SICRI-2017 nunha ollada - SERGAS · • Este documento non inclúe recomendacións nin reflexións...

19
Nunha ollada 2017 Sistema de información sobre condutas de risco (SICRI) SICRI-2017 nunha ollada Resumo dos principais resultados da enquisa sobre condutas de risco na poboación galega realizada en 2017.

Transcript of SICRI-2017 nunha ollada - SERGAS · • Este documento non inclúe recomendacións nin reflexións...

Page 1: SICRI-2017 nunha ollada - SERGAS · • Este documento non inclúe recomendacións nin reflexións sobre os resultados. • A medida que haxa información mais detallada sobre algún

Nunha ollada 2017

Sistema de información sobre condutas de risco (SICRI)

SICRI-2017 nunha ollada

Resumo dos principais resultados da enquisa sobre condutas de risco na poboación galega realizada en 2017.

Page 2: SICRI-2017 nunha ollada - SERGAS · • Este documento non inclúe recomendacións nin reflexións sobre os resultados. • A medida que haxa información mais detallada sobre algún

Nunha ollada 2017

• Este documento é un resumo dos principais resultados obtidos no SICRI do ano 2017. Este documento

presenta “nunha ollada” información sobre diferentes condutas de risco para a saúde.

• Este documento non inclúe recomendacións nin reflexións sobre os resultados.

• A medida que haxa información mais detallada sobre algún dos temas tratados na enquisa darase conta

neste documento, engadindo o sinal Máis polo miúdo.

• OLLO! débese ter en conta que os resultados do SICRI, por proceder dunha mostra da poboación, están

sometidos á variabilidade que depende da mostraxe. A diferenza do que ocorre cos documentos aos que

se pode acceder na Web, neste documento non se fai explícita por cuestións de espazo.

Sobre este documento

Page 3: SICRI-2017 nunha ollada - SERGAS · • Este documento non inclúe recomendacións nin reflexións sobre os resultados. • A medida que haxa información mais detallada sobre algún

Nunha ollada 2017

• O sistema de información de condutas de risco (SICRI) ten como obxectivo

principal identificar a presenza que teñen na poboación galega diferentes

factores de risco para a saúde.

• Empezou a súa andaina no ano 2005 e dende entón realizáronse 8 estudos

máis, nos anos 2006, 2007, 2010, 2011, 2014, 2015, 2016 e 2017.

Sobre o SICRI

Page 4: SICRI-2017 nunha ollada - SERGAS · • Este documento non inclúe recomendacións nin reflexións sobre os resultados. • A medida que haxa información mais detallada sobre algún

Nunha ollada 2017

• Ámbito

– Xeográfico: Galicia– Poboacional: Residentes de 16 anos en diante– Temporal: 2017

• Tamaño da mostra: 7.841 individuos

• Mostraxe: Aleatoria estratificada a partir da base de Tarxeta Sanitaria

• Recollida de información: Enquisa telefónica asistida por ordenador (CATI)

• Período de realización do estudo: enquisas mensuais entre xaneiro-decembro de 2017

• Garántese a representatividade dos datos obtidos en homes e mulleres en 4 grupos de idade: 16-24, 25-44, 45-64 e 65 e máis.

Sobre o SICRI-2017

Page 5: SICRI-2017 nunha ollada - SERGAS · • Este documento non inclúe recomendacións nin reflexións sobre os resultados. • A medida que haxa información mais detallada sobre algún

Nunha ollada 2017

• Percepción do estado de saúde

• Consumo de tabaco

• Exposición ao fume ambiental de tabaco

• Abandono de tabaco no embarazo

• Consumo de alcohol

• Consumo de cannabis

• Gastroenterite: estimación da prevalencia

• Antibióticos

• Dieta

• Etiquetas nutricionais

• Percepción do peso e talla

• Uso de internet

• Ludopatía

Temas tratados no SICRI-2017

Page 6: SICRI-2017 nunha ollada - SERGAS · • Este documento non inclúe recomendacións nin reflexións sobre os resultados. • A medida que haxa información mais detallada sobre algún

Nunha ollada 2017

5 de cada 10 galegos perciben a súa saude como boa ou moi boa

• A saúde autopercibida é unha aproximación

útil ao nivel de saúde de unha poboación.

