Tempodelecernorural estradenseamediadosdo...

47
Juan Andrés Fernández Castro María Jesusa Fernández Bascuas Vol. 11 (2008) Introducción A medida que van saíndo á luz, despois do seu longo proceso de res- tauración, non deixa de sorprendernos e admirarnos a calidade, riqueza e variedade das imaxes deste impresionante fondo fotográfi- co “Celestino Fuentes” do Museo Manuel Reimóndez Portela da Estrada. E por calidade non entendemos, unicamente, a perfecta definición da imaxe, que en ocasións se encontra francamente dete- riorada a pesar dos esforzos de recuperación; referímonos ó espíritu que anima as imaxes de Fuentes, á serena dignidade das persoas humildes, á emoción contida dos grupos familiares ou ó solemne empaque das meniñas vestidas de primeira comunión que miran á cámara sabéndose protagonistas absolutas, raíñas por un día. Imaxes todas elas que cincuenta anos máis tarde despertan saudosas lem- branzas dos amigos cos que se compartiron anacos da infancia, de irmáns emigrados, de familiares mortos. Sen embargo non sería esta, a da evocación saudosa dos tempos idos, a única virtualidade das imaxes de Fuentes; a pouco que esculquemos no seu fondo –levamos visionado menos dun 20% das fotos–, iremos descubrindo ó Fuentes cronista do que pasaba ao seu redor, retratando accidentes de tráfi- Tempo de lecer no rural estradense a mediados do século XX. Os testemuños fotográficos de Celestino Fuentes González (1918-1987)

Transcript of Tempodelecernorural estradenseamediadosdo...

Page 1: Tempodelecernorural estradenseamediadosdo séculoXX.dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/407/1/pg_233-280_estrada11.pdfcoros, grupos de baile, máscaras ou partidos de fútbol.

Juan Andrés Fernández CastroMaría Jesusa Fernández Bascuas

Vol. 11 (2008)

Introducción

A medida que van saíndo á luz, despois do seu longo proceso de res-tauración, non deixa de sorprendernos e admirarnos a calidade,riqueza e variedade das imaxes deste impresionante fondo fotográfi-co “Celestino Fuentes” do Museo Manuel Reimóndez Portela daEstrada. E por calidade non entendemos, unicamente, a perfectadefinición da imaxe, que en ocasións se encontra francamente dete-riorada a pesar dos esforzos de recuperación; referímonos ó espírituque anima as imaxes de Fuentes, á serena dignidade das persoashumildes, á emoción contida dos grupos familiares ou ó solemneempaque das meniñas vestidas de primeira comunión que miran ácámara sabéndose protagonistas absolutas, raíñas por un día. Imaxestodas elas que cincuenta anos máis tarde despertan saudosas lem-branzas dos amigos cos que se compartiron anacos da infancia, deirmáns emigrados, de familiares mortos. Sen embargo non sería esta,a da evocación saudosa dos tempos idos, a única virtualidade dasimaxes de Fuentes; a pouco que esculquemos no seu fondo –levamosvisionado menos dun 20% das fotos–, iremos descubrindo ó Fuentescronista do que pasaba ao seu redor, retratando accidentes de tráfi-

Tempo de lecer no ruralestradense a mediados doséculo XX.Os testemuños fotográficosde Celestino Fuentes González(1918-1987)

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:01 Página 231

Page 2: Tempodelecernorural estradenseamediadosdo séculoXX.dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/407/1/pg_233-280_estrada11.pdfcoros, grupos de baile, máscaras ou partidos de fútbol.

232

Tempo de lecer no rural estradense a mediados do século XX

A ESTRADAmiscelánea histórica e cultural

co, maquinaria nova que mercaban as industrias locais, imaxes dasobras da ponte de Gundián, do ferrocarril e da estación de SantaCruz de Ribadulla, modelos de mobles e incluso de cadaleitos, ente-rros ou paisaxes, imaxes todas elas rexistradas por iniciativa persoale totalmente carentes de ánimo de lucro.

Eliximos nesta ocasión como tema vertebrador desta mostra dofondo as diversas manifestacións da vida en común e o lecer a tra-vés de imaxes obtidas por Fuentes entre os anos 1940-1970, apro-ximadamente, nalgunha das seis parroquias do NE do concelloestradense (Arnois, Loimil, Oca, Riobó, Orazo e San Miguel deCastro), ámbito onde se desenvolveu, maioritariamente, o seu tra-ballo fotográfico. Daquela a parroquia conservaba aínda en granmedida o seu carácter aglutinador e identitario, circunstancia quetrascende ás imaxes de Fuentes quen rexistra nas súas carpetiñas ebobinas: “A máscara de Loimil”, “O equipo de Remesar”, “As flo-res de Oca” “Na festa da Paderna de Arnois”; época tamén na queas actividades culturais e de lecer, cando o fenómeno televisivoaínda non se popularizara, se artellaban en torno ó cura párroco, ósmestres e unha serie de organismos oficiais que extendían ó rural oseu labor: Sección Femenina ou Extensión Agraria, por poñer sódous exemplos. Sen esquencer as iniciativas de mozos activos eemprendedores que organizaban nas súas aldeas sesións de teatro,coros, grupos de baile, máscaras ou partidos de fútbol. Os retratosde Fuentes son, en fin, o reflexo dunha sociedade rural que, noecuador do século vinte, padece graves eivas e carencias pero que,a pesar de todo iso, vese integrada e coherente, segura de si mesmae orgullosa da súa identidade.

