O Noso Lar · maiores na festa do verán: É posible facer medra-lo pequeno, é posible crear vida...

32

Transcript of O Noso Lar · maiores na festa do verán: É posible facer medra-lo pequeno, é posible crear vida...

Page 1: O Noso Lar · maiores na festa do verán: É posible facer medra-lo pequeno, é posible crear vida onde haxa un irmán, e se ti estás connosco haberá máis semente, xuntos todo
Page 2: O Noso Lar · maiores na festa do verán: É posible facer medra-lo pequeno, é posible crear vida onde haxa un irmán, e se ti estás connosco haberá máis semente, xuntos todo

SumarioPresentación . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 1

PersoeirosPersoeiros . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 2

O LemaVidas sacrificadas . . . . . . . . . . . . . . . . . 3

MaioresSorbos de sabedoría . . . . . . . . . . . . . . . 42003 Ano europeo dos discapacitados . .5

ArteO retábulo barroco deSan Mamede de Couto . . . . . . . . . . . . . .6

A nosa historiaO dezasete na Ponte . . . . . . . . . . . . . . .8Teatro en Lóuzara . . . . . . . . . . . . . . . . .9

ParroquiasRestauración das nosas Igrexas Parroquiais

10San Xulián de Teivilide . . . . . . . . . . . . .12

ActividadesCurso de Monitores de Tempo Libre . . .13Canción . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .14Viaxe a Helmántica . . . . . . . . . . . . . . . .15Crónica dun sentimento . . . . . . . . . . . .16Os preparativos dunha gran festa . . . . .17Campamento de Cangas . . . . . . . . . . .18Vacacións−convivencia en Francia . . . . .19

Hixiene alimentariaA hora da matanza do porco . . . . . . . . 20

SaúdeO coidado dos pés . . . . . . . . . . . . . . . . 22

Agricultura e medio ambienteO bo aproveitamento dos prados . . . . . 23

ExperienciasDías de convivencia en Samos . . . . . . 24Graciñas . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .26O Nadal derrete a neve en Lousada . . .27

Boletín de suscripción . . . . . . . . . . . . . . . . .28

Edita:Fundación O Noso LarSan Román de Lousada27620 SAMOS – LugoTel.- Fax : 982 187004

Director: Miguel Gómez Vázquez

Consello de redación:Saladina Diéguez VillaravizJulio Fernández DovalManuel VarelaAmparo Páramo VázquezMiguel Gómez VázquezJosé Manuel CastroCastedo

Colaboradores:Jaime Delgado GómezCarlos SampedroAdela Arias ConejoOscar LópezMiguel SampedroJosé Luis GarzaXulio Pérez PereirasAlba M. Álvarez VergaraConcepción RodríguezFdez.Manuel OteroSanty LópezIsabel ChousaCarlos M. Franco AbuínEva Fernández Limeres

Fotos portada econtraportada:Santy López

Depósito Legal:LU-229-01

ISSN:1579-8909

Maqueta e Imprime:GRAFIC-LUGO, S.L.

Page 3: O Noso Lar · maiores na festa do verán: É posible facer medra-lo pequeno, é posible crear vida onde haxa un irmán, e se ti estás connosco haberá máis semente, xuntos todo

1O Noso Lar

Co lema Vidas sacrificadas sae á luz, cun pouco de retraso, o número catro doBoletín O Noso Lar. Un xermolo das sementes que moitos amigos cultivan con sacrificio eamor. Unha sinxela e humilde exposición da nosa rica e dinámica historia.

Todos sabemos que, así como non hai historia sen sacrificio, tampouco a hai senamor. Percibímolo desde a experiencia. E, se sabemos escoitar e le−la vida, poderemosconfirmalo nos libros abertos que son as vidas dos nosos maiores. Os seus rostros enru−gados e as súas mans desgastadas e endurecidas fálannos de historias sacrificadas echeas de vida. A beleza natural da nosa terra, marabilla da creación, debémosllo, en parte,a eles; xa que se preocuparon de plantar e coida−las nosas carballeiras e soutos, agora tanmaltratados e abandonados, que podemos considerar un símbolo da harmonía da nosa pai−saxe.

As igrexas parroquiais, herdanza sagrada dos nosos antepasados, son expresióndun sinxelo e significativo patrimonio artístico, en moitos casos única referencia da identi−dade dos nosos pobos. A súa conservación é froito, sen lugar a dúbidas, do esforzo sacri−ficado das xentes que formaron e forman as parroquias. É unha manifestación máis doamor á nosa terra, á nosa cultura, en definitiva á nosa historia.

Estes e outros moitos aspectos, que están presentes e podemos ler na memoriadas nosas parroquias, fálannos do espírito de sacrificio co que viviron e seguen a vivi−laspersoas maiores. O compromiso coa familia e a vida parroquial, asumido e construído comoun reto persoal desde a perseverancia e a paciencia, con actitude de renuncia de si mes−mos e de servicio ós demais fai das mulleres e homes das nosas aldeas un libro rico envalores, impregnado de amor.

Todo isto non pasa desapercibido para os máis novos; ó contrario, desperta e pro−voca neles os nobres sentimentos da solidariedade, da entrega sacrificada e ilusionada,que os empurra a colaborar xenerosamente na dinamización e animación da vida dasnosas aldeas e parroquias.

Nesta realidade rural caracterizada polo envellecemento, pola despoboación e adispersión estimula e ilusiona ver como as mozas e mozos están a ser os protagonistas detodo un movemento social que ten por finalidade a solidariedade e a convivencia interxera−cionais. Estamos convencidos de que nesta situación concreta este é o camiño máis ade−cuado para xerar esperanza e contaxiar ilusión como reza a letra da canción adicada ósmaiores na festa do verán:

É posible facer medra-lo pequeno,é posible crear vida onde haxa un irmán,

e se ti estás connosco haberá máis semente,xuntos todo é mellor.

presentación

Page 4: O Noso Lar · maiores na festa do verán: É posible facer medra-lo pequeno, é posible crear vida onde haxa un irmán, e se ti estás connosco haberá máis semente, xuntos todo

2O Noso Lar

en resumen

persoeiros• •

Non teño mellor palabra para defini-losPERSOEIROS. Desde que esta revista naceuveño escribindo este espacio adicado a persoasque dalgún xeito tiveran ou teñan algunha uniónou vencelllo co Concello de Samos.

Neste caso non me voureferir a unha per-soa en concreto, senón a centos e centos delas.Oxalá non tivera que facer uso desta dedicatoria,pero é que a realidade empúrrame a facelo.Estes días os galegos non podemos pensar nou-tra cousa máis que no afundimento do “Prestige”,nesa masa negra e pegañenta que o está conta-minando todo: mar e terra, costa e interior.

Aínda que o mar nos quede relativamentelonxe, na actualidade tennos que quedar máispreto ca nunca, porque o fuel está aí, recordán-donos que non podemos durmirnos e que temosque seguir loitando, xa que neste caso non exis-ten as distancias. Nada está lonxe, todo estápreto.

Xa sei que vai ser moi difícil que todo volvaó seu lugar; pero temos o exemplo na unión detantas e tantas persoas, que cada día se xuntanfacendo que pareza que o mar e a costa quedencun pouco menos dese fuel que os mancha emata á vez. Desde logo, un exemplo de solida-riedade do que deberiamos tomar nota, e ómesmo tempo reflexionar que o mar é de todos enon só daqueles poucos que algún día vivirondel, e que hoxe vemos coas súas lanchas tingui-das de negro.

Aquí vai a miña dedicatoria para os millei-ros de persoas que cada día manchan os seustraxes brancos ata deixalos da cor do cru chapa-pote, para os mariñeiros e pescadores que enlugar de coller peixe e marisco só poden recollertoneladas da negra sustancia.

Por eles e para eles vai esta pequenahomenaxe, xa que eles son os grandes PERSO-EIROS

Alba M. Álvarez Vergara.

Persoeiros

Page 5: O Noso Lar · maiores na festa do verán: É posible facer medra-lo pequeno, é posible crear vida onde haxa un irmán, e se ti estás connosco haberá máis semente, xuntos todo

O Lema• •

3O Noso Lar

Vidassacrificadas

Hai uns trinta anos, unha poeta e novelistaescribía: “Perturba ver cantas persoas esperanaplauso e recoñecemento público cando ninsequera comezaron a aprender unha arte ou ofi-cio. O éxito instantáneo está moi presente, asícomo o desexar as cousas xa”. Vemos, pois,como a queixa sobre o escaso espírito de sacri-ficio, que ultimamente tamén se escoita, non éalgo tan novo. Pero non por ser unha cuestiónque leva un tempo aí, xa nos vai dispensar dededicarlle a nosa atención. Sobre todo porquetemos diante os rostros cheos de enrugas dosnosos vellos, que son unha mostra dunhas vidassacrificadas.

Ás veces, o único que se bota en falta naactualidade é o aire acondicionado que fulano tenno seu coche ou as prolongadas vacacións demengano. Podemos pensar entón que os maioresviviron nunha época máis sacrificada e que nonquedaba outro remedio. Pero tamén é certo quepodían optar por desdeixarse, pero non o fixeron.

E cando un ancián fai unha constante men-

ción “ás que pasamos nos meus tempos” caemosna tentación de pasar por alto o que nos di. Senembargo, témo-la posibilidade de aprender avalorar elementos importantes como son a orde, acalma, a disciplina. Sen a orde, expoñémonos aser inoportunos; sen calma, fatigámonos e desa-lentámonos; sen disciplina, estamos máis cercado fracaso. Outros valores relacionados co espíri-to de sacrificio son o compromiso, a perseveran-cia, o optimismo, a superación e o servicio. Todosestes valores perfecciónanse a un mesmo tempocoa axuda da fe: “Que os vellos sexan sobrios,serios, prudentes, robustos na fe, na constancia”(Tit 2, 2).

Manuel Varela

Desexar / querer

Duración

Obxecto

Desenvolvemento

Elección

Consecuencias

CAPRICHO

Desexar (depéndese do externo)

Brevidade

Trivial, próximo

Infantilismo

Ignórase o motivo polo que un elixe

Unha vez satisfeito o desexo, decae aconducta iniciada

SACRIFICIO

Querer (refírese a algo interno)

Constancia

Importante, lonxano

Madurez

Sábese, porque renunciamos a algo

Conseguimos plenitude na nosa vida,facémonos responsables

Page 6: O Noso Lar · maiores na festa do verán: É posible facer medra-lo pequeno, é posible crear vida onde haxa un irmán, e se ti estás connosco haberá máis semente, xuntos todo

sección 1••

4O Noso Lar

enresumen

Maiores

Sorbos

Amigo:Nunca teñas medo de que te arrinconen,

pois basta un recanto para vivir.Non repares nas enrugas; é moi triste morrer

sen elas.Non corras, non te apresures, non te inquie-

tes, pois a vida non está na cantidade de quiló-metros senón na dirección.

Traballa, se queres, da mañá á noite, perocomo quen constrúe unha casiña para o seu niñoou como quen busca unha flor silvestre para asúa amada.

