SP SOC MOD 1 UNID 41.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica dedicaránselle o...

43
Educación secundaria para persoas adultas Páxina 1 de 43 Ámbito social Educación a distancia semipresencial Módulo 1 Unidade didáctica 4 A globalización e a industria da cultura

Transcript of SP SOC MOD 1 UNID 41.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica dedicaránselle o...

Page 1: SP SOC MOD 1 UNID 41.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica dedicaránselle o equivalente a 12 sesións lectivas presenciais, fa- cendo especial fincapé na

Educación secundaria para persoas adultas

Páxina 1 de 43

Ámbito social Educación a distancia semipresencial

Módulo 1

Unidade didáctica 4

A globalización e a industria da cultura

Page 2: SP SOC MOD 1 UNID 41.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica dedicaránselle o equivalente a 12 sesións lectivas presenciais, fa- cendo especial fincapé na

Páxina 2 de 43

Índice

1. Introdución........................................ .........................................................................3

1.1 Descrición da unidade didáctica ................................................................................... 3 1.2 Coñecementos previos ................................................................................................. 3 1.3 Suxestións para a motivación e o estudo...................................................................... 3 1.4 Orientacións de temporalización................................................................................... 3

2. Secuencia de contidos e actividades ................ ......................................................4

2.1 A globalización: o mundo como sistema de organización ............................................. 4 2.1.1 Antecedentes .....................................................................................................................................................4 2.1.2 A globalización das actividades humanas..........................................................................................................7 2.1.3 O Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) .................................................................................................10

2.2 O subdesenvolvemento: orixe e causas ..................................................................... 12 2.2.1 Os procesos históricos .....................................................................................................................................12 2.2.2 Causas do subdesenvolvemento .....................................................................................................................14 2.2.3 Cooperación internacional e organizacións non gobernamentais....................................................................16 2.2.4 A pegada ecolóxica ..........................................................................................................................................18 2.2.5 Comercio xusto, consumo responsable ...........................................................................................................19

2.3 O desenvolvemento sustentable................................................................................. 20 2.3.1 O desenvolvemento científico e a innovación tecnolóxica ...............................................................................20

2.4 Os medios de comunicación: o cuarto poder .............................................................. 22 2.4.1 O proceso de homoxeneización do pensamento .............................................................................................22 2.4.2 Os multimedios.................................................................................................................................................23 2.4.3 A linguaxe da publicidade ................................................................................................................................24

3. Resumo de contidos ................................. ..............................................................25

4. Actividades complementarias........................ ........................................................26

5. Exercicios de autoavaliación ....................... ..........................................................29

6. Solucionarios...................................... .....................................................................31

6.1 Solucións das actividades propostas .......................................................................... 31 6.2 Solucións das actividades complementarias............................................................... 37 6.3 Solucións dos exercicios de autoavaliación ................................................................ 39

7. Glosario........................................... .........................................................................41

8. Bibliografía e recursos............................ ................................................................42

Page 3: SP SOC MOD 1 UNID 41.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica dedicaránselle o equivalente a 12 sesións lectivas presenciais, fa- cendo especial fincapé na

Páxina 3 de 43

1. Introdución

1.1 Descrición da unidade didáctica Esta unidade, denominada A globalización e a industria da cultura, aborda un dos aspec-tos fundamentais da economía actual, o da industria da cultura e do lecer, que ha permitir detallar aspectos relacionados coa linguaxe visual e coa súa importancia actual na constru-ción da realidade social. Potenciaranse certos aspectos procedementais, como son a procu-ra de información en diversas fontes documentais e o uso das TIC, para a realización de traballos de investigación e síntese.

1.2 Coñecementos previos

O mundo está constituído por diferentes países, con distintas relixións, culturas, organiza-cións gobernamentais ou non gobernamentais, organizacións políticas, empresas multina-cionais, etc... Cumprirá lembrar todos estes conceptos e as súas variables antes de afrontar esta unidade didáctica.

1.3 Suxestións para a motivación e o estudo

Hoxe, cando un estudante planifica os seus estudos, a pregunta que adoita facerse é que estudar para obter un traballo ben remunerado. A resposta depende do lugar do planeta onde lle tocara vivir: os estudantes dos países ricos temerán ter que desenvolver un traba-llo nunha subcontratación, de carácter precario e cun salario baixo; entanto que os estu-dantes dos países pobres entenderán que a globalización e internet lles ofrecen traballos que antes nin existían ou que previamente eles non coñecían.

A globalización tamén inflúe na forma en que os/as estudantes afrontan as súas oportu-nidades formativas, moi presente na mobilidade académica. Hoxe é posible estudar noutra cidade ou noutro país, o que supón unha vantaxe no acceso aos coñecementos, á práctica e ás experiencias, pois permítelles medrar como persoas ao contactar con outras culturas e outras xentes.

1.4 Orientacións de temporalización

A esta unidade didáctica dedicaránselle o equivalente a 12 sesións lectivas presenciais, fa-cendo especial fincapé na lectura dos bloques de información que se inclúen antes das ac-tividades. Poderían distribuírse do seguinte xeito:

� A globalización como sistema de organización: dúas horas.

� O subdesenvolvemento: tres horas.

� O desenvolvemento sustentable: dúas horas

� Os medios de comunicación (cuarto poder): dúas horas.

As actividades complementarias e o test de avaliación precisarán de tres sesións propias, para a súa realización e revisión.

Page 4: SP SOC MOD 1 UNID 41.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica dedicaránselle o equivalente a 12 sesións lectivas presenciais, fa- cendo especial fincapé na

Páxina 4 de 43

2. Secuencia de contidos e actividades

2.1 A globalización: o mundo como sistema de orga-nización

O mundo está constituído por diferentes países, con distintas relixións, culturas, organiza-cións gobernamentais ou non gobernamentais, organizacións políticas, empresas multina-cionais, etc. Estes elementos interactúan nunha complicada rede de relacións económicas, políticas, tecnolóxicas e culturais. Triúnfa a idea de sistema-mundo ou aldea global.

2.1.1 Antecedentes

A Terra faise cada vez máis pequena. Desde que a poboamos, hai millóns de anos, as dis-tancias reducíronse pola mellora e avance espectacular dos medios de transporte, polas tecnoloxías da comunicación. Hoxe en día, os capitais financeiros móvense con total li-berdade a escala planetaria, existen grandes multinacionais implantadas en países de todos os continentes, etc. Diversas historias poden facernos comprendelo mellor:

"Segundo o Tratado de Tordesillas, España adquirira a posesión das terras occidentais de América; daquela, os españois viron a necesidade de atopar unha canle que comunicase os océanos Atlántico e Pacífico a través de América, co fin de uti-lizalo no camiño cara á India evitando a ruta do cabo de Boa Esperanza, que quedaba dentro do dominio portugués. Juan Díaz de Solís buscara o paso en 1515; os que puideron regresar desta expedición equivocaríanse ao crelo ter descuberto no esteiro da Mar Doce (mar da Prata). Magalhães propúxolle ao Rei emprender a procura desa canle, proposición que foi aceptada en 1518. A encarga consistía en descubrir unha vía que permitise acadar as Illas Molucas, no Pacífico Sur, ricas en especias. As capitulacións asinadas por Magalhães e o seu compañeiro Rui Faleiro prevían que a eles e aos seus des-cendentes lles correspondería o goberno de todas as terras que atopasen, ademais dunha vixésima parte das ganancias que obtivesen das súas descubertas. A coroa española proporcionou as cinco naves que realizaron a expedición, que foron equipadas no porto de Sevilla. (...) para a procura do paso ao mar do Sur. Saíron de Sanlúcar o 20 de setembro de 1519 e dirixíronse ao suroeste." (...)

Na xornada do 14 de abril bautizaron un milleiro de indíxenas, empezando polo seu xefe, Humabón. Este atopábase en guerra con Lapu Lapu, xefe da illa de Matcán, situada fronte á de Cebú. Magallanes decidiu tomar o partido do novo cristián, Humabón, e desembarcou en Matcán, acompañado por uns cincuenta homes (27 abril 1521). Unha choiva de frechas reci-biunos e os españois fuxiron rapidamente cara á súa embarcación. Magalhães, coxo e batuxando na lama, quedou só e os indíxenas de Matcán déronlle morte (...) nas Illas Filipinas, (...). Elcano toma o mando da expedición como capitán da nave Vitoria. O 27 de decembro de 1521 a flota española parte cara a España. Por fin, o 9 de Novembro de 1522 logra chegar a Sanlúcar de Barrameda. Só 18 dos 265 que partiron de España lograron sobrevivir nos tres anos que durou a travesía. El-cano foi honrado cun escudo de armas e un globo terrestre coa inscrición Primus circumdedisti me (fuches o primeiro en darme a volta)".

Elcano e Magalhães: o soño de dar a volta ao mundo [http://www.mgar.net/magallae.htm]

Page 5: SP SOC MOD 1 UNID 41.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica dedicaránselle o equivalente a 12 sesións lectivas presenciais, fa- cendo especial fincapé na

Páxina 5 de 43

– Non o sei -respondeu Andrés Stuart-, pero paréceme que a Terra é moi grande. – Antes si o era... – dixo a media voz Phileas Fogg (...) – Como que antes! Seica a Terra diminuíu? – Sen dúbida que si –respondeu Gualterio Ralph–. Opino como míster Fogg. A Terra diminuíu, posto que se percorre hoxe dez veces máis á présa que hai cen anos (...) – Hai que recoñecer que atopastes un chistoso modo de dicir que a Terra empequeneceu. De tal xeito que agora dáselle volta en tres meses... – En oitenta días tan só –dixo Phileas Fogg. – Si, oitenta días! –exclamou Andrés Stuart (...)–. Pero iso sen ter en conta o mal tempo, os ventos contrarios, os naufra-xios, os descarrilamentos, etc. – Contando con todo -respondeu Phileas Fogg (...) – Un bo inglés non se chancea nunca se se trata dunha cousa tan formal como unha aposta –respondeu Phileas Fogg–. Aposto vinte mil libras contra quen queira a que eu dou a volta ao mundo en oitenta días, ou menos, sexan mil novecentas vinte horas, ou cento quince mil douscentos minutos. Aceptades? – Aceptamos –responderon os señores Stuart, Falletín, Sullivan, Fianagan e Ralph (...). – Ben –dixo Fogg–. O tren de Douvres sae ás oito e corenta e cinco. Tomareino. – Esta mesma noite? –preguntou Stuart. – Esta mesma noite –respondeu Phileas Fogg–. Por conseguinte –engadiu consultando un calendario do peto–: posto que hoxe é mércores 2 de outubro deberei estar de volta en Londres, neste mesmo salón do Reform Club, o sábado 21 de de-cembro ás oito e corenta e cinco minutos da tarde, sen o cal as vinte mil libras depositadas actualmente na casa de Baring Irmáns perténcenvos de feito e de dereito, señores.

