sumario - Webboiro.com75 A Candeloria:Fusión de Crenzas / Milagros Torrado Cespón 77 Coplas...

53
Sumario 1 2 Saúdo do Alcalde 3 Saúdo da Comisión 5 Raiña e damas 7 Programa do Sacramento 9 Mostra das Culturas 11 Programa 1º día 13 Olladas / Anxo Campos 15 Programa 2º día 17 Rescate / José Manuel Laíño 19 Programa 3º día 21 Olladas / Juan Silva 23 Programa 4º día 25 Olladas / Dani Torrado 27 Programa 5º día 29 Olladas / Alberto García 31 Programa 6º día 33 Imaxinario / F. R. Lavandeira 35 Unha viaxe a ningures / Venancio Ribela 37 Olladas / Paola García Paz 39 O Barraña F.C. da Serie A (1961-1963) / Antón R. Gallardo 43 O Zugamento de Uriel / Borobó 45 Imaxinario / Alberto Piñeiro 47 Portada especial festas 1969 49 María Magdalena / J. M.Vázquez 51 Olladas / Anxo Campos 53 Restauración de la Casa Rectoral de Boiro (Algunos Apuntes) / Francisco J. Carou Blanco 57 Memorias del Abuelo / J. Bautista Suárez Torrado 59 Imaxinario / Moncho Ares 63 Nena, Ata / Angel M. Abalo 65 Mosaico de Luces / Antón Vidal 69 Olladas / Suso Torrado 71 Cando os nomes falan da historia / Rodrigo Rey López 73 Carta desde Dordrecht / José Ferreirós Outeiral 75 A Candeloria: Fusión de Crenzas / Milagros Torrado Cespón 77 Coplas populares, con pementa / Carmen Hermo 79 A miragre da música / X.Alberte Figueiro 83 Rememorando a Borobó / Manuel Ríos 85 Olladas / Juan Silva 87 O engado do pasado / Xoán Guitián 91 Las ideas y los hechos / Deire 95 Ao balandro charola / Gerardo Triñanes 99 Imaxinario / Ana Redondo 101 Olladas / Dani Torrado 103 As recentes excavacións arqueolóxicas no Castro Grande de Neixón / Xurxo Ayán 107 O Boiro vello / Xosé María Fandiño 109 Imaxinario / Alberto Piñeiro 111 Amanecer en Barraña / Custodia Cabo e Tina Dieste 113 Olladas / Alberto García 115 As outras festas de Boiro / Juan N. Suárez Lijo (Nepo) 117 As Bandas Populares de Música / J. R. España 119 Imaxinario / F. R. Lavandeira 127 Olladas / Suso Torrado sumario Presidente da Comisión de Festas: Xavier Cortés Laíño / Portada e deseño de páxinas: Fran Blanco Alcaide / Coordinador da edición: Antón Rodríguez Gallardo / Colaboracións: Anxo Campos / Suso Torrado / Juan Silva / Dani Torrado / Venancio Ribela / Alberto García / F. R. Lavandeira / Deire / J. M.Vázquez / Francisco Carou / J. Bautista Suárez / Moncho Ares / Angel M.Abalo / Antón Vidal / Rodrigo Rey López / José Ferreirós Outeiral / Alberto Piñeiro / Carmen Hermo / Manuel Ríos / Xoán Guitián / Paola García Paz / Milagros Torrado Cespón / Xurxo Ayán / X. M.Fandiño / Tina Dieste / Juan N. Suárez Lijó / Gerardo Triñanes / Ana Redondo / X.Alberte Figueiro / Antón R. Gallardo / J. M. Laíño / Borobó / Custodia Cabo / Xestión publicitaria: Mariano Muñiz (coordinación). Imprime: Gráficas Garabal, S.L.

Transcript of sumario - Webboiro.com75 A Candeloria:Fusión de Crenzas / Milagros Torrado Cespón 77 Coplas...

Sumario

12 Saúdo do Alcalde3 Saúdo da Comisión5 Raiña e damas7 Programa do Sacramento9 Mostra das Culturas11 Programa 1º día13 Olladas / Anxo Campos15 Programa 2º día17 Rescate / José Manuel Laíño19 Programa 3º día21 Olladas / Juan Silva23 Programa 4º día25 Olladas / Dani Torrado27 Programa 5º día29 Olladas / Alberto García31 Programa 6º día33 Imaxinario / F. R. Lavandeira35 Unha viaxe a ningures / Venancio Ribela37 Olladas / Paola García Paz39 O Barraña F.C. da Serie A (1961-1963) / Antón R. Gallardo43 O Zugamento de Uriel / Borobó45 Imaxinario / Alberto Piñeiro47 Portada especial festas 196949 María Magdalena / J. M.Vázquez51 Olladas / Anxo Campos53 Restauración de la Casa Rectoral de Boiro (Algunos Apuntes) /

Francisco J. Carou Blanco57 Memorias del Abuelo / J. Bautista Suárez Torrado59 Imaxinario / Moncho Ares63 Nena,Ata / Angel M.Abalo65 Mosaico de Luces / Antón Vidal69 Olladas / Suso Torrado71 Cando os nomes falan da historia / Rodrigo Rey López73 Carta desde Dordrecht / José Ferreirós Outeiral75 A Candeloria: Fusión de Crenzas / Milagros Torrado Cespón77 Coplas populares, con pementa / Carmen Hermo79 A miragre da música / X.Alberte Figueiro83 Rememorando a Borobó / Manuel Ríos85 Olladas / Juan Silva87 O engado do pasado / Xoán Guitián91 Las ideas y los hechos / Deire95 Ao balandro charola / Gerardo Triñanes99 Imaxinario / Ana Redondo101 Olladas / Dani Torrado103 As recentes excavacións arqueolóxicas no Castro Grande de

Neixón / Xurxo Ayán107 O Boiro vello / Xosé María Fandiño109 Imaxinario / Alberto Piñeiro111 Amanecer en Barraña / Custodia Cabo e Tina Dieste113 Olladas / Alberto García115 As outras festas de Boiro / Juan N. Suárez Lijo (Nepo)117 As Bandas Populares de Música / J. R. España119 Imaxinario / F. R. Lavandeira127 Olladas / Suso Torrados

um

ari

oP

resi

dent

e da

Com

isió

n de

Fes

tas:

Xav

ier

Cort

és L

aíño

/ P

orta

da e

des

eño

de p

áxin

as:

Fran

Bla

nco

Alca

ide

/ C

oord

inad

or d

a ed

ició

n:An

tón

Rodr

ígue

z G

alla

rdo

/ C

olab

orac

ións

:Anx

oCa

mpo

s / S

uso

Torr

ado

/ Jua

n Si

lva /

Dan

i Tor

rado

/ Ve

nanc

io R

ibel

a / A

lber

to G

arcía

/ F.

R.La

vand

eira

/ D

eire

/ J.

M.V

ázqu

ez /

Fran

cisco

Car

ou /

J.Ba

utist

a Su

árez

/ M

onch

o Ar

es /

Ange

l M.A

balo

/ An

tón

Vida

l / R

odrig

o Re

y Ló

pez

/ Jos

é Fe

rrei

rós

Out

eira

l / A

lber

to P

iñei

ro /

Carm

en H

erm

o / M

anue

l Río

s / X

oán

Gui

tián

/ Pao

la G

arcía

Paz

/ M

ilagr

os To

rrad

o Ce

spón

/ X

urxo

Ayá

n / X

.M.F

andi

ño /

Tina

Die

ste

/ Ju

an N

.Suá

rez

Lijó

/ G

erar

do Tr

iñan

es /

Ana

Red

ondo

/ X

.Alb

erte

Fig

ueiro

/ A

ntón

R.G

alla

rdo

/ J.

M.L

aíño

/ B

orob

ó /

Cust

odia

Cab

o /

Xes

tió

n pu

blic

itar

ia:M

aria

no M

uñiz

(co

ordi

nació

n).

Imp

rim

e:G

ráfic

as G

arab

al,S

.L.

De novo chega o verán e con el as festas

nos pobos e vilas. Boiro non podía ser menos

e como tódolos anos, nos primeiros días do

mes de xullo, tamén celebramos as nosas

festas.

Ó longo destes días Boiro vai vivir dun

xeito diferente, enchéndose de xente con

ganas de divertirse e pasalo ben; por iso

púxose o máximo esforzo na elaboración dun

programa con actos que contribúan a

engrandecer e lograr que estas festas sexan todo un éxito.

Quero dende aquí dar as grazas a tódalas persoas que, de calquera xeito,

colaboraron coa comisión destas festas. De maneira moi especial quero

agradecer a F. Javier Cortés, concelleiro de Cultura, que, xunto cun importante

grupo de xente, asumiu a responsabilidade da súa organización.

Como alcalde convido a tódolos veciños a disfrutar das “Festas do Verán de

Boiro” e fago extensiva a invitación ós seus amigos e familiares, así como a todos

os forasteiros, que dende hai tempo elixiron Boiro para pasar as súas vacacións

de verán, e a todos os que nos visitan atraídos polos innumerables encantos do

noso municipio e a hospitalidade da nosa xente.

Un saúdo tamén e un recordo especial ós boirenses que por motivos de

traballo están lonxe da nosa terra e o desexo de que o vindeiro ano poidan

celebralas connosco.

Felices festas a todos!

Xosé Deira Triñanes.

Alcalde

Saúdo do Alcalde

Xosé Deira Triñanes 2

Saúdo do Alcalde

Como é costume antiga, Boiro aproveita o abrente do verán para celebrar asfestas que inauguran, xunto ás de San Pedro de Bealo e San Xoán de Macenda,a súa xeira estival.

Culmínase, unha vez máis, a laboriosa tarefa organizativa iniciada mesesatrás pola súa comisión. Malia que o programa está feito co mellor ánimo,sabemos que é moi difícil satisfacer tódolos gustos. Mais como manda a tradición,non faltarán orquestras, gaiteiros e bandas, fogos artificiais e tamén algunhasorpresa. Pedimos, pois, a vosa complicidade para que todo saia ben. E, se haifallos, agardamos a vosa comprensión.

Quero aproveitar as páxinas desta nacente FOLÍA, para agradecer acolaboración de todas aquelas persoas, colectivos e empresas que contribuiron aque, un xullo máis, Boiro teña unhas festas acordes á súa entidade. E, se mepermitides, quixera facer un recoñecemento especial para traballo doscompañeiros da Comisión que me honro en presidir. Sen eles, nada desto seríaposible.

Para rematar, soamente me resta desexarvos unhas boas festas nesteverán 2005.

Xavier Cortés LaíñoPresidente da Comisión

Saúdo da Comisión

Xavier Cortés Laíño 3

Saúdo da Comisión

Presidente de honra:Xosé Deira Triñanes.Alcalde

Presidente :Francisco Javier Cortés LaíñoConcelleiro de Cultura

Equipo de traballo:José Francisco Rey SantamaríaBenigno Armental RomeroManuel Collazo VázquezMª Dolores Domínguez OuteiralJosé Carlos Piñeiro MartínezJosé Manuel Tubío LópezLucía Mª González PérezMaite Dieste GarcíaMariano Muñiz BlancoRafael Suárez LojoXerardo Piñeiro LorenzoPitusa Lomba FernándezDepartamento de Persoal e IntervenciónDepartamentos de Deportes e CulturaAlberto García Sánchez(Coordinación Mostra das Culturas)

Olladas

127

Suso Torrado

Ao abeiro do peirao

Olladas

13

Anxo Campos

A Magdalena, Escarabote, ... A presencia do mar.

Rescate

17

José Manuel Laíño

A festa do lume

Olladas

21

Juan Silva

Olladas

25

Dani Torrado

Bandaorrío. Apontoando a tradición

Olladas

29

Alberto García

Velaí a rúa Principal presidida polo cumio da Curota, ollo que fita en arco de luces do que nadaescapa e que aliña o paseo do mediodía festeiro. Rematado o concerto, as xentes soben e baixancoa calma do lecer pouco antes do xantar familiar, ó que non tardarán en chega-los dousprotagonistas, para rillar lixeiros o polo asado e as pequenas patacas de tan bo comer. Logo, se nonhai outras obrigas, sesta breve que pide o corpo, baño refrescante de se-lo caso e volta á disciplinafesteira con convicción e sen tardanza. Poucos son os días bendicidos para folgar e o sangue mozopodrece se non se aproveitan.

Amosa o mate sepia as patrióticas e monótonas bandeiriñas que dan perímetro á cernasolemne, a penas aliviada por unha brisa orfa da voluntariosa travesía de plátanos existente outrora.Pódese imaxinar a autoridades e próceres arremuiñados a carón do Concello, como daquela eramester e tamén agora acontece, ordenando simbolicamente os actos e entreactos do sainete

oficial, mentres a rúa vai sendoprogresivamente tomada pola xente docomún, pois non en van é arteria vivae testemuña imprescindible dotranscorrer do tempo.

E nese escenario, ¿pregun-taranse as mulleres que veñen detrás,vestido de estrea e paseo deganchete, se os mozotes lanzais degallarda figura darán, quizás en nonmoitos anos, bailadores de fino? ¿Ousimplemente quererán saber quen soneses dous que deteñen o seuvelocípede diante do fotógrafo, acasopor monición deste, facendo un ínterimantes de darlle lume a un valiosopetardo de tres estalos?

Pode que entre unha cousa eoutra se agoche unha vocación festeiracon extensión intersecular, que aspausadas damas, sen dúbida porservidumes do tempo, non chegarán acoñecer en toda a súa plenitude:adivíñase na face do condutor unhacerta inclinación á penitencia festeira,unha querenza gozada de neno queserá marca de identidade persoal e

ámbito de entrega comunitaria. O rapazolo que guía, nolo di a súa mirada segura e inquisidora, nonha perder detalle de todo canto acontece e andando os anos dará cumprida presenza a esa vocaciónpándega que acubilla o seu peito bravo.

Pero agora, no Boiro de festa sacramental, a mediados dos cincuenta, compre soster viril abicicleta amiga, mecano móbil que inspira pedaladas prófugas. Moitas serán as festas vindeiras, logochamadas do Verán, nas que investir paixón e tempo, desvelos e paciencias temperadas,materializando nas bombas de palenque, gran petardo de tres e máis estalos, a divertida sorpresadun tempo tamén en branco e negro.

