SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DO DÍA 30 DE...

41
1 SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DO DÍA 30 DE SETEMBRO DE 2010 No salón de sesións da casa do Concello de Cambre, ás vinte horas e trinta minutos do día trinta de setembro de dous mil dez, baixo a presidencia do señor alcalde don Antonio Varela Saavedra, reúnese en sesión ordinaria, en primeira convocatoria, a corporación municipal en Pleno. Asisten os señores concelleiros don Jaime Manuel López Lisnier, dona Erundina Prado Arcay, dona Carmen Tato Lago, dona Mª Ángeles Míguez Mouzo e don José Francisco Parcero Rial, do PSdeG-PSOE; don José Antonio Baamonde López, dona María Jesús González Roel, dona María Jesús Vieites Mariñas, don Santiago Manuel Ríos Rama, dona Goretti Pérez Eléxpuru e don Felipe Andreu Barallobre, do PP; don Henrique Xabier Iglesias Oviedo, dona Gumersinda Becerra Montes, don Antón Otero Domínguez e dona Laura Fernández Martínez, do BNG; don Luis Miguel Taibo Casás e don Juan Antonio Fernández López, de EU-IU; don Manuel Marante Gómez, do PG (GM); e dona Mª Beatriz Ramos Padín, concelleira non adscrita. Non asiste, con escusa, don Nicolás José Cubeiro Martínez, do PP. Asiste dona Mª Irache Enríquez Albaina, interventora, e dona Mª Luisa de la Red Ampudia, como secretaria da corporación. Aberto o acto pola presidencia, examináronse os asuntos incluídos na orde do día da convocatoria. Antes de comezar, dona Mª Jesús González Roel, voceira do PP, manifesta que quere escusar a ausencia de don Nicolás José Cubeiro por motivos profesionais. 1º Aprobación, se procede, do borrador da acta correspondente á sesión ordinaria do día 26 de agosto de 2010 A secretaria da corporación fai constar que non se puido facer entrega da acta da sesión ordinaria do día 26 de agosto de 2010, así pois, queda pendente de aprobación para o vindeiro pleno ordinario. 2º Aprobación, se procede, da revisión das tarifas a aplicar polo concesionario do complexo deportivo da Barcala e piscinas descubertas no Balado e no Temple Vista a proposta do concelleiro delegado da área de Economía, Facenda, Educación e Deportes de data 22 de setembro de 2010.

Transcript of SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DO DÍA 30 DE...

Page 1: SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DO DÍA 30 DE ...web.cambre.es/imgs/pdfplenos/2010/09/PL100930.pdf · grupo don José Francisco Parcero Rial 3.- ... suplente, a técnica

1

SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DO DÍA 30 DE

SETEMBRO DE 2010

No salón de sesións da casa do Concello de Cambre, ás vinte horas e trinta minutos do día trinta de setembro de dous mil dez, baixo a presidencia do señor alcalde don Antonio Varela Saavedra, reúnese en sesión ordinaria, en primeira convocatoria, a corporación municipal en Pleno.

Asisten os señores concelleiros don Jaime Manuel López Lisnier, dona Erundina Prado Arcay, dona Carmen Tato Lago, dona Mª Ángeles Míguez Mouzo e don José Francisco Parcero Rial, do PSdeG-PSOE; don José Antonio Baamonde López, dona María Jesús González Roel, dona María Jesús Vieites Mariñas, don Santiago Manuel Ríos Rama, dona Goretti Pérez Eléxpuru e don Felipe Andreu Barallobre, do PP; don Henrique Xabier Iglesias Oviedo, dona Gumersinda Becerra Montes, don Antón Otero Domínguez e dona Laura Fernández Martínez, do BNG; don Luis Miguel Taibo Casás e don Juan Antonio Fernández López, de EU-IU; don Manuel Marante Gómez, do PG (GM); e dona Mª Beatriz Ramos Padín, concelleira non adscrita. Non asiste, con escusa, don Nicolás José Cubeiro Martínez, do PP. Asiste dona Mª Irache Enríquez Albaina, interventora, e dona Mª Luisa de la Red Ampudia, como secretaria da corporación. Aberto o acto pola presidencia, examináronse os asuntos incluídos na orde do día da convocatoria. Antes de comezar, dona Mª Jesús González Roel, voceira do PP, manifesta que quere escusar a ausencia de don Nicolás José Cubeiro por motivos profesionais. 1º Aprobación, se procede, do borrador da acta correspondente á sesión ordinaria do día 26 de agosto de 2010 A secretaria da corporación fai constar que non se puido facer entrega da acta da sesión ordinaria do día 26 de agosto de 2010, así pois, queda pendente de aprobación para o vindeiro pleno ordinario. 2º Aprobación, se procede, da revisión das tarifas a aplicar polo concesionario do complexo deportivo da Barcala e piscinas descubertas no Balado e no Temple Vista a proposta do concelleiro delegado da área de Economía, Facenda, Educación e Deportes de data 22 de setembro de 2010.

Page 2: SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DO DÍA 30 DE ...web.cambre.es/imgs/pdfplenos/2010/09/PL100930.pdf · grupo don José Francisco Parcero Rial 3.- ... suplente, a técnica

2

Visto o ditame favorable emitido pola Comisión Informativa de Economía, Facenda, Educación, Deportes, Promoción Económica e Emprego de data 28 de setembro de 2010. Concedida a palabra a don Luis Miguel Taibo Casás, voceiro de EU-IU, manifesta que o seu grupo vaise abster porque as prescricións técnicas para a concesión das piscinas foron outorgadas no ano 2005, cando eles non formaban parte da corporación, e polo tanto, sendo coherentes co aprobado noutros anos, seguen mantendo a abstención. Concedida a palabra a don José Antonio Baamonde López, concelleiro do PP, manifesta que segundo lle trasladaron diferentes usuarios das instalacións, queren ver se dende o concello se pode esixir un mellor mantemento delas, porque parece ser que hai varias queixas, lámpadas que se funden e non se cambian, ás veces falta de limpeza, por iso, aproveitando que se van subir as tarifas, a pesar da oposición do grupo do PP, querería solicitar que se modernizasen un pouco as instalacións. Pensa que nestes momentos os usuarios están a pagar o mesmo que se paga no complexo de San Diego na Coruña, cando as instalacións de Cambre son máis precarias, tanto en instalacións como en maquinaria. Conclúe dicindo que pide que se lle transmita isto á empresa concesionaria, que faga un mellor mantemento das instalacións porque hai queixas de diferentes usuarios. Parece ser que incluso están pensando en presentar unha queixa por escrito, tanto polo tema da limpeza como polo mantemento das distintas instalacións. Concedida a palabra a don Manuel Marante Gómez, do GM (PG), manifesta que o motivo do seu voto en contra é que lle parece esaxerado, independentemente de que se teñan asinado determinados temas ou circunstancias no contrato, pero que se suba un 8% nas circunstancias actuais, parécelle esaxerado, polo tanto, vota en contra. Sometido o asunto a votación ordinaria, votan a prol os seis concelleiros do PSdeG-PSOE e os catro concelleiros do BNG, vota en contra o concelleiro do GM (PG) e abstéñense os seis concelleiros presentes do PP, os dous concelleiros de EU-IU e a concelleira non adscrita. A corporación, por dez votos a prol, acordou: Primeiro: Aprobar a revisión das tarifas a percibir polo concesionario do complexo deportivo da Barcala e piscinas descubertas no Balado e no Temple, que quedan como se detalla a continuación: Outubro 2010Abonados Abono individual xeral 26,95

Page 3: SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DO DÍA 30 DE ...web.cambre.es/imgs/pdfplenos/2010/09/PL100930.pdf · grupo don José Francisco Parcero Rial 3.- ... suplente, a técnica

3

Abono familiar 26,00 Cónxuxe 4,60 Fillos 4,60Abono xoven 19,45Abono 3ª idade e dim. 19,20Abono matinal 18,50Matrícula abonados 26,20Mantemento matrícula 13,55Non abonados Entrada xeral 4,70Entrada -18 anos 3,30Entrada estudantes 3,30Entrada 3ª idade 3,30 Baño libre piscinas exteriores 1 días 3,151 día, -18 anos,estudantes,carné xoven, 3ª idade 2,80 Programa deportivo municipal na Barcala Abonados Natación bebés (1 día semana) 7,05Natación escolar (1 día semana) 5,65Natación escolar (2 días semana) 10,30Natación 3ª idade (2 días semana) 10,30Natación recuperación funcional (2 días semana) 10,30Natación educación especial (2 días semana) 11,90Matrícula 13,55Non abonados Natación bebés (1 día semana) 14,10Natación escolar (1día semana) 11,30Natación escolar (2 días semana) 20,60Natación 3ª idade (2 días semana) 20,60Natación recuperación funcional (2 días semana) 20,60Natación educación especial (2 días semana) 23,80Matrícula 27,10

Programa deportivo municipal en piscinas exteriores

Natación iniciación infantil 36,00Natación perfeccionamiento infantil/adultos 36,00Natación iniciación adultos 36,00

Page 4: SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DO DÍA 30 DE ...web.cambre.es/imgs/pdfplenos/2010/09/PL100930.pdf · grupo don José Francisco Parcero Rial 3.- ... suplente, a técnica

4

Actividades Abonados Fitness (2 días semana) 11,40Fitness (3 días semana) 16,30 Fitness (5 días semana) 25,00Sesión 2,70Natación adultos (2 días) 11,40Natación adultos (3 días) 15,20Matronatación (2 días) 11,90Aquagym (2 días) 13,50Aquagym (3 días) 18,20Ed. F. de Base (1 día) 9,55Ed. F. de Base (2 día) 15,70Non abonados Fitness (2 días semana) 19,10Fitness (3 días semana) 26,60Fitness (5 días semana) 41,05 Sesión 4,85 Natación adultos (2 días) 22,80 Natación adultos (3 días) 30,40Matronatación (2 días) 23,80Aquagym (2 días) 27,00Aquagym (3 días) 36,40Ed. F. de Base (1 día) 14,05Ed. F. de Base (2 días) 22,45 Segundo: Comunicar á empresa Hebe Sport S.L. os acordos adoptados.” 3º Proposta de modificación do acordo adoptado polo pleno da corporación de data 26 de febreiro de 2009, respecto da designación dos membros da Mesa de Contratación Vista a proposta da Alcaldía de data 23 de setembro de 2010. Visto o ditame favorable emitido pola Comisión Informativa de Economía, Facenda, Educación, Deportes, Promoción Económica e Emprego de data 28 de setembro de 2010. Sometido o asunto a votación ordinaria, votan a prol os seis concelleiros do PSdeG-PSOE e os catro concelleiros do BNG, vota en contra o concelleiro do GM (PG) e abstéñense os seis concelleiros presentes do PP, os dous concelleiros de EU-IU e a concelleira non adscrita.

Page 5: SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DO DÍA 30 DE ...web.cambre.es/imgs/pdfplenos/2010/09/PL100930.pdf · grupo don José Francisco Parcero Rial 3.- ... suplente, a técnica

5

A corporación, por dez votos a prol, acordou: Primeiro: Modificar o acordo adoptado pola corporación en pleno coa data do 26 de febreiro de 2009, respecto da designación dos membros da Mesa de Contratación, que quedará constituída da seguinte maneira e cos seguintes membros :

- Presidente: o señor alcalde, don Antonio Varela Saavedra, ou no seu lugar, o concelleiro/a da corporación no que delegue.

- Vogais:

1.- A concelleira-delegada de Cultura e Contratación, dona Erundina Prado Arcay, e como suplente, a concelleira do grupo municipal do PSdeG-PSOE dona Mª Ángeles Míguez Mouzo 2.- Como representante do grupo municipal do PSdeG-PSOE, o concelleiro don Jaime Manuel López Lisnier, e como suplente, o concelleiro do mesmo grupo don José Francisco Parcero Rial 3.- Como representante do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego, o concelleiro don Henrique Xabier Iglesias Oviedo, e, como suplente, o concelleiro do mesmo grupo don Antón Otero Domínguez 4.- Como representante do grupo municipal do Partido Popular, o concelleiro don Santiago Manuel Ríos Rama, e, como suplente, a concelleira do mesmo grupo dona Mª Jesús González Roel 5.- Como representante do grupo municipal de Esquerda Unida-Izquierda Unida, o concelleiro don Luis Miguel Taibo Casás, e, como suplente, o concelleiro do mesmo grupo don Juan Antonio Fernández López 6.- Como representante do grupo mixto (Partido Galeguista), o concelleiro don Manuel Marante Gómez 7.- A secretaria da corporación, dona María Luisa de la Red Ampudia, e, como suplente, a técnica de xestión de Administración xeral dona Mª Fernanda Montero Carré. 8.- A interventora da corporación, dona Mª Irache Enríquez Albaina, e, como suplente, a técnica de xestión orzamentaria de gastos e contabilidade, dona Isabel Mª Fuentes Torices.

Page 6: SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DO DÍA 30 DE ...web.cambre.es/imgs/pdfplenos/2010/09/PL100930.pdf · grupo don José Francisco Parcero Rial 3.- ... suplente, a técnica

6

9.- O técnico municipal de superior rango da sección que corresponda segundo a obra, servizo ou subministración de que se trate, ou funcionario/a da mesma sección no que delegue.