A volta ao mundo en oitenta días (1873) [http://es.wikisource.org/wiki/La_vuelta_al_mundo_en_80_d%C3%ADas:_Cap%C3%ADtulo_III]

O multimillonario de EEUU S. Fossett logrou darlle a volta ao mundo en avión en menos de 80 horas, só e sen parar a en-cher. Aterrou con éxito en Kansas, 66 horas despois da súa saída desde o mesmo punto. (...) Fossett, quen partiu o luns pasado desde Kansas, realizou onte á tarde máis de 19.312 quilómetros de voo e superou así a marca de distancia de voo sen escalas establecida en 1963 por un avión B-52. Para que o voo quede rexistrado como "arredor do mundo" nos anais da aviación, a Federación Aeronáutica Internacional esixe que comece e termine no mesmo aeródromo despois dunha travesía por todos os meridianos do planeta."

A volta ao mundo en 66 horas (ano 2005) Xornal 20 minutos. [http://www.zonagratuita.com/servicios/noticias/2005/marzo/18.htm]

Trala guerra fría e a caída do bloque comunista (1991), fálase do sistema-mundo, ao cam-biar a organización das relacións internacionais.

O mundo actual caracterízase polo seguinte:

� É un mundo multipolar, con varios centros de influencia (os EEUU, a Unión Europea, Xapón, ...).

� Os EEUU lideran a política mundial, fronte á maioría dos países que carecen de peso na toma de decisións.

� Poucos países quedan á marxe destas políticas: Cuba, Libia, Corea do Norte, etc.

� Acéptase o diálogo e a arbitraxe da ONU para a defensa e respecto dos dereitos huma-nos.

Page 6: SP SOC MOD 1 UNID 41.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica dedicaránselle o equivalente a 12 sesións lectivas presenciais, fa- cendo especial fincapé na

Páxina 6 de 43

Actividades propostas

S1. Tras a lectura dos documentos sobre as viaxes de Magallanes-Elcano, Fossett e a A volta ao mundo en oitenta días, conteste ás seguintes cuestións.

� En que séculos tiveron lugar as tres historias aquí relatadas? Canto tempo dura-ron as súas respectivas voltas ao mundo?

� Que quererá dicir Phileas Fogg cando afirma que antes a Terra era grande pero que naquel momento deixara de selo?

� Que medios de transporte se empregaron para cada aventura? Vantaxes e in-convenientes de cada un.

� Que motivacións existirían en cada caso para botarse á dar a volta ao mundo?

� Busque en internet o que lle pasou a Steve Fossett. Garda algún paralelismo a súa vida coa de Magalhães?.

Page 7: SP SOC MOD 1 UNID 41.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica dedicaránselle o equivalente a 12 sesións lectivas presenciais, fa- cendo especial fincapé na

Páxina 7 de 43

2.1.2 A globalización das actividades humanas

O proceso de achegamento e interrelación das áreas xeográficas da Terra, das actividades económicas, dos recursos, da poboación e das culturas coñécese como globalización ou mundialización.

A globalización económica

A mundialización da economía iniciouse coa Revolución Industrial e a transformación dos transportes no século XVIII, aínda que o proceso se acelerou unha vez finalizada a II Gue-rra Mundial (1945). Este sistema económico globalizado caracterízase por:

� Desenvolvemento do comercio internacional.

� Mundialización da produción, controlada polas multinacionais.

� Internacionalización dos fluxos financeiros, non só pagamentos por servizos ou merca-dorías, senón sobre todo os movementos especulativos para obter beneficios.

� Gran avance dos transportes e das telecomunicacións que facilitan as rápidas conexións entre puntos distantes da Terra.

A globalización económica está alentada por gobernos e institucións supranacionais que serven de foros para discutir ou acordar medidas:

� Banco Mundial (BM). Organismo das Nacións Unidas, creado no ano 1944. O seu ob-xectivo é reducir a pobreza do mundo grazas a préstamos de baixo xuro, créditos sen xuro bancario e apoios económicos ás nacións en desenvolvemento.

� Fondo Monetario Internacional (FMI), 1944. Os seus obxectivos son: a promoción de políticas económicas sustentables a nivel internacional, facilitar o comercio internacio-nal e reducir a pobreza.

� G7 e G8. Grupo de países industrializados, con peso económico, político e militar, re-levantes a nivel mundial. Xorde en 1973 coa unión de Alemaña, Canadá, os Estados Unidos, Francia, Italia, Xapón e o Reino Unido, aos que se lles engadiu Rusia en 1998. A súa finalidade é analizar o estado da política e das economías internacionais, nun in-tento de tomar decisións mediante acordos.

� Organización Mundial do Comercio (OMC), fundada en 1995 para promover acordos para favorecer o comercio.

A globalización política

A política actual caracterízase pola interdependencia das nacións, que afecta ás caracterís-ticas da nación-estado e á perda de soberanía dos diversos países, en beneficio da apertura de fronteiras, da creación de zonas francas, etc...

A globalización social

A sociedade da información e da economía global está xerando sociedades máis heteroxé-neas, na que se busca un maior equilibrio entre individuo e sociedade. Mais o incremento da riqueza está acentuando as diferenzas sociais, aumentando as masas marxinadas (exclu-sión social) e producindo fortes movementos migratorios.

Page 8: SP SOC MOD 1 UNID 41.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica dedicaránselle o equivalente a 12 sesións lectivas presenciais, fa- cendo especial fincapé na

Páxina 8 de 43

A globalización tecnolóxica

Desde o punto de vista tecnolóxico, as TIC convertéronse nun grande motor do cambio; as redes informáticas, o incremento da velocidade e o abaratamento dos prezos fixo que as tecnoloxías estean ao alcance de moita xente, rompendo as barreiras xeográficas e favore-cendo a colaboración e integración dos distintos sectores sociais, políticos ou institucións.

Actividades propostas

S2. Indique se as afirmacións sobre globalización son verdadeiras ou falsas.

Características da globalización V F

���� As relacións económicas fóronse mundializando a partir da fin da I Guerra Mundial en 1945.

���� Ten efectos positivos, ao estender polo mundo a Declaración dos Dereitos Humanos e o seu cumprimento.

���� Xorde en parte polo desenvolvemento das tecnoloxías da comunicación: internet, televisión por cable, telefonía por satélite, etc.

���� Un dos grandes atrancos para a súa existencia é a liberdade con que os capitais financeiros se moven dun país a outro.

���� As multinacionais venden os seus produtos con moita publicidade, pero intentan facer anuncios propios para cada continente.

���� A globalización podería definirse como a independencia entre a economía de distintos países.

���� Conseguiu a difusión de avances da medicina, a propagación das culturas, a posta en contacto dos modelos democráticos e a especialización de cada país nunha actividade económica.

���� Espalla fenómenos negativos para as persoas (SIDA, narcotráfico, terrorismo, etc.); acentúa a desigual distribución da riqueza e a perda de identidade cultural e histórica dos países febles.

���� Os movementos antiglobalización atacan os aspectos negativos da globalización, ás veces mesmo con actos violentos.

���� As grandes rexións económicas do mundo global son a Unión Europea, Rusia e o contorno do Xapón.

S3. Existen tres grandes rexións arredor das que se organiza a economía global, tal como se recolle na táboa. Coa axuda dun atlas, sitúeas no mapa mudo (fágao empregando as cores indicadas na mesma) e logo conteste ás cuestións.

Page 9: SP SOC MOD 1 UNID 41.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica dedicaránselle o equivalente a 12 sesións lectivas presenciais, fa- cendo especial fincapé na

Páxina 9 de 43

Rexión Cor Área influencia

���� Estados Unidos Vermella América central e do sur

���� Unión Europea Azul Europa Oriental, Rusia, norte de África (norte do Sahara)

���� Xapón Amarela Asia, Australia e Nova Zelandia

� Logo de coloreado o mapa, responda. Queda algunha rexión fóra da influencia das tres grandes rexións? Por que motivos quedan á marxe?

S4. Varios destes organismos son institucións da Organización de Nacións Unidas cuxo principal obxectivo é manter a paz internacional, establecer relacións de amizade, resolver pacificamente conflitos e respectar aos dereitos humanos e as liberdades fundamentais. Marque as institucións que pertencen á ONU.

OIT UE FMI GATT BIRD UNICEF

FAO UNESCO OTAN OMS BM IDH

Page 10: SP SOC MOD 1 UNID 41.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica dedicaránselle o equivalente a 12 sesións lectivas presenciais, fa- cendo especial fincapé na

Páxina 10 de 43

2.1.3 O Índice de Desenvolvemento Humano (IDH)

O Índice de Desenvolvemento Humano é un índice económico e social que expresa a cali-dade de vida dos distintos países. Oscila entre 0 e 1. Ten en conta estes factores:

� A esperanza de vida ao nacer.

� As taxas educativas (alfabetización e porcentaxes de matriculados en primaria, secun-daria e superior).

� O nivel de vida digno (PIB e paridade do poder adquisitivo).

De acordo con este índice, o Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD) clasifica os países en tres grupos: países con desenvolvemento humano alto, me-dio e baixo.

PNUC 2007. [http://es.wikipedia.org/wiki/%C3%8Dndice_de_Desarrollo_Humano]

CLAVE DE CORES:

� País con desenvolvemento humano alto (IDH ≥ 0,8)

� País con desenvolvemento humano medio (0,5 ≤ IDH < 0,8)

� País con desenvolvemento humano baixo (IDH < 0,5)

Actividades propostas

S5. O desenvolvemento humano mídese atendendo a diversos indicadores. Busque nun dicionario ou en internet a definición destes conceptos:

� PIB (Produto Interior Bruto).

� PIB real por habitante.

� Consumo de calorías.

� Liña de pobreza humana.

S6. Na táboa do IDH da páxina seguinte, indique o grao de desenvolvemento dos países, coloreando as celas coas cores do mapa: alto (verde), medio (amarela) ou baixo (vermello).

Page 11: SP SOC MOD 1 UNID 41.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica dedicaránselle o equivalente a 12 sesións lectivas presenciais, fa- cendo especial fincapé na

Páxina 11 de 43

País Índice IDH País Índice IDH País Índice IDH

1. Islandia 0'968 10. Francia 0'952 111. Moldavia 0'708

2. Noruega 0'968 11. Finlandia 0'952 117. Bolivia 0'695

3. Australia 0'962 12. EEUU 0'951 146. Haití 0'529

4. Canadá 0'961 13. España 0'949 153. Iemen 0'508

5. Irlanda 0'959 38. Arxentina 0'869 173. Malí 0'380

6. Suecia 0'956 40. Chile 0'868 174. Níxer 0'374

7. Suíza 0'955 50. Séichelles 0'843 175. Guinea Bissau 0'374

8. Xapón 0'953 56. Libia 0'818 176. Burkina Faso 0'370

9. P. Baixos 0'953

76. Ucraína 0'788

177. Serra Leoa 0'336

� Que diferenza numérica existe entre o primeiro país da lista e o último? E razo-able? Xustifique a resposta.

