felipe criado boado césar parcero oubiña carlos otero...

47
felipe criado boado césar parcero oubiña carlos otero vilariño elena cabrejas (eds.) anxo rodríguez paz (ed. gráfica) atlas arqueolóxico da paisaxe galega

Transcript of felipe criado boado césar parcero oubiña carlos otero...

Page 1: felipe criado boado césar parcero oubiña carlos otero ...digital.csic.es/bitstream/10261/132739/1/Separata...vas normativas e recomendacións relativas ao seu tratamento e consideración,

felipe criado boadocésar parcero oubiñacarlos otero vilariñoelena cabrejas (eds.)anxo rodríguez paz (ed. gráfica)

atlas arqueolóxicoda paisaxe galega

Page 2: felipe criado boado césar parcero oubiña carlos otero ...digital.csic.es/bitstream/10261/132739/1/Separata...vas normativas e recomendacións relativas ao seu tratamento e consideración,

Edición: Rosalía Grandal, Ramón Domínguez

Imaxe de cuberta: paisaxe de monte, campos de cultivo e túmulos megalíticos na serra de Barbanza

© dos textos: os autores, 2016© das fotografías: Incipit (csIc) e PNOA-LiDAR cedido por © Instituto Geográfico Nacional© desta edición: Edicións Xerais de Galicia, s.A., 2016

Dr. Marañón, 12. 36211 [email protected]://xerais.galhttp://blog.xerais.gal

IsBN: 978-84-9121-048-1Depósito legal: VG 208-2016

Reservados todos os dereitos. O contido desta obra está pro texido pola lei, que prohibe a reprodución, plaxio, distribución ou comunicación pública, en todo ou en parte, dunha obra literaria, artística ou científica, ou a súa transformación, interpretación ou execución artística fixada en calquera tipo de soporte ou comunicada a través de calquera medio, sen a preceptiva autorización.

co apoio de:

Page 3: felipe criado boado césar parcero oubiña carlos otero ...digital.csic.es/bitstream/10261/132739/1/Separata...vas normativas e recomendacións relativas ao seu tratamento e consideración,

AbstractThe landscape is a product of each particular society’s ways of being, thinking and acting. The landscape we see in Galicia today is the result of our ways of being, thinking and acting, but also those of the people who  lived here  in the past. Many of the things that we consider to be the most typical elements of the Galician landscape are a product or effect of human action, and not only of what we refer to as “nature”. 

This book is a kind of archaeological “atlas” of the cultural landscapes of Galicia, and here we say ‘a kind’ because it is not an atlas in the conventional sense, containing a series of maps: instead, what this book does is to describe the different types of landscape that appeared over much of the history of what is now Galicia, from late prehistory (beginning of the Neolithic) to mediaeval times. The story begins with what we know as the traditional  landscape.  It  identifies  its typical elements that are present or missing from the landscapes that preceded it, and which helped to create it. And so, archaeological landscapes are something that does not exist; their remains are either  largely  incorporated  in subsequent forms of the  landscape, or  lie  lost and forgotten (“invisible”) beneath them. It is precisely for this reason that we refer to them as “archaeological landscapes”. 

The narrative we present here is a human story from the Anthropocene period, a concept that defines a new geological stage marked by human influence of the Earth’s different systems, a stage in which sociocultural action has actively altered the world, replacing a natural environment with an increasingly artificial cultural environment. 

Video about the book on: https://digital.csic.es/handle/10261/132546 

ResumenEl paisaje es un producto de  las  formas de ser, de estar, de pensar y de actuar propias de cada sociedad. El paisaje gallego actual es el resultado de nuestras formas de ser, estar, pensar y actuar. Pero también lo es de las de todas aquellas personas que nos precedieron en el tiempo. Muchas cosas que consideramos características del paisaje de Galicia son el producto o el efecto de la acción humana, no sólo de eso que llamamos “naturaleza”. 

Este libro es una especie de “atlas” arqueológico de los paisajes culturales de Galicia. Y decimos “una especie” porque no es un atlas en el sentido convencional de conjunto de mapas. Lo que hace este libro es describir las diferentes formas de paisaje que se sucedieron a lo largo de una parte de la historia de lo que hoy llamamos Galicia, en concreto desde la prehistoria reciente (desde el  inicio del periodo que  se denomina “neolítico”) hasta  la época medieval. El  relato parte del paisaje  tradicional de Galicia para, a continuación, descubrir los elementos típicos de este paisaje y ver cuáles estaban presentes –o ausentes‐ en los paisajes que  lo precedieron y que  contribuyeron a  su conformación. Los paisajes arqueológicos  son algo que no existe. Sus restos,  o  bien  se  incorporaron  en  gran medida  a  las  formas  posteriores  de  paisaje,  o  bien  subyacen  relictos  y  olvidados (“invisibilizados”) bajo éstas. Por eso precisamente llamamos a esos paisajes “arqueológicos”. 

La historia que hacemos aquí es una historia humana del antropoceno, un concepto cada vez más utilizado para definir una nueva  etapa  geológico  que  está marcada  por  la  dominación  humana  de  los  sistemas  de  la  Tierra,  una  etapa  en  la  que  la dinámica  socioecultura modifica activamente el mundo y  sustituye un medio natural por un medio  cultural y  cada vez más artificial. 

Video sobre el libro: https://digital.csic.es/handle/10261/132546 

ResumoA paisaxe é un produto das formas de ser, de estar, de pensar e de actuar de cada sociedade. A paisaxe galega de hoxe é o resultado das nosas formas de ser, estar, pensar e actuar, mais tamén das daqueles que nos precederon no tempo. Moitas das cousas que consideramos máis características da paisaxe de Galicia son o produto ou o efecto da acción humana, e non só diso que chamamos a “ natureza”. 

Este libro é unha especie de “atlas” arqueolóxico das paisaxes culturais de Galicia, e dicimos «unha especie» porque non é un atlas entendido no sentido convencional de conxunto de mapas; o que fai é describir as diferentes formas da paisaxe que se foron sucedendo ao  longo dunha boa parte da historia do que hoxe é Galicia, dende a prehistoria até a época medieval. O relato parte do que coñecemos como paisaxe tradicional para, logo, ir na procura dos seus elementos típicos, xa presentes –ou ausentes– nas paisaxes que o precederon e o foron conformando. Porén, as paisaxes arqueolóxicas son algo que non existe; os seus restos, ou ben se  incorporaron en gran medida a formas posteriores de paisaxe, ou ben subxacen relictos e esquecidos (“invisibilizados”) baixo estas. Por iso precisamente as chamamos “arqueolóxicas”. 

A historia que facemos aquí é unha historia humana do antropoceno, un concepto que vén definir unha nova etapa xeolóxica marcada pola dominación humana dos sistemas da Terra, unha etapa en que a acción  sociocultural modifica activamente o mundo e substitúe un medio natural por un medio cultural cada vez máis artificial. 

Video promo disponible en: https://digital.csic.es/handle/10261/132546 

 

Page 4: felipe criado boado césar parcero oubiña carlos otero ...digital.csic.es/bitstream/10261/132739/1/Separata...vas normativas e recomendacións relativas ao seu tratamento e consideración,

felipe criado boadocésar parcero oubiñacarlos otero vilariñoelena cabrejas (eds.)anxo rodríguez paz (ed. gráfica)

atlas arqueolóxicoda paisaxe galega

Page 5: felipe criado boado césar parcero oubiña carlos otero ...digital.csic.es/bitstream/10261/132739/1/Separata...vas normativas e recomendacións relativas ao seu tratamento e consideración,

A todos os compañeiros e compañeiras que, ao longo dos anos, pasaron polo que hoxe é o Incipit (Instituto do CSIC) e que tanto contribuíron á nosa particular historia e, en concreto, á investi-gación que este libro reflicte.

