Tema 4 Os primeiros reinos cristians

48
Formación e expansión dos reinos peninsulares TEMA IV

Transcript of Tema 4 Os primeiros reinos cristians

Page 1: Tema 4 Os primeiros reinos cristians

Formación e expansión dos reinos peninsulares

TEMA IV

Page 2: Tema 4 Os primeiros reinos cristians

OS PRIMEIROS REINOS CRISTIÁNS

Page 3: Tema 4 Os primeiros reinos cristians

Século VIII Século X

Século XII Século XIV

Page 4: Tema 4 Os primeiros reinos cristians

SÉCULO XI

Page 5: Tema 4 Os primeiros reinos cristians

SÉCULOS XII e XIII

Page 6: Tema 4 Os primeiros reinos cristians

O reino de Asturias• Algúns nobres visigodos fuxidos despois da derrota

de Guadalete refuxiáronse na zona montañosa da Cordilleira Cantábrica.

• Un deles, Pelaio, obtivo no ano 722 unha primeira vitoria contra os musulmáns xunto á cova de Covadonga.

• Este feito foi considerado como o inicio da Reconquista.

• Os sucesores de Pelaio, sobre todo Afonso I e Afonso II (séculos VIII-IX), crearon un reino ao redor de Oviedo, que manifestou a súa independencia do Emirato.

04

Page 8: Tema 4 Os primeiros reinos cristians

O reino de León

• Na segunda metade do século IX, os reis de Asturias ocuparon os territorios que se estenden ata o río Douro.

• Afonso III puxo en marcha un proceso de poboamento das novas terras.

• Reconstruíronse cidades romanas, e creáronse outras novas.

• Para controlar mellor o territorio e protexer os campesiños, trasladouse a capital a León (854), co cal pasou a denominarse reino de León.

04

Page 10: Tema 4 Os primeiros reinos cristians

LEÓN

BERMUDO III

RAMIRO II “O GRANDE”

ORDOÑO II

Page 11: Tema 4 Os primeiros reinos cristians

REINO DE GALICIA• Durante o século IX baixo o reinado de Afonso I de

Asturias Galicia incorporase ao reino de Asturias.• En tempos de Afonso II constrúese a catedral de

Santiago, centro de peregrinacións en toda a Idade Media.

• Ao longo dos séculos X e XI Galicia manteríase en ocasións como reino independente e outras dependente do reino de León

• Ordoño I, García e Afonso Raimundez, entre outros, foron reis de Galicia, este último pasou a ser rei de Castela e León co nome de Afonso VII e asi Galicia queda integrada definitivamente neste reino.

Page 12: Tema 4 Os primeiros reinos cristians

GALICIA

GARCÍA DIEGO XELMÍREZ AFONSO VII

Page 13: Tema 4 Os primeiros reinos cristians

A independencia do reino de Castela

• No século X, Castela pasou a ser gobernada por condes que dependían do rei de León.

• Anos despois quedou incorporada ao reino de Pamplona ata que Fernando I, autoproclamouse rei de Castela.

• Este uneu Castela a León conquistou Coímbra e repoboou os territorios despoboados ao Sur do Douro, ata Ávila.

• Así, Castela-León converteuse nun Estado forte e pasou a dominar a ofensiva contra Al-Andalus.

04

Page 14: Tema 4 Os primeiros reinos cristians

Os reinos cristiáns occidentais04

Page 15: Tema 4 Os primeiros reinos cristians

A COROA DE CASTELA

• Afonso VI (1072-1119), continuou a expansión e ocupou Toledo (1085). Isto permitiu levar a fronteira do reino castelán-leonés máis alá do Texo. (Conquista do Val do Texo)

• León e Castela por motivos de herencia únense e sepáranse varias veces ata que no ano 1230 unense de maneira definitiva con Fernando III e desta forma pasa a chamarse Coroa de Castela.

Page 16: Tema 4 Os primeiros reinos cristians

CASTELA

FERNÁN GONZÁLEZ

FERNANDO III “O SANTO”

BERENGUELAMARÍA DE MOLINA

Page 17: Tema 4 Os primeiros reinos cristians

CASTELA-LEÓN

URRACA ALFONSO VI

Page 18: Tema 4 Os primeiros reinos cristians

PORTUGAL

• O seu orixe foi un condado, dependente do reino de Castela e León ata comezos do século XII.