Imaxinario

F. R. Lavandeira 33

A historia dos pobos sempre estivo estreitamente relacionada con viaxes, movementosmigratorios, expedicións e descubrementos de novos territorios e culturas lonxanas. Houbocivilizacións movidas pola avaricia e o fanatismo relixioso. Outras emigraron por culpa da fame oufuxindo da guerra, da represión e da intolerancia. Houbo tamén quen mudou de aires debido ácuriosidade, por querer coñecer o que se atopaba ó outro lado das portas do misterio e dodescoñecido. Romanos, portugueses, holandeses, españois, británicos, fenicios, turcos, … Todostiveron algo en común: foron pobos viaxeiros, descubridores de novas rotas e territorios. Nosxudeos, irlandeses, italianos, subsaharianos e galegos tamén hai algo que nos identifica: tivemosque colle-la maleta e viaxar polo mundo para fuxir ou subsistir. Os de Barbanza vímonos na obrigade marchar a navegar.

En xaneiro de 1977 un cento de homes da bisbarra enchían catro autobuses camiño doaeroporto de Santiago para iren traballar a barcos e plataformas petrolíferas. Eran cento oito homesde Abanqueiro, de Escarabote, da Pobra … Como tantos outros miles que por aqueles anos metíanna maleta catro pezas de roupa, un par de mans, un pasaporte e moitos collóns e traballo parasacar adiante ás súas familias que aquí agardaban.

Cando chegaran a Labacolla descubriron que todo era unha broma que lle gastara un tal JoséFernández Lojo, coñecido como o Candocho, o falso axente de embarque de Escarabote. Nonexistían nin os contratos de traballo, nin os buques, nin plataformas, nin o avión que os ía levar.

É curioso: os xornáis da época concedéronlle unha gran repercusión a esa nova e bromeabanco acontecido en Escarabote, cando o realmente denunciable eran as miserentas condicións devida que obrigaban ós nosos pais á emigración.

Penso que toda a historia do Candocho é de sobra coñecida, pero ¿qué pasaría se realmentetodo fora certo? Imaxinemos que existiran os barcos, as plataformas no Golfo de México, o voocharter, os contratos e mailas nóminas que prometera (105.000 pts mensuais sen dereito a seguroe con seguro 90.000, ¡ollo! falamos do ano 1977). Porque débese lembrar que había unha lista deespera de trescentas persoas. Entón, en vez dunha secretaria tería que contratar a catro máis. E ósseis meses mercar un baixo en Boiro. Logo dun ano, a súa empresa, “Viajes Arosa”, estabainstalada no mellor edificio: no baixo atopábase a recepción, onde traballaban catro secretarias. No

entrechán, o despacho do xefe cun gran cartel na porta:“José F. Lojo. Agente de Embarque”. Primeira planta:oficinas con doce empregados, todos falando idiomasestranxeiros. Na segunda: axencia de viaxes. A xestoríaadministrativa ocupaba a terceira planta, e na derradeiraxestión de seguros, asuntos fiscais, laborais eimportación-exportación. En total unha firma con trinta etres asalariados cunha facturación anual dunsdouscentos millóns de pts (ollo: dos anos 70).

A José os negocios íanlle vento en popa. Catroanos máis tarde creou “Construcciones Arosa”, echegou a edificar o sesenta por cento das casas detoda a comarca, puxo en marcha unha cadea de hoteis,campos de golf en Cabo da Cruz, un porto deportivo enEscarabote e numerosas urbanizacións en Barbanza eno Salnés. Chegou á presidencia do Boiro, do Sportingde Lampón e foi accionista maioritario do Deportivo daCoruña. En 1987 presentouse ás eleccións municipais earrasou nas urnas ó conquerir 13 de 17 concelleiros.Amigo José, ¿por qué te botastes atrás con aquelembarque de 1977? ¿Non ves que agora serías alcaldede Boiro? A historia dos pobos escríbena os valentes.

Arte na palabra

Venancio Ribela 35

Unha viaxe a ningures

Olladas

37

Paola García

Despois do período en que Benjamín Fajardo dirixira de xeito exemplar ao Barraña FC(1949-1953) e o bache no que caera a entidade tra-la súa marcha, o fútbol boirense íaafrontar no abrente da década dos anos 60 o histórico reto de participar na Serie A, chanzoprevio á 3ª División. Era un desafío atractivo para unha pequena poboación que,sacudíndose os derradeiros rescaldos da postguerra, iniciaba unha etapa de expansión aoabeiro de novas industrias (cerámica, xéneros de punto, ... ), o despuntar dos sectoresmexilloeiro e turístico, e as achegas económicas dos boirenses na emigración. E quepresumía de obras que estaban a cambiar a súa traza, como a casa consistorial e a escolaMartín Gómez, asentadas ambas nunha céntrica e floreada praza. Ou o edificio da Caixade Aforros de Santiago, que dende as súas cinco plantas parecía teimar con estas por se-lo símbolo máis significado daqueles tempos de mudanza e modernización.

Contaxiado polo despreguizamento xeral da vida boirense, o adurmiñado fútbol localbuscaba, pois, a participación nun campionato de prestixio, esquecendo as esporádicasaparicións en torneos estivais. A inscrición do Barraña no campionato da 1ª rexional ouSerie A, no outono de 1961,colmaba as expectativasdeportivas daquela viliñamoderna que empezaba a serBoiro. Paco Lorenzo, O Chono,presidente xa dende finais dos 50,encabezaba a xunta directivaresponsable da decisión. Xunto aél traballarán José Bouzas,Antonio Armental, GerardoPiñeiro, Pedro García e osdoutores Pepito Santos e AntonioGirón. Entre todos eles e algúnmáis, conseguirían que seacondicionara o campo de fútbolde Barraña, xuntar un equipo degarantías e atopar financiación.Na mellora do campo seríafundamental o compromiso doConcello, daquela presidido por Jesús Chouza, que invertiría máis de 100.000 pts (arredordo 5% do seu presuposto) na súa ampliación, peche e dotación de aseos e vestiarios.Salvador Muñiz, Juan Antonio Armental, Zurdo, Chouza, Rafaelito, Manolo Laíño, Juanito eo porteiro Candocho serían a representación local dun equipo convertido nunha auténticaselección das terras do Sar e Barbanza, tralas fichaxes dos padroneses Ramoní, Ninino,Juansiño e Fontenla, os ribeirenses Pepiño, Bande e Juan e Lolo Abelleira, os palmeiránsNacho e Fernando, e o adestrador e veciño do Caramiñal Manolo Picos. Con este plantel,un presuposto dunhas 170.000 pts e ilusión a moreas, o equipo boirense aventurábase naSerie A (Zona Norte) da tempada 61-62, xunto ao Arenal (Santiago), Juvenil e Deportivo B(A Coruña), Órdenes, Calvo Sotelo (As Pontes), Foz, Ribadeo e Valle de Oro (do Valadourolugués).

Debutaba en Santiago, en Santa Isabel, con boa imaxe malia perder co Arenal por 3goles a 1. Pero a falta de acoplamento xunto aos longuísimos e penosos desprazamentosno pequeno autocar da empresa Baleirón, de Rois, levarían ao Barraña a se-lo peor equipoda primeira volta. Algúns lembran como o máis tedioso daqueles desprazamentos a viaxe

Historia

Antón Rodríguez Gallardo 39

O Barraña Fútbol Club da Serie A (1961-1963)

Barraña FC na pretemporada 61-62. De pé: Pedro, Juanito,Caravel, Rubio, Armental, Ninino, Candocho, Manoliño. Decoscas: Laíño, Federo, Muñiz, Rafaelito e Zurdo.

a Ribadeo –onde, ademais, se encaixaran 8 goles-, prolongada case que de madrugada amadrugada por cativas estradas, nalgún tramo aínda terreñas. Tendo en conta os inicios,o cuarto posto final, compartido co equipo do Valadouro, fora considerado un éxito.Completando a tempada, o Barraña participaba no Campionato Galego de Afeccionados,que, organizado pola Federación, reunía aos clubes da Serie A e 3ª División. Malia inicialoeliminando ao Noia, non pasaría de oitavos de final ao caer ante o potente Arousa, da 3ªDivisión. O balance deportivo desta primeira andaina barrañista pola “elite” sería, pois,bastante positivo.

Ainda que con importantes baixas (Pepiño, Fontenla, Ramoní, Lolo Abelleira ou opropio adestrador Picos), na tempada seguinte, 62-63, o Barraña ía repetir na Serie A,nesta ocasión xunto ao Noia, Ribadeo, Calvo Sotelo, Bergantiños, Órdenes e a SDCompostela. Como noutros campos, en Boiro, salvados os encontros cos noieses, veciñose rivais de vello, o partido máis agardado pola afición foi o que enfrontou aos locais coasemiprofesionalizada SD Compostela. Con adestrador estranxeiro -o uruguaio DagobertoMoll-, urxencias de 3ª División e unha inversión de moitos miles de pesetas en fichas esoldos, os santiagueses desprazáranse a Boiro –desgraciadamente para as arcas locaisnun insólito día nevado- para enfrontarse a un Barraña FC coas aspiracións cumpridas,“mister” padronés –“Patitas” Otero- e xogadores compensados con máis cariño que cartos.Aliñando a Rubines; Pérez, Muñiz, Armental; Ninino, Moncho, Fernando, Juansiño, Ventura,Abelleira e Vilas, o Barraña perdía por 2 goles a 1. A prensa “picheleira” poñería enevidencia o terreo de xogo local, por embarrado, reducido e accidentado, e causante de queo Compostela non amosara o seu mellor fútbol.

A competición remataba en abril cos compostelanistas invictos, e o modesto Barrañade novo na zona morna da clasificación. Distinta sorte terían os rapaces do flamante filialBarraña B, últimos cun só punto nun dos grupos do torneo das Rías Baixas. Na tempadaseguinte, 63-64, o club boirense, como preludio dunha nova e definitiva crise, xa non seinscribía na Serie A, pasando a disputar o Rías Baixas. Pouco despois, o Barraña FC, aquelsonado club pioneiro dos anos 20, exemplo de promoción da canteira nos primeiros 50 eque no abrente dos 60 se codeara con algúns dos mellores, desaparecía; e con él unhaetapa de máis de corenta anos de intermitente existencia. Con todo, a súa herdanza decontado sería recollida, primeiro polo fugaz Juventud de Acción Católica e logo, aodesaparecer este, polo CD Boiro, debutante na liga do Sar da tempada 67-68.

Historia

Antón Rodríguez Gallardo40

O Barraña FC en Santa Isabel (Santiago), na súa estrea na Serie A. De pé: Candocho, RamoníII, Armental, Juan Abelleira, Lolo Abelleira, Pepiño. De coscas: Juansiño, Nacho, Ninino,Fontenla e Fernando.

Uriel, ise ser andróxino e xordomudo, afillado de don Anxelo, có que falamossobor o divino e o humán, nadaba acougadamente máis alá da Pena Romana.Tencionaba bater a marca estabrecida por Antía Sara, a xa difunta sogra de XoséAntonio Durán. Nadara a náiade rianxeira dos anos trinta, dende o peirao da viladeica o Bodeón, na outra beira da angra, e voltou á praia do Castelo, nunhaespréndida mañán de sol e de sal.

A mañán que nadaba Uriel non era menos brilante. Tanto que os montes doBarbanza que ardían manseliñamente non eran capaces, ca súa fumareda, de velara luminosidade do mediodía. Uriel disfroitaba da morneza da auga, da rientefermosura da paisaxe, da diafanidade do ceo, esquencéndose de que estabatentando superar un “record”; cando, sen agardar nadiña, sinteuse engolido por unhafortísima ola que o ergueu á crista do susto e do arrepío, sen darlle tempo adecatarse do motivo de aquela envarescente ascensión polos aires. Pois sen deixaro líquido elemento, atopábase axiña voando, con toda unha marea de xoubas, ribade Trevonzos, Brión, Ponte do Río, en arrepiante direición cara ao incendio dosmontes que se achegaba a Boiro.

De xeito milagroso pudo Uriel erguer a súa testa encol da oleada cupleida na quese achaba sumerxido, e ao ver que o fogo arboricida se achegaba en décimas desegundos, longos como séculos, acordou facer un esforzo descomunal e pronunciara primeira palabra que dixo en toda a súa vida: ¡Socorro!

Tal foi a forza do seu berro inaugural –botado ca arelante tención de que nonresultara o derradeiro- que sobrepoñéndose ao estronicio dos motores de hidroaviónapagafogos, foi escoitado polo piloto. Virou o seu aparato instantáneamente oaviador; no mesmo intre no que iba a abrir as comportas dos seus tanques pra golfara masa de auga, xoubas e Uriel sobor o braseiro do incendio.

Ditosamente, retornou o pacífico avión á badía rianxeira, descargando ao rentedas salgadas olas seu insólito cargamento, composto polas sardiñas máis sabrosasdo Atlántico e o noso dialéctico amigo. Quen deica entón soio se entendía con donAnxelo e conmigo, a base de xestos e carantoñas. Mais con aquila aterradoraaventura marítima-aérea recodou a fala. Mentras que eu case a perdera, vendodende a Pena Romana o súpeto zugamento de Uriel e a súa desaparición nasentranas do avión alxibe. Tanto que nada puden responderlle, cando o anxélicoxordomudo, chegou nadando hastra o penedo onde eu estaba, e ante o asombromeu, aínda tivo alento para bradar: ¡Qué susto, Borobó! ¡Qué medo máis tremendo!

(Si non e vero e ben trovato)

(“Anaco” publicado en El Ideal Gallego, 1989)

Rescate

Borobó 43

O Zugamento de Uriel

No Boiro no que agroman os edificios sen alma, no que as poucas casas deraigame, lareira e artesa, referentes dun pasado cada vez máis invisíbel, sontristemente derrubadas polas palas desmemoriadas e irreflexíbeis, sen antessabermos sequera recollelas nalgún rexistro fotográfico que poida pervivilas naMemoria colectiva, atopo agora esta ollada, unha paisaxe de ilusión, de fantasía, nosanos corenta, nunha montaxe das que tanto abundaban daquela nas festas do veránde calquera vila galega. Máis alá da lixeira descolocación do cabaleiro do chapeu, damirada ao horizonte infindo e indefinido do seguinte actor, da desidia do últimofigurante da ringleira, apoiado no timón, ou da pose artística e sorridente da mullerdo medio, impórtame eiquí propor o cotexo da viva imaxinación daqueles personaxes,coa erma realidade do que xa todo nos vén dado nas atraccións do presente: ovértigo da uve que visita os balcóns do quinto piso na Avenida da Constitución, asnorias, as montañas rusas, os trens que semellan trens de verdade e os avións quevoan como avións de verdade. A sensación que non precisa ser imaxinada. O mesmoocorre nos xogos infantís, xuvenís e mesmo adultos: os golpes dos guerreiros dasconsolas adoecen dunha apariencia cada vez máis verdadeira. E digo ben dicindoadoecen, porque a imaxe vai aos poucos matando a imaxinación, como o formigónmata a pedra e a falta de previsión de moitos, o pasado. Mais, afortunadamente,algunhas persoas conservan aínda nuns séculos se cadra tamén escuros, estasfermosas olladas aos tempos idos, para que nós, seres dun mundo que xa nonprecisa dos soños nin da imaxinación, teñamos a tentación de sorrir ou de mofarnosdiante da presunta inxenuidade daqueles antepasados que aínda sabían soñar.