Page 6: felipe criado boado césar parcero oubiña carlos otero ...digital.csic.es/bitstream/10261/132739/1/Separata...vas normativas e recomendacións relativas ao seu tratamento e consideración,

Preámbulo

Felipe Criado-Boado

David Barreiro

Page 7: felipe criado boado césar parcero oubiña carlos otero ...digital.csic.es/bitstream/10261/132739/1/Separata...vas normativas e recomendacións relativas ao seu tratamento e consideración,

Este libro é unha especie de atlas arqueolóxico das paisa-xes culturais de Galicia, pero non tanto no seu formato como na súa intención, ao baseármonos máis en descricións den-sas ca en mapas ou gráficos. Non é un «atlas» entendido no sentido convencional de delimitación cartográfica dun fenó-meno dado; non sería posible no estado actual do noso coñe-cemento facer un atlas dese tipo da prehistoria de Galicia e as súas paisaxes. En vez diso, inclinámonos por facer un libro que, baseándose na caracterización e tipificación dos tipos de paisaxe cultural que acompañaron cada un dos momen-tos da prehistoria galega, ofrece aos seus lectores e lectoras a información e os instrumentos analíticos para reconstruír, para imaxinar esas paisaxes. De feito, pode entenderse como unha prehistoria encarnada nas principais formas de paisaxe que se sucederon en Galicia ao longo de case dez milenios. Concibimos esta prehistoria como unha deconstrución ou desmontaxe do que, de forma sobre todo coloquial, pode-mos chamar a «paisaxe tradicional galega», comprendendo os elementos característicos desta. Esta idea de paisaxe tra-dicional representa un produto material histórico resultante da sucesión de múltiples formas de habitar, percorrer, alterar e concibir a paisaxe ao longo de milleiros de anos. É, pois, dalgunha forma, un punto de chegada, que neste traballo se converte en punto de partida para explorar que outras formas de paisaxe existiron no pasado máis distante neste espazo que hoxe chamamos Galicia. Dende aí, dende esa paisaxe tradi-cional, establecemos analoxías débiles para a comprensión da arqueo-lóxica (ou lóxica antiga) das paisaxes prehistóricas e

Page 8: felipe criado boado césar parcero oubiña carlos otero ...digital.csic.es/bitstream/10261/132739/1/Separata...vas normativas e recomendacións relativas ao seu tratamento e consideración,

da súa racionalidade técnica, económica e ecolóxica, recons-truída con base nos datos e métodos arqueolóxicos. Por iso, a presentación parte do que coñecemos como paisaxe tra-dicional, para logo ir en busca dos seus elementos típicos, xa presentes –ou ausentes– nas paisaxes arqueolóxicas que o precederon e, en certo modo, o sustentan. Non obstante, as paisaxes arqueolóxicas son algo que non existe; os seus res-tos, procesos e influencias incorporáronse en gran medida a formas posteriores de paisaxe, ou subxacen relictas e esque-cidas baixo estas. Por iso chamámolas precisamente «arqueo-lóxicas». Pero como tales son tamén «arqueo-lóxicas», son a materizalización dunha lóxica antiga.

A materialización concreta deste volume é resultado de dous proxectos de investigación. O primeiro, Atlas das Paisaxes Culturais de Galicia (07TUR001606PR), dirixido por un dos coordinadores do volume (César Parcero-Oubiña) e financia-do pola convocatoria do Plan Galego de i+d+i (2006-2010) do 2007; o segundo, o Programa Consolider-Ingenio 2010 de Tecnoloxías para a Conservación e Revalorización do Patrimonio Cultural (CSD2007-00058), financiado polo Plan Nacional de i+d e dirixido por outro dos coordinadores do volume (Felipe Criado-Boado). Pero o libro nútrese das investigacións e publicacións que o grupo de investigadores que o materiali-zaron e outros/as colegas, realizaron durante os últimos vinte anos, agora no Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do csic e, antes, na Universidade de Santiago de Compostela, á beira dos grupos desta asociados ao Instituto de Investiga-cións Tecnolóxicas da usc.

É tamén, por tanto, un percorrido polas paisaxes arqueo-lóxicas a través dos diversos e sucesivos traballos levados a cabo por este equipo de investigación en todo este tempo. Unha mesma idea de aproximación á paisaxe vén vertebran-do de forma constante o noso estudo, aínda que esta idea se foi desenvolvendo (como o fai unha paisaxe) por acumula-ción de experiencias propias e por contraste con aproxima-cións dende outros contextos, disciplinas e perspectivas.

A t l a s a r q u e o l óx i c o d a pa i s a x e g a l e g a12

Page 9: felipe criado boado césar parcero oubiña carlos otero ...digital.csic.es/bitstream/10261/132739/1/Separata...vas normativas e recomendacións relativas ao seu tratamento e consideración,

E é que, na primeira década de s. xxi, o concepto de paisaxe consolidouse non só como útil ou categoría de aná-lise (é dicir, como medio e obxecto de investigación científi-ca), senón tamén como ámbito dunha experiencia vivencial, como ben social e como obxecto político (no centro da xes-tión territorial e dos seus conflitos e negociacións). Este con-cepto superou, e subsumiu, os conceptos anteriores de terreo, medio ambiente, espazo físico ou territorio. É un concepto multidisciplinario (é obxecto e instrumento de estudo de dis-ciplinas moi distintas: ciencias da terra, xeografía, socioloxía, urbanismo, antropoloxía, arqueoloxía…) e transdisciplinario (é dicir, que se pode abordar dende unha interdisciplinarie-dade radical, que dá paso a unha conxunción das diferentes disciplinas nunha especie de ciencia converxente da paisaxe).

Dado que non só constitúe un obxecto ou medio de estu-do, senón que se trata dun ben, dun recurso social, require ser xestionado na práctica, e esta xestión non debe limitarse á aplicación unidireccional dun saber experto e especializado, senón que debe incorporar a compoñente social que, preci-samente, lle é inherente (pois unha paisaxe éo na medida en que como tal é percibida pola sociedade).

Este progresivo desprazamento (ou, máis ben, amplia-ción) do concepto de paisaxe cara ao terreo do cultural e do social reflíctese, no nivel do discurso, e nos ámbitos nacional e internacional, nas evolucións que experimentou nas sucesi-vas normativas e recomendacións relativas ao seu tratamento e consideración, que se viñeron xerando nos últimos vinte anos. Neste discurso da paisaxe aprécianse, iso si, dúas liñas, que non son necesariamente converxentes.

A primeira está ben representada polas declaracións da unesco, que teñen a súa orixe na Convención do Patrimo-nio Mundial (1972), co cal, de partida, pódese afirmar que esta liña apunta máis ben cara a unha concepción patrimo-nial da paisaxe. Será en 1992, coa aprobación das Directri-ces Prácticas para a Aplicación da Convención do Patrimonio Mundial, cando se defina o concepto de «paisaxes culturais»,

13P r e á m b u l o

Page 10: felipe criado boado césar parcero oubiña carlos otero ...digital.csic.es/bitstream/10261/132739/1/Separata...vas normativas e recomendacións relativas ao seu tratamento e consideración,

entendidas como «bens culturais» que representan as «obras conxuntas do home e da natureza» citadas no artigo 1 da Convención e que «ilustran a evolución da sociedade huma-na e os seus asentamentos ao longo do tempo, condicionados polas limitacións e/ou oportunidades físicas que presenta a súa contorna natural e polas sucesivas forzas sociais, econó-micas e culturais, tanto externas coma internas».

Neste texto de 1992, a unesco realiza unha primeira clasificación de paisaxes, distinguindo tres categorías: inten-cionais (concibidas e creadas intencionalmente polo ser humano), evolutivas (creadas pola interacción cultura-natu-reza, e nas que se distinguen as subcategorías de paisaxes relictas ou fósiles e paisaxes vivas) e asociativas (nas que o valor vén dado «pola forza de evocación de asociacións reli-xiosas, artísticas ou culturais do elemento natural, máis que por pegadas culturais tanxibles»). A idea implicada na noción de paisaxe asociativa é, por tanto, que a percepción e valora-ción da contorna por parte das comunidades que a ocupan e a súa valorización e simbolización constitúen unha dimen-sión básica da paisaxe.