Quixemos facer protagonistas deste traballo ás persoas, moitasdelas xa desaparecidas, que viviron, sufriron e amaron neste fermo-sísimo rincón de Galicia; elas mesmas, medio século máis tarde vol-ven a recuperar o seu protagonismo vendo as fotos da súa infancia exuventude e colaborando con nós na identificación e adecuada con-textualización das imaxes que ofrecemos en tódolos casos que o ine-

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:01 Página 232

Page 3: Tempodelecernorural estradenseamediadosdo séculoXX.dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/407/1/pg_233-280_estrada11.pdfcoros, grupos de baile, máscaras ou partidos de fútbol.

233

Juan Andrés Fernández Castro e María Jesusa Fernández Bascuas

Vol. 11 (2008 )

vitable paso do tempo e a fiabilidade da memoria nolo permitiron.Vaia para todas elas1 especialmente para dona Teresa Ruibal e donJosé Manuel Pereiro, veciños de de Oca, a nosa gratitude.

1 Agradecementos: Ademais dos xa mencionados José Manuel Pereiro e Teresa Ruibal;Rita de Rendo; Moncho Faílde; Pilar Pereiras; Alfonso Gómez; Manuel López; CamiloCamba; Esther Baltar; Juan Fernández; Nicanor Fuentes; Rosario González, Rafael eJavier; Nieves Fuentes, Esperanza Formoso, José Manuel Bahamonde.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:01 Página 233

Page 4: Tempodelecernorural estradenseamediadosdo séculoXX.dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/407/1/pg_233-280_estrada11.pdfcoros, grupos de baile, máscaras ou partidos de fútbol.

234

Tempo de lecer no rural estradense a mediados do século XX

A ESTRADAmiscelánea histórica e cultural

I. A película Sonatas

A filmación de película “Sonatas”,basada na serie homónima de donRamón del Valle Inclán, veu alterar,durante os tres meses que durou a súafilmación no “Palacio” de Oca, omonótono discorrer da vida no lugarda Plaza. Entre marzo e maio de 1958os habitantes da comarca e aíndaoutras xentes chegadas da Estrada,Bandeira, Cira e incluso Santiago tive-ron ocasión de ver e admirar, ademaisdos famosos actores Paco Rabal,

Fernando Rey, Aurora Bautista ou María Félix, as cargas de cabalería,os coches de cabalos fuxindo a toda velocidade, A Santa Compaña enprocesión ou os terribles combates a sable que tiveron como escenarioo bosque de Guillufe ou os propios xardíns do pazo protagonizados porun escuadrón de cabalería do Exército debidamente caracterizado deépoca e especialmente chegado de Santiago de Compostela paraactuar no filme. A casa-taberna-panadería de Carrillo, estratexica-mente situada a carón da praza, encargábase de dar de comer e bebera todo o elenco de actores e corpo técnico da película dirixida por JuanAntonio Bardem, e pola tarde, tralo remate da diaria sesión, retirá-banse a Santiago, onde se aloxaban. Tamén actuaron como extrasalgúns veciños de Oca. A esposa de Paco Rabal, Asunción, e os dousfillos de ambos, Teresa e Benito, acompañábano a todas horas, edurante os labores de rodaxe do filme paseaban polo pazo ou falabancoa xente que se agolpaba para ver a filmación. Estreouse a película naBandeira e alá acudiron no coche do Bravo unha morea de veciñosansiosos de ver na pantalla grande as aventuras e desgracias daquelMarqués de Bradomín feo, católico y sentimental.

Fotograma de presentación do filme“Sonatas” inspirado na serie homónimade don Ramón del Valle Inclán.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:01 Página 234

Page 5: Tempodelecernorural estradenseamediadosdo séculoXX.dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/407/1/pg_233-280_estrada11.pdfcoros, grupos de baile, máscaras ou partidos de fútbol.

235

Juan Andrés Fernández Castro e María Jesusa Fernández Bascuas

Vol. 11 (2008 )

O Marqués de Bradomín(Paco Rabal) e a súaamada Concha (AuroraBautista) nun rincón dosxardíns do “Palacio” deOca, Pazo de Brandesona novela.

Dous soldados libran un combate a sable diante da berlina na que fuxirános namorados. Á dereita vese unha máquina de producir fume parasimular a néboa entre a que xurdirá na película a Santa Compaña.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:01 Página 235

Page 6: Tempodelecernorural estradenseamediadosdo séculoXX.dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/407/1/pg_233-280_estrada11.pdfcoros, grupos de baile, máscaras ou partidos de fútbol.

236

Tempo de lecer no rural estradense a mediados do século XX

A ESTRADAmiscelánea histórica e cultural

Tres figurantes pousan para o fotógrafo observados por algúns dos moitoscuriosos que a diairo acudían a presenciar o labor de filmación. Oca, marzo de1958.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:01 Página 236

Page 7: Tempodelecernorural estradenseamediadosdo séculoXX.dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/407/1/pg_233-280_estrada11.pdfcoros, grupos de baile, máscaras ou partidos de fútbol.

237

Juan Andrés Fernández Castro e María Jesusa Fernández Bascuas

Vol. 11 (2008 )

Paco Rabal (centro) cun grupo de soldados de Cabalería do cuartel de Santiagocaracterizados de época e outro co uniforme normal. Detrás, o equipo de rodaxe.Oca, 1958.

Na película actuaron comofigurantes varios veciños deOca; velaquí a Manuel PazosBatallán con vestiduras deépoca xunto á súa esposaAurora Porto. Oca, 1958.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:01 Página 237

Page 8: Tempodelecernorural estradenseamediadosdo séculoXX.dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/407/1/pg_233-280_estrada11.pdfcoros, grupos de baile, máscaras ou partidos de fútbol.

238

Tempo de lecer no rural estradense a mediados do século XX

A ESTRADAmiscelánea histórica e cultural

Luisa de Oliveira sobre un dos cabalosda película. Oca, abril de 1958.