Imaxinario

Alberto Piñeiro 45

- 47 -

Sente que alguén lle dá un suave golpe. Lixeiro, bota a man ao peto traseiro do pantalóne non atopa a carteira. Case no mesmo segundo, ten collido por un brazo ao tipo aquel quemarcha cara ás escaleiras que levan ao vello xardín xa canso de loitas diarias cos rapaces eonde a tal hora, na escasa escuridade, se buscan bocas sedentas de bocas e voraces manspercorren corpos adolescentes –agora non hai xardín, afogouno un mar de cemento-. Ei, acarteira; berra por entre o estrondo da orquestra que pelexa cun éxito recente ...¿a quienMaría Magdalena vas a encontrar?... O outro, sen retira-lo brazo que bota polos ombros daacompañante, vólvese con cara de qué demo me está a falar este rapaz; ela, con cara de quépasa. ¿Qué carteira, rapás? A que me acabas de coller do peto do pantalón. Ergue o outro avista ao ceo disimulado tras un pano de bombillas de cores e ceiba un estalo de fastidio. Tiestás tolo. Fai aceno de marchar pero o rapaz volve tirar por el. A carteira. Ai que carallo; di ooutro, e bota un nervioso ollar ao seu redor, como para asegurarse de que ninguén se decatado que está a pasar. Algunhas parellas buscan espazos máis amplos onde bailar máis a gustopreto das extenuadas canastras ...María Magdalena para llorar... -agora non hai canastras;non se improvisan partidos; os concelleiros non xogan na rúa-. A carteira. Escóitame benrapás, -ponlle ameazante o índice no peito-, sóltame o braso, eu non che teño a carteira.Colléstesma ti e non te vas sin que ma devolvas. Parellas que bailan preto afástanse unspasos. Polo que poida pasar.

Algúns dos que están sentados no gran pentagrama de pedra que leva á rúa Principalcambian o centro de atención e esquéncense da orquestra ...¿quién María Magdalena?.... Orapaz arromba o xersei que bota polas costas e insiste na súa teima. Rapás ti estás pedindoa berros unhas hostias. Non lle importan as ameazas e non lle perde a cara ao asunto por máisque o outro case o dobre en idade; mantense firme co aire de quen, xa tomada unha decisión,acepta as consecuencias. O outro terma do xenio e o seu nerviosismo é cada vez máisevidente; non sabe se empezar a puñazos con aquel raio de testán ou se botarse a rir aargalladas. Nunha arroutada, xusto cando remata a orquestra …¿quién te va a querer?,pregunta canto levaba na carteira. Mil sincosentas pesetas; respóstalle. Asperamente,berrando con xestos, saca do peto uns billetes e afasta un de mil; remexe no outro peto ataatopa-la moeda que busca. Aí tés, mil sincosentas pesetas, desaparese da miña vista. Colleos cartos o rapaz, dálle a man á moza e marcha con ela, oufano, cara á rúa Norberto Pijuan.Satisfeito, non se decata de que o outro déulle cartos pero non lle devolveu a carteira.

Ule a sono o rapaz cando ao tira-la camisa para meterse na cama escoita un baterapagado no piso de madeira do cuarto. Caghoendiola, a carteira. Cóllea. Míraa por un lado;despois polo outro. Ábrea. Alí están os cartos. Claro que é a súa carteira. Métese na cama cunaquel de desacougo no corpo que lle impide prender no sono.

No serán seguinte, limiar da serodia noite de xullo, busca o rapaz ao outro no ambienteespeso dos ateigados bares; búscao entre a xente que vai e vén; entre os que se paran dianteda ruidosa tómbola; en cada unha das enxordecedoras atraccións; por entre o número cadavez maior de xente que, coma un río de corrientes encontradas, flúe de aquí para aló no airefestivo; fíxase nas parellas que debuxan unha sombra única ao camiñar. Bátelle con forza ocorazón cando o ve vir pola escanastrada rúa Santos Mietes, agora pequena e locente rúapeonil. Envía saliva e, decidido, marcha cara a el. Oe, tés que perdoar… Que carallo é o queques ahora; espétalle o outro. Perdoa… onte a noite… a carteira… quería devolverche oscartos, atopei a carteira –consegue por fin casa-las palabras-. Trae e vaite da miña vista.

Na praza, a orquestra apura a posta a punto cuns acordes do último éxito de Juan Pardo.

Arte na palabra

J. M. Vázquez 49

María Magdalena

Olladas

51

Anxo Campos

Noitarega na Agramuíña

Boiro cuyo topónimo ofrece tantas interpretaciones,tiene su raíz urbana a orillas de la secular sendacaminera que llevaba a Compostela y que era al tiempoCamino Real, sacramental y vía comercial. Es la queaún hoy sigue llamándose Camiño Vello o Rúa doCruceiro. Su tránsito discurre enlazando,sucesivamente, templo parroquial, crucero, pazo deFonteneixe y Tenencia con sus posesiones. Cada unade esta construcciones tiene su historia, memoria,arquitectura y arte. Un paisaje muy importante en elnacimiento y desarrollo de Boiro. Cada monumento de

los citados es un ilustre capítulo de la villa al tiempo que regalo estético para cuantosrecorran la senda secular, galería de piedras ilustres.

La casa Rectoral o Iglesario parece tener historia paralela al templo parroquial,puede tener igualmente, desde orígenes inmemoriales, raíz románica. Y susampliaciones ser en tiempo próximas a las del templo que según Pérez Constanti:Juan de Teira remató en diciembre de 1601 la Capilla mayor de Santa Eulalia deacuerdo a lo concertado con Gaspar de Arce, maestro de obras de la Catedral deSantiago, periodo que parece haber sido aprovechado para realizar obras en laRectoral, que según inscripción en el dintel de acceso al patio en la fachada nortepuede leerse la fecha de 1682, aunque bien podría ser 1632.

En el dintel de uno de los huecos de paso en la planta baja de la casa principalpuede leerse más claramente: “HIZOSE ESTE QUARTO DE CASA SIENDORECTOR DE ESTE BENEFICIO EL LICENCIADO D. FRANCISCO GONZALEZ DECOMOXO. AÑO DEL SEÑOR DE 1682.” Otra reseña histórica en el dintel del huecode paso en la planta alta de la casa anexa nos señala posiblemente la construcciónde la misma en la que puede leerse claramente “AÑO 1690”.

La edificación presenta a grandes rasgos la siguiente distribución: un cuerpoprincipal de forma y planta rectangular que desempeña la función de casa-viviendaalbergando en la planta baja los cuartos húmedos (bodega, cuadras...) y en la plantaalta las habitaciones.

Los cuerpos añadidos son producto de una ampliación fruto de las necesidadesque van surgiendo. La casa –vivienda aparece rodeada de varios cuerpos, por lo quese remata la construcción en torno a un patio amurallado, que permitía desempeñarlas labores de casa de una modo privado y además protegido de los vientos.

Con la restauración de la Rectoral se pretende la recuperación de unaagrupación constructiva de importante interés histórico-artístico concebida pararecuperar su finalidad como vivienda del párroco y dotar a la parroquia de undespacho parroquial que en la actualidad no existe y que en el pasado ya estuvoemplazado en esta casa Rectoral, ofreciendo la posibilidad en su planta baja deestancias donde poder desenvolver reuniones u otras actividades relacionadas conla parroquia.

Historia

Francisco J. Carou Blanco 53

Restauración de la Casa Rectoralde Boiro (Algunos apuntes)

La casa anexa fue restaurada para albergar un “museo” donde poder mostrar yalbergar con cierto cuidado utensilios de la parroquia que ya no se usan: libros,ornamentos y otros elementos olvidados con el paso de los años.

A la hora de afrontar el proyecto, se plantea su restauración, empleando losmateriales tradicionales y respetando las características y estilo de la casaprocurando que afecte lo mínimo a los elementos estructurales en materiales,coloraciones, estética...

La agrupación restaurada consta del mismo numero de plantas (alta y baja)suprimiendo en lo posible las barreras arquitectónicas dentro de la vivienda. La formaen planta del conjunto no sufre variaciones, así la casa principal mantiene su formade “L” y la casa anexa su forma semicuadrada unidas ambas por la terraza, en la cualse derriba el mirador de más reciente ejecución y de fabrica de ladrillo, para asírecuperar la terraza en su concepción inicial y dar un mayor aporte estético a labalaustrada de granito de igual factura que la existente en la fachada de la iglesiaparroquial, posiblemente del mismo tiempo y obra del mismo autor Juan de Teira,maestro cantero, natural de Teira (Corrubedo) (cfr. Pérez Constanti en Diccionario deArtistas). Siendo esta actuación con la aportación de una rampa situada en el patioque arranca junto a la puerta de acceso al patio por el alzado norte y discurre por elmuro de cierre.

En todos los casos, los materiales empleados para el exterior se ajustan a losmateriales existentes ya en la agrupación. Los muros son de mampuestos de granito.El material de cobertura de la cubierta es la teja cerámica curva, tambiéndenominada teja del país. La carpintería exterior se realiza en madera.

La división interior de la casa principal está pensada para realizar las actividadespropias de una vivienda, si bien se sitúa el salón comedor con mayor accesibilidad ygran espacio para desempeñar una segunda función de sala de visitas o reunionescon un carácter más acogedor que los que pudiesen ofrecer las estancias de la plantabaja. De igual modo sedispone de un número dehabitaciones, atendiendo ala visita de familia u otrosinvitados. Así se plantea laposibilidad de visitas oinvitados con limitaciones oincapacidades, de ahí quese optase por disponer enla totalidad de la vivienda aun único nivel, así comoque en todas las estanciaspueda inscribirse un circulode 1,50 mts., y que loshuecos de paso tengan unancho mínimo de 0,80 mts.

Otros muchos detalles se podrían aportar de esta singular construcción, pero laextensión de esta nota no permite describirla con más detalle ni fijarnos en la rica yabundante parte histórica de esta construcción que enriquece el patrimonio de Boiro.

Historia

Francisco J. Carou Blanco54

Era un dia de invierno, uno de esos días infernales que tanto abundan en ellitoral gallego, donde el crudo invierno azota la tierra, un día tras otro, con fuerteslluvias y temporales. Tengo seis años, y, ese día, sin poder salir de casa,jugábamos mi hermana y yo, como buenamente nos era posible. Encaramados losdos a una silla, accedo a una ventana. Como en todas las construcciones de laépoca, las hojas de las ventanas baten hacia fuera. El cristal de una de ellas estabaroto, y, una vez en la repisa de la ventana, pierdo el equilibrio, cayéndome haciaatrás. En su afán por evitar la caída, intento asirme a algo y me viene a la mano elcristal roto, con tan mala fortuna que arrastro en mi caída al cristal y a mi hermana,provocándole un corte en la cruz de la nariz, a la altura de un ojo. Una herida sinimportancia hoy en día y con un médico a mano, pero en 1931, por malos caminosde carro, los cinco kilómetros que separan nuestra aldea de Boiro, la capital delmunicipio, se hacen largos e insalvables. Sólo la diligencia y arrojo de nuestraabuela hizo posible que una herida sin importancia no se convirtiera en unatragedia, de tal manera fluía la hemorragia del corte. Nuestra buena abuela,llevando a Consuelo al médico, consiguió que este episodio se convirtiese en unmero recuerdo, que sin embargo, todavía para mi, cada vez que nos encontramos,a pesar de los cincuenta y nueve años pasados desde aquel accidente, supone, através del rubor, revivir el disgusto que experimenté a mis seis años.

La vida sigue su curso normal. Los primeros estudios los curso bajo ladirección de mi primo en casa de mis abuelos maternos. El maestro, un muchachoescaso de salud y economía, consigue sus estudios por correspondencia,suficiente para encaminar a sus alumnos, yo y otros vecinos de mi edad, por losprimeros pasos del abecedario, eslabón fundamental para nuestro caminoposterior por la vida. Benigno, que así se llamaba mi primo y maestro, me guíahasta que cumplo los diez años, momento en que doy el salto a una escuela estatalrecién instalada en la aldea, bajo la dirección del maestro nacional D. JoséCaballero, señor muy inteligente, con el que yo, un crio de diez años, me siento agusto y contento, dada la bondad y el cariño del maestro, practicante de unapedagogía tan contraria a la de la época. Pero D. José, al igual que la escuela, durapoco. La Guerra Civil, tan cruenta y despiadada, acaba pronto con uno y otra. Amanos de las tropas fascistas, el maestro, después de torturado y humillado, acabasus días en la cuneta de un camino vecinal, con un par de tiros en la nuca, comomuchos otros, en ambos bandos, a lo largo de toda la geografía nacional. Asíquedó la aldea sin escuela y sus infantes sin persona tan culta, perdidos susdestinos y docencia en manos de maestrillos sin título que apenas alcanzaban laregla de tres simple.

Con esta enseñanza y a la edad de trece años, dejo la escuela. Ahora tengoedad de trabajar y los años de los juegos infantiles parecen haber quedado enel olvido.

Fragmento do libro “Memorias del abuelo”, rematado en setembro de 2002

Rescate

Juan Bautista Suárez Torrado 57

Memorias del Abuelo

Hoxe que está de moda falar de cotas, término e intención que a min

parécenme insultantes, porque a muller non é unha cota e porque establecer

cotas tamén significa poñer límites, por moi altos que sexan, propóñenme falar

desta foto de Argimiro, que semella estar carente dunha certa cota masculina.

Aparte deso, ¿que botan de menos vostedes? A miña reacción cando Antón

Gallardo ma mandou polo correo electrónico, foi mirar para as caras das meniñas.

Coñecín a case todas, porque mesmo eu podía ser o cativo que se ve ao fondo,

de pantalón curto, e digo que podía ser eu porque sempre estaba nese mesmo

lugar, ou moi pertiño, cando bailaban as nenas da Sección Femenina que

ensaiaba a profesora Antonia, axudada por Tomasita, que era a maior das mozas.