Este concepto de paisaxe asociativa acuñado pola unesco aproxímase a unha segunda concepción da paisaxe, a nivel de discurso, que é a proposta pola Convención Europea da Paisaxe (Florencia 2000), elaborada polo Consello de Europa. Nes-te texto recoñécese esta calidade ao establecer a noción (hoxe case canónica) de paisaxe entendida como «calquera parte do territorio segundo a percibe a poboación cuxo carácter sexa o resultado da acción e da interacción de factores naturais e/ou humanos», e que fusiona ambiente e historia humana coa percepción que as poboacións teñen desta interacción. Aquí apréciase a disxuntiva, pois mentres a unesco mantén unha dicotomía entre o natural e o cultural (o que a leva a reproducir esa dicotomía cando se asocia aos conceptos de patrimonio ou de paisaxe –patrimonio natural, paisaxe cultural…–), o Con-sello de Europa persegue, precisamente, salvala, ir máis aló do concepto de paisaxe da unesco como elemento patrimonial

A t l a s a r q u e o l óx i c o d a pa i s a x e g a l e g a14

Page 11: felipe criado boado césar parcero oubiña carlos otero ...digital.csic.es/bitstream/10261/132739/1/Separata...vas normativas e recomendacións relativas ao seu tratamento e consideración,

a protexer dende os poderes públicos (reserva, excepcionalida-de), cara a un concepto holístico, aberto e dinámico da paisaxe como medio vivencial.

A insistencia na noción de paisaxe cultural (e a persisten-cia no seu uso a nivel de discurso), máis que na de paisaxe, ten moito que ver coa intención de superar dous prexuízos habituais respecto á paisaxe: que é algo natural (isto é, con-funde a paisaxe co ambiente) ou que é algo estético ou artísti-co (isto é, confunde a paisaxe coa representación da paisaxe). Aínda así, unha boa parte dos especialistas está de acordo en superar e abandonar a adxectivación cultural para quedar simplemente con paisaxe, na súa integridade. A paisaxe é algo máis ca natureza ou cultura, é a fusión de ambas e é, de feito, o resultado da coevolución de ambas conxuntada coa forma en como os seres humanos percibimos esa interdependencia e o seu resultado. Esta é, de feito, unha das liñas argumentais importantes deste libro.

En paralelo, pero en estreita relación con isto, a pai-saxe adquiriu categoría xurídica e política, como reclama a Convención de Florencia. Viñéronse aprobando diversas leis de protección da paisaxe (Comunidade Valenciana [2004], Cataluña [2005], Galicia [2008]), máis ou menos relaciona-das coas respectivas normativas autonómicas de xestión terri-torial e medioambiental. No caso de Andalucía, a paisaxe foi incorporada como categoría de pleno dereito ao novo esta-tuto autonómico. Na maioría dos casos, a paisaxe integrouse nas diferentes normas legais relacionadas co ordenamento do territorio ou coa protección dos recursos naturais.

Pero a posta en práctica de todas estas recomendacións e normativas, en realidade, foi unha experiencia errada, ou, en todo caso, está aínda incompleta. A razón diso estriba en que, a pesar da visión integral que os especialistas teñen da paisaxe, as accións e políticas realmente existentes aín-da encerran a paisaxe nun coto dominado por perspectivas disciplinarias unívocas. Por dicilo brevemente, a práctica da paisaxe queda limitada aínda aos xeógrafos, urbanistas e, en

15P r e á m b u l o

Page 12: felipe criado boado césar parcero oubiña carlos otero ...digital.csic.es/bitstream/10261/132739/1/Separata...vas normativas e recomendacións relativas ao seu tratamento e consideración,

parte, aos arquitectos, que tratan con toda a paisaxe, incluída a súa interface cultural.

Isto non é culpa dunha estratexia corporativa seguida por esas disciplinas e os seus practicantes. É en gran medida consecuencia da colusión de dous factores. Por unha ban-da, o feito de que esas disciplinas dispoñen de metodoloxías operativas para tratar de forma efectiva coa paisaxe e para resolver os problemas prácticos que a súa xestión expón. No caso doutras disciplinas, non é así: a historia ou a arqueoloxía foron alleas durante moito tempo á realidade da paisaxe, e non dispuxeron de categorías e ferramentas para operar con ela. Por outra banda, é consecuencia da dificultade práctica para tratar coa dimensión subxectiva que atravesa a realidade da paisaxe: as aproximacións dominantes a esta non dispo-ñen dun aparato teórico-crítico-metódico para considerar a súa dimensión interpretativa. Esta só a poden ofrecer as cien-cias humanas e sociais, pero centráronse xeralmente noutras prioridades (coa excepción, quizais, da xeografía da percep-ción), lonxe da paisaxe cando non de costas a ela; careceron do operativo mínimo para comprender a realidade do espazo e a materialidade da paisaxe.

Aquí é onde xorde, tamén, a arqueoloxía da paisaxe. A arqueoloxía pode contribuír a unha reconstrución dos procesos sociais e históricos que constituíron a paisaxe, da súa dimensión material, que está aínda aí pero non é visible agás para a mirada experta. Dende a arqueoloxía podemos acceder á formación do carácter da paisaxe tal e como hoxe o vemos, á formalización da súa materialidade; o estudo da materialidade é o que define a arqueoloxía. Propiamente falando, as paisaxes do pasado, coma as paisaxes prehistóri-cas (unha etiqueta que a miúdo aflora por comodidade para definir de que estamos a falar na bibliografía arqueolóxica especializada), non existen. De feito, desapareceron. Por iso non se pode falar delas máis que como construto teórico, e para significar a metodoloxía coa que podemos contribuír a comprender mellor a realidade da paisaxe actual a través dos

A t l a s a r q u e o l óx i c o d a pa i s a x e g a l e g a16

Page 13: felipe criado boado césar parcero oubiña carlos otero ...digital.csic.es/bitstream/10261/132739/1/Separata...vas normativas e recomendacións relativas ao seu tratamento e consideración,

restos e pegadas que as paisaxes prístinas e esvaecidas deixa-ron, sedimentándose moitas veces como substrato das paisa-xes posteriores, incluíndo a que vemos hoxe en día.

Completando as nocións da unesco con aquelas mira-das que xorden dos desenvolvementos posteriores, e das nosas mesmas aproximacións, a arqueoloxía pode identificar e caracterizar distintas categorías de paisaxe: a paisaxe relicta ou fósil, aquela que permanece até a actualidade despois de perder a súa función; a paisaxe continua, aquela que segue funcionando coas súas formas primixenias ou actualizada; a paisaxe asociativa, aquela que xorde como reconstrución sim-bólica do espazo físico; e a paisaxe soterrada, ou esvaecida, aquela que xa non se usa, que se esqueceu e que non se ve.

Neste libro contéñense exemplos notables de todas elas. Pero para clarificar esta clasificación podemos dicir que a paisaxe megalítica do Barbanza (apartado 3 do cap. 4) é un bo exemplo de paisaxe fósil, a paisaxe de terrazas do monte Gaiás (apartado 2.2 do cap. 7) é un exemplo de paisaxe con-tinua, a paisaxe simbólica da parroquia de Cereixa (apartado 1.2 do cap. 7) é un exemplo de paisaxe asociativa e a paisaxe de monte enterrado no Marco de Portovello (apartado 2.3 do cap. 7) é un exemplo de paisaxe esvaecida.

O noso punto de partida é a arqueoloxía, pero coa pers-pectiva enriquecedora da historia, da antropoloxía e das ciencias da terra. Así abordamos o estudo da construción sociocultural da paisaxe, e dende aí expomos a necesidade de avanzar na identificación, inventario e caracterización das paisaxes culturais de Galicia. As temáticas e casos de estudo que aquí consideramos proporcionan datos e interpretacións para reconstruír a formación do medio rural e aproximarnos a unha historia ecolóxica de Galicia, para entender a artifi-cialización da paisaxe e os procesos de antropización, para comprender a interacción entre paisaxe e tradición popular, así como os fenómenos cognitivos e perceptivos que nela se producen, profundando nunha antropoloxía da paisaxe.

17P r e á m b u l o

Page 14: felipe criado boado césar parcero oubiña carlos otero ...digital.csic.es/bitstream/10261/132739/1/Separata...vas normativas e recomendacións relativas ao seu tratamento e consideración,

Todos son pasos necesarios para comprender a paisaxe na súa dimensión presente, actual, así como o seu rol nunha xestión máis democrática, racional e sustentable do territorio, porque todo ese corpo de normas ao que aludimos non pode prosperar mentres a súa implementación dependa só duns cantos expertos e especialistas, así como doutros tantos polí-ticos localmente influentes, e non se produza unha auténtica socialización das prácticas e das políticas da paisaxe (isto é, unha politización real na apreciación e xestión da paisaxe).