� Na táboa están recollidos, de cada continente, os países co índice máis alto. Localíceos e identifique o continente en que se sitúan. Cal é o continente máis claramente desfavorecido segundo os datos? E o máis favorecido?

� Observando o mapamundi do IDH pode ratificar a súa resposta anterior? Escri-ba nel o nome dos cinco países máis desenvolvidos e os cinco menos desen-volvidos..

Page 12: SP SOC MOD 1 UNID 41.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica dedicaránselle o equivalente a 12 sesións lectivas presenciais, fa- cendo especial fincapé na

Páxina 12 de 43

2.2 O subdesenvolvemento: orixe e causas

O termo subdesenvolvemento foi cuñado tras a segunda Revolución Industrial, cando se fixo patente que non todos os países lograban un óptimo grao de desenvolvemento no sec-tor secundario ou industrial. Despois da II Guerra Mundial cuñouse tamén o termo Tercei-ro Mundo para referirse aos países que non pertencían ao mundo occidental desenvolvido (Europa occidental e América do norte) nin aos países baixo a influencia da Unión Sovié-tica. O Terceiro Mundo está integrado por países con baixo nivel de desenvolvemento.

2.2.1 Os procesos históricos

O Terceiro Mundo é un produto da historia:

� Na era precolonial: antes do século XVI, o mundo estaba poboado por infinidade de sociedades que explotaban os recursos naturais ao seu xeito, establecendo relacións comerciais terrestres ou marítimas. As principais civilizacións concentrábanse en Asia, África e a América precolombina.

� No século XVI: Europa empeza a someter aos países doutros continentes baixo a súa lei. Establécense rutas con América, África e o Pacífico. Os colonos conquistan o territorio, empregan a man de obra nativa ou establecen o sistema escravista.

� Desde o século XIX: esténdese o dominio de Europa sobre os países de África e Asia mediante o sistema colonial e comezan as loitas dos pobos sometidos contra este siste-ma. O Terceiro Mundo nace da loita común das colonias por lograr a independencia.

� No século XX: os países ricos someteron os pobres cun novo tipo de explotación colo-nial: a concesión de créditos que xera unha impresionante débeda externa que moitos países son incapaces de devolver.

Actividades propostas

S7. Na táboa que segue pode observar a relación de metrópoles e as súas colonias no momento de máis importancia do colonialismo (último terzo do século XIX e primeiro do XX). Localice no mapa mudo, coa axuda dun atlas, todas as metró-poles (cor vermella) e todas as colonias (cor amarela). Non é preciso escribir os nomes dos países.

Metrópole Colonias

���� Inglaterra

– Afganistán – Australia – Bangladesh – Belice – Birmania – Burundi – Botswana

– Canadá

– Chipre – Exipto – Gambia – Gana – Guiana – Illa Mauricio – Illas Fixi – Illas Malvinas

– Illas Salomón – Iemen – India – Irlanda – Kenya – Lesoto – Malaisia – Malawi

– Nixeria – N. Zelandia – Paquistán – Ruanda – Serra Leoa – Somalia – Sri-Lanka – Suazilandia

– Sudáfrica – Sudán – Uganda – Xibraltar – Zambia – Cimbabue – (...)

���� Francia

– Alxeria – Armenia – Benin – B. Faso

– Camboxa

– Chad – C. de Marfil – Gabón – Güiana F. – Guinea

– Laos – Malí – Marrocos – Mauritania – Níxer

– N. Caledonia – R. Centroafr. – Madagascar – R.P. Congo – Senegal

– Vietnam – Tunicia – (...)

Page 13: SP SOC MOD 1 UNID 41.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica dedicaránselle o equivalente a 12 sesións lectivas presenciais, fa- cendo especial fincapé na

Páxina 13 de 43

���� Rusia – Acerbaixán – Bielorrusia – Estonia

– Kirguistán – Letonia – Lituania

– Moldavia – Tadxikistán

– Turkmenistán – Ucraína

– Uzbekistán – Xeorxia

���� Alemaña – Camerún – Namibia – Tanzania – Togo – P-Nov. Guinea

���� Portugal – Angola – Guinea B. – Macau – Mozambique – Timor Leste

���� Xapón – R.P. Corea – R. Corea – Taiwán

���� EEUU – Cuba – Filipinas – Panamá

���� Italia – Etiopía – Libia – Somalia (SE)

���� Holanda – Surinam – Indonesia

���� España – Guinea – Sahara

���� Bélxica – Zaire

Page 14: SP SOC MOD 1 UNID 41.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica dedicaránselle o equivalente a 12 sesións lectivas presenciais, fa- cendo especial fincapé na

Páxina 14 de 43

2.2.2 Causas do subdesenvolvemento

Cando falamos de países subdesenvolvidos tendemos a pensar só nos indicadores econó-micos. Pero hai tamén outros factores que determinan os grandes desequilibrios mundiais entre o norte e o sur.

� Débeda externa: algúns países recibiron préstamos das institucións financeiras interna-cionais. Os xuros destes son tan altos que a débeda foi aumentado excesivamente en poucos anos. Os recursos, que debían dedicarse á poboación, teñen que destinarse ao pagamento dos créditos.

� Dependencia tecnolóxica: son países que carecen de tecnoloxía propia ou capacidade para asimilar a dos países ricos, o que xera un gran desequilibrio con estes.

� Crecemento demográfico: a natalidade mantívose alta (ante a falta de políticas de plani-ficación familiar) e a mortalidade reduciuse, o que levou a un aumento da poboación que non pode ser mantida cos recursos económicos existentes.

� Difícil acceso á sanidade e á educación: doenzas (malaria, SIDA...) e fames castigan a poboación, que non ten acceso a medicamentos nin a médicos. A poboación dedica a súa vida e o seu tempo a intentar sobrevivir, na procura de alimentos e auga, o que ade-mais limita o seu acceso á educación.

� Desiguais intercambios comerciais: os países ricos bloquean as exportacións agrícolas dos países pobres, protexendo os seus propios e abaratando os prezos.

� Corrupción política e a inestabilidade. Moitos dos países do Terceiro Mundo carecen de réximes políticos estables e democráticos, e teñen moitos problemas de corrupción.

� Guerra: moitos conflitos, ás veces potenciados polos gobernos, supoñen grandes perdas humanas e económicas para o país.

Actividades propostas

S8. Lea o seguinte documento e conteste ás cuestións.

"Vostede, para comprar un piso, pide un crédito de 10 millóns cuns xuros do 5 %, pero aos tres meses o banco sóbelle os xuros ao 8 % e, ademais, non pode queixarse. Aos seis meses, sóbellos ao 20 %, co que o préstamo que pediu podería telo pagado xa pero con estes novos xuros xa non pode (...) Isto é o que pasou coa débeda externa. (...) Agora os países pobres están obrigados a exportar para conseguir divisas con que pagar os xuros da súa débeda exterior. Deste xeito, o país está entregado ao comercio exterior e iso impídelle ocuparse do seu mercado interior."

Ignacio Ramonet, Revista Consumer, Xullo-agosto de 2001

� Cal é a idea principal do texto?.

� Defina estes termos: débeda externa e divisas.

S9. Intente localizar no encrucillado da páxina seguinte catorce dos problemas máis salientables de orde ambiental que soporta o planeta, e que están a causar cri-ses de grande importancia no desenvolvemento humano e na vida en xeral.

Page 15: SP SOC MOD 1 UNID 41.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica dedicaránselle o equivalente a 12 sesións lectivas presenciais, fa- cendo especial fincapé na

Páxina 15 de 43

E F E C T O I N V E R N A D O I R O V E

S D R O S U N R T A S D F U U T E C B S

G J E N S A C H U V I A A C I D A A L C

O U R T D W E S S A D A G H K D T Y O A

T I V A U Q N D L O U T R E Q E T U P S

A P B M F G D H S G F A N M N F U T E E

M O A I I T I G R T U O S A W O F S X Z

E Q Z N O F O J D R I Y L L E R A E T A

N U D A P T S K E C P P A A R E R Y I A

T J F C S A F G A O O R R R F S E U N U

O T J I S D G Z I T U T T I O T I O C G

S E T O S D I L N D I Y U A P A P Q I A

O R Y N S T R E P A I O I E L C J K O S

L S G G R T M I O R N M O Q Q I T R N Z

O A E E S A A V Q E F D P D K O E R F X

S D S S T S A C B L S R D S K N D R A E

Z E S N K F U S A O T Y U I O P O N U T

D S E D U B U R A C O C A P A O Z O N O

Z U S A Q T V H K O E Q S E R T U P A R

Q X S A L I N I Z A C I O N A U G A H D

S10. Non todos os cidadáns do mundo teñen iguais oportunidades para acceder aos recursos. Lea o documento e analíceo.

"En Somalia vive un raparigo. Cando vai ao pozo para lle dar auga ao seu rabaño de ovellas, atópase con outro somalí co seu rabaño. Óllanse de esguello e un dille ao outro, "Quen es ti?”. E o outro respóndelle, "Eu son o fillo de Fulano”, “que é o fillo de Zutan", e así sucesivamente a través de toda a liñaxe dos seus antepasados, co fin de determinar se son do mesmo clan. Se eles recoñecen que teñen o mesmo bisavó, danse a man e danlles auga aos rabaños. Mais se non o son, daquela un diralle ao outro: “Por que diaño vés aquí a darlle auga ao teu rabaño neste pozo? Este pozo remóntase ao meu bisavó”. “Por que ves aquí e tomas a nosa auga? Esta é a nosa auga, non a túa". E así comezará a pelexa.

Este é un típico exemplo somalí, onde o medio é un importante factor do conflito violento. A xente fala o mesmo idioma, son do mesmo grupo étnico e case todos son da mesma relixión. Mais, os somalís están divididos en clans e subcláns que loitan entre eles polos recursos naturais, como a auga e as terras de pasto. Antes a loita era con paus, agora con Kalashnikov. Isto é o terrible. Non existen diferenzas alí, eles son o mesmo pobo"..

Sahnoum, M. Degradación ambiental como causa do conflito violento.

� Lea o texto e resuma as súas ideas principais.

� Por que a auga e os pastos chegan a defenderse coas armas?

� Que vínculos son os únicos respectados no texto?

S11. Comente a gráfica sobre inmigrantes chegados en barquiñas ás costas españo-las na última década. Que buscan? Que perigos corren? Posibles solucións.

[http://www.salvamentomaritimo.es/data/articlefiles/imagen10_l.gif]

Page 16: SP SOC MOD 1 UNID 41.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica dedicaránselle o equivalente a 12 sesións lectivas presenciais, fa- cendo especial fincapé na

Páxina 16 de 43

2.2.3 Cooperación internacional e organizacións non gober namentais

Tras a II Guerra Mundial, a ONU canalizou todas as iniciativas para promover proxectos de desenvolvemento nos países menos desenvolvidos. Moitas veces a tarefa das axencias oficiais da ONU viuse desbordada pola situación cada vez máis dramática dos pobos. Así naceron os organismos non gobernamentais (ONG), que son colectivos independentes dos poderes políticos dedicados a axudar a outras persoas e a pobos que se atopan en situación de necesidade, crise humanitaria, etc.