Aprende canto antes a despedirte, pois sóquen sabe dicir “adeus” e “ata logo” leva consigo,sen que lle pese, toda a súa historia e saboreaagradecido tódalas estacións.

A vellez é tempo de gracia, ¿ves? Aprendína valora-lo pequeno.

Conto os paxaros que veñen a saudarme ámiña ventá.

Agradezo a Deus cada amencer, bendigo aquen me escoita uns minutos, e sobre todo aquen comparte comigo o último relato dos meusdías.

Por iso déixame que che diga: Non menosprezedes ós vellos coas vosas

frases feitas, coas vosas olladas altivas, coa vosacompaixón sen carne, cos vosos soños irreais,cos vosos pretextos, co sabor a interrogatorio ecifras.

¡Ah! E se amades de verdade a vida, rega-ládenos algunha caricia: porque (e non te escan-dalices), cando se ama a vida tamén se bica a unmorto.

Vive e ama sen dete-lo tempo, porque otempo é só...ensaio de eternidade.

Humanizar, n.º 61

R e f r a n e i r oOs refráns dos vellos sempre saen ver-

dadeiros.Nos vellos está o saber, nos mozos o

poder.Non hai mellor consello có do amigo

vello.Do mozo a elocuencia, do ancián a expe-

riencia.O mozo sabe as regras, pero o vello

coñece as excepcións.O vello fallará o branco ó tira-la pedra,

pero non falla coa boca. (Refrán africano dostabwa no que se indica que o vello di cousassabias).

Se non tes un vello, vai e mércao. (Refránsefardí sobre a conveniencia de estar orienta-do polos maiores).

de sabedoría

Page 7: O Noso Lar · maiores na festa do verán: É posible facer medra-lo pequeno, é posible crear vida onde haxa un irmán, e se ti estás connosco haberá máis semente, xuntos todo

Maiores• •

5O Noso Lar

2003 Ano europeodos discapacitados

Os ministros europeos de Asuntos Sociaisacordaron declarar o 2003 como Ano europeo daspersoas discapacitadas. Trátase de que cada unse comprometa neste tema e tamén que as autori-dades europeas lexislen de maneira que os dis-capacitados non se vexan discriminados.

Aquí imos tratar o tema da discapacidade noque afecta ós maiores.

O ollo e o oído son os órganos que antes come-zan a ver diminuídas as súas funcións normais.Nos ollos vaimodificándose ocristalino e a reti-na. A diminuciónda agudeza audi-tiva é funcional-mente molestaentre os oitenta enoventa anos.

A alteración damaior parte doresto do organis-mo (sistemas ner-vioso e respirato-rio, ósos, múscu-los) provoca unhareducción nacapacidade pararealizar actividade física. Esta situación agrávasecando hai enfermidades como artrite, artrose,osteoporose, Parkinson, etc.

Tamén poden contribuír á discapacidade tras-tornos como a diabete, unha debilidade causadaá súa vez por unha anemia ou unha enfermidadeterminal, e incluso a acción sedante de moitosmedicamentos.

Tódolos problemas mencionados teñen partede culpa noutro que padecen case a cuarta partedos maiores de 65 anos: as caídas. Ademais, omedo a caer pode levar a que a persoa se movao menos posible.

E aínda hai que mencionar a posibilidade deque a soidade resulte máis incapacitante que cal-quera enfermidade.

A inmobilidade é de dous tipos: a relativa, naque a persoa leva unha vida sedentaria pero é

capaz de moverse conmenor ou maior inde-pendencia e a absolu-ta, na que o individuose mete na cama e ninsiquera cambia moitode postura. O risco dainmobilidade relativa éque acabe nestesegundo tipo.

Dos maiores de 75anos, a metade tenproblemas para saírde casa. E destes, aquinta parte non sae.

A capacidade demoverse é un indica-dor da calidade devida que leva o maiorporque fará que a súa

independencia sexa maior. Por iso é moi conve-niente detectar situacións de risco e tomar medi-das preventivas e correctoras que permitan man-ter a vida activa.

Manuel Varela

Page 8: O Noso Lar · maiores na festa do verán: É posible facer medra-lo pequeno, é posible crear vida onde haxa un irmán, e se ti estás connosco haberá máis semente, xuntos todo

6O Noso Lar

en resumen

arte

O retábulo barrocode San Mamedede Couto

Ideas Previas

Neste número do Noso Lar vaise describi-lobarroco retábulo da igrexa de San Mamede deCouto. O aspecto románico deste templo xa o tra-tei na obra Concello de Samos. Historia das parroquiasIV (páxinas 65-70). Ó final daquel estudio resaltá-base o renacentista arco triunfal que separa opresbiterio da nave.

Pero agora o primeiro punto reseñado será arecente restauración de tan extraordinario retábu-lo. Realizouna o restaurador Minio, de Oviedo, en1994, sendo párroco Don Miguel Ángel GómezVázquez, director da Fundación O Noso Lar edeste boletín. A obra foi costeada coas aporta-cións dos fregueses.

Pertence o retábulo ó estilo artístico que cha-mamos barroco. É un estilo do século XVI e come-zos do XVII, e nel destaca o movemento (liñascurvas e quebradas, esculturas que relatan unhahistoria) e unha decoración vexetal de gran forzaexpresiva. As plantas soen ser tupidas ramaxescheas de follas e froitos. Todo isto dunha carnosi-dade exuberante, o mesmo que os enramadossoportes das cornixas e dos enrosados cuartei-

róns. En fin, hai unha exhibi-ción de frondosidade prima-veral e dunha mocidade vitalinqueda, apaixonada.

Descrición do Retábulo

Está composto por douscorpos. Á súa vez, o inferiorsubdivídese en tres partes.Hai pólas en forma de S.

Unha delas é un S case perfecto e leva douspares de follas, un en cada curva. A outra póla tentres curvas cun par de follas en cada unha. Ascatro pólas rematan por riba insinuando cabezasde patos. En cada lado hai un par que peteira nungrande acio de uvas. As pólas de tres curvas etres pares de follas decoran a metade inferior,cunha especie de dentes de serra.

Catro panzudas e retortas columnas, tipo salo-mónico, enmarcan cada unha das tres subdivi-sións do corpo inferior. Están envoltas por unhasvides das que colgan varios acios grandes deuvas de diversas formas. Teñen basas de ten-dencia ática e os capiteis imitan os clásicos corin-tios. Ó lado de cada columna hai unha colganteramaxe chea de redondeados froitos e de com-pactas e carnosas follas.

Nas partes laterais créase un rectangular espa-cio interior debidamente decorado ó seu redor. Ádereita, segundo se mira, está a efixie do funda-dor dos franciscanos, San Francisco de Asís.Suxeita no alto a cruz coa súa man dereita e, esti-rando o brazo esquerdo, abre a man ensinando oestigma. Sabido é que nunha éxtase de amor aCristo crucificado, as cinco feridas do Señorestigmatizáronse tamén nas mans, pés e costadodo santo.

No espacio simétrico do lado esquerdo está aimaxe do tamén franciscano San Antonio dePadua, cos seus típicos atributos. Isto é, sentasobre o libro, sostido coa man esquerda, o NenoXesús e, co brazo dereito un pouco estirado,apresa unha fermosa azucena ou lirio. Ámbolosdous santos visten un hábito franciscano de granampulosidade e idéntica factura.

As dúas efixies presentan un mesmo modelo,de notable barroquismo. Sen dúbida, son obra domesmo taller e probablemente foron esculpidaspolo mesmo artista. Tamén parece segura quesexan do tempo do retábulo.

Jaime Delgado Gómez

Page 9: O Noso Lar · maiores na festa do verán: É posible facer medra-lo pequeno, é posible crear vida onde haxa un irmán, e se ti estás connosco haberá máis semente, xuntos todo

arte• •

7O Noso Lar

A parte central está ocupada por un sinxelosagrario que leva na porta o típico expositor destaetapa barroca. Rodéano catro rosetas, dúasmenores arriba e dúas de maior tamaño abaixo.Sobre o sagrario preparouse un terceiro espaciorematado en arco de medio punto co intradorsodecorado con cinco carnosas rosetas. Está aquí aefixie de San Mamede, patrono da parroquia. Asúa túnica, cinxida á cintura, é lisa, e isto fainospensar no gótico. Pero o manto aberto ó ventotrasládanos xa a un iniciado barroco. Podería ser,pois, da metade do século XVII, un tempo bas-tante anterior ó retábulo.

O segundo corpo enmárcase tamén entre dúascolumnas. Son estas de factura idéntica á dascatro do corpo inferior. Naparte exterior están cinxi-das polo mesmo tipo decolgantes ramaxes do pri-meiro corpo, cheas de car-nosas follas e froitos.

Ocupa este único espa-cio un extraordinario Cristocrucificado. É un Cristoque o podemos situar entrea interesante imaxinería dobarroco galego. O corpo émoi vigoroso, está ben pro-porcionado e foi esculpidocon singular mestría anatómica. A cabeza, unpouco inclinada cara ó lado dereito, entre a súalonga e ben trazada cabeleira presenta un doce eexpresivo rostro barbado, de exquisita execución.Montando o pé dereito sobre o outro; un só cravocóseos á cruz. E o pano, que cobre a súa nudez,átase sobre o centro da pelve, pero un poucoladeado cara á dereita, deixando así á vista acoxa desa parte.

Só agora queda por reseñar neste retábulo adecoración vexetal da predela, ou banco no queasenta. Unha especie de modillóns ou ménsulas,recargadas de decoración vexetal e correspon-déndose coas columnas, dividen esta predela entres sectores. Os laterais van decorados con douscasetóns recheos totalmente dunha serie de car-nosas e variadas follas saídas de catro pólas, quearrancan dun tetrafolio central. Outros tres case-

tóns con esa mesma frondosidade de follas ocu-pan o tramo central.

As características que acabamos de ver dosramos e casetóns sitúannos en torno ó ano 1750.Tamén nos fan pensar nesa época as columnassalomónicas envoltas en vides cargadas deacios.

Colofón

Na igrexa tamén se exhiben tres imaxes dunestilo interesante. Unha, dun papa que poderíaser San Gregorio Magno (596-604), e a outra da

Inmaculada, están agorasobre andeis no muro surda nave. A Inmaculada,xuntando as mans diantedo peito, apoia os seuspés na lúa e nun dragón.Viste longa túnica e manto,caídos ámbolos dous ó serdo corpo. Podería ser dosprimeiros anos do séculoXVII. Algo posterior sería aefixie do papa.

Unha terceira imaxe,tamén da Inmaculada, a

Virxe das Ermidas, exhíbese sobre un granbloque de brancas nubes e aparece a lúa comopedestal. Ocupa un espacio preparado para elano muro norte do presbiterio. Trátase dunhaimaxe vestida co Neno Xesús de pé e diante dela.Os rostros da nai e do fillo son tenros e van moiben co estilo neoclásico (en torno ó ano 1800).