A t l a s a r q u e o l óx i c o d a pa i s a x e g a l e g a18

Page 15: felipe criado boado césar parcero oubiña carlos otero ...digital.csic.es/bitstream/10261/132739/1/Separata...vas normativas e recomendacións relativas ao seu tratamento e consideración,

Nota introdutoria

Este libro non contén referencias bibliográficas concre-tas ao longo do texto. Isto decidiuse para favorecer a flui-dez do texto e para facilitar a súa lectura. No entanto, faise referencia a autores concretos nalgúns lugares en que cómpre recoñecer achegas específicas, aínda que sen seguir un forma-to de cita académica estándar.

Ao final do libro inclúense unha serie de apéndices bibliográficos onde se recollen publicacións nas que o lec-tor interesado poderá atopar referencias ás que recorrer para profundar no coñecemento de calquera dos aspectos tratados neste libro.

Page 16: felipe criado boado césar parcero oubiña carlos otero ...digital.csic.es/bitstream/10261/132739/1/Separata...vas normativas e recomendacións relativas ao seu tratamento e consideración,

CaPítulo 1

Arqueoloxía, paisaxe, arquitectura

Felipe Criado-Boado

Coa contribución de Xurxo Ayán Vila

Page 17: felipe criado boado césar parcero oubiña carlos otero ...digital.csic.es/bitstream/10261/132739/1/Separata...vas normativas e recomendacións relativas ao seu tratamento e consideración,

A orquestra de Auschwitz, formada por famosos músi-cos xudeus, estaba situada aí, exactamente aí, nese recuncho do campo, á beira da porta que se abría para o traballo. Volvo experimentar que o espazo dá un coñecemento que non dá o tempo.

Reyes Mate, Por los campos de exterminio

Este volume foi realizado dende os presupostos da arqueoloxía da paisaxe, unha estratexia de investiga-ción arqueolóxica desenvolvida internacionalmente

durante os últimos vinte anos e profundamente arraigada en Galicia por diferentes razóns que, dalgún modo, tamén teñen que ver co especial vigor da paisaxe galega e coa súa densa sedimentación histórica.

Dende a arqueoloxía da paisaxe entendemos a paisaxe como o produto sociocultural creado pola obxectivación, sobre o medio e en termos espaciais, da acción social de carácter tanto material como imaxinario.

A paisaxe así concibida é un produto sociocultural que posúe tres dimensións: física, social e simbólica; física, por-que a paisaxe toma forma sobre un determinado ambiente; social, porque se constrúe a través das prácticas sociais (que modifican o medio, o utilizan, definen territorios, establecen fronteiras…); e simbólica, porque hai unha paisaxe pensada, cognitiva, mental, sagrada ás veces, que mobiliza conceptos, valores, imaxes e percepcións. Esta dimensión imaxinaria da paisaxe involucra unha forma de concibir o espazo, o tempo, a natureza, a relación da sociedade con esta, e involucra mesmo

Page 18: felipe criado boado césar parcero oubiña carlos otero ...digital.csic.es/bitstream/10261/132739/1/Separata...vas normativas e recomendacións relativas ao seu tratamento e consideración,

Capítulo 2

A paisaxe: síntese da historia ambiental e cultural

Antonio Martínez-Cortizas

Manuela Costa-Casais

Page 19: felipe criado boado césar parcero oubiña carlos otero ...digital.csic.es/bitstream/10261/132739/1/Separata...vas normativas e recomendacións relativas ao seu tratamento e consideración,

Tal e como se formula nesta obra, o termo paisaxe agocha, na súa aparente sinxeleza, unha gran com-plexidade. Esta complexidade emerxe da enorme

cantidade de elementos que a constitúen (substrato litoló-xico, formacións superficiais, formacións vexetais, usos do solo…), da dinámica destes ao longo do tempo e do carácter subxectivo que a percepción individual –sensibilidade e coñe-cemento previo– ou colectiva –de índole cultural– imprimen sobre a compoñente estética deste termo. É evidente, no entanto, que o termo paisaxe se refire á percepción da variabi-lidade existente na superficie da litosfera, onde a interacción coa atmosfera, a hidrosfera e a biosfera é máis intensa.

Calquera combinación de elementos naturais e antró-picos nun momento dado, non é máis ca unha foto fixa dun medio en continua evolución. A paisaxe evoluciona ao mesmo tempo que o fan as súas compoñentes, pero tamén a medida que cambian as culturas e a capacidade perceptiva dos individuos.

Dende a perspectiva das ciencias da terra, en particular da evolución ambiental a escalas longas de tempo, a concep-ción da paisaxe que compartimos aproxímase máis á proposta por Sochava en 1963 para os xeosistemas: «sistemas naturais, de nivel local, rexional ou global, nos que o substrato mineral, o solo, as comunidades de seres vivos, a auga e o ar están inter-conectados por intercambios de materia e de enerxía, nun só conxunto». É dicir, deixando agora a valoración estética para outros eidos, comezamos por fixarnos en que a paisaxe repre-senta as múltiples facetas dun mesmo ambiente, o que é un

Page 20: felipe criado boado césar parcero oubiña carlos otero ...digital.csic.es/bitstream/10261/132739/1/Separata...vas normativas e recomendacións relativas ao seu tratamento e consideración,

Capítulo 3

A paisaxe tradicional

Felipe Criado-Boado

Paula Ballesteros-Arias

Page 21: felipe criado boado césar parcero oubiña carlos otero ...digital.csic.es/bitstream/10261/132739/1/Separata...vas normativas e recomendacións relativas ao seu tratamento e consideración,

a paisaxe tradiCional: punto de Chegada… e de partida

O sistema agrario e de paisaxe que denominamos tradi-cional, e que dalgunha forma todos asociamos intuitivamen-te a unha serie de imaxes idiosincráticas da Galicia rural, polo que sabemos está asentado basicamente arredor do s. xii e permanece até a actual fase de transformación do rural, acele-rada dende mediados dos anos 70 do pasado século mediante os procesos de modernización do campo, industrialización agraria e urbanización total do medio. Esta longa lonxevi-dade e o propio concepto de tradicional suxiren unha idea de estatismo, inmutabilidade e atavismo que, non obstante, constitúe un clixé erróneo. Tanto a aparencia concreta da pai-saxe rural ao longo dese tempo (por exemplo, considérense os notables cambios que supuxo a introdución dos cultivos americanos, coma o millo ou a pataca) como as relacións sociais de produción por detrás desas aparencias ou, noutra dimensión, as diferenzas, mesmo considerables, entre distin-tas áreas de Galicia fan que o concepto de paisaxe tradicional sexa unha abstracción que resume realidades diversas. Porén, o seu sentido vén dado pola existencia, por detrás desa diver-sidade, dunha serie de trazos básicos, formais, topográficos e tecnolóxicos característicos:• Está baseado na complementariedade entre aproveita-

mento intensivo e aproveitamento extensivo, entre agro e monte. O agro reúne as terras máis fértiles, traballadas de forma continua e estable, e nas que se cultiva o groso

Page 22: felipe criado boado césar parcero oubiña carlos otero ...digital.csic.es/bitstream/10261/132739/1/Separata...vas normativas e recomendacións relativas ao seu tratamento e consideración,

Capítulo 4

A paisaxe monumental (4500-2500 a. C.)

Felipe Criado-Boado

Patricia Mañana-Borrazás

Camila Gianotti

Page 23: felipe criado boado césar parcero oubiña carlos otero ...digital.csic.es/bitstream/10261/132739/1/Separata...vas normativas e recomendacións relativas ao seu tratamento e consideración,

Capítulo 5

A paisaxe dividida (2500-800 a. C.)