Nacemento e crecemento das ONG

"A primeira organización non gobernamental (ONG) de ámbito europeo, a Cruz Vermella, creouse en 1863 (España 1864). Naceu para auxiliar feridos de guerra de todas as frontes. En 1942 creouse Cáritas Española e, xa nos anos cincuenta, Mi-sión e Desenvolvemento (logo Intermón) e Mans Unidas. Estas primeiras ONG nacen vinculadas á Igrexa Católica e teñen un carácter asistencial e evanxelizador. As ONG actuais son moi diversas. Á beira das vellas ONG xurdiron, nos anos setenta, numerosas organizacións de inspi-ración laica e profesional. Entanto que na Europa occidental o número de ONG creceu moito na década dos setenta, en España o crecemento foi lento, posiblemente debido ao proceso de transición da ditadura á democracia que vivía o país. En 1980 só dez ONG fundaron a coordinadora española, e hoxe o seu número elévase a setenta. Tamén creceron pola maior conciencia social da xente; en España é sintomática a axuda xenerosa que ofreceu no verán de 1994 a Ruanda. Hoxe as ONG dedícanse a ofrecer axuda a grupos sociais ou países con graves necesidades básicas (pobreza, fame, vul-neración de dereitos humanos, etc.). Funcionan independentemente da Administración e non teñen fins lucrativos. O finan-ciamento destas organizacións faise grazas a cotas voluntarias, así como ás subvencións e aos recursos públicos"

Arqué, M. e outros: Norte-Sur. Participar para cambiar el mundo. Cuaderno de Traballo. Ed. Octaedro. Páxina 24

Actividades propostas

S12. Responda a estas preguntas sobre a historia e as características das ONG.

� Cal é a ONG máis antiga? Cando se creou?

� En que época xurdiron en España? Con que réxime político?

� Cal é a finalidade dunha ONG?

� Busque información en Internet sobre unha ONG e explique os seus obxecti-vos.

S13. O 0'7 % do PIB: obxectivo do milenio. Lea o documento.

"Só cinco dos países comprometidos cos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) da ONU superaron o de asignar o 0,7 % do seu produto interior bruto (PIB) á axuda para o desenvolvemento. Así se desprende do In-forme sobre os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio 2007, presentado hoxe pola ONU nunha ducia de ci-dades do mundo. Os cinco países cumpridores son Dinamarca, Luxemburgo, Holanda, Noruega e Suecia. Erradicar a pobreza extrema e a fame negra, lograr a educación primaria universal, promover a igualdade entre sexos, reducir a mortalidade infantil, mellorar a saúde materna, combater a SIDA, a malaria, etc., e asegurar a sustentabilidade do medio son os obxectivos, segundo N. Harrington, directora adxunta da ONU en Bélxica. Malia se ter logrado a redución da mortalidade infantil no mundo ou a redución da tuberculose, a ONU advirte do aumento sen control das emisións de efecto invernadoiro, a morte de máis de medio millón de mulleres cada ano por problemas no parto ou que a metade da poboación dos países en desenvolvemento aínda non accede a ser-vizos de saneamento básicos. Malia ver que o mundo está "ben encamiñado" para lograr estas metas (300 millóns de persoas saíron da pobreza desde 1990) salientou Harrington o "especial compromiso" de España e os esforzos que realiza o Goberno de R. Zapatero para alcanzar os obxectivos da ONU.

Page 17: SP SOC MOD 1 UNID 41.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica dedicaránselle o equivalente a 12 sesións lectivas presenciais, fa- cendo especial fincapé na

Páxina 17 de 43

O secretario xeral da Axencia Española de Cooperación Internacional, Juan Pablo de la Iglesia, (...) remarcou que España participa na iniciativa internacional contra a fame e a pobreza, e que o Goberno está a traballar para al-canzar na próxima lexislatura o compromiso de destinar o 0,7 % do PIB á axuda ao desenvolvemento. "Somos conscientes do avanzado, pero o somos moito máis do camiño que nos queda por percorrer."

2 de xullo 2007 [http://josesoriano.com.ar/2007/07/02/5-paises-cumplen-objetivos-del-milenio/]

� Que países dedican xa o 0’7 % do PIB para políticas de desenvolvemento?

� En que aspectos se alcanzaron os mellores avances?

� En que temas queda aínda moito por traballar?

� Que pensa Nicola Harrington sobre os logros do pobo español?

Page 18: SP SOC MOD 1 UNID 41.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica dedicaránselle o equivalente a 12 sesións lectivas presenciais, fa- cendo especial fincapé na

Páxina 18 de 43

2.2.4 A pegada ecolóxica

É un indicador que determina a área bioloxicamente produtiva necesaria para xerar os re-cursos que consome unha persoa e absorber os refugallos que xera, sen ter en conta o lugar en que se atopan as áreas estudadas.

Se o reparto fose equitativo, corresponderíanos a cada persoa 1,8 hectáreas, mais a me-dia mundial está en 2,23 hectáreas.

Os resultados están baseados na observación dos seguintes aspectos:

� Hectáreas utilizadas para urbanizar, xerar infraestruturas e centros de traballo.

� Hectáreas necesarias para proporcionar o alimento vexetal preciso.

� Superficie necesaria para pastos que alimenten o gando.

� Superficie mariña necesaria para producir o peixe.

� Hectáreas de bosque necesarias para asumir o CO2 que provoca o noso consumo ener-xético.

Actividades propostas

S14. Calcule o desvío que amosan os países aquí recollidos con respecto á media equitativa de pegada ecolóxica (1’8 hectáreas).

Clasificación 2003 País Poboación (millóns) Pegada ecolóxica Desvío do axeitado

1 ���� Emiratos Árabes 3 11'9

2 ���� Estados Unidos 294 9'6

3 ���� Finlandia 5'2 7'6

4 ���� Canadá 31'5 7'6

5 ���� Kuwait 2'5 7'3

6 ���� Australia 19'7 6'6

7 ���� Estonia 1'3 6'5

8 ���� Suecia 8'9 6'1

15 ���� España 41'1 5'4

46 ���� México 103'5 2'6

50 ���� Chile 15'8 2'3

55 ���� Arxentina 38'4 2'3

57 ���� Venezuela 25'7 2'2

� Na páxina http://www.miliarium.com/Formularios/HuellaEcologicaA.asp pode investigar a súa pegada ecolóxica. Que índice alcanza? O seu dato e os datos da táboa, parécenlle xustos? Razoe a súa resposta.

Page 19: SP SOC MOD 1 UNID 41.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica dedicaránselle o equivalente a 12 sesións lectivas presenciais, fa- cendo especial fincapé na

Páxina 19 de 43

2.2.5 Comercio xusto, consumo responsable

O comercio xusto é unha forma alternativa de comercio, promovida por organizacións non gobernamentais, polas Nacións Unidas e outros movementos, como o pacifismo ou o eco-loxismo. A súa finalidade é promover unha relación comercial voluntaria e xusta entre produtores e consumidores.

As características que definen o comercio xusto son a procura de:

� Salarios para unha vida digna: soldos para traballadores e non para escravos.

� Igualdade entre homes e mulleres.

� Rexeitamento da explotación infantil e da imposibilidade de que nenos e nenas accedan á educación.

� Respecto polo medio: eliminación da sobreexplotación dos recursos dos países do sur.

� Dereitos laborais para lograr un traballo digno.

� Fomento de que a maior parte dos procesos de transformación do produto se realicen no país de orixe.

A sociedade actual favorece o consumismo (usar e tirar) que pode levar ao esgotamento dos recursos. Como consumidores temos a responsabilidade de influír na economía cun consumo consciente e responsable que debe basearse no:

� Consumo ético: austeridade no consumo.

� Consumo ecolóxico: baséase nos chamados “tres erres” (reducir, reutilizar e reciclar).

� Consumo social ou solidario: trátase de pagar o xusto polo traballo realizado.

Page 20: SP SOC MOD 1 UNID 41.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica dedicaránselle o equivalente a 12 sesións lectivas presenciais, fa- cendo especial fincapé na

Páxina 20 de 43

2.3 O desenvolvemento sustentable

Segundo o Informe da Comisión Mundial sobre o Medio e o Desenvolvemento das Na-cións Unidas (Comisión Brundtland, 1987), o desenvolvemento sustentable ou perdurable é aquel que debe satisfacer as necesidades das xeracións presentes sen comprometer as posibilidades das futuras para atender as súas propias necesidades.

Co nivel de crecemento actual e os procedementos de produción utilizados, xérase unha grande cantidade de bens e servizos para unha parte da poboación mundial, pero ao mes-mo tempo destrúese o medio con intensidade e velocidade, de xeito que non podemos ase-gurar que as xeracións futuras poidan gozar do nivel de benestar do que nós, como habi-tantes do mundo rico, agora dispomos.

O desenvolvemento sustentable fai referencia a tres ámbitos fundamentais: o ambiental, o económico e o social.

O desenvolvemento e o benestar social están condicionados polo nivel tecnolóxico, os recursos ambientais e a capacidade do medio natural para soportar os efectos da actividade humana. A recuperación dun sistema sustentable sería posible pondo a tecnoloxía e a or-ganización social ao servizo da recuperación do que as persoas destrúen.

2.3.1 O desenvolvemento científico e a innovación tecnoló xica

O grande crecemento económico das últimas décadas anos foi posible, entre outras razóns, grazas á investigación científica (as empresas dedican grandes cantidades de diñeiro para as súas instalacións e equipos de investigación) e ao desenvolvemento das telecomunica-cións e dos sistemas informáticos, nomeadamente a partir da chamada III Revolución In-dustrial.

As consecuencias de todo isto son a redución de custos na produción e distribución de bens e servizos; a descentralización empresarial grazas ás conexións informáticas; a auto-matización dos procesos de produción e a redución do traballo sen cualificación.

Actividades propostas

S15. Que é o desenvolvemento sustentable?

S16. Unha das doenzas de consecuencias máis terribles de África segue a ser o pa-ludismo, xunto coa SIDA, que mata un neno cada 30 segundos. Segundo este dato, cantos nenos ou nenas morren anualmente en África pola malaria? Que lle parece o resultado? Merecería a pena buscar un medicamento para a súa cura-ción? Por que non se fai?

S17. O dereito á saúde: cada ano as doenzas infecciosas matan 14 millóns de perso-as nos países máis pobres. Case a metade son nenos e nenas de menos de cinco anos. As familias non poden cubrir os gastos dos medicamentos. Existen dous tipos de medicamentos: con patentes e xenéricos. Busque información e defínaos.

O caso Novartis, na India supuxo unha vitoria dos países en desenvolvemento. Busque información en internet sobre o caso e indique que ten de novo a sentenza.