Page 10: O Noso Lar · maiores na festa do verán: É posible facer medra-lo pequeno, é posible crear vida onde haxa un irmán, e se ti estás connosco haberá máis semente, xuntos todo

sección 3• •

8O Noso Lar

enresumen

• •

Non hai moitos anos que aínda se escoitabana Ponte de Lóuzara o xentío que, o día dezasetede cada mes, enchía os comercios e as cantinasdo lugar e os esborraquidos dos becerros prendi-dos na Choza resoaban por todel. Era, daquela, ocentro comercial de Lóuzara e das aldeas máispróximas dos concellos do Courel e do Incio.

A importancia comercial da Ponte deLóuzara compréndese ó ver que, nos últimoscento cincuenta anos, tódalas casasque había tiñan algún tipo de nego-cio. Disto dános conta Antonio LópezCortiñas, veciño da Ponte e propieta-rio noutrora dun dos comercios máisimportantes. El lembra o Mesón Vello,situado ó pé do río Lóuzara, xustoantes de cruza-la ponte. Alí tivo nego-cio Enrique Vergara Jurjo, que máistarde abriría outro negocio na casaque hoxe está fronte ó Mesón Vello.Xunto á casa había un muíño que lledaba clientela ó local.

Subindo cara ó medio da aldea está a Casade Veiga e algo apartada do camiño principalestaba a Casa das Polas. Nesta última vivía oMondelo, un home eivado dunha perna que gaña-ba a vida tocando o acordeón nas feiras e polasaldeas.

Seguindo cara arriba estaba a Casa dePumarega, tamén coñecida coma O Café, pois foia primeira en contar cunha máquina de caféexprés. Nesta casa repartíase o correo. Fronte á

casa de Pumarega está a casa Cortiñas. Esta foirexentada pola señora María e o señor Antonio echegou a ter catro empregados traballando osdías de feira. Alí servíronse moitas comidas,sendo os pratos máis solicitados os callos, ascosteletas e os “bombos” de sardiñas en conser-va. Tamén se celebraron banquetes de voda conbaile, xa que contaba cunha sala de festas dasda época. Foi unha das últimas tendas de ultra-marinos que houbo na Ponte. Un longo mostrador

de madeira de máis de doce metros,que tiña unha máquina de embote-llar aceite no medio, separaba asmesas das estanterías, onde unpodía comprar case de todo. Contao señor Antonio que chegou a dis-pensar na posguerra aceite, gas exabrón para mil catrocentas perso-as. Era a época da cartilla de racio-namento de alimentos. Isto dánosunha idea do volume de negocioque houbo noutra época.

Seguindo o camiño estaba a Casa de JuanRamón. Ademais de comercio, tiña xastrería naque traballou o señor Juan Ramón, os seus fillos,un empregado de Gundriz e outro de Paderne. Oseñor Juan Ramón era o distribuidor das máqui-nas de coser Singer en toda esta zona e ataBecerreá. Tamén era o encargado de xestiona-laspasaxes de barco para toda a xente que emigroua América. Como dato de curiosidade diremosque nesta casa se escenificou a obra de teatro “Omercader de Venecia” de William Shakespeare e

O dezasete na Ponte:algo máis ca unha feira

a nosa historia

Page 11: O Noso Lar · maiores na festa do verán: É posible facer medra-lo pequeno, é posible crear vida onde haxa un irmán, e se ti estás connosco haberá máis semente, xuntos todo

• •

9O Noso Lar

que foi representada por mozos de Bustofrío eSanto Sidro.

A última cantina que había no camiño era oTropezón, parada obrigada dos mozos que íanpara Santo Sidro, Praducelo, Bustofrío ou OCourel.

No outro lado da aldea, cara ó lado de Vilado Castro, estaba a casa da Choza, no mesmocampo da feira. Ademais de ter cantina, vendían-se caixas de morto e facíase un baile tódalas fei-ras, coñecido co nome de “baile do tranganillo”,porque así se lle chamaba ó gramófono ou toca-discos co que se facía o baile.

Onda estes comercios e cantinas habíaoutra serie de servicios que lle daban á Ponte acategoría de núcleo comercial da zona. Así,había unha peluqueira chamada Celia, unhazapatería, a xastrería do Ángel de Portela, ozapateiro de Silgueiros do Incio que viña a tóda-las feiras ou unha pulpeira que se poñía nocampo da feira.

Tamén se contaba con servicio médico, xaque na casa Cortiñas consultaban os médicos osdías de feira. Alí dispuñan de dous cabalos pararealiza-las visitas a domicilio. Teolindo de Samos,don Emilio do Incio ou o Requito foron algún dosmédicos que pasaron consulta o dezasete decada mes.

O dezasete na Ponte era algo máis ca unhafeira. Era un punto de encontro entre as xentesdos arredores, era a oportunidade para ir com-prar algo sen ter que se desprazar ó Incio ou aSarria. O día no que se podía botar un baile de“tranganillo”, un neto de viño ou comer uns callos.Mais hoxe todo iso e moitas outras cousas só per-manecen na lembranza dos que algunha vezfomos á feira do dezasete.

a nosa historia

Teatro en LóuzaraO grupo de tea-

tro Milrosas volveusubir ó escenario odía 24 de agosto doano pasado na terra-za da casa de Pepedo Campo, enBustofrío. As preto dedúascentas persoasalí reunidas puideronver representadasdúas pezas satíricasde Manuel VarelaBuján tituladas “Demulleres non mefales” e “Os casados

de pouco”. Tamén puxemos en escena o poema deManuel María “O carro”, a “Oda ó pan centeo” e“Oda á vaca louzariña” de Fiz Vergara, varios poe-mas de “Os eidos” de Uxío Novoneira e un conto deÁnxel Fole ambientado nas terras de Quiroga.

Igual ca tódolos anos, o teatro fixémolo ó airelibre, achegándolle ó público historias de autoresgalegos que xa son clásicos da nosa literatura e, porsuposto, dous autores que tan bos recordos nostraen por seren veciños, colaboradores nosos nal-gunha ocasión e, por qué non dicilo, porque sonnosos.

Nesta ocasión tivemos tamén actores de dife-rentes lugares: Evaristo e Helena que viñeron dendeFroxán, unha aldea do Courel; Margarita, a actrizmáis nova, que é de Paderne do Courel; Concha daCasela; Brais e Lluis de Barcelona e o resto da tropaque somos de Bustofrío... e o gaiteiro, Iñaki, a mediocamiño entre Santalla de Abaixo e Sarria.

Para este verán xa estamos xurdindo algunhacousa.

Xulio Pérez Pereiras

Page 12: O Noso Lar · maiores na festa do verán: É posible facer medra-lo pequeno, é posible crear vida onde haxa un irmán, e se ti estás connosco haberá máis semente, xuntos todo

sección 4• •

10O Noso Lar

en resumen

parroquias

As parroquias de todo o municipio de Samos,desde o ano 1985, están a facer unha aposta fortepara restaurar e conserva-las Igrexas Parroquiais.Estas xurdiron como resposta ás esixencias do culto.Foron, pois, creadas pola Igrexa e agora están sendorestauradas para dignifica-lo culto divino para o queforon creadas. Ademais preténdese manter viva aherdanza espiritual ligada a estas construciónse conservar algo que ás veces é aúnica mostra artística que hai nasnosas parroquias.

O Municipio de Samosconfigúrano 24 parro-quias cun censo totalde 2.238 habitantes.Só dez parroquiassuperan os cen habi-tantes. Ningunhachega ós douscen-tos. As catorce restan-tes sitúanse entre os33 habitantes deRomelle e os 90 deEstraxiz. Estes datos esta-tísticos, xunto co envellece-mento da poboación, dannos unhaidea do difícil e custoso que é para estasparroquias a conservación e mantemento deste patri-monio.

Nesta situación os datos que graficamente ofrece-mos nestas páxinas fálannos do empeño e do granesforzo que estas freguesías fixeron para conseguirrestaura-los seus templos parroquiais.

Desde o ano 1985 ata este ano leváronse a caboobras de restauración en 19 templos parroquiais. Ouo que é o mesmo o 79 % das Igrexas parroquiasis detodo o Municipio. Nalgunhas foi unha reforma integrale total e noutras só os elementos máis deteriorados.Por esta razón nalgunhas faise necesario unhasegunda fase de restauración.

O investimento total feito nestes templos ascendea 440.095 euros (uns 73 millóns e medio de pese-tas), segundo consta nos Libros de Fábrica de cadaparroquia.

De onde proceden os cartos?

1.- A primeira fonte de financiamentoforon os propios fregueses das

comunidades parroquiais, queaportaron un total de

151.472 euros (uns 25millóns e medio de

p e s e t a s ) .Representa o 34’5% da cantidadetotal. Hai que facerconstar que estacantidade é asuma de dous tipos

de aportacións: porunha parte está a

aportación económicapropiamente dita que é de

69.706 euros (uns 11 millónse medio de pesetas); e por outra

está a man de obra de balde que ospropios fregueses aportaron e que está valorada

aproximadamente en 81.766 euros (uns 13 millóns emedio de pesetas).

2.- Nun segundo lugar está a DelegaciónProvincial da Consellería de Cultura que aceptoudesde un primeiro momento o seu compromiso coarecuperación do patrimonio expresado na aportaciónde 124.555 euros (cerca duns 21 millóns de pesetas).Representa o 28’3 %.

3.- A Fundación Caixa Galicia estaría a continua-ción xa que a través dun Convenio co Bispado, aus-piciado polos Duques de Lugo, aportou 64.000 euros(case 11 millóns de pesetas) . Representa o 14’5 %.

Restauracióndas nosas Igrexas Parroquiais

Fre34,528,3%14,5%13%8,6%0,66%0,47

DeProdeFundaciCaixaGaliciaConveniXunta-B

BispadDeputProvinde LuConde S

Page 13: O Noso Lar · maiores na festa do verán: É posible facer medra-lo pequeno, é posible crear vida onde haxa un irmán, e se ti estás connosco haberá máis semente, xuntos todo

parroquias• •

11O Noso Lar

4.- A Xunta de Galicia a través do Convenio Mixtode colaboración coa Igrexa en Galicia aportou 57.256euros (9 millóns e medio de pesetas). Significa o 13% da cantidade total.

5.- O Bispado dos fondos que ten propios, e que asúa vez recibe dos fieis, fixo unha aportación de37.873 euros (case seis millóns e medio de pesetas).Supón o 8’6 %.

6.- A Deputación Provincial aportou o 0’66 % dacantidade total que veñen a ser 2.915 euros (485.000pts).

7.- Por último está o propio Concello de Samosque fixo unha aportación total de 2.102 euros(350.000 pesetas). Representa ó 0’47 % da cantida-de invertida.

Valoracións

Á parte doutras consideracións e valoracións quecada quen queira e teña a ben facer, aquí ocórrense-nos as seguintes:

* É evidente o compromisa e a xenerosa e impor-tante colaboración dos fregueses na recuperación econservación do noso patrimonio.

* As Igrexas parroquiais son consideradas comoalgo noso, como herdanza sagrada dos nosos ante-pasados, como unha historia viva das primeirascomunidades dos nosos lugares.

* Na conservación deste patrimonio mostrámo-lanos sensibilidade e o noso interese pola arte e taménpolo que fixeron os nosos devanceiros.