Outra fermosa amazona, Paquita Villar, nasproximidades do Pazo de Oca; abril de1958.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:01 Página 238

Page 9: Tempodelecernorural estradenseamediadosdo séculoXX.dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/407/1/pg_233-280_estrada11.pdfcoros, grupos de baile, máscaras ou partidos de fútbol.

239

Juan Andrés Fernández Castro e María Jesusa Fernández Bascuas

Vol. 11 (2008 )

II. As flores

O mes de maio, precursor doverán e mes das flores, eratamén o mes da Virxe María.Daquela as nenas, e en menormedida tamén os rapaces, eri-xíanse en protagonistas dunhaserie de fermosos actos, nonexclusivamente relixiosos, quese levaban a cabo na igrexa ouno seu adro, sempre dirixidos eensaiados polos mestres, espe-cialmente a mestra, as cate-quistas, o párroco e, no seucaso, as mulleres integrantesdas asociacións de Hijas deMaría. Esta serie de funciónsprofano-relixiosas teñen unhalonguísima tradición na IgrexaCatólica e a súa orixe situaría-se nos autos medievais, nas dra-matizacións levadas a cabo nointerior da igrexa e nos cantosde Nadal, de fonda raigame tamén en Galicia. Era o momentotamén de recibir a primeira comunión, ocasión solemne merecedo-ra dos retratos que hoxe damos a coñecer, mais tamén das obras deteatro, dos diálogos inxeniosos do cura preguntando a doutrina ósnenos, das recitacións, bailes folclóricos e obras teatrais. Os nenoseríxense entonces en protagonistas pasando os adultos a ocupar unlugar secundario, incluso relegándose nas fotos, cando aparecen, aun segundo plano ou area marxinal, como se aprecia nas imaxes deCelestino Fuentes.

Don Antonio Canabal, párroco de Arnois dirixea procesión da Inmaculada na que participanvarias meniñas lanzando pétalos de flores cosseus brancos traxes de Primeira Comunión.Arnois, 1970.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:01 Página 239

Page 10: Tempodelecernorural estradenseamediadosdo séculoXX.dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/407/1/pg_233-280_estrada11.pdfcoros, grupos de baile, máscaras ou partidos de fútbol.

240

Tempo de lecer no rural estradense a mediados do século XX

A ESTRADAmiscelánea histórica e cultural

Nas Flores de Arnois do 1969. Vemos,entre outras, a Rosario González eMargarita de Germán portando a imaxeda Virxe sobre un camiño estrado deflores. Dous anxiños levan as fitas doestandarte.

Enmarcada no arco da porta principal dotemplo de Arnois , unha meniña recitaunha poesía adicada á Virxe mentresNélida de Buste e outras persoas escoitancon atención e respecto. Arnois, 1969.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:01 Página 240

Page 11: Tempodelecernorural estradenseamediadosdo séculoXX.dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/407/1/pg_233-280_estrada11.pdfcoros, grupos de baile, máscaras ou partidos de fútbol.

241

Juan Andrés Fernández Castro e María Jesusa Fernández Bascuas

Vol. 11 (2008 )

No mes das flores, xunto coas meniñasataviadas co branco traxe da PrimeiraCominión, era frecuente que participasenoutras vestidas co traxe típico galego pararecitar poemas ou actuar en breves diálo-gos de carácter profano-relixioso. Adrode Arnois, maio de 1966.

En ocasións a alegría das Flores de maio trócase en tristeza. Varias nenas de Ocaportan as fitas e o minúsculo cadaleito de María Teresa Marque Cardelle, falecidaen Oca o día 27 de maio de 1966, antes de cumplir os dous anos.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:01 Página 241

Page 12: Tempodelecernorural estradenseamediadosdo séculoXX.dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/407/1/pg_233-280_estrada11.pdfcoros, grupos de baile, máscaras ou partidos de fútbol.

242

Tempo de lecer no rural estradense a mediados do século XX

A ESTRADAmiscelánea histórica e cultural

Un daqueles diálogos interpretados porGelucho do Gisanteiro (o cura); José dePorto (O alumno da doutrina) e Lidia deEspiño, a anxiña que observa a esceacon simpática expresión. Ano 1968.

Flores de maio en oca, 1968. No adroda igrexa a señora Mercedes doPedrado observa con mirada adusta ásdúas galeguiñas: Canducha de Colazo(esquerda) e unha amiguiña.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:01 Página 242

Page 13: Tempodelecernorural estradenseamediadosdo séculoXX.dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/407/1/pg_233-280_estrada11.pdfcoros, grupos de baile, máscaras ou partidos de fútbol.

243

Juan Andrés Fernández Castro e María Jesusa Fernández Bascuas

Vol. 11 (2008 )

Mercedes de Espiño, no centro,con María del Carmen Pereiro eoutra meniña nas Flores de Ocado 1970.

Ante o portalón da rectoral de Oca nas Flores de 1958. Mercedes Amosa,Presidenta da Asociación de Hijas de María de Oca con María del Carmen doMesón, Isabel de Espiño, Elisa de Vilar, Lucita Souto e outra nena.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:01 Página 243

Page 14: Tempodelecernorural estradenseamediadosdo séculoXX.dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/407/1/pg_233-280_estrada11.pdfcoros, grupos de baile, máscaras ou partidos de fútbol.

244

Tempo de lecer no rural estradense a mediados do século XX

A ESTRADAmiscelánea histórica e cultural

A directiva dasHijas de María diante da rectoral de Oca no 1958:Mercedes Amosa,María Teresa Tato e Teresa Ruibal. As meniñas de branco son, entre outras, Rosariode Carrillo, Lola Barcala, Lola Paino, Elisa de Vilar, Lucía Souto e Teresa Fariñas.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:01 Página 244

Page 15: Tempodelecernorural estradenseamediadosdo séculoXX.dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/407/1/pg_233-280_estrada11.pdfcoros, grupos de baile, máscaras ou partidos de fútbol.