- Secretaria: a técnica de xestión de Administración xeral, dona Mª Fernanda Montero Carré, e, como suplente, a técnica de xestión de Administración xeral dona Verónica Mª Otero López”

Segundo: Publíquese o presente acordo no Boletín Oficial da Provincia, para coñecemento xeral, de conformidade co disposto no artigo 79.2 do Regulamento xeral da Lei de contratos das Administracións Públicas aprobado por R.D. 1098/2001 do 12 de outubro. 4º Mocións Fóra da orde do día, sométese a votación ordinaria a proposta de declaración de urxencia da moción presentada polo grupo municipal do PP. Votan a prol da urxencia os seis concelleiros do PSdeG-PSOE, os seis concelleiros presentes do PP, os catro concelleiros do BNG, os dous concelleiros de EU-IU e a concelleira non adscrita, e abstense o concelleiro do GM (PG). Concedida a palabra a don Luis Miguel Taibo Casás, voceiro de EU-IU, manifesta que o seu grupo vota a prol da urxencia da moción porque así o vén facendo durante esta lexislatura, pero tamén quere explicar que el se cuestiona, neste momento, a idoneidade ou a urxencia da instalación dunha comisaría do corpo nacional de Policía en Cambre, sen ter uns datos máis obxectivos cos cales o seu grupo, polo menos neste momento, non conta. En todo caso, di que votan a prol da urxencia Concedida a palabra a don Henrique Xabier Iglesias Oviedo, voceiro do BNG, manifesta que o seu grupo tamén vota a prol da urxencia con base na petición que se lles fai para que se poida debater o asunto, pero que eles consideran que non ten urxencia en absoluto, nin está motivada en razóns reais. A corporación, por dezanove votos a prol, aprobou a declaración de urxencia da moción presentada. A) Moción do grupo municipal do PP para a mellora da seguridade cidadá en Cambre Rexistrada de entrada ao núm. 14188 o día 24 de setembro de 2010. Consta do seguinte teor literal: “Nas últimas semanas decenas de veciños puxéronse en contacto cos concelleiros do Partido Popular de Cambre para denunciar o significativo aumento da delincuencia que

Page 7: SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DO DÍA 30 DE ...web.cambre.es/imgs/pdfplenos/2010/09/PL100930.pdf · grupo don José Francisco Parcero Rial 3.- ... suplente, a técnica

7

está sufrindo o noso concello. Nas últimas semanas tivemos coñecemento de que se produciron atracos en dous locais de hostelería, dous comercios, que se atracaron distintos garaxes e rochos e que incluso se atracou polo menos a unha persoa en plena rúa. Tradicionalmente Cambre ten sido un municipio cunha escasa taxa de criminalidade, do cal temos que felicitar a todos os membros da Policía Local de Cambre e ao posto da Garda Civil do Temple. Pero non é menos certo que o enorme desenvolvemento que tiveron determinadas parroquias do noso municipio e a apertura de decenas de negocios, están poñéndonos no punto de mira dos delincuentes. Parroquias como a do Temple creceu nos últimos 30 anos un 700 % ata os case 9000 habitantes que ten hoxe en día. A Barcala, con varios miles de habitantes, é tamén unha zona eminentemente urbana e en constante desenvolvemento económico. A Lei de forzas e corpos de seguridade do Estado distribúe as zonas de actuación da Policía e da Garda Civil, outorgándolle á primeira as zonas eminentemente urbanas e á segunda as zonas rurais. Dende o Partido Popular de Cambre entendemos que as urbanizacións do Graxal e da Barcala, entre outras da área metropolitana coruñesa deben considerarse zonas urbanas desenvolvidas e, polo tanto, deben aplicarse os criterios de especialización e nelas debe actuar a Policía Nacional. Cremos que no noso municipio é necesaria a coordinación da Garda Civil, da Policía Local e da Policía Nacional para que, con criterios de especialización, os nosos veciños vexan incrementada e garantizada a seguridade cidadá. Cremos así mesmo que a situación estratéxica que ten O Temple, no centro da área metropolitana da Coruña, a fai unha gran candidata para albergar unha nova comisaría da Policía Nacional, que ademais lle poderá dar outros servizos á zona como é a renovación do DNI ou a obtención do pasaporte. Por estes motivos o grupo municipal do Partido Popular no Concello de Cambre solicita a este pleno a declaración de urxencia desta moción, pola que presenta para o seu debate e posterior aprobación polo mesmo pleno municipal os seguintes

ACORDOS

Primeiro: Dirixirse ao Ministerio de Interior para solicitar a inclusión dentro da zona de actuación da Policía Nacional das urbanizacións do Temple e A Barcala, en Cambre, así como as demais zonas urbanas da área metropolitana da Coruña. Segundo: Solicitarlle así mesmo a construción dunha nova comisaría da Policía Nacional no municipio de Cambre logo de acordo respecto da súa colocación con este concello. Terceiro: Trasladar copia destes acordos aos concellos membros do Consorcio das Mariñas, ao presidente da Xunta de Galicia e ao Delegado do Goberno en Galicia.”

Page 8: SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DO DÍA 30 DE ...web.cambre.es/imgs/pdfplenos/2010/09/PL100930.pdf · grupo don José Francisco Parcero Rial 3.- ... suplente, a técnica

8

Toma a palabra o Sr. alcalde para manifestar que lle parece unha moción un pouco de alegría, falta de contido e de realidade porque el quixera que alguén lle dicira que decenas de veciños se queixan deste tema en Cambre. Gustaríalle que llo dixeran, porque é un tema bastante serio, están falando da seguridade, e aínda que é verdade que a delincuencia se amplía en todas partes, dende que se instalou a Garda Civil en Cambre, ten que dicir que se ten reducido notablemente a delincuencia en Cambre, moitísimo. Proba diso é que nos últimos días, nos que houbo algúns atracos, en poucos días estaban detendo á xente. El cre que esta moción é unha moción moi aleatoria, moi alegre, que xa se anunciou na prensa aos catro ventos por algunhas persoas, pero que lle parece totalmente inxusta. Di que o que teñen que pedir, ou deben de pedir, é que se amplíe o cadro de persoal da Garda Civil, que se lles dea máis medios, pero non cre que sexa necesario coordinarse coa Policía Nacional, non hai motivo, quizais o do carné de identidade, pero no resto están perfectamente cubertos. Sería mellor que esta moción fora dirixida a mellorar o cadro de persoal e os medios cos que conta a Garda Civil, iso si lle parece importante. Dise na moción que dende hai 30 anos O Temple creceu un 700 %, non é tanto aínda que si que creceu, pero antes non había nin un só garda e hoxe hai 31. En Oleiros hai 51 e preto de 50 en Arteixo. Iso é o que el cre que ten que pedir toda a corporación, porque dicir aquí que está aumentando a delincuencia e demais, pouco menos vén a dicir que os efectivos da Garda Civil e da Policía non son todo o eficaces que deberan. El cre que é inxusto e polo tanto o grupo socialista vai votar en contra desta moción. Concedida a palabra a don Henrique Xabier Iglesias Oviedo, voceiro do BNG, manifesta que el non sabe se o que se propón é un cambio de modelo en canto ao despregue dos corpos de seguridade do Estado e iso, en todo caso, non tería que ser aquí onde se presentara. O PP ten unha gran representación onde si están as institucións, os órganos que deciden isto, que o leven ao Congreso de los Diputados, e que modifiquen a distribución de Garda Civil e de Policía Nacional non só en Cambre, senón en todas partes. Di que el recorda que non hai moitos anos, debe haber 3 ou 4 anos, o propio Concello de Culleredo intentou tamén unha cuestión parecida, pero ao final non foi a Policía Nacional o que se decidiu poñer alí, o que se fixo, foi aumentar e mellorar o cadro de persoal, e facer un novo cuartel da Garda Civil. El cre que con isto o único que se pretende é o que saiu na prensa, simplemente trátase de crear unha falsa sensación de inseguridade, porque non hai dato ningún aquí, non hai ningún rigor. Hai moi poucos días que a propia Policía Local de Cambre, con algo de atraso, lles entregou o informe sobre o ano 2009, de todas as súas actuacións do ano 2009. Os datos que aparecen aí, son os que están aí, e son incontestables. Non hai nin

Page 9: SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DO DÍA 30 DE ...web.cambre.es/imgs/pdfplenos/2010/09/PL100930.pdf · grupo don José Francisco Parcero Rial 3.- ... suplente, a técnica

9

aumento, nin nada polo estilo, é máis, nalgunhas cousas ata hai diminución con respecto dos datos do ano 2008. Continúa dicindo que o contido da moción non está baseado en nada que se poida demostrar. Xa o dixo o Sr. alcalde, dise “decenas de veciños”, e iso son polo menos, como mínimo, vinte veciños, e habería que saber os nomes e apelidos deses vinte que se dirixiron ao PP. Evidentemente houbo algún atraco, houbo algún roubo, claro que houbo, pero como hai sempre, e o nivel de eficacia na persecución deses delitos é bastante razoable, a propia prensa os ten recollido ultimamente. El cre que isto o único que pretendía era contribuír a crear esa sensación de caos, de que todo funciona mal, de que é inseguro, non se sabe moi ben, ou si que se sabe, en función de que intereses. Non ten ningún outro tipo de explicación porque, ademais, tráese aquí unha decisión na que non teñen ningún tipo de competencia e, dende logo, polo que coñece non só o goberno municipal, senón que todos levan coñecendo dende que se ampliou o servizo da Garda Civil, están funcionando dunha maneira moi correcta e moi satisfactoria para todos. Non o entenden e, polo tanto, van votar en contra. Concedida a palabra a don Luis Miguel Taibo Casás, voceiro de EU-IU, manifesta que para eles esta moción é tan complexa como delicada. Están falando da existencia de aumento de criminalidade no concello e da instalación dunha comisaría da Policía en Cambre, que o PP pide en Cambre, e o de Oleiros pide que se instale en Oleiros, e el non cre que traian dúas, unha en Cambre e outra en Oleiros. Esta moción, como xa se dixo, para nada contempla o aumento do cadro de persoal, tanto da Garda Civil como da propia Policía Local. Se os datos non lle fallan, nos últimos catro anos se incrementaron e pasaron a ser 35 gardas civís, cunha efectividade que, dende logo, o seu grupo non vai poñer en dúbida. Tamén teñen dúbida de que nun municipio como o de Cambre, con aproximadamente 22.000 habitantes censados, o Ministerio de Interior acceda a montar unha comisaría. Pensa que ese corpo de seguridade está pensado para a súa actuación en zonas urbanas das grandes cidades. Tamén teñen medo de que isto leve implícito a eliminación do propio cuartel da Garda Civil. E tamén teñen dúbidas de que a instalación da Policía Nacional en Cambre sexa a solución do problema. Continúa dicindo que se o tema é da gravidade que expón o PP, pensan que habería que recabar informes tanto da Garda Civil como da Policía Local, a cal, xa se dixo aquí, no informe deste ano non fai ningunha comparativa con anos anteriores respecto dun aumento da criminalidade, nin da delincuencia. Non existe ningún tipo de comparativa. Cre que tamén habería que falar coa Xunta Local de Seguridade, que é a que trata destes temas, e por iso pídelle ao Sr. alcalde que á vindeira reunión poidan asistir os voceiros

Page 10: SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DO DÍA 30 DE ...web.cambre.es/imgs/pdfplenos/2010/09/PL100930.pdf · grupo don José Francisco Parcero Rial 3.- ... suplente, a técnica

10

dos grupos municipais, aínda que sexa sen voto, pero con voz, para saber de viva voz en que aumenta a criminalidade en Cambre e facer unha comparativa bastante máis obxectiva que a que se formula na moción. Fálase do significativo aumento da delincuencia en Cambre e el cre que aquí, como en calquera sitio, pode vir unha banda organizada e cometer catro ou cinco robos ou asaltos, e pasado mañá ir a Villalba ou a Vicálvaro ou a Vilafranca del Penedès, iso pode ocorrer en Cambre ou noutro sitio. Pero di que se fala de cousas moi graves, que están no punto de mira dos delincuentes, e el pensa que con iso un fraco favor se lle fai, tanto á Garda Civil, como á Policía Local, como aos propios veciños e ao Concello de Cambre. Conclúe dicindo que a eles lles gustaría que esta moción quedara enriba da mesa e que se trate na Xunta de Voceiros. Concedida a palabra a don Manuel Marante Gómez, voceiro do GM (PG), manifesta que el non pode estar de acordo coa moción tal e como está redactada, porque fraco favor se lle fai aos veciños de Cambre dicindo que aquí aumenta a delincuencia considerablemente. Cre que se iso fose certo habería que tratar as cousas cun pouquiño máis de discreción, porque a imaxe que están proxectando de Cambre cara á xente que vive nos arredores, ou fóra de Cambre, e que ao mellor viría vivir a Cambre de boa gana, estanlles proxectando que aquí a delincuencia aumentou, que aquí necesitan da Policía e demais. Cre que este tipo de cuestións, no caso de que fixeran falta, habería que tratalas con máis discreción e máis coidado. Por todo isto, di que vai votar en contra. Concedida a palabra a don José Antonio Baamonde López, concelleiro do PP, manifesta que lle gustaría intervir, porque o seu voto vai ser diferente ao do seu grupo. En primeiro lugar, cre que resulta temerario denunciar o significativo aumento da delincuencia que está sufrindo o noso concello. Cambre nunca ten sido, nin é, un sitio inseguro. Como noutros momentos da historia recente, Cambre está sufrindo algúns delitos, pero moitos menos que noutros veciños máis próximos. Di que no momento no que se produce un delito sempre atribúen a todas aquelas persoas que velan pola seguridade, de ser incapaces de evitalos, cando saben que resulta imposible evitalos todos. É posible que agora haxa algúns, pero di que se teñen que sentir orgullosos de que ata o momento a existencia de delitos fora algo anecdótico no Concello de Cambre. As iniciativas para mellorar a seguridade sempre son loables, pero tamén deben ser serias. É sobradamente coñecido que na última promoción do corpo nacional de Policía admitiron menos do 10 % dos novos axentes que admitían en anos anteriores. A crise está reducindo drasticamente os medios e o persoal para loitar contra a delincuencia, por