• O 50% dos galegos consideran ter bo

estado de saúde; isto é, din que o seu estado

de saúde é bo ou moi bo.

• A percepción de bo estado de saúde

diminúe ao aumentar a idade.

• O sexo é condicionante da saúde percibida

en Galicia. Entre a poboación de 65 en diante

o 29% das mulleres perciben como mala ou

moi mala a súa saúde fronte ao 21% dos

homes.

PERCEPCIÓN DO ESTADO DE SAÚDE

Page 7: SICRI-2017 nunha ollada - SERGAS · • Este documento non inclúe recomendacións nin reflexións sobre os resultados. • A medida que haxa información mais detallada sobre algún

Nunha ollada 2017

A diario fuman 16 de cada 100 galegos.....

• O tabaco é o factor de risco evitable que máis

mortalidade causa en Galicia.

• A idade media á que se empeza a fumar son os 19

anos.

•As prevalencias de consumo son máximas entre os

25-44 anos (29%) e mínimas a partires dos 65 anos

(5%).

•O 78% dos fumadores fuman tabaco rubio e o 22%

picadura.

• A 6 de cada 10 fumadores gustaríalles deixar de

fumar e 2 de cada 10 están preparados para facelo. O

28% dos fumadores tentaron deixar de fumar no

último ano.

• Os exfumadores levan 15,3 anos de media sen

fumar. Nos máis novos (16-24 anos) este tempo é de 1

ano e medio.

CONSUMO ACTUAL DE TABACO

Page 8: SICRI-2017 nunha ollada - SERGAS · • Este documento non inclúe recomendacións nin reflexións sobre os resultados. • A medida que haxa información mais detallada sobre algún

Nunha ollada 2017

... e 15 de cada 100 din estar expostos ao fume de tabaco

PORCENTAXE DE EXPOSTOS AO FAT: DIARIO E OCASIONAL• O fume ambiental de tabaco (FAT) é o

carcinóxeno ambiental mais estendido.

• O 30% dos galegos din estar expostos,

ben a diario ou de xeito ocasional, ao FAT en

calquera dos catro ámbitos estudados. O

31% dos homes din estar expostos fronte ao

29% das mulleres.

• A prevalencia máis alta de exposición ao

FAT declárase na casa (15%). Se ben

destaca a exposición ao FAT dos máis novos

(16-24 anos) nos lugares de ocio (31%).

• Destaca que, en calquera dos ámbitos

estudados, a exposición ao FAT diminúe coa

idade.

Page 9: SICRI-2017 nunha ollada - SERGAS · • Este documento non inclúe recomendacións nin reflexións sobre os resultados. • A medida que haxa información mais detallada sobre algún

Nunha ollada 2017

2 de cada 10 fumadores fuman tabaco de lear

• O 8% dos fumadores galegos consumen máis

dunha labor do tabaco.

• Os fumadores galegos consumen maioritariamente

cigarrillos rubios.

• A prevalencia de consumo de cigarrillos negros só

é relevante a partir dos 45 anos, así entre os

fumadores de 45 anos en diante o 13,1% fuman

tabaco negro.

• O consumo de tabaco de lear (picadura) entre os

fumadores, que no ano 2007 era do 1,8%, segue a

aumentar e en 2017 é do 22,3%.

• 3 de cada 1.000 galegos (uns 6.700) fuman

cigarrillos electrónicos.

• A prevalencia de consumo de IQOS é despreciable

(só 2 persoas dixeron que o consumían).