Felipe Criado-Boado

Manuel Santos-Estévez

César Parcero-Oubiña

Elena Lima

A. César González-García

Page 24: felipe criado boado césar parcero oubiña carlos otero ...digital.csic.es/bitstream/10261/132739/1/Separata...vas normativas e recomendacións relativas ao seu tratamento e consideración,

Cando o fenómeno tumulario, e as formas de vida asociadas a el, están xa finalizando, volvemos atopar os grupos humanos no interior das serras e asen-

tados en pequenas aldeas, de arquitectura perecedoira pero consolidada, de carácter semiestable, e situadas sempre na contorna das brañas. Este é o contexto ao que chamamos Idade do Bronce. A agricultura xeneralizouse, segue baseán-dose en cereais de inverno pero o aparello tecnolóxico faise máis complexo, con presenza dun arado lixeiro que permite rozar mellor o terreo e, posiblemente, practicar sucos para drenar os campos. Os mellores terreos para este patrón de subsistencia seguen sendo os chairos terminais das serras medias de Galicia. Non obstante, a diferenza do momento megalítico, agora ocúpanse os pisos inferiores das serras e as cabeceiras dos seus vales interiores. O trazo máis novidoso desta fase posiblemente sexa a presenza dunha importante facenda gandeira, probablemente de gando vacún. A pre-senza deste gando xustifica a vinculación dos poboados ás cubetas húmidas e zonas de brañas, que son áreas de reserva de auga e manteñen bo pasto durante a estiaxe. Debemos ter en conta que Galicia, a pesar do seu clima oceánico, presenta unha estación seca moi acusada como consecuencia da súa latitude meridional.

Cara a finais desta Idade do Bronce (entre o 1300 e o 1000-900 a. C. (período coñecido convencionalmente como Bronce Final), prodúcese, sobre todo no sur de Galicia, un proceso de intensificación que posiblemente represente a substitución paulatina dunha agricultura de talla e queima

Page 25: felipe criado boado césar parcero oubiña carlos otero ...digital.csic.es/bitstream/10261/132739/1/Separata...vas normativas e recomendacións relativas ao seu tratamento e consideración,

Capítulo 6

A paisaxe fortificada (800 a. C.-0)

César Parcero-Oubiña

Xurxo Ayán Vila

Coa contribución de Pastor Fábrega-Álvarez e Roberto Aboal

Page 26: felipe criado boado césar parcero oubiña carlos otero ...digital.csic.es/bitstream/10261/132739/1/Separata...vas normativas e recomendacións relativas ao seu tratamento e consideración,

A partir deste momento iníciase o ciclo rural. É a Idade do Ferro o momento cultural que dá lugar a unha paisaxe fortificada, co xurdimento dunha das formas

materiais máis características da paisaxe galega en diante: os castros.

os Castros na paisaxe protohistóriCa

Non todos os castros son iguais. Nin sequera as formas de habitar o espazo que os castros representan foron iguais ao longo do tempo. Dentro do que chamanos Idade do Ferro pódense diferenciar dúas etapas moi distintas. A primeira ou Ferro I (900-400 a. C.) é unha etapa próxima á Idade do Bronce en máis dun sentido. Tamén no asentamento. Este está marcado por unha importante ruptura e unha conti-nuidade non menos importante que a forza do cambio non pode ocultar. O que se chamou dende hai tempo cultura castrexa correspóndese con este período en que o castro se constitúe como o referente fundamental da presenza humana na paisaxe, e representa en Galicia o primeiro asentamento doméstico permanente, petrificado e fortificado, e por tanto o primeiro de natureza monumental. Este feito supón varios cambios significativos: a permanencia do hábitat implica unha agricultura permanente, en interacción coa cal se cons-titúe un modo de vida campesiño; a fortificación amosa a xeneralización dun estado de inestabilidade que se alimen-tou durante o momento anterior e sobre o que se constituirá aos poucos unha orde social dominada pola belixerancia ou,

Page 27: felipe criado boado césar parcero oubiña carlos otero ...digital.csic.es/bitstream/10261/132739/1/Separata...vas normativas e recomendacións relativas ao seu tratamento e consideración,

Capítulo 7

Os cimentos da paisaxe tradicional (cara a nós)

César Parcero-Oubiña

Xurxo Ayán Vila

Felipe Criado-Boado

Paula Ballesteros-Arias

Coa contribución de Alejandro Güimil Fariña, Roberto Aboal e Pastor Fábrega-Álvarez

Page 28: felipe criado boado césar parcero oubiña carlos otero ...digital.csic.es/bitstream/10261/132739/1/Separata...vas normativas e recomendacións relativas ao seu tratamento e consideración,

A interpretación histórica das transformacións que supoñen as paisaxes de época romana no noroes-te veu oscilando entre dous polos extremos: dende

consideralas un mero hiato nunha dinámica que, a partir da época tardoantiga, prolonga esencialmente os trazos propios das paisaxes prerromanas, até definilas como un dos alicerces esenciais na conformación do que denominamos paisaxe tra-dicional. Hai bos argumentos para apoiar ambas as visións, e por tanto tamén para criticalas. Isto, polo xeral, é en parte intrínseco á práctica arqueolóxica, aínda que os límites da interpretación tamén existen. Sen dúbida, parte das dúas visións resultan atinadas, en gran medida é unha cuestión sobre dende que perspectiva observemos o problema.

O estudo das paisaxes de época romana é un campo, como todos os demais que se están presentando, amplo, onde se fixeron achegas moi valiosas dende diferentes posicións, por exemplo, na caracterización das paisaxes mineiras ou das novas formas de poboamento abertas (véxase a bibliografía). Neste capítulo centrarémonos só en examinar algunhas das principais novidades que as paisaxes de época romana intro-ducen e que, con máis ou menos continuidade no tempo, se materializan por vez primeira en Galicia, e tamén en exami-nar algunhas outras dimensións das formas de habitar que, aparentemente, cambiaron menos, ou de forma máis lenta, ou non cambiaron de todo.

Page 29: felipe criado boado césar parcero oubiña carlos otero ...digital.csic.es/bitstream/10261/132739/1/Separata...vas normativas e recomendacións relativas ao seu tratamento e consideración,

Epílogo

Da arqueoloxía á pospaisaxe

Felipe Criado-Boado

Page 30: felipe criado boado césar parcero oubiña carlos otero ...digital.csic.es/bitstream/10261/132739/1/Separata...vas normativas e recomendacións relativas ao seu tratamento e consideración,

Chegamos ao final da historia, sen que a historia fina-lizase. Vimos a través da arqueoloxía como dende as paisaxes prehistóricas entra o ciclo tradicional de

ocupación e uso da paisaxe, que enche o segundo milenio da nosa era e representa o Antigo Réxime. A este superponse o ciclo actual, posrural… no que se produce a artificialización plena da terra e do mundo, a substitución definitiva do natu-ral por un medio artificializado. Se a paisaxe tradicional galega foi cóncava e a prehistórica convexa, a paisaxe posrural é pla-na. Vai sendo aplanada polas escavadoras, pola concentración parcelaria, pola repoboación forestal, polas transformacións agrarias, pola ordenación do territorio e polo abandono do campo e das prácticas vernáculas. Vaise facendo plana porque toda ela é igual a si mesma, non hai distincións significativas en altura, nin de uso. Todo terreo serve para todo: para pasto, para casas, para estradas, para polígonos industriais. O apla-namento da paisaxe é consecuencia en parte da efectividade dunha tecnoloxía máis eficaz e agresiva. Pero éo sobre todo dunha nova forma de habitar construída por un novo sistema de poder e pensada por un novo sistema de saber que non fai distingos no territorio no que o aplanamento físico das escavadoras e o mental dos humanos disolve a amenidade e as rupturas que formas antigas, formas históricas, abriron na paisaxe. A paisaxe debe ser lisa e chaira, como convén aos negocios.