* O noso empeño pola restauración está movidoademais polo convencemento de que son bens óservicio de todos: da comunidade cristiá para os seusfins relixiosos e da sociedade en xeral á que a Igrexaintenta servir desde a función cultural dos mesmosmonumentos.

* As Igrexas das nosas parroquias son en moitoscasos a única referencia da identidade dos nosospobos. Nelas recoñecemos agradecidos a riqueza danosa historia. E sentimos unha gran satisfaccióncando, despois de restauradas, son recoñecidas eadmiradas pola xente de fóra da parroquia.

Page 14: O Noso Lar · maiores na festa do verán: É posible facer medra-lo pequeno, é posible crear vida onde haxa un irmán, e se ti estás connosco haberá máis semente, xuntos todo

12O Noso Lar

en resumenparroquias

San Xuliánde Teivilide

S Xulián de Teivilide, en Alendagua, é unhaparroquia pequena, entre as vintecatro que formano Concello de Samos. No seu tempo pertenceu óMosteiro de Samos, facía tamén as súas contribu-cións á catedral de Santiago e ata hai uns anos foifilial de Reiriz.

Forman a parroquia1 dous barrios cun total de54 habitantes, repartidos en trece casas. Hai 250anos tamén había ese mesmo número de casas.

A media de idade é de 49-50 anos, sendo asúa distribución a seguinte:

- Menores de 20 anos: 8 persoas.- Entre 20 e 40 “ 11 “- Entre 40 e 60 “ 12 “- Maiores de 60 “ 23 “

O patrono da parroquia, como o seu nomeindica, é San Xulián; pero non se celebra estafesta, aínda que si se recorda cunha Misa o día 9de xaneiro. Celébrase a festa das Dores o terceiro

domingo de setembro, e o luns a festa de XesúsNazareno, precedidas estas dunha novena.Chama a atención polas súas dimensións a talla doNazareno.

O templo parroquial, de principios do séculopasado, está totalmente restaurado dende o ano2001.

A orixe da denominación de “Teivilide” podevir dun nome composto de “Theius Bellitus” (“TioBelido”). “Tio” era un tratamento aldeán de respec-to, inferior a “Don”. “Bellitus” seguramente se refirea algún dos propietarios que aparecen menciona-dos nos documentos do Mosteiro de Samos:“Bellido Iulianiz”, e outros “Bellido” e “Bellito”. Copaso do tempo estes nomes quedaron convertidospola tradición popular en: “Teibillid”, “Teibillide”,“Teibilide”, “Teivilide”.

1 Os datos sociolóxicos están tomados do Censo Parroquial do ano 2002.

A V i r x e d a s D o r e s

Esta maneira de referirse á Virxe vén de haicase mil anos e quérenos indica-lo sufri-mento de María, ó mesmo tempo que vivía oprivilexio de se-la nai de Deus. A mesmacruz, onde se crucificou ó seu Fillo, taménse pode ver de dúas maneiras: como sím-bolo do triunfo de Cristo e como signo desufrimento e humildade. Cando a xente sefixou neste último aspecto de dor na cruz foicando tamén comezou a dirixirse a Maríacomo Virxe das Dores.

Page 15: O Noso Lar · maiores na festa do verán: É posible facer medra-lo pequeno, é posible crear vida onde haxa un irmán, e se ti estás connosco haberá máis semente, xuntos todo

actividades• •

13O Noso Lar

Cursode monitores de tempo libre

O 16 de febreiro de 2002 comezou, con 19mozos/as en San Román de Lousada, o III Curso deMonitores, impartido pola Asociación de Tempo Libree Animación Sociocultural Don Bosco de Santiago.

Este curso contaba cunha fase teórico-prácticae unha fase de prácticas. A primeira, que correspon-deu máis propiamente ó curso, durou 200 horas, dis-tribuídas en 20 xornadas de fin de semana de 10horas cada unha. A fase de prácticas tivo dúas moda-lidades de realización:

- 14 días de actividade intensiva ó aire libre, enbloques non inferiores a 3 días.

- 150 horas en actividades nunha entidade quetraballe no eido da educación no tempo libre.

Ó inicio case non nos coñeciamos; algúns devista, outros non nos viramos nunca... pero houbo totalharmonía. A medida que transcorrían os días, desexa-bamos que chegase a fin de semana, non só paracumprir co temario do curso, senón para reunirnostodos e libera-las tensións de toda a semana.

O temario foi moi diverso. Aprendemos desdeunhas nocións mínimas de primeiros auxilios ata lexis-lación de asociacións, pasando por cuestións desocioloxía, psicoloxía, educación ambiental, traballosmanuais, xogos, educación para a saúde, técnicas deacampada, expresión musical, medios de comunica-ción social, animacións deportivas e cancións.

A parte práctica está en desenvolvemento.Empezamos coa preparación da festa de convivenciacos nosos maiores. Actuamos como pregoeiros, anun-ciando a festa polo concello de Samos,entregando asinvitacións xunto cun recordo elaborado no taller daescultora sarriana Violeta Bernardo. Esta ensinounos adifícil elaboración de cada peza e aprendeunos,dunha forma desinteresada e paciente, a moldea-lobarro. Realizamos pezas no taller de coiro e no devimbio.

A xuntanza serviunos para tomar unha maiorconciencia e sensibilizarnos dun xeito especial coasrelixiosas e os maiores que elas coidan na casa deacollida, posto que compartimos tamén moitas horascon eles. Agudizamos valores que pouco a poucoiamos esquecendo, como por exemplo: a comunica-ción, o saber escoitar en momentos precisos, o sermáis tolerantes uns cos outros, etc. Recordamos gra-tamente a cálida e xenerosa acollida de toda a comu-nidade do Noso Lar.

A pesar de que xa case hai un ano que rematouo curso, seguimos véndonos, xuntándonos e colabo-rando nas actividades da Fundación O Noso Lar. Istopermítenos recoñecer que, no fondo, o máis importan-te non foi tanto o curso en si, como os lazos de ami-zade creados.

Mª Luisa Rodríguez, Anabel Vázquez, Julia Mª Fernández,Sandra Ponton Mondelo.

Page 16: O Noso Lar · maiores na festa do verán: É posible facer medra-lo pequeno, é posible crear vida onde haxa un irmán, e se ti estás connosco haberá máis semente, xuntos todo

sección 3• •

14O Noso Lar

enresumen

actividades

Os Preparativosdunha gran festa

Todos sabemos, por experiencia, que parater un día de festa, nunha parroquia, pobo oualdea, son moitos os esforzos e traballos que haique facer para que ese día de festa sexa posible.

Aumentan os traballos e preparativos cantomais grande é a festa, cantas mais persoas aco-den a ela. Por iso convén, empezar a preparalacon suficiente tempo de antelación. Así o facemoscoa Festa de Convivencia cos nososMaiores.

O primeiro de todo é idear o detalle quecada ano se entrega a tódalas familias. Facerunha cousa sinxela, pero simbólica, para quequede como recordo nas nosas casas. Comezaasí a distribución dos medios humanos para faceros preto de oitocentos recordos da festa. Durantea segunda quincena do mes de xullo, un grupode seis a dez persoas ían para o taller de cerámi-ca de Violeta, en Sarria, para prepara-los agasa-llos. !Todo un traballo de artesanía¡

Xa empaquetados, un grupo de mozos emozas que fixeron o curso de monitores de tempolibre este ano, comezaron a percorre-las aldeasdo Concello de Samos, para facer chegar a cadafogar a invitación para a festa e o recordo damesma, e ó mesmo tempo aproveitar para visitare saudar a cada familia.

Mentres, en Lousada, tivemos dous talleresde coiro e un de cestería para aprender a traba-llar con estes materiais. Os obxectos que se fixe-ron expuxéronse na festa, para que quen quixerapoidera mercalos.

Decidiuse darlle un ambiente medieval áfesta, para o que era necesario prepara-la deco-ración e os bailes típicos daquela época.

Por iso un grupo de preto de cen mozos emozas xuntáronse en Sarria, durante a primeiraquincena de agosto, para ensaiar os bailes quedespois darían vida a aquel pregón da festa queera a historia de dous pobos que vivindo separa-

dos descubren que colaborando é posible aunión e a festa xuntos.

Para o baile eran necesarios uns traxes típi-cos da época e un decorado propios. Con apurose imprevistos, fomos facendo traxes e decorados,uns mellores ca outros.

E xa o día anterior á festa sae de mañanciñacara a Santalla de Loúzara a caravana decamións, furgonetas e coches, con todo o mate-rial necesario para a festa. Chegados ó fermososouto os cincuenta que iamos, distribuímonos engrupos e comezamos a traballar: Uns a poñermesas e bancos; outros prepara-lo sitio da coci-ña, do bar, da tenda, o equipo de megafonía;outros ambientar a estilo medieval o souto... Xapola tarde, nun autocar suben dende Samos aSantalla os mozos e mozas que ían colaborar nafesta. Aquí distribúense os grupos, as mesas ezonas das que cada un ía responsabilizarse paraque estivese todo organizado.

Todo un traballo para que os maiores poidandisfrutar dun día de festa ó ano que teñen benmerecido.

Manolo Otero

Page 17: O Noso Lar · maiores na festa do verán: É posible facer medra-lo pequeno, é posible crear vida onde haxa un irmán, e se ti estás connosco haberá máis semente, xuntos todo

15O Noso Lar

Canción elaborada para aXII Festa PopularCampestres de Convivencia cos nosos maioresÉ posible crear un mundo máis xusto,é posible construír a cidade do amor,se estades connosco máis pronto o faremos,xuntos todo é mellor.

TI NON PODES TI SÓCOLABORA...É POSIBLECOAS TÚAS MANS, NOSAS MANS...

...¡PODERÁN!

É posible facer medrar o pequeno,é posible crear vida onde haxa un irmán,e se ti estás connosco haberá máis semente,xuntos todo é mellor.

TI NON PODES TI SÓCOLABORA...É POSIBLECOAS TÚAS MANS, NOSAS MANS...

...¡CRECERÁN!

É posible atopar camiños de encontro,é posible mirar cara adiante con fe,e se ti estás connosco o horizonte é máis claro,xuntos todo é mellor.

TI NON PODES TI SÓCOLABORA...É POSIBLECOAS TÚAS MANS, NOSAS MANS...

...¡CHEGARÁN!

É posible querer os nosos maiores,é posible aprender da súa suor,que se o xoven é aquel que ten fame de vida,nosos vellos o son...

TI NON PODES TI SÓCOLABORA...É POSIBLECOAS TÚAS MANS, NOSAS MANS...

...¡TRIUNFARÁN!

Page 18: O Noso Lar · maiores na festa do verán: É posible facer medra-lo pequeno, é posible crear vida onde haxa un irmán, e se ti estás connosco haberá máis semente, xuntos todo

16O Noso Lar

enresumen

actividades

Un ano máis, e xa van uns cantos, a Funda-ción O Noso Lar, a nosa fundación, voltou a reu-nir unha multitude de persoas e persoeiros entorno á mesa de convivencia. Esta vez nunhaparaxe inigualable da Galicia profunda, na nosabenquerida Lóuzara. Isto dábanos pé a que a xor-nada que iamos acometer fose perfecta. Moicedo tódolos traballadores, monitores, colabora-dores e voluntarios da Fundación dirixíronse a esaparaxe: a luz, o día... invitaban a un recollementopreciso e precioso. A xornada prometía moito;todo un continxente de almas novas estaban xadispostas a recibir e homenaxear a unha moreade xente que viña de tódolos puntos do nosoConcello de Samos.