• Con Afonso Henriquez no ano 1128 pasou a ser un reino independente.

• Expandiuse ao sur e máis tarde polo Atlántico

AFONSO HENRÍQUEZ

Page 19: Tema 4 Os primeiros reinos cristians

MARCA HISPÁNICA

A Marca Hispánica era a fronteira político-militar Do Imperio Carolinxio ao sur dos Pirineos.

Page 20: Tema 4 Os primeiros reinos cristians

A creación da Marca Hispánica

• Estos territorios Marca Hispánica, dividíronna en condados, gobernados por marqueses e condes, que dependían do monarca carolinxio.

• Logo da morte de Carlomagno, os territorios da Marca Hispánica desvinculáronse do reino franco.

04

Page 21: Tema 4 Os primeiros reinos cristians

Os primeiros núcleos cristiáns nos Pireneos

04

Page 22: Tema 4 Os primeiros reinos cristians

REINO DE PAMPLONA/NAVARRA

• Aragón e Navarra independizáronse do Reino Franco de Carlomagno.

• A principios do século IX, a familia Arista (Íñigo Arista) proclamouse Rei de Pamplona.

• A partir do século X, o rei Sancho Garcés I conseguiu vitorias contra os musulmáns e estendeu o seu reino polas actuais provincias de Álava e A Rioxa.

Page 23: Tema 4 Os primeiros reinos cristians

NAVARRA

BERENGUELASANCHO III “O MAIOR” SANCHO VII “O FORTE",

• Navarra unirase e separarase varias veces dos reinos de Castela e León.

• Con Sancho VI (1150 - 1194). "O sabio" Navarra converterase en reino independente de Aragón.

Page 24: Tema 4 Os primeiros reinos cristians

O reino de Aragón• No século IX, os condados aragoneses da

Marca Hispánica tamén conseguiron independizarse da tutela dos reis francos.

• No século X, o condado de Aragón uniuse temporalmente ao reino de Pamplona.

• Pero coa división do reino pamplonés á morte de Sancho o Maior, un dos seus fillos, Ramiro, uniu os condados de Aragón, Sobrarbe e Ribagorza, e converteuse no primeiro rei de Aragón.

04

Page 25: Tema 4 Os primeiros reinos cristians

Os condados cataláns• O dominio dos reis francos sobre unha

parte do actual territorio catalán foi máis duradeiro que o que exerceron sobre Pamplona e Aragón.

• No século IX, o máis extenso dos condados cataláns era o de Barcelona.

• Wifredo “o peludo” foi o derradeiro conde

• Borrell II, consegue a independencia, cando se nega a renovarlle o xuramento ao rei franco e converte os seus dominios en hereditarios (987).

04

Page 26: Tema 4 Os primeiros reinos cristians

A conquista do val do Ebro

• O rei de Aragón, Afonso I o Batallador (1104-1134), conquistou todas as poboacións importantes do reino musulmán de Zaragoza.

• Máis tarde, Afonso II acabou a ocupación de Aragón coa conquista de Caspe e a fundación de Teruel (1171).

• Pola súa banda, o conde de Barcelona Ramón Berenguer IV completou a formación do territorio catalán coas conquistas de Tortosa (1148) e de Lleida (1149).

04

Page 27: Tema 4 Os primeiros reinos cristians

Aragón e os Condados Cataláns

• No ano 1137 unificarase o reino de Aragón cos Condados Cataláns mediante o Matrimonio de Petronila de Aragón e Ramón Berenguer IV conde de Barcelona.

• Asi se forma a Coroa de Aragón.

Page 28: Tema 4 Os primeiros reinos cristians

REINO CARACTERÍSTICAS PERSONAXES

GALICIA - Alfonso II, rei de Asturias mandou construir a igrexa de Santiago-Comezaron as peregrinacións.-Almanzor atacou Santiago-García foi rei de Galicia no século XI, pero despois pasou a formar parte de Castela e León

GARCÍADIEGO XELMÍREZAFONSO

ASTURIAS -Derrotar aos árabes na batalla de Covadonga 718 (D. Pelaio)-Alfonso I (739-757) foi o verdadeiro fundador del reino astur. -Ampliaron as fronteiras del reino incorporando Cantabria e Galicia.-Alfonso II el Casto (791-842), puxo a capital Oviedo - Colonizaron o norte de Portugal e a conca do Douro.

