacionado cos contidos do bloque IV, analizan os

indicadores socioeconómicos de diferentes países para comprender os conceptos de

desenvolvemento humano e de estado de benestar, e recoñecen desequilibrios na súa

distribución explicando algunhas das súas causas e consecuencias, e amosando sensibilidade

ante as desigualdades.Como consecuencia deste contexto prodúcese un acercamento o

labor de distintas organizacións solidarias internacionais, nacionais e galegas.