Solución ficha diapositiva 5 e 6

4
IDADE CONTEMPORÁNEA DIAPOSITIVA 5 e 6 1. Por que tipo de empresas se substitúen os talleres artesanais? Os talleres artesanais substitúense polas fábricas que empregaban un gran número de obreiros. 2. Por que medran as cidades? As cidades creceron pola chegada dos campesiños que buscaban traballo nas fábricas. VÍDEO: A Revolución industrial 3. Busca no dicionario e explica o significado dos seguintes termos: a. Comunal (uso comunal) De usos compartido por varias persoas á vez ou por unha comunidade. b. Estabular Criar o gando en cortes. c. Excedente Cantidade que excede ou sobra. d. Autoconsumo Consumo de produtos propios. e. Metalurxia Industria e técnica que se dedica á transformación e elaboración de metais. f. Siderurxia Parte da metalurxia que estuda e aplica as técnicas da produción industrial do ferro e das súas aliaxes. g. Rede de saneamento Rede de tubaxes que ten por finalidade resolver a subministración de auga á poboación, atender a evacuación das augas negras, as de chuvias e a eliminación dos lixos. h. Mortalidade

Transcript of Solución ficha diapositiva 5 e 6

Page 1: Solución ficha diapositiva 5 e 6

IDADE CONTEMPORÁNEA

DIAPOSITIVA 5 e 6

1. Por que tipo de empresas se substitúen os talleres artesanais?

Os talleres artesanais substitúense polas fábricas que empregaban un gran número de

obreiros.

2. Por que medran as cidades?

As cidades creceron pola chegada dos campesiños que buscaban traballo nas fábricas.

VÍDEO: A Revolución industrial

3. Busca no dicionario e explica o significado dos seguintes termos:

a. Comunal (uso comunal)

De usos compartido por varias persoas á vez ou por unha comunidade.

b. Estabular

Criar o gando en cortes.

c. Excedente

Cantidade que excede ou sobra.

d. Autoconsumo

Consumo de produtos propios.

e. Metalurxia

Industria e técnica que se dedica á transformación e elaboración de metais.

f. Siderurxia

Parte da metalurxia que estuda e aplica as técnicas da produción industrial do ferro

e das súas aliaxes.

g. Rede de saneamento

Rede de tubaxes que ten por finalidade resolver a subministración de auga  á

poboación, atender a evacuación das augas negras, as de chuvias e a

eliminación dos lixos.

h. Mortalidade

Proporción entre o número de individuos que morren no seo dunha poboación e o

número de membros que a forman, nun tempo determinado.

4. En que país e en que século xurde a Revolución Industrial?

A Revolución Industrial xurde en Inglaterra na segunda metade do século XVIII.

5. No referente á agricultura, fai un esquema cos cambios máis importantes (ata o minuto 1,25)

Page 2: Solución ficha diapositiva 5 e 6

6. Que máquina propiciou o gran desenvolvemento da industria a partir do século XIX?

A máquina de vapor foi o invento que propiciou o gran desenvolvemento que tivo a no

industria durante o século XIX.

7. Por que se substituíu a la polo algodón na fabricación de téxtiles?

Substituíuse a la polo algodón porque traíase moito algodón das colonias e era un

material máis fácil de tratar que a la. Creáronse máquinas de fiar movidas por máquinas

de vapor que substituíron a enerxía humana por mecánica.

8. Por que cres que aumentan as minas de carbón?

Aumentan as minas de carbón porque o carbón é o combustible que utilizan as máquinas

de vapor.

9. Como inflúe a máquina de vapor e a maior produción de ferro no transporte?

A máquina de vapor e a maior produción de ferro teñen unha gran influenza no sector do

transporte. Créase a primeira locomotora e utilízase o ferro para facer as vías do

ferrocarril que vai reducir o tempo no transporte de mercadorías e de persoas.

10.Que é o éxodo rural?

As melloras na agricultura reduciron a man de obra no campo polo que moitos

agricultores buscaron traballo nas fábricas, nos comercio ou nas escolas artesanais das

cidades, o que se denominou éxodo rural.

AGRICULTURA

Antes da Revolución Industrial

Parcelas uso comunal

Autoconsumo

Ferramentas básicas

Despois da Revolución Industrial

Propiedade privada

Gandería libre

Innovacións técnicas

Excedente

Comercialización

Estabulación

Sistemas de cultivo máis produtivos

Page 3: Solución ficha diapositiva 5 e 6

11.Como e por que melloran as condicións de vida das persoas nesta época?

As condicións de vida das persoas da época melloraron porque

Había excedente de alimentos que viña do campo

Se crearon redes de saneamento que melloraron as condicións sanitarias nas

cidades

O xabón

12.Fíxate na última imaxe do vídeo e fai un esquema completo sobre a Revolución Industrial

e as súas consecuencias.

Irá en documento aparte.

SÉCULO XX

13.Cantas guerras mundiais houbo no século XX? Participou nelas España directamente?

No século XX houbo dúas guerras mundiais nas que España non participou

directamente.

14.En que ano se aprobou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos?

A Declaración Universal dos Dereitos Humanos aprobouse despois da II Guerra Mundial,

no ano 1948.

15.Divírtete coa canción sobre os Dereitos Universais. Atréveste cos teus compañeiros e

compañeiras a adaptala ao galego e cantala?