TEMA 1 Poesía Das Irmandades

4
TEMA 1 A POESÍA DAS IRMANDADES DA FALA. CARACTERÍSTICAS, AUTORES E OBRAS REPRESENTATIVAS A imaxe que presenta Galicia no período comprendido entre 1900-1936 caracterízase por unha tendencia cara á modernización das estruturas económicas e sociais. O apoxeo industrial e comercial favoreceu o incremento de habitantes nos núcleos urbanos; sobre todo nas dilas principais cidades: Vigo e A Coruña. Polo que se refire ao tecido industrial, hai un evidente apoxeo das actividades pesqueiras, coa eclosión da industria conserveira e mais o notable aumento da construción naval. A presenza crecente do sector eléctrico configura, pola súa parte, outra posibilidade de desenvolvemento. Algún dos cambios máis significativos tiveron lugar na agricultura coa propietarización campesiña da terra lograda tras varios intentos de organizar un movemento agrario. Basilio Álvarez, o máis célebre dos dirixentes agrarios, poñerase á fronte de Acción Gallega coa que levou adiante unha denuncia incendiaria contra o caciquismo, os foros e, en xeral, todos os males do agro. En 1926, durante a ditadura do xeneral Primo de Rivera, son suprimidos formalmente os foros. Paralelamente a estes feitos, desde o apartado literario, a cultura e a literatura galegas reciben un impulso fundamental coa creación na Coruña, en 1916, da primeira das Irmandades da Fala. Ademais as Irmandades conforman un paso decisivo na proxección do galeguismo político, que entra nunha fase, o nacionalismo, de maduración teórica e práctica. A I Asemblea Nacionalista Galega celebrada en Lugo vai conter a base programática do conxunto do nacionalismo galego deica 1936. Entre os apartados esenciais do texto destacan a “Procura dunha autonomía integral para Galicia dentro dunha Federación / Confederación Ibérica” e a “Cooficialidade entre a lingua galega e a castelá, e promoción do galego en todos os niveis do ensino”.

description

Características. Autores e obras representativas

Transcript of TEMA 1 Poesía Das Irmandades

Page 1: TEMA 1 Poesía Das Irmandades

TEMA 1

A POESÍA DAS IRMANDADES DA FALA.

CARACTERÍSTICAS, AUTORES E OBRAS

REPRESENTATIVAS

A imaxe que presenta Galicia no período comprendido entre

1900-1936 caracterízase por unha tendencia cara á

modernización das estruturas económicas e sociais.

O apoxeo industrial e comercial favoreceu o incremento de habitantes

nos núcleos urbanos; sobre todo nas dilas principais cidades: Vigo e A

Coruña.

Polo que se refire ao tecido industrial, hai un evidente apoxeo das

actividades pesqueiras, coa eclosión da industria conserveira e mais o notable

aumento da construción naval. A presenza crecente do sector eléctrico

configura, pola súa parte, outra posibilidade de desenvolvemento.

Algún dos cambios máis significativos tiveron lugar na agricultura coa

propietarización campesiña da terra lograda tras varios intentos de

organizar un movemento agrario. Basilio Álvarez, o máis célebre dos

dirixentes agrarios, poñerase á fronte de Acción Gallega coa que levou

adiante unha denuncia incendiaria contra o caciquismo, os foros e, en

xeral, todos os males do agro. En 1926, durante a ditadura do xeneral

Primo de Rivera, son suprimidos formalmente os foros.

Paralelamente a estes feitos, desde o apartado literario, a cultura e a literatura

galegas reciben un impulso fundamental coa creación na Coruña, en 1916, da primeira das

Irmandades da Fala. Ademais as Irmandades conforman un paso decisivo na proxección

do galeguismo político, que entra nunha fase, o nacionalismo, de maduración teórica e

práctica. A I Asemblea Nacionalista Galega celebrada en Lugo vai conter a base

programática do conxunto do nacionalismo galego deica 1936. Entre os apartados

esenciais do texto destacan a “Procura dunha autonomía integral para Galicia dentro dunha

Federación / Confederación Ibérica” e a “Cooficialidade entre a lingua galega e a castelá,

e promoción do galego en todos os niveis do ensino”.

Agora ben, a acción política das Irmandades quedou coutada tras a IV Asemblea

Nacionalista de Monforte. Risco propugna nela o abstencionismo electoral e tras o

golpe de Estado do xeneral Primo de Rivera, en 1923, que impedía calquera posibilidade

neste sentido, o nacionalismo galego centrouse case exclusivamente na actividade

cultural.

A POESÍA DAS IRMANDADES

O papel da literatura como elemento decisivo da identidade nacional é algo

Page 2: TEMA 1 Poesía Das Irmandades

que foi considerado con especial relevo por parte do pensamento galeguista das

Irmandades.