Ao fondo, de dereita a esquerda, están María Esther, miña irmá Laura, Margarita

e outra tapada; diante, miña outra irmá Nenuca, Ana Isabel, Loló e Julia ¿Qué

facían? Seguro que era un domingo, cando no Campo da Misión as rapazas

demostraban os coñecementos que ían adquirindo naqueles tempos nos que a

Sección Femenina da Falange era a única entidade que ofrecía actividades, pode

que fora porque non quedaba máis remedio nunha época na que nada, ou case

nada, quedaba ao chou; ou, pola contra, que ninguén, ou case ninguén, se

atrevía a erguer a cabeza máis arriba da liña que marcaba unha sociedade

resignada polo medo.

Imaxinario

Moncho Ares 59

Cotas sen traxe de Galega

Esas mesmas nenas teñen feito moitas veces “doblete”, porque tanto

bailaban pezas do folclore galego, como se poñían en roupa deportiva para xogar

ao balonmán. E non crean que se lles daba mal. Moitos aínda lembramos aquelas

xestas da equipa que deran en chamar Medina Boiro e que estivera a piques de

subir a unha categoría impensable para aqueles tempos. ¿Por qué lle chamaban

Medina Boiro? Disque daquela o mellor clube que había no panorama español

era o Medina, e as boirenses non dubidaron en adoptar o termo, do mesmo xeito

que os meniños que xogabamos ao fútbol, día si e día tamén, no mesmo campo,

deramos en chamarnos o Cosmos, porque así se denominaba o clube de moda

no panorama internacional, pese a que se formara nun país no que o balompé

nunca chegou a consolidarse, os Estados Unidos.

No eco da hoxe Praza de Galicia paréceme escoitar aínda o tararear de

Tomasita, que daba os ritmos galegos a viva voz, porque daquela contar cun

gaiteiro era tarefa complicada, xa que había que traelos de fóra. Por eso o <nana,

nana, nanana...> coa compaña da pandeireta era bastante para que as nenas

non perderan o pé. Miren se o levaban ben, que na foto pódese ver ás de atrás

coa pandeireta levantada, mentras as de diante téñena na cabeza, cando a danza

galega tiña menos complicacións que agora, quizáis simplificada pola necesidade

dos tempos e as apreturas da tardodictadura.

Insisto de novo ¿non se deron conta do que falta na imaxe? Pois é ben doado

de ver: os traxes de galegas. Non se apuren a ser mal pensados, porque a falta

non ten nada que ver coa teima da dictadura contra as expresións tradicionais,

senón coa necesidade que entón se pasaba: nin as familias tiñan un cadelo nin

as Administracións axudaban a nada, porque haber só había unha

Administración, a de Franco, pese a que o alcalde fose quen fose, elexido polo

dactil sufraxio do mando e ordeo. Como non había para máis, os uniformes eran

sinxelos: camisa branca, chaqueta e falda azuis e pañoleta vermella. Cóntanme

que, ás veces, para unha cita importante, traían os traxes da Coruña, alugados

ou prestados.

Así as cousas, o mérito do baile recaía todo nas rapazas e en quen as

ensinaba. Así deste xeito, bailando, xogando, medrando foron nacendo amizades,

algunhas que aínda perduran hoxe, pero non se esquecen aqueles momentos,

nin as rifas que había entre as amigas, por medio de “coplillas”. Unha delas dicía

«Ana Isabel López Hermida foi a Madrid e veu presumida», que seguro que lle

amargou un tempo aquela viaxe á capital. Non escapaba ninguén, como poden

ver: «María Esther Fernández Romero quixo casar con un parajüero», e tamén

«Laura Ares Noal nada moi mal», unha verdade que aínda dura; «Margarita

Outeiral Oliveira cú de pandeira», «María José Casais Redondo quixo nadar e foi

para o fondo»... e outras que xa morreron na memoria do tempo.

Imaxinario

Moncho Ares60

NENA

Ó abalo da marea

recalarei ca dorna

na túa alma de nena.

No teu ventre de moza

largarei longas redes

nesta pescantía nosa.

Polo océano das mentes

hei de estender as velas

a onde o vento me leve.

Moi dentro da túa alma

falarasme: “¿Qué pescas?”...

-¡Andrómenas, rapaza!

ATA

Ata que a derradeira flor

perda os seus pétalos na friaxe da noite.

Ata que o derradeiro pimpín

abandone o seu niño na abeleira

á sorte dos ratos e das cobras.

Ata que as derradeiras augas do río dos muíños

deixen de xurdir da fonte do souto.

Ata que o derradeiro monte - herdade universal -

queime as súas árbores e troque en outeiros e chamizos.

Ata aló serei coma a flor,

coma o paxaro, coma o río ou o monte

no fondo da túa alma.

Arte na palabra

Angel M. Abalo 63

A Ría da Arousa espectacular paisaxe de mar con pingas de terra deixadascaer ao chou para formaren illas, illotes, cons……, paisaxe de terra con longaslabaradas de auga que amornecen a costa. Ría da Arousa paisaxe de agasallo paradisfrute das xentes, esta é moito máis é Arousa de día: unha marabilla.

Arousa de noite; nas noites de Arousa vemos moi claramente un verdadeiromosaico de luces. Na noite calma ollamos destellos de cores que semellan saltar domesmo fondo das puras augas da Ría; ¡ Acó aparece un destello cal lóstregovermello! Acolá destellos verdes que saen ordeados cal disciplinadas vagalumes quevisten as súas mellores galas de cor para transmitir unha mensaxe de paz na noitequeda: comezamos a ollar AROUSA DE NOITE.

Poñémonos en marcha e quedamos parados, atentos, na Punta do Campo noCabo da Cruz, estamos no fondo da Ría, mesmo, mesmo, fronte á grandiosa entradaque gardan Sálvora e San Vicente (hai Sálvora hai san Vicente, Hai Sálvora boca daría ……). Esta noite é das últimas do mes de San Xoan –hai moitas máis durante overán para iste disfrute-.

Ollamos á nosa dereita. O espectáculo comeza, luces no peirao que temos máispreto, o vagalume púxose un traxe verde e descúbrese a un ritmo lento, pausado;deixate levar, abandonate parece decirnos. Máis lonxe, no fondo da enseada deBarraña o flash vermello do porto de Escarabote trócanos de rumbo e saímos en rotade abanico cara á nosa esquerda, a verde luz do porto do Caramiñal fainos lembraros desembarcos en “ A Vila” das xentes doutros pobos que facíamos as travesías“vapor” ao mando do Sr. Isaac, o seu Patrón, unhas veces con leve marusía donordés nos veráns ou xa non tan leves mareiras do inverno. Un lóstrego vermellofainos acordar á realidade, repítese tres veces, é a Ostreira en Cabío. Este sinal avisado cambio de garita, paseo marítimo de Carregueiros, imos a modo, non paramos, asaugas claras na leve oscuridade reflicten a luz do cuarto minguante da lúa que taménpercorre a Ría no sentido inverso ao noso, levantamos a testa ao fronte, o baile degala que os vagalumes de cores estan a representar para nós segue a ser undeslumbrante mosaico nesta noite; o Sinal do Maño asoma se cadra coa timidez deser unha humilde boia, mesmo cando de seguido a illa de Rúa desvela o seu poderíode fortaleza con potentes destellos de vermello e branco dende a granítica alturaonde se asenta o seu faro que esnaquizando a calma do silenzo dá gritos de aviso¡coidadiño, coidadiño!.

Parade quietos, sentade eiquí nas rochas da “ Pedra Rubia”, atentos, aló moi lonxe,fitade un chispaciño verde, case non se ve, semella que o noso amigo o vagalume queestá de garda nos Carreiros está canso, pero aínda é quen de marcar o rumbo aosmariñeiros de Castiñeiras e Ribeira que pasan seguro pola “Pedra do Sargo”: teñen víalibre. Non nos decataramos pero pasamos moi preto o “Sinal do Castro” estabaintentando comunicarse con nós: tres destellos vermellos, outros tres e tresmáis……levantade a vista hai que mirar máis alto, hai que mirar ata a mesma porta daRía. A branca luz do faro de Sálvora fai de guía e presentación da Arousa para osviaxeiros que chegan alén do mar e cos destellos da súa luz escribe no medio dasestrelas un saúdo de cordialidade: benvidos á Ría da Arousa a marabilla do mar na terra.

Arte na palabra

Antón Vidal 65

Arousa de Noite: Mosaico de Luces

Voltamos a nós mesmos, de Sálvora damos un pulo e atravesando a luzadana noite caemos en San Vicente, outra garda da Ría xa na costa pontevedresa daArousa, e os luminosos vagalumes das augas póñense en ringleira pola banda deestribor, case todos con vistosos traxes verdes vannos guiando cara ao fondo daRía: O Pombeiriño é o primeiro que nos manda máis para o medio do canal; osMexos de luz branca forma parella coa cor vermella da luz do Sinal do Castro;Pedra Seca enfrenta a súa verde mirada coas lamaradas multicores do faro deRúa ; O Ter en verde da ánimos para seguir penetrando na Ría; Punta Cabaloponse de punta en branco para descubrirnos A ILLA, así con maiúsculas , A ILLA,tesouro da Ría ao descuberto.

Trocamos de Posta e imos para a punta do Chazo, aquí quedaremos tempo,estaremos atentos, hai motivos, podemos virar un pouco a cabeza e sorprender atódolos vagalumes do mar que intentan agochar os seus traxes de festa pero moiaxiña volven a descubrirse orgullosos do festival de luz e cor que representan todaa noite. Xa entramos no último cadrante do compás, Os Moscardiños de vermello faigarda da illa da Bensa e dos Baos como se tratase de impedir que se rompa a belezadeste conxunto natural que por sí só paga a pena ver coa tranquilidade que dá olusco e fusco de calquera tarde do ano. O Seixo, catro vagalumes de verde danbrincos sobre as ondas do mar de Vilanova e deixan camiño para o Porto deVilagarcia. A boia de Aurora ten detrás do seu manto de luz a illa de Cortegada quese achegou a Carril para deixar sair ao Río Ulla que trae nas súas augas historiase lembranzas de terra adentro para o mar da Arousa cun primeiro recado para asilustres terras de Rianxo do lado norte e Carril no sur.

Os cóbados no varandal

Atopamos esta madrugadaNa gaiola do MarUnha illa perdida

Armaremos de novo a gaiolaVai a saír o SolImprovisado e desourentado

Xa temos tantas estrelas e tantas lúas sumisas que non caben no barco nin na noite

Xuntaremos paxaros sin xeografíaPara xogar cas distanzasDas súas ás amplexadoras

E os adeuses das nubesmudos e irremediabes

E armaremos unha rede de ronselesPara recobrar as saudadesCo viaxe feitoPolos ouceanos do noso corazón

DE CATRO A CATROManoel Antonio, Poeta do Mar

Arte na palabra

Antón Vidal66

Olladas

69

Suso Torrado

En 1945 fondease o primeiro prototipo de batea na Ría da Arousa. Constaba dun caixón rectangular de madeira que

soportaba ó seu redor un entramado, tamén de madeira, onde se colgaban unhas cordas de esparto. Mais haberá que agardar

ata o ano 1954 para ver as primeiras bateas na nosa bisbarra, en augas da Pobra do Caramiñal. Desde aquelas primeiras

experiencias de cultivar mexillón nunha batea ata as máis de 3.300 existentes na actualidade nas rías de toda Galicia, moito

se mellorou, tanto no deseño coma nos materiais de construcción, contribuindo a conseguir un sector forte e competitivo.

Falar dos nomes dos lugares, de toponimia, é falar de Historia con maiúscula, esa Historiaque, moitas veces, por descoñecela se lle quixo negar ao noso pobo, ao noso concello e ásnosas parroquias.

Os boirenses, como case todos os pobos somos unha mestura dos que chegamos agorae dos que chegaron antes ou, aínda, moito antes.

Os oestrimnios, míticos antepasados, anteriores á chegada dos pobos indoeuropeoscoñecidos como celtas, foron os primeiros en poñer nomes aos lugares: o Barbanza, un lugarsituado nunha pendente, Cures e Coroño, unha aldea e un río inzados de grandes pedras.Tamén nos deixaron os seus dólmenes, que eran os seus monumentos funerarios ouMoimenta.

Poucos celtas nos deberon colonizar, pode que conviviran cos oestrimnios, perodeixáronnos algún xeitoso nome como Brión: unha fortaleza elevada. O mesmo nome doarquiprestazgo de Posmarcos lémbranos aos praes(t)amarchi, pobo castrexo que habitou estapenínsula do Barbanza.

E aínda están e aínda fican sobre a terra os seus castros, as aldeas deste anaco daHistoria que rebautizou a mitoloxía popular como Portomouro e Fonte de Mouro, onde quensabe se aínda nos pode engaiolar unha fermosa moura.

Que os romanos andaron polas nosas terras ninguén o dubida. Deixáronnos o máisgrande tesouro: a nosa lingua, que non é outra cousa que latín tardío e mal falado. Por iso épouco doado saber cando os nomes amosan orgullosos a nosa fala ou cando son untestemuña das vellas palabras latinas. Castelo de Vitres podería facer referencia a un vellocastelo ou a un castro “castellum veteris ou victrix”, reaproveitado na Idade Media xunto coCouto da Moureira e o monte de Agorita “a garita”, no sistema de vixilancia contra osviquingos, pois desde os tres óllase a boca da ría e as torres do Oeste que defendíanCompostela.

Maior pegada nos deixaron os pobos xermánicos que é como, por comodidade, xuntamosa suevos e visigodos: un tal Wimara debeu de ter propiedades en Guimaráns e un Cesario enCesar. Pero a súa maior herdanza deixáronnola no propio nome do concello: Boiro é untopónimo que fai referencia a un cercado ou granxa que debeu ter importancia notable nesteescondido momento da Historia, como nos o recorda o capitel xermánico que se conserva nacapela de Comoxo, ou a anotación na Historia Compostellana que conta que o arcebispoXelmírez reconstruíu a igrexa de Santa Baia.

Dos moitos nomes que teño recollido, a maioría son da nosa lingua aínda que ás veceso seu significado aparenta o que non é. Así, Carrofeito debe ser un carro, ou posiblemente uncastro “fractum”, é dicir, roto ou partido; Rosadelas e A Cachada fan referencia ás queimas quese facían para limpar os terreos; e Graso probablemente foi antes un Agraso, ou agro grande:topónimos referidos a agros hai uns cantos.