Page 21: SP SOC MOD 1 UNID 41.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica dedicaránselle o equivalente a 12 sesións lectivas presenciais, fa- cendo especial fincapé na

Páxina 21 de 43

S18. O intento de homoxeneización non debe deixar a ninguén impasible ante os pro-blemas de discriminación, que afectan en grande medida a todos os continentes. Explique as imaxes. Cal reflicte violencia de xénero? Cal racismo?

Caricatura do século XIX sobre Sara Baartman, exhibida nunha gaiola como unha atracción

Muller maltratada cun bastón, debuxo de Francico de Goya y Lucientes

� En España creouse na lexislatura iniciada no 2008 un ministerio de Igualdade. Cal é a súa finalidade?

� Na actualidade fálase de discriminación en positivo. Explique a frase.

� O 016 é o teléfono para atender chamadas de mulleres que se senten ameaza-das. Interprete a gráfica e elabore un diagrama de barras cos datos achegados polo Ministerio de Igualdade sobre as chamadas deste tipo realizadas entre se-tembro de 2008 e febreiro de 2009.

Meses Chamadas

���� Setembro 450

���� Outubro 4713

���� Novembro 4772

���� Decembro 5780

���� Xaneiro 6105

���� Febreiro 6916

[http://www.migualdad.es/violencia-mujer/index.html]

Page 22: SP SOC MOD 1 UNID 41.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica dedicaránselle o equivalente a 12 sesións lectivas presenciais, fa- cendo especial fincapé na

Páxina 22 de 43

2.4 Os medios de comunicación: o cuarto poder

Os medios de comunicación contribuíron a xerar un espazo xeográfico mundial. A radio, a televisión e internet reduciron os espazos físicos e temporais; as noticias chegan no mo-mento en que suceden.

“O home deste tempo vive diante do que acontece no mundo enteiro. E o fai a través dos periodistas; eles son as testemu-ñas; quen nos narran os acontecementos. Por suposto que cada un deles a través da súa cultura, dos medios que ten nas súas mans para analizar”.

Ernesto Sábato

O termo cuarto poder foi acuñado nos anos previos á Revolución Francesa, para definir a gran influencia que exerceu a prensa nos grandes cambios producidos na Francia de finais do século XVIII.

2.4.1 O proceso de homoxeneización do pensamento

As novas tecnolóxicas facilitaron que as noticias sexan coñecidas en directo, no momento en que se están a producir: guerras, celebracións deportivas, catástrofes naturais ou huma-nas, problemas sociais ou políticos...

A televisión converteuse no principal medio de información e entretemento, destacando en moitas ocasións o extravagante, o absurdo ou o insensato.

O poder dos medios de comunicación é real, polo tremendo impacto que teñen sobre a sociedade e a facilidade coa que manipulan o consciente e o subconsciente colectivos; un poder que vai medrando día a día. A globalización tende a implantar o pensamento único, é dicir, que todos teñamos ideas e opinións semellantes sobre os problemas que nos afec-tan. Canto menor sexa o número de fontes que empreguemos para informarnos máis doada ha ser a homoxeneización do pensamento

Actividades propostas

S19. Non todos os países teñen acceso aos medios de comunicación. Tamén pode-mos falar neste caso de desigualdade. Analice a táboa e responda ás cuestións:

País (1998/2007) Teléfono terrestre

(2007) Teléfonos móbiles

(2007) Estacións radio

(1998) Estacións TV (2004)

Usuarios internet (2007)

Poboación

(2007)

���� China 350.433.000 437.480.000 673 3240 123.000.000 1.321.851.888

���� EEUU 268.000.000 219.400.000 13769 2218 205.327.000 301.139.947

���� España 18.322.000 41.328.000 924 224 19.205.000 40.448.191

���� Serra Leoa 24.000 113.200 11 2 10.000 6.144.562

���� Romanía 4.391.000 13.354.000 698 623 4.940.000 22.276.056

� Cal é o medio de comunicación máis desenvolvido nos países da táboa?

� Que vantaxes ten cada un dos medios de comunicación e que inconvenientes?

� Que media de móbiles lle corresponde a cada cidadán dos países citados?

Page 23: SP SOC MOD 1 UNID 41.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica dedicaránselle o equivalente a 12 sesións lectivas presenciais, fa- cendo especial fincapé na

Páxina 23 de 43

2.4.2 Os multimedios

O termo multimedios aplícase a calquera sistema que conxuga o texto, o son, as imaxes, a animación e o vídeo para informar ou entreter ao usuario.

A subordinación dos medios de comunicación a poderosos grupos empresariais deu ori-xe a grandes grupos de comunicación que utilizan os multimedios para lograr intereses económicos, políticos e sociais, alén da comunicación obxectiva.

En resposta a estes grandes grupos da comunicación xorden as redes de información que se denominan a si mesmas independentes, normalmente grupos sen fins lucrativos e baseados no voluntariado.

Actividades propostas

S20. A prensa en Galicia. Localice en internet a que grupo editorial pertence cada un destes xornais galegos: Galicia hoxe, La Voz de Galicia, La Región, El Progreso, Faro de Vigo.

S21. Aínda que a liberdade de prensa está recollida nos dereitos básicos das perso-as, non sempre se respectan. Un caso do que se fala moito é o das limitacións do uso de internet en certos países asiáticos. Lea este texto.

"Hai un tema dando voltas nos últimos meses ao que non se ve moi presente nalgúns medios, as novas medi-das de China para controlar todo o que se escribe en internet. E é interesante, porque é a liberdade de expre-sión e de acceso á información o que está en xogo, e non parece molestar ás grandes empresas de internet, que están a investir miles de millóns nese mercado. Entanto que Yahoo!, Google e MSN só parecen alleas ao tema, son estas as empresas que poñen ao dispor do goberno chinés os filtros que se necesitan para controlar o tránsito de información. Por exemplo, sacar da vista dos usuarios algunhas palabras ou frases prohibidas como "independencia", "Taiwan", "praza de Tiananmen" e "Dalai Lama". "Necesitamos regular mellor os servizos de noticias en internet, pola aparición de tantas noticias pouco sauda-bles que confunden o público", declarou un portavoz da Oficina de Información."

2005 [http://www.uberbin.net/archivos/opinion/china-y-el-control-de-internet.php]

� Cal é a idea principal do texto?

� Segundo o autor, Yahoo, Google e MSN carecen de ética. Por que? Poden fa-cer outra cousa? Que pasaría se se enfrontasen ao goberno?

� Que tipo de palabras están prohibidas en China?

� Que motivos alega o goberno chinés para as prohibir?

Page 24: SP SOC MOD 1 UNID 41.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica dedicaránselle o equivalente a 12 sesións lectivas presenciais, fa- cendo especial fincapé na

Páxina 24 de 43

2.4.3 A linguaxe da publicidade

A publicidade é un sistema de comunicación masiva, que ten por finalidade difundir e in-formar o público sobre un ben de consumo ou servizo, a través dos medios de comunica-ción, para o motivar ao seu consumo.

O anuncio publicitario constrúese como un texto en que conviven imaxes e palabras. As imaxes adoitan ser fotográficas (ou gráficos cos logotipos da marca) e os textos, que poden ser slogans ou lemas do anuncio, argumentativos ou explicativos. Con eles pretén-dese captar a atención do lector (conmover ou emocionar) e logo intentar convencer.

Actividades propostas

S22. Analice un dos anuncios propostos.

Exposición “Posguerra, propaganda e Publicidade en España”

(Círculo de Bellas Artes Madrid, 2009)

���� Produto

���� Slogan ou anuncio

���� Resalta

���� Fai desexar

���� Vai dirixido a

���� Opinión sobre o anuncio

S23. A imaxe en movemento. Se ten acceso a internet, vexa o vídeo de Din Matamoro sobre as Imaxes mentais. Comente por escrito as sensacións que lle transmite.

[http://es.youtube.com/watch?v=HipSovMR4ns&feature=related] .

Page 25: SP SOC MOD 1 UNID 41.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica dedicaránselle o equivalente a 12 sesións lectivas presenciais, fa- cendo especial fincapé na

Páxina 25 de 43

3. Resumo de contidos

Page 26: SP SOC MOD 1 UNID 41.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica dedicaránselle o equivalente a 12 sesións lectivas presenciais, fa- cendo especial fincapé na

Páxina 26 de 43

4. Actividades complementarias

S24. Estudamos nesta unidade didáctica o papel que xogan os gobernos e as institu-cións supranacionais no proceso de globalización. Na seguinte táboa aparece unha relación errónea da información destas institucións. Organice estes datos correctamente na táboa baleira.

Institución Sigla Sede Competencias

���� Fondo Monetario Internacional BM Washington (EEUU)

Xorde en 1994 para establecer as regras do comercio internacional, baseadas en: código de conduta, reci-procidade, transparencia, acordos vinculantes, etc.

���� Banco Mundial FMI Xenebra (Suíza) Grupo dos países industrializados con peso económi-co e militar: Alemaña, Canadá, EEUU, Francia, Italia, Xapón, Reino Unido e Rusia.

���� Organización Mundial do Comercio

G8 Washington (EEUU) Organismo da ONU (185 membros), para reducir a pobreza do mundo mediante préstamos de baixos xuros, e apoio a países en vías de desenvolvemento.

���� Grupo dos oito OMC Rotatoria en países membros.

Promoción de políticas de cambio sustentables a nivel mundial para facilitar o comercio internacional e redu-cir a pobreza do mundo.

Institución Sigla Sede Competencias

���� Xorde en 1994 para establecer as regras do comercio internacional, baseadas en: código de conduta, reci-procidade. transparencia, acordos vinculantes, etc.

���� Grupo dos países industrializados con peso económi-co e militar: Alemaña, Canadá, EEUU, Francia, Italia, Xapón, Reino Unido e Rusia.

���� Organismo da ONU (185 membros), para reducir a pobreza do mundo mediante préstamos de baixos xuros, e apoio a países en vías de desenvolvemento.

���� Promoción de políticas de cambio sustentables a nivel mundial para facilitar o comercio internacional e redu-cir a pobreza do mundo.

� As sedes destes organismos, en que hemisferio están? E os membros do G8?

� Isto pode afectar os países en vías de desenvolvemento? De que xeito?

S25. As investigacións non só se desenvolven no campo da medicina, senón tamén nas ciencias en xeral e nas súas aplicacións prácticas. Nas empresas dedícase unha boa parte dos seus orzamentos para I+D+i e innovación tecnolóxica, é di-cir, para a investigación, aínda que cun reparto desigual no mundo.