ALFONSO IALFONSO IIDON PELAIO

LEÓN --- O reino leonés estaba integrado por León, Asturias, Galicia. A capital era León -Foi e independente durante tres períodos: 910-1037, 1065-1072 e 1157-1230. -Vermudo III (1028-1037), sucesor de Alfonso V, foi derrotado polo rei castelán Fernando III

VERMUDO IIIALFONSO VIURRACA (C-L)

CASTELA - Castela era un condado dependente do reino de León. Fernán González foi o primeiro conde independente - Fernando I foi o primeiro rei no século XI - Temporalmente estivo unida ao reino de Navarra. -Fernando III o Santo uniu definitivamente Castela e León.

FERNANDO IIIFERNAN GONZÁLEZBERENGUELAMARÍA DE MOLINA (C-L)

NAVARRA -A principios do século IX converteuse nun reino- Sancho III o Maior (1000-1035). conquistou moitas terras. -Fernando o Católico, re ide Aragón invadiu Navarra en 1515 e incorporouna á Coroa de Castela.

SANCHO III O MAIORBERENGUELA

CONDADOCATALÁNS

-Dependían dos francos-Wifredo o peludo foi o derradeiro conde nomeado polos francos- Borrel II foi o primeiro en facerse independente

WIFREDO O PELUDO

PORTUGAL -Formou parte de Castela e León ata comezos do século XII-O primeiro rei foi Afonso Henríquez

AFONSO HENRÍQUEZ

ARAGÓN -Ramiro I foi o primeiro rei -A coroa de Aragón formouse coa unión, en 1137, do reino de Aragón e do l condado de Barcelona, ao casar Petronila e Ramón Berenguer IV -Dominaron novas terras como Valencia ,Mallorca, Sicilia e Cerdeña…

PETRONILA XAIME IMARÍA DE CASTELAALFONSO I “O BATALLADOR”

Page 29: Tema 4 Os primeiros reinos cristians

O sistema de parias

• Despois da descomposición do Califato de Córdoba en taifas, desapareceu a inferioridade militar dos reinos cristiáns fronte ao Estado musulmán.

• Daquela, os reinos cristiáns peninsulares iniciaron, ao longo do século XI, unha forte presión militar sobre as taifas.

• Os reis musulmáns intentaron deter os ataques comprometéndose a entregarlles anualmente unha cantidade de ouro e obxectos preciosos: as parias.

• Cos ingresos das parias, os reinos cristiáns reforzaron o seu poder militar.

04

Page 30: Tema 4 Os primeiros reinos cristians

A chegada dos almorábides• O avance dos reis cristiáns atemorizou os

monarcas islámicos, que viron que nin co pagamento das parias podían detelos.

• Para defenderse, chamaron no seu auxilio aos guerreros dun imperio islámico do Norte de África: os almorábides.

• Ante os ataques almorábides, os reis cristiáns tiveron que abandonar Valencia, que fora ocupada polo Cid Campeador en 1092.

• No ano 1140, o dominio dos almorábides debilitouse e no ano 1146 chegaron os almohades, que dominarían Al-Andalus.

04

Page 31: Tema 4 Os primeiros reinos cristians

A reconquista nos séculos XI e XII

04

Page 32: Tema 4 Os primeiros reinos cristians

PARIAS RAZIAS LATIFUNDIOS

REPOBOACIÓN

Page 33: Tema 4 Os primeiros reinos cristians

-RODRIGO DÍAZ DE VIVARALFONSO VI-

GARCÍASANCHO II

SANTA GADEA

Page 34: Tema 4 Os primeiros reinos cristians

URRACA

ALFONSO I “O BATALLADOR”

DIEGO XELMÍREZ

AFONSO VII

Page 35: Tema 4 Os primeiros reinos cristians

MULEY HACEM

ZORAYAISABEL DE SOLÍS

BOABDIL

AISHA

Page 36: Tema 4 Os primeiros reinos cristians

FERNANDO III “O SANTO”

AFONSO X “O SABIO”

BERNGUELA DE CASTELA

Page 37: Tema 4 Os primeiros reinos cristians

A ocupación do territorio

• Denomínase repoboación a ocupación das terras que se mantiveran deshabitadas ou que os reis cristiáns lles conquistaran aos musulmáns.