245

Juan Andrés Fernández Castro e María Jesusa Fernández Bascuas

Vol. 11 (2008 )

Non esquenceu Fuentes incluir nesta fermosísima escea familiar detalle técnicosapenas perceptibles: a alineación dos postes da viña e a casa do fondo ilumina-dos polo sol dotan de profundidade a imaxe; unha matiña de prímulas medran nochan a modo de homenaxe á comulgante e a afortunada ubicación da meniña,facendo contrastar a albura do seu traxe co escuro atavío de seus pais. A familiaFelpete na Agra de Arnois no 1957: de esquerda a dereita, Virtudes, Esperanza,Carmiña, o señor Felpete e Consuelo.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:01 Página 245

Page 16: Tempodelecernorural estradenseamediadosdo séculoXX.dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/407/1/pg_233-280_estrada11.pdfcoros, grupos de baile, máscaras ou partidos de fútbol.

246

Tempo de lecer no rural estradense a mediados do século XX

A ESTRADAmiscelánea histórica e cultural

Grupo de comulgantes en Loimil no ano1960.

Logrado retrato de primeira comuniónempregando, a modo de fondo, unhacolcha pendurada. Loimil, Flores de 1960.

Cura con breviario e bonete con dúasfermosas galeguiñas en Loimil, ano 1960.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:01 Página 246

Page 17: Tempodelecernorural estradenseamediadosdo séculoXX.dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/407/1/pg_233-280_estrada11.pdfcoros, grupos de baile, máscaras ou partidos de fútbol.

247

Juan Andrés Fernández Castro e María Jesusa Fernández Bascuas

Vol. 11 (2008 )

Contraste de brancos e negros nesta imaxe de Fuentes laboriosamenterestaurada. Adro de Loimil, 1960.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:01 Página 247

Page 18: Tempodelecernorural estradenseamediadosdo séculoXX.dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/407/1/pg_233-280_estrada11.pdfcoros, grupos de baile, máscaras ou partidos de fútbol.

248

Tempo de lecer no rural estradense a mediados do século XX

A ESTRADAmiscelánea histórica e cultural

III. O Entroido

Xorde esta festa das entranas da alma popular co seu repertorio de ale-gría, crítica e transgresión do orde establecido. Tres foron (lamenta-blemente xa non o son hoxe) os sinais de identidade do entroido nes-tes eidos ulláns: a espontánea participación popular, sen exclusión deidades, a participación de homes a cabalo denominados xenerales, eas características vestimentas masculinas e femininas que as fotos deFuentes souberon captar e hoxe constitúen un verdadeiro tesouroetnográfico. O entroido prístino e popular, aquel que don AlfredoVicenti puido admirar persoalmente durante o seu exilio político nolugar de Castrotión na parroquia de Oca no ano 1873 e que poste-riormente publicou na súa obra A orillas del Ulla (Perfiles gallegos),desapareceu definitivamente mais sobrevive aínda na memoria detodos aqueles que un día lonxano cantaron nas charangas e coros,vestiron o traxe de xeneral ou participaron dalgunha maneira naque-les eventos festeiros que quebraban momentaneamente a monotoníada vida rural. As fotos de Fuentes que ofrecemos souberon captar osderradeiros latexos daquel evento desbordante de vida e de alegría.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:01 Página 248

Page 19: Tempodelecernorural estradenseamediadosdo séculoXX.dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/407/1/pg_233-280_estrada11.pdfcoros, grupos de baile, máscaras ou partidos de fútbol.

249

Juan Andrés Fernández Castro e María Jesusa Fernández Bascuas

Vol. 11 (2008 )

Máscaras de Vilar, Cira no ano 1960. Inxeniosa composición de Fuentes a partirde dúas liñas converxentes que rematan na xentil figura do xeneral. Os primeirosplanos da dereita imprimen profundidade a esta escea de gran valor etnográfico.

Máscaras de Orazo no 1957. Homes e mulleres; nenos e adultos participanactivamente nesta celebración xenuinamente popular.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:01 Página 249

Page 20: Tempodelecernorural estradenseamediadosdo séculoXX.dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/407/1/pg_233-280_estrada11.pdfcoros, grupos de baile, máscaras ou partidos de fútbol.

250

Tempo de lecer no rural estradense a mediados do século XX

A ESTRADAmiscelánea histórica e cultural

Dúas meniñas disfrazadas e un neno deOrazo no ano 1957.

Unha parella pousa para o fotógrafo; elaporta namandereita un ramiño demimosa,a flor do Entroido. Orazo, 1957.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:01 Página 250

Page 21: Tempodelecernorural estradenseamediadosdo séculoXX.dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/407/1/pg_233-280_estrada11.pdfcoros, grupos de baile, máscaras ou partidos de fútbol.

251

Juan Andrés Fernández Castro e María Jesusa Fernández Bascuas

Vol. 11 (2008 )

En idéntico esceario retrata Fuentes aestas dúas nenas caracterizadas deCarnaval; unha delas mostra unha bonecae a outra un ramiño de mimosa. Orazo1957.

Trío de máscaras de Orazo no ano 1957.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:01 Página 251

Page 22: Tempodelecernorural estradenseamediadosdo séculoXX.dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/407/1/pg_233-280_estrada11.pdfcoros, grupos de baile, máscaras ou partidos de fútbol.

252

Tempo de lecer no rural estradense a mediados do século XX

A ESTRADAmiscelánea histórica e cultural

Velaquí unha das máis fermosas fotografías do fondo fotográfico de CelestinoFuentes. Un grupo de disfrazados recorta os seus perfís contra o fondo de veigaslabradas. Locen con orgullo as súas galas de Entroido sabéndose portadoresdunha longa tradición herdada de seus pais e enlazan as súas mans en sinal deunión e amizade. Cira, 1957.

