Sistema Solar Sara M

6
1. O Sistema Solar- Características O Sistema Solar pertence á galaxia chamada Vía Láctea, que está constituída por centos de miles de estrelas. É un conxunto formado por unha estrela e os corpos celestes que orbitan ao seu arredor. O noso Sistema Solar está integrado polo Sol oito grandes planetas, os satélites destes, planetas menores, asteroides e cometas. O SOL: Estrela central. O Sol é a estrela única e central do Sistema Solar e o astro con maior brillo aparente. O Sol ten un diámetro de 139200km. As temperaturas son extremadamente altas, na superficie alcanza unha temperatura de 5500 o C, mais no núcleo a temperatura é moito máis alta, uns 15.600.000 o C.

description

 

Transcript of Sistema Solar Sara M

Page 1: Sistema Solar Sara M

1. O Sistema Solar- Características

O Sistema Solar pertence á galaxia chamada Vía Láctea, que está constituída por

centos de miles de estrelas. É un conxunto formado por unha estrela e os corpos

celestes que orbitan ao seu arredor.

O noso Sistema Solar está integrado polo Sol oito grandes planetas, os satélites

destes, planetas menores, asteroides e cometas.

O SOL: Estrela central.

O Sol é a estrela única e central do Sistema Solar e o astro con maior brillo aparente.

O Sol ten un diámetro de 139200km. As temperaturas son extremadamente altas, na

superficie alcanza unha temperatura de 5500oC, mais no núcleo a temperatura é

moito máis alta, uns 15.600.000oC.

Page 2: Sistema Solar Sara M

Entre os corpos que xiran arredor do sol, podemos diferenciar tres categorías.

Primeira categoría: Planetas. Os planetas son corpos celestes que están en

órbita arredor do Sol e que teñen masa suficiente para ter gravidade propia,

para superar as forzas ríxidas dun corpo, adquirindo unha forma esférica, e que

despexaron as inmediacións da súa órbita.

Segunda categoría: Planetas ananos. Os planetas ananos son corpos

celestes que se diferencian dos grandes planetas en que non despexaron as

inmediacións da súa órbita.

Terceira categoría: Demais corpos que orbitan arredor do Sol. Asteroides,

meteoritos e satélites.

OS PLANETAS:

Son oito os planetas que xiran arredor do Sol: Mercurio, Venus, a Terra, Marte,

Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno. Algúns deles teñen satélites e outros non.

Un planeta é un corpo celeste que orbita arredor dunha estrela, ten suficiente masa para que a súa gravidade permita superar as forzas do corpo ríxido adquirindo unha forma practicamente esférica e limpou a súa órbita doutros corpos celestes menores, polo tanto ten dominancia orbital.

Page 3: Sistema Solar Sara M

Características dos planetas do Sistema Solar

Planeta Distancia ao Sol

Diámetro Tempo de translación

Tempo de rotación

Temperatura Atmosfera Satélites

Mercurio 57,9·106km 4879km 88 días 58 días e medio

Aprox. 480oCmáx 170oC min

- -

Venus 108,2·106km 12000km 225 días 243 días Aprox. 450oC Nitróxeno e dióxido de carbono

-

A Terra 149,6·106km 12765km 1 ano 1 día (24h) Aprox. 15oC Nitróxeno e osíxeno. CO2 e auga en menor cantidade

1

Marte 227,9·106km 6794km 687días 1 día (24h) Aprox. -63oC Dióxido de carbono, e 0,03% de auga.

2

Xúpiter 778,8·106km 142984km 12 anos 10horas -120oC Hidróxeno, helio, metano e amoníaco

63

Saturno 1429,4·106km 120536km 29,46 anos 10,39horas -125oC Hidróxeno, helio e metano

61

Urano 2879,9·106km 51110km 84anos 17 horas -205oC Hidróxeno, metano e outros hidrocarburos

27

Neptuno 4501,3·106km 49492km 164anos 16,1horas -235oC Hidróxeno, helio e metano.

13

Page 4: Sistema Solar Sara M

OS PLANETAS ANANOS:

Os planetas ananos son corpos celestes, que a diferenza dos grandes planetas non limparon a súa órbita. No noso Sistema Solar hai cinco planetas ananos: Ceres, Plutón, Eris, Makemake e Haumea.

Planeta Diámetro medio

Diámetro Tempo de translación

Tempo de rotación

Satélites

Ceres 0,074 952,4km 4,599 anos 0,3781 días

-

Plutón 0,22 2302km 247,92 anos -6,39 días 3

Haumea 0,09 285,4 anos 0,167 días 2

Makemake 0,12 309,9 anos ? -

Eris 0,19 557 anos ? 1

Page 5: Sistema Solar Sara M

OS SATÉLITES

Os Satélites son corpos celestes que orbitan arredor doutros. A súa formación non está demasiado clara e hai varias teorías que a explican.

Captura gravitacional: esta teoría suxire que algúns satélites de algún planeta puideran ser en principio asteroides ou cometas que ao acercarse moito a un planeta o suficientemente grande, quedaron atrapados pola súa gravidade. Así podemos explicar a formación de satélites como os dous de Marte, ou os 63 de Xúpiter.

Acrección: esta teoría expón que algúns satélites puideron ser formados pola unión de fragmentos máis pequenos, como os planetas.

Impacto planetario: esta teoría é a que explica a formación do satélite da Terra, a Lúa. O impacto doutro planeta coa Terra, provocou que un fragmento desta se desprendese e quedase na órbita da Terra, formándose así a Lúa.

Page 6: Sistema Solar Sara M

2.Formación do Sistema Solar.

É difícil precisar a orixe do Sistema Solar.

1. Segundo a teoría de Laplace, unha inmensa nube de gas e po, contraeuse por causa da forza da gravidade, e comezou a xirar a gran velocidade, debido, probablemente, á explosión dunha supernova cercana.

2. A maior parte da materia acumulouse no centro. Como a presión era moi elevada os átomos comezaron a romperse, liberando así moita enerxía e formando unha estrela.

3. Producíanse moitas colisións entre obxectos que se acercaban e se unían ou se chocaban fortemente e se rompían. Nos aneis que se atopaban máis preto do Sol, (nos que se concentraban elementos máis pesados), fóronse formando, por colisións os protoplanetas rochosos. Nos aneis de hidróxeno, (que se atopaban máis lonxe do Sol), formáronse os protoplanetas gasosos.

4. Posto que predominaron os encontros construtivos ao paso de 100 millóns de anos, o Sistema Solar, adquiriu un aspecto semellante ao que ten hoxe en día.

5. Logo, cada planeta seguiu coa súa evolución.

1

2

3 5

4