Recepción, misa, discursos, xantar... máisou menos como tódolos anos, pero este feito demaneira distinta, cunha apreciación novidosa:todo baixo un ambiente medieval. A carballeiraquedou convertida nun patio, dun castelo medie-val, axudado por suposto polos vestidos inspira-dos nas clases populares da época.

O que tiñamos claro é que as xentes que íanparticipar naquela festa tiñan que presenciar algodistinto, e ó mesmo tempo conservar esa exquisi-tez do momento. A innovación comezaba polopropio pregón, no que se fixo ver unha historia desentimento, un sentimento de encontro entre dúasxeracións, que reflectía moi ben todo o que iamosvivir no lugar. Con todo iso pretendiamos, e cre-mos que o conseguimos, facer ver que coa cola-

boración de todos nós podemos levar a cabomoitas cousas, que todo é posible. Así taménconservamos ese sentimento de solidariedadeque tanto ten que arraigar en todos nós. O resul-tado é o máis compracente de todos os que sepoden dar hoxe en día: un sorriso na faciana detódalas xentes que estabamos alí, novos e vellos,e sobre todo esa complicidade entre todos eles.

Nos tempos que corren, moitos aínda conti-núan preguntándose por qué un gran número dexentes novas adican o seu tempo libre a darse ósdemais, en troques de nada. E voltamos ó desempre: na crenza persoal de que en nós existaese sentimento especial que nos move a ser soli-darios cos demais. Non debe ser en datas pun-tuais, cando por exemplo, a mercadotecnia dasgrandes organizacións non gubernamentais nostocan a fibra sensible e fan que nos sintamos bensimplemente por mercar unha tarxeta de tal ou calorganización. Non cansaremos en insistir que osentimento é anual (de todo o ano) e vital á vez, eque hoxe en día é moito de agradecer que a nosaterra se mova en beneficio non só de xentes maio-res senón tamén de todos nós.

Por suposto, non queremos pechar estasliñas sen agradecer o traballo que hai detrás:dende a organización mesma ata a gran aporta-ción de tódolos monitores, voluntarios e colabora-dores que fan posible que un ano máis chegue-mos a máis xente; en definitiva, que cheguemos afacer comprender un sentimento: o sentimento.

Crónica dun sentimento

Page 19: O Noso Lar · maiores na festa do verán: É posible facer medra-lo pequeno, é posible crear vida onde haxa un irmán, e se ti estás connosco haberá máis semente, xuntos todo

17O Noso Lar

Campamentode Cangas

Do 15 ó 24 de xullo, tivo lugar o campa-mento que ano tras ano vén realizando aFundación O Noso Lar xunto coa AsociaciónMundaveiga.

Participaron no mesmo un total de 42 per-soas: 32 rapaces/as do concello de Samos, catromonitores titulados e tres en prácticas, unha enfer-meira, unha cociñeira e a Directora de actividadesde tempo Libre.

O lugar elixido, Cangas do Morrazo, reúnetódalas condicións requiridas para un campamen-to destas características. A praia, as marchas, asrastrexaduras, xogos, etc. axudaron a cultiva-lorespecto pola natureza como fonte inesgotable devida e de recursos (hoxe lamentámo-lo desastreecolóxico das nosas costas tan manchadas polo“chapapote”).

Tamén se realizaron diversos obradoiros,tales como: Encadernación, coiro, monecos de lá,cabullería, pulseiras, pintado de camisetas...

Creouse un clima de convivencia e partici-pación que estimulaba e axudaba a desenvolve-las habilidades e a creatividade de cada un,logrando que todos se sintan protagonistas.

Destacamos como días significativos doCampamento os “días das familias”, nos que seintenta a integración dos pais na dinámica do cam-pamento. Son días de convivencia, de encontro ede festa. Compartímo-la comida e gozamos xuntosdeste ambiente familiar, que consideramos moipositivo.

Saladina

Como todos sabedes, A Fundación e aAsociación Mundaveiga é a responsable dunha serie deactividades variadas que se veñen realizando xadende hai moito tempo.

Pois ben, unha destas actividades que sedesenvolve gracias á Fundación é o campamento.

Eu fun por primeira vez a un campamento haidez anos, e asegúrovos que o seu recordo segue pre-sente no meu corazón. Daquela tiña once anos, peronon me esquecín de frases que os meus monitores(xunto con Miguel, Xulio, Asunción, Adela, Saladina) meinculcaron para que lembrase sempre: “É de ben naci-dos ser agradecidos”; “a liberdade dunha persoaremata onde empezan os dereitos da outra persoa”;“as cousas dos demais debémolas respectar tanto oumáis ca se fosen nosas”.

Hai xa dez anos, pero o tempo non borrou asexperiencias vividas e aprendidas (que foron moitas);polo tanto creo que se demostra a importancia quepode ter para un rapaz este tipo de actividades de caraá súa formación e maduración como persoa. No cam-pamento trátase de fomenta-la igualdade entre tódolosrapaces, o respecto mutuo, a convivencia, o traballo, acolaboración nas tarefas diarias, a amizade, a solida-riedade. E, sobre todo, búscase que todos e cada undos rapaces se sinta útil, e forme parte dese soño, desaidea, desa actividade tan marabillosa que é o campa-mento.

Así que xa sabedes: se o ano pasado non vosdecidistes, este non o pensedes máis. Hai un grupo depersoas formadas e con ganas de traballar que inten-tan facer posibles tódolos vosos soños, para queaprendades mentres vos divertides.

E, para concluír, remato cos agradecementos:gracias, no nome dos pequenos e dos pais que parti-cipan no campamento, á Fundación "O Noso Lar" eá Asociación Xuvenil "Mundaveiga", por brindárno-laposibilidade desta e doutras actividades que fan dasnosas parroquias lugares cheos de esperanza e devida; e gracias tamén a esas persoas que constrúen unmundo máis humano co seu traballo, co seu esforzo,coa súa esperanza.

Carlos Sampedro

Page 20: O Noso Lar · maiores na festa do verán: É posible facer medra-lo pequeno, é posible crear vida onde haxa un irmán, e se ti estás connosco haberá máis semente, xuntos todo

18O Noso Lar

en resumen

• •actividades

Un ano máis, a Fundación “O Noso Lar”organizou unha viaxe para mozos/as maiores deidade a outro país, co gallo de coñece-las súasxentes, distintas cidades e pobos importantespola súa historia, cultura, arte, turismo,... O nosodestino foi Francia.

A saída de Sarria foi o día 30 de xullo á noi-tiña e voltamos o día 9 de agosto pola noite.

AS NOSAS ANDANZAS

Bordeaux: Gran Teatro, Catedral de St-André, Basílica de St-Michel, Esplanade de Qinconces, Plaza de la Bourse, RueSainte Catherine.

Arcachon: Duna du Pilat e Praia de Pereire.Poitiers: Notre-Dame-la-Grande, Catedral St-Pierre.Tours: percorrido no autocar.París, co seu río “O Sena” considerado punto de referencia da

cidade. O noso percorrido comezou na Place de la Bastille,Pont Neuf, Notre-Dame, Sainte-Chapelle, La Conciergerie, St-Germain-des-Prés, Rue Rennes, Place 18 de Jun de 1.940,Tour Montparnasse, Avenida de L´Observatoire, Jardin deLuxembourg, Boulevard St-Michel, La Sorbonne, Pantheón,St-Étienne-du-Mont, Pont de l´Archevêché, La Torre Eiffel,Pont d´Iéne, Pont de l´Alma, Les Invalides, Pont de AlexandreIII, Campos Elíseos, Arco de Triunfo, Place de la Concorde,Jardin des Tuileries, Museo del Louvre (A Gioconda de L. daVinci), St-Eustache, Centro Pompidou, Hôtel de Ville, Óperade París Garnier, Place de la Republique, Montmartre,Sagrado Corazón, Versailles (castelo e xardíns).Non se podía deixar París sen facer unha travesía polo Sena,nas Vedettes du Pont-Neuf.

Rouen: Catedral de Notre-Dame, Place de Vieux-Marché, Palaciode Xustiza, Place des Carmes, Abadía de Saint-Ouen.

Caen: Abadía aux Hommes, Abadía aux Dames e as súas rúas.Mont-Saint-Michel, “Maravilla de Occidente”, pola orixinalidade

do sitio e a beleza da súa arquitectura.La chapelle: Basílica da Nosa Señora de Montligeon.Le Mans: Catedral de St. Julieu.Nantes: exterior do Castelo dos Duques de Bretagne, Catedral

de St-Pierre.Bayonne, Percorrido polas súas rúas.

Na nosa andaina o que se pretendía era:camiñar moito, durmir pouco, pasalo ben..., porsuposto que todo se levou a cabo. O que non sepuido andar, por esgotamento, Gonzalo encargá-base de levarnos no autocar, facendo paseosnocturnos polos distintos barrios parisinos.

Durmíase pouco, ás noites non había présa pordeitarse, ás mañás había que madrugar e, paramáis, a nosa mascota no momento que pasa asfronteiras desconcértase e non espera ó día paracantar. Aínda que nos choveu case tódolos días,pasámolo moi ben e isto foi posible coa axuda detodos, xa que no grupo había moitos talentos:artistas, paparachis, traductores, terraceiros, etc.

Nesta viaxe de irmandade asistimos ácelebración da Eucaristía en Saint-Germain –des-Prés (en castelán) e tamén no Santuario da NosaSeñora de Montligeon (en francés e castelán).Tanto nas celebracións como nas nosas oraciónscomunitarias pedímoslle a Noso Señor que nosprotexera a nós, ós nosos familiares e amigos edémoslle gracias por esta viaxe.

Ó final da viaxe, xa na nosa terra (moisemellante a nosa paixase á de Normandía e áBretaña francesa), fixemos unha pequena refle-xión sobre estes días de convivencia.Salientamos a amizade xurdida entre os membrosdo grupo a pesar das diferentes idades, o desexode poder colaborar para levar a cabo estas via-xes, o agradecemento polo que cada un aportouó longo da viaxe. A D. Miguel as gracias como bopastor e para o ano que vén... ¿Que facer?

Amparo Páramo

Vacacións-convivenciaen Francia

18 O Noso Lar

Page 21: O Noso Lar · maiores na festa do verán: É posible facer medra-lo pequeno, é posible crear vida onde haxa un irmán, e se ti estás connosco haberá máis semente, xuntos todo

actividades• •

19O Noso Lar

Viaxe a Helmántica

Voulles relata-la nosa viaxe a Salamanca,aínda que non sei se darei expresado nesta páxi-na todo o que alí vin e me deixou abraiado. Nestaviaxe tivemos vivencias de moitos tipos e gustos.Tódolos integrantes desta excursión viron satisfei-tas as súas expectativas; pola miña parte só llepoño un pero: nunha fin de semana non se podecoñecer unha cidade, e menos Salamanca, aCidade da Cultura 2002.