Pouco consolo nos proporciona empregar, como a arqueoloxía da paisaxe e as ciencias da terra permiten, a meto-doloxía arqueolóxica para evitar, mitigar e, no seu caso, docu-

Page 31: felipe criado boado césar parcero oubiña carlos otero ...digital.csic.es/bitstream/10261/132739/1/Separata...vas normativas e recomendacións relativas ao seu tratamento e consideración,

Láminas

Page 32: felipe criado boado césar parcero oubiña carlos otero ...digital.csic.es/bitstream/10261/132739/1/Separata...vas normativas e recomendacións relativas ao seu tratamento e consideración,
Page 33: felipe criado boado césar parcero oubiña carlos otero ...digital.csic.es/bitstream/10261/132739/1/Separata...vas normativas e recomendacións relativas ao seu tratamento e consideración,
Page 34: felipe criado boado césar parcero oubiña carlos otero ...digital.csic.es/bitstream/10261/132739/1/Separata...vas normativas e recomendacións relativas ao seu tratamento e consideración,
Page 35: felipe criado boado césar parcero oubiña carlos otero ...digital.csic.es/bitstream/10261/132739/1/Separata...vas normativas e recomendacións relativas ao seu tratamento e consideración,

Lista de autores

Esta é unha obra coral que resume os traballos e as achegas de moita xente distinta no marco dunha estratexia de investigación que tivo como referencia

a paisaxe e como obxectivo comprender histórica e cultural-mente a súa formación e realidade actual. É unha investiga-ción realizada nun contexto institucional concreto que foi cambiando co tempo. Actualmente é o Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit), do Consello Superior de Investiga-cións Científicas (CSIC), con sede en Santiago de Compos-tela; antes foi o Laboratorio de Patrimonio (LaPa) e antes o Laboratorio de Arqueoloxía da Paisaxe (LAr) no Instituto de Estudos Galegos P. Sarmiento do CSIC. Pero arrancou na Universidade de Santiago de Compostela moito antes (no seu Grupo de Investigación en Arqueoloxía da Paisaxe), coa que mantivo lazos firmes de colaboración (recoñecida a tra-vés dun convenio de Unidade Asociada entre o CSIC e a USC) que se concretan na achega a este traballo do Laboratorio de Patrimonio, Paleoambiente e Paisaxe (LPPP) do Instituto de Investigacións Tecnolóxicas desta institución e na colabora-ción cos seus Grupos de Investigación «Sincrisis» e «Ciencias do Sistema Terra» (EPEC-ES2).

Felipe Criado-Boado. Profesor de Investigación do CSIC e director do Incipit. A miña investigación céntrase na arqueo-loxía da monumentalidade, na construción sociocultural da paisaxe e na aplicación práctica da arqueoloxía para a xestión do patrimonio cultural. Estou especialmente interesado na fundamentación teórica e crítica do traballo arqueolóxico e na incorporación deste ao presente. Fun director de numero-sos proxectos de investigación en Galicia, España e América Latina, autor de libros, artigos de investigación e membro de diferentes asociacións, comités científicos e consellos edito-riais de revistas científicas españolas e internacionais.

Page 36: felipe criado boado césar parcero oubiña carlos otero ...digital.csic.es/bitstream/10261/132739/1/Separata...vas normativas e recomendacións relativas ao seu tratamento e consideración,

A t l a s a r q u e o l óx i c o d a pa i s a x e g a l e g a324

Son coeditor deste volume.Son autor do capítulo 1 «Arqueoloxía, Paisaxe, Arquitec-

tura» e do Epílogo.Son autor dos seguintes apartados: no capítulo 3, «A pai-

saxe tradicional: punto de chegada... e de partida» e «O vello sistema agrario galego (regresar a Bouhier)»; no capítulo 4, «Os inicios da arquitectura monumental: mámoas, sociedade e paisaxe», «Trazos dunha paisaxe monumental», «A estrutura espacial da paisaxe monumental: Os Chans do Barbanza»; no capítulo 5, «Os petróglifos na paisaxe da prehistoria recente», «Formación e estruturación dos territorios protohistóricos».

Son coautor do Preámbulo e do apartado «A constru-ción e ordenación da paisaxe rural» no capítulo 7.

César Parcero-Oubiña. Científico titular do CSIC e membro do Incipit. Os meus ámbitos de investigación son a arqueoloxía da paisaxe e a aplicación de tecnoloxías xeoes-paciais dixitais para arqueoloxía e patrimonio. En relación co tema deste volume, o meu traballo centrouse na análise das dinámicas históricas da Idade do Ferro dende unha perspec-tiva social e espacial.

Son coeditor deste volume.Son autor dos apartados «Os espazos da vida cotiá:

poboados da prehistoria recente arredor de Santiago de Com-postela» no capítulo 5, «Da paisaxe ao territorio na Idade do Ferro» no capítulo 6, «Importantes novidades con desigual continuidade» no capítulo 7.

Son coautor do apartado «Acumulación de complexida-de: Monte Buxel, un poboado do Bronce Final» no capítulo 5. Son coautor do recadro «Poboamento e camiños na Gali-cia medieval: os sentidos dunha relación» no capítulo 7.

Carlos Otero. Licenciado en Arqueoloxía e Xeografía. O meu traballo centrouse na recuperación patrimonial e na posta en valor de sitios arqueolóxicos dende unha perspectiva

Page 37: felipe criado boado césar parcero oubiña carlos otero ...digital.csic.es/bitstream/10261/132739/1/Separata...vas normativas e recomendacións relativas ao seu tratamento e consideración,

325L i s ta d e a u t o r e s

fortemente social, intentando integrar na práctica arqueoló-xica e patrimonial as expectativas, necesidades e demandas das comunidades locais implicadas. Entre os proxectos nos que participei ou tiven responsabilidade destaco a recupera-ción do castro de Castrolandín (Cuntis), que constitúe un bo exemplo deste tipo de aproximación. Ademais de nesta liña, tamén traballei na aplicación de tecnoloxías de xeoposiciona-mento (GPS) para arqueoloxía.

Son co-editor deste volume.

Roberto Aboal. Licenciado en Prehistoria e Arqueo-loxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Entre o ano 1997 e o 2012 formei parte do Incipit. Desenvolvín o traballo como técnico de apoio á Investigación, realizan-do principalmente traballos de dirección arqueolóxica no eido de diferentes proxectos (Plan eólico da serra do Xistral, Autopista Santiago-Alto de Santo Domingo, Corredor do Morrazo, Proxecto Pousadas do Salnés…). Fun director, entre outras, das escavacións da área arqueolóxica do Peto (Vedra), do castro de Montealegre (Moaña), do tramo do Camiño de Santiago, Vía da Prata (Lalín), de Monte do Cas-tro (Ribadumia).

Son autor dos recadros «Novas formas de ocupar a pai-saxe: As Pereiras» e «A persistencia material dos camiños: escavando dun tramo de Camiño de Santiago» no capítulo 7.

Son coautor do recadro «Un posible complexo minero-metalúrxico prerromano: O Peto» no capítulo 6.

Xurxo Ayán Vila. Doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, onde defendín a tese «Casa, fami-lia e comunidade na Idade do Ferro do NW» (2012). Desen-volvín o meu labor de investigación no Incipit en Santiago de Compostela. Arestora son investigador posdoutoral con-tratado na Universidade do País Vasco dentro do programa Juan de la Cierva. Son especialista en Arqueoloxía da Idade

Page 38: felipe criado boado césar parcero oubiña carlos otero ...digital.csic.es/bitstream/10261/132739/1/Separata...vas normativas e recomendacións relativas ao seu tratamento e consideración,

A t l a s a r q u e o l óx i c o d a pa i s a x e g a l e g a326

do Ferro, Arqueoloxía Pública e Arqueoloxía do Pasado con-temporáneo. Dirixín e codirixín intervencións arqueolóxicas en sitios como os castros de Neixón (Boiro, A Coruña), castro de Montealegre (Moaña, Pontevedra), Castrolandín (Cuntis, Pontevedra) ou A Lanzada (Sanxenxo, Pontevedra). Participei en proxectos arqueolóxicos internacionais en Etiopía, Chile e Guinea Ecuatorial.

Son autor dos apartados «Os castros por dentro: a arqui-tectura e o mundo castrexo» no capítulo 6 e «O modelo arquitectónico castrexo en época romana» e «A Gallaecia baixoimperial e altomedieval» no capítulo 7, e do recadro «A orixe do hórreo» no capítulo 1.

Son coautor do recadro «Un posible complexo minero- -metalúrxico prerromano: O Peto» no capítulo 6.

David Barreiro. Técnico de investigación do CSIC e membro do Incipit. Con formación en Arqueoloxía e Xeo-grafía, o meu ámbito de investigación é a arqueoloxía aplica-da –teórica e practicamente– á socialización do patrimonio e da paisaxe.

Son coautor do Preámbulo.

Paula Ballesteros-Arias. Licenciada en Historia. Actual-mente formo parte do persoal colaborador do Incipit. Os meus ámbitos de especialización son a Arqueoloxía da paisaxe e a Etnoarqueoloxía das paisaxes rurais, con especial fincapé na arqueoloxía agraria do NW peninsular e o estudo tanto dos pro-cesos de cambio producidos na paisaxe rural como das persoas que viven nela, a través da aplicación de técnicas de traballo de campo arqueolóxico e etnográfico. Respecto ao contido deste volume, o meu traballo centrouse na análise das dinámicas his-tóricas da paisaxe rural dende a época medieval até o presente.