PORCENTAXE DE FUMADORES QUE

CONSUMEN TABACO DE LEAR

Page 10: SICRI-2017 nunha ollada - SERGAS · • Este documento non inclúe recomendacións nin reflexións sobre os resultados. • A medida que haxa información mais detallada sobre algún

Nunha ollada 2017

7 de cada 10 mozos beberon alcohol no último mes

PORCENTAXE DE MOZOS CONSUMIDORES DE

ALCOHOL NAS 4 ÚLTIMAS SEMANAS

• O consumo de alcohol é o factor de risco máis

prevalente en Galicia.

• O 65,3% dos mozos de 16 a 24 anos declaran

beber alcohol no último mes. A prevalencia de

consumo aumenta coa idade, así aos 16 anos é

do 33,9% pasando ao 66,9% aos 18 anos,

momento no que se estabiliza.

• Consumen máis os mozos que as mozas,

excepto nos mais novos (16-17 anos) nos que a

prevalencia foi similar.

• O 27,4% dos mozos din que asistiron a un

botellón nas 4 semanas anteriores á entrevista.

Asistiron máis os rapaces e aqueles de 18 a 20

anos.

• O 15,8% practican consumo de atracón ou

binge drinking, máis os rapaces. A prevalencia de

binge drinking aumenta coa idade.

Binge drinking ou consumo de atracón: Beber 5 ou máis bebidas

alcohólicas de forma seguida ou nun prazo dun par de horas.

Page 11: SICRI-2017 nunha ollada - SERGAS · • Este documento non inclúe recomendacións nin reflexións sobre os resultados. • A medida que haxa información mais detallada sobre algún

Nunha ollada 2017

2 de cada 10 galegos beben alcohol a diario ou case a diario

PORCENTAXE DE CONSUMIDORES DE ALCOHOL

NAS 4 ÚLTIMAS SEMANAS

• O 18,8% dos galegos maiores de 15 anos

declaran beber alcohol a diario ou case a diario.

A prevalencia de consumo é máis alta nos

homes (28,2% vs. 10,3%) e aumenta coa idade

(16-24 anos: 1,5%; 25-44: 8,4%; 45-64:

24,0%; 65 e máis: 28,4%)

• O consumo de atracón ou binge drinking, que

diminúe ao aumentar a idade, concéntrase nos

homes; así, o 8% declaran practicar polo

menos 1 vez ao mes este tipo de consumo

fronte ao 1% das mulleres.

• O 3,4% dos galegos presentan un consumo

de alcohol de risco segundo a súa puntuación

no AUDIT, 5,8% dos homes e 1,2% das

mulleres. A porcentaxe de bebedores

clasificados polo AUDIT como dependentes é

inferior ao 1%.

Page 12: SICRI-2017 nunha ollada - SERGAS · • Este documento non inclúe recomendacións nin reflexións sobre os resultados. • A medida que haxa información mais detallada sobre algún

Nunha ollada 2017

3 de cada 100 galegos fuman cannabis

PORCENTAXE DE CONSUMIDORES DE CANNABIS

NO ÚLTIMO ANO

• O 2,6% dos galegos maiores de 15 anos declaran

fumar cannabis, sendo a prevalencia máis alta entre

os homes (4,0% vs. 1,4%) e diminúe a medida que

avanza a idade; así na poboación de 16 a 24 anos a

prevalencia é do 8,8%, entre os 25-44 do 5,1% e a

partir dos 45 anos sitúase por baixo do 1%.

• O 25,8% dos fumadores de cannabis declaran

fumalo a diario, non aparecendo diferenzas en

función do sexo, nin nos grupos de idade onde o

consumo é máis frecuente (16-24 e 25-44).

• O 91,0% dos consumidores fuman o cannabis na

casa, ben na que viven ou na doutra persoa.

• O 10,4% dos consumidores de cannabis presentan

un consumo de risco, o 10,8% dos homes e o 9,2%

das mulleres segundo a súa puntuación no CAST.