Moitas veces o lugar nomeábase pola dedicación que tiña ou pola súa flora e fauna: OPiñal, Espiñeira, A Pesqueira, Cabrais, Pomar de Río e Pomar dabade (¿quen comería aspomas, ou mazás, do abade?), Carboeiro, A Figueira, Castiñeiras, etc.

Hai boirenses que teñen o privilexio de viviren en Exipto, advocación da capela da fuxidaa Exipto e que nada ten que ver coas pirámides; os de Corea non teñen que decidir se estánna do norte ou na do sur. Por termos, ata podemos presumir dun Escorial, mágoa que a FelipeII non se lle ocorrera construír aquí o fermosísimo mosteiro.

Pero sen dúbida ningunha o topónimo máis fermoso de Boiro agóchase nun pequenorecanto da ribeira, aquel que máis identifica a tradición mariñeira das nosas xentes, candoBoiro se xunta coa ría nun Bico de mar.

Historia

Rodrigo Rey López 71

Cando os nomes falan da historia

Querido amigo: Con un poco de retraso doy contestación a tu carta, y te estoy

muy agradecido por el detalle de acordarte de este boirense de la diáspora.

Últimamente entro en contacto con varias personas de Boiro y me doy cuenta

que ya no es el mismo de antes: Naturalmente como todos los cambios, esto tiene

sus más y sus menos.

Veo que estás enterado del envío de varias fotos antiguas a D.Gestoso y

naturalmente esto tiene un motivo. Llevo casi treinta y cinco años, residiendo en

Dordrecht, la villa más antigua de Holanda. Cuando yo paseo por la calle

principal, la veo exactamente tal y como era cuando yo llegué y esto no quiere

decir que no se ha edificado nada nuevo, sino simplemente, que las fachadas son

las mismas de antaño y detrás de ellas veremos interiores modernos del siglo

XXI, y algunas de las fachadas tienen incluso más de doscientos años de

antigüedad y las hay que con el transcurso de los años se ven tan inclinadas que

parece vayan a desplomarse de un momento a otro. Es posible que este pueblo,

el holandés, ame su historia y respete su pasado un poco más que nosotros, los

boirenses.

Es una pena que no pueda decir lo mismo de Boiro, cuando pienso en la

desaparición de edificios, como por ejemplo el antiguo ayuntamiento y muchos

más que han pasado a ser escombros. La solución era fácil y hasta incluso no

mucho más costosa. Simplemente, hubiese sido necesario salvar las fachadas,

apuntalándolas, pero no se hizo y ahora es tarde para lamentarse.

Es realmente doloroso que un boirense no reconozca su pueblo una vez se

haya ausentado unos pocos años. No quiero hacer de esto una estrofa

manrriqueña, en la que cualquier tiempo pasado fue mejor, ya que por aquel

entonces había también un poco de todo y hasta incluso muchísimas cosas que

no añoramos. Dejémoslo así, no es el momento adecuado para entrar en detalles.

Siento no poder escribirte en nuestra lengua, cosa que me gustaría, pero nunca

he tenido la oportunidad de aprenderla, por lo que me veo forzado a usar la de

Cervantes, que también suena bien. A falta de pan, buenas son tortas, dice el

refrán. Y lo que es peor, es que después de tantos años en el extranjero, incluso

el dominio del español lo he perdido y es que al contrario de muchas personas

que conozco a las que la emigración ha refinado, a mí me ha ocurrido todo lo

contrario, es decir, me ha embrutecido. Un fuerte abrazo para ti y un cariñoso

saludo para todos los boirenses en general.

Pareceres

José Santiago Ferreirós Outeiral 73

Carta desde Dordrecht (Holanda)

O almanaque do que nos valemos hoxe en día está cheo de costumes e tradiciónsnon necesariamente de orixe cristiá. Debemos ter en conta que cando o Cristianismochegou a Galiza da man dos romanos aló polo século III o panorama que atoparon foio dun pobo cunhas crenzas e tradicións de seu. Moitas delas estaban tanprofundamente arraigadas na sociedade que a súa prohibición resultaría inútil, xa queo pobo seguiría celebrando as súas festas a pesar da imposición da nova relixión. Anteeste feito, a Igrexa chegou á conclusión de que era mellor transformar estascelebracións pagás e darlles un carácter cristiá. Desta forma xurdiron festividades comaa de San Xoán, que, en realidade, celebra a chegada do verán. No caso da Candeloriaatopamos algo semellante.

No concello de Boiro a Candeloria celébrase o 2 de febreiro prendendo candeas naigrexa para que o sacerdote as bendiza. Estas candeas adquiren entón poderessobrenaturais que conseguen afastar os malos espíritos e as tronadas á vez que taménaxudan nos difíciles lances dos rituais de paso, é dicir, cando o viático visita unha casapara impartir unha extremaunción.

Para o campesiñado a Candeloria simboliza o final do inverno: “Pola Candeloria,medio inverno vai fóra”. É o comezo do ano agrícola, o rexurdir da natureza que ficaradurmida por mor das inclemencias invernais. Popularmente, dise que pola Candeloriacasan os paxariños, símbolo do renacer da vida.

As orixes desta celebración derivan dunha festa precristiá de orixe celta: o Imbolg.O Imbolg era o nome do festival do lume celebrado o 1 de febreiro no que seconmemoraba á deusa Brighid. Esta deidade era considerada, entre outras cousas,deusa do lume, da fertilidade, do nacemento dos nenos ou da curación. Coa chegadado Cristianismo pasou a denominarse Santa Bríxida, patroa de Irlanda, tendo taménlugar a súa festividade o 1 de febreiro. Na mitoloxía celta Brighid era considerada unhadeusa virxe que ao mesmo tempo era tamén unha deusa nai. Dado este paralelismo coaVirxe María, foi doado para a Igrexa transformar o seu festival do lume, o Imbolg, no quehoxe coñecemos como Purificación da Santísima Virxe ou Candeloria o 2 de febreiro.Este cambio na data orixinal (1 de febreiro) pode explicarse de dúas maneiras. Benpara que non coincidira co día de santa Bríxida, ben pola relación co rito da purificacióndespois do parto. Noutros tempos, corenta días despois de dar a luz, a muller debíaacudir á cerimonia da purificación, xa que quedaba impura despois de concibir. Destemodo, o 2 de febreiro cúmprense 40 días do nacemento de Cristo e é por isto que aCandeloria se santifica como a Purificación da Virxe. O feito de que se empregue lumenesta celebración tamén e un punto de unión entre ámbalas dúas tradicións, xa que oa Igrexa denomina o lume como purificador.

Con esta fusión de elementos de culturas diferentes e afastadas vemos conclaridade que as relixións e crenzas poden ser tolerantes as unhas coas outras eadaptarse ao imaxinario popular sen que isto leve a ningún tipo de conflicto social. Nanosa terra este tipo de adaptacións leváronse tamén a cabo con lugares sagrados,pedras máxicas ou fontes milagreiras que forman hoxe en día parte da tradición cristiátipicamente galega e tamén dos países da área atlántica europea.

Historia

Milagros Torrado Cespón 75

A Candeloria: Fusión de Crenzas

Maruxiña do Porteloonte túa nai coceu,dame un cachiño de bolapola nai que te pareu.

Para boa caña Caldas,Barrantes para o bo viño,para pendangas O Grove,para bruxas Vilariño.

Miña carrapucheiriña,miña cariña de rosa,por fora coma unha santa, por dentro moi venenosa.

A muller do gaiteiriño,muller de moita fortunaporque ela ten dúas gaitas,outras non teñen ningunha.

Unha mociña que eu tiven moitas efes ela tiña:era fea, flaca, frouxa,fráxil, fatídica e fría.

Dame bicos cantos queirase bótame unha mancipapero que non se che ocurrade tocarme a mazanciña.

Pensaches que o meu corpiñoche iba a dar por te querer.Cásate meu queriditose queres mazán comer.

Que me deixaches de farto,dixeches con moita guasa.Aquel can que moito ouvíaé o que máis fame pasa.

Ti deixácheme por pobre,estou contenta, e direi:vale máis ser pobre honradoque rico de mala lei.

Por outra que era máis ricadeixácheme abandonada.Para face-las cousiñasteslle que tapa-la cara.

Esta noite hai unha fía,tamén hai unha espadela,quíteme o caldo, mi madre,que eu tamén quero ir a ela.

Ben pensei que eras máis homecando me casei contigo;para a cama, polas noites,vou ter que mercar un libro.

Por seres tan feiticeira,zalameira e bonitiña,¡Deus che aparte que nas mansti me caias, Carmeliña!

Esta noite hei de ir a vertemociña, non teñas medo,déixame a porta atrancadacunha palla de centeo.

O lagarto, sin máis ansia, toma o sol nalgún outeiro;así tamén fai o homearagán e pergiseiro.

Eu caseime no Arañocoa filla dun arañón,ela bonita non era,pobre sí, honrada non.

O cura chamoume Rosa,eu tamén lle respondín:destas Rosas, señor cura,non as hai no seu xardín.

Na testa vinche uns corniñoscando pasei ó teu lado;ten coidado, parviolo,que non che sigan medrando.

Heicho de dar queridito,heicho de dar que o teño:unha xarra de bo viñoe de millo un bo codelo.

Rescate

Carmen Hermo 77

Coplas populares, con pementa(recompilación)

“Fun vender o meu disco e vendéronme unha película”. Así comeza Fernando Truebao libro “El milagro de Candeal”, no que conta como nun barrio de favelas, dos máispobres do Brasil , chamado Candeal e pertenecente a Salvador de Bahía, o gran músicoCarlinhos Brown levou a cabo o seu proxecto. Ensinar ós máis desfavorecidos unha dasartes máis marabillosas que inventou o ser humano: os sons da música. “En Candeal,todos son músicos, sentas na rúa e escoitas tambores, do outro lado chega un saxofón,logo un berimbao, o tocadiscos ... hai bandas de nenos pequenos, de nenas, de mozos,de rapeiros, de rockeiros, de todo.”

Mentras leo esto, póñome a imaxinar todos aqueles músicos da miña aldea,agricultores, carpinteros, canteiros, … que xa hai máis de medio século, despois de vivira guerra civil e pasar aniños de fame, coa música descubriron que as súas mans servíanpara algo máis. Fartos de sufrimento e agonías descubriron que cos sons da músicatamén se podía vivir e disfrutar. Coma en toda boa banda, non podía faltar un director; élera o mestre que ensinaría a interpretar as notas musicais a calquera veciño disposto aaprender. Un douselle polos “platillos”, outro polo saxofón, a trompeta, o clarinete... Habíaque crear unha verdadeira banda de música que principalmente con instrumentos devento soase a eso: A MÚSICA.

Mozos a mozas bailaban ó son das pezas máis coñecidas do momento; eles cosseus mellores traxes de xastre e elas cos seus vestidos de costureira, escoitaban osritmos que interpretaba a banda situada á sombra dun carballo ou enriba do palco depedra : Alborada Gallega de Pascual Veiga a Marcha triunfal de Marcial de Adalid,Angelitos negros, El sitio de Zaragoza, Na terriña dos meus pais, ... Melodías queacompañadas por unhas tazas de viño de medio patacón, facían que os corpos tivesenganas de festa e movemento, bailar sen parar e cantar sen cesar, que continue a festa emañán Deus dirá: ¡Ai Manolo como te moves, nin que estiveras posuído polo mesmísimoDemo!

Imaxino aquel tempo de maio ensaiando para o comezo da tempada musical e tocarpor tódolos lugares da volta que se preciaran de ter una boa festa: Taragoña, San Ramónde Bealo, San Roquiño, Cures, Camboño, Cespón, Montañó, Noia, .... Cando unhasveces andando e outras en camión chegaban cos seus atrís e instrumentos dispostos afacer que os demais disfrutasen da festa do seu patrón. ¡Cántas anécdotas habería!, ondehaxa un grupo de homes, comida e bebida dabondo, sempre hai festa. Como aquela quevindo de Noia se lles deu por tirar foguetes dentro do camión , un deles entrou novehículo e houbo que saltar en marcha. Ou aquela que indo para Catoira polo camiñoperto do río e un dos músicos tropezou e meteu a cabeza dentro do bombo. Pero sendúbida a mellor foi cando un dos músicos que tiña os zapatos máis limpos e relucentesdo que un pode pensar, indo a tocar para Montañó e atallando polo monte arriba desúpeto empezou a dar brincos sen parar: - ¿Pero qué che pasa compañeiro? - ¡Carallocomo pican estos toxos nos pés! - ¡Ai oh!, é que os zapatos polas suelas non se ven.

Aqueles días dun forte sol de primavera cando fatigados polo traballo acudían óensaio na casa do director. Un deixaba os sons do martelo e cicel, a serra e as puntas,o sacho e o arado, por aqueles outros sons que parecía increible saisen dun mesmo, dasmesmas mans coas que un traballaba duramente a pedra, a madeira, a terra.

Sons que no ensaio se mixturaban co muxir das vacas, o ladrido dos cans, o alentocansado e suoroso dunha tarde dura de traballo do cálido maio nas leiras. Que resoaban

Arte na palabra

X. Alberte Figueiro 79

A miragre da música

por toda aldea e entraban pola fiestra ó atardeder mentras un botaba herba ás vacas,se poñía o centeo a secar, plantábase o millo, sachábanse as patacas, sulfatábanse asviñas, empezaban as cereixeiras a botar flor, e as claudideiras, e as mazanceiras, …Rúas cheas de xente, subindo e baixando cos carros cargados de gradas, sachos esementadoras. Rúas cheas de bosta das vacas que comían os primeiros cereais deprimavera. Xa se empezaba a oir os primeiros zumidos dos grilos e a aldea chea derapaces xogando á estornela, o fútbol, o trompo, o nicho, a naina; rebosaba un alborotopropio da chegada da cálida primavera: -Qué tal María, veño da leira e vinche as patacas,¡van que dá gusto velas.! -¿E as túas como van.? – ¡Boh! xa podían ir algo mellor.

-Bótalle aí unha pouca area a eses cans -¡ Non, que me van morder! -Bótalle home,faime caso, xa verás - Carallo, mira agora, non se dan desenganchado, ¡ ja, ja, ja…!

Coma no maio, da semente sempre sae froito; e da semente do millo sempre brotaun pé. Pode que dalgunha semente non brote nada, por eso en cada rego sempre hai quebotar máis dun gran, malo sexa que non saia algún. O mesmo pasou coa música no lugardonde eu me criei, alguén sementou música e brotou. Formaron unha gran banda, abanda de música de Bealo, que humildemente ían tocar onde os chamaban. Non eranxenios pero deles sí brotou a xenialidade, co seu esforzo aledaban os corazóns da xente.Hoxe, cando pasas pola casa dalgún veciño, atopas trompetas adornando o salón,clarinetes colgados da parede, saxos enriba do aparador, fotos, …. Vas pola rúa e chegasa escoitar: - Anxo, quen che comprou a trompeta. - Comprouma en Boiro meu avó. - ¿Eti sabes tocala.? - Sí, ensinoume meu avó para que cando sexa grande toque a trompetacoma él. - Ai home, mira que che son simpáticos estos rapaces de agora, falan queparecen homes.