Grupo de máscaras de Arnois no1958. Fuentes anotou na carpetiñadestes clichés: Máscaras deArnois desde Balboa a Berres.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:01 Página 252

Page 23: Tempodelecernorural estradenseamediadosdo séculoXX.dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/407/1/pg_233-280_estrada11.pdfcoros, grupos de baile, máscaras ou partidos de fútbol.

253

Juan Andrés Fernández Castro e María Jesusa Fernández Bascuas

Vol. 11 (2008 )

Leandro (esquerda), o abandeiradoPepe de Agustín e José Manuelde Gómez no carnaval do ano1958.

Pilar Castelao, María Ángeles Castelao e Lola da Fábrica con dúas máscarasdescoñecidas ben pándigas no Entroido do 1958.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:01 Página 253

Page 24: Tempodelecernorural estradenseamediadosdo séculoXX.dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/407/1/pg_233-280_estrada11.pdfcoros, grupos de baile, máscaras ou partidos de fútbol.

254

Tempo de lecer no rural estradense a mediados do século XX

A ESTRADAmiscelánea histórica e cultural

Moi interesante imaxe dos integrantes do coro das Máscaras de Arnois; entre osseus compoñentes encontramos a Rosario González, Rosario de Couto, Elena deJuan, Digna do Quinto, Margarita de Sánchez, Nucha do Caminero, Arturo deMaría, Elisa González, José da Carballeira, Maruja de Mato, María del Carmen deBuste, Argentina Couto, Carmiña de Balbuíño, Canducha do Lisario e Mercedes deMouriño. Arnois, 1958.

Dous xenerais das máscaras deArnois no ano 1958.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:01 Página 254

Page 25: Tempodelecernorural estradenseamediadosdo séculoXX.dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/407/1/pg_233-280_estrada11.pdfcoros, grupos de baile, máscaras ou partidos de fútbol.

255

Juan Andrés Fernández Castro e María Jesusa Fernández Bascuas

Vol. 11 (2008 )

Grupo de nenos cun gaiteiro nas máscaras de Arnois. Ano 1958.

Diante da escola vella de Arnois pousa para Fuentes este vistoso grupo decantores do coro de Arnois; son, de esquerda a dereita, María del Carmen deBuste, Pepe de Xan Grande, Mercedes Mouriño, un descoñecido e Maruja deCalzada. Ano 1958.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:01 Página 255

Page 26: Tempodelecernorural estradenseamediadosdo séculoXX.dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/407/1/pg_233-280_estrada11.pdfcoros, grupos de baile, máscaras ou partidos de fútbol.

256

Tempo de lecer no rural estradense a mediados do século XX

A ESTRADAmiscelánea histórica e cultural

Fermosa parella: Elisa González e ArturoTorres en Arnois no 1958.

Avelino da Cacharela pasa revista a unhacompañía de soldados en formación.Arnois, carnaval de 1958.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:01 Página 256

Page 27: Tempodelecernorural estradenseamediadosdo séculoXX.dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/407/1/pg_233-280_estrada11.pdfcoros, grupos de baile, máscaras ou partidos de fútbol.

257

Juan Andrés Fernández Castro e María Jesusa Fernández Bascuas

Vol. 11 (2008 )

IV. Bailes e teatro

Erra quen pensa que as parroquias rurais estradenses constituían unhermo cultural alleo a toda actividade que non fose o propio laboragrícola. Aquí e acolá, dependendo do dinamismo dos mestres, docura, dalgún seminarista ou estudante ou mesmo dun veciño coninquedanzas, xurdían iniciativas culturais que callaban, as máis dasveces, en representacións teatrais levadas a cabo el alpendres, gal-póns, a escola ou mesmo casas particulares. Improvisados actoresaprendían o seu papel, confeccionaban a vestimenta e con catropanos e dúas táboas construían un esceario iluminado por unhaspobres lámpadas de 40 v. O éxito de público estaba asegurado poisninguén, agás un enfermo ou eivado, quedaba na casa ese día, e aíndaaqueles eran prolixamente informados, ó regreso, da trama, vicisitu-des e demais circunstancias da obra en cuestión. Apenas quedan fotosdestes eventos culturais nas aldeas, de modo que as poucas que con-servamos de Celestino Fuentes constitúen un documento de primei-ro orde. Estas fotos son, en xeral, escuras e borrosas, debido, segura-mente, ás condicións adversas de iluminación e ausencia de flash;aínda así ofrecemos aquelas que acadan un mínimo de calidade.

Naquela época, organizacións como a Sección Femenina e Frentede Juventudes para os homes promovían nas zoas rurais actividadescívico-docentes que incluían bailes folclóricos para ambos sexos eeducación física para os xoves e rapaces. Posteriormente difundiuseno rural a intervención dos Axentes de Extensión Agraria e deEconomía doméstica, dependentes do Miniserio de Agricultura.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:01 Página 257

Page 28: Tempodelecernorural estradenseamediadosdo séculoXX.dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/407/1/pg_233-280_estrada11.pdfcoros, grupos de baile, máscaras ou partidos de fútbol.

258

Tempo de lecer no rural estradense a mediados do século XX

A ESTRADAmiscelánea histórica e cultural

Grupo de baile diante do Pazo de Oca nos cursos da Sección Femenina. Eles sonJosé Manuel Pereiro, Antonio de Xiao, Marité de Salgueiro e María del CarmenPereiro. Ano 1969.