Page 13: SICRI-2017 nunha ollada - SERGAS · • Este documento non inclúe recomendacións nin reflexións sobre os resultados. • A medida que haxa información mais detallada sobre algún

Nunha ollada 2017

8 de cada 10 galegos toman peixe como mínimo 1 vez á semana

PORCENTAXE DE CONSUMIDORES

DE DIFERENTES ALIMENTOS • 7 de cada 10 galegos din consumir como mínimo 1 peza de froita ao día. Esta porcentaxe é superior nas mulleres. Neste punto compre destacar que se inclúen tamén as pezas de froita que toman en zume.

• A porcentaxe de galegos que di tomar verduras ou hortalizas a diario é menor que o que di tomar froita, en global non chega ao 50%. Neste punto tamén destaca que a porcentaxe de consumo de verduras e hortalizas é mais alta entre as mulleres.

• O 80% dos galegos din tomar peixe polo menos unha vez á semana. Neste caso, a porcentaxe de homes e de mulleres que declara consumo é similar.

Page 14: SICRI-2017 nunha ollada - SERGAS · • Este documento non inclúe recomendacións nin reflexións sobre os resultados. • A medida que haxa información mais detallada sobre algún

Nunha ollada 2017

3 de cada 10 galegos consultan as etiquetas nutricionais sempre

PORCENTAXE DE PERSOAS QUE

CONSULTAN AS ETIQUETAS NUTRICIONAIS

Non procede: persoas que non elixen os alimentos, e persoas que non compran nunca ou case nunca produtos envasados

• O 35,4% dos galegos consultan sempre a etiqueta nutricional dos alimentos que compran, mentres que o 32,5% non a consultan nunca. Consúltana máis as mulleres (40,0% vs. 30,3%).

• O que máis declararon consultar é o contido en graxas dos alimentos (35,7%), seguido das calorías (22,6%) e do contido en azucres (22,4%). O 11,7% din consultar o contido en sal. O 60% dos galegos que consultan as etiquetas nutricionais valoran a presenza de aceite de palma.

• Entre os galegos que non consultan a etiqueta nutricional, o 11,9% non o fan ben porque din non vela ou non entendela. Esta porcentaxe chega ao 22% entre os galegos de 65 e máis anos.

Page 15: SICRI-2017 nunha ollada - SERGAS · • Este documento non inclúe recomendacións nin reflexións sobre os resultados. • A medida que haxa información mais detallada sobre algún

Nunha ollada 2017

5 de cada 100 galegos din que tiveron gastroenterite aguda*

• O 4,9% dos galegos declara que tivo gastroenterite aguda (GEA) no mes anterior a participar no estudo, non debida a tratamentos farmacolóxicos ou a enfermidades crónicas. A prevalencia é máis alta entre as mulleres (5,7%) que entre os homes (4,0%), e variou en función do grupo de idade; así, entre os 16-44 anos foi do 7,4% e do 3,4% nos maiores de 45.

• A prevalencia de GEA é máis alta, 6%, entre os consumidores de moluscos bivalvos crus.

• O 21% das persoas que tiveron GEA acuden ao médico, máis as mulleres (25%) que os homes (18%).

PORCENTAXE DE GEA, DIARREA OU VÓMITOS *

* As porcentaxes fan referencia ao mes previo a participar no estudo

Page 16: SICRI-2017 nunha ollada - SERGAS · • Este documento non inclúe recomendacións nin reflexións sobre os resultados. • A medida que haxa información mais detallada sobre algún

Nunha ollada 2017

2 de cada 10 galegos tomaron antibióticos en xaneiro

PORCENTAXE DE CONSUMIDORES DE

ANTIBIÓTICOS NAS 4 ÚLTIMAS SEMANAS• A prevalencia de consumo de antibióticos varía en función da época do ano. Así en xaneiro e febreiro observáronse as prevalencias de consumo máis altas (18,9% e 17,3) e en agosto a máis baixa (9,9%).