Page 11: SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DO DÍA 30 DE ...web.cambre.es/imgs/pdfplenos/2010/09/PL100930.pdf · grupo don José Francisco Parcero Rial 3.- ... suplente, a técnica

11

iso, a creación dunha comisaría de Policía en Cambre, no mellor dos casos, tardaría non menos de 6 ou 7 anos. Sendo así, pregunta que están discutindo agora mesmo, di que non deixa de ser unha utopía, e que non é a forma de solucionar os problemas. O problema real que existe en Cambre, en Galicia e en toda España, é a insuficiencia de medios de que dispoñen os corpos e forzas de seguridade para lograr desenvolver adecuadamente o seu traballo. Son moi poucos e nin sequera dispoñen dos recursos básicos para desenvolver o seu traballo. Tralo forte incremento de poboación que experimentou o noso concello nestes últimos anos, faise necesario unha actualización do número de efectivos policiais que actúan no concello con relación ao número de habitantes, máis de 23.000. Á súa vez, sería oportuno realizar as xestións oportunas para solicitar a coordinación e o aumento de vixilancia por parte doutros corpos e forzas de seguridade, como é o caso da Garda Civil, para conseguir entre todos unha maior cobertura e unha vixilancia máis intensiva. Di que non quere deixar pasar esta oportunidade para amosar a súa admiración e agradecemento aos distintos corpos e forzas de seguridade que actúan a diario no concello, polo traballo que desenvolven e que contribúe para que se sentan máis seguros e máis protexidos. Conclúe dicindo que, por todo o anterior, vaise absteñer nesta moción. Concedida a palabra a dona Mª Beatriz Ramos Padín, concelleira non adscrita, manifesta que o seu voto vai ser en contra da moción, xa que cre que non é necesaria a creación dun cuartel da Policía Nacional. Pensa que tanto a Policía Local como a Garda Civil de Cambre están facendo un labor encomiable e no cre que sexa o momento. Por outra parte sinala que na moción tamén se fala da apertura de decenas de negocios, e máis adiante cre que tamén van falar disto. Conclúe dicindo que o seu voto vai ser en contra. Concedida a palabra a don Felipe Andreu Barallobre, concelleiro do PP, manifesta que o seu grupo, á vista do debate e da unanimidade entre a oposición, cando eles pensan que debería ser unha moción construtiva, que teña o máximo apoio posible do pleno, o que van pedir é retirar a moción para poder debatela na Xunta de Voceiros, se así o desexan os demais voceiros, e tentar chegar a un acordo se pode ser. O Sr. alcalde manifesta que a moción está debatida e habería que votala. Don Felipe Andreu Barallobre manifesta que el estará no seu dereito de retirala se así lle interesa. O Sr. alcalde di que agora xa está debatida, e que a el lle entra a dúbida de que se os votos foran a prol, ao mellor non a retiraban. Dado que é unha moción que se tratou e se debateu, hai que pasar a votación.

Page 12: SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DO DÍA 30 DE ...web.cambre.es/imgs/pdfplenos/2010/09/PL100930.pdf · grupo don José Francisco Parcero Rial 3.- ... suplente, a técnica

12

Don Felipe Andreu Barallobre manifesta que lle gustaría que a secretaria dixera se o seu grupo ten dereito a retirar a moción ou non. A secretaria da corporación contesta que a moción se tratou. Que primeiro se votou a urxencia e despois xa se entrou no debate, e que tras isto o que procede é a votación. Tense cumprido con todos os trámites, agora, se o Sr. alcalde ao final quere retirala está no seu dereito. O Sr. alcalde manifesta que el xa dixo na súa primeira intervención que non estaba de acordo coa moción, parécelle unha moción moi lixeira, que doeu e doe a membros da Garda Civil. Cre que non é verdade o que nela se di. Don Felipe Andreu Barallobre sinala que el non entrou no debate pola réplica, pero que na moción non se fai referencia á Garda Civil en ningunha forma negativa, a única persoa que neste pleno dixo algo malo da Garda Civil, foi o Sr. alcalde, porque da boca de ningún concelleiro do PP puido o Sr. alcalde ou o público, oír nada malo sobre a Garda Civil. Dille que non llo consente. O Sr. alcalde pídelle que baixe o volume, que lle entenden perfectamente, e que cando un non ten a razón non se pode berrar. Don Felipe Andreu Barallobre manifesta que o que non lle consente é que poña en boca do PP cousas que non dixeron. Concedida a palabra a don Jaime Manuel López Lisnier, voceiro do PSdeG-PSOE, manifesta que o concelleiro do PP di que o dixo de palabra, pero que o que se entende no escrito, para aquel que sabe ler e sabe entender o que está, é iso e non é outra cousa, que as forzas que hai, tanto Policía Local como Garda Civil, non están cumprindo co seu deber. Iso é o que se sobreentede. Don Felipe Andreu Barallobre contesta que iso é o que está dicindo o Sr. Lisnier, non o que está dicindo el. O Sr. alcalde pide silencio, e di que o tema está debatido, e que propón á corporación que se vote. Concedida a palabra a don Luis Miguel Taibo Casás manifesta que el ten as súas fundadas dúbidas de que realmente exista en Cambre o que di o PP, é máis, insiste en preguntar como se pode poñer que están no punto de mira dos delincuentes. Pero se é que existe ese problema, como dixo antes o Sr. Iglesias, cre que hai outro sitio para tratalo, e como dixo o Sr. Marante, un pouco máis discreto. Para iso está a Xunta de Voceiros, e para iso habería que consultar coa Garda Civil e coa propia Policía Local. Cre que hai outros lugares, e non vir aquí, a este pleno, e presentar esta moción que,

Page 13: SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DO DÍA 30 DE ...web.cambre.es/imgs/pdfplenos/2010/09/PL100930.pdf · grupo don José Francisco Parcero Rial 3.- ... suplente, a técnica

13

baixo o seu punto de vista, non ten fundamento ningún. O seu grupo, dende logo, vai votar en contra. A continuación, sometido o asunto a votación ordinaria, votan en contra os seis concelleiros do PSdeG-PSOE, os catro concelleiros do BNG, os dous concelleiros de EU-IU, o concelleiro do GM (PG) e a concelleira non adscrita, e abstense don José Antonio Baamonde López, concelleiro do PP. Faise constar que a votación efectuouse a man alzada, e que cinco dos concelleiros do PP asistentes á sesión non levantaron a man cando se someteu a votación ningún dos tres supostos (a prol, en contra ou abstención), polo que, tendo en conta o establecido no art. 118.1 do Regulamento orgánico municipal segundo o cal “o voto pódese emitir en sentido afirmativo ou negativo, podendo os membros da corporación absterse de votar”, para efectos da votación debe de considerarse a abstención deses cinco concelleiros do PP. Así pois, a corporación, por catorce votos en contra, rexeitou a moción presentada polo grupo municipal do PP. Fóra da orde do día, sométese a votación ordinaria a proposta de declaración de urxencia da moción presentada polo grupo municipal de EU-IU. Votan a prol da urxencia os seis concelleiros do PSdeG-PSOE, os seis concelleiros presentes do PP, os catro concelleiros do BNG, os dous concelleiros de EU-IU e a concelleira non adscrita, e abstense o concelleiro do GM (PG). Así pois, a corporación, por dezanove votos a prol, aprobou a declaración de urxencia da moción presentada polo grupo municipal de EU-IU. B) Moción do grupo municipal de EU-IU sobre o saneamento integral da ría do Burgo e reclasificación do GAL 05/05 como zona “B” Rexistrada de entrada ao núm. 14217 o día 25 de setembro de 2010, xunto cos rogos e preguntas. Consta do seguinte teor literal: “Como consecuencia dunha iniciativa no Parlamento Europeo do eurodeputado de IU Willy Meyer, o noso grupo foi informado da intención da Comisión do Parlamento Europeo de Medio Ambiente e a través do seu comisario, de que o Estado español está a infrinxir dúas directivas marco en relación coa calidade das augas, sendo unha das zonas afectadas a denominada zona de aglomeración urbana da Coruña e por isto de non cumprir os requirimentos da comisión será levado diante do Tribunal de Xustiza Europeo.

Page 14: SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DO DÍA 30 DE ...web.cambre.es/imgs/pdfplenos/2010/09/PL100930.pdf · grupo don José Francisco Parcero Rial 3.- ... suplente, a técnica

14

Con estes plans e programas o que se pretendía era garantir a calidade das augas neste caso da ría do Burgo. ‘.... la Comisión ha decidido llevar a España ante el Tribunal de Justicia por mala aplicación da Directiva, y, en concreto, por tratamiento insuficiente de las aguas residuales en la aglomeración urbana de A Coruña’ Esta é a situación con respecto a Europa se miramos os incumprimentos reiterados en políticas medioambientais e ademais por desgraza asistimos aínda con demasiada frecuencia á probada existencia de vertidos de orixe fecal e industrial tanto no noso concello, como nos que lindan coa nosa ría, por isto podemos facernos unha idea do estado real da ría do Burgo. Por outra banda o INTECMAR é o centro encargado de analizar e controlar a salubridade dos produtos, entre outros os marisqueiros, para asesorar á Consellería do Mar no cambio de clasificación nas augas e máis na apertura ou peche das zonas produtivas. Para controlar as devanditas zonas, as cales están reguladas e marcadas por lei, extráense unhas cantidades de marisco (mexillón de rocha ou berberecho) que levarán ao laboratorio para analizar. Estas mostras terán que ser recollidas cunha periodicidade marcada pola calidade das augas e sempre no mesmo lugar. Os puntos de mostraxe teñen que ser representativos do lugar (GAL) para saber e ter as máximas garantías de salubridade do produto. Como consta no DOG do 19 de xullo de 2010, fíxose a reclasificación do gal 05/05 da ría do Burgo de zona C a zona B, e tendo constancia por parte da Confraría de pescadores da Coruña de que as ditas mostraxes non se realizaron no devandito GAL 05/05, e máis tendo presente a existencia de continuas verteduras e outras futuribles que poderán aparecer no plan de control de vertidos aprobados pola Xunta de Galicia en maio de 2010 (cun prazo de duración de 16 meses e valorado en preto de un millón de euros), así como a existencia dun poboado chabolista (no verán preto de 500 persoas e o resto do ano unha 300) a pé da ría que expulsa os seus residuos tanto fecais como industriais (televisores, ordenadores, electrodomésticos, etc.) para esta zona reclasificada. Ademais co obxectivo de denunciar a dita situación e demandar ás administracións públicas correspondentes os aspectos anteriormente nomeados, a plataforma para a defensa da ría do Burgo convocará unha marcha o vindeiro 10 de outubro. Polo exposto o noso grupo propón ao pleno a adopción dos seguintes acordos: Primeiro: Que o pleno do concello manifeste o seu apoio ás reivindicacións da plataforma e colectivo de mariscadores para o saneamento integral da ría do Burgo e

Page 15: SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DO DÍA 30 DE ...web.cambre.es/imgs/pdfplenos/2010/09/PL100930.pdf · grupo don José Francisco Parcero Rial 3.- ... suplente, a técnica

15

eliminación de lodos, así como á convocatoria da manifestación do vindeiro 10 de outubro. Segundo: Que dada a falta de garantías de salubridade por non ser analizadas as mostraxes nesta zona GAL 05/05 reclasificada como zona B e sabendo a existencia de vertidos contaminantes se inste á Xunta de Galicia a derrogar o decreto de reclasificación do GAL 05/05 publicado no DOG de 19 de xullo de 2010 para que o produto marisqueiro na ría do Burgo non perda calidade, e para que cando se poña no mercado sexa cunhas garantías óptimas de salubridade. Terceiro: Demandar ao goberno de España que axilice coa maior brevidade as obrigas que demandan as Directivas 2000/60 e 91/271 da C.E. e do Consello, do 23 de outubro de 2000, polas que se establece un marco comunitario de actuación no ámbito de política de augas.” Concedida a palabra a don Henrique Xabier Iglesias Oviedo, voceiro do BNG, manifesta que o seu grupo está de acordo e van votar a prol. Don Jaime Manuel López Lisnier, voceiro do PSdeG-PSOE manifesta que o voto do seu grupo tamén vai ser a prol. Dona Mª Jesús González Roel, voceira do PP, manifesta que o seu grupo vaise abster. Don Manuel Marante Gómez, voceiro do GM (PG), manifesta que vai votar a prol. Dona Mª Beatriz Ramos Padín, concelleira non adscrita, manifesta que ela tamén vai votar a prol. Don Juan Antonio Fernández López, concelleiro de EU-IU, pregunta se poden coñecer os criterios que hai para absterse, pregunta se hai algún motivo que non pode ser público. Dona Mª Jesús González Roel contesta que a abstención do seu grupo vén motivada porque aquí está a dubidarse dunhas analíticas feitas por un organismo oficial, comunitario. Estase poñendo en dúbida iso, e como eles non teñen datos suficientes para saber se eses datos son reais ou non, é polo que non van votar a prol. Don Juan Antonio Fernández López manifesta que el xa supoñía que por aí ían os tiros. Di que aquí non se está dubidando da capacidade do INTECMAR para analizar, non se dubida diso, senón que se pode demostrar que as mostras están fóra do GAL que está reclasificado, é dicir, a análise si que é certa, o que non é certo é que estea dentro do GAL que se reclasificou, ese é o erro. Eles non dubidan do INTECMAR, dubidan da zona onde se fixo esa recollida de mostras, e iso si é demostrable porque está aí.

