Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-

8
Traballo de: André B.C. Nº4

Transcript of Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-

Page 1: Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-

Traballo de:

André B.C. Nº4

Maria B.S. Nº 6

Ana Costa Nº10

Lucas F.S Nº14

Page 2: Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-

Terrae é unha empresa que traballa cara ao público coa venta e degustación de alimentos ecolóxicos. Podémola atopar na rúa Venezuela nº 76, situada un chisco máis arriba do Corte Inglés.Na tenda todos os produtos son de temporada, sans e saborosos elaborados sen químicos nin aditivos, dende ovos, lácteos, froitas e verduras ata a maior variedade de alimentación infantil e hixiene persoal. Eles traballan con granxas, cooperativas e empresas locais, coidando así o planeta. Decidimos elixir esta empresa porque pensamos que é una tenda que está a introducir productos totalmente naturais na sociedade que son claramente necesarios. É unha pequena tenda, pero vende gran variedade de productos que podemos disfrutar na súa reducida pero acolledora terraza, nos seus recunchos pola tenda como na barra ou na alongada mesa de madeira, dos platos e das bebidas que nos ofrecen cun gran soriso. Agora mercar é máis entretido tendo tendas como estas onde poder mercar.A nós atendeunos Dani , un dos propietarios desta tendiña.

Aquí vos mostramos a súa localización:

Page 3: Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-

PRESENTAMOSVOS A NOSA PEQUENA

REPORTAXE:

-Porqué decidiron montar unha tenda de alimentación

ecolóxica?

Porque pensan que é algo bó para a sociedade.

-É de ámbito nacional ou muntinacional?

Nacional.

-Cal é o número apróximado de traballadores?

Son 2 traballadores.

-Quen é o propietario da empresa?

Os dous traballadores son os donos e propietarios da empresa,

polo cal según nos mostraron é unha Sociedade Civil ( Está

formada por intitucións e persoas que forman a base da

democracia).

-Cal é o voso capital?

O diñeiro invertido 50.000 euros en montar a empresa.

-A que sector pertence a empresa? (primario, secundario

ou terciario) Subsector?

Esta empresa pertence ao sector sector terciario , tamén

chamda sector sevizos ; xa que ofrece servizos ao público

para o seu disfrute de consumo.

-Cal é a situación actual de desenvolvemento deste setor

en España?

É o sector que máis axuda a comunidade polo tanto a cantidade de persoas que traballan nel é a maior na

actualidade.

-Que actividades económicas empregades e onde?

Realizan a venda de produtos naturais ( envasados ou a venta ao natural) ademais de ofrecernos un

estupendo espazo de relax onde poder disfrutar dunha comida equilibrada acompañada dun café.

-Localización e factores de localización.

Pensamos que os factores de localización que máis lle corresponden a esta empresa son; a proximidade as

áreas urbanas ( referímonos a este factor debido a súa localización , ao atoparse no centro da cidade hai

más probabilidades de que a xente coñeza a tenda e comece a mercar alí ), unha boa rede de transporte e

unha proximidade das materias primas ( con estas dúas últimas o que queremos mostrar é que grazas a

que está cerca dunha boa rede de transporte por exemplo Plaza de España que enlaza con varios lugares

da cidade ademais de haber unha estación de tren moi preto e tamén unha autopista que comeza na rúa

Page 4: Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-

Lenpanto, os produtos son distribuidos dunha maneira sinxela e cómoda ademais do desprazamento dos

clientes a esta).

-Porque decidiron abrir a empresa nesta zona da cidade e non en outra?

Porque ambos os dous propietarios pensan que é

unha zona que está moi ben situada e que ten un

fácil acceso ademais de ser un sector de paso para

moitos cidadáns vigueses. Asimesmo , atopar un

local que lles chamara a atención ampliou as

posibilidades de montar alí o negocio.

-Que factores productivos ( recursos naturais ,

traballo, capital ) precisa para o proceso de

produción?