Fermoso ramillete de mozas diante das “caixas” do Palacio de Oca no 1969; deesquerda a dereita: Margarita de Germán, Lola de Porto de Balboa, María delCarmen Pereiro, Tilita de Vilela, Pilar Pereiras, Marité de Salgueiro, Lola de Pillo deRendo e Mariné dos Besteiros.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:01 Página 258

Page 29: Tempodelecernorural estradenseamediadosdo séculoXX.dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/407/1/pg_233-280_estrada11.pdfcoros, grupos de baile, máscaras ou partidos de fútbol.

259

Juan Andrés Fernández Castro e María Jesusa Fernández Bascuas

Vol. 11 (2008 )

O grupo de baile na fonte do patio do Pazo de oca no 1969.

Exhibición de ximnasia das nenas na Praza de Oca; ano 1969.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:01 Página 259

Page 30: Tempodelecernorural estradenseamediadosdo séculoXX.dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/407/1/pg_233-280_estrada11.pdfcoros, grupos de baile, máscaras ou partidos de fútbol.

260

Tempo de lecer no rural estradense a mediados do século XX

A ESTRADAmiscelánea histórica e cultural

Agora os rapaces ofrecen a súa demostración. Plaza de Oca, 1969.

Compañía de teatro amateur de Riobó no 1960; entre outros, vemos os seguintesactores: Delmiro, Carlos do Seco, Manolo Collazo, Margarita de Germán, Carmiñade Felpete, Milucho de Santalla e Esperanza de Buste.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:01 Página 260

Page 31: Tempodelecernorural estradenseamediadosdo séculoXX.dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/407/1/pg_233-280_estrada11.pdfcoros, grupos de baile, máscaras ou partidos de fútbol.

261

Juan Andrés Fernández Castro e María Jesusa Fernández Bascuas

Vol. 11 (2008 )

Un momento da representación teatral en Riobó no 1960, con gran éxito de públi-co, como pode apreciarse.

Na escola de nenas de Riobó efectuábanse representacións teatrais e actuabancoros de nenas, ensaiadas pola súamestra. No esceario vemos un grupo de nenasactuando no ano 1956.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:01 Página 261

Page 32: Tempodelecernorural estradenseamediadosdo séculoXX.dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/407/1/pg_233-280_estrada11.pdfcoros, grupos de baile, máscaras ou partidos de fútbol.

262

Tempo de lecer no rural estradense a mediados do século XX

A ESTRADAmiscelánea histórica e cultural

Grupo de nenas da escola de dona Maruja Morales na escola de Riobó situada nolugar da Mota no 1956. Na primeira fila, Carmen Hermida, Marina Porto, FelisaBernárdez, María Sesar e Carmen Louzao. Na fila do medio vemos a MarinaCobián, Matusa Fondevila, Esther Gañete, Bibiana Carregal, María del CarmenRequeijo e Dolores Couto. Na última fila, Rosalía Pereiras e Emma Liste.

María del Carmen Requeijo mostrando oseu fermoso vestido; Riobó 1956.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:01 Página 262

Page 33: Tempodelecernorural estradenseamediadosdo séculoXX.dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/407/1/pg_233-280_estrada11.pdfcoros, grupos de baile, máscaras ou partidos de fútbol.

263

Juan Andrés Fernández Castro e María Jesusa Fernández Bascuas

Vol. 11 (2008 )

Elena da Fábrica e Canducha de Eduardo, dúas amigas no esceario. Riobó, 1956.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:01 Página 263

Page 34: Tempodelecernorural estradenseamediadosdo séculoXX.dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/407/1/pg_233-280_estrada11.pdfcoros, grupos de baile, máscaras ou partidos de fútbol.

264

Tempo de lecer no rural estradense a mediados do século XX

A ESTRADAmiscelánea histórica e cultural

Ramiro Barreiro (esquerda) e RamónMoruja (Ramón de Moruxo) na PonteUlla, perto do viaducto de Gundiánrecén inaugurado por Franco. Ano 1958.

V. O Ferrocarril

No mes de setembro de 1958 inaugúrase a linea de ferrocarrilZamora-Coruña que precisou salvar o desnivel de Gundián median-te a construcción dunha ousada ponte que forma hoxe parte da pai-saxe ullá do mesmo xeito que o fará nun futuro próximo o viaductodo AVE, en construcción nestes momentos. Moi cerca ubicouse aestación de ferrocarril de Ribadulla, no concello de Vedra. Amboseventos, de gran repercusión nos medios de comunicación da épocapola presencia do Xefe do Estado, Xeneral Franco e do Arzobispo deSantiago, Cardeal Quiroga Palacios, foron rexistrados polo obxecti-vo curioso de Celestino Fuentes.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:01 Página 264

Page 35: Tempodelecernorural estradenseamediadosdo séculoXX.dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/407/1/pg_233-280_estrada11.pdfcoros, grupos de baile, máscaras ou partidos de fútbol.

265

Juan Andrés Fernández Castro e María Jesusa Fernández Bascuas

Vol. 11 (2008 )

Fermosa perspectiva da estación de ferrocarril de Santa Cruz de Ribadulla no1958, ano da súa inauguración. No medio do andén vemos unha daquelas fume-gantes locomotoras de antano.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:01 Página 265

Page 36: Tempodelecernorural estradenseamediadosdo séculoXX.dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/407/1/pg_233-280_estrada11.pdfcoros, grupos de baile, máscaras ou partidos de fútbol.