Page 16: SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DO DÍA 30 DE ...web.cambre.es/imgs/pdfplenos/2010/09/PL100930.pdf · grupo don José Francisco Parcero Rial 3.- ... suplente, a técnica

16

Collendo o GPS e as coordenadas onde di a Xunta que se extrouxeron os moluscos, pódese observar moi facilmente que non pertencen o GAL 05/05, senón ao 05/03. Dona Mª Jesús González Roel reitera que como descoñecen eses datos, vanse abster. Sometido o asunto a votación ordinaria, votan a prol os seis concelleiros do PSdeG-PSOE, os catro concelleiros do BNG, os dous concelleiros de EU-IU, o concelleiro do GM (PG) e a concelleira non adscrita, e abstéñense os seis concelleiros presentes do PP. Así pois, a corporación, por catorce votos a prol, aprobou a moción tal e como foi transcrita. Fóra da orde do día, o Sr. alcalde informa de que se somete a votación ordinaria a proposta de declaración de urxencia da moción conxunta en apoio dos traballadores da empresa Cerámicas O Castro da que falaron nas pasadas comisións informativas, para que asinen a declaración aqueles grupos que a queiran apoiar. Votan a prol da urxencia os seis concelleiros do PSdeG-PSOE, os seis concelleiros presentes do PP, os catro concelleiros do BNG, os dous concelleiros de EU-IU, o concelleiro do GM (PG) e a concelleira non adscrita. Así pois, a corporación, por unanimidade dos vinte concelleiros asistentes á sesión, aprobou a declaración de urxencia da moción presentada. C) Moción conxunta dos grupos municipais do PS de G-PSOE, BNG, EU-IU, GM (PG) e concelleira non adscrita en apoio dos traballadores da empresa Cerámicas O Castro. Consta do seguinte teor literal: “Por todos é coñecido que a Empresa de Cerámicas O Castro presentou o pasado día 13 ante a Consellería de Traballo un expediente de regulación de emprego (ERE) no que se incluía o despido de 23 dos seus 105 empregados. O 16 de setembro de 2010 o alcalde do Concello de Cambre mantivo unha reunión cos traballadores da Empresa Cerámicas do Castro na que estes expuxeron os problemas laborais que afrontan nas últimas datas. Posteriormente, a Consellería de Traballo recoñeceu que non existen as causas económicas que a empresa alega para xustificar o despido dos traballadores. Por todo o exposto, o pleno do Concello de Cambre, acorda:

Page 17: SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DO DÍA 30 DE ...web.cambre.es/imgs/pdfplenos/2010/09/PL100930.pdf · grupo don José Francisco Parcero Rial 3.- ... suplente, a técnica

17

Primeiro: Solidarizarse cos traballadores da empresa de Cerámicas O Castro. Segundo: Demandar o apoio das institucións. Terceiro: Solicitar á empresa de Cerámicas O Castro a retirada do expediente de regulación de emprego e a búsqueda dunha solución que pase pola adecuación do cadro de persoal a través de medidas consensuadas e non traumáticas. Cuarto: Remitir o presente acordo ao comité de empresa e aos representantes sindicais.” Concedida a palabra a don Felipe Andreu Barallobre, concelleiro do PP, manifesta que o seu grupo o lamenta moito, pero que ao longo da tarde se lles solicitou que propuxeran unha serie de modificacións ao texto presentado. En concreto, a modificación refírese aos apartados primeiro e terceiro do acordo que se propón, e que se transcribe a continuación: “Primeiro: Solidarizarse cos traballadores da empresa de Cerámicas O Castro e con todos os traballadores, profesionais e empresarios que están padecendo a grave crise que atravesa España. Terceiro: Solicitar ás distintas administracións públicas que adopten medidas efectivas que garanticen a creación de emprego e que minimicen os despedimentos.” Eles cren que as modificacións que propuxeron non só non prexudicaban o contido da moción, senón que o que pretendían era solidarizarse con todos os traballadores, profesionais e empresarios afectados pola grave crise que está sufrindo España, non só Cerámicas O Castro. O que pretendían era que se ampliara o contido da moción, para solidarizarse con todas e cada unha das persoas que están sufrindo a crise económica, entre eles e con especial empeño os case cinco millóns de parados que existen. Polo tanto, con todo o seu aprecio, con todo o seu cariño e con todo o seu apoio aos traballadores de Cerámicas O Castro, como o equipo de goberno decidiu non permitir engadir ningunha das modificacións do PP, vanse ter que abster. Concedida a palabra a don Luis Miguel Taibo Casás, voceiro de EU-IU, manifesta que da documentación facilitada polo comité de empresa e polos traballadores de Cerámicas O Castro, poden poñer, a modo de exemplo, que para persoas, algunhas delas veciñas deste concello, que levan aproximadamente 28, 30 ou 32 anos traballando, e aplicándolles un decreto que foi recentemente aprobado, a empresa propoñía unha indemnización de 20 días/ano, e como máximo unha anualidade, o que suporía que as persoas que levan 30 anos traballando, con 12.000 euros os poñerían na rúa, iso ao abeiro dunhas medidas regresivas contra os traballadores que pensa que son as peores que houbo na historia da democracia deste país.

Page 18: SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DO DÍA 30 DE ...web.cambre.es/imgs/pdfplenos/2010/09/PL100930.pdf · grupo don José Francisco Parcero Rial 3.- ... suplente, a técnica

18

Por outra parte, ao seu grupo parécelle unha contradición que determinados partidos que aproban no Congreso de los Diputados unha reforma laboral, agora teñan que aprobar unha declaración con medidas en contra da reforma aprobada en Madrid. En todo caso, alédase de que estean de acordo, e lamenta que o PP non vote a prol desta declaración institucional, porque é ben certo que esta é puntualmente de Cerámicas O Castro, pero noutros momentos aprobáronse ou aprobaranse outras xunto ao resto dos traballadores. Agora tratábase dunha petición que lles fai o conxunto dos traballadores e o comité de empresa de Cerámicas O Castro, e cre que deben actuar en función do que lles pediron. Conclúe dicindo que, por tanto, o seu apoio é unánime e estarán na manifestación de mañá, ás 18:00 h, no Castro. Concedida a palabra a don Manuel Marante Gómez, voceiro do GM (PG), manifesta que, como xa dixo na comisión informativa, loxicamente el está de acordo con esta declaración. Como xa dixo alí tamén, entende que hai empresas en Cambre que están a facer tamén regulacións de emprego e que tamén deberían solidarizarse con eses veciños, non só porque veña falar co alcalde un comité dunha empresa de fóra de Cambre. Di que está ben, que dende logo teñen o seu máximo apoio, pero que hai empresas en Cambre que tamén fixeron regulacións de emprego, que as están facendo, e parece que aquí non se lembran. Pensa que o goberno debe ter perfectamente coñecemento de todas estas cuestións que pasan no municipio. Conclúe dicindo que tamén deberían ter en conta todo iso, pero que, en todo caso, vai votar a prol. Concedida a palabra a don Henrique Xabier Iglesias Oviedo, voceiro do BNG, manifesta que eles por suposto que van votar a prol desa declaración. O seu grupo foi dos que no Congreso de los Diputados e no Senado, onde se tomou a decisión sobre a reforma do mercado laboral, votaron en contra e foron activos. Evidentemente isto é a constatación de que había moitas empresas que estaban agardando a oportunidade para sanear, entre comillas, o seu cadro de persoal, cun mito que agora está extendidísimo que é o da crise, porque el xa non se cre que o da crise estea afectando de maneira tan xeneralizada, senón que o que están facendo algunhas empresas ou algúns empresarios desaprensivos é aproveitalo para reducir o seu persoal a uns custos mínimos, tal e como quedou probado co exemplo que se puxo. Di que el coñece tamén algún caso máis do grupo, en Sargadelos, de xente de alí. A pretensión era botar á rúa a xente con 30 anos de traballo, e cunhas indemnizacións absolutamente ridículas. Tiñan outras cousas pactadas co propio comité de empresa, e o empresario fixo caso omiso dos acordos tomados en mesa negociadora. El cre que están aquí por un grupo, por un comité dunha empresa importante e significativa, na que ademais hai algunhas persoas que son do Concello de Cambre, que lles piden a súa solidariedade e eles teñen a obriga de darlla, porque llela piden e

Page 19: SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DO DÍA 30 DE ...web.cambre.es/imgs/pdfplenos/2010/09/PL100930.pdf · grupo don José Francisco Parcero Rial 3.- ... suplente, a técnica

19

ademais porque o motivo é absolutamente xusto. Tamén quere dicir que o da crise, neste caso, é un mito, e isto non é algo que digan algúns, senón que a propia Consellería de Traballo hai uns días que lles rexeitou o ERE que presentaban, por algo será. Será porque non había tanta xustificación da situación da empresa como eles pretendían dicir para facer esa limpeza de persoal. Conclúe dicindo que, naturalmente, van votar a prol. Concedida a palabra a don José Antonio Baamonde López, concelleiro do PP, manifesta que o seu voto tamén vai ser favorable. El cre que, neste caso, a redacción das palabras non debería importar, o importante é solidarizarse cunhas persoas, cuns empregados. Sometido o asunto a votación ordinaria, votan a prol os seis concelleiros do PSdeG-PSOE, os catro concelleiros do BNG, os dous concelleiros de EU-IU, o concelleiro do GM (PG), a concelleira non adscrita e don José Antonio Baamonde López, concelleiro do PP, e abstéñense os outros cinco concelleiros presentes do PP. Así pois, a corporación, por quince votos a prol, aprobou a moción tal e como foi transcrita. A continuación, toma a palabra o Sr. alcalde para sinalar que a voceira do PP acaba de presentarlle un comunicado institucional do Concello de Cambre sobre a supresión do ramal da Vía Ártabra ao seu paso por Cambre. Di que non se trata dunha moción nin dun rogo, e que a orde do día está feita, polo que non se vai tratar, xa que non está incluída e porque, ademais, cre que tempo haberá para ver ese tema. Don Felipe Andreu Barallbore manifesta que o tempo pon a cada un no seu sitio. O Sr. alcalde contesta que por iso, que non se preocupe, polo que dá paso ao seguinte punto da orde do día. 5º Informes da Alcaldía De orde do Sr. presidente, dáse conta pola secretaria da corporación dos seguintes asuntos: - Da Resolución de Alcaldía núm. 1839, de data 25 de agosto de 2010, que consta da seguinte parte dispositiva:

Primeiro: Solicitar á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza a modificación do proxecto “Concello de Cambre: obras e equipamentos en inmobles municipais” retirando do mesmo a actuación “Reforma e ampliación da Casa Consistorial de Cambre” e axustando a senda presupostaria como segue:

Page 20: SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DO DÍA 30 DE ...web.cambre.es/imgs/pdfplenos/2010/09/PL100930.pdf · grupo don José Francisco Parcero Rial 3.- ... suplente, a técnica

20

SENDA PRESUPOSTARIA ANUAL (€) ACTUACIÓN 

2010  2011  TOTAL 

Adquisición de mobiliario para a aula de informática ubicada no local sociocultural de O Graxal 3.138,96  0,00  3.138,96 

Adquisición de equipos informáticos e cableado para a aula de informática ubicada no local municipal da Barcala 

0,00  17.304,12  17.304,12 

Equipamento do local para a 3ª idade  0,00  20.740,40  20.740,40 

Equipamento do Centro Municipal de Formación  13.949,68  0,00  13.949,68 

Equipamento do Centro Municipal de Voluntariado (oficina municipal e aula)  14.498,84  0,00  14.498,84 

TOTAL (€)  31.587,48  38.044,52  69.632,00 

Segundo: Se a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza desestima a solicitude de modificación do proxecto “Concello de Cambre: obras e equipamentos en inmobles municipais” descrita no punto primeiro, o Concello de Cambre renuncia á subvención concedida por resolución da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Terceiro: Dar conta á Dirección Xeral de Administración Local da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Cuarto: Dar conta ao Pleno na primeira sesión que teña lugar.” - Da Resolución de Alcaldía núm. 1861, de data 31 de agosto de 2010, que consta da seguinte parte dispositiva: “Primeiro: Avocar a delegación xenérica efectuada a prol de dona Mª Ángeles Míguez Mouzo dende o día 1 ao 15 de setembro do ano 2010, ambos os dous incluídos a partir dos cales continuará no exercicio das funcións que lle foron delegadas por esta Alcaldía segundo Resolución de data 29 de xaneiro de 2010. Segundo: Publicar a resolución no Boletín Oficial da Provincia e dar conta ao Pleno na vindeira sesión que teña lugar.” - Da Resolución de Alcaldía núm. 1867, de data 1 de setembro de 2010, que consta da seguinte parte dispositiva: “Primeiro: Delegar a totalidade de funcións que ostenta esta alcaldía no primeiro tenente de alcalde don Henrique Xabier Iglesias Oviedo, que as exercerá durante o período anteriormente citado.