Son autora dos apartados «Unha arqueoloxía das estru-turas agrarias» e «Unha paisaxe gandeira de montaña: O Suí-do» no capítulo 3.

Page 39: felipe criado boado césar parcero oubiña carlos otero ...digital.csic.es/bitstream/10261/132739/1/Separata...vas normativas e recomendacións relativas ao seu tratamento e consideración,

327L i s ta d e a u t o r e s

Son coautora do apartado «A construción e ordenación da paisaxe rural» no capítulo 7.

Elena Cabrejas. Arqueóloga e técnica de investigación no Incipit. O meu traballo enfocouse á xestión do impacto arqueolóxico en obras públicas, actuacións sobre xacementos e apoio á investigación, aínda que actualmente oriéntase cara á transferencia de coñecemento dende as Humanidades e as capacidades de prestación de servizos e produtos innovadores ao contorno social e produtivo.

Ocupouse da coordinación da elaboración do volume coa editorial, da revisión final e da corrección de probas de imprenta, así como da asistencia na preparación do aparato gráfico.

Manuela Costa-Casais. Profesora contratada interina na Universidade de Vigo, na área de coñecemento de Análise Xeográfica Rexional, adscrita ao departamento de Historia, Arte e Xeografía. A miña investigación céntrase na recons-trución paleoambiental cuaternaria e cambio climático. Esta liña de investigación plásmase en tres vertentes: a primeira, en xeomorfoloxía litoral: evolución e herdanza dos depósitos cuaternarios na costa; a segunda, na aplicación das Ciencias da Terra á Arqueoloxía, destacando o papel do clima e a acti-vidade antrópica no Holoceno; e a terceira sobre Xeomorfo-loxía e Patrimonio-Patrimonio Natural/Cultural.

Son coautora do capítulo 2 «A Paisaxe: síntese da histo-ria ambiental e cultural».

Pastor Fábrega-Álvarez. Técnico de investigación en SIG e Teledetección do CSIC e membro do Incipit. O meu traba-llo está enfocado á aplicación de tecnoloxías xeoespaciais en Arqueoloxía e Patrimonio, concretamente, á análise da pai-saxe e á xestión da información con este tipo de tecnoloxías. En relación co tema deste volume, centreime na análise das

Page 40: felipe criado boado césar parcero oubiña carlos otero ...digital.csic.es/bitstream/10261/132739/1/Separata...vas normativas e recomendacións relativas ao seu tratamento e consideración,

A t l a s a r q u e o l óx i c o d a pa i s a x e g a l e g a328

dinámicas territoriais da Idade do Ferro dende unha perspec-tiva espacial e paisaxística, así como do estudo dunha arqueo-loxía da mobilidade e o territorio.

Son autor do recadro «Territorios e organización política da cultura castrexa: a comarca de Ortegal» no capítulo 6.

Son coautor do recadro «Poboamento e camiños na Galicia medieval: os sentidos dunha relación» no capítulo 7.

João Fonte. Investigador predoutoral do Incipit. Os meus ámbitos de investigación son a arqueoloxía da paisaxe e a aplicación de tecnoloxías xeoespaciais dixitais para arqueo-loxía e patrimonio.

Son coautor do recadro «Poboamento e camiños na Galicia medieval: os sentidos dunha relación» no capítulo 7.

Camila Gianotti. Profesora adxunta do Centro Univer-sitario da Rexión Este (CURE) e directora do Laboratorio de Arqueoloxía da Paisaxe e Patrimonio (FCHE) unidade asocia-da ao CURE, Universidade da República, Uruguai. Os meus ámbitos de investigación oriéntanse, por unha banda, ao estu-do da espacialidade humana e as formas de construción social da paisaxe en sociedades indíxenas e coloniais en Suramérica, e pola outra, á investigación-xestión do patrimonio dende unha perspectiva multivocal e participativa.

Son coautora do apartado «A función social da arquitec-tura monumental» no capítulo 4.

A. César González-García. Investigador posdoutoral no Incipit cun contrato Ramón y Cajal. Os meus ámbitos de investigación céntranse no estudo do concepto e o uso do ceo e os astros entre as sociedades prehistóricas e da antigüi-dade dende a perspectiva do que se denomina Astronomía na Cultura ou Arqueoastronomía. Neste volume participo cun exemplo do estudo que realizamos no que respecta ao posible uso calendárico de certos motivos dos petróglifos en Galicia.

Page 41: felipe criado boado césar parcero oubiña carlos otero ...digital.csic.es/bitstream/10261/132739/1/Separata...vas normativas e recomendacións relativas ao seu tratamento e consideración,

329L i s ta d e a u t o r e s

Son autor do apartado «A outra metade da paisaxe: terra e ceo, espazos e tempos» no capítulo 5.

Alejandro Güimil Fariña. Arqueólogo especialista en tecnoloxías xeoespaciais, nomeadamente SIX, tecnólogo no Laboratorio de Patrimonio, Paleoambiente e Paisaxe da Universidade de Santiago de Compostela (Programa Isabel Barreto 2009). O meu ámbito de traballo é a aplicación de tecnoloxías xeoespaciais dixitais para a arqueoloxía e o patri-monio. En relación co tema deste volume, o meu traballo centrouse na análise do poboamento e mobilidade en época romana e medieval.

Son autor do recadro «Nodos e liñas: a lóxica da rede viaria romana en Galicia» no capítulo 7.

Son coautor do recadro «Poboamento e camiños na Galicia medieval: os sentidos dunha relación» no capítulo 7.

Elena Lima Olivera. Arqueóloga profesional. Dirixín numerosas intervencións arqueolóxicas en sitios de diversos períodos (con especial dedicación aos xacementos da prehis-toria recente). En relación co tema deste volume, dirixín, en 1998, a escavación no sitio da Idade do Bronce de Monte Buxel (O Porriño), no marco da execución do programa de control e corrección de impacto da construción da rede de gasificación de Galicia.

Son coautora do apartado «Acumulación de complexi-dade: Monte Buxel, un poboado do Bronce Final» no capí-tulo 5.

Raquel López Noia. Licenciada en Xeografía Aplicada en 1994 pola Universidade de Santiago de Compostela. For-mei parte do que hoxe é o Incipit entre os anos 1999 e 2009. Durante este período coordinei e dirixín diversos proxectos de catalogación do patrimonio cultural, avaliación e correc-ción de impacto arqueolóxico en obras públicas. Así mesmo

Page 42: felipe criado boado césar parcero oubiña carlos otero ...digital.csic.es/bitstream/10261/132739/1/Separata...vas normativas e recomendacións relativas ao seu tratamento e consideración,

A t l a s a r q u e o l óx i c o d a pa i s a x e g a l e g a330

desenvolvín diversas actividades relacionadas coa difusión e divulgación do coñecemento patrimonial.

Ocupeime da coordinación da elaboración do volume nas súas fases iniciais.

Patricia Mañana-Borrazás. Arqueóloga, técnica de investigación do Incipit. Os meus ámbitos de investigación arqueolóxicos son o Megalitismo, a Arqueoloxía da Arqui-tectura e a Arqueoloxía da Paisaxe. Son especialista en tecno-loxías dixitais de documentación xeométrica (láser escáner, fotogrametría), representación 3D e virtualización de ele-mentos patrimoniais. Participei en todo tipo de actuacións arqueolóxicas vinculadas co patrimonio: escavacións, sobre todo de contextos neolíticos, así estudos de avaliación de impacto, seguimentos arqueolóxicos, proxectos de difusión por medio de charlas, guía de rutas, talleres etc.

Son coautora do apartado «A estrutura espacial da arqui-tectura monumental» no capítulo 4.

Antonio Martínez-Cortizas. Catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola da Universidade de Santiago de Compos-tela. As miñas principais liñas de investigación están relacio-nadas coas aplicacións da xeoquímica ao estudo dos cambios ambientais ocorridos durante o Cuaternario –con particular atención ao Holoceno–, o papel da actividade humana na transformación da paisaxe e os acoplamentos entre activida-de humana e cambio ambiental. En relación cos contidos deste volume, a miña contribución articúlase sobre as ideas de paisaxe como memoria ambiental e os cambios ambien-tais como retos ás sociedades.