De entrada, aínda que nós tivemos moi botempo, esta cidade é algo fría e ata pode chegara ter un aspecto sobrio, debido á solemnidade dasúa arquitectura; pero desde que un pasa as pri-meiras horas perdido nas súas rúas, empeza apercibir o murmurio da xente e as voces da histo-ria que encerran as pedras.

A nosa viaxe comezou moi cedo, as 06:30do sábado 12 de outubro saímos de Samos endirección a Salamanca. Sobre as 10:30 da mañáchegamos. Alí esperábanos un amigo salmantinopara acompañarnos no percorrido pola cidade.Empezamos pola Ponte Romana, logo a rúaTentenecio, Catedral Nova, Praza de Anaya,Universidade civil e Pontificia, Casa das Conchas,Igrexa de San Bieito, Convento das MM.Agustinas, etc. Como a ocasión e o tempo o per-mitían, comemos ó aire libre, nos xardíns daFacultade de Matemáticas.

Pola tarde, desde que repousamos noalbergue, retomamos a nosa visita á CatedralVella. Por certo, debemos agradecer ós nososantepasados que non a derrubasen cando fixeron

a nova, un feito desde logo moi insólito. Despoisfomos coñece-la Praza Maior e as súas famosasterrazas, con xente de tódalas nacionalidades erazas. Nese ambiente, un séntese igual ós demaise penso que non hai prexuízos.

Trala cea visitámo-la Salamanca de noite,que complementa perfectamente a visita diurna.

Ó día seguinte, ás once da mañá, deixámo-lo albergue. Era moi cedo, pero, como había queaproveita-lo tempo, demos outro paseo pola cida-de e sacamos fotos.

Despois de comer retornamos á nosa terra,parando antes en Zamora. Sorprendeunos o seucasco antigo, declarado Conxunto Histórico-Artístico. As súas murallas e portas, o castelo, asigrexas románicas (unhas vinte), os pazos rena-centistas, as súas estreitas e empedradas rúaspresididas pola cúpula da Catedral conférenlle unsobrecolledor ambiente medieval.

A chegada a Samos foi a iso das 23:00horas. No noso parte de incidencias habería quesalientar as afonías, o cansancio e o desexo devolver outra vez con máis calma. Salamanca éunha cidade que invita ó paseo, que estimula aconversa sosegada e que permite disfrutar óforasteiro dos seus valiosos tesouros artísticos.

Miguel Sampedro

Page 22: O Noso Lar · maiores na festa do verán: É posible facer medra-lo pequeno, é posible crear vida onde haxa un irmán, e se ti estás connosco haberá máis semente, xuntos todo

20O Noso Lar

en resumen

hixienealimentaria• •

A hora damatanza do porco

Agora que aínda estamos no momento damatanza do porco, convén facer algúns comenta-rios acerca de aspectos de tipo regulamentarioasí como hixiénico, que deberemos ter en conta áhora da matanza destes animais.

Convén empezar por falar en primeiro lugardun aspecto de tipo regulamentario, que vai ircambiando o xeito en que se fai a matanza. Existedende hai xa uns cantos anos unha normativa (oReal Decreto 54/1995) que establece cuestiónsde benestar dos animais no momento do seusacrificio e que, de xeito moi resumido, no queagora nos interesa, inclúe a obrigación de atorde-mento dos animais antes de realizar o desangra-do dos mesmos, édicir, que perdan aconsciencia antesdo desangrado. Decalquera xeito, estanormativa non esta-ba a ser tida enconta por parte daadministración, nasmatanzas para auto-consumo, segundodenunciou xa haitempo a AsociaciónNacional para laProtección y elBienestar de losAnimales (ANPBA), édicir, no caso das matanzas domiciliarias tradi-cionais que son feitas nas aldeas do noso país.Esta asociación conseguiu da Xunta de Galiciaque se puxeran en marcha unha serie de medi-das, que inclúen actuacións de control, medidasde sensibilización entre a poboación e taménestán en estudio adoptar unha serie de medidasde tipo normativo adicional. Dentro das medidasde sensibilización da poboación, inclúese a dota-ción de medios materiais por parte da administra-

ción, en colaboración cos concellos, ou sexa, quese poñerá á disposición dos particulares aparatospara o atordemento dos animais antes do sacrifi-cio, e deste xeito cumprir coa normativa. Dadoque as actuacións de control poden aumentar, senon queremos correr o eventual risco dalgunhasanción, deberémonos de afacer a atorda-loscochos antes de sangralos.

Aínda que existen varios xeitos de atordar ósporcos, o sistema que se debe de elixir é o dechoque eléctrico por non estraga-la cabeza dococho, se ben tamén pode traer algúns proble-mas no caso de que non se aplique de xeitocorrecto. Para coñecer o bo emprego destes apa-

ratos deberémonos deinformar nos ServiciosVeterinarios da nosazona.

Se ben podeparecer que se perdealgo de tradición, écerto que temos que iradaptándonos ó cam-bio dos tempos, etamén teño que sinalarque o emprego dosmétodos de atorda-mento dos porcos tenvantaxes desde opunto de vista do tra-ballo pois precísanse

menos homes para suxeitar ó animal e desangra-lo, o cal sempre vén ben, xa que non hai tantaxente como antes para face-la mata.

Pasando xa a outros aspectos hixiénicos,quizais deberiamos sinalar que hai que limparalgo a pel dos porcos, sobre todo no caso de quesacrifiquemos mais de un. Deste xeito mancharí-amos menos a auga do escaldado na que osmetemos para facer logo o pelado dos mesmos.

Page 23: O Noso Lar · maiores na festa do verán: É posible facer medra-lo pequeno, é posible crear vida onde haxa un irmán, e se ti estás connosco haberá máis semente, xuntos todo

hixienealimentaria• •

21O Noso Lar

Se ben o coiro dos animais sempre está sucio enon podemos facer moito por cambiar iso, taménsería bo evitar que lles entrase auga pola boca oupola ferida pola que foron desangrados oscochos, xa que a auga sucia pode contamina-lointerior do cocho. Para esto podemos taponaresta ferida do desangrado e a boca, ou evitar quelles entre auga do escaldado dalgún xeito. Aauga debería de estar o máis quente posible,desde o punto de vista hixiénico sería bo quepasara de 60 graos, aínda que se está moi quen-te podémonos queimar. Outra cousa que nuncadebemos esquecer tampouco é flamexar conlume o coiro, para o cal sería bo dispoñer desopletes. Esta sempre é unha boa práctica hixié-nica.

Un aspecto a ter en conta éa pregunta de por qué nalgun-has culturas o porco non era unanimal ben visto, e era conside-rado impuro. A resposta corres-póndese co feito de que existendeterminadas enfermidades, detipo parasitario principalmente,que se poden transmitir ás per-soas por consumir carne deporco que estea infestada. Éimportante sinalar que candodicimos infestada non quere dicirexactamente o mesmo que o ani-mal estea enfermo, pois o caso éque moitos destes procesos nonproducen signos de enfermida-de no animal vivo, é dicir, nonnotaremos nada no animal antesde face-lo sacrificio. Este feitoteremos que telo en conta, pois a apariencia doanimal cando o estamos cebando non vai facer-nos sospeitar de nada. Por sorte, posiblementesalvo no caso da triquinelose, as outras parasita-cións ás que farei referencia son relativamentefáciles de detectar no porco tralo sacrificio.

O primeiro que debemos lembrar é leva-lalingua dos cochos ós servicios de sanidade vete-rinaria. Esta sempre foi unha práctica que se rea-lizou e que se empeza a esquecer algunhasveces. O motivo de leva-la lingua é para a deter-minación da parasitación do cocho por Trichinella. Trátase dun-

has larvas moi pequenas, e que polo tanto nonpoden ser vistas a simple vista, que se encontranna carne e poden facernos enfermar se as come-mos.

Tamén podemos sinalar que poden chegara aparecer unhas vesículas na carne de un oudous centímetros, e polo tanto fáciles de ver.Sobre todo aparecerían tamén na lingua, polo queno caso de levarlla ó veterinario este tamén odetectaría. Estas vesículas, chamadas cisticercospoden transmitirnos unha parasitación ás perso-as. Por sorte, tanto neste caso como no caso datriquinelose, non se trata de parasitacións fre-cuentes na nosa terra, pero nunca debemos

esquecer que non se pode baixa-la garda, sobre todo no caso datriquinelose, xa que este parasitoé difícil de erradicar por transmi-tirse ós porcos a través dos ratosou outros pequenos animais docampo. Polo tanto debemos evitardurante a ceba que os porcospoidan ter acceso a estes ani-mais.

Xa pasando a falar un poucodoutros procesos que son máisfrecuentes, hai que sinalar quetamén podemos encontrar vesí-culas cheas de líquido colgandonas vísceras ou no fígado. Se nonestán na carne e só se encontrannas vísceras, en principio pode-mos consumi-la carne sen proble-mas, trala eliminación do fígadoou as partes afectadas.

Quizais unha cousa que podemos encontrarcon máis frecuencia é que o fígado estea cheo depequenas manchiñas brancas por toda a súasuperficie, tampouco neste caso quere dicir quenon poidamos come-la carne do cocho, pero esosi trala eliminación do fígado.

Tamén debemos lembrar que nunca lledebemos dar ós cans nin a outros animais nin-gunha outra víscera nin carne afectada dos tiposque acabamos de sinalar.

Carlos Franco Abuín

Page 24: O Noso Lar · maiores na festa do verán: É posible facer medra-lo pequeno, é posible crear vida onde haxa un irmán, e se ti estás connosco haberá máis semente, xuntos todo

22O Noso Lar

en resumen

En Galicia os prados son unha das principais fon-tes de alimentación do noso gando. Gracias ó climaque temos, que en ocasións tanto criticamos, manté-ñense verdes os prados en case calquera época doano; así podemos aproveitalos intensivamente (pasto-reo, ensilado, herba seca). Segundo sexa a calidadeda herba así será a cantidade e calidade do leite e opeso e calidade das canais dos becerros. E se poralgo é coñecida a paisaxe galega, é polos seus ver-des prados.

Por todo isto, e para mellora-la calidade dos nososprados, velaí uns consellos útiles:

1 - Cultivos previosSerá moi interesante sementar antes do prado un

cultivo previo, como pode se-las patacas, o millo ou aremolacha. Así conséguese que o solo forme estruc-tura (que se faga), que afoguen as posibles malas her-bas e que os seus restroballos proporcionen materiaorgánica (nutrientes) a ese solo.

2 - Labores preparatorios Antes de sementa-lo prado labrarémo-la terra moi

ben, ata que quede o máis solta posible. Ó ser tanpequenas as sementes da herba deberán te-lo maiorcontacto posible coas partículas do solo, para quexermolen do mellor xeito.

Labores importantes son o de arado de vertedeira,o de cultivador ou agrade, o de grada de discos.

3 - Épocas para sementa-lo prado.Recoméndase sementa-los prados en primavera e

outono. Nesta última estación sobre todo en zonassecas. A mediados de outono as temperaturas aíndason suaves e os solos teñen suficiente humidade.Todo isto crea un bo ambiente para o xermolo dassementes. Un problema serían as xeadas.