Os seus factores produtivos son os produtos

frescos, a búsqueda de novas cooperativas para

intentar mercar os mellores produtos, atender ao

público tanto na tenda como na cafetería e encargarse de revisar o número de produtos que teñen na

tenda para colocalos, vixiar que non se estropeen ou simplemente para non quedar sin eles.

-A que tipo de mercado dirixe os seus servizos ( rexional, nacional, internacional, bolsa)?

Dirixe os seus servizos a un mercado rexional.

-Cales son os métodos utilizades para reducir custos (deslocalización) e para aumentar a

publicidade?

Debido a que nos referimos a unha empresa de tamaño reducido , non empregan factores de

deslocalización, pero si que intentan buscar novos provedores para coñecer novos produtos ou comparar

a mercancía que eles lles ofrecen para conseguir comprar con estratexias e que lles custe menos pola

mesma calidade.

-Que tipo de publicidade utilizan para darse a

coñecer?

Empregaron a publicidade en periódicos como no

“Atlantico” e sobre todo nas redes sociais o que

lles axuda máis xa que en pleno século vinte e un,

a sociedade emprega estas formas de

comunicación para darse a coñecer e debido a

gran cantidade de persoas que están ao tanto

delas e é máis fácil conseguir novos clientes que

vaian a tenda a consumir ou a mercar. Podemos

atopar unha gran variedade de información e o

seu contacto na súa páxina web.

-Cal é a estabilidade laboral dos

traballadores( tipos de contratos ,

subcontratación..)?

Como son os dous os donos do negocio , o seu salario vai en función da ganancia que teñen cada mes.

-Cal é o convenio colectivo que regula as condicións dos traballadores do sector?

Debido a que non teñen ninún traballador en nómina descoñecen as condicións dos dereitos destes.

Page 5: Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-

-Cales son as relacións da empresa con Organizacións

empresariais?

Colaboran cunha consultoría que recibe o nome de Infi a

montar a empresa e traballan con outra empresa que lles fixo o

presuposto que consta dunha gran variedade de oficios dentro

desta ( grupo empresarial -> BNI ).

-Poderíades expoñernos algunha curiosidade sobre a vosa

empresa que non as nombrarades antes?

Un dato que destacaron moito, foi que non empregan plásticos,

xa sexa nas súas bolsas, nas pajitas ou nos vasos que nos os

denominaríamos os vasos de plástico pero todos estes

produtos están elaborados con polímero de Maíz, que é un

composto químico.

-Empregan fontes de enerxía renovables?

Non.

-Sobre que data abriron a empresa?

En Maio deste ano.

-Teñen pensado abrir máis tendas pola cidade?

Teñen pensado ampliar o número de tendas se conseguen un bo rendemento, pero non queren abrir

outra tenda en Vigo. O que teñen pensado sería, abrir unha tenda en Pontevedra ou en Santiago e

comprobar as ganancias nesas cidades.

Page 6: Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-

FONTES ONDE ATOPAMOS A

INFORMACIÓN :

Para realizar correctamente este traballo, sacamos a información necesaria da entrevista que tivemos con Dani na tenda e ademais da que atopamos no seu blog.Para a elaboración escrita, empregamos o diccionario para incluir breves definicións na reportaxe e que así quedara máis completo e claro. As súas redes sociais axudáronos moito á hora de empregar algunhas imaxes no traballo ou tamén aunque pareza algo extraño á hora de escribir o traballo, xa que poder ver gráficamente seus produtos confirma o seu uso ou máis que nada a venta de produtos que realizan.Aquí abaixo deixámosvos o link para que poidades acceder a páxina web e poder chegar a coñecelos mellor : http://www.terraeorganica.com/ Ademais de comentarvos que as redes sociais na que os podedes atopar son estas:

❖ Facebook: https://www.facebook.com/terraeorganica ❖ Twitter : https://twitter.com/TerraeOrganica ❖ Instagram: https://www.instagram.com/terraeorganica/

Page 7: Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-