Na miña aldea, nun tempo soaba a música por tódolos sitios, na casa de dulio deFidalgo (trombón), Manuel do Quinto (saxofón), Constante de Basilio (saxofón), Pedro deBernaldo (clarinete), José do Ferreiro (trompeta), Amador de Landeiras (clarinete), Quintode Boimazán (baixo), Juán das Rapazas (“platillos”), Agustín das Rapazas (trombón),Cecilio (gaita de fol), Santa Baia (saxofón), Constantino Fernández (bombardino), Manolode Cecilia (trompeta), Caamaño de Loimar (clarinete).

Arte na palabra

X. Alberte Figueiro80

Manolo Velo me hace llegar un ejemplar del Libro dos Exemplos, recopilatoriopóstumo de los últimos artículos de Borobó que vieron la luz. Cierro los ojos, aireo lashojas, aspiro el aroma de la obra recién impresa y me dejo llevar por los recuerdos.

Recibí las primeras referencias en torno a Borobó a través de la palabra de miquerido y recordado maestro don José Ramón Rodríguez Agrelo. El maestro elogiaba supluma, la profundidad de su pensamiento y su capacidad para hacer de La Noche el granperiódico gallego de aquellos momentos. Sucedía mediada la década de los sesenta yquien escribe era entonces estudiante de los últimos cursos de bachiller. Transcurrieronunos años y, por esos azares de la vida, conocí personalmente a Raimundo en Madrid,en su época en la Agencia Efe. Sin embargo, no sería hasta los primeros años ochentacuando se me presentase la oportunidad de departir serena y relajadamente con él y lossuyos en su casa de Trevonzos y también en el rompeolas madrileño.

Mundo -así conocen a Borobó su familia y allegados- mostraba en un primermomento el gesto circunspecto; sin embargo, salvado ese primer instante de seriedad,hacía gala de una retranca y de una sorna auténticamente celtas, envidiables. Eraobservador, reflexivo, intuitivo, ágil de pensamiento; poseía una curiosidad insaciable yestaba dotado de una memoria prodigiosa y de una conversación fluida, amena y franca.Guardo de él la imagen de un viajero con la boina calada, enfundado en su chaquetónde abrigo y con la elegancia de quien maneja el bastón con la soltura con que lo hace eldirector de orquesta con la batuta. De este modo, se perdía por los caminos, charlaba conlos paisanos, se interesaba por todo, para acabar conociendo de nuestro municipio másque nadie.

Nada era ajeno a Mundo y, así, paladeando un humeante y exquisito café ofrecidocon toda delicadeza por Carlota o por sus hijas en taza de Sargadelos sobre bandeja demadera, hemos conversado acerca de lo divino y de lo humano. Recordamos a figurashistóricas de una calidad humana irrepetible, seres, en muchos casos, empujados alruedo de la política; como Nicolás Salmerón y su gesto de dimitir como presidente de laI República a los dos meses a causa del restablecimiento de la pena de muerte, con elque estaba en desacuerdo. Recordamos al señor Trulock, el abuelo de Cela y padre delferrocarril gallego, y el vagón caravana que desplazaba a Santiago con motivo de lasfiestas del Apóstol. Recordamos a don Manolito, el médico de Cesures que viajó a Madridpara realizar sus estudios de doctorado y que ocupó su tiempo en la ejecución deexperiencias extrasensoriales de las que era sujeto pasivo el joven Ramón Valle,estudiante en Compostela1. Recordamos... Y tuve el privilegio de escuchar de sus labiosla lectura de un fragmento desternillante del Memorial de Trevonzos, entonces en procesode elaboración.

Hoy, imagino a Borobó en el Olimpo Celta departiendo con los gallegos que como élalcanzaron tal latitud. Allí, seguirá aplicando su fina ironía a los asuntos objeto de debatey se echará al camino, pertrechado como lo hacía aquí, a fin de conocer con precisiónaquellos parajes.

Hago votos para que los hados nos permitan disfrutar de su obra todavía inédita.

1Borobó documenta espléndidamente estas experiencias en El fantasma de Valle-Inclán.

Pareceres

Manuel Ríos 83

Rememorando a Borobó

Olladas

85

Juan Silva

Non sei ben en que intre da miña vida comecei a sentir interese polas cousasda nosa historia máis lonxana, polas manifestacións materiais do período máisescuro do noso pasado. Non sei cando comezou todo aquilo, pero sei con certezaque Boiro xogaría pronto un papel fundamental nesta miña paixón polaprehistoria. Cando tiña 10 anos vin pasar o verán coa miña familia en Boiro, algoque se repetiría máis de trinta veráns seguidos. Así descubrín a existencia daSerra do Barbanza, aquela cadea de montañas tras da que se metía o sol cadatardiña e que me atraía coa forza dun imán. Centos de visitas, de excursións, deacampadas ó longo de case corenta anos permitíronme coñecer ben a serra eos seus tesouros. Porque o da Barbanza non só é unha das paisaxes máisfermosas que coñezo, senón que –e aquí reaparece a miña vella afección polaprehistoria- estas terras son un dos lugares máis ricos en restos arqueolóxicos detoda Galicia: castros, calzadas romanas, sepulcros megalíticos e unha grancantidade de gravados rupestres aparecen espallados polas chairas ermas daserra e polas súas empinadas ladeiras. Boiro foi para min unha especie deparaíso particular e mítico, un territorio un pouco meu que sentín e sigo a sentircomo propio, e Boiro aparece sempre aínda hoxe nas miñas lembranzasrelacionado coas cousas da prehistoria.

Lembro unha visita co meu pai e co mestre Borobó ó castro de Neixón nunhafermosa tarde de verán. Alguén nos tiña comentado que alí estaban a traballaruns arqueólogos da Universidade e decidimos visitalos. Foi a primeira vez namiña vida que visitei unha excavación arqueolóxica “in situ”. Os profesores AcuñaCastroviejo e Caamaño Gesto recibíronnos con amabilidade e déronnos todo tipode explicacións. Moitos anos despois, a preparación do libro “Arte rupestre doBarbanza” volveume proporcionar a ocasión de percorrer as terras da serra doBarbanza e todo o territorio boirense, de visitar os petroglifos coñecidos de vello,os fermosos gravados circulares da zona de Loxo, os da parroquia de Cespón, osde Bealo, e de descubrir outros ata daquela descoñecidos.

Nos últimos anos temos atopado novos conxuntos rupestres que aíndapermanecen sen publicar. Un dos máis espectaculares, formado por numerososconxuntos de círculos concéntricos, está situado no alto da serra, nunha altitudeinusual para este tipo vestigios prehistóricos, o que lle confire un especial valor.Interesante é tamén, por poñer un exemplo de outro tipo de gravados, o conxuntode signos cruciformes de orixe medieval ou moderna situado en Rebordelo, moipreto de Barraña. Son só dous exemplos dos novos gravados rupestresrecentemente atopados por nós en Boiro e non teño a máis mínima dúbida deque no futuro aparecerán novos petroglifos en calquera lugar deste municipio, undos máis ricos en patrimonio arqueolóxico de toda Galicia.

Os boirenses poden sentirse orgullosos de moitas cousas: das súas praias,das súas paisaxes, da súa gastronomía, das súas festas, pero tamén do seu

Pareceres

Xoán Guitián 87

O engado do pasado

patrimonio cultural, etnográfico e, como non, arqueolóxico. Pero ese privilexio dosboirenses leva emparelladas tamén certas obrigas: protexer, conservar e poñeren valor ese patrimonio é un deber de tódolos habitantes deste concello, e nonsó das súas autoridades municipais. O respecto pola historia e o nivel deconservación do patrimonio son indicadores moi significativos do grao deprogreso dun pobo, e o pobo de Boiro é, sen dúbida, un pobo que progresa.Explicarlle a importancia do patrimonio ós nenos e mozos, difundir a súaexistencia entre os visitantes, colaborar na súa defensa, son laboresfundamentais nas que tódolos boirenses poden e deben botar unha man.

O patrimonio arqueolóxico, xunto co resto do patrimonio cultural, pode serademais unha importante fonte de riqueza e cada día que pasa o turismo cultural,un turismo culto e respectuoso co medio, adquire un maior peso en todo o mundo.Boiro ten no seu patrimonio un enorme potencial turístico, pero é necesario queentre todos saibamos coidalo e difundilo, que todos botemos unha man.

E digo “botemos” porque, se mo permiten os veciños, eu tamén son un poucoboirense. Débolle moito a Boiro; teño con esta vila unha débeda impagable econsidérome, se mo permiten os veciños, un pouco boirense. As lembranzas deonte, os amigos de hoxe, a atracción da paisaxe e o engado misterioso do pasadoremoto conforman un vencello invisible pero poderoso que resiste inalterable opaso do tempo.

Pareceres

Xoán Guitián88

Andy Freire, en su último libro Pasión por emprender, recoge unaexpresión de Peter Drucker, en que dice: “Por una idea pago 5 céntimos; poruna implementación*, ¡pago una fortuna!”.

Las ideas son importantes, muy importantes; pero la idea sola, sin más,no llega a tomar forma, a tener vida: es necesario que se concrete, que seaeficiente, útil; en realidad, la implementación es “cómo hacer válido el qué”. Deniños -también de adultos- todos hemos tenido alguna idea, alguna“ocurrencia” para resolver algo imprevisto (o previsto) y nos han felicitado porello, ya que servía para solventar algún problema o situación no esperada.Pero esa misma idea, aunque primigenia si se quiere, exigía una logística: laidea era importante pero también el cómo ser aplicada. De otra manera, nadaresolvería.

El mundo de las grandes ideas y realizaciones, sobre todo hoy, requierealgo más, mucho más, tanto en las ciencias –incluída la tecnología- como enlas humanidades. Nada con cierta entidad y repercusión puede improvisarse.En el fondo todos tenemos unos datos, un conocimiento, información de algo:quizá unas impresiones adquiridas en los primeros años de la vida, enmuchas ocasiones potenciadas por el propio código genético, que nos dotanpara la observación y el pragmatismo. En la infancia, de manera especial, sefijan y adhieren a nosotros multitud de sensaciones, de huellas, de impactosde la más diversa índole que ya nunca nos dejarán y además condicionaránnuestra existencia, configurando así la propia personalidad, nuestro carácter,para bien o para mal. Sería éste el momento, posiblemente, de estudiar yaplicar el sistema pedagógico y educativo más idóneo y efectivo: un plan deenseñanza sensato y racional (escuela y familia) para el recto desarrollo dela inteligencia y la imaginación, potenciando las facultades innatas, ajenas ainterferencias deformes e interesadas.

Las buenas ideas y su método de aplicación están siempre en la mentedel hombre y de la mujer emprendedores; con ellos no cabe la ensoñación, lafantasía estéril y vacía. Son visionarios en el mejor sentido de la palabra: suimaginación y creatividad son fecundas y su sentido pragmático están plenosde energía, de eficiencia y realismo; sus mentes están activas en todomomento, incluso en sus ocios y en su descanso; son creadores impenitentes

Pareceres

Deire 91

Las ideas y los hechos

–y perdóneseme el término–, de ellos fluyen las ideas, de ellos fluye la

manera de llevarlas a la práctica; de ellos, también, nacen los proyectos, la

fuerza para darles vida; de ellos, en fin, nacen las empresas, la puesta en

práctica de lo imaginado ayer y materializado hoy. Y de ellos vive y progresa

la sociedad en su conjunto. Recuerdo, como pequeño ejemplo, aquel hombre

dedicado a la ingeniería aeronáutica que fue capaz de idear y dar vida a un

útil doméstico, tan humilde y sencillo como la popular fregona: el qué y el

cómo se unieron, haciendo felices a cuantas personas se dedicaban a las

labores domésticas, convirtiendo en millonario a un hombre dedicado a otra

cosa bien distinta.

Necesitamos ideas y cómo saber llevarlas a la práctica. Es necesario

materializar, concretar, lo que creemos que puede ser útil a los demás y a

nosotros mismos. Seguidamente, acometer la empresa, poner esfuerzo,

trabajo e ilusión en lo que llevamos “in mente”, con la constancia y la fe de que

seamos capaces para poder llegar a la meta, que nos espera con los brazos

abiertos, ansiosa de premiar nuestro esfuerzo, nuestra tenacidad.

En nuestra Galicia, y en concreto en nuestras tierras del Barbanza,

abundan ejemplos magníficos de emprendedores, de empresarios

inteligentes, con valor e ilusión, que ofrecen trabajo y oportunidades a las

familias y a la sociedad en la que estamos insertos, y que un día creyeron en

sus ideas y en su concreción final.Yo invitaría a todos y de manera especial a

las instituciones, a nuestros profesores y educadores, a que “empujaran”

juntos, sumando fuerzas, para lograr que nuestro país y nuestra comarca se

significaran mucho más en esta dirección, única manera de ser eficaces y

progresistas en el mejor sentido del término. Más que nunca, necesitamos

creadores y emprendedores; necesitamos saber cómo estimular la creación

de ideas, y cómo llevarlas a la praxis:

EL QUÉ y EL CÓMO,

“he ahí la cuestión”.

*-Según la RAE, IMPLEMENTAR es “Instituir o poner en funcionamiento métodos, mecanismos o

medidas para llevar algo a cabo”.

Pareceres

Deire92

No ano 1924, José Lourenzo Ribadulla e a súa muller, Rita Miranda, seguramentedebatían sobre o destino duns aforros que ela pretendía foran para comprar unha fincade 80 ferrados anexa á súa casa da Charola, en Cespón, que xa tiña unha superficie de120 ferrados. Mentres que o seu home defendía a idea de construír un barco de cargapara dedicarse ao transporte de mercadorías. Seguramente a Rita, pese a non saíradiante a súa idea, lle encantou que o Balandro que mandou construír Xosé levara onome de CHAROLA en honor a casa onde ela nacera e onde vivían os dous.