• O 67,9% declaran que a receta do antibiótico déralla un médico de Atención Primaria, ao 18,4% de especializada, ao 4,2% en urxencias e ao 9% o dentista.

• O 94,3% dos galegos que tomaran antibióticos tomáronos os días que lle indicou o médico ou dentista que llos recomendou.

• O 34,2% dos galegos dixeron que sempre gardaban na casa os antibióticos que lles sobraban.

Page 17: SICRI-2017 nunha ollada - SERGAS · • Este documento non inclúe recomendacións nin reflexións sobre os resultados. • A medida que haxa información mais detallada sobre algún

Nunha ollada 2017

Menos da metade dos galegos teñen o peso axeitado

• A obesidade é factor de risco de moitas

enfermidades, especialmente das doenzas

cardiovasculares. Un xeito doado de medila é a

partir do Índice de Masa Corporal (IMC): kg/m2.

• O 16% dos galegos son obesos (IMC30). Este

dato é posiblemente unha estimación polo baixo

do valor real, xa que se obtén a partir da

información que dan os enquisados sobre o seu

peso e talla.

• A poboación con baixo peso (IMC<18,5).

concéntrase entre as mulleres de 16 a 24 anos

(11%).

• Entre a poboación de 45 anos en diante o máis

frecuente é ter sobrepeso (25IMC<30: 44%).

DISTRIBUCIÓN DO IMC DECLARADO

Page 18: SICRI-2017 nunha ollada - SERGAS · • Este documento non inclúe recomendacións nin reflexións sobre os resultados. • A medida que haxa información mais detallada sobre algún

Nunha ollada 2017

DISTRIBUCIÓN SEGUNDO O USO DE INTERNET

7 de cada 10 galegos utilizan internet no ocio

• O 65,3% dos galegos usan internet para chatear,

xogar, descargar música ou utilizar redes sociais.

En xeral, a prevalencia de uso non cambiou en

función do sexo, pero si do grupo de idade; así a

porcentaxe de uso nos maiores de 64 anos sitúase

no 18,8%.

• O 58,8% das persoas que declararon que

utilizaran internet no último mes usaron servizos

de mensaxería instantánea, o 36,0% redes sociais,

o 5,4% xogos de realidade virtual e o 0,3% xogos

nos que se pode gañar cartos.

• O 0,8% dos galegos teñen problemas ocasionais

no uso de internet, e o 0,1% un uso problemático

segundo a súa puntuación no CERI. Non se

aprecian cambios en función do sexo, pero si do

grupo de idade, sendo os máis novos os que

presentan máis problemas.

Page 19: SICRI-2017 nunha ollada - SERGAS · • Este documento non inclúe recomendacións nin reflexións sobre os resultados. • A medida que haxa información mais detallada sobre algún

Nunha ollada 2017

PORCENTAXE DE PERSOAS QUE GASTAN

CARTOS EN XOGOS DE AZAR

6 de cada 10 galegos gastan cartos en xogos de azar

• O 58,1% dos galegos declaran que no último ano

gastaron cartos en xogos de azar como a lotería, as

máquinas tragaperras ou apostas por internet. A

prevalencia é máis alta entre os homes (64,6% vs.

52,2%) e no grupo de idade de 45-64 anos (67,9%).

• O 97,8% doas persoas que declaran que xogaron

no último ano fixérono a lotería, qu¡nielas, bonoloto

ou cupón. A porcentaxe que declara facer apostas

por internet é do 1,9% e o 0,8% xogaba nas

máquinas tragaperras. Estas dúas formas de xogo

concéntranse nos homes de 16-24 anos, cunhas

prevalencias do 26,3% e do 6,3%, respectivamente.

• O 0,8% dos homes galegos teñen un

comportamento patolóxico en relación co xogo,

segundo a súa puntuación no SOGS, o

comportamento que non se observa entre as

mulleres.