• As repoboacións libres. No século IX formáronse comunidades de campesiños libres no val do Douro e no Sur dos condados pirenaicos.

• A partir do século XI, a necesidade de defender os territorios dos ataques musulmáns fortaleceu os nobres, que posuían castelos amurallados. Moitos campesiños libres puxéronse baixo a protección dun señor.

• As repoboacións concellís. Os reis organizaron a repoboación das cidades fronteirizas.

04

Page 38: Tema 4 Os primeiros reinos cristians

• Nos reinos cristiáns peninsulares conviviron culturas, relixións e pobos diversos: cristiáns, musulmáns e xudeus.

• Como resultado desa convivencia produciuse un influxo dunhas culturas sobre outras e un enriquecemento do patrimonio cultural dos reinos cristiáns.

• Moitas das obras culturais dos autores gregos e latinos chegaron a Europa a través de Al-Andalus, xa que foran traducidas ao árabe.

• Na España cristiá creáronse escolas de tradutores. A máis destacada foi a Escola de Tradutores de Toledo.

04

A Península Ibérica: encontro de culturas. A interrelación cultural

Page 39: Tema 4 Os primeiros reinos cristians

As comunidades xudías

• Nas cidades de Al-Andalus vivían importantes minorías de xudeus.

• As comunidades xudías habitaban en barrios separados, chamados alfamas ou xudarías, nos que se atopaba a sinagoga, o seu centro de oración e culto.

• Os xudeus pagábanlle uns impostos especiais á tesouraría real e gozaban de autonomía administrativa e xudicial.

04

Page 40: Tema 4 Os primeiros reinos cristians

Unha sinagoga

04

Unha Sinagoga

Page 41: Tema 4 Os primeiros reinos cristians

Mozárabes e mudéxares

• Mozárabes. Trátase de cristiáns non convertidos ao Islam, isto é, fieis ao cristianismo.

• Mudéxares. Son os musulmáns que habitaban en territorios gobernados por reis cristiáns.

• Durante a Idade Moderna, os mudéxares foron obrigados a se converter ao cristianismo, e pasaron a denominarse mouriscos.

04

Page 42: Tema 4 Os primeiros reinos cristians

04

Arte mozárabe

Igrexa mudéxar

Page 43: Tema 4 Os primeiros reinos cristians

O camiño de Santiago

Page 44: Tema 4 Os primeiros reinos cristians

O CAMIÑO DE SANTIAGO• Na I.M. foise desenvolvendo a crenza de que en

Compostela, no Finis Terrae estaba enterrado o corpo do Apóstolo Santiago. O que trouxo unha grande cantidade de peregrinos.

• A influencia das trouxo para Galicia un enorme incremento do comercio, primeiro por terra e tamén por mar (Inglaterra e Flandres). Tamén trouxo consigo un incremento na producción agrícola e así os grandes propietarios principalmente os mosteiros tiveron grandes beneficios.

• Ao longo do camiño desenvolveuse O ROMÁNICO.

Page 45: Tema 4 Os primeiros reinos cristians

O Románico na Península Ibérica04

As dúas influencias europeas máis importantes foron o modelo románico francés e o modelo románico bizantino.

Edificios románicos importantes nos reinos de León e Castela son as catedrais de Santiago de Compostela, Zamora e Salamanca, etc.

En Cataluña destacan o mosteiro de Ripoll e as igrexas de San Clemente e Santa María de Tahull.

En Aragón e Navarra sobresaen a catedral de Xaca, o mosteiro de San Xoán da Peña, etc.

Page 46: Tema 4 Os primeiros reinos cristians

A Catedral de Santiago

Page 47: Tema 4 Os primeiros reinos cristians

Escultura e pintura

• A escultura románica amósase esencialmente nas fachadas e chapiteis das igrexas.

• As zonas máis importantes de pintura románica en España son Cataluña e Castela e León.

• En Castela e León a influencia mozárabe e mudéxar amósase na introdución de temas máis profanos con escenas de vida cotiá.

04

Page 48: Tema 4 Os primeiros reinos cristians

•FIN