Page 21: SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DO DÍA 30 DE ...web.cambre.es/imgs/pdfplenos/2010/09/PL100930.pdf · grupo don José Francisco Parcero Rial 3.- ... suplente, a técnica

21

Segundo: Notifíquese a presente resolución ao interesado, déase conta á Corporación mediante comunicación escrita ao voceiro de cada grupo político, e publíquese no Boletín Oficial da Provincia e taboleiro de anuncios do concello.” - Do escrito rexistrado de entrada ao núm. 13531 o día 14 de setembro de 2010, procedente do Congreso de los Diputados, no que se acusa recibo do escrito de data 30 de agosto, ao que se achega acordo adoptado polo pleno do concello, relativo á declaración institucional ao respecto do R.D. 134/2010, de restricións por garantía da subministración. 6º Rogos e preguntas Rogos do PP presentados por escrito Rexistrados de entrada ao núm. 14189 o día 24 de setembro de 2010. 1º Rogamos ao equipo de goberno nos informe de cal é o motivo polo que a concelleira de Réxime Interior e Servizos Sociais leva aproximadamente un ano sen acudir ás xuntas de coordinación. O Sr. alcalde contesta que todos saben que por mor de enfermidade estivo case medio ano de baixa, e o resto de ocasións nas que non asistiu foi por motivos de ocupación polo cargo que desempeña. Estivo bastante tempo de baixa, iso agora xa está subsanado e agarda que a partir de agora poida seguir o ritmo normal. Dona Mª Jesús González Roel, voceira do PP, manifesta que agarda que a partir de agora poida acudir, para que se coordine o mandato do goberno. 2º Rogamos ao goberno local nos informe do estado das obras recollidas no Plan Arume e en concreto da súa data prevista de inicio e finalización, así como os prazos máximos nos que se debe xustificar o gasto obtido pola subvención do FEDER. Don Henrique Xabier Iglesias Oviedo contesta que, comezando polo último, o prazo que está marcado para finalizar é o 7 de xullo do ano 2011, en todo caso, tamén lles quere informar de que a base décima da convocatoria de axudas do FEDER prevé a posibilidade de que as entidades beneficiarias soliciten con antelación á data de finalización establecida unha ampliación do prazo debidamente xustificado. Con respecto ao estado de execución das obras explica que en relación coa creación dunha rede wifi municipal está contratada a asesoría técnica para redacción de proxecto, supervisión do procedemento de contratación e dirección da obra de instalación, e están pendentes nos próximos días de recibir o proxecto definitivo para pasalo a licitación.

Page 22: SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DO DÍA 30 DE ...web.cambre.es/imgs/pdfplenos/2010/09/PL100930.pdf · grupo don José Francisco Parcero Rial 3.- ... suplente, a técnica

22

En relación co programa de humanización do Graxal, xa está iniciada a licitación do proxecto da rúa Pígara, que é o máis importante, porque necesitaban inicialo e concluílo para saber canto diñeiro quedaría para os outros tres ou catro proxectos que teñen idea de poder facer no caso de que chegue o diñeiro para todo. O aillamento acústico do local social do Graxal está rematado xa hai tempo. A instalación de enerxías renovables na piscina municipal da Barcala está adxudicada provisionalmente, está neses días que hai pendentes entre a adxudicación provisional e definitiva, polo que se comezará tamén de maneira inmediata a obra. Os equipamentos deportivos, a pista de skate, están pendentes de que nestes días, agardan que a semana que vén, lles entreguen xa o proxecto que está consensuado cos rapaces, afeccionados, e que ten todos os avais técnicos, para levar a cabo a licitación do proxecto. A obra de urbanización da praza do lugar de Sobreguexe, en Cecebre, está en execución. Da rexeneración urbana da praza do Concello de Cambre, da que xa falaron hai poucos días, está tamén adxudicado o contrato para a redacción do proxecto, e están traballando nel. Cre que dende a adxudicación do contrato tiñan dous meses para entregarlles o proxecto definitivo e a partir de aí, iniciar a licitación da obra. E, en último lugar, os equipamentos sociais. A ludoteca da Barcala, está pendente agora mesmo da subministración do mobiliario que está contratado e adquirido, e estaba pendente de recibirse. Continúa dicindo que lles quedan dous proxectos, un importante sobre o que hai que tomar unha decisión, pero que non ten que ver só co Arume, senón con outras fontes de financiamento, que é o da Casa da Cultura. E tamén están rematando de definir unha serie de actuacións nun proxecto que se chamaba “Senda peonil do río Mero”, para que se redacte o que sería o proxecto, pedir as autorizacións, e facer as actuacións. Conclúe dicindo que ese é o estado xeral dos proxectos do programa Arume, e que ademais, xa está dende o principio contratada a empresa de xestión e máis a empresa auditora que xestiona a auditoría de contas de todo o programa. 3º Rogamos nos informen dos motivos polos que dúas das piscinas municipais non puideron ser utilizadas durante o pasado verán polos veciños de Cambre. Don Jaime Manuel López Lisnier contesta que lle parece que xa nun pleno anterior deron o motivo polo cal a piscina do Graxal (O Temple) non puido ser aberta, polo atraso na rectificación do proxecto que tiñan presentado nun principio, e que esixiran os

Page 23: SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DO DÍA 30 DE ...web.cambre.es/imgs/pdfplenos/2010/09/PL100930.pdf · grupo don José Francisco Parcero Rial 3.- ... suplente, a técnica

23

técnicos municipais. Agora está en fase de contratación, incluso xa hai empresas que teñen presentado oferta. En canto á piscina do Balado di que se abriu unha das piscinas, e que o único que non se utilizou foi o vaso infantil, porque cando chegaron a facer a instalación, a inspección de Sanidade dixo que había unha nova normativa que esixía que estiveran separadas totalmente unha piscina da outra mediante un valo dunha altura de dous metros. Iniciar as obras para cumprir coa normativa nese momento, tería impedido abrir a outra piscina, por iso se pensou en pechar a piscina infantil e abrir a outra, e así foi, a outra estivo aberta todo o verán, só se pechou o vaso infantil. Dona Mª Jesús González Roel, voceira do PP, agradece a resposta e pregunta se as outras cumpren a normativa, á marxe desa necesidade de separar o espazo. Don Jaime Manuel López Lisnier contesta que si. Rogos de EU-IU presentados por escrito Rexistrados de entrada ao núm. 14217 o día 25 de setembro de 2010, xunto coa moción e as preguntas presentadas para este pleno. 1º Informacións do goberno local de hai aproximadamente un ano, destacaban a transformación que se produciría no centro de Cambre cun investimento previsto de 800.000€ con motivo da creación dun novo vial de circunvalación dende a estrada da Estación a Socampo, co fin de eliminar gran parte do tráfico rodado do centro da zona urbana e a creación de aproximadamente duascentas prazas de aparcamento derivadas da actuación mencionada. Transcorrido un tempo máis que prudencial dende o anuncio da obra e os problemas de tráfico producidos pola falta de aparcamento, o noso grupo prega se nos informe da situación en que se atopa o mencionado proxecto. O Sr. alcalde contesta que o proxecto que teñen visto, o proxecto que hai que facer a futuro, neste momento hai problemas económicos para poder afrontalo. Hai outro problema tamén que se está negociando cos veciños, que é que nas Normas subsidiarias do concello ese vial era de 12 metros, agora, co proxecto que se pretendía facer para poder gañar esas 224 prazas, esíxelles 22 metros. Nun principio habería que facer un modificado das Normas, ou ben incluílo no Plan xeral e logo ver cos veciños, que o que pretenden, máis que cobrar, é que se chegue a un convenio de compensación ou edificación. Iso, ata que se faga un estudo socioeconómico, non se pode decidir. Di que o que si está claro é que están buscando tipos de financiamento cara ao futuro deste vial, que será moi importante, e aí están. Gustaríalles telo feito, pero hai motivos

Page 24: SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DO DÍA 30 DE ...web.cambre.es/imgs/pdfplenos/2010/09/PL100930.pdf · grupo don José Francisco Parcero Rial 3.- ... suplente, a técnica

24

de tratar de mellorar o que querían mellorar, e sobre todo de poder incluílo dentro do Plan xeral. Don Luis Miguel Taibo Casás, voceiro de EU-IU, di que todos están de acordo en que se mellore o tráfico, que se habiliten prazas de aparcamento, porque están asistindo, dende hai xa bastante tempo, a que en Cambre sexa practicamente imposible aparcar e, nalgunha ocasión, case circular. Todos poden ver como na estrada Cambre-Temple en días puntuais, como son os días de feira, está practicamente todo colapsado. Por outra parte, tampouco se poden crear así novas expectativas aos veciños, dicindo que se vai facer, porque iso xa hai un ano que se anunciou aos catro ventos nun xornal da comarca, dicindo que practicamente xa se ía comezar o vial, e resulta que transcorrido un ano é papel mollado. Agora dise que non temos cartos, cando se falaba dun investimento de 800.000 euros, e agora parece ser que non hai nada. El cre que isto apremia moito, polo futuro do concello, e por un pouco liberar o que é o centro de Cambre. O Sr. alcalde di que se falou, e se fala, e se segue falando, e que oxalá se puidera iniciar mañá, pero os problemas que hai, á parte de que son 800.000 euros o que custaba o proxecto, e que se van a 22 metros e a meter aparcadoiros, o importe sería máis. O terreo que se collería aos veciños non está nas Normas subsidiarias e eles están pedindo unha compensación, máis que económica, de aproveitamento urbanístico. Loxicamente iso agora ao concello lle supón un problema gordo, porque parte da estrada que se traza queda en núcleo rural, e aí hai que facer estudos importantes. Están con iso, é un proxecto que teñen ganas de facer, pero que non se vai facer da noite para a mañá. 2º Ante o lamentable estado dos parques infantís e zonas axardinadas do concello, o noso grupo ten presentado ao longo da lexislatura diversas iniciativas solicitando a súa reparación e acondicionamento, nesta ocasión queremos denunciar o lamentable estado do parque situado nas inmediacións da rúa dos Muíños na Barcala, sobre todo no que se refire ao seu mobiliario que non reúne as mínimas condicións de uso e seguridade. Por iso pregamos que coa maior urxencia se acondicione o mencionado parque e se repoñan os elementos que están destruídos, que poden ocasionar accidentes graves aos usuarios. Don José Francisco Parcero Rial contesta que está de acordo en que o parque ten algunhas pezas que están mal. Dende o concello o 21 de maio fíxose un anteproxecto, do que se queren lles pasa unha copia, sobre 14 parques que estaban bastante mal, para unha subvención que ía vir da Xunta, da que ao final non lles chegou un peso. Pedírona, pero nada.

Page 25: SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DO DÍA 30 DE ...web.cambre.es/imgs/pdfplenos/2010/09/PL100930.pdf · grupo don José Francisco Parcero Rial 3.- ... suplente, a técnica

25

Agora o que teñen pensado facer cos 60.000 euros que se aprobaron no pasado pleno, é facer unha memoria para actuar un pouco non só no parque ao que se refire a pregunta, senón nos que faga falta. Como dixo son uns 14 parques sobre os que teñen que actuar, e a algúns xa lles tiveron que quitar algún elemento, porque estaban rotos, pero sen orzamento non poden facer máis. Empregarán de inmediato os 60.000 euros cos que contan agora. Don Juan Antonio Fernández López, concelleiro de EU-IU, di que o seu grupo con este rogo, á parte de intentar dinamizar e apurar o que evidentemente sen cartos non se pode facer, concretamente neste parque o que se debería facer urxentemente é actuar nunha zona que está moi deteriorada, non só esteticamente, senón cunha deterioración perigosa, porque hai parafusos, e caen coa man, habería que precintar ou eliminar eses obxectos que son perigosos, polo menos facer iso con urxencia, despois os cartos virán ou non virán, pero en principio iso é importante, ou polo menos eles cren que o é. Don Francisco José Parcero Rial di que levarán a cabo esa retirada e que, como lle dixo antes, están agora revisando parque por parque e os elementos que están mal, están a retiralos. Despois, se poden volver a poñelos, o farán sen problema ningún. 3º A recuperación, vixilancia e mantemento do público é unha das bases do noso grupo municipal, a obrigación de manter, recuperar e vixiar o noso patrimonio unha obriga desta corporación. A proliferación cada vez maior de maleza e obstáculos, fragmentan sen dereito numerosos camiños públicos do noso termo municipal, sentíndose os usuarios na maioría dos casos, indefensos e desorientados pola falta de información e defensa decidida por parte da administración local. O crecente uso público dos camiños fai necesario preservar os valores do patrimonio natural de Cambre, facilitar un uso harmonioso para os usuarios e mantelos en bo estado. O caso que nos ocupa e que traemos hoxe a este pleno, trata dun camiño que discorre entre a rúa Wenceslao Fernández Flórez e o Rocón, que segundo as nosas informacións está considerado como público nas vixentes Normas subsidiarias de planeamento; o camiño en cuestión encontrase na súa totalidade pechado pola abundante maleza que o ocupa impedindo o seu uso. Considera o noso grupo que é necesario poñer en valor a nosa riqueza e fonte de recursos de usos tradicionais para o uso e goce dos cidadáns. Por isto pregamos ao goberno local tome as medidas pertinentes para limpalo e acondicionalo co fin de recuperar o mencionado camiño.

