Sestayo cleanet, 3 febrero

3
Sestayo esixe ó Goberno que non actúe como “cómplice” dos incumprimentos de Cleanet A candidata do PSOE de Ferrol á alcaldía de Ferrol anunciou o apoio socialista á movilización dos traballadores de Cleanet en Madrid o próximo 11 de febreiro e reclamou o pago ós traballadores dos salarios adebedados así como a indemnización por danos e prexuízos O PSOE presentará Proposicións non de lei no Parlamento de Galicia e no Congreso para coñecer a situación da concesión e preguntará ó Ministro de Defensa na próxima Sesión de Control ó Goberno ante a súa “deixadez de funcións” Ferrol, 3 de febreiro de 2014.- A candidata á alcaldía polo Partido Socialista de Ferrol e Secretaria Xeral dos socialistas ferroláns, Beatriz Sestayo, esixiu ó Ministerio de Defensa e ó Goberno que non se comporte como “cómplice” dos “incumprimentos” da empresa Cleanet, concesionaria da limpeza nos recintos militares e que adebeda as nóminas ós seus traballadores dende o mes de setembro, e anunciou o apoio socialista á movilización que, xunto con UXT, se desenvolverá o día 11 de febreiro en Madrid. En rolda de prensa na sede de UXT en Ferrol, na que estivo acompañada da Deputada do PSOE no Congreso Paloma Rodríguez e da portavoz da Federación de Servizos de UXT en Ferrol, Mónica Ferreira, Beatriz Sestayo esixiu que o Goberno “dé a cara” ante a situación de “desesperación” na que se atopan os traballadores da empresa Cleanet. En Ferrol son 54 os empregados que están afectados polos impagos - ós que se suman cerca de 20 en distintas instalacións de Pontevedra-, e que manteñen unha folga indefinida dende outubro. Cleanet obtivo a contrata por paquetes para a limpeza dos recintos militares en maio de 2013. Sestayo denunciou “os claros incumprimentos da lei por parte de Defensa”, porque a lexislación actual sinala que “en caso de incumprimentos contractuais por parte dunha empresa concesionaria, se

description

 

Transcript of Sestayo cleanet, 3 febrero

Page 1: Sestayo cleanet, 3 febrero

Sestayo esixe ó Goberno que non actúe como “cómplice” dos incumprimentos de Cleanet A candidata do PSOE de Ferrol á alcaldía de Ferrol anunciou o apoio socialista á movilización dos traballadores de Cleanet en Madrid o próximo 11 de febreiro e reclamou o pago ós traballadores dos salarios adebedados así como a indemnización por danos e prexuízos

O PSOE presentará Proposicións non de lei no Parlamento de Galicia e no Congreso para coñecer a situación da concesión e preguntará ó Ministro de Defensa na próxima Sesión de Control ó Goberno ante a súa “deixadez de funcións”

Ferrol, 3 de febreiro de 2014.- A candidata á alcaldía polo Partido Socialista de Ferrol e Secretaria Xeral dos socialistas ferroláns, Beatriz Sestayo, esixiu ó Ministerio de Defensa e ó Goberno que non se comporte como “cómplice” dos “incumprimentos” da empresa Cleanet, concesionaria da limpeza nos recintos militares e que adebeda as nóminas ós seus traballadores dende o mes de setembro, e anunciou o apoio socialista á movilización que, xunto con UXT, se desenvolverá o día 11 de febreiro en Madrid.

En rolda de prensa na sede de UXT en Ferrol, na que estivo acompañada da Deputada do PSOE no Congreso Paloma Rodríguez e da portavoz da Federación de Servizos de UXT en Ferrol, Mónica Ferreira, Beatriz Sestayo esixiu que o Goberno “dé a cara” ante a situación de “desesperación” na que se atopan os traballadores da empresa Cleanet.

En Ferrol son 54 os empregados que están afectados polos impagos -ós que se suman cerca de 20 en distintas instalacións de Pontevedra-, e que manteñen unha folga indefinida dende outubro. Cleanet obtivo a contrata por paquetes para a limpeza dos recintos militares en maio de 2013.

Sestayo denunciou “os claros incumprimentos da lei por parte de Defensa”, porque a lexislación actual sinala que “en caso de incumprimentos contractuais por parte dunha empresa concesionaria, se pode rescindir a concesión” e criticou que o Ministerio non acudise xa nun primeiro momento, como administración pública, a un requerimento de pago e, posteriormente, á rescisión da concesión no caso de que se mantivesen os impagos.

A responsable socialista ferrolán esixe a Defensa que dé cumprimento non só dos salarios devengados, senón tamén dos intereses de demora e que se indemnicen os danos e prexuízos ás traballadoras de Cleanet.

Page 2: Sestayo cleanet, 3 febrero

“Dende o PSOE estamos fartos de que a administración se ampare nos incumprimentos dunha empresa, porque a administración pública é quen ten que velar para que se cumpran os dereitos e liberdades, se o máximo garante que é administración pública permite que se vulneren os dereitos dos traballadores, son cómplices desas agresións”, agregou.

ACCIÓNS PREVENTIVAS PARA EVITAR ADXUDICACIÓNS SIMILARES

Aínda que o Ministerio de Defensa anunciou en xaneiro a rescisión da concesión, Sestayo teme que se volva contratar á mesma compañía ou a outra de similares características, polo que reclamou “accións preventivas” porque “non se pode volver contratar a quen ten burlado o sistema legal e a quen machacou os dereitos dos traballadores, é necesario que en este país non saia gratis burlar a lei e pisotear os dereitos laborais”. Para Beatriz Sestayo é preciso que ademáis “se deroguen lexislacións laborais perniciosas que colocan á clase traballadora ós pes de quen queren esclavizalos”, como acontece neste caso claro “de pisoteo e burla dos dereitos laborais”.

A DEREITA PROMOVE A “INSOLIDARIDADE” E A “DIVISIÓN”

A candidata socialista lembrou que o Secretario Xeral do PSOE, Pedro Sánchez, xa lles transmitiu en persoa ás traballadoras que a súa situación sería trasladada ó Parlamento polo Partido Socialista ó “máximo nivel”, e denunciou que a empresa está a pagar, de xeito aleatorio, a algunhas empregadas, no que se amosa “unha táctica perversa para dividir ós traballadores”. Así, apelou á unión da clase traballadora frente a “unha dereita que sabe empregar moi ben a insolidaridade, as tácticas do medo e a división”.

INICIATIVAS SOCIALISTAS

O Partido Socialista impulsará diferentes iniciativas ante a situación “esperpéntica” que están a vivir os traballadores de Cleanet. Se presentarán dúas Proposicións non de Lei, para o seu debate no Parlamento de Galicia e no Congreso dos Deputados, para que se rescinda de xeito “inmediato” o contrato e se garantice a “subrogación da contratación”, segundo apuntou Paloma Rodríguez. .

Asimesmo, se formulará na próxima Sesión de Control ó Goberno unha pregunta directa ó Ministro de Defensa, por parte do secretario xeral do Grupo Parlamentario, Miguel Ángel Heredia, o próximo día 11 de febreiro.