266

Tempo de lecer no rural estradense a mediados do século XX

A ESTRADAmiscelánea histórica e cultural

VI. O Fútbol

A partir dos anos corenta da pasada centuria, debido quizais áexpansión e popularización dos aparatos de radio e mesmo da pren-sa diaria, extendeuse ás áreas rurais a práctica do fútbol, deporte res-trinxido deica entonces ás cidades e vilas que podían permitirse aconstrucción dun campo de xogo. Contra o ano 1948 os veciños deOca acondicionan unha chaira no lugar de Chancelas e constrúenun estupendo campo inaugurado solemnemente coa asistencia dasautoridades civís, militares e relixiosas. ¡Cantas tardes de pasión,victorias e derrotas teñen vivido os veciños desta parroquia estra-dense e os futbolistas da comarca! Aqueles días de gloria –que dura-ban exactamente unha semana–, eran eran vividos con auténticogozo polos vencedores mentres que o equipo derrotado e mesmo osseus siareiros debían soportar as chanzas e bromas de todos. Moitasparroquias tiñan o seu equipo, que se podía completar, en caso denecesidade, con xogadores doutras parroquias e entre eles xogabanpartidos que eran previamente concertados por algún xogador ouafeccionado, o que hoxe chamaríamos un “relacións públicas”; a istochamabámoslle “contratar un partido”. Entre Oca e Loimil allanou-se tamén un campo de fútbol denominado O Marquiño, hoxe aban-doado. Podían xogarse partidos entre xentes da mesma parroquiaformando equipos de “casados” e de “solteiros” e con frecuencia ocura, se era novo, como non era casado, nin tampouco solteiro, con-siderábase neutral, polo que actuaba de árbitro.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:01 Página 266

Page 37: Tempodelecernorural estradenseamediadosdo séculoXX.dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/407/1/pg_233-280_estrada11.pdfcoros, grupos de baile, máscaras ou partidos de fútbol.

267

Juan Andrés Fernández Castro e María Jesusa Fernández Bascuas

Vol. 11 (2008 )

Palco de autoridades na inauguración do campo de fútbol de Chancelas, na parro-quia de Oca. Entre outros vemos a don Miguel de la Calle, alcalde da Estrada; amadriña do acto, Mercedes Reimóndez; don José Otero, cura de Oca; MaximinoBarcala; don Pedro Brey, mestre e retratista; dona Pura álvarez, mestra de Oca; ocapitán da Garda Civil; don Gonzalo Otero e don José Docampo.

A madriña, Mercedes Reimóndez Brey cos capitáns dos equipos que estrenarono novo campo de fútbol: Pepe Ruibal (esquerda) capitán de Oca e o capitán doequipo de Romay.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:01 Página 267

Page 38: Tempodelecernorural estradenseamediadosdo séculoXX.dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/407/1/pg_233-280_estrada11.pdfcoros, grupos de baile, máscaras ou partidos de fútbol.

268

Tempo de lecer no rural estradense a mediados do século XX

A ESTRADAmiscelánea histórica e cultural

O equipo de Oca, que resultou vencedor do encontro; de esquerda a dereita:Ferro, mestre de Riobó, entrenador; Celestino Brey; Enrique Brey; Pepe Ruibal;Camilo Camba; Pepe do Forno; descoñecido, Carballo, descoñecido, Saro doTendeiro e Daniel Rilo.

Equipo de fútbol de Riobó no campo de Arnois no ano 1958. Entre outros, Fernandode Fariñas, Luis de Agustín, José Manuel Carregal, Leandro e Eduardo Romeo.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:01 Página 268

Page 39: Tempodelecernorural estradenseamediadosdo séculoXX.dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/407/1/pg_233-280_estrada11.pdfcoros, grupos de baile, máscaras ou partidos de fútbol.

269

Juan Andrés Fernández Castro e María Jesusa Fernández Bascuas

Vol. 11 (2008 )

Alvarito e o equipo de Arnois no campo da festa a carón do palco novo. Arnois1959 ca.

O equipo de Arnois no seu campo nunha soleada tarde de victoria. Vemos, entreoutros, a Manuel González Andión, José Luis de Sánchez, Tinucho de don Pedro,Cao, Ramiro Barreiro e Modesto Barreiro. Arnois, 1958.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:01 Página 269

Page 40: Tempodelecernorural estradenseamediadosdo séculoXX.dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/407/1/pg_233-280_estrada11.pdfcoros, grupos de baile, máscaras ou partidos de fútbol.

270

Tempo de lecer no rural estradense a mediados do século XX

A ESTRADAmiscelánea histórica e cultural

Equipo de casados de Oca no campo de Chancelas, 1959 ca. De pé: Rogelio deXiao, porteiro; Pepe Ruibal; José de Quinteiro; Antonio de Colazo; Manuel Boado,árbitro; Manolo de Bahamonde e Casal. Aniñados: Antonio de Fariñas; PabloPaino; Sindo Ruibal; Evaristo Peiteado e Rilo.

Velaquí o equipo de solteiros en Chancelas; de pé: José Manuel da Fábrica;Fernando de Fariñas; Manuel Boado, cura de Oca, Árbitro; Guillermo de Prado eJuan de Oliveira, porteiro. Aniñados: Pepe Collazo; Suso do Mesón; RafaelPeiteado e Manuel Ansedes o Plateiro. Ano 1959 ca. Aínda se conserva dereita aantiga fábrica de madeira onde se refuxian os espectadores.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:01 Página 270

Page 41: Tempodelecernorural estradenseamediadosdo séculoXX.dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/407/1/pg_233-280_estrada11.pdfcoros, grupos de baile, máscaras ou partidos de fútbol.

271

Juan Andrés Fernández Castro e María Jesusa Fernández Bascuas

Vol. 11 (2008 )

Equipo da Estrada en Chancelas no 1970 ca. De pé: Juan Soutelo; Carbón, por-teiro; Rodri; Luis Rivera; Toño Riveira; Cornado 1º; Paco Torres; un siareiro; JuanManuel Novoa. Aniñados: Cornado 2º; Juan Manuel Novoa; Torres Lea; JoséManuel Durán; Francisco L. Leis e Manuel Temes.