Page 26: SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DO DÍA 30 DE ...web.cambre.es/imgs/pdfplenos/2010/09/PL100930.pdf · grupo don José Francisco Parcero Rial 3.- ... suplente, a técnica

26

Don Henrique Xabier Iglesias Oviedo contesta que, se entenderon ben o que se di, hai un camiño público grafiado, que é o número 58, e que está incluído tamén dentro do plan de roza que está agora xa rematando, pero ese camiño non está pechado completamente, está accesible para vehículos o primeiro tramo e, a continuación, é un sendeiro para ir andando, en bicicleta, ..., como foi toda a vida. Está relativamente como estaba, e, en todo caso, está pendente de que se lle dea unha pasada de limpeza de roza. Di que o camiño 58 é o que teñen eles grafiado como camiño público, segundo estiveron consultando os técnicos e máis el mesmo, que o coñece. Don Luis Miguel Taibo Casás, voceiro de EU-IU, manifesta que el non vai mencionar aquí o 58, nin o 57, porque non sabe o número que ten o camiño ao que se refire este rogo. O camiño do que el fala é o que está xustamente en fronte da Policía Local, non é o seguinte que está medianamente con aglomerado, é un que está entre o terreo chamado de Mengotti, e o terreo de Pan, é un camiño que está completamente pechado e que, segundo as súas informacións, é un camiño público, que vai dar ao Rocón. Don Henrique Xabier Iglesias Oviedo contesta que, efectivamente, aí parece que había un camiño antigo, entre esas dúas propiedades, que está completamente tapado, pero ese camiño non figura como camiño público dentro das Normas municipais, e non está incluído na campaña de roza deste ano, posto que non ten numeración, non está grafiado. En todo caso, haberá que resolver o problema da titularidade dese camiño aproveitando os trámites que se están facendo para o novo inventario, será un dos temas que haberá que mirar cando se aprobe aquí inicialmente, e se poña en exposición pública, miralo, pero agora mesmo, na zona entre Wenceslao Fernández Flórez e O Rocón, o que teñen como público é ese, o camiño 58 e ese si que está incluído para o seu tratamento nesta campaña. O outro que haberá que aclarar é a cuestión xurídica da titularidade da propiedade, porque neste momento a eles non lles figura como camiño municipal. Don Luis Miguel Taibo Casás sinala que se trata dun camiño que ata hai moi poucos anos era utilizado por todos os veciños de Cambre, por iso pensa que haberá que determinar se o camiño é público ou privado, pero insiste en que a eles se lles informou no concello que o camiño estaba posto como público, e dende logo que ese camiño foi utilizado ao longo do tempo por numerosos veciños, por exemplo os veciños de Amil, que viñan polo outro ou por ese, dependendo de cal estivera mellor ou peor. Di que é unha mágoa que estea pechado, porque iso é algo que, en moitas ocasións, leva consigo a perda de patrimonio e a perda de camiños, como ocorre en moitos sitios. Moi cerca dese do que falan hai outro camiño que tamén está pechado, do que xa lle falará outro día, e por iso haberá que determinar se o camiño é público ou privado. Eles manteñen que o camiño debe ser público. Don Henrique Xabier Iglesias Oviedo manifesta que están totalmente de acordo, pero que hai que aclarar ese tema, e pensa que agora teñen a oportunidade co asunto de

Page 27: SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DO DÍA 30 DE ...web.cambre.es/imgs/pdfplenos/2010/09/PL100930.pdf · grupo don José Francisco Parcero Rial 3.- ... suplente, a técnica

27

inventario e, a partir de aí, se se toma a decisión e se acorda que sexa público, mantelo e tratalo como se merece, están completamente de acordo. Rogos do GM (PG) presentados por escrito Rexistrados de entrada ao núm. 14263 o día 27 de setembro de 2010. 1º Na parroquia do Temple estanse a realizar obras en varias rúas (Constitución, Paseo Marítimo, etc.) como é loxico esta actuación leva consigo unha serie de molestias e prexuízos para os veciños e negocios da zona. Rogo se informe por parte do goberno municipal dos seguintes temas: Responsable da sinalización das obras, plan de traballo e data de finalización da obra. Don Henrique Xabier Iglesias Oviedo manifesta que se trata dunha pregunta condensada, das que son de nota, di que tentará facer un resumo. Supón que cando fala dos responsables de sinalización se refire a quen é o responsable encargado da coordinación, da dirección e do control. Di que hai unha dirección de obra colexiada contratada, que é a que redactou e dirixe tamén varios dos proxectos do FEESL, en concreto os tres que están facendo na zona do Temple. Teñen ademais un enxeñeiro técnico contratado para a coordinación destas obras, máis as do Arume, e máis as do POS que están agora mesmo en marcha. Está a Policía municipal, e naturalmente están os responsables políticos, que son os que teñen que render contas sobre isto. En canto ao plan de traballo, cada obra ten o seu, segundo o proxecto, e sería longuísimo explicar os detalles técnicos. O que si lle quere dicir é que estas obras comezaron entre finais de xuño e o mes de xullo, unhas un pouco antes e outras un pouco despois, practicamente todas tiñan un plan de traballo de tres meses de execución, unha delas tiña dous, cre que por un erro do técnico que o redactou, pero son 2 ou 3 meses de execución, e o que se fixo dende o primeiro momento foi unha acción de coordinación coa Policía Local, coas empresas e coa propia dirección, porque case todas elas tiñan partes nas que había que curtar tránsito, desviar, cambiar sentidos de circulación, permitir o acceso a garaxes, para que se fixera da maneira que menos molestias provocara, porque hai que ter claro que todas estas actuacións algún tipo de molestia ían provocar. Di que, tal e como están indo agora, están dentro das previsións de remate que estaban contempladas. Hai un pequeno atraso nalgunhas delas que estivo motivado fundamentalmente porque na zona do Temple quixeron extremar as medidas de precaución polo tema das instalacións soterradas doutras empresas, fundamentalmente de gas, para prever posibles accidentes, e tamén porque houbo que facer un esforzo e ralentizar a marcha das obras, xa que algunhas delas, polo plan de traballo, e por razóns técnicas, obrigarían a curtar máis dunha rúa ou unha parte moi grande dunha rúa, co cal os sentidos de circulación nos tránsitos íanse ver demasiado complicados. Optouse por

Page 28: SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DO DÍA 30 DE ...web.cambre.es/imgs/pdfplenos/2010/09/PL100930.pdf · grupo don José Francisco Parcero Rial 3.- ... suplente, a técnica

28

ir a tramos, de feito todos verían que na maior parte delas, agás na Travesía da Igrexa, segundo se foron facendo as intervencións nas rúas xa se foi repoñendo a rúa, xa quedaba asfaltada. Así foi como se estivo traballando ata este momento. En canto ás datas de finalización o que teoricamente se contempla, aínda que pensan que algunhas delas van estar antes, é que en torno ao 12 de outubro van estar todas listas. Probablemente antes, e probablemente non estean listas igual nalgún aspecto que para os veciños afectados vai ser irrelevante e que non van poder ver, por exemplo, que non estean acabadas porque falta un papel, unha certificación, un acta, pero o que é a obra física de intervención na rúa, estará xa completada nesa data. Don Manuel Marante Gómez, voceiro do GM (PG), sinala que o Sr. concelleiro estalle dicindo que hai un montón de xente implicada e responsable de todas estas obras, da dirección, coordinación, etc. El preguntaba polo responsable de sinalización das obras porque, por exemplo, el normalmente vai todos os días un par de veces ao Temple, e entrar pola rúa Constitución era un poema, non sabía por onde tiña que seguir despois, poñían uns valos nalgúns sitios, metíase por outro lado e tampouco podía, e así. Di que esta semana ían traballando polo Paseo Marítimo cara á N-VI, e perigo, rúa curtada, baixando da Pígara de fronte para abaixo, cruzando a rúa Constitución, rúa curtada, perigo. Estaban traballando polo Paseo Marítimo pero podíase pasar cara á N-VI para saír en dirección A Coruña, de súpeto non cambiaron de sinal, aparecía perigo, rúa curtada, pero estaba curtada tanto para o Paseo Marítimo como para o outro lado. Agora segue curtada para saír cara á Coruña, non segue curtada para vir polo Paseo Marítimo e non hai nin cartel. Parécelle que se hai tantos responsables, algún debería dar unha volta por alí. Puxeron os valos para sinalizar as obras, e perfecto, pero xa que as obras ocupan un espazo o que non parece normal e que os valos que lles van sobrando de cambialos dun sitio para outro, os metan entorpecendo o aparcamento para os coches. Xa hai poucos e por riba, en vez de amorear os valos dentro das obras, van e quitan prazas de aparcamento aos coches, por exemplo, diante do parque Ramón Barba. Sinala que se hai un montón de xente traballando aí, entón que os poñan a traballar. Os responsables políticos son os que teñen que poñer á xente a funcionar, o que non poden dicir é que hai un montón de xente e que o están facendo perfecto, porque iso é comedia toda, e os veciños do Temple, e os que van por aí continuamente, ven que deixa bastante que desexar a actuación dos responsables de todo ese tema. Conclúe dicindo que, en canto á data de finalización das obras, agarda que se cumpran os pronósticos do concelleiro. 2º Rogo se informe das actuacións que se van levar a cabo por parte do Ministerio de Fomento, na N-550 ao seu paso por Cambre.

Page 29: SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DO DÍA 30 DE ...web.cambre.es/imgs/pdfplenos/2010/09/PL100930.pdf · grupo don José Francisco Parcero Rial 3.- ... suplente, a técnica

29

O Sr. alcalde contesta que o que está programado polo Ministerio é o de Altamira, que é pintar ou repintar o que había, pero ademais poñer sinais de seguridade, porque había aqueles semáforos que habían posto nunha campaña de tráfico de hai anos, que agora están podres e non funcionan. Estiveron no concello hai unha semana, máis ou menos, e o que se lles dixo foi que os veciños pedían que se mantiveran, máis ou menos, os pasos de peóns que hai, pero dende o concello pediron que, ademais, puxeran sinalización, tanto indo de aquí cara a Carral, como vindo de Carral cara aquí. No semáforo que queda no centro, cerca do que está a parada do bus, que é o que máis usa a xente, pediron que puxeran un semáforo de pulsador, porque hai xente maior á que lle custa moito mirar e cruzar, e tamén porque cruzar cunha cadeira de rodas é un pouco incómodo. Quedaron de estudalo e quedaron de mandar o martes ou mércores o proxecto que van facer. Sinala que o que se pediu, xunto cos veciños, foi que se mantivera, máis ou menos, o que había antes, pero con máis protección, porque o valo que había está todo oxidado, podre, alí onde o zapateiro. Continúa dicindo que, en canto á Rocha, o proxecto que existe é levantar a 550, á altura onde vivía José Manuel o dos visóns, alí, tirar a casa esa, e están comezando a pagar os terreos. O problema é que a xente non sabe o prezo final que lle van pagar, pero o proxecto, en principio, quererían inicialo este ano. El pensa que vai demasiado lento, porque non cre que o Ministerio teña diñeiro, pero son os dous proxectos que hai. Hai un proxecto conxunto entre Culleredo e Cambre, onde vivía Taibo, pero ese aínda está en estudo. Conclúe dicindo que iso é o que van facer, o da Rocha van chegar coas beirarrúas, máis ou menos ata a altura do bar Venezuela, un pouco máis abaixo. 3º Rogo se informe do estado en que se atopa o expediente de contratación para a redacción do PXOM de Cambre. O Sr. alcalde contesta que sobre isto xa lle preguntou o mes pasado, e que nestes momentos os membros do tribunal, formado por un técnico da Xunta, o xefe da área de Urbanismo e Réxime Interior, e a nova arquitecta municipal, reúnese mañá. Di que hai 8 expedientes, presentáronse 8 empresas, e a partir de mañá irán dándolles información a todos. Son 800 folios. Don Manuel Marante Gómez, voceiro do GM (PG), manifesta que agarda que se vaia movendo algo máis.

Page 30: SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DO DÍA 30 DE ...web.cambre.es/imgs/pdfplenos/2010/09/PL100930.pdf · grupo don José Francisco Parcero Rial 3.- ... suplente, a técnica

30

Rogos da concelleira non adscrita presentados por escrito Rexistrados de entrada ao núm. 14267 o día 27 de setembro de 2010. 1º Rogo me informe o concelleiro responsable de cantas empresas pecharon nestes últimos 12 meses no termo municipal e cantas se teñen creado. Dona Mª Ángeles Míguez Mouzo contesta que, aínda que teñen boa relación coas empresas e ás veces lles comunican cando pechan, ou como van e todo iso, eles non saben exactamente as empresas que pecharon, porque non teñen obriga de comunicarllo ao concello. Di que iso só se pode saber na delegación de Facenda ou ben coas baixas da Seguridade Social. En canto ás empresas creadas houbo 63 proxectos empresariais, dos cales constituíronse en empresas 21, que xeraron 30 postos de traballo. O resto dos proxectos, están máis ou menos definidos, saben xa o que queren poñer. Hai 36 proxectos que están xa definidos e que crearían 43 postos de traballo. Hai outros 6 proxectos presentados que aínda non están definidos nin saben moi ben o que facer, polo que non poden de momento contar con que creen ningún posto de traballo. 2º Cantos empregos se teñen xerado (cidadáns empadroados neste concello) cos proxectos do Fondo Estatal de Investimento Local (FEIL)? Dona Mª Ángeles Míguez Mouzo contesta que non poden pedir o certificado de empadroamento, co cal non poden saber a xente que é de Cambre. O que si saben é que foron 93 os empregados que viñeron do paro, premiouse ás empresas na puntuación pola xente que collían do paro, pero non teñen ningunha obriga de empregar á xente de Cambre e eles non o poden saber porque non se lles esixe o certificado de padrón. Di que son 26 empresas as que se presentaron neste plan, e 93 empregos os que se crearon, pero non saben cantos de Cambre, porque é imposible sabelo. 3º Como se van realizar os labores de mantemento das pistas polideportivas, xa que se anulou este servizo? Don Jaime Manuel López Lisnier contesta que non é correcto dicir que se anulou o servizo, senón que acabou o contrato, que era por un ano. Non se renovou porque era por un ano. Pensouse en facer un novo prego, que está en estudo, e o mantemento desas pistas faise coa brigada que lles concedeu o INEM. Estase facendo o mantemento con eses dous obreros durante estes catro meses que quedan ata final de ano. Dona Mª Beatriz Ramos Padín, concelleira non adscrita, pregunta se entón é ata final de ano.