Na primavera o perigo é a seca, impedindo quea-gromen as sementes ou morran as plantas nacidas.

4 - Misturas de variedades pratensesCando nos decidimos a sementar un prado é moi

importante escoller ben a semente. Hoxe en día o quese fai é misturar distintas variedades de semente, paraobter prados que combinen pastoreo con cortes paraensilado e herba seca. As seguintes misturas estudiá-ronas o Ministerio de Agricultura e centros de investi-gación:

F1 Raigrás italiano (10Kgr/ha) + Trevo violeta(10Kgr/ha)

F2 Raigrás italiano (4Kgr/ha) + Dactilo (10Kgr/ha)+ Trevo violeta (10Kgr/ha) + Trevo branco ladi-no (2Kgr/ha)

F4 Raigrás inglés (10Kgr/ha) + Dactilo (10Kgr/ha)+ Trevo branco común (2Kgr/ha) +Trevo bran-co ladino (1Kgr/ha)

F6 Raigrás inglés (20Kgr/ha) +Trevo brancocomún (2Kgr/ha) + Trevo branco ladino(1Kgr/ha)

P1 Raigrás italiano (4Kgr/ha) + Raigrás inglés(8Kgr/ha) + Dactilo (10Kgr/ha) + Trevo brancoladi-no (2Kgr/ha) + Trevo violeta (6Kgr/ha)

P3 Raigrás italiano (2Kgr/ha) +Raigrás inglés(6Kgr/ha) + Dactilo (8Kgr/ha) + Trevo brancocomún (3Kgr/ha) + Trevo branco ladino(2Kgr/ha)

P4 Raigrás italiano (6Kgr/ha) + Raigrás inglés(6Kgr/ha) +Trevo branco común (5Kgr/ha)

5 - FinalUnha vez sementado o prado é moi interesante dar

un pase de rulo.

Óscar López González

O bo aproveitamento dos prados

agricultura emedioambiente• •

Page 25: O Noso Lar · maiores na festa do verán: É posible facer medra-lo pequeno, é posible crear vida onde haxa un irmán, e se ti estás connosco haberá máis semente, xuntos todo

23O Noso Lar

saúde• •

Os pés son unha parte do noso corpo á quexeralmente non se lles dá o coidado e a impor-tancia que merecen, a pesar de se-los nosos pia-res. Esta falta de coidado vai aumentando a medi-da que avanzamos en idade xa que nos atopa-mos cunha serie de limitacións físicas que nos fanser máis dependentes dos demais e dificultan onoso aseo persoal.

¿Como debemos corta-las uñas? O corte dauña debe facerse recto ou lixeiramente curvo,pero non recortar os laterais ou recantos paraevita-las uñas incarnadas. Cómpre realizar ocorte cada 20 ou 30 días comomáximo. Cando chega a ocorre-laincarnación da uña hai que extir-pa-lo trozo de uña cravadomediante unha intervención decirurxía menor.

Cando se produce un aumen-to no grosor da uña é aconsella-ble un fresado suave para debili-tala; este labor corresponde óprofesional que se encarga docoidado dos pés: o podólogo.

As uñas dos pés tamén enferman, sobre todoinfectándose por fungos. A enfermidade da uñainíciase desde o exterior, faise cada vez máisgrosa e vai perdendo a súa coloración normal,facéndose opaca e dunha cor marela. A uñaadquire un aspecto como de po ou negra, poden-do quedar destruída totalmente. A primeira medi-da que se debe tomar é fresar e corta-la uña adel-gazándoa á súa mínima expresión para que poidapenetrar máis doadamente a substancia que usa-remos para o tratamento do fungo. Estas infec-cións repiten con moita facilidade e son moirebeldes ó tratamento, polo que ante calqueraalteración da uña debemos consultar co nosomédico.

A hixiene do pé é moi importante. Débeselavar cada día e, o que é máis importante, secarben os espacios entre as dedas coa toalla.Procurar non engadir pos de ningunha clase por-que son caldo de cultivo para infeccións, sobretodo por fungos, cando teñen unha composiciónde amidón. En caso de escoriacións ou rozadurasentre as dedas, o mellor é solución de iodo(Betadine).

A alteración da pel, máis frecuente nos maio-res, é debida á sequidade da pel e á formaciónde gretas que poden infectarse. A aplicación decremas con urea, a pequenas doses, son as máisaxeitadas por reduci-las durezas e hidrata-la pel.

O calzado debe ser de pel suave, a empeñalisa, sen costuras e co piso nonmoi groso. Para as deformaciónsque se van producindo na dedasaconséllase que o calzado sexa,na súa porción anterior de puntaredondeada e ampla capacidade,para evita-la rozadura das dedas,que coa idade tende a deformarseen garra ou a presentar xoanetes.

Nas persoas maiores e conmáis frecuencia en diabéticos e

con problemas de circulación é frecuente a apa-rición de úlceras nos pés. Xeralmente prodúcen-se na zona que soporta máis sobrecarga vertical,no calcaño ou na zona externa do antepé.

Son moitas as causas da dor nos pés, e sonparte importante do noso corpo. Cando se venafectados, impídennos camiñar e déixannosinmobilizados. Por iso é tan importante o seu coi-dado e non esquecernos deses grandes oprimi-dos que son os nosos pés, cos que daremospasos firmes na nosa vida.

Conchita Rodríguez Fernández

O coidadodos pés

Page 26: O Noso Lar · maiores na festa do verán: É posible facer medra-lo pequeno, é posible crear vida onde haxa un irmán, e se ti estás connosco haberá máis semente, xuntos todo

24O Noso Lar

en resumen

experiencias• •

¡Ola a todos!Aínda que algúns xa me coñecedes, come-

zarei presentándome ou lembrándovos o meunome. Son Jesús Girón, un seminarista valencia-no, con raíces galegas por parte do meu pai.

Precisamente por parte do meu pai e a súafamilia vénme o gran cariño que lle teño a Galicia.Tódolos veráns volvemos alá para xuntarnos coafamilia. Hai anos fixen o Camiño de Santiago eademais tiven a “sorte” de face-lo servicio militarno Ferrol. Todo son bos recordos de persoas,lugares e experiencias que no fondo, dalgunhamaneira, me axudaron a sentir un pouquiño gale-go.

O pasado verán xurdiu a posibilidade derealizar algo que levaba tempo con ganas defacer: coñecer un pouco máis de cerca o mundorural, algo totalmente distinto ó que estou vivindoen Valencia. E debo recoñecer que foi un verda-deiro regalo de Deus.

¡Dezasete parroquias, coas súas respecti-vas aldeas cada unha, dispersas polo val e amontaña! Cando Miguel Gómez me contaba istoo día da miña chegada, lembraba eu algúnscuras valencianos abrumados por levar catro oucinco localidades que, ademais, están ben comu-nicadas. O certo é que non saía do meu asombro.

Descubrín un hábitat disperso, unha poboa-ción bastante envellecida, adicada á agricultura eá gandería, dificultades económicas, unha paisa-xe preciosa, ás veces soidade e enfermidade,outras veces alegría e ilusión e un desexo de nonresignarse a deixar morre-lo campo. E no mediode todo iso, unha misión impresionante. Era achamada de Deus a seguir anunciando a boanoticia do seu Amor a uns homes e mulleres cunsrostros moi concretos. E esa chamada facíasepresente en Miguel, en Manolo, en Ramón, enJulio, nas irmás misioneiras de Lousada e na

xente sinxela que tiven a sorte de poder coñecer.Para min supuxo unha maneira nova de

facer presente a Deus no medio daquelas perso-as, compartindo as súas alegrías, as súas triste-zas, as súas preocupacións, as súas ilusións,desde as pequenas cousas de cada día.

Vivo unha realidade onde parece que oimportante é facer, facer e facer. E sempre cunritmo frenético que moitas veces non me deixa“perder tempo” con aquelas persoas coas queme atopo, porque todo está tan estructurado ecronometrado que hai que segui-las pautas mar-cadas polo horario. E non digo que sexa maloprograma-las cousas e ter unha orde; ó contrario,pero ás veces volvémonos escravos dos instru-mentos, esquecendo que a fin son sempre aspersoas e que unha soa vale máis que calqueraprograma e horario, por moi coherente e perfec-to que este sexa.

En Lousada aprendín, non tanto a facersenón a estar. Tiven ocasión de comparti-la pre-sencia cercana da xente sinxela, axudar á misanas distintas capelas dos arredores, visitar enfer-mos, conversar, muxir vacas, pasear, ler e rezar.¿E como esquece-las horas botadas no taller deVioleta de Sarria, preparando os detalles da festados maiores? Tamén lembro con moito cariño opoder ir repartindo por tódalas casas as invita-

Días de convivenciaen Samos

Page 27: O Noso Lar · maiores na festa do verán: É posible facer medra-lo pequeno, é posible crear vida onde haxa un irmán, e se ti estás connosco haberá máis semente, xuntos todo

experiencias• •

25O Noso Lar

cións para a festa, os detalles e a revista conManolo e con Ramón.

Creo que isto foi unha das cousas que máisme gustou porque tiven ocasión de coñecer áxente, de falar, de compartir. Non é o mesmoface-lo Camiño de Santiago e pasar polas aldeassaudando ós paisanos, que entrar nas súascasas e falar máis persoalmente. Creo que senos parasemos en tódalas casas nas que nosconvidaban a tomar, polo menos unha cervexa,acabariamos completamente bébedos...

Tamén me gustou, como o que máis, a festados maiores. Se impresionantes foron os prepa-rativos, máis impresionante aínda foi o encontrono souto de Lóuzara, onde tivemos ocasión decompartir maiores e mozos un día de convivenciaprecioso, cheo de alegría, de música, de comida,de bailes e, sobre todo, moi repleto de Deus.

Gustoume moito a capacidade de traballo ede entrega de tantas persoas que unían as súasforzas para un proxecto común que realmentepagaba a pena. “Colabora..é posible” dicía olema. Pois ben, creo que a xente colaborou paraque a festa fose un éxito en tódolos sentidos.Agora hai que pedir que cada un siga colabo-rando, de maneira que o noso compromiso nonsexa algo illado senón algo constante. Quizais xa

non en cousas chamativas e vistosas, comoaquela festa, pero si no cotián, no pequeno, noque non se ve, pero non por iso con menos valor.Ánimo, vale a pena.

Desde aquí gustaríame da-las gracias aMiguel, que me acolleu na súa casa e porque asúa presencia foi para min un testemuño importan-te de entrega e fidelidade. Graciñas a Manolo polasúa cercanía e a súa amizade. E gracias tamén ásirmás misioneiras de Lousada, pola vosa alegría ea vosa acollida, por ser durante esas semanascomo a miña nai. Gracias a Ramón por levarme doval ó cume no teu Mercedes 205, e a Julio por tantotraballo.

Por último, gracias a todas e cada unha daspersoas que atopei no meu camiño. Son moitas,pero sempre lembrarei, non os nomes, porqueson moi despistado, pero si os rostros concretos,que dalgunha maneira me axudaron a descubrircon máis claridade o rostro concreto de Deus.