Son coautor do capítulo 2 «A paisaxe: síntese da historia ambiental e cultural».

Page 43: felipe criado boado césar parcero oubiña carlos otero ...digital.csic.es/bitstream/10261/132739/1/Separata...vas normativas e recomendacións relativas ao seu tratamento e consideración,

331L i s ta d e a u t o r e s

Matilde Millán. Técnica en Informática de Xestión no Incipit. O meu traballo consiste na creación de bases de datos para uniformar a información arqueolóxica e patrimonial e na uniformización, revisión e corrección de textos.

Ocupeime da revisión final e corrección de probas.

Anxo Rodríguez Paz. Axudante de Investigación do CSIC e membro do Incipit. Especializado en debuxo arqueo-lóxico, o meu traballo abrangue dende o debuxo de material arqueolóxico até o deseño de material gráfico en publicacións científicas e de divulgación.

Non escribín nin unha soa palabra neste libro pero ocu-peime do deseño e preparación da meirande parte do apartado gráfico do volume.

Manuel Santos-Estévez. Arqueólogo especialista en arte rupestre. Doutor en Historia dende 2004 pola Universidade de Santiago de Compostela. Fun membro do que hoxe é o Incipit (no seu día Laboratorio de Arqueoloxía da Paisaxe da USC e logo Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento) entre 1995 e 2009, onde dirixín medio centenar de traba-llos arqueolóxicos. Tamén fun coordinador dos traballos de campo no proxecto de documentación do Parque de Arte Rupestre de Campo Lameiro. Dende 2009 formo parte do Instituto de Historia do CSIC en Madrid. Tamén participei en proxectos relacionados coa arte rupestre en diversos países como Suecia, Chile, Colombia e Portugal. Escribín medio centenar de publicacións nacionais e internacionais sobre arte rupestre, escultura e arqueoloxía dos espazos sagrados e arqueoloxía da paisaxe.

Son coautor dos apartados «Os petróglifos na paisaxe da prehistoria recente» e «Formación e estruturación dos terri-torios protohistóricos» no capítulo 5.

Page 44: felipe criado boado césar parcero oubiña carlos otero ...digital.csic.es/bitstream/10261/132739/1/Separata...vas normativas e recomendacións relativas ao seu tratamento e consideración,

Índice

PREáMBULO ..............................................................................................9

CAPíTULO 1. ARQUEOLOXíA, PAISAXE, ARQUITECTURA ...........21Ser, estar, pensar. Habitar, hábitat, hábito ..............................................35

CAPíTULO 2. A PAISAXE: SíNTESE DA HISTORIA AMBIENTAL E CULTURAL ............................................................................................39

A memoria ambiental da paisaxe actual .................................................42Cambios na paisaxe e na actividade humana ...................................45Cambios na paisaxe vexetal: os bosques ...........................................46A erosión dos solos: consecuencias e respostas adaptativas ...............49

Cambios ambientais e colapso cultural ..................................................53

CAPíTULO 3. A PAISAXE TRADICIONAL ...........................................57A paisaxe tradicional: punto de chegada… e de partida .........................59O vello sistema agrario galego (regresar a Bouhier) ................................65

A estrutura agraria ..........................................................................71Os hortos ou eidos ...................................................................72As cortiñas ...............................................................................72Os terrádegos en agras .............................................................73Os prados ................................................................................77O monte ..................................................................................78

Terrádego, terrazas e socalcos ..........................................................81Unha arqueoloxía das estruturas agrarias ................................................86

Unha arqueoloxía do visible: as terrazas de cultivo ..........................87Unha arqueoloxía do invisible: fosas, gabias, fosos… ......................90

Unha paisaxe gandeira de montaña: O Suído .........................................93

Page 45: felipe criado boado césar parcero oubiña carlos otero ...digital.csic.es/bitstream/10261/132739/1/Separata...vas normativas e recomendacións relativas ao seu tratamento e consideración,

A t l a s a r q u e o l óx i c o d a pa i s a x e g a l e g a334

CAPíTULO 4. A PAISAXE MONUMENTAL (4500-2500 A. C.) ...........99Os inicios da arquitectura monumental: mámoas, sociedade e paisaxe .. 102Trazos dunha paisaxe monumental ......................................................109

As sociedades construtoras dos primeiros monumentos ................109Mámoas e asentamentos, unha relación complexa .........................117

A estrutura espacial da paisaxe monumental: Os Chans do Barbanza ...120Onde se localizan as mámoas dentro dos Chans do Barbanza? ......122Os escenarios megalíticos ..............................................................124Unha hipótese arqueolóxica para os Chans do Barbanza ...............126

A estrutura espacial da arquitectura monumental ................................126A función social da arquitectura monumental ...............................128Xogos de espazos: a mámoa 3 do Alto de San Cosme ....................135

Historia dunha mámoa ..........................................................135O espazo na mámoa...............................................................137

CAPíTULO 5. A PAISAXE DIVIDIDA (2500-800 A. C.) ......................145Os petróglifos na paisaxe da prehistoria recente ...................................150

Monumentos salvaxes e arte rupestre ............................................151Os gravados e os territorios das comunidades................................152

Formación e estruturación dos territorios protohistóricos ....................158A estrutura do territorio local .......................................................158Estruturas territoriais supralocais ..................................................162

As armas na arte rupestre .......................................................163Distribución das estacións de temática guerreira ....................165A definición de territorios supralocais, unha hipótese ............166O estilo esquemático atlántico ...............................................168

Os espazos da vida cotiá ......................................................................168O espazo doméstico: poboados da prehistoria recente arredor de Santiago de Compostela ...............................................168

Page 46: felipe criado boado césar parcero oubiña carlos otero ...digital.csic.es/bitstream/10261/132739/1/Separata...vas normativas e recomendacións relativas ao seu tratamento e consideración,

335Í n d i c e

Acumulación de complexidade: Monte Buxel, un poboado do Bronce Final ............................................................................174

A outra metade da paisaxe: terra e ceo, espazos e tempos .....................180Gravados rupestres e ciclos celestes ...............................................180Cervos grandes, hastas anómalas e calendarios ..............................182Horizontes culturais .....................................................................186

CAPíTULO 6. A PAISAXE FORTIFICADA (800 A. C.-0) ....................189Os castros na paisaxe protohistórica .....................................................191Da paisaxe ao territorio na Idade do Ferro ...........................................197Os castros por dentro: a arquitectura e o mundo castrexo ....................202

O estilo arquitectónico castrexo ....................................................202Unha arquitectura para unha visión do mundo compartida por todos ......................................................................................208

Construíndo paisaxes máis aló dos castros ...........................................210A formación dunha paisaxe agraria na Idade do Ferro ...................215

CAPíTULO 7. OS CIMENTOS DA PAISAXE TRADICIONAL (CARA A NóS) ........................................................................................225

As paisaxes romanas .............................................................................228Importantes novidades con desigual continuidade ........................228O modelo arquitectónico castrexo en época romana .....................236

A Gallaecia baixoimperial e altomedieval .............................................241A definición dunha parroquia galega dende a ocupación romana aos inicios da Idade Media: San Pedro de Cereixa .........................245

Roma impón unha paisaxe mineira ........................................246Do castro á villae ...................................................................248A parroquia plenomedieval na xurisdición da Pobra do Brollón ...............................................................252

A construción e ordenación da paisaxe rural ........................................257

Page 47: felipe criado boado césar parcero oubiña carlos otero ...digital.csic.es/bitstream/10261/132739/1/Separata...vas normativas e recomendacións relativas ao seu tratamento e consideración,

A t l a s a r q u e o l óx i c o d a pa i s a x e g a l e g a336

A arquitecturización do agro e a creación dunha paisaxe rural tradicional: monte Gaiás ...............................................................258Un chan de cultivo altomedieval: As Pontes ..................................261Antigas delimitacións agrarias en áreas de monte: Marco do Portovello .....................................................................267A arquitecturización do monte e a creación da paisaxe agraria tradicional: a serra do Xistral ........................................................270

Unha época escura ou o inicio dunha nova época? ...............................272

EPíLOGO. DA ARQUEOLOXíA á POSPAISAXE ................................275

LáMINAS .................................................................................................281

BIBLIOGRAFíA .......................................................................................319

LISTA DE AUTORES ..............................................................................323