Financiamento % País (datos 2005) Orde

Nome Continente

% PIB (I+D+i) Goberno Industria

Patentes (2006)

���� Alemaña 8º 2.46 30.52 66.56 460 657

���� Australia 16º 1.76 39.84 51.64 95 912

���� Austria 10º 2.42 36.46 45.47 10 326

Page 27: SP SOC MOD 1 UNID 41.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica dedicaránselle o equivalente a 12 sesións lectivas presenciais, fa- cendo especial fincapé na

Páxina 27 de 43

���� Bélxica 13º 1.82 23.55 60.31

���� Canada 12º 1.98 32.93 47.85 115 639

���� República Checa 19º 1.42 40.87 54.09 10 298

���� Corea 4º 2.99 23.02 74.96 465 988

���� Dinamarca 9º 2.45 27.10 59.89 3 688

���� Eslovaquia 28º 0.51 57.03 36.60

���� España 22º 1.12 41.01 48.04 155 621

���� Estados Unidos 7º 2.62 30.37 63.97 1 774 742

���� Finlandia 2º 3.48 25.65 66.86 43 345

���� Francia 11º 2.13 37.56 51.73

���� Grecia 30º 0.49 46.42 28.23

���� Holanda 14º 1.78 36.23 51.06 14 084

���� Hungría 24º 0.94 49.41 39.45 8 408

���� Islandia 6º 2.81 40.50 48.00 505

���� Irlanda 20º 1.26 32.43 57.25

���� Italia 23º 1.10 50.80 43.00

���� Luxemburgo 17º 1.56 11.16 80.39

���� México 29º 0.50 45.34 46.49 54 722

���� Noruega 18º 1.52 41.91 49.23

���� Nova Zelandia 21º 1.15 45.06 38.47

���� Polonia 27º 0.57 57.71 33.35

���� Portugal 25º 0.80 60.11 31.73 37 848

���� Reino Unido 15º 1.78 32.76 42.10

���� Suecia 1º 3.89 23.45 64.97 104 710

���� Suíza 5º 2.93 22.71 69.73 6 573

���� Turquía 26º 0.67 56.96 37.92

���� Xapón 3º 3.33 16.76 76.12

���� Brasil 0.91 57.88 39.88 31 223

���� China 1.34 26.34 67.04

���� Federación Rusa 1.07 61.95 30.00 123 817

���� India 0.69 ------- -------

���� Sudáfrica 0.86 35.61 48.62

OCDE [http://www.oecd.org/home/] OMPI [http://www.wipo.int/ipstats/es/statistics/patents/]

� Que países dedican unha maior porcentaxe do PIB á investigación tecnolóxica?

� Indique na columna baleira en que continente se atopa cada país. En que conti-nente hai maior investimento para investigación tecnolóxica? Que continente non está representado entre os trinta primeiros países do mundo?

� Que país acada a maior porcentaxe de investimento por parte do Estado? E por parte da industria?

� Que posición ocupa España? Parécelle que destina unha boa porcentaxe do PIB para investigación?

� Cómpre que os gobernos fomenten os investimentos en investigación. Razóeo.

� Existe unha fenda tecnolóxica entre os países desenvolvidos e os subdesenvol-vidos? Fai máis pobres aos pobres?

Page 28: SP SOC MOD 1 UNID 41.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica dedicaránselle o equivalente a 12 sesións lectivas presenciais, fa- cendo especial fincapé na

Páxina 28 de 43

� Que país ten rexistrado o maior número de patentes vixentes na actualidade? Poderiamos afirmar que España é un país cun alto índice de patentes rexistra-das? A cantidade é síntoma de desenvolvemento tecnolóxico?

S26. A globalización foi posible, grazas á universalización dos procesos económicos, ás telecomunicacións, aos sistemas informáticos, á desaparición de fronteiras entre países. Fíxese nesta listaxe de logros históricos. Dela desapareceron as seguintes palabras: Pingala, Wagner, sumerio, Pascal, lúa, internet, ábaco, im-prenta, obreiros e Laika. Colóqueas no seu lugar axeitado.

Cronoloxía Avance técnico Cronoloxía Avance técnico

3500 a.C. ���� Escritura cuneiforme do pobo

____________. (1) 1871

���� Antonio Meucci, inventor do teléfono ou teletrófono.

3500 a.C. ���� Aparición da roda para transporte. 1895-1896 ���� Popov emite mensaxes telegráficas.

500 a.C. ���� Os chinos facían contas rápidas cun

____________. (2) 1896 ���� Marconi. Primeira patente sobre a radio.

300 a.C ���� O matemático hindú ____________. (3)

descobre o sistema numérico binario 1895

���� Irmáns Lumiêre proxectan publicamente a saída de ________ (4)dunha fábrica de Lión

1437-1447 ���� A ________________. (5) de Guttem-

berg 1920

���� Arxentina. 1ª retransmisión de entretemento radiofónica: Parsifal do compositor ______________. (6)

1623 ���� 1ª calculadora mecánica de W. Schic-

kard en Alemaña chamada reloxo calcu-lador

1925 ���� John Logie Baird efectúa os primeiros

ensaios reais da TV.

1645 ���� Blaise __________ (7) inventa a Pas-

qualina 1937

���� Francia e Reino Unido: primeira transmisión regular da TV electrónica.

1666 ���� Primeira calculadora do matemático

alemán Gottfried von Leibniz 1941 ���� Computador Z3

1765-1784 ���� Aparición da máquina de vapor 1947 ���� Primeiro transistor

1861-1876 ���� Aparición do motor de explosión 1964 ���� Primeira referencia dun computador persoal.

1957 (out/nov)

���� Lanzamento do 1º satélite artificial da Terra pola URSS. Unha cadela viaxa ao espazo, o seu nome (8) ____________.

1972 ���� Primeira consola, sen son e sen cor. Maga-

navox Odyssey.

1961 (12 abril)

���� Yuri Gagarín, da URSS, en órbita. 1979 ���� Os asiáticos crean a primeira xeración de

celulares.

1963 (16 xuño)

���� Valentina Tereskova, primeira muller rusa en órbita.

1989 ���� Primeira videoconsola portátil, con centos

de xogos. Game Boy.

1969 (20 xullo)

���� Neil Armstrong pisa a ___________ (9) (EEUU)

1997 ���� Nacen as plataformas dixitais por satélite.

1969 (21 nov)

���� Primeira rede intercomunicada ____________. (10)

2002 ���� Formato de audio comprimido.

Page 29: SP SOC MOD 1 UNID 41.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica dedicaránselle o equivalente a 12 sesións lectivas presenciais, fa- cendo especial fincapé na

Páxina 29 de 43

5. Exercicios de autoavaliación

1. A mundialización é un fenómeno económico, político, social e cultural, iniciado na década dos noventa do século XX, e baseado en factores como...

� As novas tecnoloxías da comunicación.

� Grandes avances dos medios de transporte.

� A liberdade de capitais e a existencia de multinacionais.

� Todas as anteriores

2. Os movementos antiglobalización...

� Están en contra das consecuencias negativas da globalización.

� Só están en contra da liberdade de capitais e a existencia de multinacionais.

� Non existen.

� Están en contra das novas tecnoloxías da comunicación.

3. A economía mundial organízase ao redor de tres rexións, fundamentalmente:

� Unión Europea, Rusia, Xapón.

� Unión Europea, Estados Unidos, Xapón.

� Estados Unidos, Xapón, China.

� Xapón, China e Rusia.

4. Como se chama o organismo encargado de regular a estabilidade da economía internacio-nal?

� OMC.

� FMI.

� ONG.

� BM.

5. As empresas que controlan os mercados, o investimento e a tecnoloxía, e orientan as políti-cas económicas internacionais en beneficio propios chámanse...

� Modélicas

� Nacionais

� Transnacionais

� As tres respostas son correctas.

Page 30: SP SOC MOD 1 UNID 41.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica dedicaránselle o equivalente a 12 sesións lectivas presenciais, fa- cendo especial fincapé na

Páxina 30 de 43

6. A imprenta multiplicou a publicación de libros e abriu e permitiu o acceso á cultura a todos os individuos. A súa difusión debémoslla a...

� Newton.

� Guttemberg.

� Madame Curie.

� Kepler.

7. O comercio xusto...

� É un intercambio desigual entre produtores e consumidores.

� Está controlado por grandes multinacionais o que favorece o desenvolvemento.

� Baséase en pequenas explotacións familiares independentes ou cooperativas nun intercambio equitativo entre produtores e consumidores.

� Favorece a falta de respecto polo medio, propiciando a deforestación, contami-nación, destrución, ...

8. O encontro anual que realizan os membros do movemento por unha globalización diferente chámase...

� Foro Social Mundial.

� Fórum Filatélico.

� Nacións Unidas.

� Foro contra a globalización.

9. Na publicidade hai en ocasións mensaxes ocultas que reciben o nome de...

� Mensaxes iluminadas.

� Mensaxes subliminares.

� Mensaxes anuladoras.

� Mensaxes legais.

10. No terceiro mundo existe un grande número de persoas que non poden vivir no seu país por ter sido desprazados polas guerras, fames, actitudes racistas ou xenófobas... Esta poboa-ción recibe o nome de...

� Emigrados.

� Exiliados.

� Poboación desprazada.

� Poboación invasora.

Page 31: SP SOC MOD 1 UNID 41.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica dedicaránselle o equivalente a 12 sesións lectivas presenciais, fa- cendo especial fincapé na

Páxina 31 de 43

6. Solucionarios

6.1 Solucións das actividades propostas

S1.

���� En que séculos ...? ���� Canto tempo...?

���� Magallanes (s. XVI); Phileas Fogg (s. XIX); Fossett (s. XXI) ���� Magallanes (case 38 meses); Fogg (80 días); Fossett (66 horas)

���� Que quererá dicir...?

Ata o s. XIX os avances tecnolóxicos non permitían viaxar con rapidez; os novos transportes (ferrocarril e transporte marítimo), o trazado de vías terrestres e a ocu-pación de todos os continentes permitiu pór en contacto puntos moi afastados en pouco tempo.

���� Que medios ...? ���� Vantaxes e ...

���� Magallanes (marítimo); Fogg (ferrocarril, barco e globo); Fossett (aéreo)

���� Magallanes (lento e escasa tecnoloxía); Fogg (pouco experimentado no momento no que se redactou a novela); Fossett (perigoso ao voar só)

���� Que motivacións ...? Magallanes: demostrar a esfericidade da terra e o espírito aventureiro.

Fogg: novela de Joules Verne referente dos grandes avances da súa época; Fos-sett: afán de superación, de notoriedade, de conseguir unha marca mundial.

���� Busque en internet ...

Fossett desapareceu en setembro do 2007 (durante un voo sobre o deserto de Nevada) e declarado morto en febreiro 2008, tras atopar restos do seu avión.

Si que gardan paralelismos a vida dos dous aventureiros, os dous perderon a vida na súa aventura.

S2.

F – V – V – F – F – F – V – V – V – F.

S3.

Quedan fóra Canadá (por ser rexións virxes,cubertas de xeos que dificultan a súa explotación); Antártida (continente conxelado) e África subsahariana (controlada polas grandes multinacionais. Son países moi convulsos, subdesenvolvidos, con grandes dificultades para o seu progreso)

Page 32: SP SOC MOD 1 UNID 41.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica dedicaránselle o equivalente a 12 sesións lectivas presenciais, fa- cendo especial fincapé na

Páxina 32 de 43

S4.