Page 31: SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DO DÍA 30 DE ...web.cambre.es/imgs/pdfplenos/2010/09/PL100930.pdf · grupo don José Francisco Parcero Rial 3.- ... suplente, a técnica

31

Don Jaime Manuel López Lisnier responde que en realidade os teñen por 6 meses, pero que contan con sacar a principios do ano que vén outra vez a contratación o servizo. Preguntas do PP presentadas por escrito Rexistradas de entrada ao núm. 14190 o día 24 de setembro de 2010. 1ª En que estado se atopa a solicitude da subvención para a instalación duns valos reclamados polo club de hóckey nun dos polideportivos municipais? Don Jaime Manuel López Lisnier contesta que lle parece que xa todos teñen coñecemento dende o día seguinte, ou dende os dous días que saiu no DOGA. A resolución da Xunta é do 6 de agosto, saiu no DOGA do 12 de agosto, do cal xa teñen copia, e nela denegáronse as dúas axudas que tiñan pedido, unha para construción da pista de patinaxe, para unha base, e a outra de peche da pista de hóckey nun pavillón, por 23.472 euros. Viñeron denegadas pola Xunta. Don Felipe Andreu Barallobre, concelleiro do PP, sinala que eles o preguntan porque nesa mesma resolución, ou se non é nesa mesma é noutra do mesmo DOGA, a continuación, dábaselle a oportunidade a todas as administracións que tiñan solicitado a subvención e que non a tiñan obtido, de que volvesen presentar o proxecto e que se resolvería antes de finalizar este ano, ou algo así, pero que, en todo caso, era nesa mesma resolución ou noutra que viña a continuación. Ampliábase o prazo dende ese mesmo día de publicación, durante 30 días, para volver a solicitala. Don Jaime Manuel López Lisnier responde que o único que se di no punto 8 da Resolución é que contra ela os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Secretaría xeral para o Deporte no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao da recepción. E saben por outras subvencións que se pediron que iso nunca se leva a efecto, as veces que se reclamou non se acadou nada por ese procedemento, e por iso non se interpuxo. Don Felipe Andreu Barallobre di que el non fala de reclamacións, o que fala é de que se ampliou a dotación da subvención e dábase un prazo de 30 días para solicitar que se tivera en conta nesa ampliación. Se o Sr. concelleiro non o sabe, entón debe supoñer que non está solicitada. 2ª Cal é o motivo de que se teña sacado a contratación a organización do baile da terceira idade sen consultar coa Asociación da 3ª idade de Cambre? Dona Carmen Tato Lago contesta que non se considerou procedente consultar á Asociación da 3ª idade de Cambre, dado que senón terían que consultar á Asociación da 3ª idade de Cecebre, á Asociación da 3ª idade do Temple ou á Coral Sta. Mª de Cambre, e consideran que é unha actividade puramente municipal, que se desenvolve nun

Page 32: SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DO DÍA 30 DE ...web.cambre.es/imgs/pdfplenos/2010/09/PL100930.pdf · grupo don José Francisco Parcero Rial 3.- ... suplente, a técnica

32

edificio municipal, e non está interferindo para nada nas actividades que está desenvolvendo a Asociación da 3ª idade de Cambre. Sacaron o tema a contratación como o teñen feito nos anos anteriores, para legalizar a situación, evidentemente. Todos os programas que se executan dende o concello pasan polo procedemento de contratación, e, neste caso, fixérono exactamente igual a como o fixeron nos dous anos anteriores, de xeito que nos dous anos anteriores quedou deserto, ningunha empresa se presentou. Continúa dicindo que este ano si que se presentou unha empresa, e están pendentes de que achegue a documentación que se lle requiría. Non implica un cambio en detrimento do servizo, mantéñense as mesmas condicións que ata o momento. O procedemento de contratación seguido acóllese ao disposto na lexislación, ao procedemento habitual do concello. Trátase dunha actividade de responsabilidade municipal para todos os cidadáns do Concello de Cambre maiores de 55 anos, pagan unha cota que é a aprobada no prezo público, que é de 1,50 euros para os maiores de 65 anos. Persoas alleas ao concello maiores de 55 anos pagan 2 euros, ao igual que os que teñen entre 55 e 65 anos. A actividade vai funcionar como todos os anos, á espera de que a empresa termine de presentar a documentación requirida. Non é ningunha novidade, porque se fixo nos anos anteriores, e entende que o grupo de goberno, ao igual que todos os demais concelleiros, o que queren é que se legalicen as situacións, e que haxa as mínimas irregularidades. Dona Mª Jesús González Roel, voceira do PP, agradece a contestación e sinala que se é por esixencia legal, pódelles parecer ben, en todo caso, o local, aínda que é municipal, está a utilizalo a Asociación da 3ª idade, e eles ofrecéronse a levar a actividade dunha maneira totalmente gratuíta. Ela non sabe se iso é legal ou non, pero o menos que estaban agardando era unha contestación ou algún razoamento, simplemente falar con eles, explicarlles os temas, e se non pode ser por razóns legais, non pode ser. Di que tamén están preocupados por como van levar o tema para a xente que non está empadroada, xa que uns pagan 1,50 euros, outros 2 euros, e non saben se van ter que ir co DNI ou como se vai facer. Dona Carmen Tato Lago responde que ela non sabe quen ten esa preocupación, pero que neste caso o presidente da terceira idade veu falar ao concello, cre que coa interventora. Respecto da forma como eles querían levar a actividade, o concello non tiña ningún problema, simplemente o diñeiro desta actividade destinábase para outra actividade municipal. O concello non tiña problema en que o levasen eles, o único impedimento que había era a legalidade da actividade. O concello, como tal concello, non podía permitir que se levase unha actividade dentro dun local municipal, cobrando a cantidade de 3 euros, que pensa era o que lle veu propoñer a ela o Sr. presidente da asociación, dicíndolle que as persoas que participaban na actividade estaban de acordo.

Page 33: SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DO DÍA 30 DE ...web.cambre.es/imgs/pdfplenos/2010/09/PL100930.pdf · grupo don José Francisco Parcero Rial 3.- ... suplente, a técnica

33

Evidentemente ela non pode permitir iso, porque iso é ilegal, por iso foi que o remitiu a falar coa interventora, e a interventora díxolle o que había. O procedemento que teñen adoptado este ano non é para nada distinto ao que se adoptou en anos anteriores. Repite que se ten sacado a contratación nos anos anteriores, e que este ano presentouse unha empresa. Sacouse a contratación isto como se sacan todos os programas que hai no concello, é o normal e o legal, que as empresas se presenten. Son programas de xestión municipal, nada máis. Dona Mª Jesús González Roel agradece a resposta, se ben pensa que faltou diálogo coas asociacións. Dona Carmen Tato Lago contesta que para nada. Dona Mª Jesús González Roel sinala que o que a eles lles transmiten, foi iso. Dona Carmen Tato Lago di que para nada, que pode que llelo transmita unha persoa, pero que as persoas que están participando na actividade, ningunha delas ten presentado ningunha queixa, absolutamente ningunha. E que, de todas formas, esta actividade non interfire para nada nas actividades que está a realizar a asociación da terceira idade, porque, de feito, manualidades é os martes de 16:00 a 20:00 e tamén é unha actividade municipal, e están a facela alí e está contratada como se intentaron contratar as demais, en todo momento. 3ª En que estado se atopan as obras que as distintas administracións están realizando no Temple e, en particular, cal é a data de finalización prevista para cada unha delas? Don Henrique Xabier Iglesias contesta que cada administración terá que contestar os detalles das obras que promove. El pode dicirlle que a Deputación Provincial ten practicamente rematado un proxecto de seguridade viaria na estrada Cambre-Temple, que o único que queda é un pintado de dúas paradas do autobús, que eles pensaban que xa ía estar feito a semana pasada e que non se fixo aínda, e ademais demoler o galpón que sobresae na rúa, que o teñen xa contratado en Xunta de Goberno da Deputación, cre que de finais do mes de xullo e polo que están agardando todos, sobre todo os veciños que viven alí. El pensa que o van facer estes días. En canto á Xunta de Galicia está levando adiante dúas obras que foron propostas polo Concello de Cambre, que é a ampliación do bombeo do Temple, unha obra que está en torno aos 900.000 euros, que foi anunciada polo conselleiro hai un ano e medio, pero que a comezaron un ano máis tarde, a comezos deste verán. Por outro lado está a renovación do colector do Paseo dos Templarios, tamén por un importe entre 800 e 900.000 euros. Xa hai un tramo executado e agora están na zona máis próxima á ponte vella.

Page 34: SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DO DÍA 30 DE ...web.cambre.es/imgs/pdfplenos/2010/09/PL100930.pdf · grupo don José Francisco Parcero Rial 3.- ... suplente, a técnica

34

Di que iso é o que lle pode dicir, e que das outras obras, das que está facendo o concello, xa deu unha ampla contestación antes cando respondeu un rogo do Sr. Marante. Non obstante, esqueceuse falar doutra das obras que están facendo no Temple e que está na práctica xa rematada, que é a da Casa das Palmeiras. Nos vindeiros días vaise proceder xa á dotación do mobiliario para poder poñela en marcha. Dona Mª Jesús González Roel, voceira do PP, pregunta se teñen data de finalización das obras das outras administracións. Don Henrique Xabier Iglesias Oviedo contesta que a do colector dos Templarios é longa, figura no cartel de obra que teñen posto alí, pero el non lla pode dicir agora mesmo, e ao do bombeo tamén. Son obras longas, que van durar bastantes meses. Preguntas de EU-IU presentadas por escrito Rexistradas de entrada ao núm. 14217 o día 25 de setembro de 2010, xunto coa moción e os rogos presentados para este pleno. 1ª Como consecuencia das obras de infraestruturas viarias na comarca, están executando a chamada Tercera Ronda. Este vial previsto para desconxestionar o tráfico e facilitar a circulación con maior seguridade na zona, vai supoñer un incremento de vehículos na rotonda da estrada N-550 no lugar da Rocha, un punto negro no referente a accidentes. Pode informarnos o goberno local da situación do proxecto de mellora da mencionada rotonda? O Sr. alcalde manifesta que, como dixo hai un rato, preténndense comezar canto antes, e xa están falando cos veciños para pagar o xustiprezo. Don Luis Miguel Taibo Casás, voceiro de EU-IU, di que a este paso, e vendo como se están desenvolvendo as obras da Tercera Ronda teme que vanse rematar antes de que comecen as obras da rotonda da Rocha. Pensa que todos están de acordo en que é un punto moi conflitivo, un punto negro en canto se refire a accidentes e cre que xa deberían estar comezadas para promovelas simultaneamente, polo menos que estean as dúas obras rematadas ao mesmo tempo. Cre que habería que apelar, non sabe se a Fomento ou a quen. Tamén entende que, segundo o que dixo o Sr. alcalde, xa están pagando aos veciños. O Sr. alcalde di que non exactamente, que os donos dos terreos non saben exactamente a cantidade que lles van pagar, que están dando diñeiro a conta, pero que iso non soluciona o tema, porque a xente o que quere saber é canto lles collen e canto lles van

Page 35: SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DO DÍA 30 DE ...web.cambre.es/imgs/pdfplenos/2010/09/PL100930.pdf · grupo don José Francisco Parcero Rial 3.- ... suplente, a técnica

35

pagar exactamente. Están facendo un depósito de diñeiro, pero a xente non sabe na realidade o que vai cobrar. É o que está pasando coa estrada da Xunta do Mesón Vasco, pero, en todo caso, o que está claro é que a idea deles é que urxe, e queren comezar agora de inmediato. Don Luis Miguel Taibo Casás di que a el lle gustaría que o concello, dentro das posibilidades que ten dentro deste tema, instara a Fomento para que axilizara canto antes o comezo da obra. O Sr. alcalde di que de acordo. 2ª No pleno do mes de outubro de 2009 o noso grupo presentou un rogo sobre a problemática da ría do Burgo, solicitando que o Sr. alcalde como máximo representante político do concello expuxera o problema no ente supramunicipal do Consorcio das Mariñas, co obxectivo de chegar a acordos que contemplen o compromiso de que todos os concellos asociados no Consorcio, se impliquen de xeito activo no problema.... O alcalde pide que a petición sexa solicitada por escrito polo noso grupo, cuestión que fixemos no mes decembro pasado. Ante a falta de información sobre o problema, o grupo de EU-IU fai a seguinte pregunta: Ten algunha información ou fixo algunha xestión o alcalde no Consorcio das Mariñas sobre o problema? O Sr. alcalde contesta que si, que estiveron reunidos, pero que o Consorcio non o asume como propio, porque o que se pretende é que sexan Oleiros, Culleredo e Cambre os que actúen xuntamente cos mariscadores, porque son os máis prexudicados. Está pendente unha entrevista co conselleiro. Mañá hai unha reunión do Consorcio e el agarda que saquen algo disto, pero dende logo a reunión co conselleiro está pedida dende hai tempo xa. Don Juan Antonio Fernández López, concelleiro de EU-IU, solicita que, se pode ser, que lles teñan informados de todo isto, porque xa hai un ano e non saben nada, para non ter que volver preguntar. 3ª Co fin de dar cumprimento a unha iniciativa presentada polo noso grupo municipal no pleno do mes de outono de 2009, para reclamar ao Concello da Coruña o pago do IBI correspondente á ocupación dos terreos pola construción do encoro de Cecebre, que a día de hoxe sobrepasa os 35.000 €, e a pesar dos prexuízos e dos riscos que supón unha instalación destas características na cabeceira do noso concello, onde en varias ocasións os veciños/as de Cambre teñen sufrido as súas consecuencias; o Concello da Coruña

Page 36: SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DO DÍA 30 DE ...web.cambre.es/imgs/pdfplenos/2010/09/PL100930.pdf · grupo don José Francisco Parcero Rial 3.- ... suplente, a técnica