A todos, moitas gracias, unha aperta moiforte e a ver se no verán podemos volver aencontrarnos.

Jesús Girón

Page 28: O Noso Lar · maiores na festa do verán: É posible facer medra-lo pequeno, é posible crear vida onde haxa un irmán, e se ti estás connosco haberá máis semente, xuntos todo

26O Noso Lar

en resumen

experiencias• •

¡Graciñas!Dixéronme se podía escribir e comunicar

algo da miña experiencia en San Román deLousada, na Fundación O Noso Lar. Acepteiencantada inmediatamente, pero ó intentar trans-mitir todo o vivido ó longo de 9 anos, fáltanmemoitas palabras.

O primeiro que teño que dicir é graciñas.Gracias a tódolos que fixeron posible que

unha comunidade de relixiosas franciscanas pui-dese estar presente no mundo rural. (É máis habi-tual estar na cidade).

Graciñas a M. Angélica (a nosa superioraprovincial naquel momento), por preocuparsepolo mundo rural da nosa terra. Levou adianteeste proxecto con interese e ilusión.

Graciñas a Saladina e a Inés, as primeirasque, a pesar dos nosos temores, tivémo-la a sortede comezar ilusionadas unha tarefa fermosa echea de esperanza.

Graciñas a Miguel e Xulio, os cregos, poloseu cariño e preocupación pola xente desta zona epor traballar desinteresadamente en favor detodos.

Graciñas ás relixiosas da Asunción polo seuapoio e ánimo dende o primeiro momento.

Graciñas dunha forma moi especial a tódo-los veciños que con tanto agarimo nos acollestes.Gracias pola vosa cercanía, hospitalidade, aper-tura e por compartir cada día con nós o que tiña-des.

Por isto e máis cousas, en pouco tempo sen-tinme unha de vós. Uns meses antes isto non entra-ba nos meus cálculos. A zona rural nunca estiverapresente nas miñas expectativas. Creo que foicousa de Deus ese desexo de intentar seguir aXesús de Nazaret alí onde me necesitasen. Os queme coñecían, ¡ben que se estrañaron de min!

¡E canto aprendín! Redescubrín a beleza danatureza, as árbores que apenas coñecía, carba-llos e castiñeiros. Os camiños que moito me facilita-ron a relación e comunicación cos veciños.

Descubrín a paciencia, o tesón e o saberesperar do home do campo, a pesar das inclemen-cias do tempo e contrariedades que veñen de moi-tas maneiras. A ilusión e a loita dos labregos e gan-deiros novos por mellora-la súa situación e transmi-ti-lo cariño e ilusión por algo tan importante como éa terra dun, a xente e a vida das aldeas.

Redescubrín o valor e importancia das cousas

ben feitas inda que sexan ben pequeniñas. A gran-deza das minorías. O sentido das tradicións festi-vas, a importancia dos encontros entre veciños. Anecesidade das relacións interxeracionais para quea riqueza destes lugares non desapareza.

A fortaleza e o traballo das mulleres na casa,co gando, nas hortas e sobre todo cos fillos. E apreocupación por estar ó día.

A ilusión de moitos novos polos seus lugarese o traballo desinteresado animando a vida detodos.

A pesar de ter vivido moitos anos cos enfer-mos e vellos, neste tempo redescubrín tamén a súamoita riqueza, ó longo das viaxes-convivencia nosque cada ano tiven a gran sorte de participar coneles. ¡Que experiencia tan boa a de compartir, terdetalles, bo humor! A riqueza expresada tamén ólongo dos distintos lemas que cada ano na festados maiores se intentaba resaltar.

Descubrín unha nova forma de vivi-la miñavida relixiosa, nunha casiña de aldea, nunha comu-nidade pequena. Experimentei o gozo grande decomparti-la fe cada día do Señor cos veciños dasparroquias nas que, inda que poucos, sentíamecomunidade parroquial.

Tamén descubrín cousas moi amargas. Axente maior vivindo soa e os poucos nenos fan queo futuro se vexa con preocupación. A situación deabandono que en moitos momentos sofre o campopor parte da Administración. E aparece o desánimonos novos por seguir aí. As malas comunicacións,as poucas oportunidades, a rutina.

Agora tócame vivir na beira do mar, un lugarprecioso mentres non chegue o chapapote. A soli-dariedade ante este problema está notándosemoito.

Unha aperta chea de agarimo e graciñas portodo o vivido aí e o que me ensinastes. A riqueza dazona rural non podemos deixar que se perda; parteestá nas nosas mans.

Adela Arias

Page 29: O Noso Lar · maiores na festa do verán: É posible facer medra-lo pequeno, é posible crear vida onde haxa un irmán, e se ti estás connosco haberá máis semente, xuntos todo

experiencias• •

27O Noso Lar

A neve, fenómeno non estraño nestas terras,soe face-la súa visita anual, e logo déixanos. Candochega a neve, por suposto que xa hai tempo quenon cantan os grilos, as andoriñas xa se foron, sóalgún pardal, atoutiñando, busca onde comer e seacubillar. Toda a natureza está queda, silandeira...Só se escoitan os regatos, o vento que zoa nas anti-gas carballeiras, que nos falan duna longa historiavivida. Contémplase o verdor dos prados, que setroca pola brancura desta visita que chega.Fermosura na paisaxe, calor que loita contra o frío,nas lareiras, nas grandes cociñas de ferro, nas che-mineas que se erguen no lugar, onde a familiaacouga, despois do seu traballo no agro, no está-bulo...

A neve acocha as prantiñas, cerra a comu-nicación física nalgún camiño pero enchoupa aterra, que gardará esta riqueza e nola irá regalandoó longo do ano. Nunca a neve, poderá xea-lo cora-zón humano. Este hase protexer doutras neves,doutros fríos, que o poden asolagar, incomunicar,destruír...

O home, a persoa é un paradoxo, pois viveo seu equilibrio entre a súa limitación e a súa posi-bilidade de crecemento. Conta, entre as súas capa-cidades, coa sensibilidade humana, coa capacida-de de relación, coa capacidade de transcendersea si mesmo...Por isto e por algo máis, é capaz deda-lo salto á fe e vivi-la súa vida desde unha novaóptica. Desde aquí xa seremos capaces de lle cha-mar Pai a Deus, porque nace unha nova concienciade que os demais, sexan ou non do noso sangue,son nosos IRMÁNS. Tamén, desde aquí, aEncarnación do fillo de Deus deixa de ser unha teo-ría para ir pasando a ser unha realidade, alomenosansiada e buscada. Se os nosos corazóns estánxeados, hanse ir tornando en fogar quente e acolle-dor.

Esta é a experiencia da Comunidade do“NOSO LAR “ de Lousada, que desde o día 22 dedecembro, e de acordo coa programación previa-mente coñecida por todos, tivémo-la sorte de podercomparti-las Festas do Nadal e, de momento, omes de xaneiro cun grupo, nun principio, de 8 per-soas, logo de 7, agora de 6. Este foi, de momento,o grupo estable, pero, o que foron os días de festa,compartímolos xuntándonos unhas 20 persoas.Nadal (24 e 25), Noite Vella e Aninovo, Reis e s.Antón. Cando esta experiencia de sentirnos irmáns,aínda coas nosas limitacións, é unha realidade, ariqueza que aportan as persoas, espidas de todoprotocolo e de todo prexuizio, é abraiante. Hai unhasabedoría nas xentes dos nosos núcleos rurais daque, ás veces, sabemos pouco e da que temosmoito que aprender.

Tamén é de subliñar, tamén, a cercanía, ointerés, a colaboración dos veciños do lugar.

Poder vivir esta experiencia de comuñón,non ten prezo. Vivir en agradecemento a Deus, quenos colocou aquí e a toda a xente que a fai posible,será a nosa postura.

Comunidade “O NOSO LAR “ de Lousada

O Nadal derrete a neveen Lousada

Page 30: O Noso Lar · maiores na festa do verán: É posible facer medra-lo pequeno, é posible crear vida onde haxa un irmán, e se ti estás connosco haberá máis semente, xuntos todo

S U B S C R I C I Ó N C O L A B O R A D O R

Festa en homenaxe ós nosos maiores: unha celebración gozosa, entrañable e solidaria;as vacacións−convivencia para maiores: merecida recompensa tras unha vida de traballo;

casa de acollida temporal: onde os anciáns teñen un fogar,catro libros con aportacións á historia de Samos desde a nosa cultura,

o presente boletín semestral...Nestas e outras actividades vaise concretando o lema da Fundación O Noso Lar:

Ó servicio da xente da nosa terra. Se queres recibi−los sucesivos números deste boletín, envía á Fundación O Noso Lar,

San Román de Lousada, 27620 Samos, Lugo, os teus datos (nome e enderezo)

Nome e apelidos . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

NIF . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Rúa . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Nº . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Piso . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Porta . . . . . . . . . . . . . . . . . . Código postal . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ..

Localidade . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Provincia . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Teléfono . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

IMPORTE

12 Euros

30 Euros

60 Euros

Outros ...................... Euros

PERIODICIDADE

Mensual

Trimestral

Semestral

Anual

Única

FORMA DE PAGODomiciliación bancaria

Talón bancario a nome de:Fundación O Noso Lar

Xiro postal

CONTAS PARA DONATIVOS A TRAVÉS DE INGRESOS E TRANSFERENCIAS

Banco Pastor - Samos. 0072 - 0247 - 92 - 0000200484

D O M I C I L I A C I Ó N B A N C A R I A

Titular da conta . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Banco ou Caixa . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Direccion bancaria . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Nº . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Código postal . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Poboación . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Provincia . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

CÓDIGO CONTA CLIENTE

Código entidade Código oficina D. C. Número de conta

Periodicidade ................................................. Importe .....................................................

Firma do titular

Se ademais desexas colaborar economicamente cos fins da Fundación O Noso Lar, envíanos tamén os seguintes datos:

Page 31: O Noso Lar · maiores na festa do verán: É posible facer medra-lo pequeno, é posible crear vida onde haxa un irmán, e se ti estás connosco haberá máis semente, xuntos todo

¡Qué bonitas erannoutro tempo as rosasque naqueles camposmedran e se esfollan!

Mais muchas entoncesSe mostraban todas.

ROSALÍA DE CASTRO

“Lembrabaa vestida de domingo, cos cabelos recollidos e a blusa blanca resaltándolle os ollos. A man collida do brazo

da nai para entrar na igrexa. As engurras visten agora eses ollos húmidos e brillantes e a man suxeita o brazo dun home serio. Ás veces unha mirada atrás doe máis ca incertidume de ollar cara o

futuro, sobre todo se non estás certo de que aínda existirás mañá. Fiquei alí, quedo, ás portas da igrexa de vellas pedras. No corazón unha sensación abafante, coma a que queda no corpo

cando estás ó pé da vía e perde-lo tren”.

ISABEL CHOUSA

Santy LÛpez

Page 32: O Noso Lar · maiores na festa do verán: É posible facer medra-lo pequeno, é posible crear vida onde haxa un irmán, e se ti estás connosco haberá máis semente, xuntos todo