OIT UE FMI GATT BIRD UNICEF

FAO UNESCO OTAN OMS BM IDH

S5.

���� PIB Cálculo de toda a actividade económica dun país; indicador que mide a súa riqueza.

���� PIB real per cápita Relación existente entre o Produto Interior Bruto dun país e a súa poboación.

���� Consumo de cal.

O home necesita consumir alimentos para obter o combustible e a enerxía que lle permita desenvolver as súas funcións vitais. A cantidade precisa para a vida está en torno ás 2000 calorías diarias, o acceso a elas ou non fálanos do grao de desenvolvemento dunha so-ciedade.

���� Liña de pobreza Ingreso mínimo que permite clasificar a poboación entre non pobres e pobres (cando os ingresos totais son insuficientes para obter o mínimo para a subsistencia).

S6.

���� Que diferenza ...? 0’632. Non. Se pensamos que 1 é o valor máximo estamos a falar dunha diferenza supe-rior á metade do valor, o que supón unha gran desigualdade.

���� En que continen-tes ...?

Os países co IDH máis elevado, no Norte de Europa, Oceanía e América do Norte; os países co IDH máis baixo, en África, suroeste Asia, sueste Europa e Sudamérica. Máis favorecido: norte de Europa. Menos desfavorecido: África.

���� Observando o mapa..

Si. Hai un claro desequilibro entre África e o sur asiático fronte ao resto do planeta (véxase mapa adxunto máis abaixo).

País Índice IDH País Índice IDH País Índice IDH

1. Islandia 0'968 10. Francia 0'952 111. Moldavia 0'708

2. Noruega 0'968 11. Finlandia 0'952 117. Bolivia 0'695

3. Australia 0'962 12. EEUU 0'951 146. Haití 0'529

4. Canadá 0'961 13. España 0'949 153. Iemen 0'508

5. Irlanda 0'959 38. Arxentina 0'869 173. Malí 0'380

6. Suecia 0'956 40. Chile 0'868 174. Níxer 0'374

7. Suíza 0'955 50. Séichelles 0'843 175. Guinea Bissau 0'374

8. Xapón 0'953 56. Libia 0'818 176. Burkina Faso 0'370

9. P. Baixos 0'953

76. Ucraína 0'788

177. Serra Leoa 0'336

Page 33: SP SOC MOD 1 UNID 41.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica dedicaránselle o equivalente a 12 sesións lectivas presenciais, fa- cendo especial fincapé na

Páxina 33 de 43

S7.

S8.

O endebedamento que contraeron os países pobres cos países ricos, para solucionar problemas económicos e sociais. Eses préstamos eran a tan altos xuros que os países pobres non foron quen de xerar riqueza dabondo para pagar, nin sequera, os xuros que xeran ano a ano.

���� Débeda externa Débeda contraída, nos anos 70, polos países pobres coas institucións multilaterais (FMI, os Bancos do norte e os estados do norte).

���� Divisas Moeda estranxeira en relación coa propia dun país determinado.

S9.

E F E C T O I N V E R N A D O I R O E

S O N S

G N C H U V I A A C I D A A C

O T E D T A

T A N E S

A M D N M N F E E

M I I O A O X Z

E N O I L L R T A

N A S C P A E I A

T C A O R S N U

O I Z T I T C G

S O I N A A I A

O N T E A C O

L G R M R I N

O E A E O F

S S T L N A

E N O U

D E B U R A C O C A P A O Z O N O

U A

Q S A L I N I Z A C I O N A U G A

S10.

���� Ideas principais. Os somalís viven do pastoreo. A auga é un ben escaso e por iso é defendido polos clans, incluso coa propia vida. Aínda que toda Somalia comparte elementos culturais comúns, o país está moi fragmentado entre os clans.

���� Por que a auga...? Pola escaseza e polo forte sentido de propiedade do clan.

���� Que vínculos...? Os do clan, ter antepasados comúns.

S11.

A gráfica representa os milleiros que intentan cruzar o Estreito, en condicións infrahumanas, e son rescatadas polas forzas españolas. Supón unha mínima parte das persoas que intentan buscar unha vida mellor e que, en moitos casos, perden a vida na travesía. Estes homes e mulleres buscan una vida digna, atraídos polo estado de benestar que caracteriza o primeiro mundo; foxen da pobreza, da fame, das guerras, da falta de liberdade, ...

Page 34: SP SOC MOD 1 UNID 41.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica dedicaránselle o equivalente a 12 sesións lectivas presenciais, fa- cendo especial fincapé na

Páxina 34 de 43

Observamos na gráfica que desde a última década do século XX este movemento de persoas vai aumentando progresivamente, acadando o punto máis alto no ano 2006, quizais motivado por un aumento das medidas de control por parte do goberno e os organismos españois encargados de vixiar as costas.

As posibles solucións (resposta libre). Sería importante que os países do primeiro mundo dedicasen os seus in-vestimentos sociais a políticas de desenvolvemento de infraestruturas nos países do Terceiro Mundo, xerando políticas de traballo e promoción social.

S12.

���� ONG máis antiga Cruz Vermella. Creada no ano 1863.

���� Época en Espa-ña?

Nos anos 40 e 50 do século XX. Ditadura Franquista.

���� Fin dunha ONG? Ofrecer axuda a grupos sociais ou países con graves necesidades básicas.

���� Información... Resposta libre

S13.

���� Que países...? Dinamarca, Luxemburgo, Holanda, Noruega e Suecia ( norte de Europa).

���� En que aspectos ...?

Redución da mortalidade infantil e redución da tuberculose.

���� En que temas queda ...?

Erradicar a pobreza, reducir a mortalidade infantil, mellorar a saúde materna, combater a SIDA, a malaria, ...

���� Que pensa...? Que é un país comprometido no esforzo de lograr os obxectivos da ONU.

S14.

1 2 3 4 5 6 7 8 15 46 50 55 57

+ 10’1 + 7’8 + 5’8 + 5’8 + 5’5 + 4’8 + 4’7 + 4’3 + 3’6 + 0’8 + 0’5 + 0’5 + 0’4

Supón unha sobreexplotación do planeta e xera grandes desigualdades no mundo; entanto que o primeiro mun-do dispón de tantos recursos, os habitantes do terceiro carecen dos recursos básicos para poder vivir digna-mente (auga, comida, vivenda, estudos...).

S15.

Trátase do desenvolvemento económico que é compatible coa conservación dos recursos do planeta e coa pre-servación do medio, de modo que poidan herdalo as xeracións futuras. O desenvolvemento sustentable baséa-se en tres conceptos básicos: ambiental, económico e social. Considérase o aspecto social pola relación entre o benestar social co medio ambiente e a bonanza económica.

S16.

� 2 nenos/as x 60 minutos unha hora x 24 horas do día x 365 días do ano = 1.051.200 nenos/as.

� Resposta libre. Non interesa ás multinacionais pois os afectados son pobres.

Page 35: SP SOC MOD 1 UNID 41.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica dedicaránselle o equivalente a 12 sesións lectivas presenciais, fa- cendo especial fincapé na

Páxina 35 de 43

S17.

���� Medicamentos con patentes

Medicamentos de investigación propia dun laboratorio, rexistrados como propiedade propia e comercializados por ese laboratorio.

���� Xenéricos Aqueles medicamentos que xa non están protexidos pola patente do seu investigador, o que abarata o custo.

���� Caso Novartis O goberno indio, líder en medicamentos xenéricos, foi denunciado pola multinacional e acusado de non cumprir coa política de propiedade intelectual da OMC, o que puña en perigo o acceso do pobo aos medicamentos. A multinacional perdeu a demanda.

S18.

���� Imaxe 1

Racismo: unha caricatura do século XIX de Sara Baartman, unha muller Khoi-san que era exhibida espida nunha gaiola como unha atracción complementaria en Inglaterra, ante a indignación da Asociación Africana. Despois da súa morte, os seus xenitais fo-ron diseccionados e moldeados en cera. Nelson Mandela solicitou formalmente a Francia o regreso dos seus restos, que foran gardados no Musée de l'Homme de Pa-rís ata 1974.

���� Imaxe 2 Violencia de xénero: o home bate na muller cun pau como se foxe unha mula, un ani-mal. Idea de que a muller é unha propiedade do home.

���� Finalidade Intentar evitar a violencia de xénero, cunha discriminación positiva cara ás mulleres.

���� Discriminación positiva

Mellorar a calidade de vida de grupos discriminados mediante políticas preferenciais.

���� Interpretación

A gráfica demostra que, a partir da entrada en vigor da nova lei, aumentaron conside-rablemente as chamadas ao teléfono de axuda á muller. Iso non quere dicir que se erradicase a violencia contra a muller nin que diminuíra o número de mulleres mortas nas mans dos seus homes; hai moitos máis factores que inflúen nas estatísticas: a educación, a información...

S19.

���� Cal é o medio..? Teléfonos móbiles.

���� Que vantaxes ...? Permiten que as noticias cheguen de forma inmediata, que todo o mundo teña acceso á información, mais o perigo é a manipulación da información.

���� Media de móbiles China: 0’33. EEUU: 0’73. España: 1,02. Serra Leoa: 0’01. Romanía: 0’60

Page 36: SP SOC MOD 1 UNID 41.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica dedicaránselle o equivalente a 12 sesións lectivas presenciais, fa- cendo especial fincapé na

Páxina 36 de 43

S20.

Galicia hoxe La Voz de Galicia La Región El Progreso Faro de Vigo

El Correo Gallego Grupo Galego de Comu-

nicacións La Región de Ourense

Comunicación El Progreso

Prensa Ibérica

S21.

���� Idea principal A falta de liberdade de prensa en China.

���� Por que...? Fáltalles ética por antepor os beneficios ás liberdades (expresión e prensa). Si que poden facer outra cousa, aínda que iso lle ocasionaría grandes perdas económicas.

���� Que tipo de...? Independencia, Taiwan, praza de Tiananmen, Dalai Lama.

���� Que motivos ...? Regular a información ante noticias pouco saudables para a poboación.

S22.

���� Produto – Chupetes – Colchóns

���� Slogan – ¡Cuidado! Por el chupete pueden transmi-

tirse graves enfermedades. ¡Rechazadlo! – ¡Colchones como en América!

���� Resalta – O perigo (pola serpe) – A comodidade

���� Fai desexar – Rexeitar o chupete. – Botar unha sesta.

���� Vai dirixido a – Ás nais – Aos homes, eles son os que precisan

descansar.

���� Opinión – Resposta libre – Resposta libre

S23.

Resposta libre.

Page 37: SP SOC MOD 1 UNID 41.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica dedicaránselle o equivalente a 12 sesións lectivas presenciais, fa- cendo especial fincapé na

Páxina 37 de 43

6.2 Solucións das actividades complementarias

S24.