Equipo de Oca no campo do Marquiño. Entre outros: Fernando de Fariñas; JoséLuis de Sánchez; Andrés Casal; Álvaro de Oliveira e Antonio Orosa. Sf.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:01 Página 271

Page 42: Tempodelecernorural estradenseamediadosdo séculoXX.dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/407/1/pg_233-280_estrada11.pdfcoros, grupos de baile, máscaras ou partidos de fútbol.

272

Tempo de lecer no rural estradense a mediados do século XX

A ESTRADAmiscelánea histórica e cultural

Equipo de Loimil no Marquiño, ano 1971. Entre outros: Martís, porteiro; JoséManuel Pereiro; Gorís; Pereiras de Remesar; Manolo doMineiro; Carballo; Luis deRufino.

Equipo de Orazo no campo do Marquiño, ano 1971. Vemos, entre outros, a LuisVázquez, porteiro; José Manuel Porto; Manolito Liste; Alfonso Vázquez; JuanJosé Senín e Juan Ramón Salgado.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:01 Página 272

Page 43: Tempodelecernorural estradenseamediadosdo séculoXX.dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/407/1/pg_233-280_estrada11.pdfcoros, grupos de baile, máscaras ou partidos de fútbol.

273

Juan Andrés Fernández Castro e María Jesusa Fernández Bascuas

Vol. 11 (2008 )

Equipo de Castro en Chancelas no 1968. Entre outros, están: Pepe Faílde; AlfredoPacín, porteiro; Sindo de Couto; Nardo de Novoa; José Luis Novo; García; Julio;José Manuel do Crego; Pepe de Juan e Suso de Midón.

O invicto equipo de Remesar, que tantas tardes de gloria viviu nos campos deChancelas e oMarquiño, na lembranza daqueles días felices e homenaxe emociona-da a os que xa nos deixaron. De pé: Pereiras de Remesar; Alfonso Varela, O Rubio;Juanito do Ramonciño do Abelao; Manuel Calvo, O Varelo. Juan Andrés Fernández,o fillo do Maestro; José Manuel Fernández, Zoqueiro (porteiro). Aniñados: ManuelIglesias, Manolo do Mineiro; Gerardito Blanco; José Manuel Bahamonde; ManuelParedes e Manuel Otero, Martís de Loimil. Campo de Chancelas, 1967.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:01 Página 273

Page 44: Tempodelecernorural estradenseamediadosdo séculoXX.dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/407/1/pg_233-280_estrada11.pdfcoros, grupos de baile, máscaras ou partidos de fútbol.

274

Tempo de lecer no rural estradense a mediados do século XX

A ESTRADAmiscelánea histórica e cultural

Equipo de San Miguel de Castro no Marquiño no ano 1966. De pé: Florencio deLouzao; Matos; Nardito; Gambino; Pepe Midón; Tato; Alfredo Pacín, porteiro.Aniñados: Manolo Iglesias; Gerardito; Suso Midón; Santiago Lodeiro e Pepe Faílde.

Equipo de Dornelas no Marquiño no ano 1968. De pé: Matos; Alfonso Gómez;Julio Pérez; Luis Cuíña; Manuel López; Gerardo e Manuel Rodríguez (Regueiro).Aniñados: Manuel Otero, Martís; Dosito; Manuel Durán; Penide de Lamela eAlfonso Villar.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:01 Página 274

Page 45: Tempodelecernorural estradenseamediadosdo séculoXX.dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/407/1/pg_233-280_estrada11.pdfcoros, grupos de baile, máscaras ou partidos de fútbol.

275

Juan Andrés Fernández Castro e María Jesusa Fernández Bascuas

Vol. 11 (2008 )

Parte do equipo masculino que disputou un partido en Chancelas contra un equipofeminino, actuando de árbitro José Manuel do Mesón: 22 homes, cos cordóns dasbotas atados por parellas, e 11mulleres; a derrota do equipomasculino foi de escán-dalo. Varios xogadores: Ricardo de Xiao; Nicanor Fuentes; Manolo Sueiro; Monchoda Esquina; José Manuel Ruibal e Chito de Xiao. Foto de José Manuel Pereiro, sf.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:01 Página 275

Page 46: Tempodelecernorural estradenseamediadosdo séculoXX.dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/407/1/pg_233-280_estrada11.pdfcoros, grupos de baile, máscaras ou partidos de fútbol.

276

Tempo de lecer no rural estradense a mediados do século XX

A ESTRADAmiscelánea histórica e cultural

Equipo de casados en Chancelas, sf. De pé: Lidia Espiño, madriña; José Soutullo;Jesús Pereiro; José Ruibal; Benilde Fernández, madriña; Evaristo Rey; TinuchoBrey; Antonio Orosa; Suso Rey e Rosario Fernández (Rosi), madriña. Aniñados:Pepe de Remesar; Andrés; Manolo Oliveira; Baltar e Pablo Paino. Foto de JoséManuel Pereiro.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:01 Página 276

Page 47: Tempodelecernorural estradenseamediadosdo séculoXX.dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/407/1/pg_233-280_estrada11.pdfcoros, grupos de baile, máscaras ou partidos de fútbol.

277

Juan Andrés Fernández Castro e María Jesusa Fernández Bascuas

Vol. 11 (2008 )

Equipo de solteiros en Chancelas, sf.; de pé: Rosi; Genucho do Gisanteiro; ElíasFuentes; José Soutullo; Beni Fernández; Luis Fuentes; Tito Barcala; Daniel deOlegario e Lidia Espiño. Aniñados: Nano; Antonio Paino; Antonio Aller; YayoBarcala; Luis Paino e José Manuel Pereiro. Foto de José Manuel Pereiro.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:01 Página 277