1. Dentro dela, a liña que consideraba que a cultura galega debía permanecer

fiel á tradición decimonónica —costumismo temático, raralismo, emprego do galego

oral na expresión...— vai contar cun bo abano de seguidores; de entre eles, destaca a

figura de ANTONIO NORIEGA.

Antonio Noriega foi autor dun único libro de poemas, Do ermo (1920),

modificando ao longo da súa vida. Nel procurou reafirmarse arreo na dirección dun

lirismo de carácter costumista no cal o canto á paisaxe e aos costumes populares

constitúen un eixe fundamental.

Mais, se ben o costumismo e mais o lirismo da natureza son as notas domi-

nantes, rexistramos tamén na obra de Noriega Varela outras dúas posibilidades:

- A primeira está conformada por aqueles textos nos que segue o que se ten

clasificado como estética franciscanista; isto é, un canto aos elementos máis sinxelos,

humildes..., que conforman a natureza.

- Un segundo matiz está constituído polos sonetos nos que é preciso anotar

a influencia do saudosismo portugués. O poeta incorpora, entón, formas cultas á fala

popular e amosa unha actitude de contemplación esteticista.

2. Porén, conscientes do limitado desta proposta, personalidades como

Antón Villar Ponte ou Vicente Risco teorizaron o afán por producir unha literatura «á

altura dos tempos»: textos que incorporasen as novidades chegadas desde Europa e

que demostrasen que a literatura galega merecía atinxir un posto no concerto das

nacións. Deste xeito, ben podemos dicir que se estaba a propiciar a procura dunha

verdadeira estética nacional. Para Villar Ponte e Vicente Risco, tal armazón vaise

concretar na obra-dun autor ao que as Irmandades van declarar o «poeta da Raza»:

RAMÓN CABANILLAS.

Ramón Cabanillas naceu en Cambados en 1876. En 1910 emigrou a Cuba

onde entrou en contacto coa intelectualidade galeguista que daquela residía na illa.

Foi alí onde deu a coñecer o seu primeiro libro de poemas, No desterro, prologado polo

carismático líder agrarista Basilio Álvarez. A relación entre ambos os dous continuaría

viva durante os anos seguintes, participando plenamente Cabanillas do ideario de

Acción Gallega para a cal escribiu os versos do seu himno.

Aínda en Cuba, en 1915 publica o poemario Vento mareiro. En 1917, xa de

retorno en Galicia, sae do prelo Da terra asoballada.

En 1921 Cabanillas entrega a súa primeira peza teatral, A man de Santiña, com-

posta para o Conservatorio Nacional da Arte Galega. En colaboración con Antón Villar

Ponte compuxo unha segunda peza de teatro, O Mariscal (1926).

Deste mesmo ano son os textos que conforman Na noite estrelecida. Un ano máis

tarde aparece A rosa de cen follas. En 1954 Cabanillas dá a coñecer Da miña zanfona,

á que lle segue, finalmente, Samos (1958).

Desde 1929, ano do seu ingreso na Real Academia Española, Cabanillas viviu

en Madrid, onde habitaba en 1936, ao dar inicio a Guerra Civil. Da capital española

trasladouse a Valencia e, no medio da guerra, conseguiu regresar a Galicia. Faleceu en

1959, en Cambados.

Page 3: TEMA 1 Poesía Das Irmandades

Desde a publicación de No desterro, no que Basilio Álvarez saúda a Cabanillas

como o sucesor de Curros. A obra de Cabanillas amosa variedade tanto no aspecto

temático como no estilístico, de tal xeito que á beira de textos de denuncia social

atopamos outros nos que o eco de Rosalía gaña espazo ou tamén composicións de clara

inspiración novecentista. Cabanillas é un poeta que se caracteriza pola variedade de

rexistros temáticos e mesmo pola capacidade de traballar en diferentes direccións

estilísticas. A súa obra vén a resultar unha síntese —mais unha síntese con claro selo

persoal— entre as diferentes correntes a cabalo do século XIX e o XX —romantismo,

formalismo, parnasianismo, simbolismo e modernismo— e más o legado de Rosalía,

Curros e Pondal.

Nun percorrido ao longo da obra do noso poeta destacamos cinco eixes temá-

ticos esenciais:

Os textos de denuncia social e significación cívica. Estamos diante de

composicións que reflicten a retórica inflamada do agrarismo, con ataques

ao caciquismo e chamadas á loita redentora.

Textos de lirismo sentimental e intimista.

Textos de carácter costumista. Neles presenciamos estampas e

ambientes tradicionais, que o emparentan coa lírica da paisaxe, nos que

Cabanillas demostra unha extraordinaria mestría.

Presenza de motivos novecentistas.

Outra opción radica naquelas composicións de carácter patriótico onde

abrollan os ideais atlántico-cristiáns e nas que Cabanillas desenvolve o mundo

céltico de Pondal mediante unha linguaxe con referencias simbólicas e gran

contido musical.