Así foi como nese mesmo ano 1924José lle encarga a dous mozos ben novos,José Forján do Freixo e Manuel Places doChazo, a construcción dun balandro dedous paos que sería construído en Pedrade Sar, lugar de Cespón. Os carballosempregados no barco procedían dacarballeira da finca da Charola. Tanto paraForján como para Places, esta etapa dasúa vida foi determinante: durante aconstrucción deste balandro, coñecerían adúas mozas do lugar das que senamoraron e coas que máis tardecasarían. Tamén foi vital profesionalmente

para ámbolos dous pois a construcción deste navío supuxo un desafío onde poñer enpráctica os seus coñecementos: era este o primeiro traballo onde os mozos facían demestres e seguramente as diferencias nas técnicas constructivas de dúas escolas decarpinteiros como foron o Chazo, en Boiro, e o Freixo, na Serra de Outes, deron ó trastecoa sociedade e o navío foi rematado por Manuel Places. Os dous chegaron a sergrandes mestres e desenvolveron a súa actividade en ámbalas dúas marxes do ríoBeluso, onde tiñan os seus estaleiros. Quizáis Manuel Places estea máis presente namemoria colectiva do pobo por construír no ano 1959 o famoso buque de cabotaxe LABELLA OTERO con 33 m. de eslora, 7,5 m. de manga e 350 tm. de desprazamento, aíndaque as páxinas máis destacadas da construcción naval en Boiro foron escritas no Chazopolo gran mestre Francisco Places Fernández, pai de Manuel.

O CHAROLA foi inscrito no rexistro co folio 300 da 20 lista de Vilagarcía, como unbalandro de dous paos de 14,50 m. de eslora, 4,80 m.de manga, 1,53 m. de puntal e25,31 toneladas de rexistro bruto. Con propulsión a vela, desprazaba en máxima carga 63tm.e tiña unha capacidade de carga baixo cuberta de 44 tm.

Ricardo Herbón, armador e veciño de Cespón, faloume de D. José María MirandaGarcía que foi membro da tripulación do CHAROLA e que, ós seus 83 anos, contaemocionado as fazañas deste navío patroneado por Juan Lorenzo Miranda (Juan daCharola), fillo de Xosé e Rita, quen, coas súas habilidades, facía que o barco se recordaraaló polos anos corenta e principios dos cincuenta como o máis veloz e intrépido dacomarca. Aínda que esto tiña os seus riscos, como aconteceu un martes de carnaval en

Historia

Gerardo Triñanes 95

Ao balandro charola

San Vicente do Mar, onde por pouco non o contan ó regresar de levar un cargamento deladrillos e volver, seguramente, cun cargamento de algunha copa de máis que se saldoucoa rotura do temón e algún que outro bordo e, por suposto, unha boa rifa do armador.

Dedicábase ó transporte de pinos, ladrillo, adoquín e cemento. Os fretes, ás vecesde máis de corenta toneladas, eran entre portos como Moaña, Corcubión, Bueu,Pontevedra, Marín e Vigo, entre outros. O primeiro libro de pago de salarios da “CajaNacional”, que data do ano 1934 e ata o ano 1954, ano no que o buque cambiou de dono,pon de manifesto o interese do armador por cumprir as normativas laborais. Así, aparecenno mesmo ano ata seis tripulantes enrolados e despachados correctamente e, aínda quepasou por períodos de inactividade, os anos 1936, 1937 e 1938 foron os de menosactividade rexistrada o cal resulta lóxico, tendo en conta a circunstancia da guerra.

Comparativamente, resultan curiosos os excesivos gastos de despacho dos anoscorenta e cincuenta; por exemplo, no ano 1951, un gasto de despacho en Corcubióncustou 263,62 ptas. Con epígrafes tan sorprendentes como “derechos obvencionales desalida y de entrada”, o documento non ten desperdicio e pon de manifesto os abusivosimpostos do réxime cheos de vericuetos legalistas. Pero o que realmente sorprende, eraque os custes de despacho anotados no libro de gastos de abordo eran superiores ósrealmente pagados, o cal pon de manifesto as prácticas de suborno obrigado, que enmoitos casos eran da mesma contía que o propio despacho.

No ano 1954, o Charola foi vendido a D.Gumersindo Paz Aznar. Ó sacar este dato dafolla de asento, non deixo de recoñecer que ten miga o dos apelidos deste veciño deVilagarcía, que lle instalou un motor de 34 cv. da Marca Womag.

No ano 1959 pasou a ser propiedade de D. Guillermo Besada Bravo, veciño do Grovequen o dá de baixa na inscrición marítima para convertelo en viveiro flotante demexilloeiras co folio 73 do distrito do Grove co nome de MANOLITO.

En fin, para un descendente dosmarabillosos clippers, non sei se sería un bofinal, pero se temos en conta que contribuíu ódespuntar dun dos sectores máis importantede Galicia, quedámonos un pouco máisaliviados.

Quero agradecer a Pepe Toucedo,amante do mar e das embarcaciónstradicionais, dono dunha fermosa dorna queadorna a praia da Ladeira no Chazo, quenme acercou a esta preciosa historia queiniciou seu bisavó e da que se garda algunhadocumentación e a cuncha coa que setocaba o corno no CHAROLA nos días deneboeiro. En Pedra de Sar aínda cheira aalquitrán e se nos esforzamos un pouco, nonserá difícil imaxinar o bater dos calafates e asdiscusións porque a fasquía do CHAROLAfora a mellor da ría.

Historia

Gerardo Triñanes96

Vestidos cos traxes dodomingo e paseando estaban ossorrisos pechados de falta deprivilexios, fartos de necesidade,nas faces dos cinco xoves. Veseben a ledicia dos anos mozosque oculta os estómagosbaleiros e as horas inexistentesde sono, empregadas nas eiras eno ir e vir manual de pedras paraos valados. Ese era un día defesta, deses nos que as penas sedisolven, ou polo menos, seocultan baixo a man cálida doscántaros de viño brancomesturados cos grolos de caña,que axudan a manter distendidasconversas coas mozas máisfeitas da aldea, e tamén co seusinuoso baile de pernas e brazos

firmes,ergueitos, ao son da pandeireta e da gaita galega. Aquí os soños naprocura de mellores recunchos americanos onde ter de seu non teñen cabida eforza algunha para entorpecer as ganas de gozar.

E as beatas seguían o seu camiño coma en ano santo tras o rastro deXesucristo, co rosario na man e a mala lingua na outra, porque puido ter sido avoda de Pedriño, -compañeiro dos fotografados-, e sempre había qué comentar,sen se decataren do anónimo da súa presenza nese retrato de xuventude e ruídode tripas, deseñando o fondo de estudio dun recordo plasmado en papel,interesante polo sinxelo das formas.

O home do medio ben podía chamarse Amaro, que entre os mozos, xasemella ser un deles. Unha xeración de alumnos co mestre orgulloso, que puidoser un bo home que moito gardou na súa cachola para ensinarlles leccións útiles.Todos gozan do momento que logo, talvez, nunca se volveu repetir: ao mestrefusilárono cando a República rematou en ditadura, Manolo “o Curto”, á dereitainferior da imaxe, morreu de gangrena en Madrid por unha ferida de fusil nun pé;Paco o do Pazo, á esquerda, cambiou de bando cando estalou a guerra; Afrodisio,á dereita do mestre, veu partir o barco cara ás Américas e non volveu; mentresXoanciño encabezou o elenco de covardes cheos de remorsos que calou a bocae finxiu non ver...

Imaxinario

Ana Redondo 99

Olladas

101

Dani Torrado

Santo Andrés de Cures. Ao pé do adro

Neste verán de 2005,cando o lector teña nas súasmans estas páxinas e estea apiques de desfrutar novamentedas festas boirenses,desenvolverase, por terceiroano consecutivo, na Punta deNeixón (parroquia de S. Vicenzode Cespón) un campo detraballo arqueolóxico pararapaces procedentes de todo oEstado Español. Esta iniciativainsírese no marco dun conveniofirmado entre a Dirección Xeralde Xuventude da Xunta deGalicia, o Concello de Boiro e mailo Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC-Xunta de Galicia) co gallo de promocionar e acadar un mellor coñecemento histórico doespazo arqueolóxico dos Castros de Neixón, un dos bens patrimoniais máis importantesda península do Barbanza.

Este espazo constitúe un referente para a arqueoloxía galega, xa que foi obxecto deescavacións na década de 1920 e serviu de base para a elaboración dunha interpetaciónglobal da cultura castrexa por parte de F. López Cuevillas, arqueólogo senlleiro daalcumada Xeración Nós. Nembargantes, cómpre subliñar que os Castros de Neixón nonson só un monumento, senón que tamén artellan todo un espazo social, convertíndosenun referente na paisaxe rural e mariñeira tradicional da zona, cun rico folklore asociado,así coma un espazo simbólico no que ten lugar cada mes de agosto a sonada Romaríade Neixón, de indubidable interese turístico.

Neste contexto, as escavacións realizadas nos dous anos precedentes, centráronseno Castro Grande, un poboado fortificado do que se pensaba que fora construído ehabitado trala conquista romana do NW da Península Ibérica, cara o cambio de era. Osnovos datos fornecidos polas intervencións arqueolóxicas fannos saber que,contrariamente a aquela hipótese, este castro ergueuse cara ó século V a. C., coma unhaampliación do veciño Castro Pequeno (á súa vez un dos castros máis antigos de Galicia)dotándose dun imponente sistema defensivo delimitado por un foxo escavado na rochade ata 3 m de profundidade. O poboado tiña dúas entradas orixinais, unha orientada carao nacente e outra cara ó poñente do sol, seguindo unha planificación previa dotadadalgún significado simbólico.

Este poboado funcionaría coma un enclave de grande importancia na zona, xa quecontaba cun óptimo emprazamento, con áreas boas para fondeadeiro de embarcacións,e próximo ós recursos mineiros (cobre e estaño). Neste senso, o Castro Grande formabaparte dunha rede de asentamentos (O Achadizo en Cabo da Cruz, o castro de Alobre enVilagarcía ou castro das Torres do Oeste en Catoira) que controlaban a ría de Arousa emaila desembocadura do río Ulla, navegable en boa parte do seu tramo naquela época,

Historia

Xurxo M. Ayán Vila 103

As recentes escavacións arqueolóxicas no Castro Grande de Neixón

e que servía de vía de comunicación natural cara o centro de Galicia. Como evidencia dasrelacións comerciais mantidas nos séculos IV-III a. C. con zonas do Mediterráneo,atopamos anacos de cerámicas púnicas e ibéricas, feitas a torno e, en ocasións, conrestos de decoracións pintadas.

O ano pasado tivémo-la sorte de escavar un tramo do foxo defensivo no quelocalizamos un vertedoiro no que se documentan materiais cerámicos, cunchas demoluscos (ostras, lapas, mexilóns, ameixas e caramuxos), o enmangue dunha navallafeito en hasta de cervo, fragmentos de bronce (plaquiñas e remaches, a cabeza dunhaagulla) e fragmentos de ósos de vaca, porco e parte do esqueleto dun can, que poderíaestar relacionado cun posible enterramento. Polo demáis, sabemos que coa chegada dosromanos o castro foi sometido a unha importante remodelación urbanística, mantendo asúa importancia no comercio marítimo, como o amosan a grande cantidade defragmentos de ánforas romanas atopados, que contiñan viño e aceite procedentes daactual Andalucía.

O abandono do castro produciuse cara os século IV-V d. C. polo que podemos afirmarque este asentamento estivo ocupado durante todo un milenio, o que remarca o carácterexcepcional deste xacemento arqueolóxico. No marco deste proxecto, realizáronse taméndúas actividades para aportar máis información ós interesados neste xacemneto boirense.Por unha banda, organizamos unha exposición no Centro Arqueolóxico do Barbanza paraamosar os materiais orixinais recollidos nas escavacións, aberta durante todo este verán,e, por outra banda, a editorial Toxosoutos publicou un volume monográfico, coordinado pornós, sobre Os Castros de Neixón, no que se recollen os resultados provisionais desteproxecto arqueolóxico. Animámosvos dende aquí a compartir este verán o pasado deBoiro, visitando a Punta de Neixón e as escavacións arqueolóxicas. Seredes ben recibidos(o que queira traballar en vez de ir á praia, tamén pode).

Historia

Xurxo M. Ayán Vila104

– Sí, si, aquí temos un fermoso edificio de nove plantas, recén construído, con todo tipode comodidades e cunhas vistas inmellorables. – E, ¿non hai algo cun pouco máis depouso?. – Home, por exemplo, a igrexa de Santa Baia. Pero, a verdade é que non creo quelle interesen unhas casas que hai na parte de abaixo, xunto ao Breiro; algunhas estánmedio derruídas, outras co paso do tempo foron quedando obsoletas… os camiños sonestreitos… Pero se quere podemos ir a velo, chámanlle o Boiro vello.

O viaxeiro e o paisano percorren dende Cimadevila algúns tramos do vello camiño realque baixa serpenteando cara ó río. Ó longo da camiñata xurden, apiñándose pormomentos, as edificacións; mestúranse casas antigas, mostra da arquitectura populartradicional, con outras reformadas ó estilo “moderno” ou con vivendas de novaconstrucción. Os valados de pedra pechan partes do percorrido debuxando en ocasiónsportas de acceso ás casas. Noutros casos son hortas e leiras as que delimitan o camiño;aínda se observa certa actividade agraria e modos de vida tradicional. Seguen a cultivarsepatacas, trabállanse as hortas, as vides agroman con forza e nos currais das casas máisligadas ó campo cantan galiñas e capóns.

A medida que os camiñantes avanzan, o son da auga vaise facendo máis presente: áman esquerda queda a fermosa Casa Grande de Bandaorrío co seu hórreo de seis tramose xa ó outro lado, na Boliña, aparece o Campo de Revelar. Aquí confórmase unha prazacon cruceiro, fonte e lavadoiro que xunto coa vexetación de ribeira crea un espacio degrande beleza. É lugar de boas condicións para o lecer, a reunión, a vida social, funciónque, por outra banda, ven cumprindo dende hai moitos anos. Xa na subida ata San, sobreo valado de pedra, chama moito a atención un cruceiro con restos de policromía queconstitúe un interesante exemplar dentro deste tipo de manifestación artística tan presenteen Galiza.

O viaxeiro reflexiona e pregúntase porqué este espacio queda un pouco á marxe dodesenvolvemento territorial que tivo Boiro en torno á nova estrada, e xa nos últimos anos,en torno á Avenida da Constitución.