Institución Sigla Sede Competencias

���� Organización Mundial Comercio

OMC Xenebra (Suíza) Xorde en 1994 para establecer as regras do comercio internacional, baseadas en: código de conduta, reci-procidade. transparencia, acordos vinculantes, etc.

���� Grupo dos 8 G8 Reúnese de maneira rotatoria nalgún dos países...

Grupo dos países industrializados con peso económi-co e militar: Alemaña, Canadá, EEUU, Francia, Italia, Xapón, Reino Unido e Rusia.

���� Banco Mundial BM EEUU. Sede en Washington.

Organismo da ONU (185 membros), para reducir a pobreza do mundo mediante préstamos de baixos xuros, e apoio a países en vías de desenvolvemento.

���� Fondo Monetario Internacional

FMI EEUU. Sede en Washington DC

Promoción de políticas de cambio sustentables a nivel mundial para facilitar o comercio internacional e redu-cir a pobreza do mundo.

� Hemisferio das sedes destes organismos...

No Hemisferio Norte. Os membros do G8 tamén están no Hemisferio Norte, o que fala do predominio deste he-misferio sobre o Sur, onde están a meirande parte dos países subdesenvolvidos.

� Xeito en que afecta os países en vías de desenvolvemento.

Si que lles afecta, pois as grandes decisións económicas ou políticas tómanse sen ter en conta a súa opinión nin as súas necesidades, polo tanto é discriminatorio.

S25.

���� Que países ...? Suecia, Finlandia, Xapón, Corea, Suíza, Islandia, Estados Unidos, Alemaña, Dina-marca, Austria, Francia, Canadá, etc.

���� Indique na...

���� Europa: Alemaña, Austria, Bélxica, R. Checa, Dinamarca, Eslovaquia, España, Finlandia, Francia, Grecia, Holanda, Hungría, Islandia, Irlanda, Italia, Luxemburgo, Noruega, Polonia, Portugal, Reino Unido, Suecia, Suíza,

���� África: Sudáfrica. ���� Asia: Corea, Turquía, Xapón, China, F. Rusa, India. ���� América: Canadá, EEUU, México, Brasil. ���� Oceanía: Australia, Nova Zelandia.

Entre os 30 primeiros non está representada ÁFRICA.

���� Que país ...? ���� Estado: Federación Rusa e Italia.

���� Industria: Luxemburgo, Xapón e Suíza.

���� Que posición...? 22º lugar. É unha porcentaxe baixa de PIB.

���� Cómpre que ... Si, para buscar solucións a doenzas sen tratamento, para o desenvolvemento eco-nómico e social dos individuos.

���� Existe unha fenda ...

Si. Si. Se non se dedican cartos á investigación é imposible saír da pobreza: procurar solucións para os seus problemas.

Page 38: SP SOC MOD 1 UNID 41.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica dedicaránselle o equivalente a 12 sesións lectivas presenciais, fa- cendo especial fincapé na

Páxina 38 de 43

���� Que país ten... Os Estados Unidos. España ten unha porcentaxe moi baixa de patentes, escaso de-senvolvemento tecnolóxico, 11 veces inferior á dos EEUU.

S26.

1: Sumerio. 2: Ábaco. 3: Pingala. 4: Obreiros. 5: Imprenta. 6: Wagner. 7: Pascal. 8: Laika. 9: Lúa. 10: Internet.

Page 39: SP SOC MOD 1 UNID 41.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica dedicaránselle o equivalente a 12 sesións lectivas presenciais, fa- cendo especial fincapé na

Páxina 39 de 43

6.3 Solucións dos exercicios de autoavaliación

1. A mundialización é un fenómeno económico, político, social e cultural, iniciado ...

� Todas as anteriores

2. Os movementos antiglobalización ...

� Están en contra das consecuencias negativas da globalización.

3. A economía mundial organízase ao redor de tres rexións, fundamentalmente, ...

� Unión Europea, Estados Unidos, Xapón.

4. Como se chama o organismo encargado de regular a estabilidade da economía?

� FMI.

5. As empresas que controlan os mercados, o investimento e a tecnoloxía, e orientan ...

� Transnacionais.

6. A imprenta multiplicou a publicación de libros e abriu e permitiu o acceso á cultura ...

� Guttemberg.

Page 40: SP SOC MOD 1 UNID 41.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica dedicaránselle o equivalente a 12 sesións lectivas presenciais, fa- cendo especial fincapé na

Páxina 40 de 43

7. O comercio xusto...

� Baséase en pequenas explotacións familiares independentes ou ...

8. O encontro anual que realizan os membros do movemento por unha “globalización ...

� Foro Social Mundial.

9. Na publicidade hai en ocasións mensaxes ocultas que reciben o nome de...

� Mensaxes subliminares.

10. No terceiro mundo existe un gran número de persoas que poden vivir no seu país por ter ...

� Poboación desprazada.

Page 41: SP SOC MOD 1 UNID 41.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica dedicaránselle o equivalente a 12 sesións lectivas presenciais, fa- cendo especial fincapé na

Páxina 41 de 43

7. Glosario

A ���� Aldea global Termo definido por un sociólogo canadense co que intentaría explicar que grazas ao progreso tecnolóxico todos os habitantes do planeta se coñecerían e poderían comunicar-se dun xeito instantáneo e directamente.

C ���� Comercio xusto Sistema alternativo de comercio, promovido polas organizacións non gobernamentais, as Nacións Unidas, e organizacións pacifistas e ecoloxistas, para o establecemento de rela-cións comerciais voluntarias e xustas entre produtores e consumidores.

���� Conflitos

armados

Conflitos bélicos en que participan dúas potencias que non se poñen de acordo en temas territoriais, económicos, políticos, ... e que empregan medios mecánicos de armamento para derrotar o seu inimigo.

���� Consumo

responsable

Idea defendida por ecoloxistas, ONG, Nacións Unidas, etc., que consideran que os seres humanos deberían mudar os seus hábitos de consumo axustándoos ás súas necesidades reais, respectando o medio e a igualdade social.

M ���� Mensaxe subliminar Sinal ou mensaxe na publicidade, no cine e en todos os medios de comunicación, e que pasan por debaixo dos límites normais de percepción.

���� Movementos

migratorios Desprazamentos da poboación que supoñen un cambio de residencia. Comprende os movementos de saída, ou emigración, e os movementos de entrada, ou inmigración.

P ���� Patente Dereito outorgado polo Estado a un inventor, sobre un novo produto, para que sexa explo-tado industrialmente en beneficio da sociedade a cambio da exclusividade do seu creador durante un período limitado de tempo (sobre 20 anos).

���� Pegada ecolóxica Indicador da sustentabilidade que intenta avaliar o impacto sobre o planeta dos distintos xeitos de vida e comparalo coa súa biocapacidade.

���� Publicidade Técnica de comunicación masiva, emitida por distintos medios, para informar e motivar o público sobre un produto e favorecer o seu consumo.

S ���� Sociedade do

benestar

Na década dos 80 do século XX comezouse a empregar esta expresión para definir aque-las sociedades onde se mantén ou se desenvolve unha economía de mercado e un con-xunto de prestacións sociais no marco dun réxime de liberdades.

���� Sociedade de

consumo

Termo económico e sociolóxico que se refire á etapa avanzada do desenvolvemento industrial capitalista, caracterizada polo excesivo consumo de bens e servizos dispoñibles, grazas á elevada produción.

���� Subdesenvolvemento Etapa no desenvolvemento económico e social dos países que loitan por conquistar o estado de benestar.

T ���� Transnacional Empresa que opera en varios países, mediante filiais, que poden ser xuridicamente inde-pendentes e que sitúa por riba de todo a obtención de beneficios.

Page 42: SP SOC MOD 1 UNID 41.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica dedicaránselle o equivalente a 12 sesións lectivas presenciais, fa- cendo especial fincapé na

Páxina 42 de 43

8. Bibliografía e recursos

Bibliografía

� Consellería de Educación. Libros para a educación secundaria a distancia. Ámbito da sociedade. Módulo 3 (unidades didácticas 1, 3 e 4). Módulo 4B (unidade didáctica 4).

[http://www.edu.xunta.es/ea/]

� Albert, A.; Benejan, P.; Casas, M.; Comas, P.; Oller, M. 3 Ciencias Sociais, Xeografía Ecúmene. Vicens Vives. Educación Secundaria. Barcelona, 2002. Páxinas 222-233. [ISBN: 84-316-6586-6].

� Granda, C.; Hernández, C.; Gómez-Ferrer, M.; Núñez, R. Xeografía. Ciencias Sociais. Galicia. 3º Secundaria. Oxford Educación. Madrid, 2003. [ISBN: 84-8104-578-0].

� Rozas Caeiro, A.; Seco Pérez, E. Xeografía 3 ESO. Ed. Xerais. Vigo, 2002. Páxinas 106-127. [ISBN: 84-8302-805-0].

Ligazóns de internet

� Banco Mundial.

[http://www.bancomundial.org/]

� Canal Solidario (comunicación para o cambio social).

[http://www.canalsolidario.org/web/]

� Desenvolvemento da Educación en valores.

[http://www.educacionenvalores.org/?lang=gl]

� Fondo Monetario Internacional.

[http://www.imf.org/]

� Intermón Oxfam.

[http://www.intermonoxfam.org/es/page.asp?id=1]

� Organización Mundial do Comercio.

[http://www.wto.org/indexsp.htm]

� Organización Nacións Unidas.

[http://www.un.org/spanish/]

� Publicidade.

[http://iovem.wordpress.com/2009/03/18/actividad-5-elementos-de-la-comunicacion-publicitaria/]

� Transnationale (páxina sobre empresas: historial, propietarios, etc.).

[http://es.transnationale.org/]

Page 43: SP SOC MOD 1 UNID 41.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica dedicaránselle o equivalente a 12 sesións lectivas presenciais, fa- cendo especial fincapé na

Páxina 43 de 43

Outros recursos

Filmografía

� Cry Freedom (“Berra Liberdade”), de Richard Attenborough. Reino Unido, 1987. Na-rra a amizade entre un periodista branco surafricano, Donald Woods, e o carismático lí-der do movemento negro Steve Biko.

[http://www.uhu.es/cine.educacion/cineyeducacion/periodismogritalibertad.htm]

Novela

� Bayle, R-M. ¡Recuerda Akeza! El genocidio de Ruanda. Ed. Bruño. Amnistía Interna-cional, colección Yo acuso. [ISBN: 84-216-3797-5]. Ruanda, entre 1994 e 1996, Akeza e Habimana viven un auténtico inferno: guerras, masacres, xenocidios, etc.

� Mallorquí, C. O último traballo do señor Luna. Ed. Rodeira-Periscopio, nº 13. A Coru-ña, 2000. [ISBN:84-8116-739-8]. Novela de aventuras na que un neno superdotado, un poderoso narcotraficante boliviano, unha emigrante latinoamericana en Madrid e un asasino a soldo encaixan nun crebacabezas, demostrando que o mundo é tan pequeno que ninguén pode agocharse eternamente.