TEMA 5: VOCABULARIO - faespana.files.wordpress.com · seguiron o partido de José I e dos ocupantes...

14
TEMA 5: VOCABULARIO

Transcript of TEMA 5: VOCABULARIO - faespana.files.wordpress.com · seguiron o partido de José I e dos ocupantes...

TEMA 5: VOCABULARIO

Afrancesado:

Refírese ós españois que na Guerra de Independencia seguiron o partido de José I e dos ocupantes franceses.

Abdicacións de Baiona:

Nome co que se coñecen as renuncias sucesivas dos reis Carlos IV e o seu fillo Fernando VII ao trono de España a favor de Napoleón Bonaparte no mes de maio de 1808 na cidade francesa de Baiona, resultando ao final Xosé I Bonaparte o novo rei español.

Cantonalismo:

Insurrección político-social xurdida en numerosos puntos de España (especialmente en Andalucía e Levante), durante a I República, en 1873. Os federais de provincias (partidarios dunha confederación), xunto coas agrupacións obreiras de corte anarquista, proclamaron pola súa conta unha serie de cantóns independentes. Estas insurreccións son consideradas como un dos motivos do fracaso do réxime republicano.

Estatuto Real:

Carta outorgada, promulgada pola rexente María Cristina de Borbón en abril de 1834, pola que se creaban unha novas Cortes, integradas por unha Cámara de Próceres e outra de procuradores, elixidos mediante sufraxio moi restrinxido. O seu autor intelectual foi o político moderado Martínez de la Rosa.

Manifesto dos Persas:

Documento ou petición asinada por un grupo de deputados das Cortes españolas o 12 de abril de 1814 no que pedíanlle ao rei Fernando VII a supresión da Constitución de Cádiz de 1812, dos decretos das Cortes e a restauración do absolutismo e do Antigo Réxime.

Manifesto de Sandhurst:

Documento de carácter político asinado o 1 de decembro de 1874 polo entón príncipe Afonso de Borbón mentres estudaba na academia militar británica do mesmo nome. A iniciativa de Cánovas del Castillo, o futuro monarca amosaba a súa disposición a convertirse en rei dunha monarquía parlamentaria.

Pragmática Sanción de 1830:

Documento aprobado polo rei Fernando VII, facendo pública Pragmática de 1789 e pola que se anulaba a Lei Sálica, permitindo no futuro o acceso ao trono das mulleres da familia real, como a súa primoxénita Sabela II.

Pronunciamento: Termo que naceu no s.XIX en España para designar as ocasións nas que un xefe militar (a maioría das veces un xeneral) valiuse das súas tropas para modificar a orde política establecida. Non se trata dunha mera rebelión militar (non son golpes de Estado militares como os do s.XX, nos que o Exército faise co control do goberno), senón que implica a intención de actuar sobre o goberno e presupón que conta con forzas políticas exteriores. Houbo pronunciamentos de diferentes signo político: liberais e absolutistas.

Pronunciamento: Tentativa revolucionaria, empregada polas distintas faccións liberais, que pretende derrubar ao Goberno ou facer presión sobre el para que adopte reformas ou cambie o sistema político vixente. Tiña que contar co apoio de determinados xefes e forzas militares que se manifestaban e pronunciaban a favor desas peticións de cambio. Podía ir acompañado ou non de revoltas populares nas cidades.

Sufraxio censatario ou restrinxido:

Sistema electoral no que so unha parte minoritaria da poboación (por criterios económicos ou sociais) podía formar parte dun censo electoral e ter dereito ao voto.

Sufraxio universal:

Sistema electoral no que teñen dereito a votar todas as personas maiores de idade. Ata a II República, só incluía aos varóns en España.

Tratado de Valençay:

Acordo asinado na localidade francesa do mesmo nome entre Napoleón Bonaparte e Fernando VII en decembro de 1813, e polo cal o primeiro recoñecía ao segundo como rei de España e retiraba as tropas francesas da península. O tratado non entrou en vigor ao rexeitalo as Cortes e a Rexencia españolas.

Unión Liberal:

Partido político español da segunda metade do século XIX fundado por Leopoldo O´Donnell en 1858.