36

segundo recentes informacións nos medios de comunicación, intenta evadir e non facer efectivo o mencionado imposto. Pode informarnos o goberno local sobre a situación do problema? Don Jaime Manuel López Lisnier contesta que, efectivamente, teñen noticias de que intentan evadir o pago do imposto. Agora mesmo están os técnicos traballando niso para seguir reclamando polos medios que procedan, xa sexan xudiciais ou os que procedan, máis efectivos. Don Luis Miguel Taibo Casás, voceiro de EU-IU, di que cando o outro día viu estas informacións nos medios de comunicación, a el, cando menos, o que lle pareceu foi unha frivolidade que o Sr. Losada, alcalde da Coruña, diga que nos estaba dando a auga. El cre que informacións deste tipo deberían ter unha resposta contundente por parte do goberno municipal. Mentres eles nos están negando o pago, neste caso de 35.000 euros, os veciños de Cambre e moitos da área metropolitana, están pagando puntualmente a auga. Cre que habería que chamar á orde ao Sr. Losada e dicirlle que hai unha sentenza aí e instar a que pague a Cambre os 35.000 euros que lles debe. Don Jaime Manuel López Lisnier responde que niso están. Preguntas do GM (PG) presentadas por escrito Rexistradas de entrada ao núm. 14262 o día 27 de setembro de 2010. 1ª Hai zonas do concello que aínda non se pasou a rozar por parte da empresa contratada para facer este traballo. Para cando se ten pensado rematar? Don Henrique Xabier Iglesias Oviedo contesta que iso é así, que a día de hoxe non está completo o traballo, tiñan un prazo de dous meses dende a sinatura do contrato, prazo que remata non sabe se é o día 5 ou o día 8 do mes que vén. Están facendo xa control do traballo realizado e, será nese momento, cando teña que estar todo o que vén incluído no prego contratado, todo executado. Tamén hai que dicir que fixeron algún traballo a maiores do que figuraba no prego. En torno ao día 5 ou 8 do mes que vén é o período que teñen computado para remate do contrato. Don Manuel Marante Gómez, voceiro do GM (PG), manifesta que el unha das cousas que pediría ao goberno municipal e que rozasen os terreos municipais, á parte dos camiños que faltan. Non sabe se eses terreos ían no contrato, pero que se saiba, están sen rozar os terreos que ten o concello saíndo de Cambre cara á Barcala, nas Gamelas,

Page 37: SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DO DÍA 30 DE ...web.cambre.es/imgs/pdfplenos/2010/09/PL100930.pdf · grupo don José Francisco Parcero Rial 3.- ... suplente, a técnica

37

en Cecebre, etc. Di que mal se lle pode dicir aos veciños, esixirlles que rocen e limpen os seus terreos e montes, cando o concello ten todo o seu abandonado. 2ª Hai redes de saneamento que están instaladas en distintos núcleos do municipio xa hai anos, e que por diversas razóns non poden ser usadas polos veciños. Solucionouse algún problema, ou segue todo igual? Don Henrique Xabier Iglesias Oviedo contesta que o Sr. Marante sabe que isto é unha cuestión complexa, que non é de fácil solución, porque senón xa estaría resolta. Cren que unha parte do saneamento que verte ao río Gaiteiro, ao Valiñas, poderán xa en moi próximas datas poñelo en marcha. Precisamente coas outras, que a maior parte delas dependen de bombeos executados con programas da Xunta, que fixo a empresa Eiriña, os problemas máis importantes estaban nos bombeos, precisamente, na posta en servizo dos bombeos, e teñen nalgunha ocasión, non sabe se foi no pleno pasado ou na anterior comisión informativa, comentado este tema. A empresa enviara unha certificación dicindo que xa tiña corrixidas unha serie de deficiencias que se lle reclamaban e os técnicos municipais e a empresa concesionaria do saneamento aquí en Cambre fixo o contrainforme, mirando se estaban ou non corrixidas esas deficiencias, e mañá precisamente teñen unha reunión con esa empresa para dirimir a situación. Dende logo a vontade e a idea é facer todo o posible para que canto antes se poida poñer, se non todo, polo menos de maneira paulatina a maior parte da rede. Aí están todos e estase traballando, pero é un tema complexo. Don Manuel Marante Gómez, voceiro do GM (PG), di que precisamente porque é complexo el pregunta con bastante reiteración sobre o tema, porque son moitos e por iso pregunta cada pouco se se avanzou algo. Non está dicindo outra cousa, só pregunta se se avanzou algo e por iso vai ser reiterativo sobre isto, porque cre que son obras moi importantes para os veciños, e algúns levan anos aí. Se van avanzando, aínda que sexa lentamente, será bo. Preguntas da concelleira non adscrita presentadas por escrito Rexistradas de entrada ao núm. 14272 o día 27 de setembro de 2010. 1ª Dende o mes de xuño aproximadamente a directiva do Once Caballeros F.C., puxo en coñecemento ao departamento de Deportes do perigoso que é que béisbol e fútbol coincidan en horarios nos adestramentos que se dan no campo de fútbol municipal da Barcala. No mes de xuño trátase este tema, e a resposta foi que tratarían de resolver o problema, a data de hoxe os problemas continúan.

Page 38: SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DO DÍA 30 DE ...web.cambre.es/imgs/pdfplenos/2010/09/PL100930.pdf · grupo don José Francisco Parcero Rial 3.- ... suplente, a técnica

38

A directiva e os pais do club están indignados coa pasividade dos responsables deste concello, que solución van poñer en marcha os responsables municipais? Ten que ocorrer un accidente para que tomen unha decisión? Por que non se realizan os adestramentos de béisbol nos campos da Balastreira, Sigrás, que non coincidirían en horario con ningún equipo? Don Jaime Manuel López Lisnier contesta que non sabe se a concelleira está moi ben informada, pero xa dende o mes de xuño os dous equipos, xunto cos responsables municipais, tiveron dúas reunións, cre que foron algunha máis, pero con el foi unha e co responsable de Deportes, nas que os dous presidentes se poñían de acordo. Había unha forma de que non coincidiran e era que tamén utilizaran para eses adestramentos os venres, pero nun principio opoñíanse a utilizar os luns e os venres para adestrar. Quedaron en compartir o campo os dous equipos durante unha hora ou hora e media, os xoves. Iso foi un acordo dos presidentes co técnico de Deportes, tendo en conta, ademais, que a partir de novembro non ían coincidir, porque de novembro a marzo béisbol non adestra. Xurdiron problemas e el tentou reunirse con eles xa a semana pasada, dixeron que mellor esta semana, primeiro que o luns, despois que o mércores, e hoxe tivo reunión con eles. Ao final chegaron a un acordo, como o venres non o quería ninguén, que era o día que estaba dispoñible para calquera dos dous equipos, o que se acordou foi acurtar unha hora os adestramentos de béisbol e, por tanto, en vez de acabar ás 19:00 horas, acabar ás 18:00, de 16:00 a 18:00 e, entón, o Once Caballeros, cos dous presidentes falou isto, de 18:00 a 19:00 acurtalo media hora, e niso quedaron cando se reuniron. Agora xa non van coincidir para nada. Dona Mª Beatriz Ramos Padín, concelleira non adscrita, di que ese é o remendo que fixo, porque pregunta que pensa facer coa escola de tenis Marineda, dicirlle que suspenda tamén os adestramentos. Don Jaime Manuel López Lisnier pregunta que teñen que ver eles coa escola de tenis. Dona Mª Beatriz Ramos Padín sinala que cando batean os de béisbol en ocasións entran as pelotas na zona das pistas de Marineda, e se non o sabe, dille que pregunte aos técnicos. Don Jaime Manuel López Lisnier di que non tiveron esas queixas, non o sabe, e non sabe se o que pretende a Sra. concelleira é que boten a un equipo dunha instalación municipal. Dona Mª Beatriz Ramos Padín di que o que ela pretende, é o que tamén se recolle nun escrito que fixo a directiva a principios do mes de setembro, porque o Sr. concelleiro reuniuse con eles a semana pasada, pero claro, foi porque o club denunciou mediante a prensa o que estaba ocorrendo. Ela veu aquí e preguntou á sección de Deportes que

Page 39: SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DO DÍA 30 DE ...web.cambre.es/imgs/pdfplenos/2010/09/PL100930.pdf · grupo don José Francisco Parcero Rial 3.- ... suplente, a técnica

39

pensaba facer cos escritos que chegaban do club e dixéronlle que estaban enriba da mesa do concelleiro, que o concelleiro tiña que decidir. Aquí o que dixo a directiva o día 8, é que xa puxera en coñecemento do concello a inseguridade que tiñan cos nenos pequenos. Agora hai inseguridade tamén coa escola Marineda. Continúa dicindo que despois está o tema do mantemento, o Sr. concelleiro di hoxe nunha nota de prensa, que o mantemento do campo corre exclusivamente a cargo das arcas municipais, é o concello o que se encarga do mantemento do campo. Pide que lle explique en que consiste o mantemento, porque se é de limpeza e mantemento, iso lévao a cabo o club. Parécelle que o concello leva o mantemento en temas como cando se funde unha lámpada, se rompe algunha historia, pregunta que clase de mantemento leva o concello no campo de fútbol. Don Jaime Manuel López Lisnier responde que o compromiso que hai cos dous equipos é que vestiarios e demais, sempre que eles os usen, tanto uns como outros teñen que deixalos en perfectas condicións. Ese é o compromiso que teñen os dous clubs, deixar as instalacións perfectamente axeitadas para uso dos que veñan posteriormente. Dona Mª Beatriz Ramos Padín pregunta se tampouco ten queixas de que non se estea levando a cabo. Don Jaime Manuel López Lisnier contesta que si, que unha vez, e falaron cos responsables do outro equipo cando as tiveron para que subsanaran iso, pero nada máis, iso é o que hai. Mantemento de limpeza, ou de pasar un rodillo no campo de fútbol, si que o está facendo o Once Caballeros, o resto faino todo o concello. Dona Mª Beatriz Ramos Padín di que o mantemento dun campo de herba artificial, non é o mesmo nun campo de herba que nun campo de cinza, ten un mantemento especial, pregunta que clase de mantemento está levando o campo de herba. Pregunta se lle pasan un cepillo cada mes, se se limpan as reixas todos os días, .... Di que ela púxose en contacto con especialistas que levan o mantemento de campos noutros concellos, e teñen que pasar un cepillo especial unha vez ao mes, cada tres meses hai unha máquina que ten que tratar o caucho, e as rexas que están bordeando o campo teñen que ser todos os días. Ela pregúntase se ese mantemento o está levando o concello. Don Jaime Manuel López Lisnier contesta que todo isto vén dun compromiso que se fixo co Once Caballeros, e parécelle que o sabe de sobra. Dona Mª Beatriz Ramos Padín di que ela quere que lle informe, e que se enteren tamén o resto dos concelleiros. Don Jaime Manuel López Lisnier sinala que el lle contestou á pregunta, e que se quere facer outra pregunta, como é a que lle está facendo, que a presente noutro pleno e contestará.

Page 40: SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DO DÍA 30 DE ...web.cambre.es/imgs/pdfplenos/2010/09/PL100930.pdf · grupo don José Francisco Parcero Rial 3.- ... suplente, a técnica

40

Dona Mª Beatriz Ramos Padín pregunta se lle vai contestar como neste pleno e como no pleno anterior do mes de xuño. Don Jaime Manuel López Lisnier contesta que igual. Dona Mª Beatriz Ramos Padín di que, entón, as queixas e tamén as actas destes plenos, tanto do anterior como deste, tamén as vai remitir á Deputación, porque se gastaron 400.000 euros nun campo de fútbol no cal o concello non está facendo ningún mantemento, e algo tamén terá que dicir a Deputación ante a pasividade do concello. 2ª Onde están almacenados os cadros dos pasados certames de pintura? Por que non están expostos en locais municipais para o goce de todos os cidadáns? Dona Erundina Prado Arcay contesta que parte dos cadros dos certames de pintura están almacenados no arquivo do concello, outra parte importante están expostos ao público en distintas dependencias municipais e en centros sociais. Agarda que nun futuro, o máis pronto posible, poidan ter un lugar digno onde poidan expoñerse, como pode ser a Casa da Cultura. De momento están perfectamente ao abeiro. Dona Mª Beatriz Ramos Padín di que se están no arquivo municipal, supón que están a unha boa temperatura e condicións. Dona Erundina Prado Arcay responde que fai moi pouco tempo que se fixo unha revisión por expertos e estaban en perfectas condicións. Dona Mª Beatriz Ramos Padín pregunta a causa pola que non se expoñen, por exemplo, en centros médicos ou en locais de asociacións de veciños. Dona Erundina Prado Arcay dille que en vez de facer tres preguntas, que faga seis. Ela cre que xa se lle contestou perfectamente. Dona Mª Beatriz Ramos Padín manifesta que pregunta así para ver se ten sorte, porque nunca lle contestan a ningunha pregunta decentemente. Dona Erundina Prado Arcay dille que non sabe se quere que lle faga un testamento, ela cre que lle contestou perfectisimamente. Dona Mª Beatriz Ramos Padín conclúe dicindo que a ver se a próxima lla contesta ben. 3ª Cal é o estado da obra da Escola municipal de Música?

Page 41: SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DO DÍA 30 DE ...web.cambre.es/imgs/pdfplenos/2010/09/PL100930.pdf · grupo don José Francisco Parcero Rial 3.- ... suplente, a técnica

41

Dona Erundina Prado Arcay dille a concelleira non adscrita que pensa que ela contesta perfectamente ás preguntas que lle fai. Lamenta non contestalas ao seu gusto, pero para ela que o fai perfectamente. Dona Mª Beatriz Ramos Padín di que non, que non llas contesta, e que leva todos os meses preguntando como está a obra da Escola municipal de Música. Dona Erundina Prado Arcay contesta que a obra afortunadamente está terminada. Sempre foi contestando segundo se daban as situacións. Agora está terminada, só pendente de facer, mañá ou o luns, unha limpeza de obra, para inaugurala e poñela inmediatamente en funcionamento. Agarda que quede satisfeita con esta resposta. Dona Mª Beatriz Ramos Padín di que ela e tamén o resto dos veciños, que por fin poderán gozar desa obra. E non habendo máis asuntos que tratar, o señor presidente levantou a sesión cando son as vinte e dúas horas e quince minutos, do que eu, secretaria, certifico.

O presidente A secretaria

Antonio Varela Saavedra Mª Luisa de la Red Ampudia