É importante saber se nós como habitantes, nos preguntamos a nós mesmos sobre asposibilidades destes sitios ou sobre a súa importancia cultural, económica oumedioambiental, como parte do patrimonio común. ¿Hai algo mellor para reflexar quénsomos como seres humanos e como colectividade que os lugares onde vivimos? Entre asvivencias persoais máis gratificantes e enriquecedoras que tiven, está unha acontecida dunxeito inesperado, cando cedín para unha exposición uns zoquiños mercados polo meu avónunha feira, alá a fins dos 60, e que eu calzara de moi cativo, tanto que xa non melembraba. Unha das persoas que foi á exposición quedou moi impresionada, porque era aprimeira vez que vía uns zocos tan pequenos e porque conservaban aínda restos de terrapegados. Aquela persoa fixo que, de súpeto, caera na conta de que aqueles pequenoszocos decían máis de min que tódalas palabras do mundo xuntas.

Aínda se está a tempo de recuperar espacios como o visitado polo viaxeiro, conmedidas especiais de protección, rehabilitando ou adaptando edificacións einfraestructuras ós novos tempos, sen deixar que desapareza ese pouso que lle dá ás vilase pobos, neste caso a Boiro, unha identidade propia que o diferencia dos demáis.

Decir, finalmente, que o viaxeiro é un amigo de Boiro. Alí séntese coma na casa, unmáis do lugar.

Boas Festas.

Pareceres

X. M. Fandiño 107

O Boiro vello

Tamén Nietzsche falaba de Euterpe cando nos dixo que “sen a música, a vidasería un erro”, pois se en verdade se referise á música é non á musa, comoegrexio pensador, cumio da filosofía decimonónica, cando menos, ate as súasobras finais, estaría avisado da contraditio que comporta cualificar de “erro” á vidasen aquela, porque a música non só debería estar presente nela para que estanon sexa unha terríbel equivocación, senón que é a vida mesma: xa temos sabidoque no acariñar do vento nas pólas dos rumorosos pódense distinguir as setenotas musicais, ao igual que no bramar das ondas na costa de Nerium ou nossuspiros dos amantes sobre os trevos gastados da medianoite; e mesmo nosilandeiro deserto das ausencias se escoitan nidios todos os sons da vida. Pornon falar do invencíbel silencio do canto das sereas que esborralla o corazón dosmariñeiros, como me lembrara George Steiner. O que Nietzsche quere dicir coasúa expresión metonímica é o que eu corroboro cada atardecer no campo daromaría de San Ramón de Bealo, cando Euterpe asiste co seu clarinete ao únicopalco de pedra que se conserva no Concello de Boiro, transportado ereconstruído dende as raíces da acacia que agromara nos seus cimentos, e quetralo traslado non soubo senón morrer. Pero entón a musa non pode facer soar oinstrumento máxico, espertar a luz, revivir o tempo, porque no afán das eivas daconservanción deconstructiva do pasado, os agora tamén ausentes arquitectosesquecéronse do teito e do espazo no templo da musa: o espazo no que colleseo seu coro, e o teito que a protexese das bágoas de Tlaloc, Huya, Chac, Frey eZeus. Que os deuses os perdoen. Se queren.

Imaxinario

Alberto Piñeiro 109

Euterpe

Mil raios de sol que firenas mansas ondas cristaíñas,e n’a veiriña d’o maracurrucadas en fila,están soñando c’o ceoas gaivotas dormidas.

Xoga o vento agarimoson’os campos de maizales.

Murmuran as fontes como si choraran,e as augas que baixanlevan romoresde gaitas e alalaes.

E na vilaestá a campana tocando.¡É tan pura a mañán!¡É tan branca!cas brumas se desfán coma crespón de prata.

Lonxe xa se escoitad’un paxariño o cantoe antre bicos d’armoníaBARRAÑA vai despertando.

Poema publicado na revista das festas 1963

Rescate

Custodia Cabo / Fotos: Tina Dieste 111

Amencer en Barraña

Olladas

113

Alberto García

A festa é para a sociedade un actolúdico, un momento de lecer, onde seesquecen traballos e problemas, paradar saída ós sentimentos máisoptimistas e xenerosos que alberga oser humano. Ó longo dos séculos ohome botou man da festa para celebrarun encontro, unha victoria sobre os seusinimigos ou un éxito persoal, ademaisdoutras razóns. Un banquete ó redor dofogar ía sempre acompañado, ademais das mellores viandas, por boa música ou os mellorestitiriteiros. Istes instantes sempre foron acompañados dun algo espiritual, coma se o mantoprotector deste ou aquel deus dominase a asamblea. Na mesa principal sempre había un bancoreservado para a autoridade espiritual, tanto é así que, co paso do tempo, as festas locais foronderivando cara á devoción ou advocación dalgún santo, pasando a ser a igrexa a única xestorae convocadora do momento de lecer, do intre lúdico, dictando e impoñendo as condicións polasque este tiña que camiñar. Ó mesmo tempo foi a gran beneficiada destas festas, pois a sinceradevoción dos romeiros ía acompañada da entrega de exvotos, pago polos favores recibidos quesupoñían para as igrexas unha importante fonte de ingresos.

Hoxe aínda existen festas onde acuden multitude de romeiros á busca dos favores dosseus santos milagreiros, caso, por exemplo, dos Miragres de Amil. No caso do Concello deBoiro, as romarías máis tradicionais e importantes perviven nas parroquias de Bealo,Abanqueiro e Lampón, ista última coa súa romaría de S. Mauro; aínda que tamén xurdironoutras novas, coma a de Neixón, ó abeiro dun neopaganismo laicísta que invoca a volta aunhas raíces metade folklóricas, metade nacionalistas. Amén destas romarías atopámonos coque nalgunhas parroquias supón a festa grande, a do patrón. S. Cristovo d’Abanqueiro, S.Pedrode Bealo, Santiago de Lampón, S. Andrés de Cures, e mesmo tamén poderíamos incluir a festado Carme, na parroquia do Castro.

Caso aparte supón a fregresía de Cespón. A súa tradición máis arcana foi a celebraciónda festa dos Ánxos, coincidindo co día da Nosa Señora, en agosto. Pero dun tempo acá, trasun acordo unánime, o arco festivo, a parte do seu patrón, abarca a todos os santos de devociónda parroquia.

As romarías de máis sona no Concello de Boiro, son a de S. Ramón de Bealo e a da Virxede Exipto. En Bealo atopámonos co santo que protexe as mulleres preñadas ou aqueloutrasque perseguen a fertilidade. É sen dúbida a romaría máis populosa e aquela onde as raícesestán fortemente arraigadas no sentir do pobo, por iso a súa continuidade inalterable, e por isoese bulir de alegría, ese constante trafego de romeiros coas viandas ó lombo na procura domellor pino que o garde da inclemencia do sol durante o xantar e a sesta. A pesar do cambiodos tempos, a pesar de que hoxe nos atopamos cos vehículos particulares dentro do círculo daromaría, a de S. Ramón mantén ese ambiente lúdico e espiritual que fixo dela a culminación, afin de festas do verán boirense.

Pola súa banda a romaría de Exipto, co seu século de existencia, pasou por unha serie devicisitudes que estiveron a piques de facer desaparecer tanto a romaría como a festa en si.Feita a capela que dá nome ó lugar baixo a advocación da Virxe Peregrina, a romaría surdeuen torno ós círculos da emigración, é dicir, en torno ó propio sentir do desarraigamento do pobogalego. Con todo, e a diferencia de S. Ramón, en torno á capela naceu un pobo e unhamentalidade distinta e a romaría converteuse nunha festa doméstica e familiar, apagándose aospoucos o lume que no seu momento acendeu a romaría, ata desaparecer esta e quedarsoamente a festa. Duns anos acá un grupo de veciños, na maioría mozos, tentaron recuperala,e hoxe, despois de moita loita e sacrificios, parece que quere abandoar o seu andar vacilante.

Pareceres

Juan N. Suárez Lijó (Nepo) 115

As outras festas de Boiro

En primeiro lugar quixera recordarlle ás persoas maiores do noso municipio, nestes días defesta, o inicio da formación dunha banda de música, fai agora cen anos, na aldea de Bealo. Ébastante insólito, non tanto polo feito en sí como polas circunstancias en que se produciu. Óprincipio non eran moitos pero chegaron a ser coñecidos e respectados na comarca. Isto danospé a preguntarnos: ¿Qué pasou coas bandas populares de música nestes últimos anos? Éverdade que non desapareceron todas e hai bandas moi ben equipadas, con instrumentos moiperfeccionados e músicos formados nos conservatorios. Debemos congratularnos. Pero ¿é asíen tódolos municipios? Tamén é verdade que non todos son iguais, uns son máis grandes caoutros, pero eu creo que o beneficio que reporta unha banda de música para a formación da nosamocedade e para a conservación da nosa cultura mereceo todo. Eu coido que é cuestión deplanificación.

Nos tempos pasados os veciños vivían do cultivo das terras, e as reunións para facer músicanunha banda despois das faenas agrícolas era algo moi reconfortante. Era agradable ensaiaraquelas pezas musicais de moda, non só as muiñeiras ou pasodobles senón tamén outrosbailables e aquelas seleccións de zarzuelas instrumentadas que repetían tódalas bandas. Taménanimaban moito as saídas a tocar polas parroquias veciñas os días de festa. Iso foise acabandopouco a pouco; primeiro pola emigración e despois polo abandono dos labores agrícolas paraentrar a traballar nas fábricas. Pero penso que aínda hai algo máis. A proliferación dos aparatosde reproducción que tanto beneficiaron a expansión das grandes creacións musicais pero que anivel popular provocou que a xente se afixera á música en conserva e aleccionara noutra músicaque xa non era a nosa. Dende entón non se oíu nunca máis cantar unha moza apañando herba.

Deciamos que era cuestión de planificación e penso que a música meréceo. Os municipiosterían que facilitar a formación musical á mocedade chegando a acordos cos conservatorios pararecibi-las clases sen trasladarse do municipio, porque iso vai en prexuízo das persoas que nonpoden facelo.

Sería moi importante que se tivese en conta que a música, aínda que só se practique comounha disciplina artística, formativa e interesante, a nivel profesional é unha carreira longa e debeempezarse de moi novo. A formación dunha banda nun municipio ten moitas facetas a ter enconta, empezando polas autoridades e rematando pola concienciación dos pais dos educandos.Os concelleiros de cultura non poden esquecer que se trata de algo a perdurar, e que éindispensable crear canteira e manter o máis posible nos seus postos ós músicos formados. Peropara iso ten que haber incentivos. Habería que empezar por fomentar as actuacións remuneradasnas festas das parroquias como se fai coas orquestras de baile. Non ten porque ser menosinteresante a actuación dunha banda que a dunha orquestra de baile. Ademais ámbalas dúasteñen funcións distintas. Unha actividade que leva tanto tempo, na que se ven involucradas asfamilias na compra de instrumentos e que debe perdurar, non se pode abandoar á súa sorte.

Outra cousa tamén é fomenta-lo interese por aqueles instrumentos pesados ou que llesparece a algúns que hai que soprar moito: baixos e bombardinos, e tamén o bombo ou os timbais,que deben ser mercados polo municipio porque son indispensables e tamén caros. En canto ósmetais; dous ou tres baixos e bombardinos son necesarios, a parte dos metais de menor tamaño.

Recuperémo-las bandas populares, porque axudarannos a recupera-lo noso patrimoniomusical, que é tanto como decir a nosa cultura. Pero iso terá que ser a través das concelleríasde cultura; apoiando o estudio do solfeo e dos diversos instrumentos no conservatorio eincentivando ós alumnos para que cada día sexan mellores profesionais e, ó tempo, activando acomposición de música para banda sobre temas folclóricos que nos conforte e dignifique a todos.

E sen que se ofenda a xuventude, que non teño nada na súa contra. Sería moito de desexarque baixaran algo os decibelios as orquestras porque parece que estamos coma Orfeo nosinfernos, parodiando o título da obra de Offenbach pero non a súa música, que admiro e respectoprofundamente.

Pareceres

José R. España 117

As Bandas Populares de Música

Hai unha artesanía de amor en facer unperiquito con graza. Manchea de lixeirahabelencia, ven se-la arte dunha nai oudunha avoa agarimosa, que, volta avolta do cabo vivo, resolve un nóefémero, quizás metáfora da propiavida. Tamén hai un don natural en saberlevalo, mesmo coa inocencia dainfancia; por exemplo, cun sorrisofesteiro e luminoso, lucindo vestidofeituco bordado en sombras eabeirando ó avó certa calma no bulirinfantil, propiciada sen dúbida polosombreiro e a boneca acabados decomprar e polas esixencias inevitablesdo fotógrafo.

Artesanía de amor, como a propia das grandes mans do home vello, ennegrecidas edeformes polas fauces do traballo, quen sabe se en alleos países. Bandeiras da propiadignidade, veñen se-la patria persoal afeita a loitar dende os irreverentes tempos dapenuria. E velaí a súa máis prezada obra: a fráxil fermosura da nena, da netiña da casa,quen, quizás na súa vellez aínda lonxe e vendo esta fotografía, saberá recoñece-la liñaxefamiliar, materializada nese mirar de ámbolos dous que tanto se imita.

A festa enmarca as historias do tempo e cesura a súa duración. Festa grande conarrecendo a rosquillas e a santos de fariña e azucre moreno baixo as sombras dospradairos. Arredor de avó e neta encárnase un murmurio de xentes que se atopan, quese despiden, que falan, que rin, que, en definitiva, viven. Máis atrás, levados da lenesinfonía da follaxe, os músicos anticipan concerto ou baile agardando o intre exacto depulsa-las primeiras notas. E o balbordo final, o que dará paso á noite acesa con lámpadasde cores e barquiñas voadoras, con pasodobres de sempre e algún fox slow de moda,será eco reiterado que ha presidir nos vindeiros días as falas de mecánicos e mozos dealmacén, de costureiras e aprendizas, e mesmo dalgunha señorita bien.

Intre exacto de tempo estanco no branco e negro dos cincuenta, conxelado ó sol depoñente e que permanece nas mans de quen o mira, posiblemente a nena de entón, hoxemuller madura. Pero naquel momento a festa era a neta e o seu avó, o mirar confiado efeliz da nena e aqueloutro sosegado pola experiencia dunha vida xa feita; as mans ocultasque sosteñen o xogo baixo a saia imperial e aqueloutras de terra e fume que construíronun fogar xa renovado.

Anos tamén de bicicletas, ó pé da sombra ou pé en terra, aterezo indispensable daquelescenario. Nos seus radios trenzáronse os camiños do futuro, con vento en pedaladas,derradeiros periquitos dun pasado esvaradío, que permanece abeirado ó noso tempoentre vellas fotografías e un algo de memoria.

Imaxinario

F.R. Lavandeira 119